O vindeiro 29 de abril Tequexetéldere organizara a 8ª Edición do Concurso de Baile Tradicional.
Máis info en www.tequexeteldere.aestrada.com
Trinta agrupacións de toda Galicia participarán este vindeiro domingo día 29 de abril, no Teatro Principal da Estrada, na VIII Edición do Concurso de Baile Tradicional que organizamos dende Tequexetéldere.
Tal e como se explica nas bases do concurso, este se fará en horario de mañán (a partir das 11 hs) e tarde (a partir das 17 hs). A taquilla para a retirada das entradas estará aberta 30 minutos antes do comezo do certame.
Debido o pouco aforo do Teatro Principal da Estrada, arredor de 370 butacas, recomendamos se poñan en contacto coas directivas das súas asociacións ou agrupacións para reservar entradas, xa que é a única maneira de poder facer reserva das mesmas, (so se fará reserva por grupo, non a nivel individual), e estas deberán ser retiradas e abonadas na taquilla do Teatro unha hora antes do comezo do certame, senon serán postas a venda.
Cada entrada ten un prezo de 3 euros, non hai descontos por grupos, nin familias numerosas, nin por vir de moi lonxe, e só será valida para unha xornada, ou de mañán ou de tarde, esto quere dicir que si se quere ir pola mañán e pola tarde o custe das entradas será de 6 euros, e tal e como se dixo anteriormente sen desconto algún.
Aquí vos deixamos as bases do concurso.
Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o VIII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.
Estableceranse catro categorías para participar:
-Categoría A: Ata os 9 anos.
-Categoría B: de 9 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos
A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.
Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....
Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos ).
Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
O concurso celebrarase o Domingo 29 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)
O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 22 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data).
A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).
O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.
Establecerase a seguinte cuantía de premios:
Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 ?)
-Segundo premio (120 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría C:
-Primeiro premio (180 ?)
-Segundo premio (150 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría D:
-Primeiro premio (240 ?)
-Segundo premio (180 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).
Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.
2º premio categoría A no concurso de pandereteiras da AX Xiradela (Arteixo 2012) "Laretas" da ACF Tarambainas. Jota, ribeirana e agharrado de Aboal (Mondariz)
2º premio categoría C no concurso de pandereteiras da AX Xiradela (Arteixo 2012) "Meniñas" da ACF Tarambainas. Canto, empuñada e maneo de Anxeriz (Tordoia)
Ganadoras do 3º premio da categoría C Farraxeira
1º premio da categoría D Grupo de pandereteiras Lilaina, da A.C. O´ Castro de Miño, Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes).
2º premio cat D no concurso de pandereteiras da AX Xiradela en Arteixo Lagharteiras canto, pateado e muiñeira de Torea (Muros)
Festival Antrospinos comprácese en comunicar a nova edición do concurso Teloneiros FAP 2012, unha oportunidade única para todos aqueles músicos que están a comezar a súa carreira artística e buscan un lugar no que promocionarse.
O Festival que se celebrará desta volta en Taragoña (Rianxo) os días 27 e 28 de xullo acollerá outro ano máis o escenario Carballo no que se darán cita na tarde do sábado, despois da Matraquillada, os concertos máis vibrantes, rompedores e enerxizantes, os interpretados polos dous grupos gañadores do concurso Teloneiros 2012!
Se es galeg@, tes un grupo de música ou es cantautor/a e desexas promocionarte, non o dubides, preséntate ao noso concurso enviando un correo-e ao enderezo festivalantrospinos@gmail.com co teu nome completo, nome do grupo, breve descrición do estilo musical e un vídeo para podermos ver a túa graza sobre o escenario.
Só con isto entrarás a formar parte dos concursantes de Teloneiros. Os dous grupos gañadores serán informados na segunda semana de xuño, poñéndonos en contacto con eles a través do mesmo correo-e.
O premio será formar parte do Escenario Carballo ademais do aboamento dunha cantidade por desprazamentos.
O concurso ponse en marcha a partir de hoxe, 18 de abril de 2012, e remata o 5 de xuño ás 00.00 h. A partir deste intre non se recollerán máis propostas.
Apúntate, estamos ansiosos por recibir as túas mostras de talento!
Saúde e festa,
Equipo FAP
Asociación Cultural Festival Antrospinos
XIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 22 de Abril de 2012 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 9 de Abril de 2012. Poderanse enviar tamén os seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es A folla de inscripción poderá descargarse dende a páxina web da asociación: www.xiradela.es
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.
13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 22 de Abril de 2012.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 620 18 77 74 (tarde) / 650 14 56 08 (mañá)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Co obxeto de promover as bandas-artistas musicais noveis da cidade de Vigo,convócase un concurso cuxo premio final será a actuación no escenario ?Concellería de Xuventude? o día ?MalaherbaRock? (7 de Xullo), dentro da 6ª edición do festival ?Sons da Lameira? que transcorrerá nos días 6 e 7 de xullo en Matamá (Vigo).
Podedes consultar as bases do concurso no arquivo adxunto, ou no seguinte enlace http://www.xuventudevigo.org/vigosonico/.
Tedes só ata o 22 de Abril para formalizar as inscripcións!!!
Agradeceríamos moitísimo a difusión deste concurso.
Paínho do Mal Tempo obtén o Premio do I Concurso de Cuartetos Tradicionais do Toxos
A formación pontevedresa Paínho do Mal Tempo obtivo onte o I Premio do Concurso de Cuartetos tradicionais convocado polo Real Coro Toxos e Froles, un galardón que leva consigo 1.500 euros.
Nunha ?reñida decisión?, así o comentou o xurado, esta formación impúxose a Canle Dadá, de Nigrán; Xente Nova, de Ferrol; e Os Picurruchos, de Lugo. Chiquirindaina, de Pontevedra, outro dos finalistas non se presentou á cita.
Os cuartetos actuaron durante cinco ou seis minutos, sendo obrigatorio un ritmo de xota ou muiñeira.
O xurado estivo composto por Arturo Lamas, Fernando Dopico, Eliseo Zaera e Andrés Tojeiro. Ao rematar o concurso, os seus membros quixeron destacar o ?gran nivel? do certame e insistiron nas dificultades da elección do gañador.
Domingo 6 de maio no auditorio Manuel Dopazo (Bandeira-Silleda)
BASES DO XII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA
1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.
2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.
3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.
4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción) e orde de presentación do boletín de inscripción.
5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.
6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.
7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.
8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ao ano seguinte de exhibición.
9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.
PREMIOS
BAILE:
1º PREMIO: 1500 ? e trofeo
2º PREMIO: 800 ? e trofeo
3º PREMIO: 500 ? e trofeo
O prazo de inscripción remata o vindeiro 8 de abril de 2012.
PREGAMOS QUE VOS INSCRIBADES O ANTES POSIBLE.
DATOS DE CONTACTO:
E-mails:
fortindapomba@yahoo.es;
josefaferreiro@edu.xunta.es.
O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo.
Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
Sorteamos entre aqueles que envien os seus jingles en mp3 a musicaengalego@gmail.com antes do 29 de febreiro unha "lingua de xato salgada"
O jingle debe conter necesariamente "radio musica en galego"
Os jingles enviados serán emitido pola nosa radio on line musicaengalego
Os jingles deberán estar feitos en galego
Como vedes o concurso foi a proposta e en colaboración coa Liga Nacional da Billarda a que non saberemos xamáis como agradecer a súa colaboración
O programa a Solaina da TVG está organizando un concurso de baile tradicional (individual, parellas e grupos ata 8 persoas).
Buscamos os reis da muiñeira! Se o seu é o baile tradicional xa non ten escusa para non compartir o seu talento con todos nós. Apúntese no noso concurso para ser o rei da muiñeira, é moi doado!!! Só ten que seguir as instrucións do vídeo.
Chámenos ao teléfono 881 997 989 ou escribanos ao mail asolaina@crtvg.es
O Toxos e Froles decidiu suspender o concurso de baile que se ía celebrar o sábado, día de San Xiao, no teatro Jofre.
Inscribíranse tres agrupacións que cumprían os requisitos das bases, pero desde o coro decidiuse que era preciso un mínimo de seis para poder realizar con éxito o espectáculo que tiñan previsto. ?Non sabemos por que non funcionou?, comentaba onte o presidente do coro, Arturo Lamas.
?Era un proxecto arriscado, moi bonito. Xa só bailar no Jofre é un aliciente para os grupos?, apunta. Tamén o premio, 3.000 euros, era unha contía que podía atraer a xente de toda Galicia. Polo de agora van tentar falar cos posibles participantes para ver que foi o que os botou para atrás e estudarán a posibilidade de volver intentar esta fórmula en datas vindeiras.
O que si teñen xa perfilado desde o Toxos é destinar eses 3.000 euros a certames máis reducidos, que se celebrarían na súa sede, na rúa Magdalena. Visto o éxito da competición de duetos de gaita e percusión, queren realizar proxectos similares para cantareiras e para cuartetos tradicionais. Ademais, haberá unha segunda edición do de dúos, destinado a menores de idade e que se celebrou o pasado 3 de decembro. ?Saíu moi ben e a xente quedou moi contenta. Pensamos que ía ser moito máis difícil. Repetímolo seguro?, explica Lamas.
Os plans para os vindeiros meses, á espera de que se concreten definitivamente, pasan tamén por comezar a dar clases de acordeón, orientadas á música tradicional. Reforzaríanse así as escolas do Toxos, un puntal no que se apoia a actual directiva para manter os seus sinais de identidade e crear canteira para o futuro. Na actualidade, dáse formación de gaita (para adultos e nenos), baile e percusión. Tamén se imparten clases de encaixe de bolillos e de bordado.
Balance
De 2011 despídense satisfeitos. ?Rematámos o ano ben, con bastantes actuacións?, apunta o presidente do coro. O obxectivo é seguir movéndose por toda Galicia e manter a entidade, continuar facendo cousas. ?Estamos contentos porque vamos tendo xente e seguimos adiante?. Contan con 45 persoas no coro, dez no grupo de cantareiras e outras dez no instrumental.
Respecto á débeda do Toxos, o ano pechouse con preto de 20.000 euros amortizados, co cal o montante reduciríase a uns 140.000 ?dunha cifra inicial de 180.000, segundo o presidente?. Os plans de redución progresiva vanse cumprindo aínda que, como lembra Arturo Lamas, todavía non se acabou de pagar o que se lle debe ós traballadores. Despois irán cobrando os proveedores.
Precisamente este problema económico foi un dos detonantes da crise institucional que padeceu a entidade, case centenaria, cun conflito interno que motivou a saída do anterior responsable, Pedro Sanz, e a toma das rendas do actual equipo, coordinado por Arturo Lamas, en febreiro do ano 2010.
Un ano máis estamos xa a traballar nun novo Certame de cantares de reis. Este ano imos atopar novidades, a máis destacable é a ausencia de premios, aínda que se seguirán facendo valoracións por parte do xurado.
Tamén, salientar, que comezaremos o sábado 7, xa pola mañá. Distribuiranse as cuadrillas polo noso Concello e polos concellos limítrofes a cantar todos á mesma hora (contra o mediodía). Despois poderán xuntarse todos nun xantar e a continuación, sobre as catro, catro e media dará comezo o VIII Certame de Reis, onde as cuadrillas cantarán e escenificarán un canto de reis.
Non debemos esquecer que o principal fin deste Certame é a recuperación dos cantos populares de reis que forman parte da nosa identidade como pobo e que se estaban a perder co paso dos anos como xa aconteceu con outras tradicións galegas. Outra das novidades é que ao longo do ano irase gravando un disco, con todas as cuadrillas, con cada un dos cantos que participaron na mostra.
O programa que temos pensado desenvolver este ano con motivo do Certama de Reis é o seguinte:
* Obradoiros semanais de cantos de reis para nenos/as e adultos en Boimorto e nos concellos limítrofes. É importante darlle pulo a este Certame mediante o espallamento e reafirmación da tradición dos Cantos de Reis na comarca da Montaña. Creación de novas cuadrillas por todos os Concellos limítrofes (Sobrado, Vilasantar, Melide, Toques, Arzúa...) ofertándolles obradoiros para a súa formación
* Cantos de reis pola comarca. O sábado 7 pola mañá distribuiranse as diferentes cuadrillas polos concellos limítrofes para cantar os reices todos xuntos á mesma hora, dándolle así un carácter máis comarcal a esta celebración. A continuación faremos un xantar e ese mesmo día pola tarde realizarase o Certame.
* Expositores de artesanía.
* Despois do Certame poñeranse uns pinchos para os participantes.
* Ó día seguinte celebrarase un Encontro sobre os Reises, onde, ademais de expoñer as diferentes ponencias tentaramos deixar deseñado o Certame do ano seguinte. Esperamos contar co albergue de Boimorto para telo a disposición das cuadrillas.
* Gravación dun disco para repartir polas asociacións e grupos que traballan a música e a tradición galega.
Os/as interesados/as poderán poñerse en contacto coa organización do certame no Concello (981 51 60 20) preguntando por Silvia Cea ou Yolanda Barreiro.
En breve poñeremos neste mesmo enlace as bases do Certame.
Desde o Concello de Boimorto animamos a todos/as a participar nesta nova Mostra-Certame de Cantos de Reis.
O Real Coro "Toxos e Froles" crea o I Concurso de Baile Tradicional Galego, para dar a coñecer o traballo das agrupacións que desenrolan o seu labor a prol de conservar e amosar unha parte importante da nosa cultura inmaterial.
O evento terá lugar o vindeiro día 7 de xaneiro de 2012, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.
As agrupación interesadas podedes incribirvos enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podedes atopar aquí:
O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Dúos Gaita-Percusión para menores de 18 anos, co fin de dar a coñece-lo traballo que se está a realizar nas escolas de música tradicional e tamén como medio para que os xoves instrumentistas que están a vivi-las súas primeiras experienzas neste eido musical poidan darse a coñecer
Sábado, 03 Decembro de 2011 ás 19:00
Sede do Real Coro Toxos e Froles
Rúa Magdalena, 220
Ferrol
Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
Resultados das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que tiveron lugar no auditorio do C.C Valadares de Vigo o pasado domingo 27 de novembro
Categoría de baile
1º premio: Traspés (Vigo).2.000 euros, medalla e diploma.
2º premio: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela). 1.000 euros, medalla e diploma
3º premio: Trébede de Marín. 500 euros, medalla e diploma
4º premio: Xirandola de Bandeira. Accésit de 200 euros
5º premio: Andarela de Vigo. Accésit de 200 euros
6º premio: Os Xeitosos de Trazo. Accésit de 200 euros
7º premio: A Buxaina de Coruxo (Vigo)
Premio ó mellor acompañamento: Traspés de Vigo. 300 euros.
Premio ó mellor vestiario: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela). 500 euros
Premio á mellor coreografía arranxada: Andarela de Vigo. 1.000 euros
1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 31 de outubro de 2011, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da IV Foliada de Sada.
2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.
3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.
4. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do baile da 1ª parella participante no concurso. A folla de inscrición poderá enviarse ao correo grupoqueiroa@gmail.com ou entregarse ao comezo do concurso. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de
inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de dez parellas inscritas.
A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo
electrónico, o mesmo día da inscrición.
5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un
quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas
interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente
galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.
6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.
7. Establécense os seguintes premios:
1º Clasificado: 150 ?
2º Clasificado: 100 ?
3º Clasificado: 50 ?
Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150 ?.
8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os
participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de
recibir o premio.
Para calquera dúbida, chamar ao teléfono: 615222046 (Miguel)/617940833 (Luis)
O domingo 30 de outubro terá lugar no Centro Cultural de Valadares a presentación das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que organiza coa colaboración da Asociación Cultural Interfolc.
O acto terá lugar ás 19:00 horas no CCAR DE VALADARES e contará coas actuacións de:
- A.F. Corisco
- O Tarabelo de E.M.D.
- A.F. Lembranzas Galegas
O domingo 27 de novembro terá lugar no Centro Cultural de Valadares o final das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas coa participación de:
- Andarela de Vigo
- Trebede de Marín
- A Buxaina de Coruxo (Vigo)
- Os xeitosos de Trazo (A Coruña)
- Xirandola de Bandeira (Silleda)
- Colexiata do Sar (Santiago)
- Traspes de Vigo
Gupo convidado:
- Dúo de gaita e piano
- Jose M. Fernández Gutierrez "Guti"
- Jesús A. Arévalo Manzano
BASES DE PARTICIPACIÓN NAS XII XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS
1. A Concellaría de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 30 de outubro e 19 e 27 de novembro de 2011 no Centro cultural de Valadares. O acto de presentación será o domingo, 30 de outubro, ás 19:00 horas.
O día 19 de novembro, sábado, actuarán seis agrupacións ás 17:00 horas e outras seis ás 20:00 horas.
O día 27 de novembro, domingo, ás 19:00 horas, terá lugar a final das xornadas.
2. Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos. Neste sentido o xurado poderá requirir a presentación dalgún documento de identificación de calquera das persoas participantes.
3. A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n ? 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, ata as 13:30 horas do día 15 de outubro de 2011. O devandito impreso de solicitude poderase conseguir na oficina de Información do Concello de Vigo ou a través da páxina web www.vigo.org.
4. O comité organizador das xornadas terá por compoñentes tres membros da Asociación Cultural Interfolc e un técnico do servizo de Festas do Concello de Vigo. Este Comité seleccionará entre todas as solicitudes recibidas un total de doce agrupacións. Teranse en conta os seguintes criterios: calidade do grupo, experiencia nacional e internacional, participación noutros certames ou festivais, premios obtidos, número de compoñentes.
5. As agrupacións participantes comporanse necesariamente de corpo de baile e grupo de acompañamento, e vestirán todos eles o traxe tradicional. Ningún bailarín ou grupo de acompañamento poderá tomar parte nas xornadas con máis dunha agrupación; isto sería motivo de descualificación para as agrupacións implicadas.
6. Cada agrupación seleccionada bailará en dúas intervencións diferenciadas, cunha duración mínima de 3 (tres) minutos e máxima de 5 (cinco) minutos cada unha delas (o cómputo do tempo de cada peza iniciará cando soe algún instrumento ou voz de canto) e que deberán indicar no impreso de solicitude de inscrición, xunto co seu historial completo e detallado; non poderán ser cambiadas sen consentimento do comité organizador. As agrupacións que se clasifiquen para a fase final deberán cambiar unha das pezas obrigatoriamente.
7. A orde de actuación das doce agrupacións seleccionadas decidirase mediante sorteo público (ao que poderá asistir un representante por cada grupo) que se realizará na Casa do Concello o día 18 de outubro de 2011 ás 12:00 horas.
8. O xurado das xornadas será designado polo comité organizador e estará presidido pola concelleira de Festas do Concello de Vigo ou persoa en quen delegue. Como vogais actuarán catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da danza e da música tradicionais galegos. Como secretario/a actuará un/unha empregado/a municipal designado/a polo comité organizador, con voz e sen voto.
9. O xurado valora de 0 a 10 puntos a cada agrupación e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento. Será motivo de descualificación non axustarse ós prazos de tempo estabelecidos para cada danza na base número 6.
10. O veredicto do xurado farase público ao remate da segunda quenda de actuacións, e pasarán á fase final as seis agrupacións que obteñan maior puntuación, que volverán actuar con dúas danzas o día da final seguindo rigorosamente a orde inicial. En caso de empate resolverá o voto de calidade do presidente do xurado.
11. Os premios estabelecidos polo comité organizador serán os seguintes:
1º premio: 2.000 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros, medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 200 euros.
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.
O xurado non poderá deixar deserto ningún dos devanditos premios.
Estes premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación. O comité organizador aboaraos, mediante transferencia bancaria, nos quince días hábiles seguintes ó final das xornadas, así como os gastos de desprazamento. Co obxecto de realizar estes pagamentos, as agrupacións deberán achegar obrigatoriamente á solicitude de inscrición unha fotocopia compulsada do CIF e unha certificación bancaria.
12. O veredicto final do xurado farase público tras a actuación das seis agrupacións finalistas e da correspondente deliberación. A continuación entregaranse os premios.
13. O comité organizador aboaralle a cada agrupación participante de fóra do termo municipal de Vigo a cantidade de 300,00 euros en concepto de gastos de dietas e desprazamento e 150,00 euros no caso das agrupacións da cidade. Así mesmo, aboaráselles estas mesmas cantidades aos seis finalistas pola segunda asistencia ao acto final. Os devanditos gastos deberán acreditarse cos correspondentes xustificantes.
14. A organización das xornadas declina calquera responsabilidade sobre os posíbeis accidentes ou danos que os participantes poidan sufrir durante a súa participación.
15. A mera solicitude de inscrición nas xornadas supón a aceptación plena das presentes bases. Así mesmo, os veredictos do xurado serán inapelábeis.
16. O comité organizador e o xurado quedan facultados para resolver as posíbeis controversias ou dúbidas que poidan xurdir na interpretación das presentes bases, así como para tomar iniciativas que contribúan ao bo desenvolvemento das xornadas.
17. Os espectáculos incluídos nas xornadas serán destinados ao público en xeral. O acceso ao recinto das actuacións será publico e gratuíto, limitándose o número de asistentes ao aforo do dito recinto.
Os grupos gañadores do V Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo celebrado este pasado domingo 16 de Outubro son:
1º Premio - Painho do Mal Tempo (A Estrada)
2º Premio - Canle Dadá (Vilagarcía)
3º Premio - Gueimaría (Ribeira)
Dende a organización agradecer enormemente a todolos asistentes ó evento e ós nove grupos participantes:
Picuiña, Os Fonte Suairas, Os Chancros, Mulime, Escabia, Chiquirindaina, Painho do Mal Tempo, Canle Dadá e Gueimaría.
Xa só nos queda decir, se hai sorte ... de aquí nun ano!!!!
O vindeiro domingo 16 de Outubro, en Luou, Concello de Teo, terá lugar a quinta entrega do seu Concurso de Música Tradicional.
Nesta edición destaca o éxito de participación acadado, xa que serán 13 os Cuartetos que participarán nel.
Grupos participantes: Canle Dadá, GRB4!, Os Chancros, Estivada, Escabia, Altibaixo, Mulime, Gueimaría, Chiquirindaina, Paínho do mal tempo, Os Fonte Suairas, Polavila e Picuíña.
A fase previa dará comezo as doce da mañán no Local Social de Luou, e dela sairán os 8 Grupos que actuarán na fase final as seis da tarde.
Os premios serán:
1º Premio - 1.000 ? + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 ? + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 ? + Agasallo conmemorativo
Estades tod@s convidad@s a pasar un domingo distinto en Luou.
Por quinto ano comprácenos comunicarvos a celebración do Concurso de Cuarteros Tradicionais de Luou - Teo. A data de celebración será o domingo 16 de Outubro no Local Social de Luou.
Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.
Como novidade este ano creamos unha páxina en facebook na cal podedes consultar tamén a info do Concurso asi como ver as descargas: http://www.facebook.com/acamamoa
As bases e maila folla de inscripción desta IV edición do Concurso, por se queredes participar ou ben expandila información.
Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional.
As catro edicións anteriores demostran como
esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñecementos para desenvolver o seu quefacer diario.
Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza en distintos ámbios educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural, fomentando o respecto e valoración polo que é propio.
Pretendemos pois con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes
coñecementos para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible a involucración de todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc.
O Congreso de Ensinantes de Música Tradicional convértese xa, nunha actividade fundamental na que a educación é o punto de referencia e de partida no camiño a percorrer en prol da dignificación e difusión das nosas costumes e tradicións
venres, 7 de outubro
TARDE 16.00h. a 22.00h.
* 16.00 h: Recepción e reparto de material.
* 16.40 h: Acto de apertura do ?V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega?.
* 17.15 h - 18.30 h: I RELATORIO: Visita virtual á ?Casa da Gaita?. O primeiro museo galego adicado á gaita de fol. Asociación de Gaiteiros Galegos.
* 18.30 h - 19.00 h: DESCANSO.
* 19.00 h - 20.30 h: II RELATORIO: A zanfona como recurso dentro das aulas de música de primaria. Teresa Gómez.
* 20.30 h - 22.00 h: I MESA DEBATE: Estado actual da metodoloxía de aprendizaxe da zanfona en Galicia. Teresa Gómez, Paulo González, Xermán Díaz. Moderador Xaneco Tubío.
sabado, 8 de outubro
MAÑÁ 10.00h. a 14.00h.
* 10.00 h - 11.15 h: III RELATORIO: O ensino da gaita galega en nenos. Xaime Estévez.
* 11.15 h - 12.00 h: I COMUNICACIÓNS.
* 12.00 h - 12.20 h: DESCANSO.
* 12.20 h - 14.00 h: I OBRADOIRO: A música nas aulas con instrumentos humildes. Susa Herrera.
TARDE 16.00h. a 19.00h.
* 16.00 h - 16.45 h: PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL: ?Os instrumentos musicais na tradición galega?. Pablo Carpintero.
* 16.45 h - 18.15 h: II MESA DEBATE: Instrumentos cultos e populares na historia da música tradicional. Pablo Carpintero, Fernando Reyes, Luís Costa. Moderador Iván Area.
* 18.15 h - 19.00 h: IV RELATORIO: Os Morenos de Lavadores: Metodoloxía do estudo e procesos compartidos na música popular galega. Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo.
domingo, 9 de outubro
MAÑÁ 10.00h. a 14.00h.
* 10.00 h - 11.15 h: V RELATORIO: A música galega como terapia en idades temperás. Andrea Gómez.
* 11.15 h - 12.00 h: II COMUNICACIÓNS.
* 12.00 h - 12.20 h: DESCANSO.
* 12.20 h - 14.00 h: II OBRADOIRO: O ISO ou a nosa identidade sonora. Dra. Pilar Lago (UNED).
TARDE 16.00h. a 20.00h.
* 16.00 h - 17.20 h: III OBRADOIRO: Xogos tradicionais e populares. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
* 17.20 h - 18.20 h: VI RELATORIO: Xosé Afonso, o cantor e a música tradicional. Xosé Pumar e Mario Correia.
* 18.20 h - 18.40 h: DESCANSO.
* 18.40 h - 19.30 h: CONCERTO: Colectivo Xosé Afonso.
* 19.30 h - 20.00 h: CONCLUSIÓNS E CLAUSURA do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.
O sábado 8 de outubro, de 16.00h. a 18.00h. na SALA CIRCULAR do Auditorio, terá lugar a emisión en directo dende o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega do programa da Radio Galega ?Lume na Palleira
Podes atopar o boletín de inscrición en www.gaiteirosgalegos.com ou solicitálo na oficina da AGG. Este deberá ser enviado debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pago bancario, ben por correo postal á dirección:
Lugar de Quintán, 3 - Viascón (Cotobade). 36121 Pontevedra,
ou ao enderezo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com.
O prazo de inscrición rematará o 3 de outubro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.
Prégase comprobar dispoñibilidadede prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición
O grupo Canle Dadá foi o gañador do 44º Concurso de Gaitas de Ponteareas celebrado este domingo no auditorio Reveriano Soutullo. O cuarteto triunfador, orixinario de Vilagarcía de Arousa, está composto polos gaiteiros Pedro Álvarez e Ánxela Vidal, o tamborileiro Cristian Silva e o bombeiro Rafael Crespo. Como gañadores do primeiro premio correspóndenlles 1.800 euros, un diploma e medallas conmemorativas patrocinadas pola Deputación de Pontevedra.
En segundo lugar quedou o grupo Os Chancros, procedentes de Vigo, e gañadores de 1.200 euros patrocinados pola empresa Aquagest. En terceiro lugar situouse o grupo Senlleiro Soar, da comarca do Condado, e gañadores de 900 euros financiados polos empresarios e irmáns Rodríguez Sobral. O cuarto premio de 600 euros e patrocinado polo Concello de Ponteareas recaeu no grupo vigués Cuadrofenia.
Nesta edición tamén houbo un quinto premio dotado cun lote de material musical doado pola empresa "Zinye Distribucións Musicais", e que lle correspondeu o grupo Picuiña, procedente de Marín.
Nesta ocasión, o concurso foi dedicado ao percusionista natural de Areas e falecido en 1978 Manuel Leándrez Otero, a quen como recoñecemento entregóuselle un diploma a título póstumo.
O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa edición número 44
A cita máis antiga co folclore galego, o concurso de gaitas de Ponteareas, chega este ano á súa edición número 44. O alcalde, Salvador González Solla, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron onte o evento, que se celebrará o próximo 25 de setembro no auditorio Reveriano Soutullo.
O rexedor lembrou que «o concurso de gaitas de Ponteareas constitúe a cita máis importante de Galicia coa música tradicional, e como tal, dende ou Concello fanse os esforzos precisos para seguilo mantendo como tal». Nesta edición poderán participar todos os grupos tanto de Galicia como dos centros para galegos que existen polas demais comunidades de España ou mesmo no estranxeiro. O único requisito é que os instrumentos deben ser tradicionais e non poden ter ningún tipo de modificación ou variación. Os interesados deben anotarse antes do día 17 de setembro e o número máximo de participantes será de quince grupos.
«O concurso de gaitas non só contribúe a preservar, manter e espallar a música popular de Galicia na súa máis pura esencia, como é a de grupos formados por dúas gaitas, un bombo e un tamboril senón que fai que vos grupos participantes, tal e como especifican as bases, vistan o traxe tradicional completo e, nese sentido, tamén buscan e investigan sobre vestimentas tradicionais», apunta Andrés Sampedro.
Para que todos os veciños se implíquen nas celebracións, todos os participantes realizarán uns pasarúas o mesmo día do concurso desde a casa consistorial até o auditorio. O desfile, no que interpretarán pezas galegas, comezará ás 10.15 horas do domingo. Os grupos poderán tocar dúas pezas de raíz melódica en oito minutos e por participar recibirán 200 euros.
O primeiro premio de 1.800 euros estará financiado pola Deputación de Pontevedra; o segundo de 1.200 euros correrá a cargo de Aquagest; o terceiro premio de 900 euros financiarao a fundación Irmáns Rodríguez Sobral; o cuarto premio de 600 euros achegarao o Concello de Ponteareas; e un quinto premio, consistente en material musical, será doado por Bannatyne Pipe Bags. Ademais, todos os participantes recibirán 200 euros por, sendo quince o número máximo de grupos.
Máis información no Departamento municipal de Cultura (986661675).
A vixésima edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón proclamou gañador por terceira vez ao ourensán Pablo Devigo.
O mozo músico de Castro Caldelas fíxose acredor do triunfo nunha velada celebrada onte no teatro Jofre na que interpretou os temas "Preludio nº2, canto de afiador" e "Chacona en Dom". Con esta actuación gañouse o favor do xurado, que tamén subliñou o papel doutros dous mozos, Pedro Álvarez, de Nigrán, e o donostiarra Daniel Lumbreras.
O regreso do Constantino Bellón ao 31 de agosto á súa data tradicional, á que faltaba desde facía dous anos, foi lixeiro, máis breve que en anteriores ocasións, principalmente pola redución no número de músicos finalistas, oito en total, aínda que poden ser até catorce. A gala, conducida polo xornalista Isidoro Valerio, celebrouse no teatro Jofre e comezou ás 20.30 horas.
Tras as actuacións de seis minutos de máximo dos finalistas, algúns vellos coñecidos do certame, comezou a entrega de premios e mencións de honra. Unha das máis emocionantes, a que se entregou a Xosé Manuel Seivane Magide, do afamado obradoiro de gaitas. A Gaita de Ouro do Ateneo tíñana xa o seu pai e o seu irmán, e así se completou a homenaxe a unha familia que modernizou e mellorou o son deste instrumento. De feito, a marca Seivane entrega unha gaita ao intérprete da emigración que mellor represente a imaxe tradicional do gaiteiro, que onte recaeu no suízo Xosé Antonio Constenla Martínez. Este ano, ademais, regalaron a todos o participantes un dos seus avances técnicos, o pallón Seipal sintético, que evita as oscilacións no son producidas polos cambios de temperatura e humidade.
Durante a noite entregáronse os premios do concurso de composición. O gañador foi Javier María López Rodríguez, coa súa suite para gaita e orquestra "As cousas de Sabela". Jesús Rodil e Pablo Devigo foron accésits.
A actuación conxunta de todos os finalistas e a entrega dun diploma e dunha figura de Sargadelos exclusiva para o certame precedeu á lectura do fallo do xurado e á entrega de premios aos gañadores da final.
O xurado desta edición estivo presidido por Víctor Fernández Gabeiras, acompañado por Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro, Xoán Rodríguez Silvar e Xesús Vaamonde Manteiga. Cristina Meizoso actuou como secretaria, sen voto.
O Ateneo Ferrolán acorda concede-la Gaita de Ouro?Constantino Bellón 2011?, a persoa de
XOSÉ MANUEL SEIVANE MAGIDE
como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega
A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?Constantino Bellón?.
O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XX Concurso de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN? 2011
FINAL do XX Concurso de Gaita Galega ?Constantino Bellón? DATA: mércores día 31 de agosto de 2011
HORARIO: 8,30 tarde.
LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.
Entrada libre e gratuíta (recollida de entradas na taquilla do Teatro Jofre)
En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?, composto por:
D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,
ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
1. Pedro Álvarez Fariñas.Nigrán - Pontevedra
2. Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas - Ourense.
3. Bruno Villamor Gay. Lugo.
4. Gorka Bravo Barreiro. Vitoria.
5. Diego Bello Fernández. Bembibre - León. ?GAITEIRO DE SOUTELO?
6. Xosé Antonio Constela Martínez. Xenebra - Suiza. ?GAITEIRO DE SOUTELO?
7. Daniel Lumbreras Rodríguez. San Sebastián ?GAITEIRO DE SOUTELO?
8 . Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez. Arxentina ?GAITEIRO DE SOUTELO?
Concurso de Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega?CONSTANTINO BELLÓN? 2011
En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?
ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a: JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ pola partitura ?As cousas de Sabela? Suite para Gaita Solista en La e Orquestra.
Así mesmo acordan conceder os seguintes accésit a:
- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola obra ?OCTOPUS? para Gaita e Piano.
- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola obra ?LOIA? para gaita en Do5 e electrónica en vivo.
O vilagarcián Cristian Silva Bóveda -acompañado ao tamboril por Alberto Costas- foi proclamado como mellor gaiteiro de Galicia nun concurso no que participaron 14 intérpretes. O segundo posto foi para Pedro Álvarez Fariñas (Nigrán) -acompañado de Ramón Corral- e o terceiro para o vigués Lois Prado Fernández -con Julia Martínez- que recibiron 1.000 e 500 euros respectivamente, mentras que o vencedor levouse a casa 2.000 euros.
Houbo dous participantes de fora de Galicia: o venezolano Erik Corrente e a vasca Rebeca Caballero, a única participante feminina. No certame tomou parte tamén o músico soutelán Diego López Cosme, alumno da escola de Avelino Fírvida.
Cristian Silva Bóveda, de 28 anos, é un gaiteiro nado en Carril e fincado en Vilagarcía. O pasado sábado foi recoñecido como mellor gaiteiro de Galicia, na trixésimo segunda edición da Festa do Gaiteiro celebrada en Lalín. O músico estivo acompañado ao tambor por Alberto Costas na celebración lalinense.
-¿Era a primeira vez que participaba no certame?
-Si, levaba anos querendo presentarme á Festa do Gaiteiro, pero esta foi a primeira vez. Foi unha experiencia bonita, a verdade. Tiven boas sensacións e gustoume poder participar.
-¿En que consistiu a proba que tivo que realizar?
-Eramos catorce participantes, predominantemente de Galicia. Había que interpretar dous temas, e eu optei por presentar un tema propio, moderno e de tinguiduras pop, e outro tradicional de Soutelo, onde se celebrou o certame.
-¿Quen compuxo o xurado que valorou aos músicos participantes na Festa?
-O xurado estivo composto por seis ou sete persoas, relacionadas co mundo tradicional da gaita. Había artesáns, músicos... Xente que está metida no mundo da música tradicional.
-¿Que premio recibiu como gañador?
-Unha dotación económica de 2.000 euros e un trofeo. Os dous participantes escollidos como segundo e terceiro mellores gaiteiros tamén recibiron trofeo e recompensa económica.
-¿É a primeira vez que se presenta a un concurso destas características?
-Como solista participei anteriormente nun concurso de Vigo, onde quedara segundo. A nivel de agrupación participei en varios.
-¿E en cales sente máis cómodo?
-Bo, digamos que son diferentes. Gozo dos dous xeitos, aínda que como solista sempre tes máis liberdade para facer as cousas como ti queres e tes na cabeza.
-¿Que aspiracións ten en mente relacionadas coa gaita?
-Eu dedícome á música. Teño a carreira de conservatorio en gaita, e agora mesmo son profesor no conservatorio de Vilagarcía. Tamén dou clases noutras escolas. En canto aos concursos, intentarei seguir presentándome a algúns sempre que se presente a ocasión e poida permitirmo.
Pedro Álvarez Fariñas, actual campión do Trofeo McCrimmon de gaita, naceu en Nigrán (Pontevedra) en 1989. Xa desde temperá idade mostraba ter aptitudes para a música polo que con tan só 7 anos os seus pais decidiron que empezase a estudar música e con 8 comezou a súa formación no conservatorio na modalidade de gaita galega. Aos 9 anos, este mozo galego xa tocaba na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo, agrupación da que aínda hoxe é compoñente e que o pasado ano cumpriu as súas vodas de prata.
Con tan só quince anos xa gañou o seu primeiro concurso co cuarteto de música tradicional Anacos de Buxo. En canto aos últimos concursos nos que participou podemos destacar o Manuel Villanueva, Manuel Dopazo e o primeiro concurso de gaiteiros solistas de Concello de Vigo.
Para este novo gaiteiro gañar o trofeo McCrimmon é un recoñecemento ao seu traballo ademais dun aliciente á hora de lanzar a súa carreira como músico máis aló dos concursos.
Pero, como se prepara o repertorio para un concurso como este?
Ademais do traballo diario e facer unha boa elección dos temas cos que participa, Pedro opta por preparar as súas actuacións absorbendo o mellor dos diferentes estilos dos gaiteiros tradicionais e facendo a súa propia versión dos temas tocados por eles pero sempre fiel ao estilo destes.
Ademais, outra das cousas que fai tan especiais e interesantes as interpretacións de Fariñas, é a diversidade de estilos polo que en certo xeito vese influenciado e que van desde a música clásica ata o máis puro estilo insular de Xamaica.
Se a isto engadímoslle a multitude de instrumentos que toca ademais da gaita; como o piano, saxo, guitarra, mandolina, frauta travesera ou percusións étnicas, estamos ante un músico moi completo en constante crecemento.
Finalmente, que plans de futuro ten?
Para o próximo ano, espera o grao superior do conservatorio e montar un grupo folk co que dar o salto aos escenarios, así como outros pequenos proxectos que esperamos ir vendo pronto.
Bases para o XIII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO ?O GAITEIRO DE SOUTELO? que terá lugar na Praza do Gaiteiro, en Soutelo de Montes, o sábado 20 de agosto de 2011.
Premios:
1º Premio dotado con 2.000 ? e trofeo
2º Premio dotado con 1.000 ? e trofeo
3º Premio dotado con 500 ? e trofeo
O prazo de inscrición remata o mércores 17 de agosto de 2011
A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra, organizou a pasada fin de semana a duodécima edición do Memorial Ricardo Portela, no que durante os días 16 e 17 de Xullo, se celebraron, na praza de Ourense, na praza da Peregrina e na praza da Ferrería, en Pontevedra, diferentes actividades, que incluíron mostras de artesáns de instrumentos tradicionais, actuacións de cuartetos e grupos de baile, concertos de música tradicional e o concurso do Memorial.
A Mostra de Artesáns de Música Tradicional, na súa IX edición, permaneceu aberta na praza de Ourense durante os dous días. Nela amosáronse instrumentos como gaitas, zanfonas, requintas, pandeiretas, harpas? construídas por artesáns de recoñecido prestixio no eido da música tradicional galega.
Ao longo do sábado tivo lugar o concurso do Memorial, que ademais de descubrir a novos valores da música tradicional, rinde homenaxe ao mestre Ricardo Portela. Os sete grupos que optaron ao premios foron: Os Picurruchos, Virutas de Ébano, Picuiña, Os de Algures, Polavila, Foula e Fol de Coiro.
O concurso, cuio xurado estivo composto por Henrique Otero, Xaime Estévez, Alvaro Novegil e Juanjo Fernández, celebrouse en dúas fases, unha fase eliminatoria pola mañá consistente nun pasarrúas por diversas rúas e prazas da cidade e unha fase final a partires das 20h. na praza da Peregrina, na que os finalistas actuaron sobre o escenario.
Os grupos Polavila, Fol de Coiro e Picuiña foron os galardoados deste ano, sendo, o primeiro premio para Polavila, cunha dotación de 1.500?, o segundo premio para Fol de Coiro, cunha dotación de 900? e o terceiro premio recaeu no grupo Picuiña, dotado con 600?. Ademais destes premios tamén se outorgaron outros dous, un deles foi o Premio especial Seivane-Goretex para a mellor interpretación en toque pechado, consistente nunha gaita especialmente creada para o Memorial e cedida polo ?Obradoiro de Gaitas Seivane?, e que este ano recaeu no grupo Polavila. O outro premio foi o Especial Ricardo Portela a mellor interpretación dunha peza do mestre Portela, co cal foi galardoado o grupo Picuiña e que ten unha dotación de 600?. Non faltou a mención e agradecemento ao resto dos grupos participantes.
Durante a deliberación do xurado púidose disfrutar coa actuación do grupo Os Minhotos.
Na xornada do domingo as actuacións correron a cargo de TintaFemia, que se encargou de amenizar as xentes da vila facendo, pola mañá, un pasarúas polas distintas praza nas que se celebrou o Memorial, e xa pola tarde, a Agrupación Donaire realizou a súa actuación de música e baile tradicional na praza da Ferrería.
Para pechar esta edición do Memorial, tamén o domingo, celebrouse a partir das 20h o Festival de Música Tradicional coa actuación dos grupos Noitarega e Pradairo na Praza da Peregrina.
Xa está aberta a convocatoria para participar na XII edición do Memorial Ricardo Portela 2011, que terá lugar o vindeiro sábado día 16 de xullo e no que se outorgarán 3 premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros, un premio especial ?Ricardo Portela?, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e un premio especial ?Seivane-Goretex?, consistente nunha gaita creada especialmente para esta doceaba edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado.
Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.
O prazo permanecerá aberto ata o día 14 de xullo e a inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello de; só poderán competir 25 grupos, e no caso de que os inscritos superen este número, terase en conta a orde de entrada no rexistro municipal, considerándose participantes soamente os 25 primeiros grupos rexistrados.
Na inscrición deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.
class=tEnlac>www.gaiteirosgalegos.com
Sábado 16 e domingo 17 DE XULLO
XII Memorial Ricardo Portela
Sábado 16 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 IX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza de Ourense
12:00 Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na praza de Curros Enríquez
20:00 Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial Os Minhotos
Praza da Peregrina
Domingo 17 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 IX Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza de Ourense
20:00 Festival de música tradicional coa actuación de Noitarega e Pradairo
Praza da Peregrina