Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Betanzos aspira a Lorient
O grupo Os Brigantinos organiza un festival con acampada para xuño

Ás citas folkis de Ortigueira, Pardiñas, Carballeira de Zas, ou a de Lorient, que sempre conta con representación galaica, únese este ano unha nova na comarca, o Briganfolk, un certame co mesmo espírito e que se celebrará os días 11 e 12 de xuño no Carregal, onde haberá música e actividades continuas e tamén zona de acampada.
Os organizadores desta primeira edición son os 18 integrantes do grupo Os Brigantinos, formación creada hai 43 anos por José Benito Beade e que agora continúan os seus netos Óscar e Alberto Barallobre, xa convertida en banda de gaitas, con membros de 7 a 35 anos.

Levan traballando ano e medio neste proxecto co que pretenden atraer aos amantes do folclore. «A proposta é difundir ao noso grupo e promover o intercambio cultural», explica Iván Pérez Prieto, un dos directivos dos Brigantinos. «O festival abrirao un desfile por Betanzos de todos os grupos e pretendemos que haxa música en vivo todo o día, da mañá á noite, e que haxa animación no recinto, desde postos de comida, a venda de artesanía e obradoiros de música», comenta.

Os pratos fortes serán a actuación de Xosé Manuel Budiño e Susana Seivane. Hai moitas invitacións cursadas e pode colgar xa no cartel o título de internacional, xa que dous das confirmadas son bandas de Escocia e de México, Clackmannanshire e o Ballet Folclórico de Chiapas, respectivamente.

Os Azoughados de Churío e As Patuleiriñas, de Aranga; e Azougue e Xóvenes do Pobo de Betanzos serán parte da representación da comarca e tamén anunciaron a súa presenza a Banda de Gaitas Villa de Xixón, Castro de Columbrianos (León), Castro Bergidum (Ponferrada), e a asociación folclórica Albada (Salamanca). Non se cobrará entrada, aínda que está previsto que se editen camisetas a prezos populares e que se vendan rifas para colaborar nos gastos deste festival.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer