Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova edición do concurso Vai de baile
O programa Luar da CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A., emitido a través da súa canle, TVG, co desexo de promover e difundir os valores artísticos do baile galego así como incentivar a súa práctica en boa competencia, convoca a oitava edición do concurso ?VAI DE BAILE? que se desenvolverá de acordo coas seguintes BASES

Participantes
1. Poderán participar os maiores de 16 anos que se inscriban por parellas. No caso de que o participante sexa menor de 18 anos deberá contar coa autorización expresa dos seus titores legais. A Dirección do Programa fará unha selección previa dos candidatos.

2. Non poderá participar no concurso o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.

3. A inscrición será gratuíta. Os concursantes non terán dereito a contraprestación económica ningunha, aínda que o Programa poderá entregarlles unha cantidade en concepto de axuda para gastos de desprazamento.

4. Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa. A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.

Mecánica do concurso
5. En cada programa competirán dúas parellas entre si bailando unha xota e unha muiñeira de forma alternada, máis un agarrado que bailarán simultaneamente.

6. O xurado de Vai de Baile estará formado por tres especialistas de recoñecida solvencia. Cada membro do xurado emitirá a súa valoración, atendendo a criterios técnicos e artísticos e a súa decisión será inapelable. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade con ningún dos membros do xurado. A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros do xurado, nomear un substituto que pasará a formar parte do xurado, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.

7. Na primeira fase cada semana participarán dúas parellas novas. A parella que resulte gañadora volverá a seguinte semana con un máximo de dúas semanas. As parellas que resulten gañadoras dúas veces, pasarán á seguinte fase do concurso. De maneira excepcional, o xurado poderá asignar un empate, de xeito que se considerarían gañadoras as dúas parellas A Dirección do Programa resérvase o dereito a modificar a duración do concurso atendendo a criterios de audiencia.

8. Na segunda fase participarán as parellas clasificadas na primeira fase. Cada semana presentaranse dúas parellas. A Dirección do Programa resérvase o dereito a modificar a duración do concurso atendendo a criterios de audiencia.

9. Na semifinal participarán as 4 parellas que seleccione o xurado de entre as que participaron na segunda fase. A Dirección do Programa resérvase o dereito a eliminar esta fase e pasar directamente á final coas dúas parellas máis destacadas da segunda fase.

10. Na final competirán as dúas parellas que seleccione o xurado de entre as que participaron nas semifinais.

11. A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.

Premio
12. O Vai de Baile ten como premio unha dotación económica de 2.000 ? para a parella campiona e de 1.000 ? para a subcampiona, correspondéndolle o 50 % do premio a cada compoñente da parella. Os premios estarán suxeitos á correspondente retención do IRPF.

Protección de datos
14. De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos de carácter persoal recollidos ao abeiro deste concurso serán incorporados a un ficheiro do que é responsable a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. con sede en Bando ? San Marcos s/nº, 15820 Santiago de Compostela, co fin de resolver a xestión e difusión do concurso. Os interesados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo unha solicitude asinada por escrito ao Servizo de Informática da CRTVG no enderezo sinalado, xunto cunha copia do seu DNI.

Disposicións xerais
15. Os concursantes ceden todos os dereitos de imaxe á CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. así como todos os dereitos derivados da súa actuación, respecto á súa gravación audiovisual, a súa reprodución e comunicación pública por televisión, internet e demais medios coñecidos, para todo o mundo e ata a súa entrada no dominio público, e sen límite de pases.

16. A Dirección do Programa resérvase o dereito de modificar ou suspender o concurso temporal ou definitivamente cando as necesidades de programación e audiencia así o aconsellen.

17. A Dirección do Programa resérvase o dereito de expulsar ao concursante que incumpra estas bases ou que manifeste un comportamento pernicioso para o programa en calquera das fases do concurso.

18. A participación no concurso supón a plena aceptación destas bases. A súa interpretación ou calquera aspecto non previsto nelas será competencia exclusiva da Dirección do Programa.

19. A CORPORACIÓN RTVG queda exonerada de toda responsabilidade en caso de mal funcionamento das redes de comunicación telemática que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas a aquel e especialmente por actos externos de mala fe. Tampouco será responsable a CORPORACIÓN RTVG dos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a esta.

O prazo de inscrición xa está aberto.
Información e contacto: luar.vaidebaile@gmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 06-02-2018 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Gran Final 'Vai de baile' 2017 - Repichoqueiros da Malatesta Vs Foliadeiros de Loirent
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 18-07-2017 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Semifinal Garañetas de Lugo Vs Foliadeiros de Loirent
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 18-07-2017 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Semifinais Repichoqueiros da Malatesta Vs Xarelos da Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 07-07-2017 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Delellos da Lustra Vs. Sond'sote de Vigo Vs. Xarelos da Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 07-07-2017 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Delellos da Lustra Vs. Garañetas de Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 16-06-2017 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Repichoqueiros da Malatesta Vs. Sondesote de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 06-06-2017 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xarelos da Coruña VS Foliadeiros de Loirent
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 29-05-2017 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Parada (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 24-05-2017 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Sondesote de Vigo Vs Albaroqueiros de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 24-05-2017 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Garañetas de Lugo Vs Ferreñas de Latonhe (12/05/2017)
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 18-05-2017 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Pícaros de Ningures Vs Xarelos da Coruña (5/05/2017)
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 11-05-2017 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Repichoqueiros da Malatesta Vs Delellos da lustra (28/04/2017)
Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 11-05-2017 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Arruadores de Compostela Vs Foliadeiros de Lorient (21/04/2017)
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 11-05-2017 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Volve o Vai de baile no Luar
O programa Luar da Televisión de Galicia, co desexo de promover e difundir os valores artísticos do baile galego así como incentivar a súa práctica en boa competencia, convoca a sétima edición do concurso ?VAI DE BAILE? que se desenvolverá de acordo coas seguintes

BASES
Participantes


Poderán participar os maiores de 16 anos que se inscriban por parellas mixtas. No caso de que o participante sexa menor de 18 anos deberá contar coa autorización expresa dos seus titores legais.A Dirección do Programa fará unha selección previa dos candidatos.

Non poderá participar no concurso o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.

A inscrición será gratuíta. Os concursantes non terán dereito a contraprestación económica ningunha, aínda que o Programa poderá entregarlles unha cantidade en concepto de axuda para gastos de desprazamento.

Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa. A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.

Mecánica do concurso

En cada programa competirán dúas parellas entre si bailando unha xota e unha muiñeira de forma alternada, máis un agarrado que bailarán simultaneamente.

O xurado de Vai de Baile estará formado por tres especialistas especialistas de recoñecida solvencia. A resolución estará consensuada polos membros do xurado e será inapelable. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade con ningún dos membros do xurado. A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros do xurado, nomear un substituto que pasará a formar parte do xurado, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.

Na primeira fase, cada semana presentaranse dúas parellas novas. A parella que resulte gañadora pasará á seguinte fase do concurso.

Na segunda fase participarán as parellas clasificadas na primeira fase.

Na semifinal participarán as 4 parellas clasificadas na segunda fase.

Na final competirán as dúas parellas mellor puntuadas na semifinal.

A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.

No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa atendendo a criterios de audiencia.

Premio

O Vai de Baile ten como premio unha dotación económica de 2.000 ? para a parella campiona e de 1.000 ? para a subcampiona.

anexo:
cada participante recibirá en concepto de gastos 70 ? por cada programa.
Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 12-04-2017 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xoaniñas de Vila de Cruces contra Brincadeiras de Beade


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 25-04-2013 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
"Repichoqueiros da Coruña" contra "Xestelos do Monte"


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 17-04-2013 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Peneireiros da ría de Vigo contra Triquilleiros de Santiago


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 10-04-2013 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Zarapelos de Vigo contra Bailadores do Torreiro


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 04-04-2013 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
"Buxainas de Lugo" contra "Rasdorrivés"


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 27-03-2013 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
"Bailadores do Torreiro" contra "Dhalias da Terra"


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 19-03-2013 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xestelos do Monte contra Buxainas de Lugo


Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 12-03-2013 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Triquilleiros de Santiago contra Brincadeiras de Beade


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 28-02-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pescudeiros de Baiona contra Lebrachos de Sobrado


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 20-02-2013 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Punta Tácón - Trouleiros do Burgo contra Ras do Rivés


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 14-02-2013 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Punta Tácón - Luar: Zarapelos contra Repichoqueiros


Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 07-02-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Punta Tácón - Luar (18/01/2013)


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 22-01-2013 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 17 de xullo - Final
Vai de baile do 19 de xuño de 2009

Final


Bugalleiros de Ames VS Un Par de Cuncas de Matamá

Concurso



Xurado



Dende Malmequer queremos felicitar á parella gañadora e a todos os que participáchedes e darvos as grazas por que participar nese concurso aunque pareza pouco importante, realmente, dende o punto de vista da nosa cultura tradicional, si que o é. Co voso traballo, gañamos todos!
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 07-08-2009 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 10 de xullo
Vai de baile do 10 de xullo de 2009

Segunda Semifinal
Xoldras de Teis VS Un par de cuncas de Matamá


Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 30-07-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 26 de xuño
Vai de baile do 26 de xuño de 2009

Maragatos de Candeán VS Aturuxeiros de Barcelona


Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 24-07-2009 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 3 de xullo
Vai de baile do 3 de xullo de 2009

Primeira Semifinal
Bugalleiros de Ames VS Rebuldeiros da Coruña



Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 24-07-2009 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 12 de xuño
Vai de baile do 12 de xuño de 2009

Bugalleiros de Ames VS Aderezos de Santiago


Concurso


Xurado


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 23-07-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 19 de xuño
Vai de baile do 19 de xuño de 2009

Rebuldeiros da Coruña VS Rondeiros dos Castros

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 23-07-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 29 de maio
Vai de baile do 29 de maio de 2009

Os Aturuxeiros (Barecelona) vs Os Verjalleiros (Ames)

Concurso


Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 17-07-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 5 de xuño
Vai de baile do 5 de xuño de 2009

Xoldra (Teis) vs Un par de Cuncas (Matamá)

Concurso


Xurado


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 17-07-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0