Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do libro ´Instrumentos musicais na Tradición galega
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-02-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Libro disco `A nena e o grilo´
O cantor Magín Blanco, acaba de publicar un libro disco adicado ao público infantil publicado por OQO editora, producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, colaboraron Guadi Galego, Ugia Pedreira, Fred Martins ou Tarci Dávila, e tamén João Afonso, nas letras. E que contou coa voz dalgúns nenos e nenas da AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra.

Como traballo conceptual, ‘A nena e o grilo’ sitúase a medio camiño entre o pop e a música de autor, de feito, as armonías vocais son o recurso musical máis empregado. “Interesábanos transmitir o feito de cantar como xogo, divertimento e forma de comunicación, máis que outra cousa”, resume Magín Blanco.

Agora, o resultado dese traballo de equipo será presentado en directo, nun espectáculo familiar no que Magín (guitarra, voz) estará acompañado por Xoán Curiel (guitarra e voz), Sergio Tannus (cavaquinho, guitarra, percusión, baixo e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración). A parte falada adquire unha vital importancia, xa que nos relata dun xeito sinxelo, delicado e sutil, a historia de amizade entre a nena e o grilo, que descobre dimensións determinantes da existencia e abre horizontes positivos e ilusionantes. Tamén cobra especial protagonismo o audiovisual, que nos amosará a parte gráfica realizada por Iván Prieto. Estamos ante unha obra ambiciosa, cosmopolita, que invita a ter fe nos demais, a través dunhas cancións que reparten aloumiños a eito e amosan un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades, sen excluir ao público adulto.

Ligazóns
A nena e o grilo en MySpace

www.folque.com



Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-02-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
`Instrumentos musicais na tradición galega´ cuarto libro máis vendido en galego
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-02-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Presentacións do libro ´Os instrumentos musicais na tradición galega´
Desde o proxecto Ronsel veñen de publicar un libro de interese para todas as persoas vinculadas ao mundo da música tradicional, a monografía "Os instrumentos musicais na tradición galega" de Pablo Carpintero Arias, con deseños de Xoán Ramón Marín Martínez, editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas.

Esta obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A magnitude do traballo vai alén das case 500 páxinas e 1000 fotografías pois desde unha perspectiva científica e rigorosa achega a clasificación dos 144 instrumentos musicais catalogados dentro do sistema científico máis empregado en occidente, a clasificación de Hornbostel e Sach.

Na actualidade estanse a facer presentacións por todo o país, que comezan este xoves día 11 de febreiro de 2010 ás 18.00 h no auditorio David Russell do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Trátase de actos nos que se mesturan as intervencións por parte dos autores, coordinador do proxecto e editores, cun breve pero intenso concerto didáctico de Pablo Carpintero que permite comezar a saborear os contidos do libro.

Outros actos que xa están programados son:

- xoves 18 de febreiro de 2010 ás 20.00 h no salón de actos da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo

- sábado 20 de febreiro de 2010 no programa Lume na Palleira na sintonía da Radio Galega 2 de 16 a 17 h

- sábado 20 de febreiro de 2010 na cidade da Coruña, lugar e hora por determinar

- xoves 25 de febreiro de 2010 ás 20.00 h no museo municipal de Ourense


Na presentación en Vigo participará tamén o gaiteiro Carlos Nuñez.
Comentarios (4) - Categoría: Publicacións - Publicado o 11-02-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os instrumentos musicais na tradición galega
O patrimonio inmaterial musical do país cobra forma nun libro de referencia
Presentouse o ambicioso volume 'Os instrumentos musicais na tradición galega', escrito por Pablo Carpintero e editado por Difusora.


O patrimonio inmaterial musical do país xa conta cunha obra de referencia. Os instrumentos musicais na tradición galega, de Pablo Carpintero, presentouse este mércores no reitorado da USC, ao abeiro do proxecto Ronsel, no que participan as tres universidades, que contaron con cadanseu representante.

O traballo cataloga e clasifica cientificamente 144 instrumentos, algo que aínda estaba por facer en Galiza. Segundo o seu autor, que foi recollendo información durante 16 anos, o libro estabelece ademais o que entendemos os galegos por instrumento musical, que no país vai ligado directamente á capacidade de producir unha melodía, e que a gaita de fol é o instrumento prototípico.

A través de case 500 páxinas e mil fotografías, e con ilustracións de Xoán Ramón Marín, o libro tamén reflicte o feito de que en Galiza, até hai moi pouco, se conservan instrumentos de orixe paleolítica, ou que na aprendizaxe musical dos máis novos se plasma a evolución histórica dos instrumentos musicais.

O director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, Xavier Paz, o libro supuxo un grande reto e afirmou que servirá de cartón de presentación tanto para a propia editora como para Ronsel. O impulsor do proxecto e vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, valorou o intenso traballo que supuxo a edición do libro, que cualificou de "definitivo". Así mesmo, salientou que a Unesco avale a obra, que á súa vez é un paso máis para o recoñecemento do noso patrimonio inmaterial. Por último, afirmou que o traballo é único no mundo, e máis tendo en conta que é froito do traballo dun único autor.

O feito de se ter presentado na sala reitoral da USC simboliza tamén a unión das tres universidades do país nesta empresa e anunciou que Ronsel seguirá adiante con iniciativas que frutifiquen en novas "xoias para a nosa cultura".

www.vieiros.com

Comentarios (3) - Categoría: Publicacións - Publicado o 28-01-2010 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de O Berce das Palletas en Rianxo
O sábado 19 de decembro ás 20.30 h., Vai de Roda presenta no Cuartel Vello de Rianxo o libro O Berce das Palletas.

Ten textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín e é un traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dunha ferramenta que nos permite coñecer a fondo cal é o proceso de construción desta peza que constitúe a alma da gaita galega.

É un bon punto e final para o curso de empalletado tradicional impartido por Alexandre Cadarso que está a xuntar na antiga Casa de Cultura a quince persoas interesadas en se achegar a esta confección artesanal.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-12-2009 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Gaita 2.1
Gaita 2.1, Música do XXI ao xeito tradicional, recolle vinte e un temas presentados en tres soportes diferenciados (CD Audio, CD Rom e libro) nunha clara aposta pola música contemporánea e polos diferentes xeitos de escribir para dito instrumento.

Ao carácter pedagóxico de Pel e madeira, musicolóxico de Músicas Históricas de Galicia, ou diverso da popular colección Cadernos de Gaita, engádese agora unha nova serie na que o criterio é compositivo á vez que interpretativo.
Dos Acordes quere así seguir adiante coa súa particular e ampla visión do que a Música (con M maiúscula) debe ser. Dende o diseño ás pezas, todo neste libro respira modernidade; é un saúdo ao final da primeira década do século XXI, a nosa benvida ao 2010...

Os autores que participaron nesta obra son:

Milo Romero, Alberto Coya, David Bellas, Diego Mariño, Daniel Bellón, Gonzalo Abelairas, Isidro Vidal, Xurxo Fernández, Pedro Álvarez Fariñas, Ana Belén López Villar, Cristian Silva, Daniel Lumbreras, Rafael Crespo, Agustín Sánchez, Pedro D. Lamas.

Producido por Milo Romero


Os temas contidos no CD son:

-Canto de Pena (Milo Romero)
-Airiños do Monte (Alberto Coya)
-Canción Ferinte de tía simia e mamá elefanta (David Bellas)
-Danza e Contradanza de Darbo (Diego Mariño)
-Xaloucos (Daniel Bellón)
-Noite Meiga (Gonzalo Abelairas)
-Pena de Flores (Isidro Vidal)
-O Gait Nas (David Bellas )
-A Rumba de Tio Gilito (Milo Romero)
-Insomnio dunha noite de nadal (Gonzalo Abelairas)
-O Bretogal (Xurxo Fernández)
-Folkachada (Pedro Álvarez Fariñas)
-Marcha Discordante (Ana Belén López Villar)
-Pequenas 2sis de Actitude (Cristian Silva)
-Jota de Santiago de Oliveira (Diego Mariño)
-Melencho (Daniel Lumbreras)
-Pasacorredoiras de Poio (Rafael Crespo)
-Muiñeira Aghotada (Ana Belén López Villar)
-Requiem por Malicia (Cristian Silva)
-Swing con Grelos (Agustín Sánchez)
-Verde e Dourado (Pedro D. Lamas)

Á VENDA O 21 DE DECEMBRO DE 2009
Reserva o teu exemplar neste enderezo:
info@dosacordes.com

www.dosacordes.com

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-12-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Método progresivo de gaita
O Gaiteiro e mestre de gaita da Tradescola Bruno Villamor, vén de presentar os dous primeiros cadernos do seu método progresivo para gaita galega.

A través da editorial Dos Acordes, constitúe un completo método en dez volumes correspondentes aos graos elemental e profesional de gaita, que é valido tamén para o seu uso en asociacións, academias, cursos ou ben como complemento á formación de calquera gaiteiro.


Estas publicacións xa están á venda nas librarías por un prezo de 12 euros a unidade, mais ten un prezo especial de lanzamento de 10 euros mercándoo a través da páxina www.dosacordes.com. Tamén se ofertan prezos especiais para mestres a través da web.

www.gaiteirosgalegos.com
Máis información na páxina www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 01-10-2009 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Gaifonía
O domingo 19 de Xullo, ás 20:00 horas do serán, no transcurso do XIV Certame de Bandas de Música no auditorio municipal Cine Alovi de As Pontes, será presentado o libro GAIFONÍA.

Trátase de dúas obras musicais para gaita galega e banda: suite PARA OS DA NOSA TERRA e marcha procesional Á NOSA SEÑORA VIRXE DO CARME, ámbalas compostas polo Mestre Gaiteiro Xoán Carlos Rilo e harmonizadas e orquestradas para Banda polo director Joan Bautista Bernat.

GAIFONÍA foi editado pola Excma. Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de As Pontes.

Con esta publicación, os autores pretenden principalmente dous obxectivos:

1.- Facilitar a calquera alumno que estude nos Conservatorios de Galicia o acceso a este tipo de obras que lle permitirá familiarizarse coa nosa música.

2.- Paliar o déficit que seguimos tendo de obras para gaita e banda, co firme propósito de que o noso instrumento mais representativo adquira e manteña o lugar que lle corresponde.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-07-2009 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas para compartir
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 07-07-2009 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Vilagarcía do O Berce das Palletas
O método de construción de palletas e pallóns, con textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín, xa se atopa á venda nas librerías do país.

O luns día 22 de xuño ás 12:00 h, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, celebrarase a rolda de prensa de presentación do libro “O Berce das Palletas”.


Este traballo, con textos e ilustración de Xoán Ramón Marín, enmarcase dentro da liña de difusión e posta en valor da tradición cultural galega na que traballa a Asociación de Gaiteiros Galegos.
A dito acto asistirán Xoán Ramón Marín, autor do traballo e membro da Xunta Directiva da AGG; Cándido Meixide, en representación da distribuidora Arnoia; e Xosé Castro Ratón, concelleiro de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Por outra banda, está prevista a presentación do traballo o xoves 25 de Xuño ás 19:00 h no Auditorio da e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), situado no número 5 da Rúa García Barbón, en Vigo, e o venres 26 de Xuño ás 20:30 no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

En ambos actos haberá exemplares do libro á venda e contarase coa presenza do autor e representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos, para falar do traballo e contestar ás preguntas dos asistentes.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 22-06-2009 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro `O Gaiteiro de Catoira´ en Vigo
Este xoves día 18, ás 19:00h na e-Trad terá lugar a presentación do libro Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia.

Durante a presentación, que terá lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº 5, estarán o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai; e Cándido Meixide, respondable da Colección Multimedia de Edicións do Cumio.

Ao final do mesmo actuará o grupo Brisas do Río Ulla, que interpretarán as melodías máis coñecidas do gaiteiro.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-06-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional
O vindeiro sábado 13 de xuño ás 17 hs. presentaráse no Museo da Limia de Vilar de Santos o libro-cd “Os sons da Limia: Música tradicional”, nova publicación da Difusora de Artes, Letras e Ideas para o Museo da Limia.

Consta dun cd de 70 minutos cunha selección de 38 gravacións de campo de música tradicional limiá (coplas de fiadeiro e de ronda, cantos de reis, romances de cego, temas instrumentais de gaita, acordeón, frauta) e interpretados polos portadores: Juan Ferreiro de Laroá, Hermelinda do Muíño, Laura Lorenzo Seguín, música de Vilar, orquesta Sinola, Delfín García de Trasmiras, Paco de Escornabois, Francisco de Cualedro, Dámaso de Carpazás, Delfín de Nocedo…

- Libro de 50 páxs. cunha parte introductoria sobre a música limiá a cargo de Pablo Carpintero e comentarios aos temas de Cástor Castro.

Promovido polo Proxecto Ronsel, Universidade de Vigo, Concello de Vilar de Santos, Museo da Limia, Consellerías de Innovación e Industria e Cultura e Deporte, e Xacobeo.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-06-2009 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro O Quinteto Monterrey de José Posada: nos xardíns da Tropical
A Editorial Dos Acordes invítavos á presentación do seu novo libro

Promovido pola Asociación Toque Pechado, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e polos Concellos de Verín, Riós e Monterrei, coa colaboración de Radio Galega

Venres 12 de xuño ás 20:15 h., no Salón de Actos da Casa de Cultura de Verín
Relatorio-presentación do libro O Quinteto Monterrey de José Posada: nos xardíns da Tropical, de Oscar Ibáñez e editado por Dos Acordes, e visualización do programa Alalá nº 91 da TVG titulado Rodolfo Posada e o Quinteto Monterrey de José Posada.

Sábado 13 de xuño ás 22:30 h., na praza José García Barbón de Verín
Concerto-recreación do "Quinteto Monterrey".

Información e pedidos:

www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-06-2009 01:21
# Ligazón permanente a este artigo
'O BERCE DAS PALLETAS', XA Á VENDA PARA SOCIOS DA AGG
O novo traballo editorial da Asociación de Gaiteiros Galegos, 'O berce das palletas', xa está dispoñible para socios cun prezo reducido de 5 € + gastos de envio.

Pode conseguir este libro solicitándoo a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com, ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, 7 en Pontevedra, ou na Tradescola (Pintor Corredoira, 4) en Lugo.

'O berce das palletas' é un método de construción de palletas e pallóns para gaita de fol elaborado por Xoan Ramón Marín Martínez; unha obra que contribuirá a que os gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás propias necesidades tímbricas e de afinación.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos agardase que esta nova publicación sexa de gran utilidade e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do coñecemento tradicional.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (5) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-05-2009 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo libro-CD de Edicións do Cumio

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 29-04-2009 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Miro Casabella
Unha das voces máis representativas do que no seu día se denominou a Nova Canción Galega. Xan Fraga escribe a súa biografía ("Miro Casabella e a Nova Canción Galega") e repasa un período importante e emocionante da nosa cultura contemporánea: dende os anos 60 para acá. Anos contra a ditadura de Franco e a prol da esperanza.

O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro acontecemento, co auditorio cheo de xente e arredor de dúas horas e media de actuación. Na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, o escritor e historiador Xan Fraga propón unha viaxe pola biografía do músico galego e polos últimos anos do franquismo e os primeiros anos da democracia, sempre da man da crónica da canción galega.

Dende as primeiras grabacións en galego de Jacinta ou Luis Olivares, editadas por Edigsa/Galaxia, ás grabacións de Voces Ceibes (Edigsa/Xistral), o concerto de Raimon na residencia de estudantes de Santiago en 1967, a aparición do Movemento da Canción Popular, o nacemento da nova música folk, as colaboracións cos cantantes e a música portuguesa, a explosión do pop, etc., ata os nosos días, a crónica da música popular (e da "canción protesta", como se denominou durante algún tempo) é tamén a crónica dunha xeración.

Xan Fraga amosa, no libro dedicado a Miro Casabella, unha capacidade obxectiva para contextualizar os movementos sociais, artísticos e políticos. Nada se explica fóra do seu tempo. Manuel María, Alonso Montero, Lois Diéguez, Alfredo Conde, Xavier Alcalá... Os compoñentes todos de Voces Ceibes... Jose Afonso, Luis Cilia, Jose Mario Branco... Raimon, María del Mar Bonet, Pi de la Serra, Paco Ibáñez, Mikel Laboa...

Entre outros documentos, o libro desenterra un informe da policía política do franquismo, datado na Coruña en 1970, no que se fai un reconto miúdo da significación deste movemento cultural (Voces Ceibes e a Nova Canción Galega), con referencias concretas ás persoas máis directamente implicadas no mesmo. Tamén se inclúen, nun CD complementario, algunhas das grabacións máis significativas de Miro Casabella.
www.editorialgalaxia.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 21-10-2008 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos
Cantos en Contos

Xa está á venda o libro CD-DVD “Contos en Cantos” de Almudena Janeiro co editado por PAI Música - OQO Editora e que foi grabado e mesturado en Casa de Tolos.

Un libro CD-DVD ilustrado que mestura contos, música e video e que mestura distintos estilos musicais como a música popular portuguesa, bossa nova, sirtaki, tango, rock&roll, soul, gospel e mesmo cantos africanos. Todos eles baixo o eixo comun o idioma galego como nexo entre estas distintas culturas.

Os 13 temas do CD ofrecen amplas posibilidades didacticas para facer xogos, dramatizacións ou danzas simples para nenos de infantil e primaria.

Almudena Janeiro interpreta ao son de gaitas, guitarras, percusión, frauta, tambores,… Os distintos graos de dificultade favorecen a atención a discriminación auditiva e a memoria en diferentes idades.

www.casadetolos.com

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 02-10-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
A Señora Carmen portada da revista Interfolk

A Señora Carmen portada do último número da revista Interfolk.

www.interfolk.net
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 08-07-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Disco do IV Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
Ediciós do Cumio ven de editar o disco IV Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva.

Foi producido por Oscar Ibáñez, da Asociación Cultural Pai da Cana, e promovido polo Concello de Poio coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.

Recolle a intervención musical dos conxuntos:

- Os Tres Retellos (Alberto Coya, Roi Adrio e Alberto Costas),
- José M. López Trío (José M. López, Jordi Castaño e Ricardo Tubío),
- Os Miluchos (Brais Monxardín, Miguel A. López e Pablo Pardo),
- Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas),
- Os Trasnos da Gaita (Fátima Bartolomé, Luís Bartolomé e Juan Bartolomé)
- Media Levas (Pablo Seoane, Diego Rosende e Manuel del Rey).

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 26-06-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista Etnofolk
A revista Etno-folk no seu nº 11 fai un repaso ao que foi o Encontro de Gaiteiros “Manuel Villanueva”, gaitas de fol do noroeste.
Coordinada por Oscar Ibañez da Asociación Cultural Pai da Cana, ten o seguinte sumario:


-Encontro de Gaiteiros "Manuel Villanueva", gaitas de fol do noroeste,
por Oscar Ibáñez García

I Encontro de Gaiteiros... 2006:

-Gaitas e gaitas de fol galegas con cantores de tipo clarinete, por Pablo Carpintero

-La gaita y el oficio de gaitero en Asturias, por Juan Alfonso Fernández García

-La gaita de fole en Zamora. Zonificación, estilos y repertorio, por Alberto Jambrina Leal

-A gaita de foles na Terra de Miranda, por Mário Correia

II Encontro de Gaiteiros... 2007:

-A entoación da gaita, pasado e futuro, por Carlos Real, Manuel Fernández e Oscar Ibáñez

-La gaita asturiana, características y evolución, por Juan Alfonso Fernández García

-La gaita cántabra. Estudio etnomusicológico en el occidente de Cantabria, por Roberto Diego

-La gaita en el oeste de la provincia de León, por Rafael Busto Ferrero


www.gaiteirosgalegos.com

Para comprala: www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 26-06-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Para cantar e bailar en Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 11-06-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Para cantar e Bailar en Pontevedra

Edicións do Cumio e o Pazo da Cultura de Pontevedra convídano á presentación de "Para cantar e bailar", libro que recolle xogos e bailes procedentes da nosa tradición popular que o folclorista e mestre Luís Prego adapta para os nenos de hoxe.

A presentación terá lugar no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra este luns día 26 de maio ás 19:00h e nela participará o autor que convertirán a cita nunha divertida clase práctica.

Esta recompliación nace coa idea de servir para conservar e transmitir parte do amplo corpus de divertimentos que tiñan os nosos antepasados, formado por xogos e cantigas pensadas para seren empregadas en colectivo e nas que participaban tanto nenos como adultos.

O libro comprende vinte e tres xogos e danzas con explicacións sinxelas das coreografías acompañadas por ilustracións de Serxio Cobos. Acompáñanse tamén as letras adaptadas a nivel de lingua e de contido e as partituras das cancións, así como un CD cos temas musicais e unha pista de video onde atoparemos demostracións dalgúns dos bailes.

Para cantar e bailar está dirixido especialmente a profesores de educación primaria e monitores de danza tradicional, pero tamén a todas aquelas persoas que queiran pasar un anaco divertido sen importar a súa idade.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 26-05-2008 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Romanceiro da Galicia exterior
Este martes 5 de febreiro, presentouse, no local da Asociación de veciños de San Roque (Pontevedra), o libro "El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina", escrito por Norberto Pablo Cirio e editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra dentro da colección “Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía”.

Á presentación asistiron o deputado de Cultura, José Juan Durán Hermida, o presidente da asociación de veciños de San Roque, Sabino Martínez Fontán, e o especialista en música tradicional galega Oscar Ibáñez García.

Como contribución ós estudos sobre o romanceiro galego, neste libro o autor, dá a coñecer un pequeno corpus romancístico recompilado dos membros da colectividade galega na Arxentina, no marco da súa investigación “La música tradicional gallega en la Argentina. Permanencia y proceso de cambio a partir del proceso migratorio”. O autor tamén integra neste traballo catro romances inéditos recompilados por outras persoas.

Deste xeito, o corpus analizado componse de 68 versións de texto e 58 versións de música pertencentes a 34 tipos. Foi conformado a través de entrevistas a emigrantes galegos e ós seus descendentes nalgunhas cidades arxentinas: Avellaneda, La Lucila del Mar, Lanús, Lomas de Zamora, Mar del Plata, Quilmes, San Martín (Bos Aires), Río Gallegos (Santa Cruz) e a cidade de Bos Aires entre 1996 e 2005. Os romances recompilados por terceiros foron recollidos en Lomas de Zamora (Bos Aires) en 1980 e en Bos Aires en 1993.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 06-02-2008 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Reedición crítica do Cancioneiro de Casto Sampedro
Histórica reedición crítica do cancioneiro de Casto Sampedro

Facsímile da obra editada en 1982 pola Fundación Barrié amplíase baixo a dirección de Carlos Villanueva. O libro inclúe estudos de Luis Costa, Xavier Groba e José Carlos Valle

A Fundación Pedro Barrié de la Maza presentou onte en Vigo a reedición de crítica do Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro e Folgar, unha facsímile da obra editada en 1982 pola mesma fundación, con textos do Xosé Filgueira Valverde.

Nesta nova edición de 2008, a publicación inclúe unha serie de estudos críticos coordinados polo catedrático de Música da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Carlos Villanueva, e realizados por expertos como Luis Costa, Xavier Goba e José Carlos Valle.

O cancioneiro consta dun total de 652 páxinas nas que se recompilan 509 pezas musicais con partitura, reunidas por Casto Sampedro e a súa rede de informantes, entre os que destacaron Víctor Said Armesto, Ramón de Arana ou Santiago Tafall. O estudo abrangueu case un centenar de municipios da comunidade, e baseouse no contacto con colectivos sociais como "xente do mar, grupos de baile e aldeás," segundo destacou Villanueva.

As transcricións musicais teñen a peculiaridade de efectuarse, na maioría dos casos, de memoria ou mesmo en directo. Por iso, algunhas das partituras eran até agora inéditas.

O catedrático de Música Carlos Villanueva destacou que o cancioneiro é "unha mostra do recompilado por Filgueira Valverde" sobre o traballo de Casto Sampedro e explicou que estas investigacións "deixaron abertas unha serie de posibilidades" para continuar investigando no futuro. Afirmou que, esta publicación, xunto aos cancioneiros de Torner-Bal e Gay (tamén editada pola Fundación Barrié en 1972 e reeditado en 2007) e o de Schubart-Santamarina forman "o fondo editorial peninsular máis importante" na materia.

Pola súa banda, a directora da Fundación Barrié de la Maza, Marta Rey, destacou a "achega científica" realizada por Carlos Villanueva e o seu equipo de expertos, ao tempo que homenaxeou as figuras de Casto Sampedro e Filgueira Valverde polo seu labor de "salvación" do patrimonio galego.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 30-01-2008 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cadernos da Gaita número 13
A editorial "Dos Acordes" ven de presentar o Caderno 13: “Tocatas Varias” de Iván Costa, incluido na colección "Cadernos de Gaita".

Pouco podemos decir dun dos máis importantes autores contemporáneos para gaita, intérprete destacado e docente excepcional. Estas "Tocatas varias" presentan a integral, polo de agora, do xenial músico de Moaña. Aínda que algunhas das obras xa teñen sido publicadas por outras editoriais, para esta ocasión Iván ten feito os arranxos pertinentes. Presentadas por categorías (alboradas, muiñeiras, xotas, rumbas, mazurcas, polcas...), e consideradas para unha ou dúas gaitas, as partituras van acompañadas de explicacións sobre as súas características e interpretación.

Con este texto, que fai o número 13 da serie de Cadernos de Gaita, Dos Acordes confirma o seu compromiso coa gaita e coa música galega, e continúa a súa traxectoria ascendente tras tan só dous anos de existencia como editorial.

O caderno ten un formato A-4, consta de 84 páxinas e cuberta a toda cor. O precio é de 14 €.

Podedes mercalo cun desconto de oferta de lanzamento e atopar mais información na web www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 15-01-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Penta fol: Un libro para gaiteiros

Máis información:
www.bideweb.com/Alberte/Opentafol
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 08-01-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Mètodo de gaita galega (volumes I e II) de Xaquìn Xesteira
Hoxe martes dìa 18 de decembro ás 20:30h terá lugar, na Sala de orquesta do Conservatorio Profesional de música de Vigo, a presentaciòn das publicaciòns:

Mètodo de gaita galega (volumes I e II)

do gaiteiro e mestre do instrumento Xaquìn Xesteira, estes traballos están editados por Ediciòns Do Cumio.

O autor falará polo miudo das publicaciòns e ofrecerá un pequeño concerto para pechar o acto.

A entrada è libre, non faltedes.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-12-2007 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Cadernos da Gaita
Neste caso trátase do Caderno 12: Intervalos Cromáticos, de Xesús Vaamonde Manteiga. Esta serie de Intervalos Cromáticos responde á necesidade de completar todas as posibilidades de intervalos que podemos atopar na gaita, dende o Si4 ata o Re6. Deste xeito, o traballo técnico e didáctico queda organizado en tres cadernos progresivos de Intervalos.

Os epígrafes nos que se estrutura este caderno son os mesmos que os dos anteriores: Coñecendo a gaita, Intervalos cara unha nota, Progresións, Segundas, Terceiras, Cuartas, Quintas, Trinos... Os Trinos só fan referencia aos intervalos non vistos nos cadernos anteriores. Os exercicios están pensados para intérpretes avezados, non para principiantes.

O formato da revista é de tamaño A4, cunha cuberta a toda cor e conta con 84 páxinas de información moi útil para todos aqueles interesados no tema. O prezo da revista é de 15 Euros, pero farase un desconto do 20% a todos os que a compren na web:

www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 19-11-2007 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista Etno-Folk
Etno-Folk nº 9
Revista Galega de Etnomusicoloxía


Prezo: 13,00 €
(IVA Incluido)

Limiar

ESPECIAL Coral “De Ruada”

Resumo cronolóxico e ilustrado da historia da Coral “De Ruada”,
por Emilio Rodríguez Portabales

APÉNDICE: resumo das actuacións da Coral “De Ruada” (1919-2006)

Entorno sociocultural, etnicidad y nacionalismo de la Coral “De Ruada” en su primera etapa (1918-1936)
por Miriam Perandones Lozano

Persoeiros. Daniel González Rodríguez,
por Emilio Rodríguez Portabales

Homenaxe a Valente en Augasquentes,
por Xaquín Vales

Novo CD. Coro “De Ruada”, Escena Coral Gallega,
por Francisco Javier Garbayo

APÉNDICE: recensións de prensa

RECENSIÓNS DE LIBROS, REVISTAS,
PARTITURAS E GRAVACIÓNS

Información e pedidos:

www.dosacordes.com


BOLETÍN DE SUBSCRICIÓN A ETNO-FOLK, REVISTA GALEGA DE ETNOMUSICOLOXÍA



Desexo subscribirme á Etno-Folk a partires do número ........, do mes de ..................... de 200....

Subscrición anual (3 números, febreiro / xuño /outubro), 30 euros

Nome: ....................................................................................................................................

Enderezo: ...............................................................................................................................

CP: ..................................... Poboación: .........................................................

Provincia: ........................................ País: ....................................................................

Teléfono: ..................................................... / ........................................................................

C.I.F. (só Institucións, Centros, Asociacións...): ........................................................................

Enderezo de correo electrónico: ............................................................................................

Domiciliación Bancaria. Banco ou Caixa: (Vinte díxitos, por favor)

Entidade........................... Oficina........................... DC.................. Conta.........................................................................

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 30-10-2007 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
Novas revistas culturais do IGAEM para descargar
Boletín e_scena
Publicación mensual do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais de distribución electrónica, en formato pdf.

Boletín e_scena, número 16
setembro 2007


Interesantes as reportaxes sobre Nova Galega de Danza e o Grupo de Música Antiga Martín Codax da Revista Paraíso:

Revista Paraíso
Revista semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, en formato pdf.

Revista Paraíso, número 2
setembro 2007



Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 21-09-2007 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Á venda a nova reedición do Cancioneiro Galego deTorner e Bal y Gay
A Fundación Pedro Barrié da Maza presentou en Vigo o seu proxecto Cancioneros

Os Cancioneiros

"Buscar a esencia da galeguidade", ese é o obxectivo que a Fundación Barré da Maza, no marco das actividades de celebración da súa 40 aniversario, quere conseguir co seu proxecto Cancioneros baixo o que promoven a convocatoria do concurso Festival Folk Cancioneiros.

En relación á mirada cara á historia de Galicia, a organización presentou onte a reedición dos máis grandes cancioneiros galegos, o Cancioneiro de Torner e Bal y Gay, á venda a partir de hoxe, e o Cancioneiro Musical de Casto Sampedro e Folgar que sairá o próximo mes de novembro.

A directora de Barré da Maza, Marta Rei, explicou que a orixe da iniciativa debeuse a "a alta e clara demanda que existían desde as Universidades e os grupos de Folk". Realizouse, engadiu, en base a "tres patas: investigar para ofrecer materiais inéditos, ofrecer estudos críticos e engadir unha visión contextual á obra".

No acto tamén estivo presente o catedrático de Música da Universidade de Santiago e autor do estudo científico que deu froito aos dous tomos de Cancioneiros galegos, Carlos Villanueva. O experto cualificou á iniciativa como un "acerto editorial" posto que se trata dun "material do que non existen antecedentes históricos e que permite unha volta neotradicionalista ao pasado de Galicia".

Os cancioneros acompáñanse de amplos e sistemáticos estudos teóricos realizados, ademais de Villanueva, por investigadores da talla do profesor Luís Costa, o musicólogo e profesor Xavier Groba e o director do Museo de Pontevedra, Carlos Vale. Neles complétanse e complementan aspectos contextuales como a análise dos fondos existentes en Galicia, a ideoloxía que acompaña a música como estudo de símbolos ou a propia sociedade galega na que se desenvolven, entre outros moitos aspectos que "sacan aos cancioneros das bibliotecas" e fan que "sexa un patrimonio vivo", apuntou Rei.

Desta forma achégase un bo número de materiais gráficos, cartas, informes, glosarios, táboas clasificadoras, etc. que non se coñecían ata agora e que "permítennos unha mellor aproximación a eles", arguméntase desde a Fundación.

O 'Cancionero gallego', de Torner e Bal y Gay, e o 'Cancionero Musical de Galicia', de Casto Sampedro y Folgar son dúas obras de máximo interese para o coñecemento e a comprensión do rexeneracionismo galego do primeiro terzo do século XX. O primeiro deles xa se presentou hoxe, e o segundo presentarase antes de finais de 2007.

O 'Cancionero Gallego' supón un importante traballo de investigación e recompilación de arredor de 1.300 melodías da música tradicional de Galicia, na súa meirande parte inéditas, escritas en galego e castelán.

As composicións foron reunidas entre 1928 e 1932 polo musicólogo Jesús Bal y Gay en colaboración co investigador Eduardo Martínez Torner. Dentro de esta actividade de divulgación dos cancioneiros galegos, o catedrático de Música Carlos Villanueva pronunciará hoxe ás 20:00 horas na sede da Fundación en Vigo a conferencia 'O Cancionero Gallego de Torner & Bal y Gay: un modelo de rexeneracionismo cultural'.


O concurso

O Festival Folk Cancioneiros oriéntase a divulgar o patrimonio da música popular galega e a fomentar entre os grupos de folk afeccionados o interese polo repertorio dos Cancioneiros galegos de Torner e Bal y Gay e de Casto Sampedro e Folgar. Os interesados, grupos de ata 8 compoñentes e non solistas, poderán presentar as súas solicitudes antes do día 16 de decembro.

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 20-09-2007 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Número 8 de ETNO-FOLK xa á venda
Xa está na rúa o número 8 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía

Esta publicación ten o pracer de vos achegar nesta ocasión unha nova colaboración do
Conservatorio de Musica Tradicional e Folque de Lalín, un monográfico sobre a pandeireta, co seguinte sumario:

ARTIGOS:

- Tambores de mão na Galiza: pandeiros, adufes e pandeiretas galegas, por Ramom Pinheiro Almuinha
- La pandereta en Cantabria, por Soledad Rodríguez Aguirresarobe
- Patrões rítmicos, por V.V. A.A.
- ACTAS DAS V XORNADAS DE MÚSICA POPULAR (HERRI MUSIKA JARDUNALDIAK) EN OIARZUN:
- Herri Musika Jardunaldiak, las Jornadas de Música Popular por Juan Mari Beltrán Argiñena
- Algumas representações de adufes na iconografía medieval galega, por José Luís do Pico Orjais
- La pandereta, una figura en el olvido, por Gabriel González Villalba
- La pandereta en Euskadi, por Imanol Urkizu Lertxundi

Atención ao número 9, ESPECIAL CORAL DE RUADA, que sairá a venda en Outubro!

Información e pedidos:

http://www.dosacordes.com

BOLETÍN DE SUBSCRICIÓN A ETNO-FOLK, REVISTA GALEGA DE ETNOMUSICOLOXÍA



Desexo subscribirme á Etno-Folk a partires do número ........, do mes de ..................... de 200....

Subscrición anual (3 números, febreiro / xuño /outubro), 30 euros

Nome: ....................................................................................................................................

Enderezo: ...............................................................................................................................

CP: ..................................... Poboación: .........................................................

Provincia: ........................................ País: ....................................................................

Teléfono: ..................................................... / ........................................................................

C.I.F. (só Institucións, Centros, Asociacións...): ........................................................................

Enderezo de correo electrónico: ............................................................................................

Domiciliación Bancaria. Banco ou Caixa: (Vinte díxitos, por favor)

Entidade........................... Oficina........................... DC.................. Conta.........................................................................
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-09-2007 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Reeditado o Cancioneiro galego de Bal y Gay
A reedición do facsímil do Cancionero Gallego -publicado polo compositor lugués Jesús Bal y Gay por primeira vez en 1973- sairá do prelo a vindeira semana en Vigo.

O autor do prólogo desta obra, Carlos Villanueva, ofreceu onte unha conferencia sobre o rexeneracionismo deste musicólogo, crítico e mestre galego, durante a sesión inaugural do curso que dirixe, que leva por título Visións de Galiza no centenario de Pascual Veiga (1842-1906).

Alí, Villanueva destacou que, durante a I República, o compositor Bal y Gay "predicou o achegamento á música de vangarda e a ruptura co folclorismo" aínda que as súas palabras caeron en saco roto co estalido da Guerra Civil en 1936.

Porén, antes da contenda, o musicólogo lugués comezara, xunto co asturiano Eduardo Martínez Torner, a elaborar "o primeiro cancioneiro galego recollido no rural", que finalmente non viu a luz até 1973. Grazas a unha bolsa concedida pola Comisión de Estudos de Galicia en 1928, Martínez Torner e Bal y Gay dedicáronse durante cinco anos ós traballos de recompilación de pezas da tradición que transcribían coa súa música correspondente. O proxecto comezou a desdebuxarse ao "xurdir diferenzas" entre ambos, segundo Villanueva. Cando en 1932 remataron o traballo e se reuniron no Centro de Estudos Históricos, dirixido por Ramón Menéndez Pidal, este encargoulle definitivamente o Cancionero Gallego a Torner, mentres que Bal y Gay se orientou a estudos históricos.

No 36, Torner marchou a Valencia con case 2.000 pezas do Cancionero, fuxindo da Guerra Civil, e logo foi de Barcelona a Francia e de alí a Londres, onde se perdeu o rastro dese material.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-09-2007 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
“Método de Gaita Galega I” por Xaquín Xesteira
Edicións do Cumio presenta este venres 1 de xuño ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro “Método de Gaita Galega I” escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD.

Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional.
Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén é fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.

Comentarios (8) - Categoría: Publicacións - Publicado o 31-05-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer