Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Oscar Fernández (Cempés)
Os Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústica, mantendo con Serxio Ces e Antón Varela e o propio Óscar as claves na composición, a voz e o liderado.

PREGUNTA: Nunha entrevista, a principios de 2007, deixaron a porta aberta a volver: "Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa". Xa tiñan pensado este prazo?
RESPOSTA: Non recordo de decir cifras, pero en calquera caso non estaba planeado. Non sabíamos se íamos volver ou non, nin cando.

P: Que foi o que precipitou o retorno?
R: Non foi pensado. Foi como somos nós, bastante impetuosos. Pero temos que agradecerlle as forzas para volver á Asociación Cultural e Xuvenil Anchoa, que organiza o Festival Fin do Camiño, que insistiron de tal xeito en que sería grandioso que fosemos...

P: Xa houbera un amago de volver en 2010...
R: Si, fixeramos dúas actuacións improvisadas. Foi cousa de Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque, a ver se algún grupo se animaba, a facer un concerto nun cargueiro de hai 200 anos que está preparado para facer festas ou excursións. O casco é un lugar idóneo para a música ao vivo. Eu respondín á petición e dixen "Chamo aí aos Cempés, que sempre nos fixo graza tocar nos barcos". Un terceiro concerto foi consecuencia dese, no Lugnasad de Bretoña, coa mesma formación, tocando simplemente versións das cancións de sempre. O cambio é que este ano a formación é estable e reducida, e ensaiamos bastantes máis días que para aquilo.

P: Que lles deu a xente de Fisterra para botar todo a andar de novo?
R: Foi unha cousa tan sincera! Eu non recordo coñecer persoalmente a ninguén da asociación, por iso nos chamou tanto. Ademais, coincidiu que non estábamos tan atarefados. Está a ser un ano malo de concertos para case todo o mundo. Por iso xuntamos a xente para tocar e dixémonos: de facelo, facémolo para seguir... e en que lío nos metemos outra vez.

P: Fíxolles ben esa parada?
R: Si. Tíñamos que reconducir o proxecto dalgún xeito, e a formación que tíñamos non estaba sendo prolífica, non estaba avanzando. Se a maneira de refundar o grupo foi paralo, foi correcto creo.

UN PANORAMA DISTINTO
P: Volven grazas ou por culpa da crise?

E: En parte grazas a ela. A crise afecta a todo absolutamente. Non sei que datas se lle pon a estas crises, pero non é deste ano só. Desde o 95... En principio parecía que a cousa cambiaba para ben. Houbo unha renovación nos grupos e trocaron algunhas esixencias loxísticas. Pero agora hai dificultades por falta de financiamento para todo... Se faltan os cartos, da música é para o primeiro que recortan. O ocio e a cultura son sempre os primeiros. Está a chegar ata ao ensino!

P: A metade do grupo é novo, xa que só quedan vostede, Serxio Ces e Antón Varela. Notaremos un cambio sonoro?
R: Quixemos romper coa liña anterior. É complicado, porque dos Cempés anteriores, 3 deles era un trío de rock, con guitarra, baixo e batería. Agora vai ser unha formación moito máis acústica. Ao haber un instrumento máis harmónico, como é o bouzouki, tocarei eu menos o acordeón e tocarei máis a sanfona, que é ao que me dediquei máis estes anos. Xa non teño nin acordeón, que o teño que andar pedindo prestado.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer