Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XII Edición do Memorial Ricardo Portela |
|
 A fin de semana do 16 e 17 de Xullo de 2011 terá lugar a XII edición do Memorial Ricardo Portela. Trátase dun concurso de gaita que quere render unha merecida homenaxe ao gaiteiro de Viascón, mestre recuperador da forma de interpretar a gaita en toque pechado. O principal obxectivo do certame é promover a música tradicional galega, así como impulsar a formación de novos cuartetos e quintetos. Como ocorreu nas pasadas edicións, o certame se desenvolverá en dúas fases: unha pola mañá, consistente en pasarrúas que dará comezo ás 12 da mañá na praza de Curros Enríquez, ocasión na que o xurado poderá elixir as oito formacións finalistas, e unha final ás 20 horas do serán, na que o mesmo xurado escollerá os tres primeiros premiados, que recibirán premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros.
Asemade haberá o premio especial ?Ricardo Portela?, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e o premio especial ?Seivane-Goretex?, consistente nunha gaita creada especialmente para esta sexta edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Cómpre dicir que estes dous premios son compatíbeis con calquera dos outros premios en metálico.
Ademais do concurso o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organizará unha mostra de artesáns de instrumentos tradicionais que permanecerá aberta ao público durante toda a fin de semana.
O sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, e o domingo coas actuacións de Noitarega e Pradairo.
Todas as actividades, salvo o pasarrúas que percorrerá todo o casco vello, terán lugar na Praza da Peregrina de Pontevedra.
Percorrido do Pasarrúas
PZA. DE CURROS ENRÍQUEZ - FDEZ. VILLAVERDE ? MICHELENA - PZA. DA PEREGRINA ? OLIVA ? GARCÍA CAMBA ? FREI X. DE NAVARETE ? SAGASTA ? CASTELAO ? DANIEL DE LA SOTA ? PEREGRINA - PZA. OURENSE ? PZA. FERRERÍA ? PZA. ESTRELA.
Descarga o cartaz coas bases
Gaiteiros Galegos |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|