Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Ouvirmos" no Alalá deste martes

Alalá remóntase hoxe a comezos do século pasado, cando nunha botica de Pontevedra se xuntaba un grupo de homes para cantar en galego, sendo o artífice de todo isto o boticario Perfecto Feijoo, que estaba empeñado en dignificar a cultura rural. Despois de anos de ensaio, o grupo Aires d a Terra grava o primeiro disco en galego no ano 1904. Curiosamente foron os franceses quen viñeron gravar para promover a súa máquina “parlante” que era o gramófono.

Cen anos despois podemos escoitar estas gravacións grazas ao traballo realizado por unha empresa chamada Ouvirmos, unha editora especializada en recuperar material valiosísimo que quedara esquecido en faiados, en coleccións privadas e polo mundo adiante. As gravacións que agora se publican estiveron tan esquecidas coma o propio grupo Aires d a terra, a máis importante das agrupacións folclóricas galegas, a primeira de todas e a que marcou a liña a seguir durante todo o século XX.

Ouvirmos rescatou todos estes vellos discos e con eles fixo unha edición de luxo chamada “A Tiracolo”; deste xeito o coro Aires d’a Terra volveu soar, xunto a outros como Manuel Do Pazo –o gaiteiro mais importante da emigración- ; Os Dezas de Moneixas e o Coro de Ruada e moitos máis. Na actualidade Ouvirmos e a súa música ten difusión internacional. O seu traballo coa distribuidora dixital “The Orchard” permítelles que esta música galega estea no mercado global; así e sen moverse da casa, un pode mercar un disco de Aires d’a Terra en calquera parte do mundo.

Neste programa falarase cos artífices desta empresa: Ramón Piñeiro, o director artístico; José M. Aldea, o produtor executivo, e Irene Sineiro, a xestora da editorial. Ademais o programa vai viaxar moito, irá a Sarria –onde está a sede social de Ouvirmos-; a Barcelona, onde traballa Irene; parada en Pontevedra, no Museo Provincial, pero tamén estará na Coruña, con Pepe Temprano, quen amosará a súa colección de discos e moito máis.

O soño de Perfecto Feijoo cumpriuse, el tiña a profunda convicción de que cun Alalá, unha canción de pandeiro e pouco máis, tiña dabondo para levar a música galega por todo o mundo. El así o fixo porque o coro Aires d a Terra tocou en Galicia, Madrid, Portugal e América, ata actuaron diante do Rei.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2007 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer