|
|
|
III Concurso de música tradicional (Rianxo) |
|
.jpg) |
|
|
|
III Xornadas de baile tradicional (Lugo) |
|
Xa podes consultar o programazo que temos preparado para o vindeiro sábado 19 de Novembro en Lugo.
10.15h ? Entrega de documentación e apertura
10.30h ? Relatorio - Obradoiro I.
Relatorio ? As Moliñeiras. Por Xabier Iglesias.
11.00h. Quenda de preguntas
12.15h. Obradoiro práctico: As Moliñeiras
12.15h ? Descanso
12.30h ? Relatorio - Obradoiro II
Relatorio ? O baile no Concello de Avión (Ourense). Por Miguel Sotelo.
13.00h. Quenda de preguntas
13.15h. Obradoiro práctico: O baile na Edreira Vella e Boeixos, ao xeito de Hipólito e Dosinda. Por Miguel Sotelo
14.15h ? XANTAR
16.30h ? Mesa Redonda
Cantidade ou calidade. ¿Qué beneficia mais o noso baile?
Interveñen: Luis Prego, Xabier Iglesias, Marcos Botana e Miguel Sotelo.
Modera: Gustavo Couto.
18.00h ? Descanso
18.15h ? Relatorio - Obradoiro III
Relatorio ? Na percura do fandango perdido. Por Luis Prego
18.45h. Quenda de preguntas
19.00h. Obradoiro práctico: Na percura do fandango perdido
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
VIII Xornada de cultura Popular Galega (San Sadurniño) |
|
 |
|
|
|
IV Xornadas arredor da Música Tradicional en Viascón (Pontevedra) |
|
O vindeiro 24 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a IV edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares , xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Agardámoste o vindeiro día 24 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).
A entrada é de balde, pero por motivos de espazo e preciso que reserves a túa praza.
PROGRAMA:
10.15 ? Apertura e entrega de documentación
10.30 ? Relatorio I ?O repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza?. Julia Feijóo
11.20 ? Quenda de preguntas
11.30 ? Relatorio II ?¿Por que os Gaiteiros empeñámonos en tocar desafinados? Novas entoacións para arranxar problemas vellos?. Carlos Real
12.20 ? Quenda de preguntas
12.30 ? Descanso
13.00 ? Relatorio III ?Reconstrución da gaita de fol da Cantiga 350?. Pablo Carpintero
13.50 ? Quenda de preguntas
14.00 ? Xantar
16.30 ? Presentacións de publicacións
16.30 ? ?Acordeón diatónico tradicional e folk galego?. Alejandro Balbuena
16.50 ? ?Método de acordeón diatónico?. Pedro Blanco
17.10 ? ?Antón Corral, alborada dun soño?. Pablo Quintana (Ed. Canela). Coa participación da autora Fina Fernández e o protagonista Antón Corral.
17.55 ? Presentación - Concerto ?Tamborileros Leoneses. El Bierzo". Luis Mondelo
18.35 ? Descanso
18.45 ? Relatorio IV - Concerto ?La colla de xeremiers. Origen i evolución?. Càndid Trujillo & Pep Toni Rubio
20.15 ? Peche
|
|
|
|
XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas |
|
A Concellaría de Cultura convoca o XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas, o máis lonxevo de Galicia
O Concello destina 4.500 euros en premios
Poderán solicitar a súa participación no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos do Estado Español e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional, sen modificación de ningún tipo.
O vindeiro 24 de setembro un máximo de 12 grupos presentarán ás pezas no tradicional e prestixioso certame a realizar no Auditorio Municipal.
A data límite para presentar a solicitar a inscrición na cuadraxésimo novena edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas é o 13 de setembro de 2016.
O modelo está dispoñible no Departamento de Cultura ou na web, e dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas para a súa presentación.
Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición, debidamente cumprimentada, o enderezo e número de teléfono de contacto. A selección será por rigoroso orden de inscrición. A orde de participación no concurso será a correspondente coa orde de inscrición. O día 15 de setembro, o Concello resolverá a listaxe de grupos admitidos no concurso, notificándoo a todos os inscritos.
As bases tamén poden ser consultadas no Departamento de Cultura ou na web do Concello de Ponteareas.
Os grupos participantes estarán ás 16:30 horas da tarde do sábado, día 24 de setembro de 2016, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 17:30 horas terá lugar o XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas.
O Concurso de Gaitas de Ponteareas estará dotado dos seguintes premios:
1º PREMIO 1800,00 euros
2º PREMIO 1200,00 euros
3º PREMIO 900,00 euros
4º PREMIO 600,00 euros
O Concello de Ponteareas abonará a todos os grupos participantes, que non obteñan premio en metálico, a cantidade de 200,00 euros pola actuación realizada. |
|
|
|
X Concurso de Cuartetos Tradicionais (Luou-Teo) |
|
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais
?X Concurso de Cuartetos Tradicionais?
(Luou ? Teo)
1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
- Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico).
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohibido que os participantes concursen con máis dun grupo.
2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.
3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor, e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para cuartetos tradicionais galegos.
4.-O Xurado valorará os seguintes puntos :
- Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.
5.-O Concurso celebrarase o día 23 de Outubro de 2016 no Edificio Social de Luou, Teo.
O concurso só terá lugar sempre e cando se reunan un mínimo de cinco grupos participantes.
Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración cun límite máximo de 3 minutos para a afinación, unha vez posicionados no
escenario.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final comezará ás 18 horas. Unha vez situados no escenario, os grupos finalistas disporán de 3 minutos para a afinación de gaitas. Rematado este tempo, o cuarteto será avisado e comezarán a interpretación das dúas pezas elexidas, cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas
A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.
6.-A data tope de inscrición será o día 19 de Outubro de 2016.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal :
A. C. A Mámoa
?Concurso de Música Tradicional?
A Igrexa, 18 ? Luou
15883 ? Teo
Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa
7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos grupos seleccionados.
8.-A Organización establece 3 premios:
1 Premio ? 1.000 ? + Agasallo conmemorativo º
2 Premio - 600 ? + Agasallo conmemorativo º
3 Premio - 400 ? + Agasallo conmemorativo º
9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.
10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.
11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.
Observacións
- Os grupos participantes deberán presentarse no Edificio Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
- A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.
Contacto:
acamamoa@gmail.com
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa
Telf.: 615 543 371 (Miguel) / 657 247 504 (Xandre) |
|
|
|
Resultados do IV Concurso de canto e percusión tradicional Traspés |
|
Resultados do IV Concurso de canto e percusión tradicional Traspés que tivolugar o 22 de maio no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.
Categoría A: ata os 11 anos
1.º premio: trofeo e 300 ?. Soalleiriños da A. C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2.º premio: trofeo e 150 ?. Laretas, da A. C. Tarambainas (Vigo)
3.º premio: trofeo. Escola de pandeireta do CEIP do Hío (Cangas)
Accésit de vestiario: 50?. A. C. Rosalía de Castro (Teo)
Categoría B: de 12 a 16 anos
1.º premio: trofeo e 300 ?. Soalleira da A. C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2.º premio: trofeo e 150 ?. Titiriteiras da A. C. Tarambainas (Vigo)
3.º premio: trofeo. Grupo A, de Rosalía de Castro.
Accésit de vestiario: 50?. Titiriteiras da A. C. Tarambainas (Vigo)
Categoría C: de 17 anos en adiante
1.º premio: trofeo e 1000 ?. Barallocas da A. C. O Amanexo de Oleiros,
2.º premio: trofeo e 500 ?. Lagharteiras da A. C. Lagharteiras (Mos)
3.º premio: trofeo e 250 ?. Grupo C da Escola Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Accésit de vestiario: 150 ?. Pandereteiras A Buxaina de Coruxo (Vigo)
|
|
|
|
XXXVI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña) |
|
O XXXVI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 5 de xuño no Pazo da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
- A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal
O prazo de inscrición remata o sábado 28 de maio.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
Asociación Cultural Xacarandaina.... 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación. |
|
|
|
XXVII Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña) |
|
O XXVII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 29 de maio no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá e de tarde.
Ao igual que nos últimos anos haberá tres modalidades: cuartetos, gaiteir@s solistas e pandereteir@s. Para cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade mentres que na modalidade de pandereteir@s haberá catro categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
O prazo de inscrición remata o sábado 14 de maio.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
A. Cultural Xacarandaina .......... 981 277 315
Correo electrónico .... info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
|
|
|
|
IV Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (Vigo) |
|
Neste concurso poderán participar grupos de asociacións sen ánimo de lucro
Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.
Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.
Cada participante non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.
É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
A peza a interpretar deberá ser tradicional.
Cada participante terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.
A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante
As categorías determinaranse pola media de idade dos compoñentes, e ningún deles poderá superar o límite da categoría en máis de dous anos.
A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).
PREMIOS
Categorías A e B:
1.º premio: trofeo e 300 ?
2.º premio: trofeo e 150 ?
3.º premio: trofeo
Accésit de vestiario en cada categoría: 50?
Categoría C:
1.º premio: trofeo e 1000 ?
2.º premio: trofeo e 500 ?
3.º premio: trofeo e 250 ?
Accésit de vestiario: 150 ?
INSCRICIÓN
O prazo de inscrición rematará o día 6 de maio. Para inscribirse débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao
correo electrónico .
Haberá un límite de agrupacións por categoría que serán rexistradas no concurso por rigorosa orde de inscrición.
A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.
O concurso terá lugar o 22 de maio no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.
Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.
A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico ou carta.
O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.
Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame. |
|
|
|
I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano (Bergondo) |
|
O Concello de Bergondo convoca o I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano.
O I Certame de gaitas "homenaxe a Pepe Temprano" terá lugar no Centro Sociocultural A Senra (Bergondo) o día 17 de maio a partir das 18.00 horas. A interpretación no concurso constará de dúas pezas de libre elección que no seu conxunto non poderán exceder o tempo máximo de 8 minutos. As pezas poderán ser tradicionais galegas ou de autor, sempre vinculadas á música tradicional galega e idóneas aos instrumentos cos que se interpretan.
INSCRICIONS: Ata o 6 de maio de 2016 ás 14:00 horas
REQUISITOS:
Poderán tomar parte todos os grupos de música tradicional galega que o desexen, sempre e cando estean constituidos ao redor da figura do gaiteiro como principal eixe vertebrador.
Estas formaciones podrán estar integradas por un mínimo de 4 y un máximo de 15 componentes.
Estas formacións poderán estar integradas por un mínimo de 4 e un máximo de 15 compoñentes.
Serán permitidos todos aqueles instrumentos tradicionalmente empregados en diferentes conxuntos instrumentais nos que a gaita é protagonista, como clarinetes, saxofones, acordeóns, requintas, tambores, pandeiretas, bombo, caixa ou calquera outro instrumento vinculado á historia destas formacións.
Todos os cuartetos de gaita, quintetos, charangas ou músicas, requinteiros, coros de gaitas poderán concorrer neste certame.
Todos os instrumentos serán de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas "marciais".
Os participantes vestirán obrigatoriamente co traxe tradicional galego.
REMUNERACIÓN:
Primeiro premio: 1.000 euros
Segundo premio: 300 euros
Terceiro premio: Mención e agasallo
PÁXINA WEB: www.bergondo.es
CONTACTO:
Concello de Bergondo
Estrada da Coruña, 12
5165 Bergondo (A Coruña)
Telf. 981 79 12 52
Publicación: BOP 21-03-2016
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
V Memorial Antonio Fernández (Marín) |
|
 A Asociación Artístico Cultural ?Os Chaneiros?, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a figura do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.
Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o V Memorial Antonio Fernández, co fin de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.
Como as pezas de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, por iso, o concurso de cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega, que se celebrará o Sábado 23 de Xullo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra, irá enfocado a estes pequenos artistas.
A data límite de presentación de solicitudes será o día 15 de Xullo
Categoría única: Entre 8 e 20 anos, ambos inclusive.
Premios:
Primeiro Premio: Trofeo e 200 ?
Segundo Premio: Trofeo e 100 ?
Terceiro Premio: Trofeo
*Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 ? en concepto de achega para os gastos de desprazamento.
Ademais, xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, o día 10 de Xullo.
Mais información:
oschaneiros.blogspot.com.es |
|
|
|
Resultados do XVI concurso de baile tradicional Azaloira |
|
 Dende Fortín da Pomba queremos darlle as grazas a todos os grupos participantes, ao Concello de Silleda, a todos os comerciantes do noso pobo, ao xurado, aos rapaces e rapazas de Fortín, aos mais de 300 músicos e bailaríns que demostraron a calidade do noso folclore, e por suposto a toda a xente que nos acompañou nesta marabillosa tarde abarrotando unha vez mais o Auditorio Manuel Dopazo. De corazón MOITAS GRAZAS A TODOS!
Tamén queremos pedir desculpas polos erros que puideramos cometer. Este concurso, que cada ano vai a máis, está organizado con todo o cariño e cun gran esforzo para intentar sempre que os grupos e toda a xente se sinta como na casa.
Unha vez máis GRAZAS e desexamos vervos a todos e a todas na próxima edición de AZALOIRA!
Por suposto a nosa noraboa aos gañadores!!! Aínda que todos os rapaces e rapazas de todos os grupos son para nós xa gañadores! Seguide así.... BAILANDO
CATEGORÍA A:
1° premio: Os Xeitosos de Trazo
2° premio: A Ponte Vella
3° premio: Cantigas e Agarimos
CATEGORÍA B:
1° premio: A Ponte Vella
2° premio: Vai de Roda
3° premio: A Ponte Vella |
|
|
|
Resultados do XII Concurso de Baile Tradional Tequexetéldere |
|
 Resultados da XII Edición do Concurso de Baile Tradional Tequexetéldere.
Cerca de 30 agrupacións e arredor de 500 bailador*s e músicos amosaron o mellor do noso folclore.
Grazas a tod*s pola vosa participación e colaboración para facer que todo saíse da mellor maneira posible.
Aquí vos deixamos os resultados da xornada.
Categoría A
1º - "A Telleira" do CC A Ponte Vella de Teo
2º - A.C. Os Xeitosos de Trazo
3º - "A Barxela" do CC A Ponte Vella de Teo
Categoría B
1º - Grupo C da E.M. Cantigas e Agarimos
2º - Grupo A da AF Colexiada do Sar
3º - "Muiño da Retorta" do CC A Ponte Vella de Teo
Categoría C
1º - "Tras do Eo" do CC A Ponte Vella de Teo
2º - "9 Ferreñas" da AMBT Vai de Roda
3º - Grupo B do OCT Ultreia
Categoría D
1º - Grupo C da E.M. Cantigas e Agarimos
2º - "A Rabadela" da AC San Pedro de Carcacía
3º - AC Os Xeitosos de Trazo
A tod*s moitas grazas pola participación e parabéns aos gañador*s |
|
|
|
XVI concurso de baile tradicional Azaloira (A Bandeira-Silleda) |
|
 |
|
|
|
XII Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada) |
|
XII Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
O concurso celebrarase o domingo 17 de abril, en horario de mañá (ás 11:00 horas) para as categorías A e C e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías B e D, no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)
Entradas:
A taquilla abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das mesmas será de 3 euros por xornada, puidendose facer reserva das mesmas no correo-e tequexeteldere@gmail.com
|
|
|
|
Resultados do XVII Concurso de Xiradela |
|
Cerca de 50 grupos de pandereteiras e pandereteiros participaron no XVII Concurso de Xiradela, de Arteixo.
Toda a xornada de domingo co pase de grupos de toda Galicia e uns 30 organizadores da asociación para dirixir e coordinar o encontro de música tradicional, que moi pronto cumprirá dúas décadas. No escenario, maneos, muiñeiras e cantares que deixan ver o nivel das pequenas cantareiras e tamén a man dos seus mestres. De Bergantiños ata Candín.
Os primeiros premios de cada categoría levan un trofeo e entre 200 e 250 euros, os segundos 150 euros e os terceiros un trofeo de recordo do concurso. ¿Como quedaron nesta edición? Así quedaron as posicións, segundo os resultados que transmite a organización da asociación:
Categoría A: ata os 10 anos.
1 ?Chamberín? da A.C. Adro de Baio, que interpretaron: Cantares de Muíño (Zas)
2 ?Galdrumeiras? da A.C. O Amanexo coa peza:
Canto, maneo e muiñeira de Xende, Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
3 Escola de pandeireta do CEIP do Hío con:
Cantares do Ézaro (Dumbría)
Mellor vestiario: Grupo C da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras
Categoría B: de 11 a 13 anos.
1 ?As Xaviñanas? da U.P. de Corcubión
Pandeiretada de San Salvador de Padreiro (Santa Comba)
2 ?Soalleiriños? da A.C.A. de Dorrón
Jota e muiñeira de Lariño (Carnota)
3 ?Tarabeliños? da A.C. Donaire
Canto, muiñeira e jota de Negreira de Vilamaior (Ordes)
Mellor vestiario: ?Laretas? da A.C.F. Tarambainas
Categoría C: de 14 a 17 anos.
1 ?Titiriteiras? da A.C.F. Tarambainas
Jota e moliñeira de Candín (Candín)
2 ?Lina e Lola?
Cantares de Taboexa (As Neves)
3 Grupo B da Escola de muiñeira de Cantigas e Agarimos
Jota, muiñeira e pasodoble do Barro (Santa Comba)
Mellor vestiario: ?Titiriteiras? da A.C.F. Tarambainas
Categoría D: de 18 anos en diante.
1 ?Lagharteiras?
Ruada en San Martiño de Meanos (Zas)
2 ?No filo da ferreña?
Cantar, punteada e jota de Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
3 ?Barallocas? da A.C. O Amanexo
Canto, valse, muiñeira e xota de San Salvador (Santa Comba)
Mellor vestiario: Grupo A da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!!!
www.folkgalicia.com |
|
|
|
Remate de prazo para o XVI Concurso de baile tradicional galego Azaloira (A Bandeira-Silleda) |
|
XVI Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira? o 8 de maio en Bandeira (Silleda)
Bases de participación
? Establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 13 a 16 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva. O 20% restante non poderá exceder en dous anos a idade máxima da categoría respectiva.
En caso de dúbida sobre o cumprimento do requisito da idade dos participantes, o xurado poderá esixir o dni ou libro de familia do/s bailarín/s afectados. De non presentalo, o grupo afectado quedará descalificado.
? Cada bailarín ou bailarina só poderá participar nun grupo da categoría que lle corresponda por idade. En caso contrario, todos os grupos nos que participe o bailarín ou bailarina repitido/a querarán descalificados.
? O mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.
? Será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.
? Cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.
? Os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización en función do espacio do aulario dispoñible para acollelos.
? O xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretaria -con voz pero sen voto- a concelleira de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.
? A asociación de baile xuvenil ?Fortín da pomba? actuará a modo de exhibición.
? A entrada no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira será, coma sempre, de balde.
? Premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euroe e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Poderá haber accesits adicionais en función da xenerosidade dos nosos colaboradores.
? Prazo de inscripción: do 22 de marzo ao 15 de abril de 2016 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguintes enderezos:
fortindapomba@yahoo.es, mjpferreiro@yahoo.es.
? Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de fortín da pomba (josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
|
|
|
|
Suspendido o Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas |
|
A Concellería de Xuventude do Concello do Grove e a Asociación Cultural Cantodorxo suspenden o Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas por non acadar as inscricións mínimas requeridas e pregan disculpas a tod@s @s que estaban inscritos en dito concurso e que xa tiñan traballado e preparadas as pezas que nos ían mostrar.
Sen embargo, as xornadas de Música Tradicional, dirixidas por Suso Vaamonde seguen adiante. Ditas xornadas son gratuítas e terán lugar o sábado 9 de abril, e contará con Obradoiros de arranxo e montaxe de pezas para gaitas e percusións galegas en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Mais información en:
www.concellodogrove.es
www.cantodorxo.es
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
XVII Concurso de pandereteiras Xiradela |
|
 |
|
|
|
XVII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo) |
|
XVII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ao mellor vestiario en cada categoría.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A dificultade da mesma.
- A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 10 de Abril de 2016 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cumprimentada ao seguinte correo electrónico:
xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición remata o xoves 31 de marzo.
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Asemade, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben a requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou
non presentalo quedará descualificado.
13. Unha vez rematada a actuación de todos os participantes e a avaliación do Xurado daranse a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 10 de Abril de 2016.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Tlf. Móbil: 676 233 748 (mañá) / 646 875 953 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es |
|
|
|
I Xornadas de entroido (Casco Vello-Vigo) |
|
 |
|
|
|
I Certame de pandeireta A Dorna (Illa de Arousa) |
|
 |
|
|
|
Concurso-selección de gaiteiros solistas para o XXXI Trofeo MacCrimmon (Festival de Lorient) |
|
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT
1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.
2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXXI Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 6 de agosto de 2016 durante o Festival Interceltique de Lorient.
3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 15 gaiteiros sen acompañamento de percusión.
4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 17 de Abril ás 17:00 no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, no concello de Teo (A Coruña).
5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.
6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio dunha peza tradicional galega de libre elección e presentada en soporte CD, que os participantes enviarán metida nun sobre individual e baixo pseudónimo. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior xunto coa folla de inscrición.
7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón de libre elección.
8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.
9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.
10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.
11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.
12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras o domingo 17 de Abril ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.
13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.
14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.
15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.
16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.
17. O fallo do xurado será inapelable.
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 1 de Abril de 2016 a:
DELEGACIÓN GALEGA DO FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT. APTO DE CORREOS 17. CACHEIRAS ? 15883 TEO (A CORUÑA). |
|
|
|
Resultados do IX Concurso de Música Tradicional de Luou |
|
 Resultados da IX Edición do Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo.
-Primeiros clasificados : Efecto Polilla (Teo)
-Segundos clasificados : Virutas de Ébano (Pontevedra)
-Terceiros clasificados : Ludovaina (Cangas do Morrazo)
Os outros cinco participantes foron : Bran Cuartet, Miañadura, Maraghotas, Os Repichocos e Lapsus Gaita.
O xurado estaba formado por Iván Costa, Edelmiro Fernández e Manuel Nieto.
|
|
|
|
Concurso de Música Tradicional (Teo) |
|
 |
|
|
|
III Xornadas Arredor da Música Tradicional (Pontevedra) |
|
Este sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, presentacións de traballos, concertos...
Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a fondo a nosa música tradicional e a de outros lugares. A través desta actividade, amosaremos a riqueza existente na nosa cultura e tamén noutras próximas, ademáis de poñernos ó día en canto a traballos de investigación realizados recentemente.
A Xornada terá o seguinte programa:
09.30h ? Entrega de documentación e apertura
10.00h ? Relatorio
Moisés Quintas - "Pito Galego: Método Práctico"
10.50h ? Quenda de preguntas
11.00h ? Relatorio-Concerto
Paulo GonÇalves - "A gaita de fole, un instrumento tradicional na música erudita: alguns apontamentos sobre realidades e ficçons"
12.20h ? Quenda de preguntas
12.30h ? Descanso
13.00h ? Relatorio
Ramón González ? "Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918."
13.50h ? Quenda de preguntas
14.00h ? Xantar
17.00h ? Presentación de Publicacións
Presentación libros aCentralFolque ? A chave mestra da tradición musical e oral galega.
17.30h ? Presentación de Publicación + Concerto
Presentación libro Siderio de Vilarmide + Concerto de Desiderio, Daniel Carballo e Ana García Lenza.
18.15h ? Descanso
18.30h ? Relatorio-Concerto
Juraj Dufek e Miroslava Dufeková - "Gaitas e instrumentos de vento tradicionais de Eslovaquia."
19.50h ? Quenda de preguntas
20.00h ? Peche das xornadas.
INSCRICIÓN:
A Entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou no teléfono 986847074.
O prazo de inscrición rematará o día 2 de outubro, ou cando se complete o aforo, aplicándose en tal caso o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.
Esperámosvos!! |
|
|
|
Concurso Tradicional de Cuartetos Júnior (Marín) |
|
 A Asociación Artístico Cultural OS CHANEIROS, coa estimada colaboración do Concello de Marín, presenta o Concurso Tradicional de Cuartetos Júnior (8 - 20 anos inclusive) dentro do que será o IV Memorial Antonio Fernández 2015.
Domingo 12 de xullo, na alamenda de Marin ás 18:00 |
|
|
|
XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña) |
|
XXXVI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
CENTRO SOCIOCULTURAL ÁGORA
A Coruña Domingo, 21 Xuño 2015 a partir das 11:00
Xa están á venda as entradas para o XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, podédelas mercar:
- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. (pago en efectivo).
- Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta).
- Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h. e www.ataquilla.com (pago con tarxeta).
- Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo).
- Teletaquilla: Ataquilla.com |
|
|
|
XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina |
|
O prazo de inscrición para o XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina remata este sábado día 6 de xuño.
O XXXV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 21 de xuño no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
O prazo de inscrición remata o sábado 6 de xuño.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
Asociación Cultural Xacarandaina .... 981 277 315
Correo electrónico ..... info@xacarandaina.com
|
|
|
|
III Concurso de pandeireteir@sTraspés (Vigo) |
|
III edición do concurso de pandereteir@s no auditorio do teatro Afundación (Vigo) sito na rúa Marqués de Valladares, en sesión de mañá ás 11 h. para as categorías A (ata 11 anos) e B (de 12 a 16 anos), e de tarde ás 17 h. a categoría C (de 17 anos en adiante). |
|
|
|
Xornadas de Música e Danza do Carballiño |
|
 Obradoiros, debate, foliada e aloxamento, neste 1 CONVÍVIO que pretende ser un encontro de músicos e bailadores que queiran seguir aprendendo con grandes mestres e desfrutar de dous días intensos en torno a música e a danza.
Estas Xornadas, que se realizarán os días 25 e 26 de Abril, farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o noso patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións na actualidade.
Presentamos os cinco obradoiros que ofertamos:
- Recursos Ornamentais para a Interpretación coa Gaita Galega. XAQUÍN XESTEIRA (12 horas).
- Canto e Percusións Tradicionais. FELISA SEGADE (12 horas).
- Técnica Vocal e Interpretación no Canto Tradicional. DAVIDE SALVADO (12 horas).
- Multipercusión Tradicional Galega. XOSÉ LOIS ROMERO (12 horas).
- Técnica para a Colocación Corporal do Baile Tradicional de Galiza. QUIQUE PEÓN (9 horas).
Os obradoiros realizaranse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, o sábado 25; e de 10:00 a 14:00, o domingo 26.
Na tarde do domingo, que teremos libre, falaremos sobre ''a música tradicional na provincia de Ourense e a súa evolución'' nunha mesa redonda na que participarán algúns dos nosos mestres e outros expertos. A asistencia á mesa redonda será libre, e por suposto, os asistentes poderán participar no debate se así o desexan.
As persoas que queiran inscribirse nalgún dos obradoiros, deberán descargar o formulario que se atopa no seguinte enlace https://www.dropbox.com/sh/kdizlczuz88d49j/AABSiZEayzEfaQE2gz9OODGMa?dl=0, e cubrilo debidamente logo de ler o arquivo adxunto no que aparecen os requisitos pra ser admitidos, os datos do aloxamento, datos dos obradoiros...
Apuntade! Os días 25 e 26 de Abril no Carballiño!! |
|
|
|
Participantes no Azaloira (Bandeira-Silleda) |
|
 |
|
|
|
Resultado do concurso Tequexetéldere |
|
Resultados das categorías da XI Ed. do Concurso de Baile Tradicional de Tequexetéldere
Categoría A (Ata os 10 anos)
1.- Os Xeitosos de Trazo
2.- Ultreia
3.- D de Cantigas e Agarimos
Categoría B (de 10 a 12 anos)
1.- O Muiño da Retorta de A Ponte Vella
2.- Grupo C de Cantigas e Agarimos
3.- Fortín da Pomba
Categoría C (de 12 a 16 anos)
1.- Os Xeitosos de Trazo
2.- Tras do Eo da A Ponte Vella
3.- B de Cantigas e Agarimos
Categoría D (máis de 16 anos)
1.- Grupo A de Cantigas e Agarimos
2.- Grupo B de Ultreia
3.- A Burga de A Ponte Vella
A todas as agrupacións moitas grazas pola vosa participación. |
|
|
|
III Concurso Traspés (Vigo) |
|
1. Neste concurso poderán participar grupos de asociacións sen ánimo de lucro
2. Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.
3. Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.
4. Cada participantente non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.
5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
6. A peza a interpretar deberá ser tradicional.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
8. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado.
1. A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante
2. As categorías determinaranse pola media de idade dos compoñentes, e ningún deles poderá superar o límite da categoría en máis de dous anos.
3. A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).
XURADO
1. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
· Autenticidade da peza
· Dificultade da mesma
· Afinación e interpretación
2. O xurado poderá descualificar a calquera intérprete que non atinxa as bases e/ou normas do concurso.
3. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido do folclore tradicional, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
4. O xurado terá a liberdade de esixir o DNI ou libro de familia.
5. O xurado estará nomeado e elixido pola Asociación Cultural Traspés.
PREMIOS
1. Os premios serán os seguintes:
Categorías A, B:
1ºtrofeo e 300?
2ºtrofeo e 150?
3ºtrofeo
Accésit de vestiario en cada categoría
Categoría C:
1º trofeo e 1000?
2º trofeo e 500?
3º trofeo e 250?
Accésit de vestiario:150?
INSCRICIÓN
1. O prazo de inscrición rematará o día 26 de abril. Para inscribirse débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao correo elctrónico traspes@traspes.com
2. A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.
DATA
1. O concurso terá lugar o 10 de maio no auditorio do teatro Afundación Vigo
2.Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.
3.A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico ou carta.
4.O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.
5.Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame |
|
|
|
|
|
|