Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

María Castaña (Lugo) cesa a súa actividade
Os peores presaxios cumpríronse. A asociación cultural María Castaña advertiu hai un ano de que a súa continuidade estaba en perigo e onte anunciou que pecha o seu grupo de música e as súas aulas de formación. O colectivo pon así fin a 18 anos de actividade, un período no que se converteu nunha referencia do folclore galego.

Unhas 20 persoas e moito traballo etnográfico
A maiores, o arquivo audiovisual da asociación, que suma unhas mil horas de material etnográfico, podería irse a Santiago de Compostela, ao Museo do Pobo Galego. María Castaña só manterá o labor de investigación e difusión da cultura galega, aínda que non sabe en que condicións.


O descenso de actuacións que afecta a todos os grupos desde o inicio da crise fai que María Castaña non poida facer fronte aos gastos de funcionamento do local que ocupa na Rúa Chantada practicamente desde os seus comezos, en réxime de aluguer. O colectivo tampouco atopou apoio das institucións lucenses, asegura o seu presidente, Isidoro Rodríguez, a pesar da multitude de xestións realizadas con todas as administracións, especialmente no último ano, afirma.

«María Castaña sempre viviu das actuacións. Os alumnos non eran unha fonte de ingresos porque pagaban xusto para os profesores. O problema é que pasamos de facer máis de medio cento de actuacións ao ano a unhas vinte, e moitas sen cobrar, senón por compromisos que tiñamos con outras asociacións», explica o que foi un dos fundadores do colectivo e o seu presidente desde entón.

Rodríguez explica que o acceso ás subvencións é difícil, xa que as administracións obrigan a realizar un investimento moito maior da axuda que dan, sinala. «As únicas asociacións que se manteñen son as que teñen local propio. Nós chegamos a ter promesas concretas de políticos, algunhas directas e outras indirectas, de que nos ían deixar un local. O curso pasado empezamos porque había un compromiso, pero non se materializou e, aínda que parece incrible, tanto ou Concello como a Deputación e a Xunta dinnos que non teñen locais», explica o presidente de María Castaña.

A asociación tivo, en cambio, ofertas para trasladarse a outros concellos, pero rexeitounas porque non considerou adecuado obrigar aos seus alumnos a viaxar. Si é posible que acaben fóra da provincia os fondos do seu arquivo audiovisual. Rodríguez estima que hai, como mínimo, unhas mil horas de gravacións froito do traballo de recollida de material etnográfico que el mesmo iniciou hai trinta anos e ao que se incorporaron outras persoas cando se constituíu María Castaña.

Rodríguez explica que as institucións provinciais non ofrecen á asociación garantías de que van cumprir as condicións postas para a cesión do arquivo, que son a clasificación e dixitalización de todo o material e a súa posta a disposición do público. «Ten unha primeira catalogación, pero urxe dixitalizado porque corre risco de perderse. Neste momento estamos en conversas co Museo do Pobo Galego», explica, coa experanza de que María Castaña non desapareza do todo.


www.elprogreso.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-09-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 jkagsdkaljg#blgtk08#faksklfasa
Comentario por shoesoccer (22-09-2011 07:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer