Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

presentación do CD `A Escote´ dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia
Este venres na Taberna A Eira, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano, terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.

O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....

Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!

Os grupos folk Fol de Veneno e Media Ducia comparten local de ensaio e mesmo a algúns dos seus membros. E dende hai uns días tamén comparten A escote, un disco de produción propia co que pretenden darse a coñecer un pouco máis. O nome do cedé xa o di todo sobre a súa xestación, pero no interior agocha sete temas propios moi frescos. Josecho Pallas Varela (Buño, 1964) tanto toca o seu bombo en Fol de Veneno como en Media Ducia, e nos dous, asegura, pásao realmente ben.

-¿Como se fixo o disco e por que se fixo así?
-Sobre todo pretendemos darnos a coñecer. É un disco promocional e, ademais, made in feito na casa. A gravación fíxose en Carballo, o son fómolo sacando entre os membros do grupo e Manolo da Escola da Rúa, as fotografías foron sacadas en Buño, o fotógrafo é meu irmán... E así todo. Todo moi artesanal.

-¿E como se lles dou por aí?
-Tanto Víctor coma min estamos nos dous grupos, ensaiamos no mesmo local e xuntámonos moitas veces uns cos outros, e dixemos: ¿Por que non facemos un disco a escote? E así foi. Fol de Veneno xa tiña gravados catro temas de antes e Media Ducia tamén gravara tres, e pensamos en utilizalos como base para facer un traballo que se poida escoitar nas radios, que se poida enviar á xente que organiza festivais... E entre os dous grupos sae máis barato. E levándose ben, ¿por que non?

-¿Que acollida está tendo?
-O bo que ten o disco é que é moi fresco. Practicamente todas as cancións son nosas ou collemos cancións tradicionais que despois de pasalas polo laboratorio cambian totalmente. Innovar hoxe en día no folk é imposible, pero agradécese cando hai cousas así, alegres, frescas. A min gústame como soa.

-¿Teñen moitas actuacións para este verán?
-Media Ducia leva só uns tres anos rodando e cústalle máis ter actuacións. Este ano levamos dúas, imos ter outra en Bandeira e igual acabamos con catro ou cinco actuacións. Fol de Veneno un pouco máis, sobre dez ou doce. Home, para un grupo como son os nosos, de non profesionais e de prezo normal, está ben. Sobre todo tendo en conta que hai moita xente que non está tocando nada, non hai un euro. Nós imos safando. En agosto, por exemplo, entre un grupo e máis outro estamos case todas as fines de semana tocando.

-Iso ten a súa parte boa e a súa parte mala, porque deixa pouco tempo libre.
-Estas cousas normalmente empézalas porque o pasas ben, e acabas tocando en escenarios grandes, pero sen moitas pretensións. Porque como vai ser toda a vida unha afección, porque é moi difícil vivir disto, o que pretendemos sempre é pasalo ben. E se hai actuacións de máis para o ano que vén collemos menos. O que non pode ser é deixar a túa vida privada.

-Igual calquera día vémolos na Carballeira.
-Fol de Veneno tocou non hai moito na carballeira, pero na de Baio (ri).

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2011 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer