Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste". Este ano non se poderá celebrar a actividade central do "Encontro", a VII edición do "Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA", agardando que o vindeiro ano se lle poida seguir dando continuidade, as actividades que se levarán a cabo este ano son as seguintes:
Sábado 5 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)
11:30 h RELATORIO
Las edades de la gaita. Dr. Javier Campos Calvo-Sotelo
12:30 h PRESENTACIÓN
Presentación CD VI Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA.
Actuación de Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral e Miguel Souto), conxunto gañador da VI edición
13:30 h EXPOSICIÓN DE PINTURA
Inauguración da exposición Manuel Villanueva, o Gaiteiro de Poio, do pintor e gaiteiro Álvaro Novegil "Alvarellos" coa intervención de Manuel Orío Ávila, escritor, crítico, periodista e músico.
ESCOLA DO CAMPO (Combarro - Poio)
17 h -20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa
DOMINGO 6 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)
11 h -14 h e de 17 h - 20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa
Poñémonos en contacto con vos para convocar o XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.
Este ano terá lugar o domingo 6 de Xuño, adiantamos a data e a diferencia doutros anos, este ano celebrarémolo pola tarde. Será no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
No caso de dúbidas, as resolveremos por e-mail info@xacarandaina.com ou por vía telefónica 981 277 315.
BASES DO XXXI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
6 de xuño 2010
1. Neste concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais, etc.
2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).
3. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o
límite da categoría en máis de dous anos.
A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anos inclusive.
D: de 17 anos en adiante.
5. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandeireteiras... que deberá
estar presente no escenario, vestindo o traxe tradicional.
6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda ese tempo quedará descualificado.
7. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E., pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente. De darse o caso que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.
8. En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 ?
2º premio: trofeo e 200 ?
3º premio: trofeo.
9. O xurado estará composto por persoas alleas a A. C. Xacarandaina. O xurado terá a liberdade de
esixir o D.N.I. ou libro de familia, así como establecer premios desertos se así o considera
oportuno.
10. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza.
- Dificultade técnica.
- Calidade na execución.
11. O concurso terá lugar o domingo 6 de xuño POLA TARDE, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ,sito na rúa Rego de Auga. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.
12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.
13. O prazo de inscrición remata o día 22 de maio, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL:
A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.
NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A. C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315
info@xacarandaina.com
A Sala The Star [Carral] presenta o concurso de música en directo QUEROSTAR, un certame que permitirá a oito grupos, elixidos nunha votación popular no ciberespacio, tocar na Sala The Star, cada xoves de xullo e agosto.
As tres mellores bandas, segundo a opinión dos asistentes ao concerto e dun xurado independente, actuarán nun festival en setembro do que sairá o gran gañador!!
Premios:
Os premios son:
1º: 1.000?
2º: 500?
3º: 300?
Todos os grupos que queiran participar en QUEROSTAR poden apuntarse na páxina web www.querostar.com
Categoria A
1º Quintán'' da A.N.P.A do CEIP-Mondego
2º Escola municipal de Folclore-Betanzos
3º Adro'' da A.C Adro-Baio
Categoria C:
1º Morazón da A.M.D.T. Queiroa-Mondego
2º Chiculateiras'' da A.X.''Xiradela''-Arteixo
3º Mar Adentro'' da A.C As Neves -Buzantes
Categoría D:
1º A.F.C. "As lagharteiras"
2º "Lilaina" da A.C. O Castro - Miño
3º "Taravela" da A.X. Xiradela - Arteixo
Benqueridos amigos,
A Asociación Cultural Xacarandaina ven de convocar o XXI Concurso de Música Tradicional. Este ano terá lugar o día 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en sesión de mañá e tarde.
Como todos os anos existirán dúas modalidades: pandereteiras e cuartetos de gaita.
BASES DO CONCURSO
XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
23 de maio 2010
1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc.
2. Constará de dúas modalidades:
-Pandereteiras/os
-Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.
3. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: de 18 anos en adiante.
4. A modalidade de cuartetos distribúese en tres categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
- Categoría C: de 18 anos en adiante.
A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.
4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
5. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
6. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza.
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.
O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
8. Os premios serán os seguintes tanto na modalidade de pandereteiras/os como na de cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 ?
2º premio: trofeo e 150 ?
3º premio: trofeo
9. O concurso terá lugar o domingo 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sito na rúa Rego de Auga, 37. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e a tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.
10. O prazo de inscrición remata o día 8 de maio debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL: A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.
11. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Podedes solicitar as bases e folla de inscrición mediante correo ordinario ou electrónico (info@xacarandaina.com); o prazo remata o 8 de maio.
Esperamos contar con vós, e pregámosvos lle deades a maior difusión posible do mesmo.
1. Poderán participar no concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia que teñan a letra en galego.
As cancións serán de tema libre pero valorarase que vaian orientadas a ser un ghit estival.
2. As pezas deberán cumprir un mínimo de calidade musical e acústica. No que lle toca á calidade contamos coa vosa creatividade. Para a cousa técnica, pedímosvos que as gravacións se presenten ao concurso ou ben nun CD audio ou ben nun arquivo de son en formato MP3 cun bitrate mínimo de 256 kbps. Opcional e recomendábel é o envío dun vídeo coa gravación do tema, xa que en principio temos en proxecto a posibilidade de facermos algo especial nese formato que, de callar, vos anunciaremos no seu momento.
3. Os participantes tamén deberedes enviar un pequeno texto describindo o tema, a letra e especificando os intérpretes que participan na canción. E unha última cousiña: unha imaxe, do propio grupo ou solista, que caviledes representativa.
4. A peza debe enviarse á sede de Vieiros, e recordámosvos que temos novo enderezo postal: Rúa de San Pedro, 94 - 15703 Santiago de Compostela. Tamén poderán enviarse por correo electrónico a apologhit@vieiros.com. O prazo para recibir cancións está aberto desde xa mesmo e a data límite para facernos chegar as pezas será o 25 de xuño.
5. As cancións participantes iranse publicando na web do concurso por orde de chegada e terán ampla difusión na portada de Vieiros. Os participantes ceden as súas obras baixo licenza Creative Commons que permite a libre descarga, copia e distribución na rede e as obras derivadas, reservándose o dereito comercial.
6. Na anterior edición, os nosos informáticos vixiaron ao máximo o control da votación dos internautas para que non houbese irregularidades. Mais hai que recoñecelo, non hai sistema infalíbel. Por ese motivo, e respondendo ás vosas queixas e suxestións, mudamos o sistema de elección dos finalistas.
7. A votación dos internautas servirá para escoller o que chamaremos "ghit da semana". Cada semana poñeranse os contadores de votos a cero e ao cabo de sete días, destacaremos o ghit máis votado. Isto será independente da elección do gañador final, que nesta ocasión será escollido en exclusiva polo xurado.
8. O xurado estará formado por un conxunto de persoeiros de recoñecido prestixio no eido musical galego. Logo de que o 25 de xuño remate o prazo de recepción de temas tócalle xa que logo ao xurado iniciar as deliberacións. Escollerán cinco finalistas e destes, un gañador final: o ghit do verán 2010. O 9 de xullo Vieiros anunciara a decisión do xurado.
9. O premio fundamental de 'A Polo Ghit' cremos que é común e compartido por todos os grupos: A participación nunha iniciativa que serve para promocionar a actividade e a creatividade das bandas e solistas do país. Alentar a promoción dos músicos galegos o máximo posíbel é o que nos move. Así e todo, non descartamos que poida haber a maiores outro tipo de premio, nomeadamente algunha forma de concerto colectivo. De daren froito as xestións iniciadas ao respecto, será anunciado no seu momento.
10. A web oficial do 'A Polo Ghit 2010' estará operativa desde o 1 de maio. As situacións non previstas nestas bases serán resoltas coa máxima axilidade posíbel pola organización de A Polo Ghit. Os concursantes, coa súa participación, comprométense a aceptar estas bases.
Vieiros promove en solitario "A Polo Ghit 2010" e pedirá o amparo ao Consello de Administración da CRTVG.
Ao fío da actualidade relacionada con 'A Polo Ghit', desde Vieiros cremos necesario facer as seguintes aclaracións:
1. No ano 2006 Vieiros deseña o proxecto 'A Polo Ghit'. A idea é clara: impulsar, difundir e amplificar a voz creativa das bandas musicais do país por medio dun certame do que saíse a "canción galega do verán".
2. Coa iniciativa na man, Vieiros proponlle á Radio Galega colaborar no proxecto. Houbo receptividade desde o comezo. Eran tempos nos que a propia emisora pública abría espazos exclusivos na súa grella para a promoción da música galega.
3. A efectos prácticos, esa colaboración implicou que Vieiros asumise todo o custo da infraestrutura web do proxecto. Malia que se chegou ao acordo de explotación comercial compartida do concurso, quedando responsabilizada a CRTVG destes traballos, Vieiros en ningún momento recibiu nunca nada pola infraestrutura e o traballo fornecido polo noso xornal para a iniciativa 'A Polo Ghit'.
4. Desde o comezo estabelécese que alén de nas páxinas de Vieiros as cancións participantes serán difundidas a través de programas da Radio Galega e da TVG, fixándose tamén como condición que as obras queden baixo licenza Creative Commons, de feito que máis aló do propio Vieiros e da CRTVG as pezas poidan descargarse, copiarse e distribuírse libremente na rede acadando así o máximo de difusión posíbel a través de calquera espazo e medio de comunicación.
5. No verán de 2009, e estando en curso a edición de A Polo Ghit dese ano, prodúcense cambios na dirección da CRTVG. Nos primeiros contactos ao respecto, exprésaselle a Vieiros a vontade de seguir apostando polo concurso, toda vez que demostrara ser un éxito de participación e público.
6. No mes de outubro, Vieiros recibe notificación da Oficina de Patentes e Marcas de que alguén está tratando de rexistrar a marca 'A Polo Ghit'. Consultado o asunto, o intento de rexistro resulta ser froito da dirección da CRTVG, pero "A Polo Ghit" é unha marca previamente rexistrada por Vieiros. Non llo conceden, e preguntados ao respecto, desde a Radio Galega, atribúen a un erro burocrático o acontecido argüíndo que ignoraban que se tratase dunha iniciativa orixinaria de Vieiros e non da Radio Galega e asegurando que, de levarse a cabo, o concurso se celebraría co formato habitual en colaboración con Vieiros.
7. En meses posteriores e sen mediar novas comunicacións, a CRTVG intenta rexistrar outras marcas: " O Ghit do verán", "O Ghit é noso", etc. Vieiros decide deixar de oporse a estes rexistros, xa que cada recurso leva custos asociados.
8. Chegado o momento do lanzamento de 'A Polo Ghit 2010', a Radio Galega expresa a súa negativa a seguir apoiando o certame musical e achaca a un esquecemento non ter respostado antes a Vieiros.
9. Logo de recibir a negativa en firme da propia dirección da emisora pública, Vieiros decide que 'A Polo Ghit' non pode morrer e moito menos no ano que cumpre o seu quinto aniversario. Por moitos motivos, os fundamentais xa expresados na información publicada este luns: é necesario que os medios do país manteñan fiestras abertas á creatividade musical que abrolla forte en Galiza.
10. Paradoxalmente, horas despois do anuncio de Vieiros de que 'A Polo Ghit' non morrerá, a CRTVG enviaba aos medios un comunicado onde anunciaba a posta en marcha dun concurso para "a busca da canción do verán" baixo o título 'Vasacarnota'.
11. Vieiros asume que en calquera momento unha relación entre dúas empresas para levar adiante una iniciativa, pode romperse ou anularse, mais tamén, que o que non pode facer unha delas, máis aínda sendo un medio de titularidade pública, é apropiarse dunha idea que non lle pertence e sobre a que non ten dereitos, aínda que pola imposibilidade de rexistrar o formato, sexan apenas morais. Por ese motivo Vieiros solicitará amparo ao Consello de Administración da CRTVG.
12. Seguiremos adiante e en solitario con 'A polo Ghit', porque é de todos e todas, dos grupos, da xente que votou, dos que descargaron e comentaron, e tamén de Vieiros, que para iso o promoveu. A rede é unha canle idónea para a promoción e a divulgación do talento dos músicos galegos. Desde aquí poñeremos a nosa faragulla para a libre difusión e distribución da nosa música. En internet flúe libre o poder, a imaxinación e a inventiva dos artistas. Que sexa por moitos anos. A Polo Ghit!
A Asociación Cultural Vista Alegre, nun encontro mantido na noite do martes, decidiu aprazar ata despois do verán a quinta edición do certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo que estaba previsto este domingo, 23 de maio.
Segundo indican desde a organización, decidiron suspender a cita do domingo e trasladala a novas fectas «debido a que non se reuniu un mínimo de participantes».
Actualmente as datas que se barallan para a súa celebración sitúanse entre finais de setembro ou principios de outubro deste ano. O certame reparía un total de 2.700 euros en premios.
Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo de inscrición para as II Xornadas de Baile Tradicional que se celebrarán o sábado 22 de Maio no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n).
Estas xornadas naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.
As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.
PROGRAMA
MAÑÁ
10:00 h ? Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.
10:15 h - PRESENTACIÓN DE PUBLICACIÓNS: ? Así fan os Bailadores? Xabier Iglesias - ?Bailaben? Edith Cotilla e Gustavo Couto.
11:15 h - 1º OBRADOIRO: Xabier Iglesias, ? Xogos tradicionais bailados?.
12:30 h - 2º OBRADOIRO: Luis Prego. ?Muiñeiras?
TARDE
16:00 h - MESA REDONDA: ?Situación actual e futuro do baile tradicional en Galicia? .Serxio Cobos, Luis Prego, Gustavo Couto. Moderador: Pablo Díaz.
17:15 h - 3º OBRADOIRO: Serxio Cobos. ?Xotas?
18:30 h - DESCANSO
19:00 h - 4º OBRADOIRO: Pablo Díaz: ?Os bailes agarrados?.
20:15 h - CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados para tocar e bailar.
Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 20 de maio a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de secretaria@gaiteirosgalegos.com
A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 ? para os non asociados.
Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional 22 de maio 2010 e o nome completo da persoa.
As bases poderan ser solicitadas na asociación cultural Vista Alegre de Bandeira
R/ vista alegre nº16
36570. Bandeira - Pontevedra
Tlf: 986 585550
Asocvistalegre@terra.es
Todolos participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participacion.
Organiza: asociacion cultural Vista Alegre
Colaboran: concello de Silleda e Caixanova
BASES IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2010
- Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 8 e que cumpran os seguintes requisitos:
- Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación).
- Cada asociación só poderá participar cun grupo.
- Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.
- Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
- Irán ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).
O concurso celebrarase o DOMINGO 23 DE MAIO ÁS 19:30 H. NO AUDITORIO.
PREMIOS:
Primeiro 900 ? e trofeo
Segundo 450 ? e diploma
Terceiro 300 diploma
Premio do Público
- A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)
- Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.
- O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.
- O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.
- Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.
- Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.
- A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.
- A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.
FOLLA DE INSCRIPCIÓN
Mandar por mail: grupomalveiras@gmail.com OU malveiras@malveiras.com
(se non se recibe un e-mail ou chamada de teléfono da organización é que non se recibirón bases) INSCRICIÓN: ANTES DO 25 DE ABRIL
PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO: 607 606 312 JOSÉ EIRAS
NOME DO GRUPO ________________________________________________________________________
ENDEREZO DO GRUPO E CORREO ELECTRÓNICO: ________________________________________________________________________
NOME E TELÉFONO DA PERSOA DE CONTACTO: ________________________________________________________________________
PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE: ________________________________________________________________________
Benqueridos compañeiros,
A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba ven de convocar a décima edición do concurso de baile tradicional Azaloira que terá lugar no auditorio Manuel do Pazo o día 25 de abril.
Agardando contar con vós, pregamos que vos inscribades canto antes para poderlle dar a maior difusión posible ó concurso.
BASES DO X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA
1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.
2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.
3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.
4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.
5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.
6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.
7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.
8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.
PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.
PREMIOS
BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo
Premio ó millor vestiario: 100 euros.
Premio ó millor acompañamento: 100 euros.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o ?II Concurso de cantos de taberna? que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h
Estes son os grupos que participarán no Concurso de cantos de taberna
1. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. GRUPO VISANTOÑA (Santiso)
4. FIADEIRA (Antas de Ulla)
5. MAGHÚA (A Coruña)
6. BINGO BIRÓN (Toques)
7. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
8. REVIRAVOLTA (O Pino)
9. ALÉN DO MAR (Bergondo)
10. A GHAITA DO AVÓ (Marín)
11. A REQUINTA DA LAXEIRA (Vedra)
12. AIRIÑOS GALEGOS (Santurce)
Farán un percorrido por 14 locais. Os tres grupos que obteñan maior puntuación serán os gañadores do concurso.
XI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.
3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 18 de Abrilde 2010 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
Este ano por motivos económicos non se poderá realizar o concurso de cuartetos de gaita nin de gaiteiros solistas.A.X. Xiradela pide desculpas a todos aqueles que quixesen participar.
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o ?II Concurso de cantos de taberna? que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h
BASES
1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición
2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes
3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide@gmail.com, ou ben chamando o tlf: 699 173 568
4. O repertorio será preferiblemente tradicional
5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente e irá acompañado por un membro da organización
6. En cada taberna cantarase un só tema, podendo utilizar o mesmo tema en todas as tabernas
7. Da puntuación encargarase o taberneir@ correspondente
8. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso
9. Establécense tres premios:
1º premio: cea nun reastaurante da vila
2º premio: cesta de productos típicos
3º premio: cesta de productos típicos
10. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día do concurso coa actuación dos grupos gañadores
Comeza o concurso!
Xa podes subir as túas cancións, e participar no concurso
Podes subir entre 2 e 5 cancións. O premio: un obradoiro de 6 dias (aloxamento incluído) con Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Carmen Rey e Xabier Díaz
?Do 22 marzo ao 11 de abril: rexístrate e sube de 2 a 5 cancións.
?Do 12 de abril ao 2 de maio: o público vota as cancións.
?Do 10 ao 15 de maio: os 10 grupos/artistas gañadores reciben un obradoiro de 6 días (incluído aloxamento) e a continuación gravan un disco colectivo
O 10 de Abril, remata o prazo para a entrega de temas no concurso do Correlingua deste ano, o Cantalingua2010, e a cousa está que arde e nom param de chegar temas novos ao correio.
Ate agora temos um total de 27 temas que podes escoitar e descarregar livremente desde a web do Cantalingua, cantalingua.komunikando.net.
-Os temas ate o de agora som:
-Galegos ata na sopa de Emilio Román
-E todo desapareceu de Snatch
-Contra-Conxuro das Murmel
-Machinazón de Machina
-Por verte sorrir de Hugo Torreiro
-Deitado frente ao mar por García Mc
-Do Norte ao Sur de Alfeizar
-Adrián de Pulpiño Viascón
-Irmandinho Som de Som do Galpom
-Botalle terra de Os John Deeres
-Sen medo de Labazada
-Because e abrasºs dos Mºlºndrºs
-Nía de Folkgazais
-Andrew's som de Sacha na Horta
-Muiñeira de La Pelvis
-Vive en Galiza do Grupo Relúa
-Coma o vento de Taru & Zamaramandi Reggae Band
-Sáeme do lombo de Os Mordecáns
-O galo do corral dos Esquíos
-A Infancia de Kastomä
-Titutituti dos Festicultores Troupe
-Terra de ninguén de Meiga do Norte
-Irrompible do Verme Homicida
-Ten orgullo de Aphonnic
-A forza da palabra dos Zënzar
-Burato do monte de Intercoles
-O Cativo de Pito de Pikasso
A Asociación Cultural Abelladeira organiza as ?2as Xornadas de Música Tradicional? que terán lugar os días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril de 2010 en Ponferrada (O Bierzo).
Hai 7 obradoiros:
-Canto e pandeireta: Montse Rivera
-Gaita galega: Dani Bellón
-Baile tradicional galego: Calixto Albán Laxe (Tito)
-Percusión tradicional: Lola Fernández e Miguel Fraguas
-Rabel: Xuacu Amieva
-Afinación e empalletado: Amado Cubero
-Chifla e tamboril: Diego Segura Taboada
Ademáis dos obradoiros das Xornadas, celebraráse catro días de concertos, actuando
Brandal, a Banda de Gaitas da Escola Municipal de As Pontes, Galundum Galundaina, o Grupo de Danzas e Gaitas "El Castro" de Columbrianos, Os Roncos do Diabo, a Banda de Gaitas Abelladeira, o Cuarteto de Profesores Dani Bellón, Lola Fernández, Miguel Fraguas e Edelmiro Fernández e Os Carunchos.
Por otra banda, celebraráse unha exposición de artesanos e luthiers de instrumentos tradicionais participando X. Miguel Mosquera, Xosé Vazquez "Che", Diego Segura Taboaba, Cristóbal Prieto Otero, Miguel Blanco Álvarez, Fernando Sancho e Angel Pueyo , José Luís Reñón, Pablo Meiriño, Alex Meiriño, Xaime Rivas Dacosta, Victor Felix, Mario Estanislau e Paulo Prieto.
Ademáis as Xornadas presentará a exposición de instrumentos medievais e tradicioais do Obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense.
O Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón chega a súa VI edición consolidándose coma o máis completo festival adicado a este instrumento. O Encontro terá lugar entre o 18 e o 21 marzo. Actividades didácticas, concerto, escenario aberto, convivencia,... cunha convidada de excepción, a francesa Isabelle Pignol. Estarán compartindo palco con ela Mini e Mero e o Projecto ['trepia].
A inscrición ao curso está aberta e o número de prazas é limitado.
Podes ver un vídeo do que son estes Encontros aquí
PROGRAMA DO VI ENCONTRO
sábado, 6 de marzo,
18 h
Showcase: Aula de Zanfona Narón
xoves, 18 de marzo,
11 h
Sesión didáctica para escolares
venres, 19 de marzo, 20:30 h
Concerto: "Zanfona e voz"
Mini e Mero, Projecto ['trepia], Duo Corps Vibrants
sábado, 20 de marzo
Curso intensivo con Isabelle Pignol
Palco Aberto, 22 h
domingo, 21 de marzo
Curso intensivo con Isabelle Pignol
Ligazóns + info do Encontro
ENTRADA DE BALDE. HAI QUE RECOLLER AS ENTRADAS NA TAQUILLA DO TEATRO.
Concurso de Composición do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009.
A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.
O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.
E os accésits desta pasada edición:
* JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
* PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Vilalba.
Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.
O vindeiro día 8 de Marzo ás 11.00 h. terá lugar un concerto didáctico de música tradicional no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba, dirixido á poboación en idade escolar, que contará con máis de cincocentos nenos e nenas e no que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.
Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Xerardo Quintela e Pedro David Lamas Varela.
Posteriormente, o domingo 14 de Marzo, o Conservatorio Municipal de Vilalba acollerá durante todo a día un curso de acordeón, con obradoiros de perfeccionamento e que estará guiado polo profesor da Tradescola, Xerardo Quintela.
Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
O disco Benzón , de Guadi Galego, resultou gañador na novena edicións dos Premios Opinión.
Na segunda posición houbo un empate entre os álbumes de Caramuxo e Nova galega de Danza.(a primeira vez que temos discos empatados na historia dos nosos premios)
En outubro, aínda non temos data, realizaremos no teatro Rosaalía de Castro a gala de entrega de galardóns.
CONCURSO COMPOSICIÓN
do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009.
A celebrar o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre de Ferrol
A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio
Superior da Coruña.
O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.
E os accésits desta pasada edición:
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de
Corda e Piano.
PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
* Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega
1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2. O prazo de inscripción ábrese o 15 de Xaneiro de 2010 e finalizará o 15 de Marzal de 2010.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:
Concurso de maquetas MILLO VERDE
Eduardo Blanco Amor, 11 3ºE
36800, Redondela
Non se devolverá o material recibido.
5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar o 10 de Abril de 2010. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.
6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de Xuño, percibindo 300 ? como contrapartida pola súa participación.
A Asociación de Gaiteiros Galegos en Colaboración co cuarteto de música tradicional Picuíña e o Concello de Marín organiza a VI Mostra de Cuartetos Tradicionais. Esta edición, estará adicada aos Cuartetos de Marín do século XX e ao compositor marinense Landín Pazos.
VENRES 15 DE XANEIRO - 21:00h. MUSEO MANUEL TORRES DE MARÍN
-CONCERTO DE " Voces e Gaitas Fusquenllas "
SÁBADO 30 DE XANEIRO. MUSEO MANUEL TORRES DE MARÍN
-CHARLA: ? OS COROS GALEGOS ? - 17:00h
-CONFERENCIA : ?Francisco Landín e Os de Marín? - 18:30h
-ACTUACIÓN MUSICAL: Os grupos de Marín tocan pezas de Landín - 20:00h
EXPOSICIÓN ( do 15 o 30 de Xaneiro )
A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión. A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns, e os domingos só abre pola mañá. Durante a exposición organizaranse visitas didácticas dos centros escolares que estean interesados e nas que se lles entregará material didáctico.
X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas de Vigo
Primeiro premio -- Colexiata do Sar.
Segundo premio -- Seitura de Tahume
Terceiro premio -- Xirandola
Cuarto premio -- Froles Novas
Quinto premio-- A Ponte Vella
Sexto premio -- Malveiras
Setimo premio -- Rosalia de Castro.
Premio mellor grupo de acompañamento --- Xirandola
Premio mellor vestiario ? Colexiata do Sar
Premio coreografia arranxada ? Froles Novas.
O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, e a Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convocan a décima edición do Certame de Música Folk Radio Obradoiro en Santiago de Compostela, segundo as seguintes BASES:
I.Poderán participar todos os grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada.
II.Non poderán tomar parte neste certame aqueles grupos/solistas que, a data 1 de novembro de 2009, teñan asinado un contrato discográfico, nin os gañadores das tres edicións anteriores.
Admitirase que ata un 25% dos compoñeentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.
III.Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:
RADIO OBRADOIRO
EN CLAVE DE FOLK
Rúa Preguntoiro, 29
15.704 ? Santiago de Compostela
No envío debe haber dous sobres.
a)No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.
b)No segundo, o boletín de inscrición, a fotocopia do DNI de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono e un correo electrónico de contacto e o título das cancións, así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.
c)Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación na gala final do certame, no suposto de resultar seleccionado.
IV.Serán seleccionadas catro maquetas (número que pode variar en función da calidade da interpre-tación), que pasarán á final. A escolla correrá a cargo da organización, sen coñecer a identidade dos grupos/solistas. Non se terá en conta a calidade da maqueta.
V.O prazo de recepción de maquetas remata o 31 de decembro de 2009.
VI.A gala final do certame celebrarase o venres 22 de xaneiro de 2010 no Teatro Principal de Santiago. A Organización do certame comunicará aos finalistas a data e a hora nas que deben realiza-las probas e a actuación. A orde establecerase por sorteo días antes da celebración do concurso. Se o grupo/solista convocado non puidera estar presente, fará o propio no seu lugar un suplente dos tres que se seleccionarán na fase previa.
VII.Os finalistas deberán facilitar á Organización o raider e datos sobre instrumentos ou calquera outro accesorio que necesiten para a realización da súa actuación. A Organización comprométese a instalar o escenario así como un equipo de son e iluminación.
VIII.Na final os grupos/artistas seleccionados deberán interpretar tres temas, alomenos dous orixinais e inéditos (non teñen porque ser os da maqueta).
IX.A Organización quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente que, tamén en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer os participantes.
X.A Organización poderá desenvolver as accións que considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados. A presentación a esta convocatoria implicará, no caso de traballos premiados, a colaboración nas accións de difusión que se organicen, así como a cesión a favor da Organización dos dereitos de edición.
O feito de participar nesta convocatoria supón a autorización dos participantes a favor do Grupo Correo Gallego e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para a exhibición, reproducción ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se estime oportuno, sen máis limitacións que as dereivadas do Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobra a materia.
XI.A composición do xurado será feita pública cando a Organización o considere axeitado. Serán cinco persoas relacionadas co mundo da música.
XII.O premio consistirá nunha aportación en metálico de 1.500 euros para o primeiro clasificado. A organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O nome do grupo gañador farase público o mesmo día da celebración da final. A Organización poderá publicitalo en dife-rentes medios de comunicación. O premio poderá ser declarado deserto.
XIII.O fallo do xurado será inapelable. A participación neste concurso implica o acatamento das bases, que están suxeitas a xustificadas modificacións. As maquetas poderán ser utilizadas por Radio Obradoiro para a súa difusión.
XIV.As obras dos participantes non premiados ou, de ser o caso, calquera outro material presentado no seu lugar, deberán ser retiradas por eles ou pola persoa autorizada, nos estudios de Radio Obradoiro (r/ Preguntoiro, 29, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da celebración da gala final. Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Organización, que poderá darlles o destino que estime oportuno.
XV.Protección de datos de carácter persoal. De acordo co artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos recollidos ao abeiro desta disposición que se consideran exactos e postos ao día, ademais de pertinentes e axeitados, serán incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable Telecable Compostela cuxa finalidade é ?a convocatoria, xestión e difusión do contido e resultado do programa así como das obras e artistas premiados?. Os datos recollidos non serán cedidos a terceiros, agás a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, e en caso de que algunha lei o previse. O interesado pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o responsable do tratamento Telecable Compostela no enderezo: Rúa Preguntoiro, 29 ? 15704 Santiago de Compostela.
BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN:
Datos do grupo ou solista:
Nome:
DNI/CIF:
Enderezo:
email:
Teléfono:
E na súa representación:
Nome:
DNI/CIF:
Enderezo:
email:
Teléfono:
Lema co que concursa:
Títulos dos temas cos que concursa:
Documentación complementaria:
Declaración xurada de que o grupo non ten asinado a 1 de novembro de 2009 un contrato discográfico en vigor.
Fotografía do grupo e currículo.
Sala de Conferencias - Centro Sociocultural Caixa Galicia.
LUGO. 12 diciembre 2009 ás 12:00 h.
Entrando xa no mes do Nadal recibimos en Lugo un dos debates abertos que a Fundación Caixa Galicia propón no seu ciclo ?20 anos de cultura?. L
evamos agora a música a debate para dilucidar o seu estado actual e a súa posición de cara ao futuro. O 12 de decembro, con Xurxo Souto como moderador, interveñen na Sede Fundación Caixa Galicia de Lugo Mercedes Peón, Fernando Luaces, Suso Atanes e Alberto Comesaña.
Ti tamén formas parte da cultura, achégate celebrar con nós 20 anos de historia.