Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiro disco de Saltonocribo

Primeiro traballo dun grupo de músicos con experiencia abondo no folk. Aposta pola fusión e variedade de estilos nun disco autoproducido no que interpretan temas recollidos da tradición que conviven con composicións propias.

Saltanocribo é un adxectivo. O seu significado mais aproximado é outra palabra curiosa é simpática do noso idioma: fervellasverzas. Hai quen a escribe separada e hai quen a escribe toda xunta. Saltanocribo, o grupo de música, son dos que a escriben seguida e así titularon tamén o seu primeiro CD despois dun percorrido exitoso nos últimos dous anos polos escenarios de Galicia.

Este primeiro CD que sae ó mercado neste mesmo mes de agsoto é un compendio xeneroso de 16 cancións nas que resalta tanto a variedade de ritmos como a de instrumentos: acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión variada, violín, voz...

A súa posta en escena, como puideron comprobar os asistentes tanto do famoso Festival de Pardiñas como os da pasada edición do Festival Achegarte celebrado na Coruña, vai do festivo ó proximo presentando unha oferta de calidade musical e risco moi atractiva e divertida nas partes que o precisan. A súa vez a sensibilidade no tratamento de temas como O Pindo fai remoer, repasar e devecer mentalmente do adn tradicional que todos levamos mais ou menos dentro e que sacamos fora cada vez que se xuntan músicos tan xeitosos coma estes para animarnos as vidas.

Os compoñentes de saltanocribo son (da súa propia web www.saltanocribo.net):

Jose Manuel, “Barbeiro”: é o acordeonista do grupo e chega a el tras o seu paso pola formación musical Eoas (Sarria, Lugo). É de Sarria, onde vive e vela pola nosa seguridade como axente de seguros.

Luís: é orixinario de Sarria, aínda que vive en Lugo e exerce coma enxeñeiro. Dende Xarín, gaiteiros do Incio chega a Saltanocribo como o clarinetista e gaiteiro do grupo.

Suso: orixinario da Pobra do Brollón e habitante insigne das terras de Lemos. Tras o seu paso por Xarín, gaiteiros do Incio, do cal é co-fundador, forma parte do grupo facéndose cargo de frautas e gaitas.

Braulio: é orixinario de Coruña, aínda que agora está afincado en Monforte. Por eses lares exerce a medicina, dentro do grupo muda o vademecum polas cordas das súas guitarras. Chega ao grupo tras pasar por Xarín.

Ismael: como os máis nosos músicos vive e ten as súas orixes na comarca de Sarria. Tras o seu paso coma percusionista, por grupos como Eoas, Xanzá e Xarín, gaiteiros do Incio, expresa a súa sabedoría no grupo por medio das diferentes percusións.

Rebeca: é orixinaria de Baralla e vive en Santiago de Compostela, onde esculca nas profundidades da bioloxía. Dende a formación Xarín, gaiteiros do Incio chega e achega a esta formación musical a súa arte como percusionista.

Pablo Camarero: é o violinista do grupo. Está afincado en Santiago de Compostela onde exerce como profesor, malia a ter as súas orixes na Pobra do Brollón. Chega ao grupo tras o seu paso por diversas formacións musicais.

Carolina Vázquez Castro: ten as súa orixes en Foz, aínda que agora reside en Lugo onde ensina como profesora de música de primaria. Ela presta a súa voz ao grupo e chega a esta formación musical tras o seu paso por Xarín, gaiteiros do Incio.

http://nsaio.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-09-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer