Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ultimo concerto de The Homens
Un dos grupos dos que máis gosto deixan os escenarios, a nova emigración tamén afecta aos músicos galegos...
Sorte rapaces!!!!

----------------------------------------------

O bolo das Pontes vai ser o último que deamos nunha boa temporada. Xocas marcha un tempo para a emigración, así que o resto dos Homens pasaremos á clandestinidade e aproveitaremos para facer outras cousas, escribir cancións novas, engomar, sobrevivir, contribuír á revolución e reflexionar sobre a pesca da troita en América.
Gracias por todo



O grupo compostelán The Homens levará o seu repertorio de pop extremo o venres 23 a As Pontes (Cine Alovi, 21.00h., 3 euros). Para The Homens este será o último concerto antes dunha parada nas súas actividades de duración aínda por determinar.

Nunha data tan especial, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) farán en As Pontes un concerto que comezará coas reinterpretacións acústicas das súas cancións feitas para a xira ‘Detrás da canción’ (2010-2011), para despois cargarse de electricidade e rematar co seu repertorio de pop enérxico e bailable.

A entrada ao concerto custa 3 euros, e pode mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Cine Alovi o xoves 22 de 12.00 a 13.30 horas e o venres de 12.00 a 13.30 e a partir das 19.30 horas ata o comezo do concerto.

O grupo compostelán leva seis anos tentando cadrar a ecuación que combina melodía, enerxía e actitude, o gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, engadíndolle psicodelia e experimentación. O seu último disco, Cuarta potencia (2009), continuación do seu celebrado Tres, é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro, e mostra á banda máis preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy…), o disco contén doce cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en un lustro de xira sen fin.

The Homens

VEN 23 SET, 21.00 h. 3€

Cine Alovi, As Pontes






Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A ti por #blgtk08#todo! :)
Comentario por The Homens (21-09-2011 10:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer