Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco da Requinta de Xián
"Feita en Riobó” é o segundo traballo discográfico de A Requinta de Xián. O título merece pouca explicación para os ulláns pois Riobó é o berce da requinta.

No obradoiro dos García de Riobó, situado na Estrada (Terra de Tabeirós- Pontevedra) e con case tres séculos de tradición, pensouse e materializouse a idea da requinta, unha frauta traveseira deseñada para acompañar as gaitas tumbais e que segue os patróns clásicos franceses, pero con peculiaridades que pensamos permiten dicir que supoñen un desenvolvemento propio deste obradoiro e non unha copia literal dunha frauta francesa de finais do XIX, como outros teñen pretendido.

Se no seu primeiro traballo discográfico quixeron amosar a riqueza das frautas traveseiras (frautas, requintas, pínfanos e frautas de cana) que aparecen na Ulla, neste segundo queren facer fincapé nos diferentes tipos de agrupacións musicais que os tocaron, rememorando tanto a súa historia coma o seu son. É por iso que nas gravacións acharedes pezas tradicionais da Ulla interpretadas cos diferentes tipos de formacións que foron quen de documentar.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer