Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De Pazos á televisión alemana
O músico Xocas sairá nunha serie documental internacional

Galicia coñéceo xa polas súas participacións en programas de música folclórica. Durante a emigración en Brasil, deixou patente a súa mestría á gaita alén do Atlántico. Agora, chega a quenda de Alemaña. A fama de Xaquín Míguez, coñecido como Xocas, esténdese como a pólvora e o próximo ano chegará ás pantallas de todo o mundo da man dunha produción francoalemana, que preprara unha serie documental na que o popular artesán e músico de Pazos de Borbén terá o seu pedazo de protagonismo.

«Chegaron para preguntar e facer contactos. Ao cabo duns días chamaron para confirmar que escolleran o meu traballo para sacar», recorda este gaiteiro, que actualmente participa no grupo Os Quintelas, de Redondela.
Aínda que en realidade o traballo audiovisual versaba sobre natureza e artesanía en pedra, a idea gustou en Alemaña e hai uns meses decidiron incluílo nos traballos. A proxección será a nivel internacional e segundo contáronlle, chegará a España o próximo ano a través da televisión pública.

Ocupacións
«Viñeron cunha intérprete para poder entendernos e cun equipo que era última tecnoloxía. Quedaron en avisarme da emisión en Europa. Segundo explicáronme, tamén sairá unha señora do Grove», relata este incombustible artista, nacido en Pazos de Borbén e cuxa familia sempre estivo vinculada ao folclore.

O seu día a día é un non parar. Entre gravacións e encargos é raro que atope un oco para relaxarse. Ata a súa pequena escapada de vacacións a comezos de ano acabou aderezada con actuacións musicais nalgúns dos hoteis que visitou nas illas.
«Teño que dosificar algo máis, que xa teño 70 anos», asegura este avó, cuxas paixóns lle impediron volver collerse días libres durante o verán. E é que a combinación de tantas facetas é complicada de cadrar no calendario. Membro dun grupo musical, partícipe nunha coral, compositor a intres e ata inventor, déixanlle pouco tempo. ¿A próxima cita? O XLIV Concurso de Gaitas de Ponteareas, o máis antigo de Galicia, no que formará parte do xurado.

Con tanta traxectoria, non é estraño que haxa quen lle queira facer unha homenaxe. Proba diso é a escultura que loce desde hai pouco no seu xardín, na que aparece reflectido nunha peza de granito ataviado co traxe tradicional galego. Ademais, o escritor e amigo Xosé Neira Vilas confirmoulle que volverá aparecer nunha das súas publicacións.

Desde os dez anos
Durante a infancia xa vivía a música grazas á súa familia, así que aos 10 anos formou o seu primeiro grupo Os infantís das muras. Estaba formado por el e outros dous músicos e realizaron varias actuacións.

Primeiro foi o músico e despois o artesán. Ou talvez ao revés. Pero o caso é que agora conviven en Xaquín Míguez ambas as facetas. Aínda que intenta tomalas coa tranquilidade que corresponde aos seus setenta anos, non para nin un minuto. O último, o seu invento para modificar os punteiros de gaitas, unha das pezas fundamentais do instrumento musical.
Esta innovación consiste en facer duas partes desta peza que ensamblen de forma perfecta. Ambas dispoñen de tres buracos que se superponen, de modo que segundo vírase a parte inferior modifícase o aire que entra na peza. A medida serve, entre outras cuestións, para liquidar os problemas de afinación que se producen cos cambios de temperatura do verán ao inverno.

Funcionamento
«Se estes buratos se situan coa súa apertura máxima o punteiro terá unha afinación máis aguda, situar coa súa apertura mínima terá unha afinación máis grave», relata Xocas, que creou gaitas para músicos de todos os recunchos de Galicia.

Para deixar constancia do invento, presentou a solicitude de patente a Madrid, que foi aprobada recientemente. O pago das taxas garántelle que terá a exclusiva para incorporar a súa invención aos instrumentos, que levan sempre a súa firma para diferencialos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2011 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer