Hai que mollarse...non queda outra... De ter un deputado galego a ter 5 deputados galegos son moi poucos votos a diferencia:
Para arrebatar escanos ao PPSOE e ao bipartidismo corrupto, o BNG só precisa sacar en comparación cos votos do ano 2008:
-2.049 votos máis na província da Coruña, para un segundo escano.
-3.667 votos máis na província de Lugo, para un escano.
-4.577 votos máis na província de Ourense, para un escano.
- En Pontevedra o deputado estaría no marxe de manterse ou perderse por uns centenares de votos
Pode ser, non o discuto, que o bng sexa unha "alternativa" que nos defenda e blablabla, pero dende logo eu non votaría a un partido que comete a falta de respecto ( aparte de ser unha falta ortográfica) de por na publicidade o nome do meu país en minúscula#blgtk08#s, que unha cousa e a propaganda e outra moi distinta empequenecer o nome da terra que nos pariu, señores do bloque, aprendan gramática e máis ética se queren gobernar de xeito, volten vostedes a esquerda e deixense de caralladas e de mirarse no espello...