Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVII CONSTANTINO BELLÓN
XVII CONSTANTINO BELLÓN

O Ateneo Ferrolán convoca o XVII Concurso de Gaita Galega ‘Constantino Bellón’. Celebrarase en Ferrol o día 31 de agosto de 2007 e, este ano, estará dotado con 3000 Euros e dous accesits de 1000 Euros cada un.

Poderán participar neste premio de gaita galega todos os músicos que o desexen, con gaitas que poderán estar afinadas en calquera tonalidade.

Deberán enviar un CD gravado coa peza Danza do gato e o rato, de Iván Costa Blanco, sen acompañamento e facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado, nun sobre pecho identificado co mesmo. Este sobre introducirase dentro de outro repetindo outra vez o pseudónimo no exterior, xunto cunha partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor, e os dados persoais.

Remitirase antes do 12 de xullo ao Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena 202, 1º - 15402 de FERROL.


Ademais establécese un Certame de Composición, que contará cunha dotación de 2000 Euros, no que poderán tomar parte os autores que o desexen, cunha partitura escrita para gaita galega solista, con ou sen orquestra ou conxunto instrumental composto por un máximo de 40 instrumentos, que ten que ser inédita, non ter sido estreada nin premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin obxecto de encargo previo. Terá unha duración mínima de, aproximadamente, 5 min. e máxima de 12.
Farase chegar ao Ateneo antes do 2 de xullo.

Se desexas descargar as bases ou a partitura obrigatoria, por favor, preme nas seguintes referencias.

Bases
Partitura
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-06-2007 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

"VI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais" na Praza da Verdura.
de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

Sábado 14 de xullo
12:00 Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na Praza de Curros Enriquez
20:00 Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial de Xabier Blanco na Praza da Verdura

Domingo 15 de xullo
20:00 Festival de música Tradicional con Ardentía e Tanxedoras do Pandeiro na Praza da Verdura
































VIII MEMORIAL "RICARDO PORTELA".

A inscrición deberá de formalizarse no rexistro do Concello de Pontevedra, ben en persoa, ben por correo e o prazo remata o 10 de Xullo. Mais información no Concello de Pontevedra: 986 896 528

Ademais do concurso, tanto o sábado como o domingo teremos a oportunidade de visitar a "VI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais" na Praza da Verdura.

Bases do Concurso " VIII Memorial Ricardo Portela"

1. O concurso celebrarase en Pontevedra o sábado 14 de xullo, en dúas fases: unha eliminatoria pola mañá e unha final polo serán.

2. Poderán participar nel agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto. Os cuartetos e quintetos comporanse, cando menos, dos seguintes instrumentos: dúas gaitas, un tamboril e un bombo. No caso de ser quinteto, o quinto instrumentista poderá, ben utilizar unha terceira gaita, ben formar parte da percusión con calquera instrumento deste tipo dos considerados tradicionais galegos: pandeiro, pandeireta, ferriños, cunchas, etc, ou ben utilizar instrumentos que teñan sido empregados por agrupacións deste estilo no pasado: requinta, requinto, clarinete, etc. Os sextetos admitiranse unicamente con esta configuración: dúas gaitas, dúas requintas,tambor e bombo.

3. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

4. Os membros dos grupos vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego.

5. Estabelecerase unha única categoría con tres premios en metálico e a posibilidade de contratación dos finalistas polo Concello de Pontevedra para as dianas, alboradas e outras actuacións das festas da Peregrina dese mesmo ano. Os grupos premiados terán preferencia para a contratación, estando obrigados, salvo causa de forza maior, a acudir cos mesmos membros que concursaron.

6. Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán:
1º- 1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros


7. Estabelecerase un premio especial “Ricardo Portela” de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre pontevedrés. Este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados.

8. Establerecerase un premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para o VIII Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados.

9. Calquera dos premios pode quedar deserto se o xurado así o estima.

10. O xurado será nomeado polo Concello de Pontevedra tendo en conta que polo menos a metade dos seus membros estean vencellados co mundo da gaita. A tarefa deste xurado será a de cualificar os grupos na fase eliminatoria, clasificando un máximo de oito para a fase final.
Nesta fase terán que escoller os que, ao seu xuízo, sexan os merecedores dos premios que se ofrecen; así como cualificar, por orde da súa preferencia, os restantes. Esta última clasificación non se fará pública aínda que estará ao dispor de quen a solicite. Tamén poderá o xurado descualificar calquera grupo que incumpra algunha das bases deste concurso. O veredito e outras decisións do xurado serán inapelábeis.

11. A fase eliminatoria celebrarase sobre un percorrido polas rúas e prazas da cidade polo que os grupos deberán tocar, a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas ben tradicionais ou de autor. Para os efectos de non solapárense, darase a saída a un grupo cada 5 ou 10 minutos. Os membros do xurado, que estarán situados en distintos puntos do percorrido polos que os grupos pasarán tocando, cualificarán deste xeito os grupos na súa actuación natural. O fallo do xurado darase a coñecer durante unha comida de irmandade de todos os grupos que será sufragada polo Concello de Pontevedra, sorteándose a continuación a orde de saída dos finalistas.

12. A fase final celebrarase polo serán nun escenario montado nunha das prazas do centro histórico. Os grupos clasificados deberán interpretar dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor) por un espacio de tempo máximo de 8 minutos. O xurado valorará a calidade interpretativa, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elixidas así como a presenza e enxebreza de cada un dos grupos finalistas.

13. A inscrición deberá de formalizarse no rexistro do Concello de Pontevedra, ben en persoa, ben por correo; facendo constar o nome do grupo, número de compoñentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto; así como un pequeno currículo do grupo. A orde de actuación na fase eliminatoria será inversa á de inscrición (o primeiro inscrito será o último en saír).

14. O prazo para a inscrición remata o día 10 de xullo.

15. No caso de superaren o número de inscricións os 25 grupos, terase en conta a orde de entrada no rexistro municipal; e só se considerarán inscritos no concurso os 25 primeiros.

16. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

17. O xurado terá a potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-06-2007 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de música tradicional
O Concello de Cotobade organiza o IV Concurso de música tradicional "Ricardo Portela" - O Gaiteiro de Viascon-. Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos/as Gaiteiros/as que o desexen dentro dun único apartado: “toque pechado” , modalidade individual.

As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

O Concurso celebrarase o sábado día 21 de xullo ás 18:30 horas, e a entrega de premios será o domingo 22 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

O prazo de entrega de inscrición rematará o 13 de xullo de 2007 ás 13:00 horas e haberá un único premio de 1200 €. Máis información no Concello de Cotobade (986 760 001 )

BASES IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “RICARDO PORTELA”-O GAITEIRO DE VIASCÓN–

1.- Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos/as Gaiteiros/as que o desexen dentro dun único apartado: “toque pechado” ,modalidade individual. O Concurso celebrarase o sábado día 21 de xullo ás 18:30 horas, e a entrega de premios será o domingo 22 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

2.- As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Excmo. Concello de Cotobade, Concellaría de Cultura, Educación e Deportes. O prazo de entrega de inscrición rematará o 13 de xullo de 2007 ás 13:00 horas. Cada Gaiteira/o proporcionará coa inscrición o enderezo, o número de teléfono así coma as partituras das pezas a interpretar, segundo modelo de folla de inscrición que se facilita.

3.- O número de participantes será limitado a 25, no caso de superar esta cifra terase en conta a orde de entrada e só se considerarán inscritas/os no concurso as/os 25 primeiras/os participantes por orde de inscrición.

4.- As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

5.- A orde de participación será mediante sorteo, que se realizará momentos antes de comezar o Concurso.

6.- As/os concursantes deberán de estar o pe de escenario, mentres actúa a/o Gaiteira/o que lle precede.

7.- As persoas que concursen farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor/a non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso. A 2ª interpretación será dunha peza do repertorio de don Ricardo Portela, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre de Viascón.

8.- Os criterios de valoración do xurado serán os seguintes:
- Afinación ata 10 puntos
- Dificultade da peza ata 10 puntos
- Interpretación ata 10 puntos
- Posta en escena ata 5 puntos
- Orixe da peza ata 1 punto
- Idade do participante ata 1 punto

As/os participantes deberán executar outras pezas de temática libre por orde de participación ata que o xurado remate a deliberación.
9.- O importe do único premio será de 1200 €, dos cales 900 será doados pola Comunidade de Montes de Viascón e os restantes 300€ pola Concellaría de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cotobade. O Concello librará a parte do seu premio mediante transferencia bancaria ao número de conta que a tal efecto facilite o gañador do premio.

10.- A composición do Tribunal determinarase tras as eleccións locais do próximo 27 de maio de 2007.
Para a válida constitución do tribunal, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza do presidente e do secretario, ou no seu caso, de quen os substitúa, e polo menos, tres dos seus membros.

11.- A inscrición a este concurso supón a aceptación das bases.

12.- A decisión do Xurado será inapelable, e será quen teña potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

Folla de Inscrición
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/inscricionportela07.doc
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-06-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
II Mostra de folclore tradicional do grupo Brincadeira
O vindeiro sábado, 30 de Xuño, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal en Santiago de Compostela, terá lugar a II Mostra de folclore tradicional do grupo Brincadeira.

Ao longo dunha hora e media coñeceremos de primeira man o traballo feito polo alumnado desta escola de baile, gaita, percusión, pandeireta e acordeón, realizado ao longo de todo o curso. Tres grupos de cada disciplina (o dos cativos, e de adultos, iniciación e perfeccionamento) en baile, pandeireta e gaita, tambor e máis bombo, pasarán polo escenario do Teatro Principal.

Amosarán diferentes pezas tradicionais recollidas nas diferentes comarcas galegas, tentando reflectir da maneira máis fiel posible a cultura tradicional. Por suposto, vestidos co traxe tradicional, co que ademais poderemos gozar da riqueza e variedade das pezas, tanto de cotío como de gala, de distintas zonas de Galiza, de xeito que coñeceremos de xeito integral a nosa cultura.

Horario: 21:00 h.

Lugar:
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela

Prezo: De balde
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2007 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de data da Final do Concurso de Baile

Por motivos alleos a organización vémonos na obriga de cambiar a final do XXVIII Concurso de Baile Xacarandaina do día 8 de xullo o día 15 do mesmo mes, o sitio no cambia.



Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-06-2007 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos finalistas do XXVIII Concurso de Baile Tradicional

Os grupos clasificados para a final de Baile Tradicional que terá lugar o día 8 de Xullo no Pazo da Ópera da Coruña, despois de participar na eliminatoria do día 27 de maio, foron os seguintes:

Categoría A: (Até 8 anos)
- "I" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Teirón" da A.R.E.D. San Martín - Razo
- "Escornabois" da A.F. Santiaguiños - Boimorto
- "A" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada

Categoría B: (De 9 a 12 anos)
- "Farrapo" da A.F. San Lorenzo de Agualada
- "Lareteiros" da A.X. Xacarandaina
- "Mar Adentro" da A.C. As Neves de Buxantes
- "Garagao" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "B" do Grupo de Baile e Música "Tahume" - Olveira
- "D" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Pedravixía" da A.C. Adro - Baio

Categoría C: (De 13 a 16 anos)
- "C" da Escola de Muineira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Seara" da A.C. Arume - Verdillo
- "Bulideiro" da A.V.V. A Coteleira - Cores
- "Carabilla" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "Xarío" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Béltrago" da A.X. Xacarandaina

Categoría D: (A partires dos 17 anos)
- "Abrente" da A.C. Queiroa - Laracha
- "Bulideiro" do Colexio Público Salgado Torres
- "D" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "A" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Brétema" da Casa Galega de L´Hospilatet
- "Fusos e rocas" da A.C.F. "O Fiadeiro" - Vigo
- "Repenicoque" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "D" do Grupo de Música e Baile Tradicional Tahume - Olveira
Comentarios (35) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-05-2007 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía

Organizado pola Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía

Grupos participantes:
1. Grupo Brétema da Casa Galega de Hospitalet – Barcelona
2. Grupo Vai de Roda de Rianxo
3. Grupo de Bailes populares Iar de A Coruña
4. Grupo Donaire de A Coruña
5. Grupo Colexiata do Sar de Santiago
6. Grupo Fortín da Pomba de Bandeira
7. Grupo “A” da escola Cantigas e Agarimos de Santiago

Resultados:
1º Grupo “A” da escola Cantigas e Agarimos de Santiago (900 € e diploma).
2º Grupo Brétema da Casa Galega de Hospitalet – Barcelona (400 € e diploma).
3º Grupo Donaire de A Coruña (300 € e diploma).
Premio do público: Grupo Donaire de A Coruña

Comentarios:

Video resume:
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-05-2007 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
VI concurso baile tradicional de Vilagarcia

Organizado pola Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía

Grupos participantes por orde de actuación (por motivos de transporte o grupo Bretema que ía no lugar 7º pasa ó 1º):

1. Grupo Brétema da Casa Galega de Hospitalet – Barcelona
2. Grupo Vai de Roda de Rianxo
3. Grupo de Bailes populares Iar de A Coruña
4. Grupo Donaire de A Coruña
5. Grupo Colexiata do Sar de Santiago
6. Grupo Fortín da Pomba de Bandeira
7. Grupo “A” da escola Cantigas e Agarimos de Santiago

Cada grupo interpretará unha peza cunha duración máxima de 6 minutos

Na deliveración do xurado actuarán as pandereteiras e gaitas de Malveiras

A patir das 16:00 estarán as portas abertas só para os grupos participantes, que podrán ver o esceario) , e a partir das 19:00 horas para público asistente.


Comentarios (15) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira

Gañadores do II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira 2007

A decisión do xurado do II Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira, formado por Sandra Diéguez García, Fernando Saavedra Pereira, e Ana Fernández Lavandeira, foi a seguinte:

CATEGORÍA A:

3º premio: Grupo "D" da Escola de Muiñeira da AF Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela.
2º premio: "Fanfurriñas" da ACD de Muros.
1º premio: "Chiculateiras" da AX Xiradela, de Arteixo.

CATEGORÍA B:

3º premio: Pandereteiras do GBMT "Tahúme", de Ribeira.
2º premio: "Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
1º premio: "Lilaina" da AC O Castro, de Miño.

Os criterios que o xurado manexou para tomar a súa decisión foron os de interpretación, afinación, dificultade e autenticidade das pezas.

A organización do certame non é responsable da decisión do xurado, xa que esta é persoal e inapelable.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-04-2007 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Concurso Xiradela de pandereteiras
VIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA 2007

Domingo 15 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.


Nesta séptima edición contará con dúas sesións:
1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e B.
2ª Ás 17:00 h da tarde para as categorías C e D.

• Os premios entregaranse ó rematar cada sesión (categoria A e B pola mañá e categorias C e D pola tarde)






GRUPOS DE PANDERETEIRAS

CATEGORÍA “A”

1.- “Meniñas” do Grupo de Pandereteiras Tarambainas: Ribeirana de Pazos e Xota de Toutón, (Pazos de Borbén e Mondariz).
2.- “Rebuldeiros” da A.C. Donaire: Muiñeira e maneo de Chamusqueira, Lema (Carballo).
3.- “Abaloira” da S.R. San Xoán de Calo: Muiñeira de Cabaleiros (Tordoia).
4.- “Pedravixía” da A.C. Adro de Baio: Cantareas de Herrerías (Vega de Valcarce).
5.- “Ruada” da A.A.V.V. San Paio de Coristanco: Agharrado e Muiñeira de Verdes (Coristanco).
6.- “Regalía” da A.A.V.V. A Coteleira de Cores-Nemeño: Serán en Queimadelos (Mondariz)

CATEGORÍA “B”

1.- “Quintán” da A.N.P.A. do C.E.I.P. de Mondego: Pandeiretada de Langueirón (Zas).
2.- “Farrapo” da A.F. San Lorenzo de Agualada: Pandeiretada de Monzo (Trazo).
3.- “Fiuza” da S.R. San Xoán de Calo: Xota e Pasodoble de Pigarzos (A Lama).
4.- “Artabria” da Escola de Bailes populares Iar da Coruña: Pandeiretada de Lendo (Laracha).
5.- “Álvaro Cunqueiro” da A.A.V.V. de Lago: Jota e Muiñeira de Erbecedo e Danza de Troáns(Coristanco – Curtis).
6.- “Lisquiñas” da A.C. O Castro de Miño: Maneo e Muiñeira de Montemaior e Mazurca de Padreiro (Laracha – Santa Comba).
7.- Grupo de pandereteiras “Tarambainas” de Vigo: Xota e Muiñeira de Liñares (Avión).
8.- Grupo “A” da A.C. Raigañas de Cerqueda: Canto de Riotorto e Muiñeira de Carcacía (Padrón).
9.- Grupo de baile e música tradicional “Tahúme” de Olveira: Serán en Paredes (Ponteareas).
10.- “Areliñas” da S.R. San Xoán de Calo: Muiñeira vella de San Salvador (Santa Comba).
11.- A.M.D.T. Quieroa de Mondego: Ronda, Jota e Muiñeira de Pigarzos (A Lama).
12.- “Maiola” da A.C. Virxe da Saleta de Silván: Ronda de Oroso, Nieva (Avión).
13.- “Mar Adentro” da A.C. As Neves de Buxantes: Pasodoble, Muiñeira e Jota de Traspielas (Fornelos de Montes).
14.- “Grupo “D” da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos de Santiago: Jota e Muiñeira de Piñeiro de Arca, (O Pino).

CATEGORÍA “C”

1.- “Xeira” da A.F. San Lorenzo de Agualada: Serán de Mourelle, Gargamala, (Mondariz).
2.- “Axeitadiñas” da A.C. Donaire da Coruña: Pasodoble do Rieiro e Muiñeira vella e Jota de Borneiro (Cabana de Bergantiños).
3.- Grupo “A” da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras: Ruada de Meixe (Boborás).
4.- “Rideiras” da A.X. Xacarandaina da Coruña: Añas, Jota e Pasodoble de Lourido, Covelo (Pontevedra).
5.- “Névedas” da A.X. Arume de Verdillo: Pandeiretada de Arcos (Mazaricos).
6.- “Álvaro Cunqueiro” da A.A.V.V. de Lago: Foliada de Limiñoa (Ponteceso).
7.- “Lanzalía” da A.C. O Castro de Miño: Pandeiretada de Santa Sabina (Santa Comba).
8.- “Bergando” da A.X. Limagoia: Muiñeira de Crespos e Danza de Camariñas (Serra de Outes e Camariñas).
9.- “Xadaime” da A.A.V.V. A Coteleira de Cores-Nemeño: Serán en San Vicente (Fornelos de Montes).
10.- “Xabredo” da A.C. Virxe da Saleta de Silván: Pandeiretada de Cambre (Malpica).
11.- “Taín” da A.C. Adro de Baio: Jota e Muiñeira da Xirazga (Beariz).

CATEGORÍA “D”

1.- “Trebellos” da A. X. Regueifa de Val do Dubra: Rúa de Painceiros (Campo Lameiro).
2.- A.C. Os Muiños de Oliveira de Ponteareas: Cantos, Xota e Muiñeira de Moscoxo (Fornelos de Montes).
3.- “Taravelas” da A.X. Xacarandaina da Coruña: Pandeiretada de Cances (Carballo).
4.-“Meigallo” da A.C. Carcaxía de Seaia: Serán en Traspielas ( Fornelos de Montes).
5.- “Velaí ven” da A.C. Donaire da Coruña: Canto e Muiñeira de Feilas e Jota de Espiñal (Riós – A Bola).
6.- Grupo de baile e música tradicional “Tahúme” de Olveira: Fiada en Baroña (Porto do Son).
7.-“Lilaina” da A.C. O Castro de Miño: Cantar, Maneo e Punteada de Cerqueda (Malpica).
8.- “Acibeche” do C.E.I.P. Salgado Torres da Coruña: Canto de Arrieiro e Pandeiretada de Goiáns (Carballo).
9.- “Donaire” da A.C. Donaire da Coruña: Polavila de Balouta (Ancares).
10.- “Riscadela” da S.R. San Xoán de Calo (Teo): Panto, Muiñeira e Xota de Cabaleiros (Tordoia).
11.- “Luneira” da A.F. Alborada de Santa Lucía: Serán de Toutón (Mondariz).

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2007 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de pandereteir@s da A.C. Os muiños de Oliveira
Participantes no II Concurso de Pandereteiras/os 2007

22 de Abril do 2007, ás 16:00 no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas).

CATEGORÍA A (até 16 anos)

Pandereteiras do G. B. M. T. "Tahúme", de Ribeira.
Benxamín da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
"Chiculateiras" da A. X. "Xiradela".
Alevín da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
Pandereteiras da A. C. "Tremiñado", de Ponteareas.
Infantil da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
"Grupo D" da Escola de Muiñeira da A. F. "Cantigas e Agarimos", S. de Compostela.
Pandereteiras da G. B. M. T. "Pedra da Garza" de Fozara, Ponteareas.
"Fanfurriñas" da A. C. D. de Muros.

CATEGORÍA B

"Loaira" da A. C. F. "O Fiadeiro", de Vigo.
"Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
Pandereteiras do G. B. M. T. "Tahúme", de Ribeira.
"Luneira" da A. C. "Alborada", Santa Lucía.
"Cordenaia" da A. C. "Airiños do Xunco", de Cervo.
"Lilaina" da A. C. "O Castro", de Miño.
Pandereteiras da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-04-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso Azaloira 2007


Malveiras, a agrupación de Vilagarcía logrou o primeiro premio no festival anual organizado por Fortín dá Pomba, con cheo total.

O auditorio Manuel Dopazo de Bandeira quedou onte pequeno ante a afluencia de público ao festival de folclore tradicional Azaloira. Na edición 2007 foron sete as agrupacións en competición, ademais das exhibicións dos anfitrións, Fortín dá Pomba, e do grupo gañador do pasado ano, O Fiadeiro de Vigo. Nesta ocasión o triunfo viaxa a Vilagarcía.

O grupo Malveiras foi o vencedor, cun premio de 1.500 euros en metálico. O segundo, de 800 euros, foi para a agrupación Fusos e Rocas de Vigo e o terceiro, de 500, para Donaire da Coruña.

O premio de mellor vestiario, dotado con 150 euros, concedéuselle tamén aos gañadores, Malveiras. Mentres, o de mellor acompañamento -150 euros- correspondeulle a Donaire. O mellor bailarín foi Emilio, de Fusos e Rocas, que recibiu 100 euros, e a mellor bailarina, Patricia González, de Donaire, co mesmo premio.


Máis de 400 persoas seguiron o festival no que, ademais das tres formacións premiadas, tamén participaron A Ponte Vella de Cacheiras, Trompos ós pes de Marín, o grupo de baile Iar da Coruña e Bulideiro, tamén coruñeses.
Comentarios (66) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-04-2007 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados das VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas en Vigo
Os premios establecidos polo comité organizador foron os seguintes:

*"Fusos e Rocas" da ACF O Fiadeiro de Vigo. 1º premio: 1.500.-€, medalla e diploma.

*"Malveiras" da A.C. Malveiras de Vilagarcía. 2º premio: 900.-€, medalla e diploma.

*"A Ponte Vella" do C. C. A Ponte Vella de Teo, A Coruña. 3º premio: 600.-€, medalla e diploma.

*"Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona. 4º premio: 300.-€, e diploma



*"Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarín.

*"A Ponte Vella" do C. C. A Ponte Vella de Teo, A Coruña. Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarina.

*"Malveiras" da A.C. Malveiras de VilagarcíaPremio especial de 180.-€, ao mellor grupo de acompañamento.

O xurado valorou de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estivo formado por Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro de Festas e Animación Sociocultural; Reyes González Canda, ex–bailarina do Ballet Rey de Viana e mestra de Ballet; Isabel García Quintela, secretaria da Federación Galega de Grupos de Danza e Bailarina; Enrique Domínguez Lino, director e bailarín da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra e mestre de danza galega; Hipólito Cabezas Gómez, director da Escola de Gaitas e Percusión Tradicional-Provincia de Pontevedra e actuará como secretario Ramiro Quicler Zarandón, funcionario do Concello de Vigo.


Comentarios e debate sobre as Xornadas en :

VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas en Vigo


Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-03-2007 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Baile Tradicional Azaloira 2007
O concurso de baile tradicional Azaloira reunirá o domingo 1 de abril en Bandeira aos grupos:

- A Ponte Vella (Teo)
- Fusos e Rocas (Vigo)
- Donaire (A Coruña)
- Trompos ós pés (Marín),
- Malveiras (Vilagarcía),
- Iar (A Coruña)
- Bulideiro (A Coruña).

Estes dous últimos participarán por primeira vez no certame organizado por a formación local Fortín da Pomba, que actuará de exhibición xunto co gañador do ano pasado, O Fiadeiro de Vigo.

O festival desenvolverase a partir das 18.30 horas do domingo 1 de abril no auditorio Manuel Dopazo. Cada un dos grupos participantes no concurso terá que interpretar dúas pezas. O concurso ábrese e péchase coa actuación de Fortín da Pomba e mentres delibera o xurado actúa o grupo convidado gañador do ano pasado, O Fiadeiro de Vigo.

Azaloira repartirá este ano 3.500 euros en premios. O gañador recibirá 1.500 euros; o segundo clasificado, 800 euros; e o terceiro, 500 euros. Tamén haberá recoñecementos de 150 euros cada un para o mellor vestiario e acompañamento, así como de 100 euros para o bailarín e a bailarina máis destacada.

Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-03-2007 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xiradela 2007
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-03-2007 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

Xa está aberto o prazo de inscrición para o XXV Curso de Cultura Tradicional 2007. Este ano, ó conmemorarse o 25º aniversario, faremos algunhas actividades parellas, como exposicións, concertos didácticos, publicacións, etc. Tamén é importante destacar que, este ano, todo o profesorado está composto por mulleres, salientando con este feito o noso rexeitamento á discriminación por razón de sexo. Outra novidade é que, por primeira vez, optamos por cobrar unha pequena cantidade en concepto de matrícula (30€), o que complica un pouco máis a inscrición no curso, polo que pedimos disculpas polas molestias.


PROGRAMA DO XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA.

Días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa).

- Lugar: LUGO, AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N

- Especialidades: 1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

- Prezo de matrícula: 30 € (20 € para os socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos). Pagamento na conta de Caixa Galicia: 2091 0152 29 3040026419

- Inscricións - DATOS NECESARIOS: Nome e Apelidos, DNI, Tfno, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. TERÁ QUE XUNTARSE XUSTIFICANTE DO PAGO DA MATRÍCULA.

As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 - E-mail: inscricions@cantigasefrores.com. Para evitar perdas de tempo, é preferible empregar o fax ou o enderezo electrónico.

- Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

- Programa previsto.

DÍA 5 Xoves:

09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 6 Venres:

10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

DÍA 7 Sábado:

10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 17:00 Clase práctica
17:30 a 19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.
19:00 Concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero.

PROFESORADO

Mª Luisa Sarmiento (Técnicas de Gaita).
Mestra de gaita e integrante de “Froitos do Deza” e do dúo de gaitas e tamboril “Canivela”

Felisa Segade Otero (Técnicas de canto e pandeireta)
Comezou a súa formación no ano 1977 nos grupos Don Bosco e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. Na actualidade é compoñente fundadora do grupo Leilia. Desenrola tarefas de docencia e dirección no grupo Brincadeira, ademais imparte clases de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións culturais. Ademais, ten feito un importante traballo de recolleita ten impartido cursos e charlas sobre música e baile tradicional por todo o mundo. Participou na grabación de discos con: Alecrín, Milladoiro, Diplomaticos de Monte Alto, Emilio Cao, Kepa Junquera, Pilocha, Rumbadeira, etc.

Lola de Ribeira (Técnicas de percusión tradicional).
Mestra de percusión tradicional nas escolas de Ribeira, Porto do Son e Ancoradoiro. Diplomada en Educación Musical. Colaboradora cos grupos Ancoradoiro, Fiandola e Orfeón Terra Nosa, entre outros.

Mercedes Prieto Martínez (Técnicas de baile tradicional).
Licenciada en danza pola facultade de Motricidade Humana en Lisboa. Pertencente á Asociacicón Pé de Xumbo e exerce docencia no centro galego de Lisboa.

Mª Xosé López Villar (Técnicas de zanfona e canto).
Integrante de diversos grupos entre os que destacan Muxicas, Anamoura, Na Virada e Xistra de Coruxo, cos que ten gravada abundante discografía. Foi membro da xunta directiva da AGG. Participou en diversos proxectos de concertos didácticos. Imparte aulas de gaita e zanfona en varias asociacións culturais e escolas de música de Galiza e Portugal.


- Coordinación do curso: Mónica Fernández Fernández

- Organiza:
Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo.

- Patrocinan:
Sociedade Anónima de Xestión Xacobeo – Consellería de Industria.
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Consellería de Cultura e Deporte.

- Colaboran:
Excmo. Concello de Lugo.
Asociación de Gaiteiros Galegos.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2007 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso de baile Tradicional de Vilagarcia

BASES CONCURSO 2007

Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 10 e que cumpran os seguintes requisitos:

Serán grupos mixtos, a media de idade mínima será de 14 anos, formados polo menos por cinco parellas sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación.

Os bailadores/as e acompañamento unicamente poderán concursar nun só grupo.
Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
Ián ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).
A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo ( uns días antes).

A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso
Cada grupo disporá dunha intervención cunha duración máxima de 6 minutos.(de non cubrir un mínimo de grupos serán duas pezas)
Haberá un pequeno pasarrúas antes do comezo do concurso.
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.

O concurso celebrarase no Auditorio de Vilagarcía o SÁBADO 26 de maio ás 20:00 horas

PREMIOS:
Primeiro 900 € e trofeo
Segundo 400 € e diploma
Terceiro 300 € e diploma
Premio especial do público (o público presete votará mediante unhas papeletas)

INSCRICIÓN:
ANTES DO 10 DE ABRIL
PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO:
607 606 312 Xose Eiras

(mandar por e-mail malveiras@malveiras.com ou fax a 986512017 solicitar conforme recepción

O Premio do Público decidirase entre o público presente no auditorio mediante unha votación e posterior reconto.
O grupo gañador poderá participar no “XII Encontro Folclórico Malveiras” que se celebra en agosto.

O xurado estará composto por persoas expertas na materia.
Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, vestiario, dificultade e posta en escena.
A decisión do xurado será inapelable.

NOME DO GRUPO:
_________________________________________________________________

ENDEREZO DO GRUPO:
_________________________________________________________________

NOME E Tlf.da PERSOA DE CONTACTO:
_________________________________________________________________

PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE:
_________________________________________________________________

Número de participantes:
Bailaríns_____Gaiteiros_______Pandereteiras_____


E nas festas patronais de San Roque en Vilagarcía imos organizar o “XII ENCONTRO FOLCLORICO MALVERIAS” coa participación de grupos de Galicia e doutras comunidades. . ( Agosto 2007)


Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-03-2007 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
As "VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas" terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova os días 4 e 18 de marzo, a partir das 20'00 horas.

En total participarán 4 agrupacións de danza e música galegas. Os grupos que subirán ao escenario son:
*"Malveiras" da A.C. Malveiras de Vilagarcía.
*"A Ponte Vella" do C. C. A Ponte Vella de Teo, A Coruña.
*"Fusos e Rocas" da ACF O Fiadeiro de Vigo.
*"Bretema" da Casa Galega de Hospitalet del Llobregat de Barcelona
.

O xurado valorá de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estará formado por Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro de Festas e Animación Sociocultural; Reyes González Canda, ex–bailarina do Ballet Rey de Viana e mestra de Ballet; Isabel García Quintela, secretaria da Federación Galega de Grupos de Danza e Bailarina; Enrique Domínguez Lino, director e bailarín da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra e mestre de danza galega; Hipólito Cabezas Gómez, director da Escola de Gaitas e Percusión Tradicional-Provincia de Pontevedra e actuará como secretario Ramiro Quicler Zarandón, funcionario do Concello de Vigo.

Os premios establecidos polo comité organizador son os seguintes:
1º premio: 1.500.-€, medalla e diploma.
2º premio: 900.-€, medalla e diploma.
3º premio: 600.-€, medalla e diploma.
4º premio: 300.-€, e diploma
5º e 6º premio: diploma.
Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarín.
Premio especial de 150.-€, e diploma ao mellor bailarina.
Premio especial de 180.-€, ao mellor grupo de acompañamento.

As entradas para a xornada do día 18 de marzo estarán a disposión do público unha hora antes na taquilla do Centro Cultural Caixanova.
Comentarios (119) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-03-2007 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas de Portas Abertas de O Fiadeiro

Chegan as Xornadas de Portas Abertas de O Fiadeiro, coa inauguración do seu novo local en Vigo.
Sorte co novo emprazamento!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-03-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de Pandereteir@s da A. C. Os Muiños de Oliveira
1.É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños... etc, que o desexen.
2.Constará de unha soa modalidade; esta será de pandereteiras/os.
3.Nesta modalidade haberá 2 categorías:
Categoría A: ata os 16 anos.
Categoría B: dos 17 anos en diante.
4.A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en mais de dous anos.
5.Os grupos participantes poderán ser; femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
6.Cada grupo irá acompañado dun só representante, e deberase designar unha parella do grupo para estar no escenario no momento da entrega de premios (vestidos co traxe).
7.Ningún participante poderá concursar en máis dun grupo.
8.No momento da calificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade das pezas a interpretar, que deberán ser tradicionais.
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.

O XURADO TERÁ TOTAL LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE O ESTIMAN OPORTUNO.

9.Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/as peza/as. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

10.Os premios serán os seguintes:
Categorías A :
1º premio: Trofeo e 300 €.
2º premio: Trofeo e 200 €.
3º premio: Trofeo.

Categorías B :
1º premio: Trofeo e 600 €. 2º premio: Trofeo e 300 €.
3º premio: Trofeo e 200 €.

11.O xurado será nomeado pola A. C. “Os Muíños de Oliveira”, e os seus fallos serán inapelables.
12.Nesta convocatoria non participaran grupos da A.C. “Os Muíños de Oliveira”.
13.A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.
14.O concurso terá lugar o día 22 de Abril do 2007, ás 16:00 da tarde para as categorías A e B, no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas). As entregas de premios, das categorías A e B faranse unha vez rematada a última categoría .
15.Tódolos grupos participantes deberán estar presentes no Auditorio unha hora antes de que comece o concurso.
16.O prazo de inscrición rematará o día 2 de Abril 2007, debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta:
Á Asociación Cultural “Os Muíños de Oliveira”; Porteliña, 17 - Santiago de Oliveira, C.P: 36.864 Ponteareas (Pontevedra).
E-mail: pandereteiras_oliveira@hotmail.com

17.NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN FORA DE PLAZO, NIN TAMPOUCO NINGUNHA MODIFICACIÓN.
18.No caso de ter algunha dúbida, esta será atendida polos membros organizadores nos teléfonos:
Telf.: 986 11 51 39
Telf. Móbil: 686 09 93 36 / 699 32 39 08
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-02-2007 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer