Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do concurso Vogaliza
VOGALIZA é un evento da música tradicional coral galega conformada por dúas partes diferenciadas:

■Concurso de Harmonización Coral
■Concerto Coral de Música Tradicional Galega

****Resultados Vogaliza 2011:****


Reunidos os membros do xurado en Vigo a 16 de maio de 2011 deciden declarar finalistas do concurso Vogaliza edición 2011 a:

* Helena Sousa, coa harmonización coral de ? Tanto vay Santa María
* Estefanía Vicente ? Abreme la porta
* Xurxo Fernández ? O laranxal d?amor
* Juan Daniel Romero ? Quer que lle quer
* Olga García ? Esta noite ei dir aló
* Arturo Irisarri ? Ven bailar Carmiña
* Marta Vázquez ? Téñoche un can de palleiro

Asimesmo o xurado decide declarar gañador do concurso Vogaliza 2011 a:

* Xurxo Fernández Fernández, coa harmonización coral de ? O laranxal d? amor

Noraboa a todos os participantes e quedades convidados para a seguinte edición do concurso.

http://vogaliza.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de gaitas Nazario González `Moxenas´
Máis información e Bases:
Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2011 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Fase final do Certame Runas do Festival de Ortigueira

O Festival Ortigueira activa o proceso de votacións en liña para elixir que bandas emerxentes debutarán no certame celta del 2011

Os visitantes da web do Festival Ortigueira poden votar aos grupos emerxentes que, na súa opinión, merecen debutar, no certame celta dentro do PROXECTO RUNAS 2011, de promoción de novos talentos da músicas de raíz. Terán, para iso, que elixir de entre as bandas semifinalistas do concurso.

O veredicto dos internautas decidirá, xunto aos votos dun xurado especializado, o nome dos tres grupos actuarán no XXVII Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 7 ao 10 de xullo.

O público será o quinto membro do xurado, integrado por músicos e representantes de axencias, e nomeado para dirimir que tres bandas non consagradas actuarán no histórico festival organizado polo Concello de Ortigueira.

A organización vén de facer pública, a través da web oficial, a listaxe de bandas semifinalistas da actual edición do Proxecto Runas, a duodécima. Son un total de once grupos os que superaron a primeira fase de selección, de entre a trintena que se presentou ao concurso. E por primeira vez, na lista figuran tres grupos estranxeiros.

Os candidatos son:
- BrennKorzh (Francia),
- Gragal (Comunidad Valenciana),
- Keltiar Aldea (Navarra),
- Riveira (Chile),
- Steetwings (Madrid),
- Brigan (Italia),
- Cerandeo (Extremadura),
- Stolen notes (Andalucía)
- Milesios (Galiza),
- Pé de boi (Galiza),
- Ülträqäns (Galiza).


Desde hoxe e ata o 23 de maio ás 18 horas o apartado reservado ao Proxecto Runas no portal web www.festivaldeortigueira.com permitirá ao visitante escoitar unha mostra dos traballos musicais dos grupos candidatos e apoiar ao seu favorito. A evolución das votacións poderase seguir en directo e o resultado sumarase ao do xurado.

As tres formacións que sumen máis apoios actuarán en Ortigueira na noite do xoves 7 de xullo, no Escenario Estrella Galicia, competindo en directo, ante un xurado por facerse un oco no cartel do ano 2012 e embolsarse 4.000 euros, aos que haberá que engadir a remuneración económica que lles corresponderá por seren finalistas.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-05-2011 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011
Logo de acadar o apoio institucional do CONCELLO de FERROL e AGADIC CONVOCAMOS de novo o noso Concurso na súa XX edición.
Axuntamos Bases do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011.

Bases

Agradecemos a súa difusión.
Un saúdo.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

www.ateneo-ferrolan.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-05-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

1º PREMIO: A Ponte Vella
2º PREMIO: Traspés
3º PREMIO: Trébede

Mellor Vestiario: Os Xeitosos de Trazo
Mellor Acompañamento: Traspés


Noraboa ao premiados

A Ponte Vella venceu no concurso de baile Azaloira
O auditorio da Bandeira estivo abarrotado na undécima cita do certame que organiza Fortín da Pomba


A Ponte Vella, de Reis en Teo, reverdeceu onte de novo os seus loureiros no concurso de baile tradicional Azaloira, en Bandeira. Alzouse por cuarta vez co primeiro premio, dotado economicamente con 1.500 euros. A segunda praza foi para Traspés, de Vigo ,800 euros, mentres Trébede, de Marín, que acudía por primeira vez, situouse en terceira posición, con 500 euros de premio.

O galardón ao mellor vestiario foi para Os Xeitosos, de Trazo, mentres Traspés gañou tamén a distinción ao mellor acompañamento, ambas as categorías dotadas con 150 euros.

Josefa Ferreiro, presidenta de Fortín da Pomba, grupo organizador do concurso, destacaba onte a gran resposta de público que abarrotou o auditorio Manuel Dopazo de Bandeira: o aforamento quedou de novo pequeno e foi necesario colocar cadeiras supletorias para intentar dar cabida ao numeroso público.

Os grupos eloxiaron a organización do certame, que abriu a actuación dos máis pequenos da escola de Fortín da Pomba. Tras as actuacións dos cinco grupos concursantes, dúas pezas en cada caso, e durante a deliberación do xurado, actuou Fortín da Pomba.


Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados I Concurso de gaita solista Concello de Vigo
1º premio - Pedro Álvarez
2º premio - Cristian Silva
3º premio - Lois Prado


Noraboa aos premiados

Comentarios (10) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Premios III Concurso de Cantos de Taberna de Melide

III Concurso de Cantos de Taberna de Melide.

O grupo de cantos de Taberna A Ghaita do Avó da A.S.C.Tregha de Marin conseguiu o 1º premio entre 15 grupos que participaban no concurso,despois de cantar en 10 Tabernas nas cales o Taberneiro era o que puña a puntuación..

Os grupos que participaron no concurso dos Cantos de Taberna de Melide

1ºPremio..A GHAITA DO AVÓ Marin
2ºPremio OS TRAPEIROS DE Melide
3º Premio RONDALLA MORAIMA DE Arzúa


AXÓUXERE (Melide)
BINGO BIRÓN (Toques)
GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso)
FIADEIRA (Antas de Ulla)
OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
REVIRAVOLTA (O Pino)
ALÉN DO MAR (Bergondo)
O TRASNO (Santiago)
A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
A CASA DA TROULA (Rekalde)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de gaita solista Concello de Vigo
Comentarios (14) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-04-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-04-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición do Proxecto Runas no Festival de Ortigueira
Festival Ortigueira busca as mellores bandas folk noveis de todo o mundo para abrir a súa edición 2011

O XXVII Festival Internacional do Mundo Celta servirá un ano máis de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do ?Proxecto Runas?, convoca aos mellores grupos emerxentes do panorama folk nacional e internacional. As tres bandas finalistas protagonizarán a primeira noite do certame celta, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xullo en Ortigueira (A Coruña), competindo en directo por coarse de novo no cartel do 2012.

Como participar?

As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira- A Coruña), ata o 28 de abril os seus catro mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de composición propia, terán que incluír un breve dossier informativo e os seus datos de contacto.

O concurso está aberto a todos os grupos relacionados co mundo folk e os países celtas. As bandas, "de calquera procedencia xeográfica", terán un máximo de dez integrantes e deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival internacional do Mundo Celta, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará, como un máis, o voto emitido polos internautas que visiten a web oficial, do 6 ao 23 de maio.

As tres bandas mellor clasificadas abrirán o Festival Ortigueira a noite do xoves 7 de xullo, recibindo pola súa participación unha remuneración para cubrir gastos de aloxamentoe desprazamento de entre 1.500- 1.800 euros, en función da distancia, os grupos nacionais, e 3.000 euros os procedentes doutros países. Con este reforzo económico preténdese redobrar a participación no concurso de grupos estranxeiros, ata o momento anecdótica.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras estes concertos, cal é a formación gañadora. Esta volverá tocar no escenario principal na edición seguinte e embolsarase por esa actuación 4.000 euros.

Máis dunha década de traxectoria

O ?Proxecto Runas?, durante anos eixo central da programación musical diúrna do evento, volve probar sorte en horario nocturno, tras a experiencia dos anos 2007 e 2009. Ao longo das súas once edicións anteriores, o concurso ?Runas? serviu para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou a formación viguesa The Crass, que estará este ano en Ortigueira como gañadora do ano 2010.


Máis información:
Bases do Proxecto Runas 2011
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-04-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso Tequexeteldere
O teatro Principal da Estrada acolleu durante todo o día de onte unha nova edición do prestixioso concurso de baile tradicional que organiza a agrupación estradense Tequexetéldere.
Participaron nas catro categorías -por idades-- unha decena de agrupacións e colectivos culturais con escolas de baile tradicional das provincias de Pontevedra e A Coruña.

O teatro encheuse na sesión de mañá, cando competían os grupos máis novos, e rexistrou unha boa entrada durante a tarde. Cada grupo participante -entraron en concurso 22- tiña que está integrado por un mínimo de catro parellas e contar con formación de acompañamento musical.
As agrupacións de Teo e Rianxo levaron boa parte dos premios.

Na categoría dos máis novos, con tres grupos participantes, venceu o grupo O Muiño dá Retorta, do colectivo Pontevella de Teo, por diante do grupo Sete Ferreña de Vai de Roda, de Rianxo. Curiosamente, ambas as agrupacións coparon os premios complementarios ao mellor acompañamento e mellor vestiario.

Na categoría de 9 a 12 anos venceu o grupo Nove Ferreña, de Vai de Roda, por diante de Xeitosos, de Trazo.

Na de 12 a 16 anos gañou o grupo Garagao, de Xacarandaina (A Coruña), seguido do grupo B de Xeitosos de Trazo.

Na categoría maior, de máis de 16 anos e con 7 grupos participantes, impúxose a representación do centro cultural A Pontevella, de Teo -que obtivo o premio maior de 240 euros- por diante do grupo A de Cantigas e Agarimos, de Santiago.

Resultados do VII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere:

Categoria A:
1º "O muiño da Retorta" do CC A Pontevella
2º "Sete Ferreña"de Vai de Roda
3º Donaire

Acompañamento e Vestiario : Vai de Roda

Categoria B:
1º "Nove Ferreñas" de Vai de Roda
2º "C" Xeitosos de Trazo
3º "Tras do Eo" do CC A Pontevella

Acompañamento e Vestiario : Vai de Roda

Categoria C:
1º: "Garagao" da A.C Xacarandaina
2º: "B" dos Xeitosos de Trazo
3º: "Tambo " da A.C Xacarandaina

Categoria D:
1º CC A Pontevella
2º "A" de Cantigas e Agarimos
3º Tahúme

Acompañamento e Vestiario : CC A Pontevella.
Comentarios (42) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-04-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
VII Concurso de baile tradicional Tequexeteldere (A Estrada)

Máis información:
www.tequexeteldere.aestrada.com


Debido a boa acollida de grupos participantes e da limitación de aforo do Teatro Principal da Estrada, a organización do evento considerou oportuno, tal e como se indica nas bases, realizar o concurso en xornada de mañán (cat. A e B) e tarde (cat. C e D), facendo en cada xornada o correspondente fallo do xurado.

Os grupos terán que estar unha hora antes do comezo do concurso, pola mañán as 10 h e pola tarde ás 16 h

Entradas:

A taquilla abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das mesmas será de 3 euros por xornada, puidendose facer reserva das mesmas no correo-e tequexeteldere@gmail.comEsta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla (a reserva farase ata o venres 15 de abril) e teranse que retirar unha hora antes na taquilla do Teatro, se non serán postas a venda.

Comentarios (33) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2011 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de Maquetas Millo Verde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2011 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
29 bandas participan no Cantalingua 2011

Este ano o Cantalingua quere darlle o protagonismo as mozas e mozos dos centros escolares e o xurado estará integrado por algunhas alumnas e alumnos do IES de Arzúa e algúns dos seus mestres que tamén coordinarán as votacións xunto a responsábeis do Correlingua. Terán uns días para escoitar todos os temas e o 26 de abril coñeceremos aos grupos gañadores. Cada rapaz e mestre que forme parte do xurado poderá votar os tres temas que máis lle gusten.

3 puntos para o primeiro
2 puntos para o segundo
1 punto para o terceiro

O tema máis valorado na rede levará un punto de vantaxe sobre todos os demais.

Como vedes este ano o peso do voto por internet non ten case valor. Serán os rapaces e rapazas xunto cos seus mestres quen escollan o tema do Cantalingua.

Grazas a todos os grupos por participar e ata o ano que ven¡¡¡¡.

www.komunikando.net/cantalingua/
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-04-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
VI Certame Millarock (Ames)
Máis información e bases en:
www.concellodeames.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-04-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

1º premio: ADRO da A.C. Adro de Baio
2º premio: LARETAS da A.C. Tarambainas
3º premio: PIPIRITEIRAS da A.C. Donaire

Vestiario: CARAMUXIÑAS da A.F. Vento Mareiro

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

1º premio: MENIÑAS da A.C. Tarambainas
2º premio: CHUCHAMEL da A.C. Xacarandaina
3º premio: REBULDEIRAS da A.C. Donaire

Vestiario: GRUPO A do CC A Ponte Vella

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

1º premio: LANZALÍA da AC O Castro
2º premio: PANDERETEIRAS da AC Os Xeitosos de Trazo
3º premio: GRUPO B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

Vestiario: GRUPO B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

1º premio: AXEITADIÑAS da AC Donaire
2º premio: PANDERETEIRAS OS MUIÑOS DE OLIVEIRA
3º premio: LILAINA da AC O Castro

Vestiario: GRUPO A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-04-2011 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 10 de Abril de 2011 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 28 de Marzo de 2011. Poderanse enviar tamén os seguinte correo electrónico:
xiradela@yahoo.es

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 10 de Abril de 2011.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 620 18 77 74 (tarde) / 650 14 56 08 (mañá) / 675 52 75 43 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-04-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

BASES DO XI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

Terá lugar no auditorio Manuel Dopazo o día 1 de maio de 2011.

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.

9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.

PREMIOS
BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo

PODERÁ HABER ACCESITS AO MELLOR VESTIARIO E AO MELLOR ACOMPAÑAMENTO.

DATOS DE CONTACTO:
Presidenta: Josefa, 667-49-26-72
Correo electrónico:
josefaferreiro@edu.xunta.es fortindapomba@yahoo.es

O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 7 DE ABRIL.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-03-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso Faustino Santalices (Ourense)
Museo Municipal de Ourense
11 e 12 de marzo de 2011


Faustino Santalices Pérez é figura fundamental da música popular galega na primeira metade do século XX. As súas reflexións e aportacións na estandarización da gaita e na recuperación da zanfona colócano na centralidade do proceso de recuperación e valorización do patrimonio musical de Galiza.

Este programa de actos e actividades, coincidente co 50 aniversario da súa morte, pretende aproximar ao grande público a figura de Santalices no contexto sociocultural en que desenvolveu os seus procesos creativos, interpretativos e, nomeadamente, os procesos científicos e de investigador.

Estes procesos en que empeñou unha vida, permitíronlle idear e fixar os métodos e ferramentas para a construción do actual padrón de gaita, así como a recuperación definitiva da zanfona, que con aquela ocupa o epicentro da historia musical desta vella nación europea.

VENRES 11 de Marzo de 2011
MAÑÁ
12.00 Apertura
- Eva Jiménez Del Río. Viúva de Faustino Santalices Muñiz
- Cástor Castro Vicente. Coordinador do Congreso
- Isabel Pérez. Concelleira de Cultura do Concello de Ourense
- Xoán Carlos Fernández Fasero. Director da Axencia Galega das Industrias Culturais - Xunta de Galicia
- Xosé Lois Vázquez. Difusora de Letras, Artes e Ideas

12.30 Conferencia inaugural
«Santalices ourensán», Cástor Castro. Músico tradicional, avogado e investigador. Colaborador do proxecto Ronsel. Membro da AOFT Gomes Mouro.

TARDE
16.00 «Faustino Santalices e o seu tempo», José Luis Dopico Orjais. Músico tradicional, bibliófilo e director do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragonha, Rianxo
16.30 «Santalices e Cabanillas: dúas almas xémeas», Luis Rei. Bibliotecario de Cambados. Investigador sobre a vida e obra de Ramón Cabanillas
17.00 Coloquio
17.30 Pausa
18.00 «Impressões sonoras»
- Ramom Pinheiro. Director Artístico de A Central Folque - Centro Galego de Música Popular
- Xavier Paz. Director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, propietario da Livraria Torga e dinamizador cultural
18.30 «Faustino Santalices Muñiz: gardián, conservador e difusor do legado Santalices», Santiago Prado Conde. Antropólogo, Universidade de Vigo
19.00 «Santalices e a literatura galega de tradiçom oral», José Luis Forneiro. Professor titular de Língua Portuguesa na USC e estudioso do romanceiro de tradiçom oral da Galiza
19.30 Coloquio

NOITE
20.30 Visita á exposición Faustino Santalices. Ciencia da gaita, Consciencia da zanfona. Tradición Musical Galega guiada polos comisarios Félix e Cástor Castro no Museo Municipal de Ourense
21.30 Petisco libre pola cidade vella de Ourense
22.30 Concerto Café Cultural Auriense

SÁBADO 12 de Marzo de 2011
MAÑÁ: Ciencia da gaita
10.00 «Santalices construtor da gaita. Apuntamentos técnicos»
- Olimpio Xiráldez. Gaiteiro e frauteiro. Artesán de gaitas e frautas. Membro da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos
- Moncho Marín. Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño e Ilustración. Debuxante etnográfico, membro e colaborador do Museo do Pobo Galego
Con explicacións de Moncho Marín sobre a realización dos planos co despece de dúas gaitas de Do e Si Bemol de Faustino Santalices
11.00 Coloquio
11.30 Pausa
12.00 «Organoloxía da gaita, repertorio, o toque pechado», Félix Castro. Músico tradicional, avogado e investigador. Membro da AOFT Gomes Mouro
12.30 «O caderno perdido de Faustino Santalices. A música tradicional galega como fonte xeradora de recursos endóxenos», Iván Area. Gaiteiro. Coordinador xeral do proxecto Ronsel (ronsel.uvigo.es). Profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo
13.00 Coloquio
13.30 Xantar oficial (Prezo por comensal 20 ?. Para participar é necesario facer reserva no e-mail abanaeventos@gmail.com)

TARDE: Consciencia da zanfona
17.00 «A zanfona ibérica, usos e tipoloxías», Xulio García Bilbao. Documentalista na Axencia EFE, cofundador da Asociación Ibérica de la Zanfona. Autor de varios artigos e conferencias sobre o instrumento
17.30 «Santalices e a zanfona. Os cantares de cego», Pancho Álvarez. Músico
18.00 Coloquio
18.30 Pausa
19.00 «Como se fai unha zanfona», obradoiro a cargo de Xaneco Tubío. Artesán de zanfonas
19.30 Mesa Redonda: «O legado a valorizar de Faustino Santalices»
- Antón Seoane. Músico e psiquiatra, membro de Milladoiro dende a súa fundación no 1978
- Luciano Pérez. Responsable técnico da colección de instrumentos musicais do CENTRAD-Deputación de Lugo
- Xaime Estévez Vila. Etnomusicólogo e Dr. en Ciencias da educación
21.00 Conclusións e encerramento do acto

NOITE
21.30 Petisco libre pola cidade vella de Ourense
23.00 Repichoca Zanfoneira no Café Cultura Auriense


Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-03-2011 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de cantares e percusión ibérica por Eliseo Parra
A Asociación O.C.T. " A Volta do Agro", organiza os vindeiros 12 e 13 de marzo, un curso intensivo de cantares e percusión ibérica, impartido por Eliseo Parra.

O Obradoiro terá 16 horas de duración, repartidas entre o sábado e o domingo e o prezo será de 80 ?.
Para máis información e reserva de praza:
651 672 551
620 689 754
avoltadoagro@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-03-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Datas dos Concursos de Xacarandaina (A Coruña)

Xa están fixadas as datas dos Concursos de Xacarandaina:

- Concurso Interno o 8 de maio no Colexio Calvo Sotelo

- XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina o 29 de maio no Coliseum de A Coruña

-XXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina o 5 de xuño no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-03-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Faustino Santalices (Ourense)
Concerto homenaxe. A zanfona na Galiza no S. XXI

26 de febreiro no Auditorio Municipal de Ourense, de 11:00 a 13:30 h. e 18:00 a 20:30 h. con xantar de confraternización polo medio

«Pro atópome contenta, / pois logo hei de ser vingada Por un home que loitou / pra verme resucitada,
I-as miñas rebustas netas, / novamente frabicadas, han de tocar os sons doídos / i-as alegres foliadas, co-as sinxelas melodías / ni-istes tempos olvidadas.»

De «Fala a zanfona» (1956)
Faustino Santalices

A pesar das importantes mudanzas experimentadas nos últimos 50 anos, cun crecente número de luthiers e intérpretes, a zanfona dista de ocupar un espazo central na música galega actual.

Sanfonices quere reunir aos zanfoneiro/as galego/as nunha homenaxe ao recuperador da zanfona, e amosar unha visión ampla da zanfona na Galiza como instrumento vivo, presente e integrado na música.

Sanfonices abre un espazo común de creatividade e interpretación no que dez zanfonistas consolidados/as apadriñarán a dez zanfonistas emerxentes para un espectáculo que será gravado e publicado nun cd colectivo.

PARTICIPANTES
Antón Castro,
Anxo Lois Pintos,
Begoña Riobóo,
Carlos Beceiro,
Carlos do Viso,
Chechu Saburido,
Iván Costa,
Jaime Rebollo,
Lucía Comesaña,
Luis Caruncho,
Oscar Fernández,
Pablo Bernárdez,
Pancho Álvarez,
Paulo Fernández,
Tino Baz,
Xaime Rivas
e convidados
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornada de música e baile tradicional de Eirís (A Coruña)
Presentámos a II Xornada de música e baile tradicional de Eirís.

Será un curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro sábado 19 de Febreiro do 2011 en horario de 10 a 14 da tarde e de 16 a 20 horas no CCM de Eirís (A Coruña).


Daniel Bellón (nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985) sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega.
Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.

Prazas limitadas.
Para inscribirse, chega con mandar un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chamar ao 663 323 146.


Toda a información do curso en http://xornadaseiris.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2011 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Bases I Concurso de Gaita para Solistas Concello de Vigo
Bases:

Impreso rexistro

O I Concurso de Gaita para Solistas terá a fase final o 30 de abril no Auditorio Municipal

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores o I Concurso de Gaita para Solistas Concello de Vigo, para o que as persoas interesadas poden inscribirse dende mañá, 10 de febreiro, ao 1 de abril. A fase final do concurso celebrarase o 30 de abril no Auditorio Municipal. Segundo o nacionalista, con esta iniciativa, que se pon en marcha coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, dase resposta a unha "eiva histórica" no eido da música tradicional.

Xesus López destacou que dende a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural "seguimos a traballar para que aquelas persoas que destacan no eido da cultura teñan espazos nos que expresarse, pero tamén que os vigueses e viguesas poidamos gozar da súa capacidade creativa e interpretativa". Neste sentido afirmou que o concurso é unha oportunidade para os participantes e un xeito de "ofrecer espectáculo", posto que conseguen "sacar o mellor de si mesmos".

O concelleiro de Cultura sinalou que o concurso está dirixido a solistas, ao considerar que "unha soa gaita permite apreciar o mellor do seu son". Agradeceu ao presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a súa colaboración, porque asegurou que con persoas como Roberto Giráldez "é moi doado facer cousas e que saian adiante".

Roberto Giráldez explicou que poderán participan na iniciativa todos os gaiteiros e gaiteiras que o desexen, vestidos cos traxes tradicionais, pero que só se admitirán instrumentos tradicionais galegos. Apuntou que o concurso vaise celebrar o 30 de abril "sempre e cando non se superen as 10 inscricións" e que se hai máis haberá unha fase eliminatoria anterior. As bases poderán consultarse a partir de mañá nas web vigocultura.org e centrosculturaisvigo.es.

Concederanse tres premios, dotados con 2.000, 1.000 e 500 euros, respectivamente, así como 100 euros en "gastos de participación" para os que participen na final. O presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo avanzou que o xurado estará composto por "persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional", que valorarán tanto a interpretación como o vestiario das persoas participantes.

Roberto Giráldez agradeceu á Concellería de Cultura e ao seu equipo encabezado por Xesus López o seu traballo, porque asegurou que "o doado é facer propostas e que esas propostas sexan atendidas".

http://xornal.vigo.org
Comentarios (42) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-02-2011 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Monográfico E-trad: Cantares de Entroido
Monográfico: Cantares de Entroido. Javier Feijoó (Chisco)
Día 4 de marzo de 2011

16h a 18:30h

Aulas da e-Trad (Vigo)
20 prazas
práctico
Último día de matriculación o 25 de febreiro 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)

Monográfico adicado a calqueira persoa que desexe coñecer esta expresión da cultura tradicional galega, vencellada á celebración dos Entroidos en Galiza. Cantares elaborados cada ano con letras satíricas acerca dos acontecementos máis salientables.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 3h.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-02-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai 7 grupos no Cantalingua 2011

Xa podes votar por unha das 7 cancións que xa están no concurso:

- Laberinto por Electróxeno
- O Mundo ao revés por Zenzar
- Andurinha por CabRaret
- Noite Meiga por Esquíos
- Do sur ao norte por Volvox
- Palestino por Labazada
- Miño Man por Kapitán Planeta

Recordade que ata o 10 de abril podedes apuntarvos e participar no Cantalingua 2011

Komunikando.net/cantalingua
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo concurso musical

O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Airiños de Rock & Roll
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o concurso "Airiños de Rock & Roll".

Gustaríache tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a DEF CON DOS e O?FUNK?ILLO ?


Dous dos grupos participantes terán esta oportunidade. Ademáis tódolos membros dos grupos participantes terán a oportunidade de acudir ó encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo músico PEPE BAO

Poderán participar todos los grupos musicais formados por mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2011. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre 14 e 16 anos.

O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.

Podes ver as bases do concurso aqui
Podes descargarte o boletín de inscripción aqui
Podes ver o cartel do programa aqui
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Certame `Novo Son` na Radio Galega

Coa finalidade de promover a cultura musical e o traballo creativo da mocidade do noso país, a Radio Galega convoca a primeira edición do Certame ?Novo Son?, un concurso que pretende descubrir e difundir o talento musical dos grupos e solistas galegos.

Novo Son está aberto á participación de todos os músicos galegos maiores de 16 anos que conten cun repertorio propio dun mínimo de 30 minutos.

Consultade as bases e enviade axiña as vosas creacións: cancións orixinais e en galego, nunca antes difundidas a través doutro concurso nin editadas comercialmente. Non esquezades indicar en que categoría queredes competir porque o certame establece tres apartados musicais: pop-rock, músicas do mundo (tradicional e universal) e músicas urbanas (reggae, hip hop, funky, rap?).

A finais de marzo remata o prazo de recepción de cancións e comezan as votacións. A audiencia da Radio Galega será a encargada de elixir os finalistas e mailo Premio do público, namentres un xurado profesional decide quen son os gañadores deste I Certame de Músicas Emerxentes, un en cada categoría.

Todos os grupos ou solistas distinguidos terán a oportunidade de gravar unha maqueta nos estudios da Radio Galega, gozarán dun amplo seguimento e difusión nos programas desta casa e participarán nunha iniciativa creada para a promoción da actividade e a creatividade musical da mocidade galega.

Desta volta a Radio Galega non busca ningunha canción do verán, primeiro porque non estamos no tempo, e tamén porque este novo certame nace para potenciar o enxeño, a capacidade creativa e a orixinalidade dos músicos galegos que buscan, dende aquí, tentar os espazos sonoros do mundo enteiro sen caer na tentación da frivolidade.

Máis información:
http://ww2.crtvg.es/mu/novoson
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de rock Deputación da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña convoca o IV concurso de rock.
Data: prazo até 15-02-2011.

IV Concurso de rock ?Deputación da Coruña?


Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o IV Concurso de rock ?Deputación da Coruña?.

Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.

Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2011.

Para a audición dos Cd recibidos, o presidente da Deputación nomeará unha comisión composta por tres expertos en rock que seleccionarán aos grupos que accederán á fase de actuación en directo.
Á fase de concerto accederán cinco grupos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos.

A organización do concurso facilitaralles aos grupos que accedan á fase de concerto en directo, equipo de son, escenario e equipo de iluminación; tamén fixará os horarios das probas de son e da actuación de cada un dos grupos.
O xurado logo da actuación en directo dos grupos seleccionados, que terá lugar no mes de agosto nun concello da provincia, formulará proposta de concesión dos premios sinalados na cláusula sétima.

Os grupos que participen nesta fase recibirán a cantidade de 300 ?, a cada un deles, en concepto de indemnización por gastos de desprazamento.

As contías dos premios que serán concedidos son as seguintes:
1º clasificado: 3.000 ?
2º e 3º clasificado: 1.500 ?
4º e 5º clasificado: 1.000 ?

Bases
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
VII Certame de Cantares de Reis (Boimorto)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-12-2010 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
VII dia do Orgullo Gaiteiro (Ourense)

"VII dia do Orgullo Gaiteiro"
Ourense, sábado 11 de decembro 2010


Todas as actividades serán no Auditorio Municipal de Ourense (R/ da Canle, entrada libre e gratuita)

Para a cea, hai que reservar nos teléfonos 654173524 (Gonzalo) - 658370849 (Fernando), ou a través do correo electrónico: gabelairas@yahoo.es, antes do xoves dia 9 de decembro o precio é de 20?, (15 para alumnos-asociados da AOFT GOMES MOURO)

http://www.myspace.com/538417963
http://club.telepolis.com/gabelairas/
http://aoftou.wordpress.com/
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
XXII Xornadas da Gaita en Ferrol
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 22 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Este ano, organizadas polo Ateneo Ferrolán, as XXII Xornadas da Gaita, celebraranse o sábado día 11 de decembro de 2010 ás 20:00h. no Centro Cultural ?Torrente Ballester?. (Haberá servizo de ?barra?). Entrada de balde.

Coas actuaciós de:

· AIRINHOS DEL CAMPITO
· BERROS DO CASTRO (Unha imaxe, unha melodía .... un recordo)
· SOBRE RODAS (Dúo zanfonas. Luis Caruncho e Carlos Do Viso)


Desde o Ateneo Ferrolán, agradecemos a colaboración da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol - Cultura.
Unha das características específicas é a participación de grupos de música folk galega, que teñan na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable.


Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2010 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Fase final do concurso `Ao mesmo son´ (Vigo)
Os grupos Romasanta, JIT, Ataraxía e Vacalouras compiten o venres na final do concurso "Ao mesmo son"

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou a fase final do concurso "Ao mesmo son", que se celebrará o vindeiro venres na Sala Infierno coa actuación dos catro grupos finalistas e as actuacións de Berrogüetto e os vigueses The Crass.

"Estamos moi satisfeitas porque a participación foi moi boa", afirmou a concelleira. Presentáronse quince temas, dos que catro chegaron a fase final. Os grupos JIT, Romasanta, Ataraxía e Vacalouras serán os que o venres actúen por última vez diante do xurado para definir os tres primeiros premios.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Final do Xuventude Crea 2010

Projecto Trepia
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-11-2010 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [17]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0