Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornada de Portas Abertas en Xacarandaina (A Coruña)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS XACARANDAINA

A tarde do sábado 1 de outubro, celebraremos una Xornada de Portas Abertas en Xacarandaina.

A asociación convida a todos interesados a achegarse ao noso local, na rúa Historiador Vedía, detrás da rúa J. Florez, para coñecer as diferentes actividades que desenvolvemos ao longo do curso.

Os obradoiros sucederánse ao longo da tarde dende as 16 h. son completamente gratuítos e están enfocados tanto a rapaces, como adultos. Terán unha hora de duración e estarán impartidos por os mestres de Xacarandaina: pintura, guitarra, baile moderno(menores de 16 anos), gaita, pandeireta e baile tradicional.

Si algunha vez pensaches en achegarte a calquera de estas actividades, pero non te atrevías a dar o paso, proba cunha clase gratuíta. Si xa asistes a clases na asociación, e queres porbar una actividade diferente, ou dexesas convidar a un amigo ou familiar para que se anime, esta é a ocasión.

Para participar é preciso inscribirse previamente (ata o venres 30 de setembro), as persoas interesadas poden facelo chamando ao tfno. 981 277 315, por e-mail en info@xacarandaina.com, ou pasando pola asociación, o horario no mes de setembro é de luns a venres de 10:30 a 12:30 e de 18 a 21h.

MATRICULA CURSO 2011-2012

Continua aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2011-2012 en Xacarandaina. Existen actividades para todas as idades dende os 3 anos. As actividades abranguen non só o eido do folclore (baile tradicional, gaita, percusión tradicional, canto e pandeireta, acordeón), tamén artes plásticas (pintura e debuxo), guitarra, encaixe de bolillos, ludoteca, pilates, bailes de salón, baile moderno …

Os grupos están organizados por idades e diferentes niveis de aprendizaxe, e existe unha ampla gama de horarios para facilitar a asistencia: 61 clases en total, 28 profesores especializados en cada una das materias, e una traxectoria de 30 anos de traballo pola nosa cultura na nosa cidade.
Horario de inscrición: de luns a venres 10:30 a 12:30 e de 18:00 a 21:00, e sábados de 10:30 a 13:30.

Podedes consultar todos os horarios na nosa web, www.xacarandaina.com

Asdo.: Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-09-2011 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer