Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Suspendido o Concurso de Baile Toxos e Froles (Ferrol)
O Toxos e Froles decidiu suspender o concurso de baile que se ía celebrar o sábado, día de San Xiao, no teatro Jofre.

Inscribíranse tres agrupacións que cumprían os requisitos das bases, pero desde o coro decidiuse que era preciso un mínimo de seis para poder realizar con éxito o espectáculo que tiñan previsto. ?Non sabemos por que non funcionou?, comentaba onte o presidente do coro, Arturo Lamas.

?Era un proxecto arriscado, moi bonito. Xa só bailar no Jofre é un aliciente para os grupos?, apunta. Tamén o premio, 3.000 euros, era unha contía que podía atraer a xente de toda Galicia. Polo de agora van tentar falar cos posibles participantes para ver que foi o que os botou para atrás e estudarán a posibilidade de volver intentar esta fórmula en datas vindeiras.
O que si teñen xa perfilado desde o Toxos é destinar eses 3.000 euros a certames máis reducidos, que se celebrarían na súa sede, na rúa Magdalena. Visto o éxito da competición de duetos de gaita e percusión, queren realizar proxectos similares para cantareiras e para cuartetos tradicionais. Ademais, haberá unha segunda edición do de dúos, destinado a menores de idade e que se celebrou o pasado 3 de decembro. ?Saíu moi ben e a xente quedou moi contenta. Pensamos que ía ser moito máis difícil. Repetímolo seguro?, explica Lamas.
Os plans para os vindeiros meses, á espera de que se concreten definitivamente, pasan tamén por comezar a dar clases de acordeón, orientadas á música tradicional. Reforzaríanse así as escolas do Toxos, un puntal no que se apoia a actual directiva para manter os seus sinais de identidade e crear canteira para o futuro. Na actualidade, dáse formación de gaita (para adultos e nenos), baile e percusión. Tamén se imparten clases de encaixe de bolillos e de bordado.

Balance
De 2011 despídense satisfeitos. ?Rematámos o ano ben, con bastantes actuacións?, apunta o presidente do coro. O obxectivo é seguir movéndose por toda Galicia e manter a entidade, continuar facendo cousas. ?Estamos contentos porque vamos tendo xente e seguimos adiante?. Contan con 45 persoas no coro, dez no grupo de cantareiras e outras dez no instrumental.
Respecto á débeda do Toxos, o ano pechouse con preto de 20.000 euros amortizados, co cal o montante reduciríase a uns 140.000 ?dunha cifra inicial de 180.000, segundo o presidente?. Os plans de redución progresiva vanse cumprindo aínda que, como lembra Arturo Lamas, todavía non se acabou de pagar o que se lle debe ós traballadores. Despois irán cobrando os proveedores.

Precisamente este problema económico foi un dos detonantes da crise institucional que padeceu a entidade, case centenaria, cun conflito interno que motivou a saída do anterior responsable, Pedro Sanz, e a toma das rendas do actual equipo, coordinado por Arturo Lamas, en febreiro do ano 2010.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-01-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ...non sabedes porque descoñecedes o que custa desprazar un grupo ata o norte galego para non levar nada, nin sequera os custes da viaxe, non sabedes porque sodes dun coro, non bailadores...

Pretendiades, probablemente, facer unha chamada á atenci#blgtk08#ón dos mellores grupos galegos e saíuvos mal. De seguro que ca mesma contía reorganizades os premios teriades un concurso no Jofre, pero non, como este Sr. Lamas, non entende, vai a seguir sen entender e vai adicar este orzamento a "outro tipo de concursos". O_o
Comentario por Xabier (09-01-2012 10:39)
2 e digo eu... se só había un premio, para qué queren seis agrupacións? #blgtk08#o número de agrupacións era suficiente para o tipo de concurso que era
Comentario por (14-03-2012 18:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0