Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Asociación Cultural Folclórica Tarambaina comeza un novo curso (Vigo)

A Asociación Cultural Folclórica Tarambaina comeza un novo curso nas instalacións do colexio Fonteoscura de Candeán.

Ás xa tradicionais clases de pandeireta para diversas idades, engádenselle esta tempada os cursos de baile e gaita. As clases da escola de pandereita impártense ao longo da tarde dos mércores. Os alumnos asisten a cursos divididos por idades;
os nenos de catro a dez anos, de 18.30 a 19.30 horas, os adolescentes, de 11 a 17 anos, de 17.30 a 18.30 horas, e os adultos, de 19.30 a 20.30 horas.
Para pór en marcha as escolas de baile tradicional e gaita, dirixidas tamén a alumnos de diferentes idades, a entidade mantén aberta a inscrición.
As clases de baile impártense os mércores: de 17:30 a 18:30 para nenos de 4 a 10 anos; de 16:30 a 17:30 para alumnos de 11 a 17 anos, e de 18:30 a 19:30 para maiores de idade.

Os horarios da escola de gaitas determinaranse en función do alumnado e a dispoñibilidade de instalacións. Os interesados en asistir a algún destes cursos poden contactar coa asociación que preside Tamara Costas a través do correo electrónico tarambainaspandereteiras@
hotmail.com ou chamando ao número de teléfono
639 524 613.

A asociación Tarambaina,cuxo obxectivo é recoller e difundir a música tradicional entre nenos e adultos, conta con tres grupos de pandereteiras: Tarambaina, composto por mozos de 14 a 18 anos, Meniñas, de 10 a 14 anos, e Laretas, de 4 a 9 anos.
Estes grupos teñen ensaios semanais a horas diferentes aos da escola. Entre os conxuntos e os cursos, Tarambaina conta con medio centenar de compoñentes.
A participación en concursos que se celebran en Arteixo, Santiago ou A Coruña, entre outras poboacións, deu como froito numerosos premios para o tres grupos de Tarambaina nos últimos anos. Os alumnos da escola tamén teñen a oportunidade de actuar en actuacións voluntarias, unha ou dous anuais.

Un pouco de historia
A Asociación Tarambainas, fundada como tal en decembro de 2010, ten a súa orixe nun grupo de pandereiteiras do mesmo nome que comeza a funcionar na Asociación de Veciños de Lavadores en 2005.
As nenas, que cando comezan a actividade tebían entre 4 e 13 anos, van crecendo e a diferenza de idade faise notar, polo que se crea As Meniñas de Tarambainas en 2007 (integrado por nenas de 6 a 9 anos) e, máis tarde, Laretas.
Desde un principio, as mozas pandereteiras fanse notar e percorren pobos da comarca participando primeiro en festas populares e máis tarde en festivais e festas ás que se fan asiduas.
En ocasións, as propias nenas participan no traballo de campo coa súa profesora, Tamara Costas, buscando xente de idade avanzada que lles ensinen cantigas do lugar, golpes diferentes de panadereta e mesmo tradicións na vestimenta e a forma en que se divertían na súa mocidade.

Un serán moi participativo
O pasado sábado a asociación celebrou a sétima edición da súa serán popular, esta vez na Asociación veciñal de Cabral-Feira. Participaron trinta grupos de toda Galicia. A festa prolongouse até ben entrada a madrugada

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Os horarios das clases de baile son erróneos. Aï van os correctos:

- de 18:30h a 19:30h para alumnos de 11 a 17 anos
- de #blgtk08#19:30h a 20:30h para nenos de 4 a 10 anos
- de 20:30h a 21:30h para maiores de idade


Unha aperta!

Comentario por Miguel Sotelo (16-09-2011 13:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer