Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Terribles de Donas en Gondomar
Os Terribles de Donas Presentan “Pedra Moura”

Este Xoves día 29 na Xamonería Catro Camiños en Gondomar a partires das 21:30 Os Terribles farán unha presentacíon de xeito “informal pero moi especial” do seu segundo traballo discografico.


O escoitar o nome de Os Terribles de Donas na memoria de moitos resoan as melodías daquela charanga que amenizaba, alá polos anos 30, toda festa popular que se preciara na comarca do Val Miñor e arredores. Esta formación mantivo a súa intensa actividade ata os anos 60. Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós.

Se o primeiro disco de “Os Terribles de Donas” recibía o nome de Abrollido por ser este o lugar da parroquia de Donas onde renaceu e “abrollou” o grupo ensaio a ensaio, neste segundo quixemos “viaxar” pegados á terra sen saír da parroquia facendo unha homenaxe a un dos lugares sen dúbida máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor e probablemente de Galicia enteira: Pedra Moura e o seu castro no monte das Pinceiras.

O lugar da Pedra Moura representa á Galicia máxica e misteriosa coa lenda asociada na que unha fermosa e misteriosa dama peiteábase alí polas noites, estando ese peine gravado na propia pedra, tamén os petroglifos que alí se atopan e o espectacular castro en plena recuperación actual, representan á Galicia histórica, á cultura castrexa. Todo isto nun marco xeográfico sen igual dominando o parque natural das illas Atlánticas, a costa do Val Miñor e das Rías de Vigo e Pontevedra. Este espectacular pasado entorno á Pedra Moura estase a reconstruír tamén pedra a pedra porque a reconstrución do pasado no presente garante un futuro propio froito da nosa singular historia. Do mesmo xeito a música tradicional de “Os Terribles de Donas” recolle unha tradición e unha historia propia e singular que estamos reconstruíndo no presente para ter tamén un futuro propio no que a nosa singularidade teña cabida no mundo como algo distinto e apreciable. Poderiamos dicir que todos nacemos cunha “pedra” nas mans, algúns usan esa pedra coma unha arma, outros a poñen onde cadra sen ter en conta o sitio que lle correspondería, outros usamos esa pedra para reconstruir o pasado no presente honrando e respectando ós nosos devanceiros e deixándolles os nosos fillos un mundo mellor e máis valioso no que poder agromar porque as raíces están coidadas, porque os alicerces foron respectados...

O simbolismo, a historia e o Patrimonio que representan a Pedra Moura os seus petroglifos e o seu castro son paralelos ó traballo de “Os Terribles de Donas “ na música tradicional no chamado patrimonio inmaterial, nós temos moi claro onde colocar as nosas pedras. . O topónimo de Pedra Moura e bastante común en distintos lugares de Galicia e Portugal o que tamén enmarca á nosa proposta na pertenza a unha cultura singular, Os Terribles de Donas tamén teñen as súas raíces e historia entre Galicia e Portugal como as distintas referencias á Pedra Moura.

Pedra Moura é tamén unha homenaxe a todos aqueles que usaron e usan as súas pedras para conseguir que á nosa cultura e a nosa terra siga sendo única!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2011 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer