Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso de bombo con prato (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-11-2015 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de baile en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-11-2015 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de agarrados (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-11-2015 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiros (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-11-2015 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiros (Casco Vello-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-11-2015 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
A pandeireta en Asturies (Navia.-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-11-2015 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de toque pechado (Boimorto)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-11-2015 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros no Festival Intercéltico de Baiña
Deseña o teu propio curso musical dentro das posibilidades instrumentais que fornecen as bandas de FOLK que asistirán ao festival Intercéltico Baíña 2015.

Cada día os Intrumentistas das bandas ofrecerán #monográficos de 2horas por instrumento.

Os cursos se impartirán na Casa Colorida Rua Rosalía de Castro 16 - Nigrán 36350.
Teléfono: 896_368040.

Podes configurar o teu curso por horas, ou por días competos, e podes hospedarte na Residencia Colorida e facer unha vivencia cos artistas.

Contacta aquí: residencia@casacolorida.net

Inscríbete aportando a seguinte información:

*Teu nome.
*Teléfono.
*Día ao que pretendes asistir.
*Obradoiros dos instrumentos aos que pretendes asistir.
*Se precisas quedar a comer.
*Se precisas hospedaxe completa.


AQUI SIGUE TODA A INFORMACIÒN DOS OBRADOIROS E CONDICIÒNS.
Lembra que podes escoller tantas opcions como desexes.


LUNS 20 XULLO

Workshops de folk impartido por BON TASTU

Obradoiro do Instrumento ? FLAUTA TRAVESERA IRLANDESA (Imparte Xurde) 2h
Obradoiro do Instrumento - WHISTLE (Imparte Xurde) 2h
Obradoiro do Instrumento -VIOLIN (Imparte Gonzalo) 2h
Obradoiro do Instrumento -BOUZUKI (Imparte Fernando Oyagüez) 2h

+ Comida colectiva de balde. (15:00) tanto para @s asistentes da mañá como da tarde.

+ Hospedaxe

Podes elexir entre o curso completo (8h x 60? ou PTC) ou 2h por instrumento (20? ou PTC). A hospedaxe completa ten un custe de 32? ou PTC.

MARTES 21 XULLO

Workshops de folk impartido por MICKEY DUNNE

Obradoiro do Instrumento - GAITA IRLANDESA "Uilleann Pipe" (Imparte Mickey Dunne) 2h (10:00_12:00)
Obradoiro do Instrumento ? GUITARRA (Imparte Denny) 2h (12:30_14:30)

+ Comida colectiva de balde. (15:00)

+ Hospedaxe

Podes elexir entre o curso completo (4h x 25? ou PTC) ou 2h por instrumento (15? ou PTC). A hospedaxe completa ten un custe de 32? ou PTC.
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-07-2015 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de gaita galega en Madrid con Anxo Pintos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-06-2015 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile tradicional en Lourenzá
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-06-2015 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de arrolos na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-06-2015 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Curso avanzado de pandeireta (Vilagarcía de Arousa)
A asociación Pésdebarro realiza un Curso de Técnicas avanzadas de pandeireta galega para o domingo, 19 de abril no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Este curso está organizado pola Asociación Pesdebarro e será impartido por Luis Prego.

Serán seis horas nas que os participantes aprenderán as bases técnicas deste instrumento, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais, a contextualización histórica.

Desenrolo teórico:

1. A pandeireta como elemento fundamental no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.

2. Tipoloxía e organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.

3. Función e rítmica.

4. Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos polo profesor do curso ao longo de toda a xeografía galega, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar a pandeireta, atendendo ás variantes locais.

Desenrolo práctico:

1. Posturas para coller a pandeireta. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancada: a man aberta, ca palma, co puño?

2. Ritmos básicos de muiñeira.

3. Ritmos básicos de Jota.

4. Ritmos básicos de agarrado.

5. Toques a man cambiada.

6. Toques a dúas mans.

7. Prácticas de canto.

Profesor: Luís Prego.

Estudoso e investigador do folclore galego, autor dos libros ?Para cantar e bailar? e ? Xogos musicais?, así como de diversos artigos sobre a música e o baile tradicional en revistas e publicacións especializadas. Na actualidade imparte clases de baile, gaita, requinta, acordeón, percusión tradicional e canto en varios concellos da Provincia de Pontevedra.

O prezo de matrícula é de 15 euros para as persoas socias e de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro ata o 11 de abril, a partir desa data ata o 19 de abril o custe será de 20 ? para soci@s e 25 ? para non soci@s.

As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 692646068 ou no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com .

E as prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-04-2015 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
VI Curso de Música Tradicional Galega e Conxunto Folc (Barreiros)
www.musica.fingoi.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-04-2015 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Eliseo Parra en Pontecaldelas
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-03-2015 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIII Curso de Cultura Tradicional ?Cántigas e Frores? de Lugo
Aberto o prazo de inscrición para o XXXIII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación Cultural ?Cántigas e Frores? de Lugo.

O curso terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril en Lugo. Este ano contarán con:


-Javier Feijoo 'Chisco' para a especialidade de baile tradicional.

-Miguel Anxo Lòpez 'Chino' para a especialidade de percusión tradicional.

-Pedro D. Lamas para a especialidade de gaita galega.

-Xela Conde para a especialidade de canto tradicional.

O prezo a matrícula é de 30? para soci@s de ?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40? para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com ou ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, especialidade na que se inscribe, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-03-2015 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Obradorio de pandeiro en Ramirás
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-03-2015 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Tarrañolas (Bergondo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-03-2015 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de palletas (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-03-2015 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Percusión Tradicional (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-03-2015 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Danzas Xudeas (Vigo)

Impartido por: Fernando Polanco
Vigo, 14 e 15 de Marzo de 2015


Datas: Sábado, de 10:30 h a 14:00 h e de 16:30 h a 20:00 h
Domingo, de 10:30 h a 14:00 h

Lugar: A.VV. Rosal´ıa de Castro, Camiño Lourido (A Salgueira)
Prezo: 30 euros

Fernando Polanco é cofundador da Asociación Cultural de Danzas del Mundo Radalaila, de Valladolid, que dende a s´ua constitución en 1991
ten organizado abondosos cursos de danzas, con profesores nativos de diferentes países e continentes. Dende 1992 Fernando realiza un obradoiro gratuíto semanal de danzas do mundo nun centro cívico da súa cidade.

Tamén ten impartido unha longa cantidade de cursos en diferentes espazos e poboacións. Leva aprendendo danzas xudeas dende 1991, sobre todo
asistindo aos cursos realizados en Valladolid co profesor Vincent Parodi.

As danzas xudeas acostuman ser asequibles e resultonas. Bailanse en todas as súas poboaci óns e por xente de todas as idades. Obedecen a dous mandatos: un da Biblia, que invita a alabar a Deus bailando, e outro do recén creado estado de Israel, que tivo que facerse cun folclore propio
a partires dos folclores dos pobos dos que proviñan os seus novos poboadores.

Dirixido ás persoas de calquera idade, con ou sen experiencia de danza, interesados en coñecer e disfrutar da música e a danza doutros pobos, e aos interesados no baile como experiencia conxunta.
Información e inscrición:
Suso: 675 801 817
monteiradanzas@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-03-2015 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Polavila, arredor do folc (Pontevedra)
Polavila, arredor do folc ...

Outro ano máis , a asociación cultural Polavila, pon a disposición de tod@s, os seus obradoiros "Arredor do folc", un achegamento á nosa cultura dunha maneira actual.Aprende, desenrola e plasma as túas ideas...

Desta volta, contaremos coa presenza de Mestres como:
Andrés Vilán, un dos percusionistas màis laureados e con maior traxectoria dentro do panorama Folc.

O gran Mestre de gaita Xurxo Fernández, co que traballaremos repertorio do século XVlll, e a forma de interpretalo .

O Mestre de Pandeir@, MarceloDobode.

E para rematar, un obradoiro de iniciación a grabación e Ediciòn de proxectos, que serà impartido polo titulado superior Rubèn Troitiño.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-03-2015 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Técnica vocal para Canto tradicional (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 03-03-2015 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de canto e pandeireta en Madrid
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 03-03-2015 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Música de andar por casa (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-03-2015 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de bordado ao aire (Boqueixón)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-03-2015 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de colares tradicionais (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-02-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns (Pantón)
O vindeiro 28 de febreiro a Asociación de Gaiteiros Galegos a través da Tradescola, organizará unha nova edición do Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns.

Este obradoiro, que impartirá o artesán Pontés Xaime Pena, e que terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Pantón, é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, etc...

A Asociación de Gaiteiros Galegos, a través deste curso pretende facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación do instrumento. Pretendemos que este curso sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Datos do obradoiro:

Data: 28 de febreiro 2015
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Pantón (Lugo)
Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.


Inscricións: No tlf: 982229966 ou no correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Prezo: 20 ? (Socios da AGG/ alumnos Tradescola)

25 ? Público xeral.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-02-2015 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de instrumentos vexetais (Lugo)
Este sábado 7 de Febreiro de 2015 terá lugar na Tradescola un Obradoiro de instrumentos vexetais que será impartido por Pablo Carpintero.

Datos do Obradoiro:

Data: 7 de Febreiro de 2015
Imparte: Pablo Carpintero
Horario: de 11.00 a 14.00 horas
Lugar: Tradescola (Centro Lug 2)
Rúa Pintor Corredoira nº 4 ? Lugo

Idade: Maiores de 14 anos.
Inscricións: Tradescola
Tlf: 982229966 tradescola@gaiteirosgalegos.com

Prazas limitadas por orde de inscrición.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-02-2015 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de percusión doméstica (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-01-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Percusión Tradicional en Ponteareas

Curso de Percusión Tradicional

Imparte: Ramón Corral Blanco
Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (8 horas)
Prezo: 25 euros
Lugar: Auditorio Municipal de Ponteareas
Para inscrición: sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206
Data límite de inscrición: 25 de Xaneiro ás 00:00 horas.


* Este curso está orientado a persoas con nivel medio/alto relacionadas coa música tradicional. Todo aquel/a que asistise ó curso deberá levar tambor/bombo, ou ambos se tivera.
* Dispoñemos de BONO AGASALLO, para tod@s
os que queirades ter un detalle con alguén).

RAMÓN CORRAL BLANCO
Ramón Corral Blanco nace en Ortigueira (A Coruña) en 1989. Comeza a súa formación en percusión na banda de gaitas Xarabal á corta idade de sete anos.

Como integrante da devandita banda acode a importantes festivais por toda a xeografía peninsular e mesmo Francia. Participa no Festival Celta de Ortigueira, e no Festival Intercéltico de Lorient, nos que intervén como solista en diversos instrumentos de percusión.

No ano 2002 funda o cuarteto tradicional Anacos de Buxo, do que forma parte, e co que grava o disco ?Sempervirente?, presentado na RTVG e en festivais, como o de Toxos e Xestas en Barcelona. Este cuarteto consegue numerosos premios en concursos de música tradicional.

Gañadores dos Concursos de Cuartetos de Ponteareas, o de Manuel Texo de Vedra, o de Musica Tradicional de Ortigueira, entre outros. Permanece no citado grupo ata o ano 2009. Membro durante tres anos do cuarteto Rédea Solta, co que gaña durante dous anos consecutivos o concurso de Ponteareas, amais de obter outros premios noutros certames.

Como percusionista ten acompañado a gaiteiros de recoñecido prestixio, entre eles, Pedro Álvarez Fariñas, Pablo Devigo, Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez? cos que tamén acada numerosos premios en varios concursos como: Gaiteiros solistas de Soutelo de Montes, Concurso Manuel Villanueva, ou no Concurso Manuel Dopazo?

Así mesmo, durante o ano 2010 é compoñente do grupo Pelepau. Dende o ano 2009 vén desenvolvendo o labor de artesán de gaitas na sé do Obradoiro Antón Corral.

Amais da súa tarefa artesanal, dende o ano 2011 ata o ano 2013 participa como profesor de percusión na banda de gaitas San Xoán do Centro Cultural de Paramos, e dirixe na mesma Asociación a formación musical do grupo de baile San Xoán.

Na actualidade:

- Colaborador de percusión na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo

Para inscrición, consulta ou dúbida contactade con nós:
sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-01-2015 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de percusión (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-01-2015 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Cultura Tradicional
"I NEG- Xornadas de educación e cultura tradicional"
Teo (Casa Común Marisa Mirás- Calo), 21, 22 e 23 de xaneiro de 2015


Esta primeira edición das NEG-Xornadas de Cultura Tradicional e Educación nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial.
A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta.
Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.

OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN

- Poñer en valor aquelas experiecias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas.
- Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tracicional.
- Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
- Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.

METODOLOXÍA

- Sesións teóricas: conferencias, relatorio e paneis; que servirán para analizar o estado da cultura tradicional no ensino, así como as súas potencialidades neste senso.
- Obradoiros: estas sesións teñen por finalidade que o asistente coñeza de primeira man os recursos existentes para traballar a cultura tradicional na escola, concretamente baile e música tradicional.

Matrícula:
- Socios/as de NEG e membros da comunidade educativa do concello de Teo: 20 ?
- Desempregados/as: 25 ?
- Matrícula ordinaria: 30 ?

Enviar a ficha de inscrición xunto co xustificante de pagamento a: neg@mundo-r.com
Ou ó enderezo postal: Nova Escola Galega- R/ das Hedras, 4-2O. 15895 Novo Milladoiro- Ames

Conta de ingreso: ABANCA ES77 2080 0300 85 3040089500 (titular Nova Escola Galega). Concepto: I Xornadas tradicional

Prazo de inscrición: ata o 16 de xaneiro. Prazas limitadas.
Homologación: tramitada a homologación de 12 horas de formación pola Consellería de Educación.

http://nova-escola-galega.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-01-2015 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de danza e música (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-12-2014 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de bailes agarrados no Casco Vello (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-11-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica vocal en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-11-2014 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [18]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0