Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prazas de interinidade para profesores de música, especialidade percusión
A Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ven de publicar no DOG un anuncio polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, remata o mércores 4 de Febreiro.

Podedes consultar o texto íntegro do anuncio no seguinte enlace:
Texto completo

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-01-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos intensivos de perfeccionamento (Marín)
A Asociación Sociocultural “Mestre Landín” comprácese en saudarlles e informarlles da súa recente creación no mes de outubro de 2.008, da man de D. Juan Tueros Calvar, coa vocación de formar novos músicos, especializados en instrumentos tradicionais, e a posterior creación dunha banda de gaitas que espalle a nosa cultura, tomando como referente a que algúns consideran a primeira banda de gaitas de Galicia, “Os de Marín”, constituida polo mestre D. Francisco Landín Pazos, de orixe marinense, alá polos anos 50.

Esta Asociación comezou a impartir cursos anuais de iniciación e perfeccionamento á gaita, percusión tradicional e pandeireta, así como de lectura musical xa no mes de outubro, e quere aproveitar a ocasión para darlles a coñecer a organización dos seguintes CURSOS INTENSIVOS DE PERFECCIONAMENTO, levados a cabo por persoal especializado:

- Curso de percusión tradicional:
impartido por D. Andrés Vilán, ex percusionista de Mercedes Peón e actualmente percusionista de “Pepe Vahamonde Grupo”, o día 28/12/2008, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.

- Curso de pandeireta e canto:
impartido por D. Luis Prego, compoñente do grupo de música tradicional “Ardentía”, o día 21/12/08, en horario de 11’00 a 13’30.

- Curso de baile tradicional:
impartido por Carlos Xosé, ex director de “Cantigas e agarimos” e actualmente xurado de “Baile, baile”, do programa Luar da TVG, o día 28/12/08, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.

- Curso de Gaita:
impartido por Iván Abal, profesor de gaita do Conservatorio Superior de Música de Ferrol, o día 21/12/08, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.

O prezo de cada un destes cursos será de 20 €, a súa realización estará condicionada á asistencia dun cupo mínimo de participantes e o prazo de inscrición remata o día 18/12/2008.

No caso de estar interesadas/os, prégase pórse en contacto coa Asociación Sociocultural “Mestre Landín” polos seguintes canles:

- Teléfono móbil: 689.23.98.70 (Felipe) / 679.61.79.70 (Juan)
- Enderezo electrónico: mestrelandin@hotmail.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-12-2008 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ábrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra
A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.

A AFI é un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. É unha
aula experimental coa música e baile radicionais galegos como eixo fundamental entendida dentro do contexto global das músicas do mundo.
A Aula Folque Infantil propón aos nenos unha relación coa contorna contemplando o feito sonoro como unha ferramenta comunicativa e de
autocoñecemento.

As materias de ensino son abertas e flexibéis. Hai contidos básicos de expresión corporal, canto e técnica instrumental, mais non restrinxidos, e sempre en contacto con outros módulos coma artesanía musical, gravación en estudio, videocreación, informática musical, práctica escénica,…

A AFI propón un ensino sen transmisión directa baseado nun profesor que conduza ao alumnado ao descubrimento por si mesmo dos coñecementos da
materia a impartir. O mestre fornece os mecanismos de exploración interna infantil dun xeito lúdico e non traumático.

Fundamentos do ensino

-1. O ritmo
-2. O movemento
-3. A voz
-4. O Laboratorio de Sons

O Laboratorio de Sons é un espazo aberto centrado na composición colectiva dos rapaces e no deseño conxunto entre profesores e alumnado dun espectáculo anual. Aquí póñense en práctica o aprendido nas aulas.
O resultado actual, tras varios cursos de probas e actuacións, é a creación e consolidación da nova Compañía Infantil AFI.

A AFI representa o espectáculo infantil no fin de curso que monta na cidade de Pontevedra desde hai 4 anos como un dos eventos máis frescos,
contemporáneos e sorprendentes do ano. Ademais edítase un CD distribuído o dia do espectáculo que amosa as composicións e tendencias de cada ano.

ORGANIZACIÓN CURSO

Idade alumnado: 5 a 13 anos

Grupos
Grupo 1- de 5 a 6 anos
Grupo 2- de 7 a 8 anos
Grupo 3- de 9 a 13 anos

Lugar
Aulas do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra

Calendario curso
24 de outubro – 30 Maio

Horario
Aulas venres á tarde
Laboratorio sábado á mañá

Prezo Matrícula
80 €/40 € (alumnado de 5 anos de idade)

máis información na propia web www.folque/afi
ou no teléfono: 676 837 945
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-11-2008 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Matrícula da AFI (Pontevedra)
Ábrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra

A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.


A AFI é un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. É unha aula experimental coa música e baile tradicionais galegos como eixo fundamental entendida dentro do contexto global das músicas do mundo.
A Aula Folque Infantil propón aos nenos unha relación coa contorna contemplando o feito sonoro como unha ferramenta comunicativa e de autocoñecemento.

As materias de ensino son abertas e flexibéis. Hai contidos básicos de expresión corporal, canto e técnica instrumental, mais non restrinxidos, e sempre en contacto con outros módulos coma artesanía musical, gravación en estudio, videocreación, informática musical, práctica escénica,…

A AFI propón un ensino sen transmisión directa baseado nun profesor que conduza ao alumnado ao descubrimento por si mesmo dos coñecementos da materia a impartir. O mestre fornece os mecanismos de exploración interna infantil dun xeito lúdico e non traumático.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-10-2008 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de Perfeccionamento Técnico en Barcelona
A Federación de Entidades Galegas en Catalunya realizará o III Curso de Perfeccionamento Técnico os días 6, 7 e 8 do mes de decembro no Parc del Coneixement – Flor de Maig de Collserola.

Devandito curso constará das seguintes disciplinas:

 Baile Tradicional – Montse Rivera e Esteban Lamas
 Canto e pandeireta – Xabier Díaz Carro
 Gaita – Daniel Bellón e Pedro Lamas
 Percusión Tradicional – Miguel Souto
 Traxes e Aderezos – Mónica Hernández

Este ano, debido á gran acollida das anteriores edicións, a Federación, decidiu abrir as incripcións ao público en xeral. Os alumnos federados poderán asisitir ao curso gratis, ademais de gozar do material do profesorado, así como de almorzo e comida durante a duración do curso.

Aquelas persoas interesadas en asistir pero que no están vinculadas coa Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, deberán abonar a cantidade de 70 euros en concepto de dietas e material. Así memo, deberán facerse cargo do seu desprazamento ao centro de ensino e o seu aloxamento.

Requisitos indispensables:

1. Ser maior de 16 anos, no caso de non ter a maioría de idade requirirase autorización da nai, pai ou tutor.
2. Demostrar un nivel mínimo esixido para a disciplina seleccionada.
3. O alumno deberá levar o instrumento necesario para a disciplina escolleita, ademais da roupa apropiada para facer as clases. O alumno dispoñerá dunha sala como vestiario e duchas.
4. Una vez completadas as prazas reservadas aos centros federados, o resto de prazas asignarase segundo estricta orde de chegada ata completar o aforamento da aula.
5. O envío da folla de inscrición, non implica a aceptación do alumno; este deberá esperar á confirmación, por parte da organización, da adxudicación da praza desexada.
6. Una vez aceptados os alumnos, notificaráselles cal é o material que require cada profesor e o número da conta para ingresar o diñero da matrícula (70 euros).
7. É imprescindible enderezo electrónico e teléfono para contactar co alumno.


O horario do curso é o seguinte:

DE A SÁBADO 6 DOMINGO 7 LUNS 8
9:00 10:00 PRESENTACIÓN
10:00 11:30 CLASE CLASE CLASE
11:30 12:00 descanso descanso descanso
12:00 14:00 CLASE CLASE CLASE
14:00 15:30 xantar xantar xantar
15:30 17:00 CLASE CLASE CLASE
17:00 17:30 descanso descanso CLAUSURA
17:30 19:00 CLASE CLASE


Prégase, os interesados reencher o formulario e envialo a cursillo@fegalcat.org
antes do 15 de octubro.


Mais información:

www.fegalcat.org


Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-10-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Gentalha do Pichel (Compostela)
A continuaçom mostramos a grelha de cursos que oferta o nosso centro social. Como poderedes ver, e ante o êxito do formato "monográfico", a gentalha optou este ano por reduzir o número de cursos anuais e potenciar a oferta de monográficos de mais curta duraçom. Lembrai que há rebaixas de 2 euros para as pessoas associadas e de outros 2 para quem figer mais de um curso.

Gaita
Marcos Varela Couselo
segundas feiras
iniciaçom de 20h30 a 21h30
aperfeiçoamento de 21h30 a 23h00
preço 22 €
começa o 13 de outubro

Guitarra
Rubén Parada Domínguez
terças ferias de 19h a 21h
Preço 22€
começa o 14 de outubro

Capoeira Angola
Boca do Rio
quartas de 20h00 a 21h30 e sábados 19h30 a 21h00
preço 25€
começa o 15 de outubro

Língua e cultura galegas para estrangeir@s
quintas feiras
19h00 a 20h00O

Língua Galega
(Norma Agal)
quintas feiras
AGAL de 20h30 a 21h30

Pandeireta
Jara
PANDEIRETA INICIAÇOM 1
quartas feiras de 19h00 a 20h00
preço 17€ começa o 15 de outubro
PANDEIRETA INICIAÇOM 2
sextas ferias de 20h30 a 21h30
preço 17€ começa o 17 de outubro

Baile
Iniciaçom ao Baile Tradicional
Carme Campo
terças feiras de 20h00 a 21h00
preço 14€
começa o 14 de Outubro

Tamboril
MANUEL DEL REY SEIJAS
quartas feiras de 20h00 a 21h30
preço 22€
começa o 15 de Outubro

E andamos a montar os seguintes Monográficos
Viagem ao interior: técnicas de meditaçom, ioga, automassagem, catarse, ...
com Araceli Fernández.
O céu a simples vista: obradoiro de iniciaçom à astronomia com David Bruzos
Técnicas avançadas de pandeireta com Aitana Cuétara
Velada erótica: reflexons sobre a criaçons de fantasiascom Paula Fernadez (Trabalhadora Social) e Noa Tilve (Psicóloga).
A dança como recurso educativo
com Marta Pereira Coutinho

mátricula: umha mensualidade do curso

Mais informaçom no 646 16 50 44 de 18h a 22h ou no C.S. O Pichel (sta clara 21) de 18h a 23h

http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-10-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de Música Tradicional de Ourense, Maceda e Allariz

Comeza o curso 2008-2009 na:
Escola de Música Tradicional de Ourense
(Tras Bloque 8 Baixo - Barrocás, Ourense):


Os Horarios son:

Gaita:
Martes de 19:30 a 21:00 e Xoves de 19:30 a 21:30
Canto e Pandeireta :
Lúns de 20:40 a 21:40
Percusión:
*Pendente da formación dos grupos

Comezo do curso na EMT de Ourense o Lúns 13 de Outubro

-Tamén informarvos que este ano comeza a funcionar a Escola de Música Tradicional no Concello de Maceda.

Integrada na Escola Municipal do Concello, onde impartimos clases de Gaita, Percusión, Canto e Pandeireta, Gonzalo Abelairas e Patricia López.
A presentación e posta de horarios, (tanto das actividades individuáis como colectivas) é o dia 10 de Outubro, venres as 18:00, no Castelo e as clases serán os venres pola tarde, (tamén no Castelo de Maceda)


-A Escola de Música Tradicional de Allariz, ten a presentación e posta de horarios este sábado dia 4 de outubro as 11:00 na Casa de Cultura de Allariz e as clases de Gaita e Percusión son os sábados de 11:00 a 14:00, (tamén poranse os horarios de Canto e Pandeireta e Acordeón)



Para calquer información, sobre os cursos, horarios,... podedes enviar un email a: aoftou@hotmail.com ou consultar neste Space, onde colgaremos toda a información cos horarios das Escolas onde impartimos clases, xa que logo das presentacións, poden sufrir algunha modificación

www.aoftou.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-10-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos no Casco Vello de Vigo

Un ano máis a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo inicia os seus cursos anuais.

Este curso entrante seguimos potenciando os cursos relacionados coa música tradicional galega e aos mestres habituais de baile (María Prego), acordeón diatónico (Pedro Blanco), Canto tradicional e Pandeireta (Itziar e Sandra) temos que engadir a unha nova mestra para os cursos de gaita e percusión, así dende este ano contamos coa maestría de María Xosé López (Muxicas, Anamoura, Na Virada,...) todo un luxo para nós.

Maís información de horarios e prezos en:

www.avcascovello.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas Retrouso 2008/2009 (Bueu)

Este mércores 1 de outubro arrinca o curso 2008/2009 nas Escolas Retrouso, da Asociación Cultural Retrouso.

A ambiciosa estrutura de profesorado do ano pasado mantense: con Cristóbal Prieto como responsable do eido da gaita; Alberto Costas, da percusión, Guillerme Ignacio, do canto tradicional e a pandeireta; Teresa Pedrouso, do acordeón; e Margarita Pérez, do corpo de bailadores.

Como novidades, este ano emprendemos a creación dunha aula específica para adultos que queiran aprender canto e pandeireta (os mercores á tarde) e un horario específico para os nenos interesados na percusión: os sábados á mañá.

Estes son os horarios*:

LUNS
Baile: iniciación nenos en Ardán, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Coro: de 21h a 22.30h, con Carme Pereira

MARTES
Baile: iniciación nenos en Beluso, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordeón: nenos pequenos, de 16h a 17h, con Teresa Pedrouso
Solfa: de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: nenos, de 18h a 19h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: adultos, de 19h a 20h, con Teresa Pedrouso

MÉRCORES
Baile: iniciación nenos en Cela, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordéon: adultos, de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Canto e pandeireta: iniciación adultos, de 19.30h a 21h, con Tania García Ruibal
Canto e pandeireta: perfeccionamento I, de 19.30h a 21h, con Guillerme Ignacio
Canto e pandeireta: perfeccionamento II, de 21h a 22.30h, con Guillerme Ignacio

XOVES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 18.30h, con Débora Pena
Percusión: adultos, de 20.30h a 22h, con Alberto Costas

VENRES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 19h, con Débora Pena
Baile: perfeccionamento II, de 19h a 20.30h, con Débora Pena
Baile: iniciación adultos, de 20.30h a 22h, con Débora Pena

SÁBADO
Baile: perfeccionamento II, de 10h a 12h, con Margarita Pérez
Gaita: iniciación, de 11h a 12.30h, con Cristóbal Prieto
Gaita: perfeccionamento, de 12h a 14h, con Cristóbal Prieto
Percusión: iniciación nenos, de 12h a 13.30h, con Benito Salgado
Canto e pandeireta: iniciación nenos, de 16h a 17.30h, con Rubén Bastón

*: Todas as actividades son en Cela, salvo aquelas nas que se especifica Ardán ou Beluso.

Os horarios aínda poden sufrir modificacións, pero en todo caso serán lixeiras.

www.retrouso.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as clases na A. C. A Fervenza de Ouzande (A Estrada)

BAILAS?

2008-2009
CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
CLASES DE GAITA, BAILE E PANDEIRETA
AC A FERVENZA DE OUZANDE


Dan comezo as clases deste novo curso 2008-2009.

A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 4 de outubro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.


Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA e BAILE, que en todo caso terán lugar os sábados pola tarde.

As clases de GAITA será todos os venres ás 9:30 da noite.

Nesta reunión terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan por primeira vez tamén poden traer a súa pandeireta, se a teñen.


www.carreiros.blogspot.com


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Horarios de Rebulir (Ramirás)

REBULIR Escola de Baile e Música Tradicional
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Remate do prazo para aCentral Folque (Compostela)
O vindeiro mércores día 1 remata oficialmente o prazo de prematrícula para o curso 2008-2009 en aCentral Folque.

Para todas aquelas persoas interesadas, aínda quedan sen cubrir completamente as materias de frautas e requinta, acordeón diatónico e sanfona.

En canto ás que estades xa preinscritas ou vos inscribades estes días, lembrar que as probas de acceso terán lugar estes venres 3 -de 10 a 21 h- e sábado 4 de outubro -de 10 a 14 h.

Empezaremos a avisar persoalmente as horas das audicións e colgaremos os horarios nesta páxina.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-09-2008 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Portas abertas de Tear de Llerena (Pontevedra)

Olá a todas e todos!

Comunicamos-vos que na vindeira semana (29 setembro - 4 outubro) imos celebrar unhas xornadas de PORTAS ABERTAS no novo Local Social (Rua do Castañal, Nº 10 - Baixo, Ponte Vedra), para as que -de momento- están programadas as seguintes actividades:

Luns, 29 setembro:
· 19:30 - 20:30 : Presentación curso tamboril
· 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (iniciación)

Martes, 30 setembro:
· 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (perf. I)

Mércores, 1 outubro:
· 18:00 - 19:00 : Aula infantil (nen@s a partir de 7 anos)
· 19:00 - 20:00 : Proxección recolleitas 1980 (super-8)
· 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (perf. II)

Xoves, 2 outubro:
· 20:30 - 22:00: Pandeireta e canto tradicional (iniciación)

Venres, 3 outubro:
· 20:30 - 22:00: Presentación aula pandeireta castellana

Sábado,4 outubro:
· 18:00 - 19:00 : Presentación arquivo de recolleitas e páxina web
· 19:00 - 20:00 : Presentación vídeos Projecto ['trepia]
· 20:30 - 22:00 : Presentación aula pandeiro
· 22:00 - 00:00 : INAUGURACIÓN LOCAL SOCIAL

Lembramos-vos que estamos abertos ás vosas propostas, tanto para esta semán como para actividades en xeral ao longo do ano. Todas as actividades son de asisténcia libre e gratuita, tanto para sócios como para non sócios.

www.teardellerena.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2008 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Inicio das clases de O Fiadeiro

www.ofiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2008 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
*Bota a andar o curso 2008/09 da Escola de baile e música tradicionais Lembranzas da Ría.
As clases comezan o sábado 4 de outubro de 2008 e rematan o sábado 27 de xuño de 2009. Os cursos impartidos cos seus respectivos horarios (suxeitos a posibles modificacións) son:

BAILE:

*Venres:*
*- de 19:30 a 20:30 h. (Iniciación)*
*Sábados:*
*- de 16:15 a 17:15 h. (Pequenos)*
*- de 17:15 a 18:15 h. (Pequenos)*
*- de 18:30 a 19:30 h. (Iniciación)*
*- de 19:30 a 20:30 h. (Avanzado)*
Mestre: Miguel Sotelo


PANDEIRETA E CANTO:

*Xoves:*
*- de 20:00 a 21:00 h. (Iniciación)*
*Sábados:*
*- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)*
*- de 18:00 a 19:00 h. (Avanzado Mulleres)*
*- de 19:15 a 20:15 h. (Avanzado Homes)*
*- de 20:30 a 21:30 h. (Avanzado Homes)*
Mestres: Lidia Piñeiro e Merchi Rodríguez


GAITA:

*Xoves:*
*- de 19:00 a 20:00 h. (Iniciación)*
*- de 20:15 a 21:15 h. (Iniciación)*
*- de 21:30 a 22:30 h. (Avanzado)*
*Venres:*
*- de 19:00 a 20:30 h. (Perfeccionamento)*
*Sábados:*
*- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)*
*- de 18:00 a 19:00 h. (Iniciación)*
Mestres: Bea Malvido e Roberto Sotelo


PERCUSiÓN:

*Venres:*
*- de 20:00 a 21:00 h. (Avanzado)*
*Sábados:*
*- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)*
Mestre: Sandro Sotelo

*Para máis información ver o apartado cursos da nosa web www.lembranzasdaria.com ou chamar ó 670706147 (Miguel) ou ó
605094203 (Manolo).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2008 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Ábrese o prazo de prematrícula en aCentral Folque Compostela

Abrése hoxe 15 de setembro e até o 1 de outubro, o plazo de prematrícula para o acceso no curso 2008/2009 de aCentral Folque Compostela.

O proceso consta de:

Prematrícula
Proba de acceso/ audición
Formalización da matrícula.

As materias impartidas son:

Canto
Gaita
Percusión tradicional
Sanfona
Violino
Acordeón diatónico
Frautas e requinta
Linguaxe Musical
Hª da música popular galega

Proceso de matriculación:

PREMATRÍCULA: Entregar o documento de prematrícula nas oficinas do Centro:
- Rúa Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela en horario de luns a venres: 10- 18 h
- enviando por correo electrónico o formulario web no enderezo: matricula@folque.com

Datas: entre o 15 setembro e 1 de outubro.

PROBA DE ACCESO/audición: proba de aptitude en instrumento e solfexo para determinar nivel de ingreso na sede de ensino de acentral Folque na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre s/n. 15705 Santiago de Compostela.

Datas (por orde de chegada):
- 3 de outubro: 16 h - 20 h
- 4 de outubro: 10 h -14 h

MATRÍCULA: formalización de matrícula do alumnado selecionado na proba de acceso co pagamento no banco da cantidade total polas materias a cursar.

Datas: 6 - 17 de outubro.
O resultado da audición para o ingreso, realizarase mediante correo electrónico.

canto custa?
150 € anuais por materia + seguro escolar.

Máis información e consultas:

* correo electrónico: matricula@folque.com
* teléfono: 651 957 361

Descarga o formulario (arquivo.doc): formulario_prematricula
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
aCentral Folque

aCentral Folque: CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR

Tras a incertidume do último ano, abre as súas portas aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Tras o éxito do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional e Folque nunha andaina de sete anos na súa sé de Lalín, o equipo de produción e docente volve á fronte para botar a andar este novo centro ubicado no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela.

As oficinas administrativas estarán na Rúa Salvadas 22, baixo e as aulas impartiranse na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre.

Neste curso impartiranse aulas de:
-Canto (Guadi Galego),
-Gaita (Edelmiro Fernández),
-Acordeón diatónico (Pedro Pascual),
-Frautas e requinta (Roberto Sala),
-Percusión Tradicional (Francisco Estévez ‘Chuco‘),
-Sanfona (Óscar Fernández),
-Linguaxe Musical (Benxamín Otero),
-Historia da música popular galega (Ramóm Pinheiro)
-Violino (Quim Farinha)

O equipo de aCentral Folque garantirá a continuidade de proxectos complementarios ao ensino regular en Santiago de Compostela cos cursos monógraficos, intensivos de verán e encontros internacionais de instrumentos.

Nos vindeiros días, colgaremos máis informacións e xeitos de matriculación na propia páxina web e en notas de prensa.

O prazo de prematrícula comezará o luns 15 de setembro e pechará o 1 de outubro. A matrícula formalizarase durante o mes de outubro.

Abrirá en breve tamén o prazo de matrícula para a AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-09-2008 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos do Festival da Rede Europea de Orquestras Folk

Para celebrar a fundación en Vigo da Rede Europea de Orquestras Folk se convocan diversos eventos, concertos, reunións profesionais, animación de rúa e masterclases

Esta é a relación de masterclases:

Mércores, 06 de Agosto de 2008
"Obradoiro sobre violín bretón"

Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios
Horario: 16,00 horas
Impartido por Eric Lavarec.

Xoves, 07 de Agosto de 2008
"Obradoiro de kora africana "

Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios
Horario: 11,00 horas
Impartido por Nino Galissa

Xoves, 07 de Agosto de 2008
"Obradoiro de gaita de Flandes"

Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios
Horario: 16,00 horas
Impartido por Birgit Bornauw


Inscripcións no e-mail fundacion@sondeseu.org, indicando nome completo e nivel (iniciación, medio ou avanzado).

Data límite de inscripción 4 de Agosto

www.sondeseu.org
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-08-2008 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo
En vista do prazo tan breve que se deu e debido a solicitudes de retraso, o "II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo" queda posposto para os días 16 e 17 de agosto. Os demáis detalles seguen sendo válidos. Pódense baixa-las bases de inscrición no seguinte enlace:

www.agaitadofol.com/IICursoSoutelo.pdf

Saúdos
--
Juanjo Fernández
www.agaitadofol.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-07-2008 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo
Os días 26 e 27 deste mes de xullo vaise celebrar en Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra) o *II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo*.

Trátase de facer un repaso en detalle polas características da interpretación destes xeniais músicos, especialmente no tocante ós recursos de articulación das notas, configuración dos debuxos melódicos característicos das súas pezas e a realización dos dúos nese estilo. Faremos un repaso teórico en primeira instancia para pasar despois a unha fase práctica.

Era interesante traer punteiros adaptados para a dixitación pechada pero non é imprescindible.

Pódense baixa-las bases de inscrición neste enlace:

http://www.agaitadofol.com/IICursoSoutelo.pdf


Saúdos
Juanjo Fernández
www.agaitadofol.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-07-2008 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Fabricación de instrumentos vexetais en Pontevedra
Curso: Fabricación de instrumentos vexetais

• Día: domingo 4 de maio do 2008
• Hora: 17:00 h
• Lugar: As Grades o carón da Ponte da Condesa, na ribeira do río Tomeza .
• Nº de prazas: 15
• Impartido por: Manuel Rodríguez, de Mogor, e por membros de Os Chichisos

• Información e inscricións: 676.842.942


PROGRAMA:

• 17.00 h: construcción de diversos instrumentos tales como gaitas, frautas rectas e traveseiras, turutas, carrizos, castañetas, carracas, etc. con elementos vexetais (sabugueiro, cana, espadanas, salgueiros, ameneiro, etc.).


“Da beira do río
chegaban cantigas
choutando nas leiras
molladas de risa”

Luís Amado Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-04-2008 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de afinación de gaita galega tradicional
II CURSO DE AFINACION DE GAITA GALEGA TRADICIONAL no Centro Cultural de Callobre (A Estrada).


Como saiu tan ben o curso que acabamos de rematar e quedou xente fora, tratamos de organizar unha segunda edición:

Os dias 9 e 10 de febreiro(Sábado e Domingo) imos realizar o II CURSO DE AFINACION DE GAITA GALEGA TRADICIONAL no Centro Cultural de
Callobre (A Estrada).


O Programa é o seguinte:
-Afiado e preparación da navalla
-Elección da palleta
-Empalletado e afinación da palleta no punteiro
-O pallón (fabricación e afinación)

O ponente será D. Juan Casalderrey Rodríguez, gaiteiro, palleteiro e mestre de fabricación de palletas.

O prezo por alumno será de 45 Euros, e inclúe: Unha navalla, un xogo de lixas, uns apuntes e a comida do sábado, dado que o curso ese dia sábado) será de mañan e de tarde.

Haberá que traer palletas en desuso ou estropeadas da casa

Para mais información e inscripción pódese chamar aos tels. 630 875 924 e 616 992 904

Unha aperta a todos
LUIS TORRES

Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-02-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de palletas e pallóns

Esta ponte o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de decembro, a Asociación Cultural Retrouso (Bueu) vai celebrar un Obradoiro de construción de palletas e pallóns.

O horario será de 4 a 7 da tarde e o custo é de 10 euros. Impartirao o artesán e gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto.

Tedes toda a información no cartel adxunto e no blog http://www.blogoteca.com/retrouso

Agradeceriamos que llelo pasasedes aos que pensedes que poidan estar interesados...

un saúdo!!
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-12-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan os Obradoiros musicais en Cangas

A Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Cangas presentou o pasado 6 de novembro unha nova edición do proxecto OBRADOIROS MUSICAIS, que como xa sabedes é unha iniciativa que pretende afondar na formación musical dos novos artistas, achegando a Cangas a diferentes músicos de diversos estilos musicais.

Nesta ocasión achegaremos a Música Tradicional, e para escomezar contaremos coa experiencia e a acreditada calidade de catro músicos de gaita, percusión, requinta e canto tradicional.

Mestres dos Obradoiros

ALBERTO COSTAS: Percusión
LOLA FERNÁNDEZ PARADA (Lola de Ribeira): Canto
EDELMIRO FERNÁNDEZ: Gaita
XOSE LIZ DE CEA: Requinta
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-11-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Educación para a Voz en Boiro

Impartido por Sonia Lebedysnski, cantante do grupo Fía na Roca.

Data do curso: 1 e 2 de Decembro de 2007

Dende a Escola de Música do Concello de Boiro ofrecen a posibilidade tando ós alumnos da escola como a todos os que vos queirades achegar alí, a que coñezades e experimentedes as posibilidades e recursos do instrumento por excelencia, a voz. O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que queiran achegarse á técnica vocal como recurso ou como prevención de patoloxías polo uso incorrecto da mesma.

Da man dunha voz con nome propio dentro da música galega como é Sonia Levedynski, todos os participantes adentraranse de cheo nos mecanismos que fan posible que se produza a voz e coñecerán os recursos que nos ofrece así como un uso correcto que evite o desenrolo de patoloxías.

O curso vai dirixido preferentemente a todas aquelas persoas que empreguen a súa voz como instrumento.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-11-2007 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
II Curso de Perfeccionamento Técnico en Catalunya

II CURSO DE PERFECCIONAMENTO TÉCNICO

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, tendo en conta o éxito do I Curso de Perfeccionamento, organiza a segunda edición destes cursos que tiveron tanta acollida no ano pasado.

Os vindeiros días 1, 2, 3 e 4 do mes de novembro dará comezo o II Curso de Perfeccionamento Tecnico. O lugar escollido para levar a cabo as clases volve a ser o centro Flor de Maig no recinto do Parc del Coneixement de Cerdanyola del Vallès. Espazo cedido gratuitamente pola Diputació de Barcelona.

Os cursos, volven a estar enfocados principalmente no profesorado das distintas disciplinas das entidades federadas en Catalunya pero debido á gran demanda de solicitudes de inscrición volvemos este ano tamén a ampliar os números de prazas dispoñibles.

Este ano contaremos co mesmo profesorado co ano anterior. A intención é darlle unha continuidade e, deste xeito, maior sentido e asimilación o aprendido nas clases do ano pasado.

Mestres:
Baile: Luís e María Prego
Gaita: Anxo Lorenzo e Diego González Mariño
Percusión: Alberto Costas
Canto e pandeireta: Leni Pérez.


O curso comezará o día 1 de novembro ás 12 da mañá, coa inauguración e presentación. Acto seguido, o profesorado, alumnos, representantes de organismos oficiais, e a organización estarán invitados a un xantar no mesmo recinto.

Debido o emprazamento dos cursos, este a ano a Federación de Entidades Galegas en Catalunya tamén correrá cos gastos de manutención dos alumnos no que se refire a almorzos e xantar. Os alumnos tamén poden contar con instalacións de vestiarios e duchas para todo aquel que precise do seu uso, despois das clases.

A clausura dos cursos celebrarase o domingo despois do xantar coa entrega dos diplomas os alumnos que asistiron as clases. O acto estará presidido polas autoridades das diferentes entidades, así como representantes de organismos oficiais.

Como remate final, o ano pasado se improvisou unha festa na que participaron mestres, alumnos e todo aquel que se acercou polo recinto no acto de clausura. Este ano tamén invitamos a pechalo acto deste xeito a todo aquel que queira asistir e participar da festa.

Máis información:
www.fegalcat.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-10-2007 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola de Música Tradicional de Ourense

Máis información en:
http://aoftou.spaces.live.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-10-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Aula de Zanfona en Lugo
A Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha, un ano máis, a AULA DE ZANFONA na cidade de Lugo. Esta actividade vaise a levar a cabo dende o vindeiro 25 de outubro de 2007 ata Xuño de 2008, todos os xoves de cada mes, no Complexo Residencial Xuvenil LUG, dependente da Delegación Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.

Luis Correa “O Caruncho”, unha das referencias fundamentais na música tradicional galega, será o mestre encargado de impartir as clases coas que se pretende reivindicar este instrumento tradicional galego, que presenta unhas características culturais, sonoras, técnicas e temáticas que fan moi interesante o seu coñecemento.

A matrícula formalizarase o mesmo día do comezo do curso, ainda que deberá realizarse unha reserva de praza antes do 25 de outubro, a través do correo electrónico:

secretaria@gaiteirosgalegos.com
ou ben no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri).


www.gaiteirosgalegos.com



Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-10-2007 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Matrícula no Conservatorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo
A pesares do que hai montado, e cando índa non temos data de inicio do curso nin se coñecen os mestres que van dar as clases, xa esta aberta a matrícula do Conservatorio Folc da Escola de Artes e Oficios e Vigo... a fume de carozo...

Preinscrición:
-En primeiro:
Entre os días 1 ao 5 do mes de outubro en horario de 10 a 13 h. e de 17 a 20 h.

-No resto dos cursos:
Entre os días 1 ao 5 do mes de outubro en horario de 10 a 13 h. (só de mañá) e presentando o Carné de estudante da Escola na Secretaría.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 03-10-2007 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Lembranzas da Ría (Cangas)

Un ano máis, a Asociación Cultural Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo) dá comezo ó curso escolar, ofertando as actividades de baile, gaita, percusión e canto e pandeireta. Estes cursos van dirixidos a tódalas persoas que queiran aprender, a partir de 5 anos de idade.

BAILE:
Sábados:
- de 16:30 a 17:30 h. (Avanzado)
- de 17:45 a 18:45 h. (de 5 a 14 anos)
- de 19:00 a 20:00 h. (Iniciación)
Mestre: Miguel Sotelo

PANDEIRETA E CANTO:
Sábados:
- de 16:00 a 18:00.h (Iniciación Nivel 1)
- de 16:00 a 18:00.h (Iniciación Nivel 2)
- de 18:00 a 19:00 h. (Avanzado Mulleres)
- de 19:00 a 20:00 h. (Avanzado Homes)
Mestres: Iniciación - Lidia Piñeiro ; Avanzado - Merchi Rodríguez

GAITA:
Xoves:
- de 19:00 a 20:00 h. (Nivel 2)
- de 20:00 a 21:00 h. (Nivel 4)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Nivel 1)
- de 18:00 a 19:00 h. (Nivel 3)
Mestre: Roberto Sotelo

PERCUSiÓN:
Venres:
- de 20:00 a 21:00 h. (Avanzado)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)
Mestre: Sandro Sotelo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-10-2007 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
A esperanza non morre... Escomeza a AFI (AULA FOLQUE INFANTIL) en Pontevedra
AFI 2007-08


Un ano mais os nenos e nenas de Pontevedra poden contar co folque como parte da súa semana.

A Aula Folque Infantil presentará o seu terceiro ano o 5 de outubro no edificio do antigo conservatorio.

Os venres pola tarde, de 16.30 a 20.30, voltan as clases de aula que manteñen como corazón o canto, a percusión, o baile e a experimentación musical.
Tamén este ano o baile consolídase como unha das aulas troncais para os rapaces e rapazas que escollan formar parte da AFI.

Cada ano, o alumnado da AFI realizan un cd da aula baixo a producción de Nacho Muñoz.
Estes cds son unha experiencia única- especial onde o alumnado demostra toda a súa capacidade creativa.
O ensino aberto, creativo e diversificado da música tradicional galega en relación coa música de raíz doutros pobos e o emprego natural da tecnoloxía é a aposta da Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque para a infancia e xuventude do século XXI.

O prazo de matrícula aínda segue aberto, aínda que as prazas vanse esgotando.

A AFI está dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos, as aulas desenvólvense os venres pola tarde.

O custe é de 80 euros (de 5 e 6 anos, 40 euros) para incribirse hai que chamar ao 986 896 528 ou 665 942 555.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-10-2007 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Máis información dos Cursos do Casco Vello

Xa podes consultar os horarios e prezos na páxina web da Asociación:


www.avcascovello.com

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-09-2007 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na A.F.C.Fiadeiro de Vigo
Cursos O Fiadeiro
2007-2008


Área de Movemento.

Baile Tradicional.
Para poder botar un baile na infinidade de festas e seráns da nosa terra. Para tódalas edades.
Baile Moderno
Para ser os amos e donas da pista…
Danzas do Mundo.
…Diferentes formas do folclore do mundo, variedade e disfrute da tradición dos pobos…
Ximnasia Mantemento.
...mellora e mantemento das capacidades físicas (forza, velocidade, resistencia, flexibilidade, etc.) dende unha perspectiva de saude e calidade de vida.
Aerobic.
Actividades aeróbicas cun soporte musical, para manterse en forma e tonificarse.
Relaxación.
Unha hora para desconectar da rutina e do estrés diario con traballo de respiración, estiramentos, relaxación, hixiene postural, etc...
Xogos e Recreación.
...todo tipo de xogos (modernos e tradicionais), e predeportes, cun único obxectivo: ¡¡¡ divertirse!!!
Bailes de Salón e ritmos Latinos
…sempre de moda, Valses, Pasodobres, Cumbias, Cha cha cha…
3ª Idade
...adquisición e mellora de capacidades como a coordinación, motricidade, orientación espacial, equilibrio...

Área de Música.

Gaita.
O noso instrumento Rei… Ven e descúbreo
Acordeón.
Un dos máis completos instrumentos agora, o teu alcance
Percusión Tradicional.
Todo tipo de percusións tradicionais, Tamboril, Bombo, Culleres, Tarrañolas, Cunchas…
Canto Tradicional.
Os sons máis antergos e arraigados da nosa tradición musical, e, como non, ¡¡¡A Pandeiteta!!
Guitarra.
Para os amantes da música instrumental e folc,
Linguaxe musical.
Apoio teórico para aqueles que buscan un pouco máis

Área de Artesanía.

Confección de Costura tradicional e Pasamanerías.
Patronaxe, confección e disfrute
Os modelos tradicionais máis auténticos…
Faino ti mesmo
Debuxo e Pintura.
Desenrola as tuas capacidades plásticas e expresivas mediante as diferentes técnicas deste arte.
Repuxado en Coiro.
… dende marcadores de libros ate un bolso e tamén… Unha funda de pandeireta
Manualidades.
…todos aqueles elementos cos que te gustaría aderezar o teu fogar…

Podedes obter información pormenorizada dos cursos poñéndovos en contacto connosco de luns a venres de 10.00-13.00h. e de 17.00 a 21.00 nos seguintes contactos:

A.C.F. O Fiadeiro
R/ Camiño do Pombal Nº 38-baixo
Tf: 629 585 355 – 986 253 585
ofiadeiro@ofiadeiro.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-09-2007 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Retrouso en Cela (Bueu)

A Asociación Cultural Retrouso recibe con importantes novidades o novo curso 2007-2008. A partir de outubro, novos profesores de prestixio recoñecido toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo.

Guillerme Ignacio, cantador e gaiteiro de Quempallou e d'O Tear de Llerena, impartirá pandeireta e canto tradicional en Cela os mércores en dúas quendas: ás 19.30 h e ás 21.00 h, segundo o nivel do alumnado.

Alberto Costas,respectado percusionista, colaborador dos mellores gaiteiros solistasactuais, dará clases de iniciación e perfeccionamento de percusión os xoves, ás 20.30 horas.

Cristóbal Prieto, gaiteiro e artesán do Hío, coa vida centrada na gaita desde hai anos, ensinará a tocar o instrumento os sábados desde as 11 horas da mañá.

Teresa Pedrouso, curtida no ensino de acordeón en conservatorio, emprende o obxectivo de crear un grupo de acordeonistas ligados ao repertorio tradicional. Será os martes ás 18 horas, con aulas de hora e media. Antes, ás 17 horas, ofrecerá, separadamente, formación de linguaxe musical.

A estrutura de baile mantense, con escolas de base nas parroquias de Ardán, Beluso e Cela e Margarita Pérez, fundadora de Andarela, como directora artística. Tamén a do coro, que seguirá ensaiando os luns ás 21 horas, baixo a batuta de Carme Pereira.

Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela): no centro do Morrazo!
Comentarios (3) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2007 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Rebulir no Concello de Ramirás (Ourense)

INAGURACIÓN DA ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL "REBULIR"

O Concello de Ramirás inaugurará o próximo Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ” . Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello.

O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades , desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional , Canto e Pandeireta , Gaita Galega e Percusión Tradicional , complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais , xornadas lúdicas , a II noite de fiadeiro , xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás .

Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provincia de Ourense , engadindo un granciño máis a contribución que algúns grupos están a facer a prol da cultura do noso país. Sendo este un dos principais obxectivos que esta escola se marca , aceptando tamén o compromiso de facelo da maneira máis autentica posible , creando non só un grupo de músicos e bailadores , senón que estes a súa vez podan aproveitar estas habilidades aprendidas para desenvolverse en festas e seráns, o que nós consideramos como cultura de base.

PD: Para máis información chamar o teléfono 639 90 80 05 ou no correo de Rebulir@hotmail.com– Alexandre Sotelino Losada (Mestre da escola Rebulir).

Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2007 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer