Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Berros do Castro
O disco que acaba de sacar á luz Berros do Castro, Eirexado s/n, leva o nome dun lugar da parroquia de Naraío; dun lugar do municipio de San Sadurniño no que se dan a man a tradición e a historia, á vez que a lenda. E é, esta gravación nova, un dos proxectos máis queridos polo gaiteiro e lutier Antón Varela, un músico estreitamente vinculado tanto a Berros do Castro como a unha segunda formación, Raparigos, que tamén colabora neste proxecto. Un proxecto que permite xa non só rescatar do esquecemento -a frase, por tópica e repetida, non deixa neste caso de reflectir o que é certo-, senón sobre todo darlle un aire novo á música tradicional de Ferrolterra.

Subliñan os promotores do proxecto que o disco vén ser o froito dunha «recompilación de melodías que formaban parte do repertorio de diferentes formacións da música popular». Pero engaden que, ao mesmo tempo, e «ademais das melodías antigas que interpreta o grupo», tamén se inclúen no disco «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da comarca». Concretamente, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista da parroquia de Doso», na súa época «solicitado para ambientar innumerables bailes e roldas», e do ferrolán Manuel López Vergara, «un dous gaiteiros máis representativos e activos da comarca, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros».

Gaitas do obradoiro de Lago
Na gravación de varias das pezas que Berros do Castro gravou neste disco utilizáronse gaitas antigas, procedentes do obradoiro que rexentaron, en Lago, Valdoviño, os lendarios luthiers Manuel e Enrique. Dous artesáns cuxo apelido coincidía, por certo, co nome da súa parroquia, e de cuxo Taller de Lago saíron gaitas que, no século pasado, soaron tanto en Galicia como en boa parte dos países nos que había emigrantes galegos.

Os integrantes de Berros do Castro lembran, ademais, que Eirexado s/n vén ser, á súa vez, a «plasmación sonora» dunha imaxe, unha melodía... un recordo, proxecto que naceu do desexo de «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos da música popular de Ferrolterra». Unha iniciativa, esta última, da que xurdiron «ferramentas para poñer en valor ese patrimonio como unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións tradicionais».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer