5ª edición de "A voltas co Baile" que celebraremos no sábado 30 de abril de 11h a 14h no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).
Nesta ocasión contaremos con Mercedes Peón para, de forma práctica e teórica, achegarnos o baile desde unha perspectiva de xénero.
O curso é gratuíto mais conta con gastos de materiais (3? para persoas desempregadas ou 5? para quen non estea nesta situación. Gratuíto para socios e socias do Museo).
Lembramos que é necesario reservar praza no mail deac@museodopobo.gal ou no tl. 981 583 620 antes do 24 de abril, e que, como todos os anos, está dirixido a persoas con coñecementos de baile tradicional.
PROGRAMA:
SÁBADO 16
10:30h Recepción e entrega de material
11h Panel: "O pobo- escola de Lodoselo. 30 anos de historia". Imparte: Antonio Rodríguez
12h Relatorio: "O patrimonio oral como recurso educativo". Imparte: Antón Castro
14h Xantar
16:30h "Bailar a canda os tempos. Xénero e orientacións metodolóxicas para o baile". Imparten: Carme Campo e Chus Caramés
18:30h Relatorio-concerto: "O gaiteiro verde". Imparte: Xavier Blanco
21:30h Cea
22:30h Velada: "Tradicións e usos lúdicos". Imparte: CDR O Viso
DOMINGO 17
10:15h Almorzo
11h Obradoiro-roteiro: "A música tradicional e o medio. Os instrumentos vexetais, unha vía á educación ambiental". Imparte: Colectivo Os Chichisos
14h Conclusións e entrega de certificados
14:30h Xantar de despedida
MATRÍCULA:
OPCIÓN 1- SÓ ASISTENCIA:
- Asociados/as NEG: 25 ?
- Desempregados/as: 35?
- Ordinaria: 45 ?
*Os xantares teñen un custo de 6? que se pagará a maiores xunto coa inscrición.
OPCIÓN 2- COMPLETA (inclúe xantar, cea, velada e aloxamento do sábado e xantar do domingo):
- Asociados/as NEG: 55 ?
- Desempregados/as: 65?
- Ordinaria: 75?
Enviar a folla de inscrición+ xustificante bancario a neg@neg.gal ou por correo ordinario a: Nova Escola Galega- R/das Hedras, 4-2ºO. 15895 Milladoiro-Ames.
INGRESO MATRÍCULA:
ABANCA- Nova Escola Galega
ES77 2080 0300 85 3040089500
(Indicar nome, apelido e actividade)
Hoxe luns, dia 14 de marzo ás 16:30, vai ter lugar unha conferencia co título Construción dunha zanfona: materiais e partes do instrumento, a cargo do artesán marinense César Loureiro Sobral, na Escola de Enxeñería Forestal.
Esta actividade, anque está inscrita no curso de Interpretación de Instrumentos Populares, que está organizado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e que é impartido polo mestre Suso Vaamonde Manteiga, vai ser aberta a toda a comunidade universitaria e ao público en xeral.
A conferencia vai estar estruturada en tres bloques de aproximadamente 40 minutos cada un, en base ao seguinte esquema:
1.- Madeiras e técnicas construtivas
Pausa
2.- Historia da zanfona. Deseño e fabricación. Sons.
Pausa
3.- Morfoloxía da zanfona. Práctica. Mini concerto.
O poñente, como xa se dixo, vai ser Cesar Loureiro Sobral, do que acompañamos un breve currículo:
CESAR LOUREIRO SOBRAL
Comecei a construír zanfonas da man de Antón Corral primeiro, e Xaime Rivas despois, na escola de artes e oficios do concello de Vigo, no ano 1999 onde pasei 5 anos.
Continuei na escola de Artes e oficios na aula de lutheria antiga 2 anos mais, aprendendo as técnicas do mestre Ramón Casal en construción de arpa.
Posteriormente participo en diversos cursos de construción de instrumentos e técnica musical zanfonistica na Asociación Ibérica da Zanfona e tamén en tódalas clases maxistrais que podo, como poden ser os encontros de Narón ou Rianxo.
Recentemente asistín o curso de fabricación de vernices artesanais co luthier Jose Catoira na Escola Obradoiro da Deputación de Lugo.
Como formación complementaria podo dicir que cursei estudos profesionais de axuste e mecanizaxe industrial, así como de deseño industrial asistido por CAD.
A miña formación musical e autodidacta, fun aprendendo música con diversos mestres en diferentes academias, pero nunca de xeito oficial ou regrado.
O Real Coro Toxos e Froles vai levar a cabo un novo Obradoiro de Afinación e Ornamentación de Gaita Galega impartido polo mestre gaiteiro Suso Vaamonde.
Dito curso terá lugar o Sábado 19 de Marzo en horario de 17:00 a 21:00 horas na sede da agrupación, na Rúa Magdalena, 220 de Ferrol.
Como ven sendo norma na entidade a participación no mesmo é libre e gratuita.
Mais información:
info@toxosefroles.com
Telf.: 650 788 374
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase o sábado 19 de marzo as 11:00 horas ao Auditorio de Escairón sito no Concello de O Saviñao para impartir un obradoiro de xogos bailados, guiado polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias e Xela Conde.
Neste obradoiro, gratuito e destinado a toda a familia, pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas (idade mínima 4 anos), @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.
¡Aberto prazo de inscrición!
Si desexas inscribirte chama ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandote ata as instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
*Prazas limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula).
2ª edición dos Encontros coas Culturas Tradicionais Peninsulares
Este sábado temos con nós a tres dos grandes do folclore asturiano para ter un encontro con esta cultura tradicional peninsular.
Non quedan prazas, pero podedes ver o resultado do curso o sábado ás 20:00 na Praza do Teucro: faremos unha pequena mostra.
Falarase dos principais tipos de ritmos propios do sur de Italia dende o punto de vista da percusión (tammurriata de Campania, pizzica salentina, tarantella cilentana e siciliana, etc.), comparándoos cos ritmos propios de Galicia. Aprenderanse de xeito práctico os fundamentos destes ritmos con pandeiretas e pandeiras.
Requisitos para alumnos: non é imprescindible ter coñecementos musicais, pero si desexable. Pediráselles que leven a clase os instrumentos que desexen.
Para inscricións, mandade unha mensaxe o mail: brigangalizia@gmail.com.
O único necesario para apuntarse é mandar un mail co nome completo e un teléfono de contacto. Para consultas,tamén podedes chamar ó telefono: 699817143.
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela.
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 ? Santiago de Compostela).
Haberá dous obradoiros:
Ás 10.00 horas: Manolo Cobas
"O baile na zona de Tabeirós e o Deza"
Ás 12.00 horas : Xabier Iglesias
"O baile na Chaira"
Prazas limitadas!!!!
As inscricións e reservas de praza poderán facerse a través dos teléfonos 986 847 074 ou 982 229 966 ou enviándo un mail a secretaria@gaiteirosgalegos.gal.
Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 15? para non soci@s.