Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Son d´aldea (Santiago de Alba-Palas de Rei)
Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva.

Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios (O monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal) e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.

Haberá tamén unha Mostra de Artesanía Alimentária e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.

Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.

Sábado 3 de setembro

PROGRAMA

10:00 Recepción
10:30 Roteiro Teatral: O monte, o lavadoiro,
o forno, a lareira, a escola e o tundal.
14:30 Xantar na aldea con Maria Castaña
16:30 Sega/Malla
19:00 Romaría
Agrupación Musical Buxaina
Concerto de Música Folk: A QUENLLA


www.sondaldea.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Excelente iniciativa. Ten todolos condimentos para facer que a cidade mire de frent#blgtk08#e a unha vida alternativa de máis calidade.
Felicitacións os organizadores.
Comentario por Ulloacrea (01-09-2011 14:43)
2 A aldea recobrou o seu esplendor do corenta cando xa todos se mantiñan unidos por seren unha testemuña para as vindeiras xeracións. En tempos para nós afastados ALBÁ xa escenificaba o seu labor artístico con toda a súa veciñanza. Agora renovou ese seu esplendor grazas a unha dinamización coa que ninguén alleo non contaba. Palas e os seus lugares acudiron a ver un espectáculo digno de ser posto en escea a través dos grandes produtores cinematográficos. Os xenios do acontecemento amosaron o seu grande esplendor cultural e a súa grande valía para por a vida de todos os seus no candelabro do universo. Algún día escoitarase falar deste labor en prol da aldea coma un trafego de xigantes. Nunca para min foi posible presenciar al#blgtk08#go tan fermoso nun entorno de corredoiras, prados, e tudais ou patios dos nosos máis preciados lares. Que bonito como as casas do lugar foron os recintos de acollida de todos os espectadores dos eventos teatralizados coa experiencia da veciñanza e saber por en escea de todos os grandes e os pequenos. Unha leción de humildade, coñecencia, educación, solidariedade e respeto para con todos os que nos achegamos a unha aldea que non estaba para nada celebrando o día do seu patrón senón amosando ao mundo o que ten e o que pode compartir. A amizade foi o grande logro dun éxito familiar, de vecindade, de xenerosidade e de entrega por un lugar ao que sempre se lembrará por ser como é e por dar tanto a cambio de nada. Grazas ALBÁ.
Comentario por Xosé Luís Otero Cebral (05-09-2011 02:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer