Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XLIV Concurso de Gaitas de Ponteareas |
|
 O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa edición número 44
A cita máis antiga co folclore galego, o concurso de gaitas de Ponteareas, chega este ano á súa edición número 44. O alcalde, Salvador González Solla, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron onte o evento, que se celebrará o próximo 25 de setembro no auditorio Reveriano Soutullo.
O rexedor lembrou que «o concurso de gaitas de Ponteareas constitúe a cita máis importante de Galicia coa música tradicional, e como tal, dende ou Concello fanse os esforzos precisos para seguilo mantendo como tal». Nesta edición poderán participar todos os grupos tanto de Galicia como dos centros para galegos que existen polas demais comunidades de España ou mesmo no estranxeiro. O único requisito é que os instrumentos deben ser tradicionais e non poden ter ningún tipo de modificación ou variación. Os interesados deben anotarse antes do día 17 de setembro e o número máximo de participantes será de quince grupos.
«O concurso de gaitas non só contribúe a preservar, manter e espallar a música popular de Galicia na súa máis pura esencia, como é a de grupos formados por dúas gaitas, un bombo e un tamboril senón que fai que vos grupos participantes, tal e como especifican as bases, vistan o traxe tradicional completo e, nese sentido, tamén buscan e investigan sobre vestimentas tradicionais», apunta Andrés Sampedro.
Para que todos os veciños se implíquen nas celebracións, todos os participantes realizarán uns pasarúas o mesmo día do concurso desde a casa consistorial até o auditorio. O desfile, no que interpretarán pezas galegas, comezará ás 10.15 horas do domingo. Os grupos poderán tocar dúas pezas de raíz melódica en oito minutos e por participar recibirán 200 euros.
O primeiro premio de 1.800 euros estará financiado pola Deputación de Pontevedra; o segundo de 1.200 euros correrá a cargo de Aquagest; o terceiro premio de 900 euros financiarao a fundación Irmáns Rodríguez Sobral; o cuarto premio de 600 euros achegarao o Concello de Ponteareas; e un quinto premio, consistente en material musical, será doado por Bannatyne Pipe Bags. Ademais, todos os participantes recibirán 200 euros por, sendo quince o número máximo de grupos.
Máis información no Departamento municipal de Cultura (986661675).
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
RESUTA TAN FICTICIO, QUE A MAIORIA DESTES ESTES GRUPOS #blgtk08# />
PARTICIPANTES ORGANIZANSE PARA IR POLOS CARTOS! |
|
|
Comentario por Xosé (25-09-2011 00:55) |
|
|
2 |
porke ti vas vas por ir pa iso vou a un furancho #blgtk08#k non hai k romperse tanto a cabeza e paso mellor |
|
|
Comentario por rafa (25-09-2011 22:56) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|