Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vigo acollerá un encontro internacional de orquestras folk
"Quedou demostrado que Vigo lidera a música orquestral folk non só en Galicia e en España, senón agora tamén en Europa", apuntou Rodrigo Romaní, director da E-Trad, quen resaltou desta convivencia "a oportunidade única para os músicos de compartir experiencias a nivel grupal".

O obxectivo último destas xornadas foi a preparación da seguinte cita. Será en marzo do ano que vén, coa cidade como anfitrioa e suporá a clausura do programa ENFO.

Xunto á orquestra viguesa tamén participaron no encontro, que tivo lugar do 5 ao 9 de setembro, Sibelius Academy, Royal Conservatoire of Scotland,e Tradalp Orchestra. En total, máis de cen implicados entre mestres, músicos e alumnos. Foron cinco días de sesións de traballo, clases mestras, obradoiros de aprendizaxe e intercambio e reunións con responsables de centros de formación musical. O momento cume chegou na última xornada coa interpretación dunha suite, composta pola fusión de temas de Italia, de Finlandia e de Galicia e con cen músicos tocando ao mesmo tempo. "O máis importante para os participantes foi interpretar xuntos, xa que a música é o idioma universal", apuntou Romaní.

O obxectivo final foi a consolidación do proxecto: favorecer a creación de novas orquestras desde os organismos educativos e á vez, potenciar novos centros formativos. Por outra banda, os grupos traballaron na elaboración dunha guía de orquestras folk en Europa, unha guía pedagóxica, un Plan de Negocios para o proxecto ENFO e un catálogo das institucións educativas de música folk en Europa. Todos estes puntos están destinados á difusión dun ámbito musical, as orquestras folclóricas, pouco coñecido. Os principais promotores do proxecto son o Concello e a Axencia Europea.

"En Helsinqui exercemos o papel de embaixadores vigueses en Europa", considera o director da Escola Municipal de Música Tradicional para quen considerou este tipo de actividades como os primeiros pasos para a consolidación das orquestras folk e que "é moi probable que teña continuidade nun futuro".


www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer