O vindeiro domingo 9 de Xuño, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, a Tradescola organiza un novo curso de técnica vocal e de canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo e por Xela Conde, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vocal, para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, así como afondar nas técnicas de canto e pandeireta.
Todos estos recursos e coñecementos serán aplicados posteriormente en pezas do repertorio tradicional elexidas para a ocasión.
O curso terá lugar na Casa da Cultura de Meira (Lugo). A asistencia ao curso é de balde, previa inscrición.
Para informarse e facer a inscrición no curso, pódese chamar á Tradescola ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
O grupo Os Feroces da Galgueira fixo a presentación pública da I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA que se levara a cabo o vindeiro 25 de Maio en As Pontes, e que consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento:gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.
Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.
O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo Os Feroces contan con 4 músicos de primeiro nivel para impartir cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para os alumnos; - Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.
O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que a cada alumno se lle confirme a súa admisión no obradoiro que escollera.
As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.
Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.
Para calquer consulta ou dúbida ó respecto, podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com
OBRADOIRO DE GAITA GALEGA: DANIEL BELLÓN
Posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Ten acadado premios como o "Constantino Bellón" en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o "Trophée Macallan (Lorient, Francia, 2003).
É titulado en Grao Profesional de Gaita Galega. Dende 2006 estudia jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), cursando saxofón, harmonía moderna, improvisación e piano complementario.
Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), coa de gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes, e coa de mestre de gaita galega.
Contidos xerais do obradoiro de gaita galega:
1. Afinación na gaita galega (4 horas).
1.1. O tempero.
1.2. Afinación do ronco.
1.3. Afinación do punteiro.
2. Ornamentación e estilística na gaita galega (4 horas).
2.1. Ornamentos. Estudio sobre partituras de pezas galegas.
2.2. Estilística diversa.
2.3. Posturas alternativas
2.4. Ornamentación a cuarteto.
2.3. Audicións
OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA: DAVIDE SALVADO
É sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir.
Formou parte como cantante e percusionista da banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como “Arrolos de Salitre”, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).
No 2011 editou o seu primeiro traballo en solitario, “Árnica Pura”. Agora no 2013 presentará o seu segundo traballo "O ladrón de amorodos".
Contidos xerais do obradoiro:
- Afinación, dinámicas e expresividade no canto tradicional.
- Nocións técnicas e ritmos en pandeireta galega, pandeiras, pandeiro cadrado de Peñaparda.
- Repertorio aplicado.
OBRADOIRO DE PERCUSIÓN: LOLA FERNÁNDEZ (LOLA DE RIBEIRA) E MIGUEL FRAGUAS
Lola Fernández, máis coñecida por Lola de Ribeira é unha das percusionistas máis recoñecidas do panorama musical tradicional do país.
estudos de percusión clásica no conservatorio de Santiago de Compostela, cos da diplomatura de Maxisterio Musical na mesma cidade.
Foi integrante do orfeón "Terra a Nosa”, onde traballou canto clásico co mestre de capela Miro Moreira. Anos máis tarde, complementará os seus estudos de canto moderno con Carmen Rey.
Formou parte de grupos tan dispares como Serra-lhe aí!!!, Sete Saias ou Os Diplomáticos de Montealto. Na actualidade forma parte do grupo Taghaitai xunto con Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Iván Costa.
Miguel Fraguas é titulado de Grado Profesional de Música Tradicional na especialidade de requinta. Formouse como instrumentista de gaita de mans de prestixiosos mestres coma Iván Costa, Edelmiro Fdez, Pepe Vaamonde e Juanjo Fernández. Posteriormente cursou estudios de saxo da man dos mestre Pablo Estellés e Sarunas Pupelis.
No campo da música tradicional ten acadado numerosos e importantes premios, tanto coma gaiteiro coma percusionista.
Na actualidade é membro da orquesta tradicional Sondeseu, do grupo Banda Baile Asalto, do grupo Lagareu, do cuarteto tradicional Polavila e da compañía de danza Bruma. Asemade é director da Banda de Gaitas Foula de Cotobade, así como da sección de percusión Os Chaneiros de Marín, mestre das pandereteiras de Quireza e director da Charanga Polavila.
Contidos xerais do obradoiro:
1. Descripción e características do instrumento: tamaño, materiais, tímbrica, bordón, afinación (relativa), etc.
2. Baquetas: elección,posición adecuada e modo de collelas.
3. Rudimentos técnicos: linguaxe musical básica para a lectura e composición de arranxos;paradiddle; acentos; ligaduras; redobres; mordentes; etc.
4. Esquemas básicos de acompañamento dos diferentes ritmos empregados na música tradicional galega: alboradas, pasodobres, polcas, rumbas, vals, mazurcas, jotas, muiñeiras.
5. Traballo de arranxos para os diferentes ritmos (exemplos e composición individual e/ou por grupos).
6. Audicións de diferentes execucións percutivas e maneiras de acompañar (acompañamento básico, debuxo da melodía, contrate e contraposición).
7. A pequena percusión: culleres, tarrañolas.
Curso de manipulación de palletas e feitura e afinación de pallóns.
25 de maio de 2013 - 16:30-20:30 h. Imparte: Xosé Liñares
Desenvolmento: Dividirase en dúas partes. A primeira, adicarase á exposición da ferramenta necesaria para un fabricado posible de pallóns, información do enderezo para a consecución da cana e feitura e afinación do pallón. A segunda parte, que abranguerá o resto da tarde (dúas ou tres horas), estará orientado á manipulación da palleta, que incluirá exercicios de posta a punto de parellas de gaitas empalletadas con palletas que ofrezan resultados opostos, isto é: unha alta e otra baixa; unha dura para alguén que toque brando, emparellado con outra branda para alguén que toque duro. Finalmente resolveranse dúbidas que xurdan e facilitarase un esquema do impartido no curso, que servirá para relembrar doadamente todo o dado no mesmo.
Obxectivos: Coas teorías e prácticas levadas a cabo co desenvolvemento do curso, preténdese acadar o obxectivo de que os asistentes aprendan a fabricar o seu propio pallón e a manipular as súas propias palletas, de xeito que poidan por o pallón e a palleta equilibrados e adaptados ao seu peculiar xeito de tocar a gaita cunha determinada presión de fol, asemade que se consigue a afinación do instrumento na tonalidade que cumpra en cada caso.
Prazo de matrícula: ata o 23 de maio
Número mínimo/máximo de alumnos: 10/18
Prezo: 30€ (socios 25€)
Organiza: Cantigas e Agarimos
Antigo CEIP Ramón Cabanillas | Rúa Castiñeiriño 21 | Santiago de Compostela | Tlf. 618 518 524 | contacto@cantigaseagarimos.es
A Asoc. Pésdebarro, con motivo do día das Letras Galegas, levará a cabo unha exhibición-participativa o vindeiro mércores 15 na Praza da Peixería (Vilagarcía de Arousa) a partir das 21:00 horas
Para participar non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amizades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nin nocións previas sobre baile nin danza tradicional.
Danzarase diferentes danzas galegas e portuguesas grupais, que serán explicadas dun xeito doado para que ninguén quede sen danzar. Con este tipo de exhibición-participativa pretendemos revitalizar as danzas tradicionais máis participativas.
A exhibición-participativa está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade e é totalmente de balde, co cal dende a Asoc. Pésdebarro animan a acudir a todo o mundo. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.
Santiago. Monografía para gaita sobre repertorio asturiano con
José Manuel Tejedor
un dos máis reputados e laureados gaiteiros do seu país, gañador do premio MacCallan no festival de Lorient en varias ocasións e cunha sólida carreira internacional como membro do grupo homónimo con quen ten compartido palco e gravacións regularmente con creadores do novo folk do arco atlántico coma Phil Cunningham, Kepa Junquera, James McKintosh, Sharon Shanon , John Joe Kelly, entre moitos outros.
O Museo do Pobo Galego organiza unha nova edición de A voltas co baile.
Nesta edición tratarase a adaptación de bailes foráneos como o Valse, a Rumba ou o Pasodobre, á tradición galega.
O vindeiro 27 de abril, “A voltas co baile: Valse,Rumba e Pasodobre“ continuará a formación iniciada o pasado ano cunha edición na que se trataron bailes centroeuropeos como o Scottish ( Chotis), a Mazurca ou a Polka. A tradición popular conta con moitos bailes. Aínda que os máis coñecidos entre a maioría do público urbano son a muiñeira ou a “jota”, o certo é que todos os bailes que, nalgún momento, estiveron de moda, pasaron ao acervo tradicional galego coas modificacións que os instrumentos musicais de Galicia, o xeito de bailar e a creatividade popular, infrinxiron sobre os mesmos.
A xornada de formación teórico-práctica do sábado 27 e que se vai desenvolver durante toda a xornada desde ás 11h00 até ás 19h30, ten como tema central a orixe, evolución e transformacións dalgúns destes bailes que, procedentes de Centroeuropa uns e de América outros, fixéronse moi populares en gran parte dos dous continentes. Aquí e acolá, en Europa e en América, son bailes de parella, de bailar agarrado que as e os participantes no curso poderán coñecer desde o punto de vista teórico como do práctico coa execución dos pasos deste baile nos diferentes lugares pero, fundamentalmente, no territorio galego. Este ano a dirección do curso corre a cargo de Manolo Cobas, músico, docente de música e baile tradicional así como recompilador e estudoso do folclore.
As prazas son limitadas e a matrícula farase por orde de inscrición no correo electrónico deac@museodopobo.com.
A matrícula é gratuíta para as persoas socias do Museo e, para o resto, ten un custe por materiais de 5 euros e 3 para persoas desempregadas e pensionistas. O curso conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.
FINALIDADE DA FORMACIÓN
Achegar ferramentas e estratexias no ámbito da danza tradicional, danza creativa, expresión dramática e rítmica para que o profesorado consiga que os cativos, desde cedo, aprendan a gozar coas matemáticas.
PÚBLICO Ó QUE VAI DIRIXIDO
Formación destinada a profesores de 1º e 2º ciclo de Primaria, público interesado na danza, nas matemáticas e na didáctica.
OBXECTIVOS
- Resolver problemas de forma imaxinativa e creativa, evitando a frustración.
- Apoiar as operacións lóxicas elementais non só na linguaxe gráfica senón tamén na linguaxe corporal.
- Desenvolver estratexias persoais e colectivas para solucionar problemas e asumir unha actitude crítica ante os resultados.
DURACIÓN: 10 horas
CANDO: Venres 10 de maio de 18 a 21 h, e sábado 11 de maio de 11 a 14 h e de 16 a 20h.
PREZO: 35 € por persoa.
NÚMERO DE PRAZAS: 25.
ONDE: Casa Común Marisa Mirás de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar). Para ver o mapa pincha aquí
INSCRICIÓN
Reserva a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.
MATERIAL A ENTREGAR Ó ALUMNADO
Manual con teoría e descrición de exercicios e danzas e vídeos coas gravacións das actividades realizadas durante a formación.
Se queres invitar aos teus amig@s a este evento pincha aquí
IMPARTE: Mercedes Prieto
Licenciouse en Santiago de Compostela en Química no ano 1995.
No ano 2005 licenciouse en Danza na Facultade de Motricidade Humana en Lisboa, onde colaborou na pos-graduación de Danza en contextos educativos e no Programa Peso.
Colaborou coa Facultade de Teatro e Cinema de Lisboa na formación dos docentes do programa extraescolar das escolas primarias.
Traballou na escola Superior de Educación de Beja como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de Infantil e Primaria na área da danza.
Foi directora e coordinadora pedagóxica na Associação PédeXumbo, asociación para a defensa e divulgación da música e danza tradicional.
Colabora co CEFORE na formación de profesores e realiza obradoiros de danza para todas as idades en diversos eventos e institucións.
Autora de dúas publicacións de danza Zampadanzas e Na punta do pé.
Coreógrafa e intérprete na peza Olladas da danza creada para o Museo do Pobo Galego.
Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.
Actualmente investiga a forma no eido da educación a través das Artes, en concreto na forma de ensinar as matemáticas bailando
FORMACIÓN
Nina-nana eì a palabra que se lle daì en Italia aos arrolos e cantigas de berce.
Desde que nacemos estamos predispostos e espertos para o coñecemento. Cando se cantan arrolos para adormecer ou calmar ó bebeì, esas melodías e sons, acompañados de movementos ritmados, que foron inventados hai moitas xeracións, son o primeiro contacto do bebeì coa música e a danza.
Nun dúo, cada bailarín ten que ser sensible ao movemento da súa parella. Ambos teñen que sentir seguridade e confianza, sendo conscientes un do outro. O mesmo acontece na relación nai/pai -bebeì. De forma natural ambos concentran a súa atención neste momento relacional, interactuando de forma maìis intuitiva e plena. A danza transforma o movemento, encheìndoo de expresión simbólica e emocional. Estamos así a promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebeì, proporcionaìndolle unha identidade dentro da sociedade que o estaì acollendo.
A forma na que en Galicia adormecemos ós bebeìs diverxe da doutras culturas. Por exemplo, no Xapón dan palmadiñas nas costas e no Vietnam abanan suavemente as hamacas de rede. Nalgunhas tradicións africanas eì común abrazar e balancear fortemente, cun ritmo raìpido, para tranquilizar os bebeìs cando choran.
FINALIDADE DA FORMACIÓN
A nosa proposta consiste en facer un pequeno percorrido polas doces melodías que tranquilizan os nenos de diferentes culturas. Oír e cantar, facendo os movementos que nos relacionan co noso bebeì e cos outros bebeìs do mundo, que transmiten un amor infinito e que teñen como mellor alimento o afecto.
PÚBLICO Ó QUE VAI DIRIXIDO
Bebeìs de 0 a 8 meses, pais, nais e embarazadas.
OBXECTIVOS
Promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebeì, proporcionaìndolle unha identidade dentro da sociedade que o estaì acollendo.
DURACIÓN: 1 hora
CANDO: Domingo 12 de maio, a escoller, de 11 a 19 h.
PREZO: 5 € por persoa.
ONDE: Casa Común Marisa Miraìs de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar). Para ver o mapa pincha aquí
INSCRICIÓN
Reserva a túa praza chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O prazo de inscrición remata o 3 de maio de 2013.
EQUIPAMENTO
É importante levar roupa confortable, que non oprima o ventre e calcetíns ou medias con antiderrapante.
Se queres invitar aos teus amig@s a este evento pincha aquí
A asociación Cultural Polavila de Pontevedra programa dende o próximo 16 de Abril ata o 19 de Xullo unhas aulas de iniciación ou perfeccionamento de diferentes instrumentos e baile tradicional.
As aulas están dirixidas a calquer persoa maior de 16 anos que se queira achegar ata a Casa Cultural de Marcón entre as 20:30 e 22:30. Os mestres son de primeiro nivel, entre os que destacan nomes como o de Samuel Souto (bouzuki), Miguel Fraguas (gaita, toque pechado) ou Franc Gorriz (Percusión Peninsular) entre outros.
Agardamos que sexan do agrado de todo o mundo
Achégate ao folc dunha maneira amena, coñecendo varios intrumentos e o baile tradicional.
Se tes máis de 16 anos e sintes algunha curiosidade polo mundo musical ou o folclore, ou queres ampliar os teus coñecementos e experiencias neste eido, podes participar nestes cursos que celebraremos na Casa da Cultura de Marcón, sempre entre 20,30 e 22,30 h.
Cada curso ten un prezo de 20€
Zanfona
Impartidas polo mestre Iván Costa, membro da Orquesta Son de Seu, Taghaitai,
Trobasons. Organoloxía do instrumento. A zanfona na Historia da Música. Repertorio
antigo. Recursos sonoros do instrumento. A zanfona contemporánea. Repertorio
moderno. Posibilidades interpretativas do instrumento. A zanfona en Europa.
Repertorio foraneo. Días 16, 26 e 30 de Abril.
Gaita toque pechado
Impartidas polo mestre Miguel Fraguas, membro da Orquestra Son de Seu, Banda
Baile Asalto, Lajhareu, Trobasons. Técnicas do toque pechado, exercizos de articulación,
repertorio do Mestre Ricardo Portela. O semipechado coma linguaxe, anación,
ornamentación e recursos a traballar. Días 19 e 26 de Abril, e 14 e 21 de Maio.
Bouzuki e cordas
Impartidas polo mestre Samuel Souto Macia integrante da Orquesta Son de Seu,
Banda Baile Asalto, Ardentía entre outros. A este obradoiro poden asistir todos os
músicos de diferentes instrumentos de corda, guitarra, bouzuki, mandolina etc.
Patrons ritmicos, introducción a harmonía folk, Punteo. 28 de Maio, 4 e 11 de Xuño.
Técnica vocal
Impartidas pola Mestra Lola Fernandez, compoñente de grupos coma, Taghaitai,
Lajhareu ou Trobasons entre outros. Técnica Vocal, exercizos harmónicos, repertorio
tradicional e Polifonías. 25 de Xuño ao 2, 9 e 16 de Xullo.
Baile tradicional. Coma un valse
Impartidas polo Mestre Miguel Mariño, integrante de Grupos como Polavila entre
outros. Primeiros pasos, postura corporal, diferentes tecnicas no baile, análise dunha
recollida, montaxe dun par de bailes. Días 28 de Xuño e 5, 12 e 19 de Xullo.
Percusión peninsular
Impartidas polo Mestre Franc Gorriz, compoñente de grupos coma Banda Baile Asalto,
Trobasons ou excompoñente de Coetus. Técnicas de Pandeiro Cadrado, arranxo
percutivo, montaxe emsamble de percusións, toca na casa, almeriz, tixola, culleres. Os
días 7 de Maio e 18 de Xuño.
AL-DUFF é um projecto do percussionista Rui Silva, no âmbito do seu trabalho de investigação sobre a tradição oral do toque, canto e construção do adufe da região de Idanha-a-Nova, religando-o aos frame drums mediterrânicos através das técnicas performativas e da exploração do seu potencial sonoro e musical no universo da Percussão Histórica e da Música Antiga.
O workshop só se realizará com um mínimo de dez inscritos.
A inscrição pressupõe o preenchimento de uma ficha de inscrição (http://goo.gl/LlH2f) bem como o pagamento de:
-7,50euros para sócios CAL (desde que que tenha as cotas regularizas),
-10,00euros para o público em geral.
A inscrição só é efectiva após o envio do comprovativo da transferência para o mail da CAL (cal4990@gmail.com).
As inscrições terminam dia 4 de Abril.
O Adufe, instrumento tradicional de percussão, pandeiro quadrado português, é o centro deste workshop. O ponto de partida é a Tradição: introduziremos as cantigas e o toque do adufe da região de Idanha-a-Nova, tocando e cantando em grupo; identificaremos as particularidades desta prática, os grupos e as personalidades mais relevantes. Abordaremos igualmente o processo construtivo artesanal: como se constrói um adufe, que materiais se utilizam e quais os termos usados para as diferentes partes que compõem o adufe; referindo alguns artesãos, destacaremos as diferenças entre si.
Daqui partimos para uma perspectiva inovadora, onde o Adufe é visto como um frame drum mediterrânico, religando-o à sua família através da adaptação e exploração de novas técnicas performativas, ritmos, músicas, culturas e contextos.
AL-DUFF (que deu origem ao termo Adufe) era a expressão utilizada, a partir das invasões árabes e durante a Idade Média, para definir frame drums: redondos, quadrados, com ou sem soalhas, maiores, mais pequenos…A abordagem proposta visa despertar o interesse das novas gerações para um instrumento ainda por conhecer, tocar, explorar e desfrutar, favorecendo e potenciando a sua performance, lançando bases para a sua renovação e divulgação séc. XXI adentro.
Neste workshop o trabalho será realizado em grupo, proporcionando interacção entre os participantes e o desenvolvimento de competências sociais. Os exercícios a realizar estimulam a coordenação e independência motoras, sentido rítmico e de pulsação, musicalidade, boa disposição, comunicação e partilha. O sistema rítmico silábico a utilizar durante o workshop não requer conhecimentos musicais prévios, sendo transversal e acessível a vários níveis etários e de formação/educação.
Conteúdos programáticos:
1. A Tradição:
1. 1. Contextualização: localização geográfica, artesãos, adufeiras, grupos representativos, principais romarias.
1. 2. Abordagem organológica: nomes das partes que compõem um adufe; como se constrói; materiais usados; protótipos AL-DUFF
2. Os frame drums mediterrânicos: história, rituais de cura e fertilidade, os instrumentos dos vários países, a prática de tocar em grupo.
2. 1. Adufando: toque e cantar tradicional
2. 2. Al-duff: exploração do instrumento fora do contexto tradicional (ritmos, técnicas e contextos mediterrânicos.)
Notas biográficas:
RUI SILVA, 1984, Coimbra. Concluiu a sua licenciatura em Percussão na ESMAE com Miquel Bernat e Manuel Campos, terminando o curso em 2009, com a classificação de 19valores. Conheceu os Frame Drums através de Glen Velez e decidiu dedicar-se ao seu estudo e à sua execução no âmbito da Música Antiga e da Música do Mundo.
Em Maio de 2010, esteve no Festival Tamburi Mundi na Turquia para estudar com David Kuckhermann, Murat Coskun, Katharina Dustmann, Erçin Kocaimamoglu, Gaffari Almaz e Mohsen Taherzadeh. Em 2011, aprendeu com Zohar Fresco no Labyrinth Musical Workshop, Houdetsi – Creta.
É percussionista do Ensemble Sete Lágrimas e do Touli Ensemble, projectos inovadores na música antiga em Portugal, e de Contracorrente (produção D´Orfeu, sobre música de intervenção do mundo).
Em 2012, concluiu, com nota máxima (10) o Master en Interpretacion de Musica Antigua – Percusion Histórica, na ESMUC (Barcelona, Espanha), tendo sido aluno de Pedro Estevan.
Actualmente, dando seguimento à sua tese de mestrado, desenvolve uma linha de investigação em torno do Adufe, pandeiro quadrado português, religando-o aos frame drums mediterrânicos através das técnicas performativas.
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O XXXI CURSO DE CULTURA TRADICIONAL 2013
28, 29 e 30 de marzo de 2013
Lugar de celebración:
AUDITORIO MUNICIPAL "GUSTAVO FREIRE"
PARQUE DA MILAGROSA S/N
AVENIDA DA CORUÑA S/N - LUGO
Os mestres cos contamos para esta edición son:
1 - TÉCNICAS DE GAITA: PABLO CARPINTERO
DOUTOR EN CIENCAS POLA U.S.C., POSÚE O DIPLOMA DE ESTUDOS AVANZADOS EN HISTORIA DA MÚSICA. TRABALLOU NO PROXECTO RONSEL E DENDE O 2010 É CONSULTOR DA UNESCO. TEN NUMEROSAS PUBLICACIÓNS SENDO A MÁIS DESTACADA “OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA”. É MEMBRO DIRECTIVO DA A.G.G., DA AsSOCIAÇAO DA GAITA DE FOLES PORTUGUESA E DIRIXE A REQUINTA DE XIÁN E O OBRADOIRO DE CULTURA TRADICIONAL ULTREIA
2 - TÉCNICAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL: ROI ADRIO
COMEZA OS SEUS ESTUDOS MUSICAIS DA MAN DO GAITEIRO MOXENAS. CONTINÚA A SÚA APRENDIZAXE DA PERCUSIÓN TRADICIONAL CON X.M. OLIVEIRA E CON CHUCO. CONTA CON ESTUDIOS DE TÉCNICAS DE PErCUSIÓN CLÁSICAS. NOS ÚLTIMOS ANOS VEN TOCANDO CON GRUPOS COMO QUEMPALLOU, FALTRIQUEIRA, BLOKIÑO DA SALGUEIRA E COLABORA EN PROXECTOS COMO COVALBLÚ, AXÓUXERES, FUXAN OS VENTOS, PELEPAU E GÜINTERVAN.
3 - TÉCNICAS DE BAILE TRADICIONAL: MIGUEL SOUTO
DIRECTOR DOS GRUPOS DE BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS DE VILAGARCÍA, MUÍÑOS DE OLIVEIRA DE PONTEAREAS E DA A.C.F. O FIADEIRO DE VIGO. TEN SIDO MESTRE DE BAILE TRADICIONAL EN NUMEROSAS AGRUPACIÓNS. É MEMBRO DO GRUPO TRADICIONAL VIOLIA E DO GRUPO DE PERCUSIÓN E BAILE TREBÓN. TEN COLABORADO COMO BAILADOR CON CARLOS NÚÑEZ, BERROGÜETO E LEILÍA ENTRE OUTROS.
4 - TÉCNICAS DE CANTO E PANDEIRETA TÉCNICAS DE CANTO E PANDEIRETA: FRANCISCO J. FEIJOO “CHISCO”
MESTRE DE CANTO POPULAR NA e-TRAD. MEMBRO DO EQUIPO DE DIRECCIÓN ARTÍSTICA DE "O FIADEIRO" DE VIGO. MESTRE DE SECCIÓN DA ORQUESTRA FOLK SONDESEU. VOCALISTA E BAILADOR, COLABORADOR DE GRUPOS COMO LIZGAIRO, XOSÉ MANUEL BUDIÑO E PEPE VAAMONDE. TEN IMPARTIDO NUMEROSOS CURSOS DE CANTO E BAILE TRADICIONAL.
INSCRICIÓNS
Os datos precisos para a inscrición son:
- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfonos
- Enderezo, código postal e localidade
- Enderezo electrónico
- Especialidade na que solicita inscribirse. Cada persoa soamente poderase inscribir nunha especialidade, os alumnos de técnicas de gaita, percusión, canto e pandeireta e zanfona deberán asistir cos correspondentes instrumentos musicais.
COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA
Prezo da matrícula: 40€, agás 30€ para socios/as da "Asociación Cultural Cántigas e Frores" ou da "Asociación de Gaiteiros Galegos".
PAGAMENTO NA CONTA: 2080 0152 69 3040026419 de NovaGalicia Banco.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE
Os gastos de estadía en Lugo correrán a cargo dos asistentes ao curso.
PROGRAMA DO CURSO
XOVES 28
09:30 a 10:00 recepción de participantes e presentación do curso
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
VENRES 29
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
SABADO 30
10:00 a 11:30 Clase práctica
12:00 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
19:00 ACTO DE CLAUSURA,
ENTREGA DE DIPLOMAS E FOLIADA
Aberto o prazo de inscrición para o curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que se impartirá en Vilagarcía de Arousa
compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas…
Apuntate e participa!!!
A Asociación Pesdebarro pon en marcha o vindeiro sábado 16 de marzo o seu primeiro curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que será impartido por Manuel Cobas
O curso, terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, para familias de 3 ou máis membros o prezo será de 10 € por persoa sexa socia ou non.
O curso desenvolverase o sábado 16 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 16:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo ao Liceo-Casino o luns ou o martes de 19:30 a 21:00 h.
Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amistades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional, e non é necesario acudir con parella para participar no curso.
Danzarase mazurca,chotis,valse,polca,pasodobre e rumba, como bailes agarrados en galicia,e a similitude que teñen con outras danzas como o scottish e as mazurcas europeas,pero centrandonos na evoluciòn dos agarrados en galicia.
O PROFESOR:
Manuel Cobas Paredes, 1974. Mestre de baile tradicional desde o ano 1994, actualmente imparte clases en distintas asociacións como Lembranzas da Ría de Cangas, Meiramar Axóuxeres de Moaña, grupo de baile de Alxén de Salvaterra de Miño, Abertal de A Rúa de Valdeorras e Antoxo de Bueu, así como en distintos centros educativos como actividades estraescolares. Impartiu cursos en Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid e Viseu (Portugal).
Compaxina a súa faceta de mestre coa de bailarín, formando parte das compañías de danza Circio e Bruma. Como músico forma parte do grupo Fiandola.
A Tradescola organiza unhas novas xornadas didácticas de música e baile tradicional para escolares en Riotorto e Pastoriza.
A Tradescola está a preparar unhas novas xornadas didácticas de música e baile tradicionais para escolares que se impartirán en Riotorto e na Pastoriza. O vindeiro día 14 de Marzo ás 12.00 horas, terá lugar un concerto didáctico de música tradicional na Casa da Cultura de Riotorto dirixido á poboación en idade escolar, que contará cos nenos e nenas do CEIP Riotorto, este concerto estará impartido polos mestres da Tradescola, Luis Correa “O Caruncho” e Pedro David LamasVarela.
Asimesmo, o día seguinte, 15 de marzo, a Tradescola achegarase ata Pastoriza para realizar tres obradoiros didácticos de cantos e bailes tradicionais. Os 2 primeiros realizaranse no CEIP O Salvador a partir das 9.30 horas, e o seguinte obradoiro didáctico no CEIP Bretoña ás 12.00 horas. Os obradoiros están dirixidos á poboación en idade escolar, e neles participarán os nenos e nenas dos centros. O encargado de impartir os obradoiros será Xabier Iglesias, mestre de baile tradicional na Tradescola.
A través das actividades realizadas nas distintas comarcas da provincia de Lugo, fíxose posible que máis de 2000 escolares de concellos como Ribadeo, Monforte, Vilalba, Sarria, Chantada, Mondoñedo, Lugo, Pastoriza, a Fonsagrada, Viveiro...entre outros, se achegaran á música tradicional e coñeceran de primeira man os sons dos nosos instrumentos a través dos concertos didácticos e obradoiros impartidos pola Tradescola.
Aulas de requinta que comezan na asociación A Xuntanza de Compostela.
Neste mes de marzo, o venres día 8, comezan as clases de Requinta. O profesor será David Canto as clases serán en horario comprendido entre e as 19 a 21h, a convir co alunado.
Prezo: 20 euros ao mes
Para anotarse, dirixirse a: info@axuntanza.org ou ao 606985280
Despois de 5 meses sen actividade, Xustáns volve a acoller un novo curso, esta vez será LAUREN RIOUX, unha prestixiosa violinista-cantante norteamericana que ven a Galicia traída pola Asociación Cultural Galicia Fiddle acompañada do guitarrista Sten Isak.
A convocatoria esta vez é doble. Por un lado o Domingo impartirá unha clase para os máis cativos, seguida dun pequeno concerto, tralo cal faremos unha merenda.
O Sábado seguinte terá lugar o Curso de fiddle, e á noite, segundo o formato habitual, cea e concerto seguido da súa correspondente festa-baile ate altas horas.
Si vos animades a asistir, podedes facer a vosa reserva no seguinte LINK. Como sempre, as prazas son moi limitadas polo que compre facela reserva canto antes. No cartace adxunto podedes mirar os outros concertos que van ter lugar en Galicia durante a vindeira semana.
A organización de todalas actividades de Lauren Rioux as desenvolve A.C. GALICIA FIDDLE, un colectivo de violinistas, fiddlers, chelistas, guitarristas, violas, mandolinistas, etc... que, sen ánimo de lucro, está a promocionar a música popular tocada con instrumentos de corda. Toda a xira está sufragada polas aportacións dos asistentes aos cursos, master class e concertos.
O voso apoio é importante porque asegurará novas actividades e axudará a que esta rede autosuficiente que estamos a crear poda ter continuidade.
Próximos concertos-cursos:
Maio 2013 BRITTANY HASS
Novembro 2013 HANNEKE CASSEL
Neste obradoiro preténdese realizar un achegamento ás distintas culturas do mundo a través da súa linguaxe máis universal, a danza, utilizándoa como medio de comunicación e expresión. Aprenderanse danzas colectivas de diferentes países facilitando a integración e fomentando o respecto e a tolerancia cara a diversidade cultural.
HORARIO: de 11:00 a 14:00, e de 16:30 a 18:30
PREZO: 12€
MESTRA: Beatriz Díaz
CONCERTO-BAILE
E pola tarde, ás 20:00, baile-concerto con “Son Bretoned”, formado polo galego Pedro Blanco, ao acordeón diatónico, e o bretón Nicolás Derval, ao clarinete. Estes dous músicos, xunto con Beatriz Díaz, farán un percorrido por distintas músicas e danzas do mundo onde o público participante poderá aprender as distintas coreografías.
ENTRADA: 3€
SON BRETONED
O grupo Son Bretoned nace do encontro de dous músicos, um bretom e outro galego, que decidem combinar as músicas dos dous paises para conseguir dar a conhecer a musica de Bretanha na Galiza e a música galega na Bretanha. Combinam o acordeom diatónico, o clarinete e a voz para conseguir bailar e cantar de um jeito divertido e desenfadado.
CURSO SOBRE MÚSICA BRETOA PARA FRAUTA
Pierrot Rougier, músico de Lorient
O vindeiro sábado 2 de marzo o músico bretón Pierrot Rougier, ofrecerá un obradoiro de música bretoa para frautas traveseira para toda persoa interesada neste repertorio e xeitos particulares de toques nesa parte do mundo. Será unha descuberta da riqueza e variedade da súa música tradicional e ornamentacións propias, dos xéneros para danza e as súas melodías. Terá lugar no Auditorio do CSC das Fontiñas en Santiago de Compostela. Para anotarse, escribir un mail a matricula@folque.com .
DETALLES:
Data: sábado 2 de marzo 2013
Lugar: Auditorio do CSC de Fontiñas (Santiago DC, Rúa Berlín) Ver mapa
Horas: 16.30 a 20.30
Prezo: 30 €
As prazas son limitadas
Pierrot Rougier
Flautista de bandas bretoas para Fest-Noz como Diskall e Pleneden, ten tocado con Luar Na Lubre en Bretaña e Galiza, co cantante Yann-Fãnch Kemener, Trio Liu, ten participado na comedia musical "Rue des Legendes" e escrito arranxos de organo pra tocar en dúo musica bretonasacar en templos de culto.
Pierrot Rougier, tamén guitarista de folk-rock e apaixonado da técnica de gravación, tivo unha curta carreira na música electrónica (bootleg) con composicións propias que teñen tocado Djs famosos da escena francesa como Dj. Zebra, auténtico fenómeno de masas.
Ten impartido aulas de flauta e desenvolveu un método de tablatura especial para alumnos que non sabian ler musica, coa axuda de ferramentas informáticas para deconstruir estructuras complexas e preparar playbacks de ensaio.
A flauta coa voz é o seu instrumento máis importante que aparece nas súas composicións, explorando a columna de aire como dinamizador e motor da música que levamos dentro.
Aulas de musica bretona a través da flauta
A proposta do mestre aos flautistas galegos/as é de descobrer a riqueza e varidade da musica bretoa no coñecemento do seu repertorio tendo en conta a ornamentación da música tradicional.
- Percorrido básico pola historia musical tradicional da Bretagne. Contexto, intrumentos, instrumentistas...- estilos e xéneros de repertorio de baile no sentir do ritmo como tocadores/bailadores. Especial atención a gavottes, en dro, plinn, ridée, ronds, e os compartidos valse, scottish, polka...
O vindeiro 23 de febreiro de 10:00 a 14:00 h celébrase un Obradoiro de palletas e pallóns no local da AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros na rúa da Mercéd, 56-baixo de A Coruña impartido polo artesás Jesús Miranda.
Para máis información ou inscribirte chama ó número 670 872 388.
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O II CURSO DE DANZA TRADICIONAL GALEGA “VAGALUME” 2013
2 e 3 de marzo do 2013 en Alcalá de Henares (Madrid). O curso terá 10 horas de duración
Sergio Cobos será o mestre que dará o curso.
INSCRICIÓNS
Os datos para a inscripción son os seguintes:
- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfono
- Enderezo electrónico
COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA
As inscricións pódense enviar a:
email:galiciahenares@hotmail.com
telf.: 670588667
Prezo da matrícula:
40€ e 30€ para socios/as da Asociación Galega Corredor do Henares e para os alumnos do centro colaborador.
PAGAMENTO NA CONTA: 2080 0614 42 3040000129 Nova Galicia Banco/ EVO
Os gastos de estadía en Alcalá correrán a cargo dos asistentes pero se chamades con tempo facilitaremosvos números de teléfono de hoteis cercanos ao lugar de desarrollo do curso.
En breve publicaremos a programación completa do curso na paxina web.
www.galiciahenares.wordpress.com
CURSO DE ZANFONA NA SOCIEDADE DE AGRICULTORES DO VISO
A Asociación Cultural Santa María do Viso ofrece na Sociedade de Agricultores da parroquia un curso de Zanfona impartido polo coñecido artesán e zanfonista Carlos do Viso.
Este curso ofrécese os xoves de 19:30h a 22:30h, contando con prazas limitadas. Dende a asociación queren promover a aprendizaxe neste secular instrumento da tradición musical galega e nada mellor que aproveitando os coñecementos de Carlos de Viso. Indicar que non é estrictamente necesario posuír zanfona para poder asistir a estas clases. Para máis información e inscrición ponse a disposición dos interesados o teléfono 686.474.848.
Paralelamente a asociación cultural segue ofrecendo cursos relacionados coa música tradicional galega como son pandeireta con Luis Prego, percusión tradicional con Josiño da Teixeira e gaita con Manuel Cruces. Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ó teléfono 656.938.058 ou a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com.
Este curso pretende pór en valor toda aquela percusión tradicional, principalmente percusión "de man", que nunca foi abordada dende un punto de vista creativo, coa fin de aportar novos recursos e actualizar as súas funcionalidades, fóra das tradicionalmente asumidas. Traballarase con arranxos para varios instrumentos sobre os ritmos tradicionais, pondo especial atención na interpretación en grupo, así como a ensamblaxe, tímbrica, polirrítmia, fraseoloxía...
O curso vai dirixido principalmente a percusionistas do folclore ou percusionistas en xeral, cun nivel técnico medio/alto. Os instrumentos que se abordarán son: pandeira, tarrañolas, lata, pandeiro, bombo...
Tedes para apuntarvos ata o 25 de xaneiro, e só son 10 prazas!
Asociación Cultural "Grupo de Baile e Música Tradicionais BRINCADEIRA"
Rúa Home Santo, 62-baixo
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.brincadeira.org
625600692
ENCONTRO CON KEPA JUNKERA E A MÚSICA TRADICIONAL VASCA
Avd. da Habana nº 25, baixo, 32003 Ourense
O programa da masterclass virará ao redor dos instrumentos e a música tradicional vasca, Trikitixa, Txalaparta, Alboka, Pandeiro, etc,
xunto con novas incorporacións como tubos de PVC, txalaparta de pedras ademais tamén falará sobre os ritmos mais famosos da música vasca e todo iso cunha posta en practica cos instrumentos en cuestión. Non se trata dunha só dunha Master class de Trikitixa, o instrumento que o consagrou.
MASTERCLASS
HORARIO:
16 de novembro: DE 17 H A 20 H.
17 de novembro: DE 10 H A 13 H.
PREZOS:
SOCIOS ATENEO: 18€
NON SOCIOS: 35€
CONCERTO 16 de novembro ás 21,30
PREZOS:
SOCIOS ATENEO: 10€
NON SOCIOS: 18€
+ info e reservas na Secretaria do Ateneo (Avda. Habana, 25-baixo),
e-mail: ateneo.deourense@gmail.com
e no teléfono: 988372075
Desde Brincadeira estamos a organizar un obradoiro de danzas e músicas do ciclo Nadal para todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer de xeito práctico o rico folclore galego vencellado a esas datas, contando como mestres con algúns dos seus mellores coñecedores: Luís Prego, Felisa Segade e Xoán Porto, nas especialidades de baile, canto e acompañamento instrumental. Deste xeito, quen queira despois poderá recuperar estas tradicións na súa casa, na súa aldea ou na súa cidade, se lle presta...
Neste enlace tedes toda a información de datas, horarios, prezos etc.:
Comezamos o 18 de novembro! Moitas grazas de antemán por axudarnos a difundir esta actividade entre todas as persoas e colectivos ás que lles poida interesar.
Obradoiro de construción de palletas con Antón Corral na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 9, 10 e 11 de novembro
A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de construción de palletas para os días 9, 10 e 11 de novembro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.
Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizalo contaremos coa presenza de Antón Corral, o recoñecido mestre de mestres que creou unha importante escola de gaiteiros e artesáns principalmente na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Tui para dar o curso.
Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.
Últimas prazas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es o www.apintegamarela.org
Saúdos,
Juan Luna