Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O cuarteto Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa vence no 44º Concurso de Gaitas de Ponteareas
O grupo Canle Dadá foi o gañador do 44º Concurso de Gaitas de Ponteareas celebrado este domingo no auditorio Reveriano Soutullo. O cuarteto triunfador, orixinario de Vilagarcía de Arousa, está composto polos gaiteiros Pedro Álvarez e Ánxela Vidal, o tamborileiro Cristian Silva e o bombeiro Rafael Crespo. Como gañadores do primeiro premio correspóndenlles 1.800 euros, un diploma e medallas conmemorativas patrocinadas pola Deputación de Pontevedra.

En segundo lugar quedou o grupo Os Chancros, procedentes de Vigo, e gañadores de 1.200 euros patrocinados pola empresa Aquagest. En terceiro lugar situouse o grupo Senlleiro Soar, da comarca do Condado, e gañadores de 900 euros financiados polos empresarios e irmáns Rodríguez Sobral. O cuarto premio de 600 euros e patrocinado polo Concello de Ponteareas recaeu no grupo vigués Cuadrofenia.

Nesta edición tamén houbo un quinto premio dotado cun lote de material musical doado pola empresa "Zinye Distribucións Musicais", e que lle correspondeu o grupo Picuiña, procedente de Marín.

Nesta ocasión, o concurso foi dedicado ao percusionista natural de Areas e falecido en 1978 Manuel Leándrez Otero, a quen como recoñecemento entregóuselle un diploma a título póstumo.

www.farodevigo.es
Comentarios (12) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-09-2011 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por (28-09-2011 14:41)
2 e non temos ningun video para aprecia#blgtk08#r o virtuosismo destes rapaces??????
Comentario por jhaiteiro de furancho (29-09-2011 18:06)
3 virtuosismo si, pero is#blgtk08#to non é música galega
Comentario por (30-09-2011 12:44)
4 iso se chama ter uns coñecementos dos intrumentos,#blgtk08#tanto practicos como teoricos que te caghas!!!!!!!
Comentario por (30-09-2011 13:02)
5 Parabéns rapaces, vaia dominio do instrumento. Os tem#blgtk08#as "normais" os deixamos para festexar e pasalo ben.
Comentario por O Novo (02-10-2011 09:57)
6 ¿Por qué, agora aiche temas "subnormais?
A diferenza esta,penso eu...palabras dun ignorante,que as persoas que forman cuartetos como Canle Dada,Os Chupacabras,Abelente,Anacos de Buxo,Habelas Hainas,e un largo etc....,CADA UN NO SEU ESTILO,pero cunha moi boa base,tocanche as p#blgtk08#ezas,"normais",as "faciles" as "dificiles" as "tradicionais" as "populares" as de "autor" e ata as pezas "subnormais".E despois cada un que as desarolle como lle da a real gaña,por iso estamos nun país libre...pero como di un refran galego "nunca chove a gusto de todos".Un saudo!!!
Comentario por (03-10-2011 12:40)
7 Se iso non é música galega, por favor q#blgtk08#ue alguén me diga que é a música galega
Comentario por (05-10-2011 23:11)
8 se a música que fan os galegos non é mú#blgtk08#sica galega, entón que é? música china?
Comentario por (05-10-2011 23:22)
9 se a música que fan os galegos non é mú#blgtk08#sica galega, entón que é? música china?
Comentario por (05-10-2011 23:31)
10 Quizais o problema non está en se é galega ou non, senón se iso que fixeron é música, ultimam#blgtk08#ente parece que vale todo, e creo que non se deberia meter a tódolos cuartetos no mesmo saco.
Comentario por Pedro (09-10-2011 12:45)
11 Respeto o comentario nº 10,poderiasme decir que tipo de coñecementos tes,porque....en fin para que molestarse,#blgtk08#miña nai do ceo,tes toda a razon,"creo que non se deberia meter a tódolos que fan un comentario no mesmo saco"
Comentario por (09-10-2011 16:50)
12 jajaja, queda patente a ed#blgtk08#ucación musical deste país
Comentario por (10-10-2011 13:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0