Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXIII Xornadas de Verán de Galiza Nova
PROGRAMA: XXIII XORNADAS DE VERÁN DE GALIZA NOVA – BERGANTIÑOS 2011

Un ano máis xa están aquí as Xornadas de Verán de Galiza Nova. Nesta edición terán lugar na Comarca de Bergantiños durante os días 23, 24 e 25 de setembro.

Con esta actividade, que cada ano reúne a centos de mozas e mozos chegados desde todos os puntos do país, desde a nosa organización queremos contribuír ao coñecemento e descoberta da realidade histórica, cultural e política de Galiza.

Polo prezo de 20 €, que inclúe os desprazamentos, manutención e aloxamento, poderás desfrutar connosco de tres días de convivio con roteiros históricos e naturais, actos culturais, lecer, deporte e festa! Para anotarte só tes que enviar os teus datos (nome, apelidos e teléfono de contacto), ata o 21 de setembro, ao nacional@galizanova.org ou chamar ao 981-569-086. Agardámoste!


Venres, 23 de setembro

17.15 Saída de buses dende Compostela (Alameda de Santiago, en fronte gasolineira)
18.30 Benvida no Concello de Carballo. Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Silvana Castro (concelleira de Mocidade); Vítor Recarei (responsábel comarcal do BNG); Pablo Vázquez (responsábel comarcal de Galiza Nova), Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova).
19.30 Roteiro explicativo sobre Alfredo Brañas (Xan Fraga, historiador)
20.30 Acto público sobre a reforma da Constitución Española. Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Iria Aboi (secretaria xeral de Galiza Nova); Guillerme Vázquez (portavoz nacional do BNG)
22.00 Cea
23.00 Saída nocturna por Carballo. Festa LK na Taberna Café O Patacón

Sábado, 24 de setembro

09.30 Almorzo
10.30 Roteiro pondaliano en Ponteceso (dende Ponteceso a Valarés pasando pola casa natal do autor, o Monte Branco…)
12.30 Acto conmemorativo do 125 nacemento de Castelao con Xoán Carlos Garrido (profesor e historiador) Casa dos Veciños do Couto.
14.30 Xantar ao aire libre na carballeira e a praia de Valarés
16.00 Esparexemento e actividade deportiva na Praia do Pendón (Cabana de Bergantiños)
-. Kaiak
-. Roteiro dos Muíños, con remate no Dolmen de Dombate
-. Deportes varios: fútbol sala, baloncesto, volei-praia…
-. Esparexemento na praia
18.30 Visita ao espazo natural da lagoa de Traba. Explicación do enclave natural e da historia dos Condes de Traba.
20.00 Cea na área recreativa anexa á praia de Soesto (Laxe)
22.30 Saída nocturna pola Laracha. Festa no Pub D’Antón co grupo Trapallada.

Domingo 25 de setembro

10.00 Almorzo
11.00 Visita á vila oleira de Buño (Museo do Forno do Forte e talleres tradicionais de olería)
13.00 Acto sobre os/as represaliados/as galegos/as de 1936 e a simboloxía franquista na Laracha.
14.30 Xantar no espazo natural de Verdes (Coristanco)
16.00 Saída dos buses cara Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-09-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer