Xa podes votar por unha das 7 cancións que xa están no concurso:
- Laberinto por Electróxeno
- O Mundo ao revés por Zenzar
- Andurinha por CabRaret
- Noite Meiga por Esquíos
- Do sur ao norte por Volvox
- Palestino por Labazada
- Miño Man por Kapitán Planeta
Recordade que ata o 10 de abril podedes apuntarvos e participar no Cantalingua 2011
O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o concurso "Airiños de Rock & Roll".
Gustaríache tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O?FUNK?ILLO ?
Dous dos grupos participantes terán esta oportunidade. Ademáis tódolos membros dos grupos participantes terán a oportunidade de acudir ó encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo músico PEPE BAO
Poderán participar todos los grupos musicais formados por mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2011. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre 14 e 16 anos.
O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.
Podes ver as bases do concurso aqui
Podes descargarte o boletín de inscripción aqui
Podes ver o cartel do programa aqui
Coa finalidade de promover a cultura musical e o traballo creativo da mocidade do noso país, a Radio Galega convoca a primeira edición do Certame ?Novo Son?, un concurso que pretende descubrir e difundir o talento musical dos grupos e solistas galegos.
Novo Son está aberto á participación de todos os músicos galegos maiores de 16 anos que conten cun repertorio propio dun mínimo de 30 minutos.
Consultade as bases e enviade axiña as vosas creacións: cancións orixinais e en galego, nunca antes difundidas a través doutro concurso nin editadas comercialmente. Non esquezades indicar en que categoría queredes competir porque o certame establece tres apartados musicais: pop-rock, músicas do mundo (tradicional e universal) e músicas urbanas (reggae, hip hop, funky, rap?).
A finais de marzo remata o prazo de recepción de cancións e comezan as votacións. A audiencia da Radio Galega será a encargada de elixir os finalistas e mailo Premio do público, namentres un xurado profesional decide quen son os gañadores deste I Certame de Músicas Emerxentes, un en cada categoría.
Todos os grupos ou solistas distinguidos terán a oportunidade de gravar unha maqueta nos estudios da Radio Galega, gozarán dun amplo seguimento e difusión nos programas desta casa e participarán nunha iniciativa creada para a promoción da actividade e a creatividade musical da mocidade galega.
Desta volta a Radio Galega non busca ningunha canción do verán, primeiro porque non estamos no tempo, e tamén porque este novo certame nace para potenciar o enxeño, a capacidade creativa e a orixinalidade dos músicos galegos que buscan, dende aquí, tentar os espazos sonoros do mundo enteiro sen caer na tentación da frivolidade.
A Deputación Provincial da Coruña convoca o IV concurso de rock.
Data: prazo até 15-02-2011.
IV Concurso de rock ?Deputación da Coruña?
Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o IV Concurso de rock ?Deputación da Coruña?.
Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2011.
Para a audición dos Cd recibidos, o presidente da Deputación nomeará unha comisión composta por tres expertos en rock que seleccionarán aos grupos que accederán á fase de actuación en directo.
Á fase de concerto accederán cinco grupos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos.
A organización do concurso facilitaralles aos grupos que accedan á fase de concerto en directo, equipo de son, escenario e equipo de iluminación; tamén fixará os horarios das probas de son e da actuación de cada un dos grupos.
O xurado logo da actuación en directo dos grupos seleccionados, que terá lugar no mes de agosto nun concello da provincia, formulará proposta de concesión dos premios sinalados na cláusula sétima.
Os grupos que participen nesta fase recibirán a cantidade de 300 ?, a cada un deles, en concepto de indemnización por gastos de desprazamento.
As contías dos premios que serán concedidos son as seguintes:
1º clasificado: 3.000 ?
2º e 3º clasificado: 1.500 ?
4º e 5º clasificado: 1.000 ?
"VII dia do Orgullo Gaiteiro"
Ourense, sábado 11 de decembro 2010
Todas as actividades serán no Auditorio Municipal de Ourense (R/ da Canle, entrada libre e gratuita)
Para a cea, hai que reservar nos teléfonos 654173524 (Gonzalo) - 658370849 (Fernando), ou a través do correo electrónico: gabelairas@yahoo.es, antes do xoves dia 9 de decembro o precio é de 20?, (15 para alumnos-asociados da AOFT GOMES MOURO)
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 22 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Este ano, organizadas polo Ateneo Ferrolán, as XXII Xornadas da Gaita, celebraranse o sábado día 11 de decembro de 2010 ás 20:00h. no Centro Cultural ?Torrente Ballester?. (Haberá servizo de ?barra?). Entrada de balde.
Coas actuaciós de:
· AIRINHOS DEL CAMPITO
· BERROS DO CASTRO (Unha imaxe, unha melodía .... un recordo)
· SOBRE RODAS (Dúo zanfonas. Luis Caruncho e Carlos Do Viso)
Desde o Ateneo Ferrolán, agradecemos a colaboración da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol - Cultura.
Unha das características específicas é a participación de grupos de música folk galega, que teñan na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable.
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879. www.ateneoferrolan.org
Os grupos Romasanta, JIT, Ataraxía e Vacalouras compiten o venres na final do concurso "Ao mesmo son"
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou a fase final do concurso "Ao mesmo son", que se celebrará o vindeiro venres na Sala Infierno coa actuación dos catro grupos finalistas e as actuacións de Berrogüetto e os vigueses The Crass.
"Estamos moi satisfeitas porque a participación foi moi boa", afirmou a concelleira. Presentáronse quince temas, dos que catro chegaron a fase final. Os grupos JIT, Romasanta, Ataraxía e Vacalouras serán os que o venres actúen por última vez diante do xurado para definir os tres primeiros premios.
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS (BASES DE PARTICIPACIÓN)
1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 6 de novembro de 2010, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da III Foliada de Sada.
2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.
3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade. Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.
4. A inscrición das parellas será gratuíta. A folla de inscrición deberá chegar, debidamente cumprimentada, antes do 04 de Novembro ó correo grupoqueiroa@gmail.com. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de cinco e un máximo de dez parellas inscritas. A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo electrónico, o mesmo día da inscrición.
5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.
6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.
8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de recibir o premio.
Para calquera dúbida, chamar ó teléfono: 615222046 (Miguel)/636692800 (Fernando)
ASOCIACIÓN DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL
Rúa Miguel Pereiro Tacón, s/n
Mondego ? 15168 Sada (A Coruña)
Telf.: 981 621 421
www.queiroa.org ? Email: queiroa@queiroa.org
III FOLIADA DE SADA
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS (FOLLA DE INSCRICIÓN)
Nome artístico da parella
Nome e apelidos dos compoñentes da parella Idade
Teléfono de contacto Correo electrónico de contacto
1º Premio: Traspés (Vigo).
2º Premio: Colexiata do Sar (Santiago).
3º Premio: Xirandola (Silleda).
4º Premio: Froles Novas e A Buxaina
5º Premio: non houbo.
6º Premio: A Carballeira (Lalín).
Este domingo 17 de Outubro en Luou (Teo) viveuse unha bonita xornada acompañada ca música d@s participantes no IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo. Os grupos participantes foron (por orde de actuación):
1º- Paínho do mal tempo de A Estrada
2º- Cuarteto Repichoco de A Coruña
3º- Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa
4º- Abelente de Ourense
5º- Os Fonte Suairas de A Coruña
6º- Os Cochenos de Bueu
7º- Os Enxebres de Cacheiras de Teo
Despois do veredicto do xurado resultaron gañador@s:
1º Premio: 1.000 ? + Agasallo conmemorativo ---> Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa
2º Premio: 600 ? + Agasallo conmemorativo ---> Os Fonte Suairas de A Coruña
Dende a organización queremos dar as grazas a todos os grupos participantes e felicitalos polo excelente nivel demostrado na interpretación de todas as pezas.
Xa só nos queda emplazarvos a tod@s para o 2011.
Este vindeiro Domingo 17 de Outubro de 2010, a partir das 18h temos o pracer de convidarvos a tod@s á celebración da fase final do IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, os cuartetos que actuarán serán os seguintes (a orde determinarase mediante sorteo intres antes de comezar, esta é a orde de inscrición) :
1º- Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa
2º- Abelente de Ourense
3º- Os Cochenos de Bueu
4º- Os Trebellos do Morrazo de Marín
5º- Os Enxebres de Cacheiras de Teo
6º- Os Fonte suairas de A Coruña
7º- Paínho do Mal Tempo de A Estrada
8º- Cuarteto Repichoco de A Coruña
Antes de nada agradecerlles a tod@s eles/as a sua participación no noso modesto concurso, grazas a xente coma eles/as xa estamos na nosa IV edición, algo para nós impensable fai ben pouco tempo.
Os premios a repartir serán os seguintes:
1º- 1.000 ? + agasallo conmemorativo
2º- 600 ? + agasallo conmemorativo
3º- 400 ? + agasallo conmemorativo
Se o tedes a ben, vemonos o domingo en Luou!!! ;-)
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais
?IV Concurso de Cuartetos Tradicionais?
(Luou ? Teo)
1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
- Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico)
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohíbido que os participantes concursen con máis dun grupo.
2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.
3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor, e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para
cuartetos tradicionais galegos.
4.-O Xurado valorará os seguintes puntos :
- Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.
5.-O Concurso celebrarase o día 17 de Outubro de 2010 no Local Social de Luou, Teo.
Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas.
A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.
6.-A data tope de inscrición será o día 12 de Outubro de 2010.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal :
A. C. A Mámoa
?Concurso de Música Tradicional?
A Igrexa s/n ? Luou
15883 ? Teo
Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.myspace.com/acamamoa
7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos 20 grupos seleccionados
8.-A Organización establece 3 premios:
1º Premio ? 1.000 ? + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 ? + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 ? + Agasallo conmemorativo
9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.
10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.
11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.
Observacións
- Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
- A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.
Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, conseguiu onte o primeiro premio no Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo, que se celebrou no auditorio do mesmo nome en Bandeira, Silleda.
O mozo alzouse co galardón 1.500 euros doados polo Concello de Silleda tras unha actuación de tres temas que incluíu un repertorio do popular gaiteiro nacido en San Tirso de Manduas, a Muiñeira dás Fiadas, así como unha peza propia (Folkachada) e un arranxo, tamén propio, dunha composición tradicional (A miña burriña). Así, este intérprete conseguiu un premio que se lle escapou o ano pasado, xa que na cuarta edición quedou no segundo lugar.
Precisamente, este posto recaeu onte en Pablo Devigo Vázquez, que fai dous anos gañou a terceira edición do concurso. Oriúndo de Castro Caldelas, o mozo optou polo Alalá número 1, unha melodía tradicional do repertorio de Perfecto Feijoo e arranxos do propio Devigo, así como a súa composición Xota dá utopía galega. Pola súa actuación recibiu 700 euros.
Para rematar, o terceiro premio 500 euros recaeu en José Manuel López Fernández, de Vedra e moi vinculado á Banda Recreativa de Bandeira. Do mesmo xeito que o vencedor, López musicó tres partituras, a tradicional Lela, e outras dúas creadas por Manuel Dopazo, Xota Montañesa e Muiñeira dás Fiadas.
A arte destes tres gañadores así como dos outros 11 participantes "outro máis decidiu non actuar" foi sometido ao exame dun xurado composto por Xosé Casal, Anxo Lorenzo e Iván Costa, todos eles moi relacionados co instrumento máis representativo da música folclórica galega e cos grupos máis destacados do panorama actual. Por outra banda, entre os 14 candidatos aos premios desta edición tan só figuraban dúas mulleres, Adriana Riva Seijo e Rocío Maril Yáñez.
En canto ao auditorio, o aforamento do auditorio da Bandeira volveu rozar o cheo na que foi unha edición máis dun certame xa consolidado na escena autonómica da música tradicional. Entre o público, ademais de familiares dos participantes e anónimos amantes da música, tamén figuraban representantes da política local.
O certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo de Bandeira reunirá 15 aspirantes, o día 3
O V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo da Bandeira pechou o prazo de inscrición con 15 participantes. A cifra é a máxima permitida nas bases do concurso o que indica peso da proposta.
O certame celebrarase o vindeiro domingo, día 3 de outubro, no auditorio da Bandeira a partir das 17.30 horas baixo a organización da asociación Vista Alegre e con colaboración do Concello de Silleda, de Caixanova e do distribuidor de Nudesa J.R. Vázquez Rodríguez que achegan respectivamente os tres premios de 1.500, 700 e 500 euros.
Colabora tamén o grupo de gaitas e acordeóns Lume na lareira.
PRIMEIRA
Poderán tomar parte todos os gaiteiros solistas que o desexen, establecéndose unha
única categoría.
SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no V CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS ?MANUEL DOPAZO? deberán enviar o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN cuberto (ORIXINAL ASINADO) á Asociación Cultural Vista Alegre, R/ Vista Alegre nº 16, 36570 ? A BANDEIRA (Pontevedra), antes do día 25 de Setembro, ou remitilo por fax ó número 986 58 55 50, ou enderezo electrónico: asocvistalegre@terra.es
O impreso de solicitude, orixinal asinado, para participar no Certame, deberá ser remitido por correo á organización, ainda que antes se enviase por fax ou correo electrónico.
O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.
TERCEIRA
A Organización poderá suspender ou aprazar o Certame se non se reune un número mínimo de participantes, o cal será establecido polos organizadores. Esta incidencia será comunicada ós participantes polos mesmos medios establecidos para a inscrición.
CUARTA
As gaitas deberán ser galegas de organoloxía tradicional e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.
QUINTA
O estilo e carácter da(s) peza(s) a interpretar, serán necesariamente galegos, tanto de tipo tradicional como de autor galego contemporáneo.
A duración da(s) interpretación(s) non rebasará os 6 minutos en total (excluida a afinación).
É obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.
A orde de participación no Certame, será inversa á de inscrición. O primeiro en inscribirse, será o último en concursar, o segundo o penúltimo e así sucesivamente.
SEXTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º. Clasificado: 1.500 ? e Diploma (Concello de Silleda)
2º. Clasificado: 700 ? e Diploma
3º. Clasificado: 500 ? e Diploma
SÉTIMA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
O Xurado cualificador terá en conta a afinación, expresividade na interpretación, dificultade de execución e orixinalidade no arranxo e/ou composición das pezas a interpretar. Ditos apartados serán avaliados independentemente por cada membro do xurado cun máximo de dez puntos cada un, de xeito que cada concursante poderá acadar un máximo de 40 puntos por cada membro. A suma das puntuacións de cada compoñente do xurado, outorgará a avaliación final de cada gaiteiro participante.
O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.
OITAVA
Ó remate do certame, tódolos participantes interpretarán xuntos o Himno Galego, e para isto deberán empregar gaitas na afinación de do e a 440 Hz. Ó final destas bases acompáñase partitura do Himno Galego a interpretar.
NOVENA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2010
Para consultar calquera dúbida, chamar ós teléfonos: 986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)
699 41 85 14
REMITIR ANTES DO DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2010 A:
Asociación Cultural Vista Alegre
R/ Vista Alegre nº 16 - 36570 A BANDEIRA (Pontevedra)
Fax: 986 58 55 50 u e-mail: asocvistalegre@terra.es
O concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, outorgou o seu primeiro premio o pasado fin de semana ao grupo Rédea Solta, de Poio. O cuarteto, composto polos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibañez, Ramón Corral e Marcos Pérez, logrou 1.800 euros.
O segundo clasificado foi Canle Dada, de Nigrán, que logrou 1.200.
Os posto terceiro e cuarto, con 900 e 600 euros respectivamente de premio, foron para os grupos Rebuldeiros, da Coruña, e Picuiña, de Marín.
Ademais, o festival deste ano, cando se cumpren 43, tamén outorgou un quinto premio consistente nun lote de material musical doado pola empresa Bannatyne Pipe Bags, que recaeu sobre o grupo Miañadura, de Madrid.
Houbo máis sorpresas ao longo da tarde, posto que o Concello de Ponteareas tamén lle concedeu un diploma a título póstumo a Constante Pérez Bermúdez, gaiteiro coñecido da parroquia de Prado, que logrou o primeiro posto no concurso de 1947. A súa familia presentou o diploma que aínda conserva, que pasou ao Museo municipal de Ponteareas.
A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o vindeiro sábado e domingo con motivo da celebración das IX Xornadas de Portas Abertas
A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as IX Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor dende fai máis de 10 anos.
Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Javier Feijoó (baile), Rafa Crespo (gaita) Carlos Álvarez (pandeireta) e Xela Conde (taller de polifonías), entre outros.
Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, tamboril, zanfona, acordeón, guitarra, requinta, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o sábado pola mañá de 11.00 a 12.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, enviar un e-mail a ofiadeiro@ofiadeiro.com ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Xesús Fernández nº3 baixo (no Calvario). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.
Novo Curso
As Xornadas marcan o inicio do novo curso na escola da A.C.F. que este ano continúa en outubro coas súas actividades e espectáculos tradicionais nos eidos da música, bailes e artesanía.
O vindeiro domingo celebrase nas instalacións do Centro Artístico Sportivo, o XLIII Concurso de Gaitas, o mais antigo de Galicia, que xa é unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, e que xa está considerado como o certame de música tradicional galega de máis amplia traxectoria.
Poden participar no concurso os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril, debendo vestir o cuarteto o traxe tradicional galego completo.
Sinalar que o concurso de gaitas desenvolverase nas instalacións do Centro Artístico Sportivo, por mor das obras de renovación das intalacións do auditorio ?Reveriano Soutullo?.
A organización deste concurso corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, e a directiva do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, que consciente da importancia deste concurso cede as súas instalacións.
Establecense os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800 euros
Segundo Premio: 1.200 euros
Terceiro Premio: 900 euros
Cuarto Premio: 600 euros
O Concello de Ponteareas, tamén aboará a tódolos grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros para axuda de gastos de desprazamento.
Segundo o Concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a celebración deste Concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e o compromiso do goberno municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas.
La Senda de Afra, Maghúa e Chotokoeu: finalistas do QUEROSTAR
Milleiros de votos online, centos de asistentes aos concertos, ducias de comentarios online... e oito concertos. Case tres meses despois, xa temos finalistas do QUEROSTAR, o primeiro concurso de música ao vivo da Sala The Star (Carral): La Senda de Afra (cunha nota final, a media do público e do xurado, de 4,26 sobre 5) Maghúa (4,23) e Chotokoeu (4,02) foron os grupos mellor valorados polo público e polo xurado e, polo tanto, os que se repatrirán os premios de 1.000, 500 e 300.
Será na gran final do QUEROSTAR, que xa ten data: o venres, 24 de setembro, na Sala The Star. Os tres grupos finalistas volverán tocar entón, e ese mesmo día o xurado decidirá quen é o primeiro, segundo e terceiro clasificado desta primeira edición do QUEROSTAR. Até entón, moitas grazas a todos os que viñestes aos concertos e aos que as vistes en directo pola rede, e moitas grazas aos outros cinco grupos que participaron na fase de clasficación en directo, e que quedaron clasificados na seguinte orde, do cuarto ao oitavo posto: Esterko (3,94 puntos), Super F (3,88), Skarallaos (3,53), Pito de Pikasso (3,46) e Alterazión del Orden (3,36 puntos sobre 5)
Máis información sobre as notas e a clasificación, fotos e vídeos dos concertos en http://www.querostar.com/
1º Pablo Devigo e Alberto Costas
2º Oscar Ibañez e Carlos Estévez
3º Pedro Álvarez e Miguel Rivas
Pablo Devigo gañou por terceiro ano consecutivo o concurso de gaiteiros solistas.
O segundo premio, estatuiña e 1.000 euros, foi para Óscar Ibáñez e o terceiro, estatuiña e cincocentos euros, para Pedro Álvarez.
O xurado estivo composto por Álvaro Novegil Dopazo, Begoña Louzao Filgueira, Andrés Vilán Lorenzo, José Luis Represas Carrera e actuou como secretaria Filomena Álvarez Bértolo.
O gaiteiro Pablo Devigo alzouse por terceiro ano consecutivo co premio do concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo, que celebraba a súa duodécima edición dentro do marco da Festa do Gaiteiro. O xove músico conseguiu o primeiro posto, dotado con 2.000 euros, interpretando un fandango que sorprendeu ao xurado e unha versión dun tema do compositor galego Ernesto Campos. Óscar Ibáñez, outro veterano e gañador en pasadas edicións, conseguiu o segundo posto e Pedro Álvarez o terceiro.
No concurso competiron outros nove músicos «experimentados» segundo o xurado encargado de dirimir o fallo. Rubén Troitiño, natural de Soutelo, foi o primeiro en tocar ao seguir a orde inversa á inscrición. Javier Vázquez (Eivissa), Isidro Vidal, Rafael Carracedo (Alcorcón), Marcos Castro, Luís Alberto Gómez (Irún) e Javier Soto tamén participaron nesta disputada edición.
O concurso de solistas é unha cita xa consolidada na festa de Soutelo, que aposta pola música e os instrumentos tradicionais. A Consellería de Economía e Industria quixo tamén prestar o seu apoio visitando a Feira de artesanía, especializada na elaboración de instrumentos musicais tradicionais. A xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, asistiu ao mercado da Praza de Venezuela para ver as pezas confeccionadas por unha vintena de artesáns que alí se deron cita.
Chegan un ano máis as Xornadas de Folclore, que este ano cumpren XXVII edicións ininterrumpidas estando na elite dos festivais de baile e música tradicional.
Desde o vindeiro Lúns 9 de Agosto, cando o grupo anfitrión "Castro Floxo" lles dará a benvida cun pequeno espectaculo no teatro principal da cidade, ata o día 19 percorrerán as proncipais vilas da Provincia de Ourense, así como Monforte en Lugo e Chaves en Portugal.
Doce son os Grupos participantes nesta edición, procedentes de diferentes puntos do globo.
- España (Segovia) - La Esteva
- Portugal - Grupo Etnografico da Areosa
- Polonia - Grupo Poloniny
- Servia - Grupo Simionov Tucovic
- República de Daguestán - Compañía Estatal Lezginka
- Senegal - Ballet Jammu
- Kenia - African Tumbas
- Indonesia - Klub Peminatan
- Cuba - Conjunto Artístico Maraguán
- México - Compañia de Danza Tenochtitlan
- Argentina - Instituto El Cimarrón
- Brasil - Ballet Folclórico da Amazonía
Musicando Carvalho Calero é um concurso musical ideado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua), em colaboraçom com o portal de música em galego Komunikando.net.
Haberá um estupendo prémio para o grupo ou solista ganhador, que será umha semana num estúdio profissional de música para gravar os temas que considere oportuno e três dias mais para as misturas e masterizaçom do disco. O disco incluirá o tema enviado ao concurso, e será editado com licença Creative Commons.
O 31 de xullo de 2010 dentro do programa de Festas do Apóstolo, o Departamento de Festexos do Excmo. Concello de Santiago de Compostela, convoca o XXXII Certame do Traxe Galego coas seguintes
BASES
1ª Poderán concorrer cantas persoas o desexen, cubrindo a folla de solicitude que se facilitará no Departamento de Festexos do Concello de Santiago: Teatro Principal. Rúa Nova 21, teléfono 981 54 23 47
2ª Na folla de solicitude sinalarase: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe; se este é antigo (COMPLETO OU PRESENTADO POR PEZAS) ou moderno, de gala ou de cotío; comarca de procedencia e época á que pertence. No apartado de observacións consignaranse os mais datos aclaratorios posibles para unha mellor identificación así como os elementos que compoñen o traxe.
ADXUNTARASE OBRIGATORIAMENTE UNHA FOTOGRAFÍA DO CONCURSANTE ATAVIADO CO TRAXE COMPLETO CO QUE PARTICIPA NESTE CERTAME.
NO MESMO IMPRESO ATOPARÁN AS NORMAS DE ORGANIZACIÓN QUE REXIRÁN A PRESENTE EDICIÓN DO CERTAME.
3ª O prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso remata o día 30 de xullo, as 14 horas, podéndose entregar no Departamento de Festexos do Concello de Santiago. Teatro Principal, Rúa Nova, 21.
4ª Tódolos traxes feitos na actualidade se deberán inscribir como Traxe Moderno, sendo imprescindible que garden o canon do traxe antigo.
5ª Os traxes antigos completos, OU AS PEZAS ANTIGAS PRESENTADAS SEGUNDO O APARTADO B do presente punto 5º deberanse presentar como tales, facendo referencia detallada ós seus antecedentes e procedencia.
5ª B. NA MODALIDADE DE PEZAS OU CONXUNTOS DE PEZAS ANTIGAS QUE NON COMPOÑAN UN TRAXE COMPLETO, AS PEZAS QUE SE PRESENTEN PODERÁN IR ACOMPAÑADAS DAS PEZAS DE NOVA CONFECCIÓN QUE SE PRECISEN PARA COMPLETAR O TRAXE QUE, EN TODO CASO, DEBERÁ SER ARMÓNICO.
6º Calesquera que sexan os traxes, antigos ou modernos, OS SEUS TECIDOS SERÁN NATURAIS E DE USO TRADICIONAL E os seus adornos haberán ser de vidro, acibeche ou cera vidrada, os agremáns ou pasamanerías de fío, seda ou algodón, e no seu feitío axeitaranse ós patróns tradicionais.
7º É condición imprescindible que tódalas prendas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo.
8ª Non poderán combinarse prendas de distinta comarca.
9ª O Xurado, no momento da súa deliberación terá moi en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das prendas que o compoñen, e máis dos restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado, etc.
10ª Os traxes premiados no XXXI Certame, celebrado no ano 2009 non poderán concursar.
11ª O Xurado estará constituído por un experto designado por cada unha destas institucións: Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Consellería de Cultura, Museo do Pobo Galego, Instituto Padre Sarmiento, Concello de Santiago e Patronato Rosalía de Castro. Actuará como Secretario, sen voz nin voto, un membro da Asociación do Traxe Galego.
12ª O Xurado terá as meirandes facultades para a interpretación destas bases e poderá outorgalas mencións e accésits que xuzgue convintes así como a descalificación inmediata de aqueles participantes que incumplan algunha das anteditas bases ou das normas de organización do certame.
13ª Establécense os seguintes premios:
PREMIO TRAXE ANTIGO COMPLETO
Homes: 500 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres: 500 EUROS e agasallo conmemorativo
PREMIO TRAXE DE COTÍO
Homes: 300 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres: 300 EUROS e agasallo conmemorativo
PREMIO TRAXE MODERNO
Homes:
Primeiro Premio: 350 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 250 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres:
Primeiro Premio: 350 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 250 EUROS e agasallo conmemorativo
Nenos:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
Nenas:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
No apartado de nenos/as poderán participar concursantes ata os 14 anos.
PREMIO ESPECIAL de 600 EUROS para o grupo de máis de 10 persoas que se inscriban como asociación, grupo folclórico, etc. e que ningún dos seus membros estea inscrito no Concurso de xeito individual.
PREMIO ESPECIAL DE 200 EUROS Á MELLOR PEZA OU CONXUNTO DE PEZAS ANTIGAS que non compoñan un traxe completo.
Concurso de Gaiteiros Solistas:
1º premio - Isidro Vidal (Acompañado de Jose Manuel Mojón)
2º premio - Javier Vázquez (Acompañado de Álex Fente ao tambor e Serxo Núñez ao bombo)
3º premio - Ismael García (Acompañado de Antonio Prado ao tambor e Roberto Aller ao bombo)
Concurso de parellas:
1º premio - Zafarrancheiros de Rianxo
2º premio - Biligos de Betanzos
3º premio - Gazafellos de A Coruña
O XI Memorial Ricardo Portela celébrase en Pontevedra o sábado 17 e o domingo 18 de xullo.
Nado en Viascón ?Pontevedra- en 1920 e finado en 1992, Ricardo Portela viviu a música tradicional xa dende pequeno. Destacou, ademais de polas súas dotes como gaiteiro, polo seu labor en defensa do mundo da gaita, tanto da técnica e a calidade dos materiais, como por promover a figura do gaiteiro.
Programa:
Sábado 17 de xullo
De 11:30 a 14 e de 17 a 21 VIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza de Ourense
12 h Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na praza de Curros Enríquez
20 h Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial Sobre Rodas. Praza da Peregrina
Domingo 18 de xullo
De 11:30 a 14 e de 17 a 21 VIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza de Ourense
20 h Festival de música tradicional coa actuación de Ruote e Linho do Cuco. Praza da Peregrina
Os recortes orzamentarios e o abandono do apoio da Xunta deixan o mundo da gaita sen o certame máis prestixioso, con vinte anos de traxectoria
A vixésima edición do premio para gaita Constantino Bellón non se celebrará en 2010. O Ateneo Ferrolán, entidade que promove o certame dende 1991, decidiu suspender este ano o premio ante ?os recortes orzamentarios? e ?o abandono dalgúns apoios institucionais?. Con esta medida, o sector da música tradicional fica sen o concurso de gaiteiro solista máis emblemático do país, unha decisión que lamentan tanto promotores como músicos e que deixa entrever, en opinión de Daniel Bellón, o desleixo das institucións públicas ante a música galega.
Como explica Eliseo Zaera, presidente do Ateneo Ferrolán, trátase dun paso máis na deriva que veu sufrindo o certame. O pasado ano, o Constantino Bellón celebrouse a marchas forzadas en dúas datas diferentes, unha en outubro e outra en marzo, sorteando os recortes nas axudas públicas. A Secretaría Xeral de Emigración suprimiu no 2009 a partida destinada a sufragar a participación de gaiteiros do exterior, un dos apartados destacados do certame. ?As axudas e colaboracións institucionais non responderon nin o pasado ano nin este?, sinala Eliseo Zaera, aínda que recoñece que o apoio do Concello de Ferrol foi ?determinante? para poder realizar a edición do 2009. ?Agora estamos buscando solucións por outras vías para poder relanzalo en 2011?, engade.
O Constantino Bellón creouse en 1991 como plataforma de expresión dos gaiteiros novos e de presentación de composicións inéditas. Naceu nun momento de revalorización da música tradicional, que coincidiu co aproveitamento comercial do denominado boom das gaitas e a aparición doutros concursos. En pouco tempo o Constantino Bellón conseguiu situarse á cabeza de todos eles marcando as distancias non só pola contía económica senón, fundamentalmente, por premiar a composición, fomentar a creatividade e situar a gaita ao mesmo nivel que calquera outro instrumento.
Así o entende o gaiteiro Daniel Bellón, gañador do concurso en 2001, 2005 e 2006, membro ademais do proxecto musical Bellón Maceiras, que acaba de publicar o seu traballo debut Folkfusión. Ao seu ver, este é un premio que goza dun ?prestixio? recoñecido, ?marca unha meta anual? para intérpretes e compositores e tense convertido na ?gran desculpa para poder expoñer sobre o escenario do Teatro Jofre o que nunca se deixa ver: un gaiteiro tocando só?.
Proxección profesional
Eliseo Zaera destaca que as últimas edicións do certame convertéronse nunha superación permanente dos gaiteiros, tanto como intérpretes solistas como en concerto sinfónico. Entre os premiados figuran nomes como o de Iván Costa, Pepe Vaamonde ou o propio Daniel Bellón, gaiteiros que na actualidade gozan de recoñecemento na escena musical galega e que no seu momento contaron co impulso que imprime a catapulta do Constantino Bellón.
Fronte o recorte da Xunta, Eliseo Zaera remarca a colaboración desinteresada de músicos e de entidades privadas, como o obradoiro de gaitas Seivane que anualmente dona unha gaita para un dos gañadores, que fixeron posíbel que o certame chegase a súa 19 edición como cita de referencia no calendario galego.
?A gaita é un emblema de Galiza,? sinala Daniel Bellón ?se non se apoia a saída de novas promesas a través de concursos coma este, estaremos dalgunha maneira volvendo ao pasado, cando non había oportunidades para os gaiteiros
VII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL RICARDO PORTELA O GAITEIRO DE VIASCÓN -
1. Este será una concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán
participar todas/os as /os gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado:
toque pechado , en modalidade individual. O Concurso celebrarase o día 03 de xullo ás 20:30 horas, e a entrega de premios será o día 04 de xullo despois do xantar popular que haberá na Carballeira da Portela en Viascón.
2. As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Excmo. Concello de Cotobade, Concellaría de Cultura, Educación, Deportes e Xuventude. O prazo de entrega de inscricións remata o día 30 de xuño de 2010 ás 13:00 horas.
Cada Gaiteira/o proporcionará coa inscrición o enderezo, o número de teléfono, o número de conta bancaria así como copias das partituras que vai a interpretar, segundo o modelo de folla de inscrición que se facilita.
3. O número de participantes está limitado a 25, no caso de superar esta cifra terase en conta a orde de entrada, considerando so inscritos ós 25 primeiros. O número mínimo de participantes será de 3, podendo desconvocar o concurso cando non se acade este mínimo
4. As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os dun percursionista, sempre e cando utilice a percusión tradicional galega.
5. A orde de participación está determinada pola orde de entrada de inscrición no concurso.
6. As/os concursantes deberán de estar ao pé do escenario, mentres actúe a/o gaiteira/o que lle precede.
7. As persoas que concursen farán unha primeira interpretación libre onde poderán executar unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor. A segunda interpretación será dunha peza do repertorio de Don Ricardo Portela, entendendo como tal aquela que estea gravada en cinta ou disco polo mestre de Viascón
Resultados XXXI Concurso de baile Xacarandaina celebrado o domingo 6 de Xuño no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
CATEGORÍA A:
1° premio: "O Muíño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella.
2° premio: "E" da E. de M. de Cantigas e Agarimos.
3° premio: "Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
CATEGORÍA B:
1° premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella.
2° premio: "A" da A.C. Os Xeitosos de Trazo.
3° premio: "Bailadores do torreiro" da A.C. Donaire.
CATEGORÍA C:
1° premio: "Garagao" da A.C. Xacarandaina.
2° premio: "B" da A.C. Xeitosos de Trazo.
3° premio: "Cinquilimpé" da A.X. Xiradela.
CATEGORÍA D:
1° premio: C.C. A Ponte Vella.
2° premio: A.C. Traspés.
3° premio: "A" da E. de M. Cantigas de Agarimos
Mellor bailadora: Alejandra Montero (grupo Fieital da asociación Castro)
Mellor bailador: Alejandro Cangado (grupo Valarego de Xacarandaina)
Domingo 6 de Xuño no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 16:00h.
PROGRAMACIÓN DO CONCURSO:
1PARTE:
CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive.
"Barallete" de A.C.Xacarandaina.
"Donairiño" de A.C.Donaire.
"As Carrapucheiriñas" da A.C.Rosalía de Castro-Padrón.
"E" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"A" da Escola Municipal de Folklore-Betanzos.
"Fusos e Rocas" da A.C.F.O Fiadeiro.
"O Muiño da Retorta" do C.C.A Ponte Vella.
"Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
"Barulleiras" da A.F. Santiaguiños-Boimorto.
"Quintán" da A.N.P.A. do Colexo Mondego-Sada.
"D" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
CATEGORÍA B:de 9 a 12 anos inclusive.
"C" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"A" da Escola de Música e Danza Raigañas-Cerqueda.
"Bailadores do Torreiro" da A.C.Donaire.
"A" da A.C. Os Xeitosos de Trazo.
"Escornabois" da A.F. Santiaguiños-Boimorto.
"O Rodicio" de A.C.Xacarandaina.
"As Zoqueiras" da A.X. Regueifa.
"Tahumiños" da G.B.T. Tahúme.
"B" da Escola municipal de Folklore-Betanzos.
"Tras do Eo" do C.C.A Ponte Vella.
"B" da Escola de Música e Danza Raigañas-Cerqueda.
2PARTE:
CATEGORÍA C: de 13 a 16 anos inclusive.
"Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
"B" da A.C. Os Xeitosos de Trazo.
"B" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"Cinquilimpé" da A.X. Xiradela
"Azougue" da Escola municipal de Folklore-Betanzos.
"Garagao" de A.C.Xacarandaina.
CATEGORÍA D: de 17 anos en adiante.
"Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
"Fiada" de A.C.Xacarandaina.
"G" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"Fieital" da A.C. O Castro.
"Tahúme" do G.B.T. Tahúme.
"Picote" da A.C. Donaire.
"Trimiñoque" de A.C.Xacarandaina.
"Traspés" da A.C. Traspés.
"Regueifa" da A.X. Regueifa.
"A" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
C.C. A Ponte Vella.
"Valarego" de A.C.Xacarandaina.
"Repenicoque" da A.X. Xiradela.