Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha boa... Heredeiros da Crus volven aos escenarios
Oito anos despois do seu último disco, a banda que marcou toda unha época na música galega regresa coa produtora carralesa. Un multitudinario concerto en Ordes o sábado 3 de marzo suporá o inicio dunha xira que levará ao grupo ribeirense por toda Galicia

Volven os máis jrandes. Unha campaña viral a través das redes sociais e unha páxina web serviu durante máis vinte días para que os seguidores da mítica banda galega Heredeiros da Crus comezara a soñar coa nova máis agardada. Baixo ese título e coa participación de coñecidos actores e presentadores galegos o rumor foi collendo trazos de información. Ata hoxe.

Volve o grupo que marcou toda unha época para a música galega. Tamén para a nosa cultura, que desde 1992 foi aprendendo as letras coas que unha xeración medrou. E as fixo súas, grazas á televisión, e sobre todo a centos de concertos por toda Galicia. Pasados oito anos desde o último disco, Fran Velo, Javi Maneiro, Tonhito de Poi e Tucho recuperan a enerxía de sempre para xirar polas mellores salas e festivais da terra repasando todos os éxitos da súa discografía.

Un paso máis na área de representación artística de Airapro
A noticia do retorno de Heredeiros da Crus supón outro fito na traxectoria empresarial de Airapro. A produtora dos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiros da deste xeito un paso máis na súa area de representación artística, que conta xa con actores da talla de Pepo Suevos, espectáculos como Hai P.O.D. ou bandas como Brothers In Band ou Sés.

Airaweb, a sección de deseño e hospedaxes en internet da empresa carralesa, crea ademais a web oficial do grupo ribeirense, e xestiona os seus perfiles en redes sociais. Foi tamén responsable da campaña de intriga 'Volven os máis jrandes', desenvolvida nas últimas semanas a través de Facebook.

O primeiro concerto, o 3 de marzo en Ordes
Heredeiros da Crus volven aos escenarios cun macroconcerto previsto para o sábado 3 de marzo la discoteca LP45 de Ordes. As entradas estarán á venda nos próximos días a través de TicketMaster e da Airapro Tenda. Nunha rolda de prensa ofrecida esta tarde polos compoñentes da mítica banda, aseguraron sentirse "animados e preparados" para o regreso, ao mesmo tempo que "agradecidos" pola boa acollida que está a ter a noticia.

www.airapro.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2012 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer