Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Machina grava novo disco

A banda cercedense volve ós estudios para gravar un novo disco que será producido por Pablo Iglesias e que sairá á luz en marzo do 2012

Tras máis de dous anos dende que foi publicado o Post-Bravú, e despois de colaborar nos directos e traballos de grupos da comarca, Machina volve ós estudios para gravar un novo traballo discográfico.

O novo disco da banda de Cerceda, que sairá á luz en marzo do 2012, será producido por Pablo Iglesias, responsable de discos de bandas como Kannon, NDNo, Hora Zulu, The Dismal, Elecktra, Lagartija Nick, Killer Barbies, The Blows…

Este disco suporá o 3º traballo discográfico de Machina, logo de “Acouga”(2007) e “Post-Bravú” (2009).

A gravación levarase a cabo en Vigo durante este mes de decembro e o disco contará con algunha que outra sorprendente colaboración que polo momento non se pode adiantar.

Neste novo disco, a actualidade queda patente nunhas letras que conteñen maior crítica social, acorde ós conflictos actuais, e sempre dende un punto de vista reflexivo, convidando ó ouvinte a que pense sobre a situación.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-12-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer