Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso de gaitas de Ponteareas

O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa 46 edición

Domingo 22 de setembro.

Ponteareas celebra este ano a súa edición número 46 do Concurso de gaitas. En total participarán quince grupos e os premios oscinarán entre 1.800 euros e os 600 euros. Todos os participantes recibirán 200 para os gastos de desprazamento.

A cita arrincará ás 10.30 horas co pasarrúas dos grupos participantes, que percorrerán o camiño entre o edificio consistorial e o auditorio Reveriano Soutullo. Neste lugar celebrarase ás 11:00 o concurso. A cita está organizada polo Concello de Ponteareas e conta coa colaboración da consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-09-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de dúos gaita-percusión (Ferrol)
III CONCURSO DE DÚOS GAITA-PERCUSIÓN
DO REAL CORO ?TOXOS E FROLES? para instrumentistas de menos de 18 anos


1. Poderán participar tódolos instrumentistas que o desexen, independentemente da súa procedenza xeográfica.

2. Únicamente serán admitidos instrumentos tradicionais galegos.

3. Os instrumentistas única e exclusivamente poderán formar parte dun dúo.

4. Os concursantes deberán vesti-lo traxe tradicional galego que non poderán quitarse ata o final do concurso.

5. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 10 parellas. Os participantes non poderán ter cumpridos os 18 anos antes da data do concurso.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o curriculum e as pezas presentadas a concurso.

7. As parellas que desexen participar deberán remiti-la folla de inscripción que se adxunta e que tamén pode ser atopada na páxina web do Real Coro ?Toxos e Froles? (www.toxosefroles.com), acompañada pola fotocopia do DNI de ámbolos dous participantes, para confirma-la idade dos mesmos.

8. As inscripcións deberán ser remitidas á dirección postal seguinte:
- Real Coro ?Toxos e Froles?, Rúa Magdalena 220, apdo 72, 15402 Ferrol
- Ou ó correo electrónico info@toxosefroles.com
Antes do día 1 de Novembro de 2013.

9. O concurso terá lugar na Sede do Real Coro ?Toxos e Froles?, na Rúa Magdalena 220 de Ferrol, o Domingo 10 de Novembro de 2013 ás 19.00 horas.

10.As parellas seleccionadas deberán estar presentes na Sede do Real Coro ?Toxos e Froles? ás 18.00 horas para confirma-la súa asistenza.

11.A orde de actuación farase por sorteo por membros da Xunta Directiva do Real Coro ?Toxos e Froles? e será feita pública na páxina web da Entidade.

12.A actuación dos dúos de instrumentistas terá unha duración mínima de 4 minutos e máxima de 5 minutos. Haberá que interpretar obrigatoriamente un ritmo de muiñeira ou xota, quedando á elección dos músicos a mostra doutras melodías.

13.O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación.

Magdalena, 220 Apdo. 72 · 15402 FERROL ℡ 650 788 374 / 881 122 074 info@toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-09-2013 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN? 2013
O pasado sábado, coincidindo co peche das festas de Ferrol, tivo lugar no Teatro Jofre a final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega Constantino Bellón.

A cita, organizada polo Ateneo Ferrolán, pretende potencia-la música de gaita, valorando o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas.

Oito gaiteiros tiveron ocasión de interpretar unha peza inédita composta expresamente para esta edición do certame e outra peza tradicional. O mozo ourensán Pablo Devigo Vázquez, saíu vencedor desta vixésimo primeira edición recibindo un premio en metálico de 3.000 euros.

Tres dos participantes chegados de Arxentina, Valencia e Donosti foron seleccionados dentro do premio Gaiteiro Soutelo que promociona a participación de Galicia no exterior. A valenciana Raquel García Martínez obtivo neste apartado o premio Seivane. Os seus compañeiros Daniel Fernández López (Lugo) e Daniel Lumbreras Rodríguez (Donosti) recibiron os accésits de 1.000 euros cada un.

Así mesmo, entregóuselle a Gaita de Ouro ao investigador, artesán e intérprete Pablo Carpintero, polo seu labor na difusión dos instrumentos tradicionais galegos. No apartado de Composición para gaita solista, o premio recaeu en Daniel Romar Sambade, pola obra Fantasía concertante para gaita e banda e concedéronlle os accésits a Javier María López Rodríguez e Lois Prado Fernández.

Victor Fernández Gabeiras, presidente do xurado e fundador deste certame que naceu no ano 1991, considera que o concurso «vai collendo forza cada ano e gañando prestixio». Unha cita cultural na que di, «créanse obras para todo o mundo, dende Galicia cara fóra». Laméntase da falta de atención por parte das administracións, que segundo el «o obvian, e nin sequera aparece no programa de festas». Agradece, a participación doutras entidades particulares como a familia Seivane ou Sargadelos.

En canto a Pablo Devigo, que repite como gañador neste certame, Victor Fernández defíneo como «unha máquina, un virtuoso da gaita como moitos artistas que pasaron por aquí».

Pablo Devigo


Raquel García
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-09-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN? 2013
XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN? 2013 celebrarase o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol

En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a: DANIEL ROMAR SAMBADE pola obra ?Fantasía concertante para gaita e banda?.

Así mesmo acordan conceder os accésit a:

JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra ?The bagpipe in my life? (Para gaita solista en Do 5 con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo) e LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra ?Son das on das Son? (Para gaita solista e corda)

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013

En Ferrol, o día 16 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar


e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:

1. David Fernández Vaamonde. A Coruña.
2. Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas - Ourense.
3. Carme López Fernández. Lugo.
4. Daniel Fernández López. Lugo.
5. Serafín Santamariña Sanmartín. Fene ? A Coruña.
6. Walter Andrés Almirón García. Arxentina ?GAITEIRO DE SOUTELO?
7. Daniel Lumbreras Rodríguez. San Sebastián ?GAITEIRO DE SOUTELO?
8. Raquel García Martínez. Valencia ?GAITEIRO DE SOUTELO?


O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención Gaita de Ouro ?Constantino Bellón? correspondente ao ano 2013 a:

PABLO CARPINTERO

pola súa labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-08-2013 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso "Vas sacar nota" na Radio Galega

Benvidos a unha nova edición do VAS SACAR NOTA?, e xa van catro!
Este ano, de novo, a Radio Galega vai facer unha forte aposta polos músicos galegos buscando a nosa canción do verán. Agardamos as vosas propostas musicais dende XA, sempre tendo un ollo no aire desenfadado, a alegría e o bo roio que transmite esta época do ano. Podedes consultar as bases neste mesmo blog do VAS SACAR NOTA?
Este ano temos dúas categorías de premios: Canción do Verán: Premio do Xurado e Canción do Verán: Premio á Popularidade (Premio do público), este último determinado pola suma total dos votos recibidos a través da web, dos SMS e das chamadas telefónicas.

Agardamos as vosas propostas. Debedes enviarnos os temas (tede en conta que a calidade será fundamental; os formatos de audio comprimido terán que ter un Bitrate mínimo de 256kbps e os formatos nos que admitiremos os temas son MP2, MP3 ou WAV), unha foto do grupo ou solista, a letra da canción e unha pequena biografía do grupo a vas-sacar-nota@crtvg.es.

Tedes ata o 22 de xullo (incluído) ás 23:59 h. para facernos chegar as vosas cancións do verán, que por suposto serán radiadas durante estas semanas en varios programas da Radio Galega e de Radio Galega Música. Se o preferides, podedes mandarnos o tema en CD, coa foto, a letra e a biografía por correo postal ao seguinte enderezo: VAS SACAR NOTA? Programa Somos quen. Radio Galega. Bando. San Marcos S/N 15820 Santiago de Compostela. IMPORTANTE!: se mandades as cancións por correo ordinario deben ter como data límite de saída o 15 de xullo!

Cando se vaia achegando o final da FASE DE RECEPCIÓN, anunciaremos tanto vía web como na radio, o comezo do prazo de votacións.

Damos o pistoletazo de saída a esta edición 2013 do VAS SACAR NOTA? Que comece a música!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-07-2013 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
II Memorial Antonio Fernández (Marín)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-07-2013 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cancelado o XXXIV Concuso de Baile Tradicional Xacarandaina
CANCELACIÓN DO XXXIV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA.

A Xunta Directiva da A.C. Xacarandaina informa que:

Unha vez rematado o prazo de inscrición o pasado sábado 15 de xuño, o número de grupos inscritos non acada o mínimo esixido para poder realizar un concurso destas condicións. Polo tanto, vémonos na obriga de cancelar a celebración do XXXIV Concuso de Baile Tradicional previsto para o vindeiro 30 de xuño no Centro Cultural Ágora da Coruña.

O Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina lévase celebrando 33 edicións ininterrumpidas, cunha elevada participación tanto de grupos coma de público, polo que foi una decisión moi difícil de tomar pola nosa parte.

Pedimos disculpas a todos os participantes e a todo o público polas molestias que lle poidan ocasionar.

XUNTA DIRECTIVA DA A.C. XACARANDAINA.
Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
XLVI Concurso de Gaitas de Ponteareas
Bases do XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS

A celebración do Concurso de Gaitas de Ponteareas, é xa unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, acadándose este ano a 46 edición, que o consolida como o certame de música tradicional galega de máis ampla traxectoria.
Poden participar no consurso os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril, debendo vestir o cuarteto o traxe tradicional galego completo.
O prazo para inscribirse neste concurso remata o día 13 de setembro de 2013.

A organización deste concurso corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra.

Establecense os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800 euros
Segundo Premio: 1.200 euros
Terceiro Premio: 900 euros
Cuarto Premio: 600 euros


O Concello de Ponteareas, tamén aboará a todos oss grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros para axuda de gastos de desprazamento.
Segundo o Concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a celebración deste Concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e o compromiso do Governo Municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas.

XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS

Bases

1º.-Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional (sen modificación de ningún tipo).

2º.-As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o Departamento de Cultura Municipal dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán recibirse ata o día 13 de setembro de 2013. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición o enderezo e número de teléfono, segundo modelo de inscrición que se lle facilita. A orde de participación no concurso será de acordo coa de inscrición.

3º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo.

4º.- O número máximo de participante será de quince grupos.
Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.

5º.-Os grupos participantes estarán ás 10,15 h. da mañá do domingo, día 22 de setembro de 2013, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 11.00 h. da mañá terá lugar o XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS.

6º.-Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total dás dúas pezas será, como máximo, de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurris.

7º.-Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. O Xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.-Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional completo.

9º.- A comisión organizadora aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros; cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.

10º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
Bases da convocatoria para o XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2013.

DESGARGA AS BASES
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
II Memorial Antonio Fernández (Marín) para Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega
A Asociación Artístico Cultural ?Os Chaneiros?, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres do ano pasado, xa se está a preparar o ?II Memorial Antonio Fernández? cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.

O Concurso celebrarase o Domingo 7 de Xullo na Granxa de Briz en Marín.

MODALIDADE
Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS
Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

Categoría única: Entre 8 e 18 anos.

A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS
Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.

Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS
?O xuradoterá presente os seguintes criterios de cualificación:
?Afinación e interpretación
?Dificultade da peza
?Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
?A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.
PREMIOS
Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.

? Primeiro Premio: Trofeo e 250 ?
? Segundo Premio: Trofeo e 150 ?
? Terceiro Premio: Trofeo e 100 ?

BASES CONCURSO

Modalidade: Cuartetos Tradicionais Juniors


?Poderán participar grupos de tódalas Asociacións Folclóricas, Culturais, Centros Parroquiais, etc..., así coma de formación libre.

? Os grupos participantes deberán ter un nome para o cuarteto.

?Os membros contarán con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos.

?É obrigatorio o uso de traxes tradicionais galegos.

?As gaitas e instrumentación de acompañamento deberán ser parte da cultura tradicional galega. Quedan totalmente excluídas as gaitas foráneas, así coma a percusión de material sintético.

?A interpretación constará de dúas pezas.
◦ A primeira peza, é de obrigado cumprimento a interpretación dunha peza das que se ofrecen do repertorio de Antonio Fernández. A interpretación será libre, valorándose a innovación mantendo a base o máis fidedignamente posible.

◦A segunda peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. Podense combinar varios temas, sempre e cando, o total do tempo non supere o establecido nas bases. No caso de que a A. S. C. ?Os Chaneiros? se vira requerida por parte da S.G.A.E. por mor da interpretación dunha peza de autor, remitiríaselle ó participante calquer gasto que este particular ocasionase.

? O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
◦ Afinación e interpretación
◦ Dificultade da peza
◦ Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.

? Os grupos participantes terán un tempo límite de 8 minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

? O concurso celebrarase o Domingo 7 de xullo, en horario de tarde (ás 18:00 horas), no Auditorio da Granxa de Briz, nunha única proba final. Os participantes do concurso deberán presentarse como mínimo, media hora antes do comezo do concurso (17:30).

?O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 30 de xuño (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .

?A inscripción realizarase a través do e-mail: oschaneiros@gmail.com. A ficha de inscripción poderase descargar da páxina web www.oschaneiros.blogspot.com dentro do apartado concurso.

?O Xurado, poderá descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

?A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario que se produza durante a realización do concurso.

?Establecerase a seguinte cuantía de premios:
Categoría Única:
· Primeiro premio (250 ? e trofeo)
· Segundo premio (150 ? e trofeo)
· Terceiro premio (100 ? e trofeo)

?A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

Descargas:
Bases e texto do concurso - Cancións a interpretar

Ficha de Inscripción

http://oschaneiros.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de baile tradicional Azaloira

A Ponte Vella vence por quinto ano consecutivo no concurso de baile tradicional galego Azaloira

A música e o baile tradicionais galegos reinaron este fin de semana nas comarcas de Deza e Tabeirós Terra de Montes. Seis dos mellores grupos de Galicia déronse cita onte no concurso de baile tradicional Azaloira, na Bandeira, e máis dun centenar de alumnos de Tequexetéldere actuaron sobre as táboas do Principal na Estrada. Vila de Cruces e a parroquia estradense de Oca foron tamén territorio folk.

No certame silledense, que celebrou a súa décimo terceira edición, non houbo sorpresas. A agrupación A Ponte Vella volveu alzarse co primeiro premio do concurso. É o quinto ano consecutivo que esta formación de Teo alcanza esta distinción, que lle valeu onte un galardón de 1.200 euros. O segundo posto foi para Traspés, de Vigo, que en 2012 logrou a terceira posición. O seu bo facer sobre o escenario, foi premiado con 700 euros. Pola súa banda, o terceiro clasificado da tarde foi a agrupación Trébede, de Marín, que percibe 400 euros.

No certame participaron outras tres formacións de renome a nivel galego: Malveiras, de Vilagarcía; Donaire, da Coruña; e Os Xeitosos de Trazo. Tamén actuou o grupo anfitrión, Fortín dá Pomba. O xurado destacou o gran nivel de todos os bailaríns que competiron e a precisión na execución das pezas.

www.farodevigo.es
Comentarios (21) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-06-2013 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
Bases do ?XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina?

30 de xuño 2013 - Centro Cultural Ágora - A Coruña


1. Neste concurso poden participar grupos de: Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
Categoría A: ata 10 anos inclusive.
Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
Categoría C: de 17 anos en adiante.

4. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandereteiras, ? que deberá estar presente no esceario, vestindo o traxe tradicional.
En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 ?
2º premio: trofeo e 150 ?
3º premio: trofeo.
Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio. (trofeo e 350 ?)
Ademáis outorgaranse dous únicos premios para tódalas categorías do
concurso:
- Premio o mellor bailador e premio a mellor bailadora, ambos premios en Homenaxe a Yolanda Pérez Feijóo.

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
1. Autenticidade da peza.
2. Dificultade técnica
3. Calidade na execución

8. O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. O concurso terá lugar o domingo 30 de xuño no Centro cultural Ágora de A Coruña, sito na rúa Ágora s/n ? 15010 A Coruña.
Está previsto que o concurso se desenvolva pola maña,incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 15 DE XUÑO.

11. Pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA RELIZAR AS INSCRICIÓNS.

12. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 // info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-06-2013 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
O certame de baile tradicional galego Azaloira celebrará o vindeiro domingo día 16 de xuño a súa décimo terceira edición, consolidado xa como un dos concursos con maior nivel e prestixio do panorama galego.

A cita, organizada pola agrupación Fortín da Pomba, celebrarase no auditorio Manuel Dopazo a partir das 18.30 horas coa participación de seis agrupacións:
- Malveiras, de Vilagarcía;
- Trébede, de Marín;
- A Ponte Vella, de Reis-Teo;
- Traspés, de Vigo;
- Donaire, de A Coruña;
- Os Xeitosos de Trazo.


Tamén pasarán polo escenario os integrantes do grupo anfitrión e da súa escola, cos integrantes máis novos.

O primeiro premio ten unha dotación de 1.200 euros, o segundo de 700 (antes eran 800) e o terceiro de 400 (antes de 500). Os tres grupos tamén levarán os trofeos coas Azaloiras, nome que se lle da ás bailarinas tradicionais vestidas de gala.

Os grupos participantes deben ser mixtos (con 5 parellas como mínimo), bailar dúas pezas de 7 minutos máximo cada unha, e contar con acompañamento en directo e traxes tradicionais.

O xurado estará formado por tres recoñecidos membros do folclore galego a a concelleira de Cultura como secretaria, sen voto.

Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-06-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do XXIV Concurso de Música Tradicional

Reunido o Xurado do XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina tomaron os seguintes acordos:


SOLISTAS:
1º premio: Roberto Aller Alcalde
2º premio: Carlos Barcia Trahorras
3º premio: Marina Fernández Vigo

CUARTETOS:
1º premio: "Chimpacarneiros"
2º premio: "Ballóns"
3º premio: "O Capitán co Ghalleto" da A.C.D. Galania - Muros

PANDERETEIR@S CAT. A.:
1º premio: "Quintán" do CEIP Mondego - Sada
2º premio: "Tarabeliños" da A.C. Donaire
3º premio: Escola de Pandeireta do CEIP do Hío - Pontevedra

PANDERETEIR@S CAT. B.:
1º premio: "Meniñas" ACF Taranbainas
2º premio: "Pedresqueira" da A.C. Adro - Baio
3º premio: "Cirro" da AMDT Queiroa . Sada

PANDERETEIR@S CAT. C.:
1º premio: "Lagharteiras"
2º premio: "Trébede"
3º premio: "Sadeo" de Ponteareas

Parabéns a todos eles.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2013 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba de Bandeira ven de convocar a XIII edición do Concurso de baile tradicional galego Azaloira que terá lugar o vindeiro domingo 16 de xuño de 2013 no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda)

BASES DO XIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA


1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción) e orde de presentación do boletín de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ao ano seguinte de exhibición.

9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1200 ? e trofeo
2º PREMIO: 700 ? e trofeo
3º PREMIO: 400 ? e trofeo

O prazo de inscripción remata o vindeiro 15 DE MAIO.
PREGAMOS QUE VOS INSCRIBADES O ANTES POSIBLE.

+ info: fortindapomba@yahoo.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-05-2013 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Domingo 26 de maio de 2013 ás 11:00 e ás 17:00 no Centro Cultural Ágora - A Coruña

BASES DO CONCURSO
XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Centro cultural Ágora, A Coruña
26 de maio de 2013

MODALIDADES:

A) PANDERETEIROS/AS
B) CUARTETOS, QUINTETOS OU SEXTETOS.
C) GAITEIROS SOLISTAS


1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc... nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como tódolos gaiteiros solistas que o desexen.

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en tres categorías:

­ Categoría A: ata 10 anos inclusive.
­ Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
­ Categoría C: de 17 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

3. A modalidade de cuartetos establécese unha única categoría sen límite de idade.

4. Na modalidade de gaiteiros solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.

As gaitas deberan ser galegas, quedando excluidas as foráneas. O gaiteiro poderá levar un so acompañante (por exemplo, tamboril, caixa, pandeireta ou calquer instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluidos os de material sintético).

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en tódalas modalidades (pandeireta, cuartetos e gaiteiros solistas)

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago o grupo correspondente.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

­ Autenticidade e dificultade da peza.
­ Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

8. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. Os premios serán os seguintes en tódalas categorías de tódalas modalidades.

- 1º premio: trofeo e 250 ?
- 2º premio: trofeo e 100 ?
- 3º premio: trofeo

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco,
outorgarase un único premio. (trofeo e 200 ?)

10. O concurso terá lugar o domingo 26 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n - 15010. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso vía correo electrónico.

11. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 11 DE MAIO.

12. Este ano pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:

- Correo ordinario ó local social: A.C.Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

13. EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS E NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-05-2013 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
33 Agrupacións participarán no I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Xa temos todo preparado, só faltades vós!!!!

Este domingo día 12 de maio, o Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo acollerá o I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.
A xornada de mañá, dará comezo as 11.00 h., coas categorías A e B.
A xornada de tarde as 17.00, coa categoría C.
Ao remate de cada xornada, actuarán os grupos musicais da nosa asociación.

Grazas ao patrocinio da Deputación de Pontevedra, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e de empresas privadas como Hermes Sistemas, Codisoil S.A., Laboratorio de Seguridad Telemática e De Cotio, e xunto coa colaboración de outras como Carriola, Tequeletéquele, Climaire Galicia do grupo Teletecnik Galicia, Sanín Percusión Tradicional, Silva Percusión Tradicional, Miquel Rivas Obradoiro de Instrumentos Tradicionais e Patri Costureira Tradicional, nace a 1° edición deste importante evento de transmisión cultural.
As categorías estarán repartidas da seguinte forma:

Categoría A (Ata os 11 anos)

1. AS PEQUERRECHAS, da A.C. Froles Mareliñas (Chapela)
2. CARAVELIÑAS, da A.C.A. de Dorrón (Sanxenxo)
3. CANTARUXA, da A.X.Xiradela (Arteixo)
4. ESCOLA DE PANDEIRETA, do CEIP do Hío (Cangas do Morrazo)
5. TITIRITEIRAS, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
6. CARAMUXIÑAS, da A.F.Vento Mareiro (A Guarda)
7. SOALLEIRIÑOS, da A.C.A.de Dorrón (Sanxenxo)
8. AS FERRIÑAS BRAVAS, da escola da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)

Categoría B (De 12 a 16 anos)

1. A FLOR DE MOURISCADOS, da A.VV. Millo Mouro (Mouriscados)
2. FAISCAS, da A.C. Mámoa de Luou (Teo)
3. A.C. SEIXEBRA, (Moraña)
4. LANZALÍA, da S.C. O Castro (Miño)
5. RUEIRO, do C.C.A. Rueiro de Coia (Vigo)
6. MENIÑAS, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
7. PANDERETEIRAS DA A.C. FROLES MARELIÑAS, (Chapela)
8. LINA E LOLA DO MORRAZO, do C.E.I.P. do Hío (Cangas do Morrazo)
9. GRUPO B, da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Categoría C (De 17 anos en adiante)

1. GRUPO A, da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago)
2. PANDERETEIRAS SADEO, (Ponteareas)
3. TARABELA, da A.X. Xiradela (Arteixo)
4. CORDOEIRAS, da A.Vento Mareiro (A Guarda)
5. BARALLOCAS, da A.C. O Amanexo (Oleiros)
6. LAGHARTEIRAS, da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
7. ALDOMIR, da A.C. A Mámoa de Luou (Teo)
8. DOBANDOIRAS, da A.C.Charrúa de Fornelos da Ribeira (Salvaterra)
9. C.C. A PONTE VELLA DE REIS, (Teo)
11. AS CHARNECAS, do G.F. O Freixo (Salceda de Caselas)
12. LILAINA, da S.C. O Castro (Miño)
13. PANDERETEIRAS DO SOBREIRO DE BORREIROS, da A. San Martiño de Borreiros (Gondomar)
14. TAHÚME, do G.B.M.T. Tahúme de Olveira (Ribeira)
15. PANDERETEIRAS DA A.C. ROSALÍA DE CASTRO DE CACHEIRAS, (Teo)
16. TRÉBEDE, da A.C. Loaira (Marín)

Vémonos o domingo?

www.traspes.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-05-2013 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)
A Asociación Cultural Traspés ten o pracer de convidar a tódalas Asociacións Xuvenís, Culturais, Artísticas, Recreativas, Folclóricas, Veciñais , ANPAS, etc. a participar no I CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS que terá lugar o 12 de maio no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo.

A necesidade de dar auxe a este tipo de eventos que promoven a cultura galega e que serven de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións adicadas á recuperación e conservación do noso folclore, figuraba ata agora non cuberta na zona sur de Galicia. Asimesmo, a gran afluencia de colectivos que move este tipo de eventos noutras provincias galegas, levounos a cubrir este vacío cultural. Deste xeito, e coa intención de dar a coñecer o talento artístico galego e fomentar as relacións sociais entre os colectivos participantes, nace este interesante proxecto.

O éxito depende da vosa participación, polo que tedes de prazo ata o vindeiro 30 de abril (remate periodo de inscrición).

Consultade as bases e achegádenos a folla de inscrición debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: traspes@traspes.com.

Para calquera consulta ou aclaración non dubidedes en porvos en contacto con nós.

Sen outro particular, quedamos emprazados para o vindeiro 12 de maio en Vigo.

Bases I Concurso Traspes

FOLLA INSCRIPCION

www.traspes.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-05-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
5º Concurso de Cantos de taberna (Melide)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-04-2013 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada


O Centro Cultural A Ponte Vella de Pontevea, no veciño municipio coruñés de Teo, foi o gran triunfador no IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada -organizado por Tequexetéldere co apoio do Concello e da Fundación Cultural da Estrada- ao lograr 5 dos 14 premios que se disputaban no certame.

De feito, os distintos grupos de baile cos que concorreu ás 4 categorías establecidas -A para bailaríns de até 10 anos, B para os de entre 10 e 12 anos, C para os de 12 a 16 anos e D para os de máis de 16 anos- coparon un primeiro premio, un segundo e un terceiro así como os dous accésits por vestiario e acompañamento establecidos para as categorías A e B.

En concreto, o grupo A Telleira do Centro Cultural A Telleira logrou o primeiro premio da categoría A pola súa interpretación da Muiñeira de Forcarei. A prata foi para a Asociación Airiños de San Xulián, de Marín, que bailaron a Xota da Fonsagrada. En terceira posición clasificouse o grupo C da Escola de Muñeira Cantigas e Agarimos, de Santiago, pola súa Xota e Muñeira de Vilamaior.

Unha bailarina cega

Cabe destacar que nesta categoría competiu por segundo ano consecutivo unha nena cega co grupo Pícaros da Asociación Cultural Donaire da Coruña. O xurado e os expertos en baile que sabían que participaba esta bailarina cega sorprendéronse gratamente polo seu bo facer e pola súa integración no grupo propiciada polos seus compañeiros.

Na categoría B, proclamouse vencedor absoluto o grupo B da Asociación Cultural Armadanzas de Laraño co seu Canto e Xota de Baroña. En segundo lugar clasificouse O Muiño dá Retorta do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo coa Muiñeira de Barro de Arén. O bronce foi para Sete Ferreñas da Asociación Vai de Roda de Rianxo pola súa interpretación da Xota en Lordelo.

O primeiro clasificado na categoría A -A Telleira da Ponte Vella de Teo- gañou, así mesmo, o accésit por mellor grupo de acompañamento musical dos niveis A e B. O segundo na categoría B -O Muiño da Retorta da Ponte Vella de Teo- logrou o accésit por mellor vestiario das categorías A e B.

Xa no nivel C, venceu Nove Ferreñas da Asociación Vai de Roda de Rianxo pola súa interpretación da Romaría na Barcala. En segundo lugar clasificouse a Asociación Cultural Seixebra de Moraña, coa Muiñeira e Maneo de Bardáns. O bronce foi para Tras do Eo do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, que interpretou Pola Vila de Vilaver.

Na categoría D, proclamouse campioa a Asociación Cultural Nós de Sobradelo interpretando a Xota e Muiñeira de Valo. En segundo posto quedou a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo co seu Muiñeira das Pozacas. A Asociación Cultural Airiños de San Xulián de Marín logrou clasificarse terceira coa súa interpretación da Xota e Muñeira de Trazo.

Pola súa banda, a Asociación Cultural Mar de Arousa -que bailou Muiñeira e Xota de Anxeriz- logrou o accésit de mellor vestiario dos niveis C e D en tanto que A Burga do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo lograba o accésit ao mellor corpo de acompañamento musical.

O IX Concurso Tequexetéldere desenvolveuse cun gran éxito de participación de grupos e público. Un total de 31 agrupacións de baile e música tradicional de toda Galicia déronse cita no evento que, precisamente por este poder de convocatoria, tivo cambiar o Teatro Principal pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. O recinto feiral reuniu pola mañá a máis de 500 persoas, maioritariamente pais e familiares dos nenos que competían nas categorías A e B. Xa pola tarde tamén se rozou o medio milleiro de espectadores, ávidos por gozar do saber facer dos bailadores dos niveis C e D.

O grupo anfitrión, o estradense Tequexetéldere, bailou fóra de concurso. O seu grupo D bailou a Muñeira de Cordeiro (Valga) e o C, a Muñeira de Grixoa (Vimianzo) pola mañá, momento no que os gaiteiros da formación tamén interpretaron Chegaches Lola. Xa pola tarde, Tequexetéldere interpretou Ruada de Rodís (Cerceda) e Xota e Moliñeira de Ancares. Os seus pandereteiras interpretaron a Xota e Muñeira de Grixoa.

Integraban o xurado a exbailadora de Xacarandaina (A Coruña) Chus Uzal; o ex director de Cantigas e Agarimos e de Fortín da Pomba de Bandeira, Carlos Xosé Vidal; e o integrante do grupo de baile Colexiata do Sar de Santiago, Carlos Pardo.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do concurso ? selección para o ?Trofeo Maccrimmon? 2013
Resultado do concurso ? selección para o ?Trofeo Maccrimmon? 2013 celebrado o domingo 21 de Abril:
1º Xesús Rodriguez Callejón.
2º Jesús Sánchez Ascariz.
3º Ismael García del Río.
4º Lois Prado Fernández.

NORABOA A TODOS!!!

Gracias a tódolos concursantes polo voso traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso Son Rias Baixas
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-04-2013 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do concurso ? selección para o ?Trofeo Maccrimmon? 2013
Os finalistas do concurso ? selección para o ?Trofeo Maccrimmon? 2013 son:
Por orde alfabética:

- Erick Corrente Espinosa.
- Eliot Dios Martínez.
- Ismael García del Río.
- Sergio Gómez Martínez.
- Miguel Neira Aneiros.
- Lois Prado Fernández.
- Antonio Rodríguez Bustabad.
- Jesús Rodríguez Callejón
- Jesús Sánchez Ascariz.
- Isidro Vidal Gallardo.

A todos, moitas gracias por presentarse, e quedades citados para o próximo domingo 21 de Abril, as 15:30 (hora límite) para firmar a acta do concurso.

Moita sorte a todos.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-04-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Concurso de Música Tradiconal Xiradela (Arteixo)
XIV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA 2013

O concurso celebrarase o día 14 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.


Contarase con dúas sesións:
Ás 11:30 da mañá para as categorías A e C
Ás 17:00 da tarde para as categorías B e D



CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

1. ?Escola de Pandeireta do CEIP do Hío: Cantar, Jota, ribeirana e dous pasos de Toutón (Mondariz)
2. ?Cantaruxeiros? da AC Donaire: Mazurca de Corcoesto e Muiñeira de Requesende (Corcoesto e Golmar ? Cabana de Bergantiños e A Laracha)
3. ?Morazón? da AMDT Queiroa: Muiñeira e pasodoble de Barro de Arén (Cerdedo)
4. ?Laretas? da ACF Tarambainas: Jota e ribeirana de Sabaxáns (Mondariz
5. ?Artabria? do Grupo de Bailes Populares IAR: Jota e muiñeira de Pigarzos (A Lama)
6. ?Tarabeliños? da AC Donaire: Canto de arrieiro, pasodoble e punteada de Reparada (Salto ? Vimianzo)
7. ?A? de Soalleira ? Dorrón: Xota e muiñeira de Barro de Arén (Cerdedo)
8. ?Garatuxiñas?: Cantar e pasodoble de Santa Sabiña, Muiñeira de Nétoma (Santa Comba)
9. ?Quintán? da ANPA do CEIP Mondego: Jota e Ribeirana de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
10. ?Vagalume? da AC Donaire: Pasodoble e Muiñeira de Bardáns (Tordoia)

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

1. ?Flor de Mouriscados?: Canto de agradecento, xota e muiñeira de San Xoan de Mouriscados (Mondariz)
2. ?Rebuldeiras? da AC Donaire: Canto, mazurca e jota de Negreira de Vilamaior (Santa Comba)
3. ?Lanzalía? da AC O Castro: Ruada de Beariz (Beariz)
4. AC Seixebra: Jota, muiñeira e agarrado de Lira (Salvaterra de Miño)
5. ?Fervellasverzas?: Cantar de Río Frío, Mazurca de Queimadelos e Jota de Gargamala (Mondariz)
6. ?Grupo A? da AC Rosalía de Castro de Cacheiras: Rondas, Jota e muiñeira de Mangoeiro (Avión)
7. ?Meniñas? da ACF Tarambainas: Canto, Jota e Muliñeira de Candín (Candín)
8. ?Grupo B? da EM Cantigas e Agarimos: Valse, Muiñeira e Xota de Abotal (Mondariz)

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

1. ?As Ferriñas Bravas? da ACF O Fiadeiro: Serán en Pazos de Borbén (Pazos de Borbén)
2. ?Areliñas? da SR Calo: Maneo, Muiñeira e Pasodoble de San Román (A Laracha)
3. ?Pedresqueira? da AC Adro de Baio: Cantareas de Berdillo (Carballo)
4. ?Asociación Xirandaina?: Canto, muiñeira e jota de Toutón (Mondariz)
5. ?A? de Soalleira-Dorrón: Serán de Pazos (Pazos de Borbén)
6. ?Lina e Lola? do Morrazo: Canto e agarrado de Suertes e jota e moliñeira de Pereda de Ancares (Candín)
7. ?Grupo B? da AC Rosalía de Castro de Cacheiras: Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
8. ?Titiriteiras? da ACF Tarambainas: Canto, Jota e ribeirana da Ermida (Pazos de Borbén)
9. ?Pipiriteiras? da AC Donaire: Jota, muiñeira e rumba de San Salvador de Padreiro (Santa Comba)
10. ?Cirro? da AMDT Queiroa: Serán en Traspielas (Fornelos de Montes)


CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

1. ?Névedas? da AC Arume de Verdillo: Pandeiretada de Brandoñas (Anxeriz, Tordoia)
2. AC Seixebra: jota e ribeirana de Freaza (Fornelos de Montes)
3. Pandereteiras da AC Rosalía de Castro de Cacheiras: Ronda da Mezquita, jota de Bande e Muiñeira de Vilaseca (Trasmirás)
4. ?Grupo A? da EM Cantigas e Agarimos: Canto, Xota, muiñeira e pasodoble de San Salvador (Santa Comba)
5. ?Lilaina? da AC O Castro: Serán de Seixedos (Covelo)
6. ?Barallocas? da AC O Amanexo: Danza, Jota e Muiñeira de Fetós (San Mamede-Carnota)
7. ?Aldomir? Asociación Cultural ?A Mamoa? de Luou: Jota e Muiñeira de Liñares (Avión)
8. ?Feiticeiras?: Jota, ribeirana e dos pasos de As Cortellas (Ponteareas)
9. ?Farraxeira? da Agrupación Folclórica San Lourenzo de Agualada: Pandeiretada de San Martiño de Meanos (Zas)
10. ?Lagharteiras?: Canto, Pateado e regueifa de Abelleira (Muros)
11. ?Trébede?: Xota e muiñeira de Vilanova de Tenorio (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Concurso de Música Tradiconal Xiradela (Arteixo)
XIV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 14 de Abril de 2013 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada os seguintes correos electrónicos antes do 5 de abril de 2013:
xiradela@yahoo.es
correo@xiradela.es
Non se admitirán inscricións por teléfono.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 14 de Abril de 2013.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Teléfono: 981 64 11 25
Tlf. Móbil: 650 14 56 08 (mañá) / 675 52 75 43 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
correo@xiradela.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-04-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso - Selección de gaiteiros solistas para o trofeo Maccrimon de Lorient
"Concurso - Selección de gaiteiros solistas para o trofeo Maccrimon de Lorient"

Terá lugar o 21 de abril de 2013 no Auditorio da Ramallosa (Teo) ás 17:00 horas.

Esta iniciativa ten como obxecto seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXVIII Trofeo McCrimmon de Gaita que se celebrará o 3 de agosto de 2013 durante o Festival Inteceltique de Lorient.

O concurso non ten dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

Na selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón (que se adxuntan coas bases ). Cada participante, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

Máis información no facebook da Delegación galega do festival

Dirixido:
Poderán participar todos os gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

Lugar de solicitude:
A inscrición debe dirixirse ó seguinte enderezo:

Delegación Galega do Festival Intercéltico de Lorient

Apartado de correos 17
Cacheiras, 15883
Teo. A Coruña

Prazo:
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e un cd de audio antes do 5 de abril de 2013

Bases para os gaiteiros que desexen participar neste concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-04-2013 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cantodorxo opta por mozos gaiteiros
Cantodorxo´ celebrou onte en Manuel Lueiro o concurso de xóvenes gaiteiros.
Quince solistas, algún acompañado de tambor, participaron no certamen que se celebrou onte en O Grove

Cantodorxo acertou este fin de semana coas súas xornadas de música tradicional ao convocar un concurso destinado a mozos solistas de gaita de toda Galicia, de entre 14 e 25 anos.

Só puideron intervir quince gaiteiros, algúns acompañados por un tambor, pois era o couto máximo para evitar que a xornada fora demasiado extensa para o numeroso público que asistiu á casa dá cultura Manuel Lueiro Rei.

Juan Antonio Aguín, director de Cantodorxo, manifestou onte a súa enorme satisfacción co desenvolvemento destas xornadas, cuxa pretensión era buscar novos valores na interpretación da música tradicional galega.

"Estaban dirixidas a mozos músicos porque este tipo de actividades están bastante desvirtuadas, pois neles participaban demasiados profesionais deste tipo de concursos", lamenta Aguín.

Asegura o director de Cantodorxo que a outros certámenes acoden gaiteiros que ofrecen un repertorio "só co fin de obter o premio" e por iso preparan durante meses "as pezas que van interpretar". "O que pretenden é demostrar o manexo da gaita ou a velocidade á que tocan as súas composicións", explica.

No de onte, os parámetros elixidos para determinar o vencedor foron moi diferentes. Os gaiteiros non só tiñan que demostrar a súa habilidade co instrumento senón que, á vez, tiñan que probar que interpretaban música tradicional.

Para iso, antes de facer a súa actuación tiñan que entregar a partitura correspondente, de modo que se garantía de antemán que se trataba dunha muiñeira ou unha xota galega, por poñer algún exemplo. As partituras foron supervisadas por Xaquín Xesteira Losada, naquel momento profesor de gaita na Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo, ademais de director da Orquesta Folk Galega Sondeseu e compoñente de Treixadura.

O concurso puxo as bases para que a mocidade galega se dedique de cheo no futuro á música tradicional, explican os promotores.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-03-2013 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xente Nova logra o Concurso de Cuartetos do Toxos


Xente Nova obtivo o II Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles na súa sede. A formación ferrolá logra así 1.200 euros e un trofeo, premio co que está dotado o certame. Ademáis, a cada cuarteto participante se lle fixo entrega dun diploma de participación.

Un total de catro cuartetos tomaron parte na competición musical e folklóricana na seguinte orde de participación, Xente Nova, de Ferrol; Vedoira, de Lugo; Os Picurruchos, de Lugo; e Angazo, de Ourense. Mentras deliberaba o xurado, o grupo de cantareiras ?Algarabía?, da Asociación de Veciños de Lago, entretivo aos asistentes.

Esta é a segunda proposta cultural e musical que se desenvolve dentro das Xornadas Culturais Abertas posta en marcha polo Toxos e Froles neste ano 2013. Unha iniciativa que terá continuidade nos vindeiros meses. Pola sede do Toxos pasarán o cantareiro e percusionista Davide Salvado, o músico Kepa Junkera ou o grupo castelán ?La Musgaña?.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2013 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
A inscripción para o concurso de mozos gaiteros supera todas as expectativas de Cantodorx
O fin de semana que vén van celebrarse as "I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo" e o "I Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove". Son dúas propostas que superaron con fartura as mellores expectativas dos organizadores, e a proba é que as bases establecen a participación dunha quincena de gaiteros, pero as inscripciones superan con fartura ese número desde fai días.

Tanto os responsables da organización cultural Cantodorxo como o concelleiro de Xuventude, Alfredo Bea García, mostran a súa enteira satisfacción polo grado de aceptación e implicación dos gaiteros de toda Galicia, á vez que destacan as súas ganas de desprazarse á vila grovense para asistir a este primeiro encontro coa música tradicional. Pero ao mesmo tempo non baixan a garda, por iso animan a todos os cidadáns, de O Grove e da comarca, a participar nesta exaltación da cultura musical galega.

Xa se explicaba onte que están previstas charlas, obradoiros e exhibicións, a despregar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei, de Monte da Vila, coa gaita galega como gran protagonista. Será tanto o sábado como o domingo próximos, aínda que quizais o prato forte deste programa sexa, precisamente, o concurso de gaiteros que vai ter lugar a partir das 18 horas do día 3.

Así pois, o próximo fin de semana os grovenses e todos aqueles que queiran acudir á localidade, teñen unha cita con temas como "Xotas do demo", "Novo milenium", "Muiñeira de Chantada", "Jota de Portoquintela", "Xota de Forcarei", coa "Muiñeira de Poio", coa "Muiñeira da dorna" ou con "Valse de Cecebre".

Estes son só algúns dos temas principais que van interpretar os gaiteros inscritos, que van subir ao escenario para ofrecer ao público dúas cancións cada un. Entre as composicións "secundarias" aparecen o "Pasacorredoiras de Poio", "Muiñeira de Ramelle", "Entre o millo", "Muiñeira de Xinzo", "O soño da papuxa", "Muiñeira para un gaiteiro aventurado", "Fandango de Poio", "Acuarela de Combarro" e "Espertar", entre outras moitas.

Os inicialmente inscritos (son 17) para participar no concurso son os lucenses Carme López Fernández, Lucía Eirós Fernández e Daniel Fernández López; Ismael García do Río, da Coruña; Mariña Fernández Vigo, Alejandro Lago Barciela, Lois Prado Fernández e Juan Manuel Pérez Álvarez, chegados desde Vigo; os vilagarcians Roberto Mariño César e Moisés Carral Ortiz; a cambadesa Jennifer González Búa; Pablo Insua Martínez, de Ortigueira; Anxo Díaz Cheda, de Cedeira; David Canto Veiga, Burela; Laura López Suárez, de Trazo; Diego López Cosmo, procedente de Soutelo de Montes; e, como representante local, a grovense Laura Igrexas Gondar.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo. I Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

Vanse levar a cabo durante a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2013.

Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas.


A parte didáctica vai dirixida ao público en xeral, tentando crear afección á nosa música de raíz con cursos e obradoiros sobre os diferentes instrumentos da música galega e as maneiras de tratalos e tocalos. Terá lugar o sábado día 2 de marzo, en xornadas de mañá e tarde, e mais o domingo día 3 pola mañá. Estas charlas, cursos e obradoiros van estar dirixidos por un gran mestre na música galega, Xaquín Xesteira Losada, profesor de gaita na E-Trad (Escola de Música Tradicional e Folk de Vigo), director da Orquestra Folk Galega Sondeseu, compoñente do grupo Treixadura e tamén integrante de Os Faíscas de Solobeira.

O concurso de xoves gaiteiros solistas, que se vai desenvolver o domingo día 3 de marzo pola tarde, vai dedicado a mozos e mozas de 14 a 25 anos, co cal tentamos darlles un pulo para que a xuventude do país se dedique de cheo á música tradicional galega, pero, sobre todo, para que toque o noso instrumento máis distintivo, a gaita galega. Este concurso terá importantes premios para tentar promocionar os novos valores que tocan a gaita galega e que estará rexido por unhas bases que deberá cumprir quen queira participar (Anexo I).

Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey


PROGRAMA

SÁBADO 2 DE MARZO
10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita

12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita

17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita

DOMINGO 3 DE MARZO
10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión

18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove

(Anexo I) Bases do Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas

Solicitude de inscrición no concurso

Solicitude de inscrición nos obradoiros

Descargar cartel

www.concellodogrove.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-02-2013 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de Cuartetos Toxos e Froles (Ferrol)
II Concurso de Cuartetos

Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o II Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos.

A final do concurso terá lugar o vindeiro 23 de febreiro, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1200 euros. O prazo para a entrega das solicitudes remata o 15 de febreiro de 2013

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción II Concurso de Cuartetos

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do II Concurso de Cuartetos

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-02-2013 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para a Compañía de Quique Peón
Quique Peón Cía logra dous galardóns nun certame de danza de Madrid
Un dos premios, permitiralles representar na capital de España unha nova coreografía o próximo setembro


Quique Peón Cía logrou onte, no Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco, celebrado no Teatro do Matadero de Madrid facerse con dous galardóns. Así, a peza Amizade obtivo o segundo premio nun certame no que competía, na súa categoría, con seis espectáculos de temática flamenca. Quique Peón recoñecía sentirse, tras coñecerse o fallo, «contento e moi emocionado» polo respaldo a unha peza na que compartía escenario cos bailaríns Fran Sieira e Miguel Sotelo e que forma parte do segundo espectáculo do grupo, titulado Alendacroa. Elixiuna para o certame por ser, segundo asegurou, «o máis galego de todos os actos». Ademais, tamén recibiron o premio do Conservatorio Superior de Danza de Madrid María de Ávila, o que supodrán estrear unha coreografía nas súas instalacións o próximo mes de setembro.

O labor de Peón centrouse, nos últimos trinta anos, na investigación etnográfica de Galicia e é o director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina desde 1981, co que obtivo importantes galardóns. O seu traballo como coreógrafo especializado en cultura tradicional levouno, antes de montar a súa propia compañía no 2008, a participar no elenco do Quiosco dás almas perdidas, producido polo Centro Coreográfico Galego. Mantendo as súas vertentes como investigador, intérprete e docente no campo tradicional, nos últimos anos penetrouse en novas experiencias na danza contemporánea.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2012 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do II Concurso de Dúos do Toxos e Froles
O dúo de Xinzo de Limia gaña o II Concurso de Dúos do Toxos e Froles

Cayetano Cuquejo, de 16 anos, e Carmen Canal, de 13, gañaron a II edición do Concurso de Dúos de Gaita e Percusión organizado polo Real Coro Toxos e Froles. Os dous pertencen á banda de gaitas de Xinzo de Limia e participaban por primeira vez nun certame destas características. Baixo o nome Furafoles interpretaron o alalá ?Caen Folerpas?, a xota ?O brumeigo? e a muiñeira ?Pola ponte pasa un gaiteiro?. Logo de proclamarse vencedores, volverona interpretar para o público que enchía o salón de actos do Toxos.

O dúo A Garita, de Fene, formado por Laura Piñeiro e Serafín Santamariña, foi o preferido dos espectadores, que puideron dar a súa opinión mentres o xurado deliberaba. Así, estes últimos levaron 200 euros e os gañadores absolutos, 600.

As outras dúas formacións que tomaron parte na proba foron Os Xaramiños, de Muxía (Óscar Vieites e Juan José Vigo); e Os Argalleiros, tamén de Fene (Mar Alvariño e Rubén Díaz).
O concurso estivo presentado por Eliseo Zaera Landeira, habitual mestre de cerimonias do Toxos. O xurado encargado de decidir o gañador formábano Arturo Lamas (presidente da institución), Fernando Dopico e Andrés Tojeiro. Unha vez rematada a proba, destacaban a calidade das catro parellas e o difícil que resultou tomar unha determinación, pois o nivel estaba moito máis igualado que o ano pasado, cando había máis parellas pero a gañadora sobresalía por riba das demais.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2012 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas arredor da música tradicional (Lugo)
I XORNADAS ARREDOR DA MÚSICA TRADICIONAL

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queirades saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.

DATAS: 15 e 16 de decembro de 2012
LUGAR
Centro Lug2 Rúa Pintor Corredoira 427002 Lugo
INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes. Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA
Socios da AGG: 5 ?
Outros : 10 ?

FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto ?Xornadas de Música Tradicional? e o nome completo da persoa.

PROGRAMA
SÁBADO 15 DE DECEMBRO
Mañá10.30 h - Acto de apertura das xornadas.
11.00 h - I RELATORIO: Ourivería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fernández "Pancho"
12.00 h - DESCANSO
12.15 h ? PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural ?A Regionalista? - Son do Fol. Xaime Estévez
13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé
Tarde:
16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández
17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran
18.00 h - DESCANSO
18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero
19.15 h ? CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón

DOMINGO 16 DE DECEMBRO
Mañá:
10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles
11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía
11.40 h ? DESCANSO
12.00 h ? VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba
13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid
Tarde:
16.00 h - IX RELATORIO: O gaiteiro moderno: Algunhas cuestións técnicas e históricas. Paulo González
17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL - O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz- 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas
17:40 h - DESCANSO
18.00 h ? RELATORIO ? CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro
19.00 h - Remate das Xornadas

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-12-2012 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0