Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Cempes sacarán un novo disco ao xeito de financiamento popular
Os Cempés están rematando de preparar un novo traballo discográfico que se empezará a grabar en Xaneiro de 2012. Ese ano cúmplense 20 anos do primeiro concerto nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992. E para celebrar o aniversario, 10 novos temas e unha novidade importante: como invitados especiais para colaborar nesa gravación queremos contar con moitos dos alumnos e exalumnos da Escola Livre de MPG.

Outra novidade é que tamén propoñemos aos seguidores de Os Cempés que nos axuden a financiar a gravación, que señan mecenas neste proxecto e así convertilo nunha producción colectiva. Esa inversión non será de balde, o sistema elexido é o da microfinanciación , ou como se lle chama en inglés, “crowdfunding”, no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas, según as súas posibilidades e optan a diferentes recompensas.

En www.verkami.com podedes ver cómo funciona este sistema botando unha ollada aos proxectos propostos actualmenteproxectos que se conseguiron financiar e algúns que non.

As recompensas por participar poden ser dende ter dereito a un C.D. e aparecer nos créditos do C.D. como mecenas, invitacións para o concerto de presentación do C.D. até incluso disfrutar dun concerto- festa privado con Os Cempés.

A primeiros de novembro presentaremos o proxecto a través de www.verkami.com , faremos pública a cantidade que precisamos para levalo a término e empezarán a contar 40 dias.

Nese tempo si o obxetivo se consigue faráse efectiva a aportación de cada mecenas e a cousa non termina ahí, pódese a traves de esa páxina comprobar a evolución do traballo e comunicarse cos promotores, (Os Cempés) para facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os plazos nos que se fará a entrega das recompensas.

A través de folque.com o facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven e máis adiante de www.verkami.com iremos actualizando a información sobre este proxecto que queremos que seña como a música tradicional, unha creación colectiva, o resultado de moitas aportacións pequenas ou grandes pero todas imprescindibles .

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 First Microsoft Of#blgtk08#fice 2010 of all,
Comentario por Outlook 2010 (01-11-2011 03:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer