Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Selección de gaiteiros solistas para o XXX Trofeo Maccrimmon (Lorient)
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS
XXX TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT


1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXX Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 7 de agosto de 2015 durante o Festival Interceltique de Lorient. Este ano por ser o 30 aniversario, farase una edición especial para conmemoralo.

3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 12 gaiteiros sen acompañamento de percusión.

4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 26 de Abril ás 17:00 no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras - Teo (A Coruña).

5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio da peza galega obligatoria que será ?Ribeirana de Ventosela?, presentada en soporte CD, que os participantes enviarán xunto coa folla de inscrición.

7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano (Jota de Remis) e unha peza do repertorio bretón (Dans Fisel) que se adxuntan coas bases e a folla de inscrición.

8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.

10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.

11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.

12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras-Teo o domingo 4 de Maio ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.

13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.

14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.

15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.

16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.

17. O fallo do xurado será inapelable.

Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 3 de Abril de 2015 a:
APTO DE CORREOS 17.
CACHEIRAS ? 15883 TEO (A CORUÑA).
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2015 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
II Premios Martín Codax da Música
54 proxectos pasarán a 2ª rolda de votacións. MAV concederá este ano o seu Premio Honorífico a N.H.U., un grupo dos 70 cuxo único disco de rock progresivo en galego segue a ser obxecto de culto

Nun acto sinxelo e moi familiar, no que a música correu a cargo d?A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, gañadores da pasada edición na categoría de Orquestras, a Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública a lista dos finalistas da 2ª edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. Foi no transcurso da Festa de Nomeados do certame que se volveu celebrar nas instalacións das Bodegas Martín Códax, en Cambados. Entre os finalistas, proxectos con traxectoria, e mesmo premiados na anterior edición como é o caso de Transivalnians ou Machina; Narf que desta volta aparece coa formación de trío; e tamén finalistas que repiten como Xoel López que nesta ocasión prefire vincularse á nova categoría de Canción de Autor; Caxade, Pablo Díaz, Cró ou Wöyza. Este é o listado os 54 proxectos nomeados:

Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales

Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius

Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros

Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío

Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso

Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz

Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade

Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela

Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS

Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel

Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños

Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9

Metal: Aphonnic / Nao / Machina

Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians

Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon

Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol

Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia

Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando


Ao remate do acto, o presidente das Bodegas Martín Códax, José Martínez Chantada, deu a benvida aos asistentes e destacou que "a adega estivo vinculada dende a súa fundación á cultura galega que é signo distintivo da nosa terra e é unha honra para a nós dar nome a este certame". Chantada valorou a implicación da firma nestes premios como ?unha aposta que nos está demostrando que paga a pena defender o noso, e que o sector musical ten un potencial que debemos promover tanto dentro como fora das nosas fronteiras?.

Implicación dos músicos
O acto estivo conducido por Xacobe Martínez Antelo, voceiro de Músicos ao Vivo que agradeceu ?a implicación dos músicos galegos unha vez máis neste proxecto ilusionante que nesta edición logrou reunir a 360 proxectos e que volve converter a web dos premios www.premiosmartincodaxdamusica.com na plataforma de música galega máis importante do momento. Antelo lembrou que o balance non podía ser máis positivo: 307 grupos, 14 salas, 21 festivais e 18 medios de comunicación inscritos, e engadiu que ?este segundo certame, pasará á memoria como a edición da consolidación. O que parecía un fito histórico que viña facer xustiza e recoñecer o traballo de moitas carreiras musicais, pasou a formar parte da nosa realidade cotiá?. Canto aos Premios Organistrum, asegurou que ?fan un primeiro achegamento sobre as salas, os festivais e os espazos de comunicación musical que valoran positivamente a visibilidade que supoñen estes premios?. O voceiro de MAV concluiu a súa valoración asegurando que ?o espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, emana outra vez máis nestes premios? e resaltou o feito de que en todas as categorías haxa proxectos consagrados, xunto con propostas radicalmente novas e frescas, algo que fai deste certame a convocatoria perfecta para dar a entender o que temos entre mans cando falamos de Música en Galicia?.

A esta festa de nomeados asistiu tamén o director da Agadic, Jacobo Sutil, que felicitou a todos os nomeados e reiterou o seu apoio a esta iniciativa da Asociación de Músicos ao Vivo.

Os asistentes puideron disfrutar dunha cea servida polo chef do Grupo Nove, Antonio Botana, que presentou un menú baseado nas creación gastronómicas coas que a diario traballa nos seu restaurante de Cambados, Pandemonium; e que se acompañou cos viños das Bodegas Martín Códax. Durante o acto presentáronse tamén as primeiras estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala que se celebrará o mércores 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, e onde ademais dos 18 gañadores que sairán desta lista de finalistas, entregarase tamén o premio Honorífico Músicos Ao Vivo á banda galega de rock progresivo dos 70, N.H.U.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-11-2014 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados da VIII Edición do Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

Resultados da VIII Edición do Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo:

-Primeiros clasificados - Efecto Polilla
-Segundos clasificados - Virutas de Ébano
-Terceiros clasificados - Lusco Fusco


Grazas a tod@s @s participantes é ó publico asistente que un ano máis ateigaron o noso Edificio Social
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-10-2014 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Concurso de Música Tradicional (Luou)

Outro ano máis estamos encantad@s de poder facervos chegar toda a información relativa ó xa "VIII Concurso de Música Tradicional" da A.C. A Mámoa de Luou - Teo.

A data na que terá lugar o evento será o vindeiro 19 de Outubro de 2014 no Edificio Social de Luou.
Agradeceríamos de todo corazón que na medida do posible a publicarades nos vosos medios ou a fixerades chegar ás persoas que máis lles pudera interesar do voso entorno.

Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.

Sen máis, convidarvos a tod@s a que ese domingo vos acheguedes a Luou a vivir un domingo cheo de música do país.
Saúdos.

A. C. A Mámoa
Luou - Teo
www.facebook.com/acamamoa
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-10-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Para participar no Vai de gaita da TVG
Estamos a piques de comenza-la tempada 23 de Luar e queremos poñer en marcha a segunda edición do concurso de gaiteiros "Vai de Gaita".
Desta volta os concursantes serán rapaces e rapazas de ata 13 anos de idade, que deberían tocar dúas pezas escollidas por eles, unha delas acompañados por un instrumentista de calquera idade. O premio para o gañador será unha gaita valorada en 1500 euros e para o segundo, outra gaita valorada en 1200. Gustaríanos pedirvos axuda facéndovos eco desta convocatoria, para conseguir o maior número posible de participantes.

Para apuntarse ou resolver calquera dúbida, dispoñemos do mail luar@crtvg.es ou do teléfono 981.540.606.

Luar
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas

O XLVIIConcurso de Gaitas de Ponteareas, levado a cabo este sábado en Ponteareas, foi o reflexo da extraordinaria calidade dos grupos participantes, un total de quince, que deleitaron ao público e xurado coa súa marabillosa interpretación das pezas do concurso. O xurado da XLVII edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas concedeulle o Primeiro Premio ao grupo ?Virutas de Ébano? de Vigo. O dito cuarteto estaba composto por Jandro Bargiela, Lois Prado, Julia Feijoo e Jenny Prado. Este premio dotado de 1.800,00 euros, diploma e medallas conmemorativas contou co patrocinio da empresa ? ELECNOR?.

2º. premio
O Segundo Premio, patrocinado pola empresa ?VIAQUA? dotado de 1.200,00 euros correspondeulle ao grupo ?Bordón Grelado?de Vigo.

3º. premio
O Terceiro Premio, patrocinado polos empresarios e irmáns ?Rodríguez Sobral? dotado coa cantidade de 900,00 euros, foi para o grupo ?Lusco e Fusco? de Vigo..

4º.Premio
O Cuarto Premio, partrocinado polo ?Concello de Ponteareas? por un importe de 600,00 euros foi para o grupo ?Xente Nova? de Ferrol.

5º. premio
Na edición deste ano, contouse cun Quinto Premio, dotado dun lote de material musical doado pola empresa ?Zinye Distribucións Musicais?, correspondéndolle ao grupo ?Vedoira? de Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de Cantos de taberna (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-08-2014 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
III Memorial Antonio Fernández (Marín)
Como o ano pasado e concidindo có noso 40 ANIVERSARIO, a asociación artístico-cultural OS CHANEIROS presenta as bases do que será o
III CONCURSO TRADICIONAL DE CUARTETOS JUNIOR dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 a 20 anos dentro do III MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ 2014.

O concurso terá lugar no Multiusos da Praza de Abastos do Concello de Marín o día 6 de Xullo ás 18.00.

www.oschaneiros.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-07-2014 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso no Festival Intercéltico de Moaña
O Intercéltico descobre talento
O festival de Moaña abre o prazo para a segunda edición do seu concurso de grupos noveis de folk


A organización do Festival Intercéltico do Morrazo, que se celebrará os vindeiros días 25 e 26 de xullo en Moaña, ultima a preparación do evento do xénero cunha traxectoria máis dilatada en toda Galicia. Este ano cúmprese a súa edición número 30 e o Concello ten a intención de ofrecer unha programación especial. Mentres tanto, repetirán a experiencia do ano pasado organizando un concurso para grupos noveis que descubra aos conxuntos que marcarán o futuro da música folk. Os organizadores abriron o prazo para a presentación de grupos ao concurso e lembra que o ano pasado este certame tivo moi boa acollida e deu a oportunidade de "compartir cartel con bandas xa consagradas, como foi o caso de Outra vaca no millo de Os Perucos".

A concelleira de Cultura, Colomba López, indica que o obxectivo de consolidar este concurso está en "seguir a ser unha plataforma de difusión de novos creadores, que teñen moito potenciar e, ás veces, contan con poucas oportunidades para demostralo".

Para poder participar as bandas deben estar integradas por un máximo de seis compoñentes, cun repertorio baseado na música tradicional galega. Así mesmo o repertorio debe ser orixinal. O grupo que resulte gañador actuará durante 30 minutos como teloneiro da cabeza de cartel nun dos dous días, percibirá tamén unha pequena compensación económica en concepto de gastos de desprazamento e manutención.

Os aspirantes deben enviar as súas maquetas, acompañadas dun pequeno texto que explique o estilo musical e os nomes dos integrantes a unha dirección de email. A data límite é o 6 de xullo. Ao día seguinte darase a coñecer o nome do gañador.

Antes de facer público o cartel definitivo, Colomba López asegura que esta edición do Intercéltico "será moi especial, porque xa é unha cita obrigada non verán galego e dá música folk en toda Europa". Milladoiro e Treixadura lideraron o cartel de 2013.

Prioridade
Asegura que este evento é prioritario para o seu departamento, "porque é unha investimento en se mesma e contará coa asistencia de xente de toda Galicia. En próximas datas coñecerase o cartel definitivo "con músicos de primeira orde no panorama internacional". A páxina web do evento e as redes sociais serán unha ferramenta importante á hora de promocionar este festival na edición de 2014.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-06-2014 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de galiteiros solistas `Os Dezas de Moneixas´ (Lalín)

I CONCURSO DE GAITEIROS SOLISTAS: Memorial ?Os Dezas? de Moneixas

BASES:

1. Poderán participar todos os gaiteiros e gaiteiras de calquera zona de Galicia sen acompañamento.

2. Só se admitirán gaitas de estética tradicional sen importar a tonalidade.

3. Valorarase positivamente aos participantes que vistan o traxe galego, aínda que non é de carácter obrigatorio.

4. A idade mínima de participación é de 15 anos sen límite. Seleccionaranse por orde de inscrición un máximo de dez participantes. A organización informará por teléfono aos seleccionados unha vez rematado o prazo de inscrición.

5. Os que desexen participar no concurso deberán poñerse en contacto a través de:

- teléfonos: 661288280 ? 652263857 ? 615468586
- no correo lotaboadarozas@hotmail.com

Non se admitirán modificacións respecto a folla de inscrición. O modelo de inscrición e a partitura da canción obrigatoria estarán á disposición dos interesados no blog moneixas14.blogspot.com.es, e deberán enviar toda a documentación ao correo anteriormente mencionado.

6. O prazo de inscrición remata o 27 de xuño ás 20:00 horas.

7. O concurso terá lugar en Moneixas (Lalín) o día 12 de Xullo de 2014.

8. O concurso dará comezo ás 13:00h. Os participantes seleccionados deberán presentarse ao pé do escenario as 12:30 e confirmar a súa participación.

9. A orde de actuación será segundo a orde de inscrición.

10. Disporán de 6 minutos nos que interpretarán obrigatoriamente XOTA DE CRUCES, (partitura dispoñible en facebook) composta polos ?Dezas? de Moneixas e outra/s peza/s libre/s. Penalizarase o exceso de tempo cun punto por cada vinte segundos.

11. Premios:

1.º Premio, dotado con 250? e trofeo2.º Premio, dotado con 100? e trofeo3.º Premio, dotado con 50? e trofeo

12. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional galega e por un representante da organización (con voz, pero sen voto). As decisións do xurado serán inapelábeis.

13. O xurado valorará os seguintes aspectos:

- A afinación do instrumento- A claridade e dificultade da interpretación- A estética no escenario

14. O gañador ou gañadora repetirá unha das súas intervencións como remate do concurso.

15. A participación no concurso implica a autorización aos membros da organización para publicar fotografías de carácter informativo na páxina web, no periódico ou outros medios similares.

16. A inscrición no concurso implica a total aceptación das bases.

http://moneixas14.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-06-2014 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do Concurso Azaloira 2014
O XIV Festival de Baile Tradicional Azaloira encheu ata os topes o auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira nunha edición especial, adicada á canteira das formacións galegas. O grupo Náñaras, da Asociación Cultural Saíñas de Xove (Lugo) alzouse co primeiro premio da sección xuvenil -de 12 a 16 anos-, dotado con 500 euros.

O segundo posto nesta categoría foi para Os Xeitosos de Trazo, que se levaron 300; e a terceira posición foi para A Burga, do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, que recolleu 150 euros. O galardón a mellor vestiario recalou en Fungueirazos, da Asociación Donaire de A Coruña, que recibiu 100 euros doados polos comerciantes e empresarios de A Bandeira.

Na sección infantil -de 8 a 12 anos- impusose Sete Ferreñas, da Asociación Vai de Roda, de Rianxo, a quen lle corresponderon 400 euros. A victoria foi por partida dobre, xa que tamén recolleu o premio a mellor vestiario, dotado, igualmente, con 100 euros. O grupo C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos consiguiu o segundo posto -250 euros- e Os Remuíños, da Asociación Cultural Mar de Arousa, de Vilagarcía, o terceiro premio -150-.

Integraron o xurado: Carlos Pardo, da Colexiata do Sar; Chus Uzal, bailadora de Xacarandaina; e Miguel Sotelo, director do grupo Trébere, de Marín. A edil de Cultura, Margarita Campos, actuou como secretaria, con voz pero sen voto. O comité calificador fixo unha mención especial á " importancia de ensinar aos rapaces a finalidade de disfrutar bailando e transmitir forza e ledicia, en contra de facer tan ríxidos os bailes na procura da perfección".

O festival durou case tres horas e nel compitiron 19 grupos, un menos do previsto, xa que a formación infantil Donairiño, da Asociación Cultural Donaire de A Coruña, caeu do cartel ao lesionarse o seu guía durante unha actuación, o sábado, na cidade herculina. Tamén bailaron os tres grupos da escola de Fortín da Pomba -a agrupación organizadora-, os adultos, as pandereteiras e o grupo de acompañamento, inda que fora de concurso.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2014 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Reunido o Xurado do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, celebrado no Centro SocioCultural Ágora de A Coruña o 11 de maio de 2014, tomaron os seguintes acordos:


SOLISTAS:

1º premio: "Dairea"
2º premio: Santiago Lage Souto
3º premio: Ismael García del Río

CUARTETOS:

1º premio: "Virutas de Ébano"
2º premio: "Os Picurruchos"
3º premio: "Lusco - Fusco" Mención especial á percusión por parte do xurado.


PANDERETEIR@S CAT. A.:


1º premio: "Tarabeliños" da A.C. Donaire
2º premio: "Arrieiras" da A.C. Xiradela
3º premio: A.C. Os Xeitosos - Trazo


PANDERETEIR@S CAT. B.:


1º premio: ?Os fillos de Pepa a Loba? da A.C. Faragullas
2º premio: "Pedresqueira" da A.C. Adro - Baio
3º premio: ?Titiriteiras? da ACF Tarambainas


PANDERETEIR@S CAT. C.:


1º premio: ?Lilaina? da A.C.R.D. O?Castro
2º premio: ?Taravela? da A.C. Xiradela
3º premio: ?Lagharteiras? da A.C.F. ?As Lagharteiras

Parabéns a todos eles e vémonos o vindeiro ano!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-05-2014 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

O XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina, no marco do Centro Sociocultural Ágora, celebraráse na Coruña o domingo día 11 de maio.

O acto dará comezo ás 10:30 da mañá e continuará ás 16:00 tarde. Participarán no mesmo 72 grupos de pandeireteiras, cuartetos e solistas procedentes de toda Galicia: grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. Concederanse 3 premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:

CATEGORÍA A: ata 10 anos inclusive.
CATEGORÍA B: de 11 a 16 anos inclusive.
CATEGORÍA C: de 17 anos en adiante.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e afinación e interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

1º PREMIO: trofeo e 250 ?
2º PREMIO: trofeo e 150 ?
3º PREMIO: trofeo

Finalízase o acto, tanto da mañá como da tarde, coa actuación do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina que realizará unha exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios.


A venta de entradas está dispoñible na páxina web de Servinova (a partir do día 5 de maio), no despacho de billetes da praza de Ourense ou o mesmo día no despacho de billetes do Ágora ata unha hora antes do inicio do concurso, sendo o prezo das mesmas a 5 ? (cada sesión individualmente) ou 8 euros (en horario de mañá e tarde).

info@xacarandaina.com
Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2014 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014

Dende a Asociación Cultural Traspés, queremos agradecer a participación a todas as agrupacións que asistiron, tamén a artesáns, empresas e colaboradores, e como non, a ese público entregado, xa que sen eles, vós e nós este concurso non sería posible. Pedir desculpas polos problemas que puidese haber na organización, ano a ano iremos mellorando.

Sigamos traballando todos unidos pola nosa Galiza, polas súas culturas e tradicións.

Aquí deixámosvos os resultados do noso II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, moitas felicidades a todos:

Categoría A:
1º Premio: Tolerías, da CCAD de Áreas. Ponteareas.
2º Premio: Arrieiras, da A.X. Xiradela de Arteixo.
3º Premio: Escola de pandeireta, do CE?IP do Hío.
Accésit de vestiario: Pipiriteiros, da ACV Cascovello de Vigo.

Categoría B:
1º Premio: Seixebra, da AC Seixebra de Moraña
2º Premio: Meniñas, da ACF Tarambainas de Vigo
3º Premio: Grupo B, da AC Rosalía de Castro de Teo
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da ACF Tarambainas de Vigo.

Categoría C:
1º Premio: Trébede, AC Loaira, de Marín.
2º Premio: Pandereteiras da AC Rosalía de Castro, Teo.
3º Premio: Lagharteiras, da ACF Lagharteiras, de Mos
Accésit de vestiario: do GBMT Tahúme, de Ribeira.

Noraboa a todos os premiados!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)

Así quedaron os premios no X Concurso de Baile Tradicional que organizamos dende Tequexetéldere.

*** Categoría A
1º.- Grupo A da Escola de Cantigas e Agarimos.
2º.- "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
3º.- Grupo D da Escola de Cantigas e Agarimos.

*** Categoría B
1º.- "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
2º.- "Sete Ferreñas" da AMBT Vai de Roda de Rianxo.
3º.- "Chavián" da AC A Mamoa de Luou

*** Categoría C
1º.- "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella.
2º.- "Nove Ferreñas" da AMBT Vai de Roda de Rianxo.
3º.- "Ñañaras" da A.C. Saiñas de Xove

*** Categoría D
1º.- "A Burga" do C.C. A Ponte Vella.
2º.- A.C. Os Xeitosos de Trazo
3º.- Grupo A da A.C. Armadanzas de Laraño.

A todos eles parabéns e ao resto dos participantes, moitas grazas pola vosa confianza neste concurso.
Esperamos volver a vervos o ano que ven.

Unha forte aperta a todos

A Ponte Vella volve copar 5 premios no X Concurso Tequexetéldere
Logra tres primeiros, un segundo e un accésit ao mellor vestiario - Cantigas e Agarimos vence na categoría A

Un ano máis, o Centro Cultural A Ponte Vella de Pontevea, no veciño municipio coruñés de Teo, volveu ser a formación que cultivou máis premios do Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere da Estrada, organizado por esta agrupación co apoio do Concello da Estrada. Logrou 5 dos 16 galardóns que estaban en liza no certame. Os diversos grupos de baile cos que competiu nas 4 categorías establecidas -A para bailaríns de até 10 anos, B para os de entre 10 e 12, C para os de 12 a 16 anos e D para os de máis de 16- coparon tres primeiros premios, un segundo así como un accésit a mellor vestiario establecido para as categorías C e D.

A Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos foi a clara vencedora na categoría A. O seu grupo C gañou o ouro pola súa interpretación da Xota e Muiñeira de Liñares e o seu grupo D, o bronce polo seu Muiñeira de Toutón. A prata foi para A Telleira do Centro Cultural A Ponte Vella pola súa Muiñeira de Zobra.

Na categoría B, impúxose O Muíño da Retorta do Centro Cultural A Ponte Vella pola súa posta en escena de Pola Vila de Sarceada. Segunda quedou Sete Ferreñas da Asociación AMTB Vai de Roda de Rianxo con Mañanitas, Joyta e Retrembau de Balouta. Seguiulle na clasificación a Asociación Cultural A Mamoa de Luou coa Munheira de Arca.

Nestas dúas categorías, Vai de Roda cultivou con Sete Ferreñas o accésit ao mellor grupo de acompañamento galardón, que tamén merecería nas categorías C e D Nove Ferreñas, tamén da agrupación rianxeira. O accésit a mellor vestiario das categorías A e B foi para Remuiños da AC Mar de Arousa, que interpretou a Muiñeira de Barro de Arén. O accésit a mellor vestiario en C e D alcanzouno Tras do Eo da Ponte Vella, que bailou Xota e Muiñeira de Enxilde e tamén lograría o primeiro premio da categoría C. Nove Ferreños de Vai de Roda quedou segunda nesa sección e Ñañaras da Asociación Cultural Saiñas de Xove lograría o bronce coa Xota de Anxeriz (Tordoia).

Na categoría D, A Burga da Ponte Vella alzouse coa vitoria pola súa Muiñeira de Visantoña de Santiso, seguida da Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo co Manco de Imondo e do grupo A de a Asociación Cultural Armadanzas de Laraño coa súa Xota e Muiñeira de Axeitos-Ribeiro.

No concurso déronse cita 32 agrupacións de baile de toda Galicia. Fóra de concurso, actuaron pandereteiras, grupos de baile e cuarteto de gaita de Tequexetéldere. A décima edición do seu concurso volveu ser un éxito en participación de público.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do VI concurso de cantos de taberna (Melide)

O grupo de música popular dezano Os Sin Son Ghaiteiros gañaron o sábado o VI Concurso de Cantos de Taberna celebrado en Melide.

O certame formó parte das actividades da X Foliada de Melide e tomaron parte 18 agrupacións galegas e de Euskadi. Os grupos comezaron a tocar ao mediodía con 20 minutos por concerto e ao finalizar a concurrida celebración o xurado, formado por donos dos bares da localidade, decidiu que Os Sin Son eran merecedores da primeira posición, que conleva un premio en metálico de 1.200 euros e un concerto.
O grupo está formado por Manuel Otero (gaita), Rocío Mosquera (acordeón), Sanse (pandeireta), Fran Quinteiro (choca) e os irmáns Manolo e Toño Vidueiros á percusión tradicional.

Segundo foi Casa da Troula (Rekalde) e terceiro Abóbriga, de Baiona.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Trofeo Maccrimmon de Lorient
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS
TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT


1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXVIII Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 2 de agosto de 2014 durante o Festival Interceltique de Lorient.

3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 15 gaiteiros sen acompañamento de percusión.

4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 4 de Maio ás 17:00 no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras - Teo (A Coruña).

5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio da peza galega obligatoria que será ?A gaita de Melchor? de Iván Costa.
presentada en soporte CD, que os participantes enviarán xunto coa folla de inscrición.

7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón que se adxuntan coas bases e a folla de inscrición.

8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.

10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.

11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.

12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural ?Rosalía de Castro? de Cacheiras-Teo o domingo 4 de Maio ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.

13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.

14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.

15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.

16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.

17. O fallo do xurado será inapelable.
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente
cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 11 de Abril de 2014 a:

DELEGACIÓN GALEGA DO FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT.
APTO DE CORREOS 17.
CACHEIRAS ? 15883 TEO (A CORUÑA).


Bases
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

O vindeiro 11 de maio terá lugar a celebración do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, coma nas últimas edicións realizarase no Centro Sociocultural Ágora.

Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, enviando a vosa solicitude por correo electrónico a info@xacarandaina.com ou por correo ordinario ó enderezo Rúa Historiador Vedía nº3 15004 A Coruña.

BASES DO CONCURSO
XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Centro cultural Ágora, A Coruña
11 de maio de 2014


MODALIDADES:
A) PANDERETEIROS/AS
B) CUARTETOS, QUINTETOS OU SEXTETOS.
C) GAITEIROS SOLISTAS

1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc... nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como tódolos gaiteiros solistas que o desexen.

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en tres categorías:
Categoría A: ata 10 anos inclusive.
Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
Categoría C: de 17 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

3. A modalidade de cuartetos establécese unha única categoría sen límite de idade.

4. Na modalidade de gaiteiros solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.
As gaitas deberan ser galegas, quedando excluidas as foráneas. O gaiteiro poderá levar un so acompañante (por exemplo, tamboril, caixa, pandeireta ou calquer instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluidos os de material sintético).

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en tódalas modalidades (pandeireta, cuartetos e gaiteiros solistas)

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago ó grupo correspondente.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade e dificultade da peza.
Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.
O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, NON PODERÁN QUEDAR PREMIOS DESERTOS EN NINGUNHA DAS CATEGORÍAS.

8. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. Os premios serán os seguintes en tódalas categorías de tódalas modalidades.
- 1º premio: trofeo e 250 ?
- 2º premio: trofeo e 100 ?
- 3º premio: trofeo
Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco,
outorgarase un único premio. (Trofeo e 250 ?)

10. O concurso terá lugar o domingo 11 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n - 15010. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.
A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso vía correo electrónico.

11. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 26 DE ABRIL.

12. Este ano pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- Correo ordinario ó local social: A.C.Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

13. EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS E NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
XIV concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira)

Con motivo do 15º aniversario da Asociación de Baile Xuvenil Fortín da Pomba de Bandeira, temos o gusto de convidarvos á XIV edición do concurso de baile tradicional galego "AZALOIRA" que este ano terá un carácter infantil-xuvenil como premio á labor das nosas escolas de baile tradicional.

O concurso terá lugar o día 18 de maio ás 18:00h. no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.


XIV concurso de baile tradicional galego ?Azaloira?

Bases de participación

? establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 13 a 16 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva.

? o mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.

? será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.

? cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.

? os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización.

? o xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretaria -con voz pero sen voto- a concelleira de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.

? a asociación de baile xuvenil ?Fortín da pomba? actuará a modo de exhibición.

? a entrada no auditorio Manuel Dopazo de bandeira será, coma sempre, de balde.

? premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euroe e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.

? prazo de inscripción: do 1 ao 25 de abril de 2014 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguinte enderezo: fortindapomba@yahoo.es.

Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de fortín da pomba (josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso Cantos de taberna en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-04-2014 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
X Concurso de Baile Tradicióna​l Tequexetél​dere (A Estrada)
X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL TEQUEXETÉLDERE

A Estrada 27 de abril de 2014

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o X Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 10 anos.
-Categoría B: de 10 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.

Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

O concurso celebrarase o Domingo 27 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada ou no Pazo de Exposicións e Congresos (según inscrición de grupos), nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 20 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .

A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).

O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.

A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

Establecerase a seguinte cuantía de premios:

Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 ?)
-Segundo premio (120 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)

Categoría C:
-Primeiro premio (180 ?)
-Segundo premio (150 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)

Categoría D:
-Primeiro premio (240 ?)
-Segundo premio (180 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)

Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

Bases
Folla inscrición
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-04-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (Vigo)
1. Neste concurso poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais, artísticas, recreativas, folclóricas, de veciños, centros parroquiais, ANPAS, etc.

2. Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.

3. Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.

4. Cada participante non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

8. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado.

CATEGORÍAS

1. A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante

2. As categorías determinaranse pola media de idades dos compoñentes, e ningún deles pode superar o límite da categoría en máis dedous anos.

3. A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).

XURADO

1. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
· Autenticidade da peza
· Dificultade da mesma
· Afinación e interpretación

2. O xurado poderá descualificar a calquera intérprete que non atinxa as bases e/ou normas do concurso.

3. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido do folclore tradicional, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

4. O xurado terá a liberdade de esixir o DNI ou librodefamilia.
5. O xurado estará nomeado e elixido pola Asociación Cultural Traspés.

PREMIOS

1. Os premios serán os seguintes:
Categorías A, B:
1ºpremio: trofeo e 300?
2ºpremio: trofeo e 150?
3ºpremio: trofeo
Trofeo de vestiario

Categoría C:
premio: : trofeo e 1000?
premio: trofeo e 500?
premio: trofeo e 250?
Accésit de vestiario de 150?


INSCRICIÓN
1. O prazo de inscrición rematará o día 13 de Abril. Para se inscribir débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao correo eletrónico traspes@traspes.com.
2. A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.

DATA

1. O concurso terá lugar o 27 de abril no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo.

2. Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega depremios correspondente.

3. A hora de presentación, a orde e as normas do concurso serán enviadas previamente vía correo eletrónico.

4. O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.

5. Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-04-2014 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
XV Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
XV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES


1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademáis, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:


CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 13 de Abril de 2014 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cumprimentada ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o xoves 3 de abril.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscrición. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión
Organizadora. En caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado daranse a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 13 de Abril de 2014.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Tlf. Móbil: 676 233 748 (mañá) / 646 875 953 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-04-2014 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do III Concurso de Cuartetos Tradicionais Real Coro Toxos e Froles.
O cuarteto tradicional A Folla da Hedra de Vigo foi o gañador do III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles o pasado sábado 22 de Febreiro de 2014 no local da rúa Magdalena de Ferrol e que levou o premio único de 1.200 euros.



Partcipantes do concurso:

1. Vedoira, de Lugo
2. Os Picurruchos, de Lugo
3. Os de Lonxe, de Barcelona
4. Xente Nova, de Ferrol
5. Chiquirindaina, de Vigo
6. A Folla da Hedra, de Vigo
7. Virutas de Ébano, de Vigo
8. Sestrelo, de Madrid
9. Rumbía, de Porto do Son
10. Efecto Polilla, de Santiago de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-03-2014 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de Cuartetos
Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" organiza o III Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos.

A final do concurso terá lugar o vindeiro 22 de febreiro, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1200 euros. O prazo para a entrega das solicitudes remata o 14 de febreiro de 2014

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción III Concurso de Cuartetos

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do III Concurso de Cuartetos

www.toxosefroles.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-02-2014 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
A caza do folclore (A Cañiza)
Bases do concurso

A Asociación Cultural Furafollas de Oroso, pretende valorar e difundir a riqueza cultural e musical da nosa terra, a través desta segunda edición do concurso folclorico, contribuindo así o coñecemento e difusión da riqueza cultural da que contamos.

O Concurso terá lugar o sabado dia 25 de xaneiro, a partir das 17:00h en A Cañiza.

1.PARTICIPANTES:
Poderán concurrir todas aquelas persoas de calquer idade, aficionados ou profesionais do folclore galego, residentes ou non no Concello de A Cañiza.

2.OBXECTIVOS ESPECIFICOS:
Entablar lazos de amizade e confraternidade entre os diferentes grupos da rexión.
Promover e difundir o folklore rexional mantendo os valores artísticos dos nosos pobos.
Incentivar o traballo artístico a través dos valores de responsabilidade, colaboración, solidaridade, desenrolo cultural e identidade.

3.TEMATICA:
O concurso ten unha categoría de tematica folclorica galega, da danza rexional e a música tradicional.

4.PRAZO DE PRESENTACION:
Entrarán a concurso aqueles grupos que se inscriban antes do vindeiro 20 de xaneiro de 2014. Esa mesma semana os grupos recibirán a notificación do horario no que actuarán.

5.LUGAR DE INSCRIPCIÓN:
Os diferentes grupos poderán inscribirse no seguinte tlf: 699 877 593
Ou no correo: a.c.furafollas@hotmail.com

6.REQUISITOS DOS GRUPOS:
Deberán contar cun minimo de 3 parexas e un maximo de 5. Unha cantidade maxima de 2 bailes e unha peza musical, contando cun maximo de 20 minutos por grupo. Valorarase a vestimenta, a beleza do baile e da musica.

7.INSCRIPCIÓN:
Para a inscripción dos grupos deberanse abonar 20?. Este abono farase en calquer oficina do banco Santander no seguinte nº de conta: 0049-6690-91-2190024762

8.PROCESO DE SELECCIÓN:
O sabado dia 25 de xaneiro, a partir das 17:00h, actuarán os inscritos. O xurado valorará os diferentes grupos e media hora despois da ultima actuación darase o veredicto.
A entrega de premios será esa mesma noite.
O xurado estará composto por duas persoas de relevancia no mundo da cultura tradicional e un membro da organización. Farase publico o nome dos xurados unha vez remate o prazo de inscripción dos grupos.

A decisión do xurado será definitivo e inapelable.
O xurado poderá deixar deserto algún dos premios por falta de calidade ou de grupos.

9.PREMIOS:
A comunicación do fallo dos grupos premiadas farase o mesmo dia da entrega de premios.
Establecense os seguintes premios:

1º Premio: 300? + trofeo
2º Premio: 200? + trofeo
3º Premio: 100?+ trofeo

10.ACEPTACIÓN:
A participación neste concurso folclorico implica o coñecemento e aceptación das bases do concurso. Calquer incumprimento das mesmas pode ser obxeto de descalificación.

Todos os datos persoais dos participantes, en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, estarán incluidos no ficheiro pertencente a Asociación de hosteleiros e productores de xamón da cañiza, coa finalidade exclusiva de facilitarlle información sovbre as actividades da Asociación de hosteleiros e productores de xamon da cañiza. Pode ejercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición por escrito a Asociación de Hosteleiros e Productores de Xamón da Cañiza (rua progreso 21, a cañiza).

INFORMACIÓN E CONTACTO.
A presente base legal do concurso permanece impresa na no concello de A Cañiza para a sua consulta.

Tamén se poden descargar as bases en:
www.todocondado.com

Consultas en mail:
a.c.furafollas@hotmail.com
tlf: 699 877 593

tlf: 699 877 593
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-01-2014 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
A música tradicional hoxe (Compostela)
XOVES 21 DE NOVEMBRO DE 2013

Esta xornada está pensada para facer unha análise da situación da música tradicional no mo-mento actual, unha vez perdido xa totalmente o seu carácter funcional e sopesar os riscos aos que está sometida, debido fundamentalmente á vaga globalizadora que nos invade. Así mesmo, estudar posibles actuacións na difusión, ensino e posta en valor de toda a riqueza cultural que representa a nosa música popular para mostrala ás novas xeracións.

PROGRAMA

16:45 h. Presentación da xornada
17:00 h. A música tradicional ante o reto da globalización
Josep Martí. Catedrático do Departamento de Arqueoloxía e Antropoloxía do CSIC (Barcelona)

Presenta: Xosé V. Ferreirós

17:45 h. Educación e Música Tradicional Xaime Estévez. Profesor e xefe do seminario de música do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo)

Presenta: Sergio Sieiro

18:30 h. Mesa redonda
Josep Martí
Xaime Estévez
Ramón Rodríguez Palleiro. Gaiteiro e arquiveiro do coro Cántigas da Terra (A Coruña)
Xosé Lois Romero. Compositor, arranxador e profesor na Tradescola (Lugo)

Presenta: Xosé V. Ferreirós
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-11-2013 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
XIX edición do Premio de Investigación
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2013 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do III Concurso de Dúos Gaita - Percusión Toxos e Froles
O dúo Os Feneses, integrado polo gaiteiro Serafín Santamariña e a pandereteira Mar Alvariño, os dous de 16 anos, gañou a terceira edición do concurso para gaita e percusión que organiza o Real Coro Toxos e Froles, e que se dirixe a menores de idade.

Foron os mellores segundo o criterio dun xurado que decidiu entre o bo facer de cinco parellas. Nesta ocasión, de Ferrolterra tamén se contou coa participación de LuscoFusco (desde Narón) e con Gabaxeiros da Castela (de Ferrol). Ademais, repetiron experiencia os gañadores do ano pasado, os Furafoles de Xinzo de Limia, e tamén se achegaron ata a sede do Toxos, desde Muxía, o dúo Do Vendaval.

Os Feneses foron os últimos en tocar e interpretaron a peza ?Sanmarelo? e a ?Xota da Fonsagrada?, dúas composicións con ritmos moi diferentes nos que deixaron clara a súa afinación, destreza e complicidade. Ambos rapaces forman parte da banda de gaitas Airiños de Fene. Santamariña, ademais, estuda con Daniel Bellón e tamén acordeón e gaita no Conservatorio. Este verán foi finalista do concurso para gaita solista do Ateneo, o Constantino Bellón.

O premio consiste nunha recompensa económica de 500 euros e tamén nun saco de insonorización para gaita, da empresa Insogaita. Nel introdúcese o punteiro e iso permite ensaiar cun volume menor ó habitual.

O xurado do concurso formárono Arturo Lamas, presidente do Toxos, gaiteiro, e mestre de gaita na entidade; Fernando Dopico, tamén gaiteiro e mestre; e Andrés Teijeiro, membro do Real Coro. Durante a súa deliberación actuou no salón de actos do edificio da rúa Magdalena o cuarteto ferrolán Xente Nova, que este mesmo ano se proclamou gañador do concurso para este tipo de formacións, tamén promovido polo Toxos. Acabaron facendo incluso cantar ós alí presentes, ducias de persoas que ateigaban a sala e que daban calor ós rapaces concursantes, algúns de 13 e 14 anos.

O ronsel de pezas e de traxes tradicionais de distintos lugares de Galicia (pois con eles se vestían os participantes) rematou coa entrega de diplomas, o aplaudido fallo do xurado e unha nova interpretación por parte dos gañadores.

Para o Toxos, como se encargou de lembrar o presentador do acto, Eliseo Zaera, este concurso ?é unha forma de que todos estes rapaces, coa mesma idade de cando nós empezamos, teñan un aliciente para seguir no mundo da música tradicional?.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-11-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de Dúos Gaita - Percusión
Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu III Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos.

A final do concurso terá lugar no noso lar da Rúa Magdalena, o domingo 10 de novembro de 2013.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
formulario de inscripción III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:
Bases do III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

A data límite para a recepción das solicitudes é o venres 1 de Novembro de 2013

www.toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-11-2013 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VII Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

Este pasado domingo 27 de Outubro tiña lugar a fase final do VII Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo.

No certame rexistrouse coma en anos anteriores un éxito sobresainte de público asistente, ateigando o local social de Luou, actuando os seguintes grupos:
Drudo, Rumbía, Virutas de Ébano, Cuarteto Setestrelo, Buxas Verdes, Os Chimpacarneiros, Os Picurruchos e A.C. Mar de Arousa.

Os gañadores foron:
1ºposto - Virutas de Ébano
2ºposto - Buxas Verdes
3ºposto - OS Picurruchos


Parabéns a todos os gañadores e participantes
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-10-2013 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
VII Concurso de música tradicional (Luou-Teo)
Máis información:
http://amamoa.atwebpages.com/

A data tope de inscrición será o día 23 de Outubro de 2013.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-10-2013 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de cantos de taberna (Chantada)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-10-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de gaitas de Ponteareas
O auditorio Reveriano Soutullo albergou o domingo a celebración do Concurso de Gaitas de Ponteareas, unha cita habitual no programa festivo da vila que alcanzou a súa 46 edición e referéndao ano a ano como o certame de música tradicional galega con máis soleira.

O xurado acordou conceder o primeiro premio ao grupo A Folla da Edra, de Ponteareas.
O cuarteto formado polos gaiteiros Juan Carlos Iglesias Esperón e Alberto Coya Otero, o tamborilero Marcos Pérez Saborido e o bombeiro Miguel Fraguas López, levou o galardón dotado con 1.800 euros.

O segundo, dotado de 1.200 euros, foi para o grupo Virutas de Ébano, de Vigo.

O terceiro clasificado foi o grupo Picuiña, de Marín, que logrou os 900 euros destinados a este posto.

O cuarto premio, cun importe de 600 euros, foi para o grupo Vedoira, de Lugo.

O certame engadiu nesta edición un quinto galardón dotado cun lote de material musical doado pola empresa Zinye Distribucións Musicais, que o xurado decidiu destinar á formación Xente Nova de Ferrol.

O Concello de Ponteareas dedicou o concurso a Manuel Zúñiga Pereira (1904- 1982), gaiteiro de recoñecido prestixio «que levoua a nosa música tradicional a todos os recunchos da comarca do Tea e do Condado». O seu fillo, Manuel Zúñiga Trigo, recolleu o diploma honorífico co que o concello quixo acreditar o seu labor.

Na xornada participaron un total de quince grupos; o número máximo de acordo coas bases, quedando fora catro.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2013 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0