Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gala de Cantigas e Agarimos en Xinzo de Limia

LELA
unha Gala de... CANTIGAS E AGARIMOS


Venres 30 de decembro de 2012 ás 20:30h
Pabillón de Deportes de Xinzo de Limia
Xinzo de Limia (Ourense)


Entrada: de valde.
Organiza: Agadic, Concello de Xinzo de Limia

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.


Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961,
fixeron posible aquela primeira representacioìn, foìra de Ameìrica, da obra de Castelao.


Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.




O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo Loìpez Veiga, puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.


A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluiìa entre outras, a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.


Neste ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupacioìn e cúmprense 50 anos daquela primeira representacioìn foìra de Ameìrica da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presenta a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu diìa, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.

Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-12-2011 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer