Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Riobó

O conxunto Riobó vén de realizar o seu debut discográfico, aínda que entre os seus compoñentes achamos a músicos experimentados, o que se reflicite á hora de escoitar o traballo e comprobar a súa madurez sonora. Conversamos con Begoña Riobó, artista que dá nome á formación e que nos últimos anos está a converterse nunha violinista de sobranceiras habelencias cando toca o instrumento .

–Como naceu o conxunto?
–Xosé Liz e eu levábamos tempo coincidindo en diverso proxectos como colaboradores, mais nunca coincidíramos nun grupo. El comentaba que debiamos formalizar a nosa relación musical dunha vez e fixémolo chamando a outros tres compañeiros que tivemos a sorte que aceptasen formar parte da nosa idea musical.

–E vostede exerce como líder, ocupando o centro do escenario nos directos. Tiñan claro o de darlle o seu apelido á banda?
–Para nada, foi cousa dos meus compañeiros e a min non me gustaba. É verdade que o violín está en todo momento moi presente, mais quero deixar claro que non somos o concepto dun solita e unha banda detrás acompañándoo, senón que soamos como un grupo. Aínda que a miña figura saliente máis, isto non é unha ditadura do violín e todos os compañeiros participan nos arranxos, e Liz tamén forma parte da produción artística comigo e Anxo Pintos. Ademais é comenente non cansar ao ouvinte con moito violín e que os outros instrumentos teñan o seu lugar.

–Baséanse na música tradicional galega e confían tanto no seu poder artístico que ata fan pezas de máis de seis minutos.
–En Galicia temos un patrimonio musical amplo e moi rico. O dos temas tan longos, que non creo repitamos, non foi algo premeditado senón que nos saíu así. Gravamos o disco en catro días tocando xuntos, agás as gaitas, coa idea de conservar a dinámica e o ritmo fluído dos concertos. Tiñamos claro o que queriamos e fixemos pequenas renuncias, en canto á perfección á hora de tocar, en función do ben común do grupo e que soase mellor o coxunto.

–Comezou acompañando co seu violín a solistas, participou na orquestra folk Sondeseu e agora exerce como imaxe deste novo grupo. Que foi aprendendo deses diferentes periodos vividos na súa andaina?
–Aprendín moito cos solistas aos que acompañei. Aí tes que axustarte ao que eles queren e agora o que fago en Riobó é moverme nun repertorio no que conduzo o violín por sitios onde estea cómodo. A Sondeseu téñolle un gran agarimo e alí tamén aprendín bastantes cousas do xeito de relacionarse cun escenario. Cando o concerto saía ben a reacción do público era brutal.

–E como ve a súa evolución como violinista?
–Éme difícil definir ese evoluír. Son practicamente autodidacta e así, sen mestres, non ves moito como evolucionas. Noto diferenzas entre as primeiras gravacións e as de agora. O que pretendo nestes momentos é que se note no violín un xeito de tocar netamente galego como consecuencia do traballo de traducir o repertorio de gaita para ese instrumento. A ver se a xente é quen de sentilo así na escoita.

–Agora debe asumir realizar as presentacións nos concertos. Como leva ese cometido?
–É ao que lle teño que adicar máis tempo, xa que non estaba afeita a facelo. É algo que tes que ir aprendendo co tempo e os compañeiros tamén me botan unha man.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer