|
|
|
Obradoiro de construción de palletas |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de música tradicional para instrumentos de corda (Ferrol) |
|
O SÁBADO 29 DE ABRIL en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas celebrarase un Obradoiro de Instrumentos de Corda que vai a impartir o músico CARLOS BECEIRO no Real Coro ?Toxos e Froles".
Este obradoiro vai dirixido a instrumentistas de cualquera nivel musical. Non se precisa saber ler unha partitura. O material didáctico aportado será tamén con tablatura
Contido do curso:
- Repertorio de música tradicional.
- Patróns rítmicos, arpexio, técnica de plectro.
- Formación de acordes, dixitación, melodía.
- Seguimento de melodías e ritmos tradicionais: xota, muiñeira, polka, ...
- Adaptación do repertorio de gaita, tamboril, zanfona a instrumentos de corda pulsada.
- Compases irregulares: 7/8, 9/8, 10/8, 11/8, 13/8.
- Acordes swing/jazz na música tradicional.
- Análise melódico e diferentes formas de armonizar.
- Afinacións alternativas en instrumentos de corda: Guitarra (EADGBE, DADGAD, CGCGCD, CGDGGD); Bouzouki (GDAE, GDAD, GDGD, ADAD), ? INSCRICIÓN GRATUITA
Máis información: www.toxosefroles.com
|
|
|
|
Curso de técnica e repertorio para gaita (Vilaboa) |
|
O vindeiro 29 de abril terá lugar un curso de técnica e repertorio para gaita organizado pola Asociación Cultural Os Chichisos.
Este curso será impartido por José Manuel López Fernández ?Josele?, e celebrarase na casa do Pobo de Bértola, Vilaboa, Pontevedra en horario de 10.00 a 14.00 horas.
O prezo é de 20?, as prazas son limitadas. Contacto: 676842942 |
|
|
|
Obradoiro de afinado básico de gaita |
|
-Está dirixido a gaiteiros/as que precisan adquirir un coñecemento básico sobre esta cuestión ou queren ampliar os seus coñecementos ao respecto.
-A orientación do curso é eminentemente práctica: o alumnado abordará a afinación do seu instrumento poñendo a proba os contidos teóricos a tratar tutelados polo mestre en todo momento.
-Máximo de alumnos: 12
-Duración do curso: 6 horas, repartidas en dúas sesións (mañá e tarde)
-Requisitos: instrumento e accesorios básicos (afinador, fío, navalla, lixa, celo, etc.)
PROGRAMA
-Introdución Factores implicadosAfinación natural vs. temperada.
-Afinación do roncón.
-Afinación da ronqueta e chión.
-Afinación xeral do punteiro.
-Afinación precisa do punteiro.
-Rogos e preguntas
O prezo (inclúe xantar) é de 25? para os socios de Xiradela e 35? para os non socios.
Para apuntarse só hai que enviar un mail a xiradela@yahoo.es onde se indicará o procedemento para o previo pago (imprescindible).
O prazo de inscrición é do 14 ao 18 de abril para os socios e do 19 ao 21 para non socios. |
|
|
|
XXXV Curso de Cultura Tradicional ?Cántigas e Frores? (Lugo) |
|
Aberto o prazo de inscrición para o XXXV Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ?Cántigas e Frores?.
Este celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Miguel Sotelo para a especialidade de baile tradicional, Julia Feijoo para percusión tradicional, Pablo Seoane para gaita galega e Javier Feijoo 'Xisco' para canto tradicional.
O prezo da matrícula é de 30? para soci@s de ?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40? para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.
As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade. @s que xa teñades feita a reserva sò é necesario enviar o xustificante de pagamento!!
Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507 |
|
|
|
II Xornadas de percusión tradicional (Pontevedra) |
|
Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.
Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 ?) e como oínte (15 ?).
Indicar a modalidade ao facer a inscrición.
Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.
Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñecementos de percusión.
Para a segunda modalidade non é necesario ningún requisito. Dirixida, principalmente, a gaiteiros sen coñecementos (ou moi poucos) de percusión, músicos de calquera instrumento ou afeccionados á música.
Os alumnos activos é conveniente que leven tambor e baquetas.
Os alumnos oíntes disporán do mesmo material que os activos, poderán preguntar, pero non participar nos exercicios prácticos.
Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).
Xantar opcional.
Inscrición e información:
Teléfono: 639908788.
e-mail: gaiteirosdasriasbaixas@gmail.com
Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colaboran: Casa da Cultura de Lérez, Carlos do Viso e Missom. |
|
|
|
Obradoiro de Pandeiro en Tomiño |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de regraxe de zanfona (Lugo) |
|
O vindeiro venres, día 24 de marzo terá lugar na Tradescola un obradoiro de regraxe de zanfona impartido por Xaneco Tubío.
Se estás interesado en asistir podes anotarte chamando ao 982229966 ou no correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal
OBRADOIRO DE REGRAXE DE ZANFONAS
DATA: 24 DE MARZO 2017
IMPARTE: XANECO TUBÍO
HORARIO. DE 16.30 A 19.30 HORAS
LUGAR : TRADESCOLA ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo)
PRAZAS LIMITADAS
PREZO:
5? (ALUMNOS TRADESCOLA /SOCIOS DA AGG)
15? (Público en xeral) |
|
|
|
VIII Curso de Música Tradicional Galega (Barreiros-Lugo) |
|
 Os próximos días 25 e 26 de marzo de 2017 celebrarase na Granxa de Barreiros o "VIII Curso de Música Tradicional Galega".
O Curso está destinado a rapaces e rapazas a partir de 18 años e adultos en xeral, músicos, maestros de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.
Os profesores participantes son os seguintes:
- Pepe Vaamonde (Gaita)
- Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión)
- Javier Feijoó "Chisco" (canto e pandeireta)
- Xabier Iglesias Castro (baile)
Ademáis, o domingo 26, de 13 a 14 horas haberá un concerto a cargo de Davide Salvado, Pedro Pascual e Daniel Pardo.
Descarga AQUÍ o FOLLETO INFORMATIVO para coñecer os contidos e currículo dos profesores, horarios e prezos.
INSCRICIÓN
Descargar a FICHA DE INSCRICIÓN, cubrila e enviar a secretaria@centromusicafingoi.com ou ben por fax a 982 250 696.
También pode realizarse a inscrición presencialmente no Centro de Música Fingoi, de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas nos días laborables.
A praza quedará reservada en canto se reciba a ficha de inscrición acompañada do xustificante bancario.
As prazas son limitadas e atendidas por orde de inscrición. |
|
|
|
Obradoiro de percusión tradicional en Palas de Rei |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de toques de pandeira e pandeiro (Ferrol) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de pandeiro cadrado en Vigo |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de danzas de Entroido (Compostela) |
|
No mércores 15 de Febreiro, de 18h a 19h30 realizaremos no Museo o obradoiro de danzas de Entroido "Entroidanzas".
Baseado no novo traballo de Pesdelán, neste curso bailaremos cos folións de Ourense, seremos demos das rúas de Lima, andaremos como os corcovados do centro de Italia, moveremos os coloridos paraugas do Frevo de Pernambuco... En definitiva, gozaremos co espírito do Entroido ao mesmo tempo que faremos exercicio, coñeceremos músicas e xeitos de celebrar esta festividade en distintas partes do mundo.
A profesora será Montse Rivera, mestra de baile tradicional galego que, nesta ocasión, mirou para os Entroidos de fora de Galicia.
Data: 15 de Febreiro
Horario: de 18h a 19h30
Dirixido a docentes e persoas interesadas no baile sen necesidade de coñecementos previos.
Inscrición previa obrigatoria en deac@museodopobo.gal Prazas limitadas.
Curso gratuíto que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Agardamos vervos por aquí.
Un saúdo do Museo do Pobo Galego |
|
|
|
Obradoiro de Muiñeira vella en Boimorto |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de construción de pandeiros (Moaña) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de percusión en Boimorto |
|
 |
|
|
|
Xornadas de percusión tradicional (As Pontes) |
|
A AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán de protagonistas,ao tambor e ao bombo na xornada do sábado, e á percusión de man na xornada do domingo.
Contaremos con obradoiros prácticos da man de expertos no mundo da percusión como Francisco Estevez ?Chuco?, Marcos Saburido ?Kinhos?, Gustavo Couto, Xose Lois Romero, Denise Silva e Felisa Segade.
Tamén contaremos con concertos ao remate de cada día.
PROGRAMA:
Sabado 17 de decembro
10.20 horas - Entrega de documentación e apertura.
10.30 horas ? Obradoiro de bombo con pratos - Gustavo Couto.
13.30 horas ? Descanso Xantar
15.30 horas ? Obradoiro de regraxe da percusión ? Marcos Saburido ?Kinhos?.
17.30 horas ? Obradoiro de técnica de tambor e bombo ? Francisco Estévez ?Chuco?.
20.30 horas ? Concerto
Domingo 18 de decembro
10.30 horas ? Obradoiro multipercusións ? Xose Lois Romero.
13.30 horas- Descanso Xantar
15.30 horas- Obradoiro de toques de pandeireta na zona dos Ancares ? Denise Silva
17.30 horas- Obradoiro de pandeira ? Felisa Segade.
20.30 horas ? Concerto Bouba pandereteiras.
INSCRICIÓNS PARA O SÁBADO: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal"> secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto,
Estas xornadas son de balde e @s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.
As prazas son limitadas por orde de inscrición, Animádevos a participar!!!
AVISO: Aforo completo para a xornada do domingo.
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
Obradoiro de construción de pandeiro cadrado (Ribadeo) |
|
 |
|
|
|
Monográfico sobre o maneo (Vigo) |
|
Sábado 26 de novembro ás 10:00h
Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).
O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).
A música sempre é interpretada por pandeiretas.
Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrastrados, con pausa e elegancia. Na súa forma máis común, o maneo faise en 2 filas, unha de homes e outra de mulleres, aínda que existen variantes no posicionamento do baile nalgunhas zonas.
Neste curso aprenderemos a:
Aprendizaxe de movementos no ritmo.
Diferenciación dos puntos segundo a zona á que pertenzan:
Erbecedo(Coristanco)
Limiñoa(Ponteceso)
Imende(Carballo)
Anxeríz(Tordoia)
Realización dunha estructura completa dun baile.
Os interesados poden poñerse en contacto no correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com ou chamade ó 629585355/986253585.
Uns poucos datos do Mestre, Javi Pose:
Empezou a bailar alá polo ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo con Wenceslao Cabezas (Polo), da que deu o salto á ACF O Fiadeiro, de Vigo 8 anos despois baixo a dirección de Francisco Javier Feijoó (Chisco), e anos máis tarde no grupo ?A Buxaina? de Coruxo.
Actualmente é membro da formación titular de baile da ?A.C. Xacarandaina? de A Coruña, e participa activamente no espectáculo ?O Poder do Arcabuz?, xunto a compañía ?Quique Peón Cia?.
En 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional, na ?ACF O Fiadeiro?, impartindo iniciación ao baile tradicional a nenos e adultos. Pouco tempo despois, en xuño de 2013, incorpórase como monitor de baile na ?AAVV Santa Mariña? de Cabral, e como director de baile da ?AC Os Muiños? de Oliveira, en Santiago de Oliveira Ponteareas e en 2014 comeza a dirixir a ?AC A Vella Barca?, do concello de Arbo e por fin, en 2016, toma a dirección do grupo ?Refaixos e Polainas? de Baldráns, parroquia pertencente ó concello de Tui. |
|
|
|
Obradoiro de construción de pandeiro (Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de construción dun pandeiro (Rianxo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de baile agarrado (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de percusión (Santiago de Compostela) |
|
 |
|
|
|
Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia (Illa de San Simón-Redondela) |
|
Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia
Durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro levaranse a cabo na Illa de San Simón os obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional.
O mestres elixidos son : Javier Feijoo (Xisco), Davide Salvado e Pepe Vaamonde
A inscrición inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido.
Máis información na web sansimon2016.ga ou no teléfono 679 562 333
Durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro levaranse a cabo os obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional, impartido por mestres de reputado prestixio.
Dende a agrupación O Carballo das Cen Pólas comprendemos que Redondela e arredores está carente de referentes culturais que aglutinen a todo o tecido tradicional da bisbarra. As Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia porán en valor o noso folclore, na busca de facer de Redondela o punto de encontro e de divulgación dos nosos costumes, nun primeiro momento dos arredores, aspirando a ser un referente en todo o país.
Os obradoiros están enfocados a espallar entre os asistentes o produto das recollidas que dende hai tempo moitas agrupacións e folcloristas veñen facendo por toda Galicia.
Os alumnos das disciplinas de baile, canto e música deben ter coñecemento das técnicas tradicionais para que a transmisión dos coñecementos sexa eficaz. Para as técnicas de canto e gaita os alumnos deben levar o seu instrumento. As aulas desenvolveránse en sesións de mañá e tarde o sábado e de mañá o domingo.
O prazo de inscrición rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.
A inscrición custa 130?, inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido. Os participantes poderán escoller entre os menús facilitados polo catering. |
|
|
|
Obradoiro de iniciación ó baile tradicional (Vilar de Donas) |
|
Obradoiro de iniciación ó baile tradicional con Xisco (Javier Feijoo).
|
|
|
|
Obradoiro de enfiado tradicional (Imende-Carballo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de técnicas avanzadas de pandeiro galego (Lugo) |
|
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.
Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.
O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:
Desenrolo teórico:
O pandeiro no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.
Organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.
Función e rítmica.
Grabacións históricas.
Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos nas provincias de Pontevedra e Ourense, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar o pandeiro, atendendo ás variantes locais.
Desenrolo práctico:
Posturas para coller o pandeiro. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancadas.
Ritmos e cadencias a 6/8 para o baile solto, toques a dúas mans.
Ritmos a ¾ para o baile solto, toques a dúas mans.
Toques a dúas mans para o baile agarrado.
Toques a unha man.
Prácticas de canto.
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción ten un custo de 20'00? (15'00? si eres soci@ da AGG) e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
É necesario que cada quen leve o seu instrumento. |
|
|
|
obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Lugo) |
|
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 5 de xuño de 11:00 a 14:00 horas, no 1º andar do Centro Lug2, un obradorio sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre) guiado pola músico e mestra da Tradescola Mª Carmen Saborido (Menchu)
Este obradoiro está dirixido a tod@s aqueles que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.
Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
É necesario que cada quen leve o seu seu ordenador portátil xunto cuns auriculares. |
|
|
|
I curso de zanfona con Germán Díaz (Ribadeo) |
|
A Asociación Cultural Ronqueta coa colaboración do Concello de Ribadeo organiza o I curso de zanfona. O curso terá lugar os días 11 e 12 de xuño na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e estará impartido por Germán Díaz.
Destinatarios
Persoas maiores de 8 anos.
Dous niveis diferentes (iniciación e perfeccionamento).
*IMPRESCINDIBLE TRAER O INSTRUMENTO PROPIO
Prazas
As prazas están limitadas a 15 persoas, sendo o mínimo 10 para a realización do curso.
Horario:
Perfeccionamento: Sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Iniciación: Sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Prezo:
Alumnado da EMMeD: 50?
Poboación en xeral: 60?
|
|
|
|
Obradoiro de canto en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de pandeiro (Marín) |
|
A Asociación Folclórica Pousos da Area organiza un obradoiro de pandeiros impartido por Xosé Maceda que consistirá en coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.
A este cursiño pode apuntarse calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro cadrado (non se precisan coñecementos previos). @s alumn@s irán adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica e ademais levaranse o pandeiro que confeccionen ó rematar o curso.
A duración de dito curso será de 4 horas e conta con 12 prazas. Podes inscribirte ou solicitar mais información enviando un correo a afpousosdaarea@gmail.com ou chamando ao 671 932 328 do 2 até o 27 de maio.
Data obradoiro: 29 de maio ás 17 h.
Lugar: Local Social de Cantodarea, Marín (en fronte á igrexa parroquial).
Prezo: 50 ? Socios, 60 ? Non socios.
|
|
|
|
Actividades de primavera de Algaravia en Ourense |
|
 Actividades de primavera de Algaravia, Obradoiro exprés de baile agarrado TRAD galego con Luis Prego e Obradoiro de Construción de pandeiro cadrado con Xosé Maceda, a que agardades, bulide que as prazas voan!!!!!
Partillade!!! |
|
|
|
Obradoiro de confección de enaguas (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiros monográficos de Cultura Tradicional (Narón) |
|
O Padroado de Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio.
Técnica de tamboril, baile tradicional agarrado, construcción de palletas e técnica de percusións de man.
O percusionista Miguel Anxo López impartirá técnica de tamboril, terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.
O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o obradoiro de baile tradicional agarrado dirixido polo mestre de Baile tradicional Gustavo Couto. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.
O cursiño de construción de palletas terá lugar os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 horas e o 17 de maio, de 10.00 a 14.00. @s participantes adquirirán coñecementos sobre os materiais necesarios para construír palletas e tamén o modo de elaboralas. O mestre será Jaime Pena, con ampla experiencia nesta temática.
As clases de técnica de percusións de man se desenvolverán os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 e o 17 maio, de 10.00 a 13.00-14.00 horas. O programa formativo destas sesións inclúe técnicas de pandeireta, pandeiro cadrado e pandeira, e abordarase tamén a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.
Os cursiños teñen as prazas limitadas. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 2 e 12 de maio ?ambos incluídos- e deberá formalizarse no Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30, ou ben por transferencia bancaria, enviando un correo electrónico cos datos persoais e xustificante de ingreso ao correo: l.perez@naron.es.
O prezo de cada un dos cursos é de 25 euros para as matrículas ordinarias e 15 euros para @s alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Mais información:
Telf.: 981 391 144
Mail: l.perez@naron.es.
www.gaiteirosgalegos.gal
|
|
|
|
Obradoiro de técnica vocal (Vigo) |
|
Organiza. AFC. O Fiadeiro
Sábado 21 de maio (16h-20h)
Obxectivos:
Aprender unha serie de recursos para correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar:
- Acadar dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para poder proceder á fonación.
- Incorporar ao noso entrenamento os exercicios adecuados de quecemento da voz; vocalización ?
- Obter coñecementos organolóxicos sobre o noso instrumento para unha boa visualización do que ocorre mentres cantamos, tendo en conta o tipo de voz e de calidade que empreguemos.
- Consellos sobre o coidado do noso aparello fonador.
- Entender a importancia da desinhibición e expresividade á hora de cantar.
- Saber aplicar os diferentes tipos e calidades de voz segundo o repertorio e tesitura.
- Traballar a ornamentación a partir da relaxación bucofarínxea.
- Importacia da respiración e o apoio para unha boa proxección e afinación. Aprender e interiorizar exercicios para tal fin.
Contidos
- Tonicidade e postura corporal.
- A respiración e o apoio.
- Organoloxía.
- Vocalización e prequecemento. Preparándonos para cantar.
- Proxección e calidades de voz.
- Técnica e tesitura.
- Desinhibición e expresión.
- Ornamentación
- Exercicios vocais grupais.
Material que deberán levar os participantes
- Roupa cómoda
- Esterilla ou manta.
- Material de escritura
+ Info:
Ubicación: ACF O Fiadeiro
Duración: 4 horas
Data e horarios: Sábado 21 de maio (16h-20h)
Prezo: 37? (socios 32?)
Data límite de inscricións: 19 de maio
Inscricións e máis información: ambas vía email ou telefónica.
Vía email engadir nome e contacto telefónico.
ofiadeiro@ofiadeiro.com
629 585 355 / 986 253 585 |
|
|
|
|
|
|