Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso Cartel promocional do Festival Ortigueira 2010
Convocado un concurso internacional para deseñar o cartel promocional do Festival Ortigueira 2010

Gustaríache deseñar o cartel promocional do Festival do Mundo Celta do 2010?? A organización do certame, liderada polo Concello de Ortigueira, conta contigo. Acaba de convocar un concurso internacional co que se propón atopar a proposta creativa máis orixinal e atractiva.Ti podes participar. Están en xogo 6.000 euros.

Búscase o deseño máis efectista e efectivo, tanto desde o punto de vista publicitario como desde o grafico, para publicitar a veterana cita musical na campaña de cartelería que, nuns meses, tomará a rúa para "difundir" o Festival.

O reto
Nesta ocasión, e co gallo do XACOBEO 2010, a organización lanza aos futuros concursantes o reto de reflectir, a través dun deseño que terá que ser "totalmente inédito", os posibles vínculos entre o evento de Ortigueira e o acontecemento cultural e relixioso que traerá a Galicia a miles de peregrinos de todo o mundo. O desafío está exposto.

Como e cando presentar os carteis?

As persoas físicas ou xurídicas interesadas en participar terán desde o 28 de decembro ao 8 de xaneiro para facer chegar as súas propostas á Casa Consistorial, ben entregándoas en persoa ben enviándoas por correo ordinario ao Concello de Ortigueira (Praza de Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira- A Coruña).

Os carteis deberán ir identificados cun lema para manter en segredo a autoría durante o proceso de selección e terán que presentarse en soporte dixital e tamén montados en cartón pluma ou outro soporte ríxido de 50 x 70 cm.

Obra gañadora

Farase co premio de 6.000 euros a obra que teña maior calidade gráfica ou plástica e máis eficacia publicitaria, en opinión dun xurado que, polo menos, contará con dous artistas ou deseñadores de recoñecido prestixio. Quen asine o deseño deberá adaptalo a continuación aos distintos produtos de merchandising do certame folk.

Se vas participar, bota unha ollada ás bases. É básico.

www.festivaldeortigueira.com

Bases
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Música Tradicional en Mondoñedo
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Mondoñedo.

Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 9 de Decembro, ás 11.00 h. terá lugar na casa da Xuventude de Mondoñedo un concerto didáctico adicado aos mais pequenos no que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

A maiores do concerto didáctico, o día 13 de Decembro a Tradescola organiza unha xornada adicada ó aprendizaxe da gaita.
Esta xornada, na que se impartirán varios obradoiros, estará guiada por dous profesores da Tradescola, Emilio Mesías e Bruno Villamor. Nesta xornada, que terá lugar na casa da Xuventude de Mondoñedo, poderemos disfrutar de obradoiros de iniciación e perfeccionamento de Gaita durante todo o día.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-12-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Segue a polémica do concurso ´Tu si que vales´de Telecinco
Semella que hai moita xente indignada polo que ocorreu no programa "Tu si que vales" de Telecinco coas nenas de Tarambainas. O video xa recibiu 6000 visualizacións, hai blogs con entradas sobre este tema, tamén en tuenti, facebook,... e maís de 100 comentarios no Youtube.

En vista de que hai varias peticions de como porse en contacto coa productora aí vas os datos:

TELECINCO:
http://www.telecinco.es/contacta

Productora de TÚ SI QUE VALES:
Gestmusic Endemol
gmmadr@gestmusic.es
C/ Santa Elionor, nº 3
08024 Barcelona
Tel.: 93 253 67 00
Fax: 93 219 47 97

Relacionada a entrada da nova
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=73237



Comentarios do Youtube

Comentarios na nova de Malmequer
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-11-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Valoracións IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Os asistentes do IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, a través da enquisa de avaliación da actividade que se lles entregou, valoraron moi positivamente o desenvolvemento destas actividades, destacando sobre todo metodoloxía empregada e os contidos dos distintos relatorios e obradoiros polo seu interese para empregalos nas aulas.

O IV Congreso de Ensinantes volveu a incidir na necesidade de transmitir os coñecementos e o respecto pola nosa cultura tradicional aos máis novos, e neste punto toca, inevitablemente, pasar polo ensino obrigatorio en infantil, primaria e secundaria. Moitos dos relatorios e obradoiros estaban claramente enfocados a mestres e mestras que desenvolven a súa labor neste campo, tentando conciencialos da necesidade de tratar o tema da música tradicional na escola como clave para a súa supervivencia e como medio máis eficaz de educación, como debe ser a propia cultura.

Tratáronse temáticas moi diversas, dende iniciativas para salvagardar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial Galego no sistema educativo, a situación actual do ensino da música tradicional, o Patrimonio lúdico galego, o baile tradicional, novos estudios e métodos de baile e gaita, materiais didácticos, obradoiros prácticos de baile, experiencias musicais na escola...

En xeral gustaron moito as actividades prácticas, como son os obradoiros, que dan aos mestres liñas de actuación na escola e ideas de como levar a cabo o que se di no congreso. Ditos mestres e mestras seguen a reclamar materiais relacionados coa nosa tradición, un punto vital no que a Asociación de Gaiteiros pon o seu esforzo.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (17) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-11-2009 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do II Concurso de Música Tradicional da ASC FOGO FATUO
Os gañadores do II Concurso de Música Tradicional da ASC FOGO FATUO celebrado o sábado 21 de novembro en Rianxo na categoria de solista:

1º Adriana Rivas
2º Adrian Lareo
3º Miguel Vazquez

Na categoria de cuartetos:

1º Os Mersenarios
2º Senlleiros Soar
3º A Requinta da Laxeira

Premio o mellor vestiario: Martin Rodriguez

Premio o mellor percusionista: "Percusionista de Adrian Lareo"


Os gañadores do II Concurso de Música Tradicional da ASC FOGO FATUO celebrado o domingo 22 de novembro en Rianxo na categoria de pandeireta infantil:

1º Meniñas do grupo de pandereteiras Tarambainas da AVCD Lavadores-Vigo
2º Axeitadiñas da Asociación Cultural Donaire
3º Garatuxas da Asociación Xuvenil Xilbarbeira

Na categoria de adultos:

1º Pandereteiros Seitura
2º Velaí ven da Asociación Cultural Donaire
3º Urdime da ACF O Fiadeiro

Premio o mellor vestiario: Tahume

­Parabéns a tódolos gañadores!!!!
Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-11-2009 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
XV Premio de Investigación Antonio Fraguas

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XV EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN ?ANTONIO FRAGUAS? nesta materia de acordo coas seguintes
BASES

1.- Establécense DOUS premios:
PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros
PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros

2.- A modo de orientación, para a presentación de traballos:
Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, medidas, patróns, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou esos traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS aqueles nos que, ademais se investigue quen fixo o traxe, con que mecanismos, como traballaba, en que área distribuía a sua producción. Nesta modalidade de investigación recoméndase non só a recolleita e catalogación das formas (incluíndo a pescuda en inventarios pos-mortem, na tradición oral ou na iconografía), senón tamén a investigación verbo das crenzas e valores relacionados co traxe, da influencia na indumentaria dos poderes relixiosos, económicos e políticos, e finalmente dos aspectos sociolóxicos, coma o dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc.)

3.- Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego, Avda. Coimbra, nº 2 baixo, 15704 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2009

4.- Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.

5.- Os traballos deberán acompañarse da documentación ou fotografía correspondente.

6.- Os traballos premiados poderán publicarse a iniciativa da Asociación do Traxe Galego, se así o estima, mantendo os seus autores/as, os dereitos de propiedade intelectual.

7.- O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.

8.- O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.

9.- O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poideran xurdir nas súas deliberacións.

10.- Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.

11.- Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse os seus autores/as dentro do mes seguinte o veredicto do Xurado.

12.- O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-11-2009 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-11-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
II Certame-Concurso de Música Tradicional (Rianxo)
A ASC FOGO FATUO de Rianxo comprácelle informarlles da celebración do II Certame-Concurso de Música Tradicional que se celebrará o 21 e 22 de novembro nas modalidades de Gaita e Pandereta, respectivamente.

BASES

FOLLA DE INSCRICIÓN(PDF)

FOLLA DE INSCRICIÓN(ODT)


Se desexan máis información poden contactar a través do correo electrónico: fogofatuo@fogofatuo.es ou no teléfono: 663 322 149.

Grazas, Asociación Sociocultural Fogo Fatuo
www.fogofatuo.es
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-11-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
VI ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular e o Concello de Pontevedra, presentan a VI edición deste festival sobre pandeiros de mao (adufe, pandeireta, pandeiro, bendir, rij, duff, ... ) entre os días 11 e 14 de novembro cunha oferta variada sobre este tipo de instrumentos.

Este ano o país convidado é Brasil, cultura que recibiu o pandeiro dos colonizadores portugueses desde o século XVI e o adaptou ao seu xeito musical acadando grandes cotas de evolución.

Contaremos coa presenza de artistas coma Marcos Suzano, Carlos Núñez, Renato Spencer, Con canto Donaire, e actividades varias: Haima DUF, Fai o teu Pandeiro!, programación infantil, asociacións árabes e brasileiras, Serán Urbano,...

O festival terá lugar entre o 11 e o 14 de novembro en diferentes localizacións: praza do Teucro, Teatro Caixanova e Museo de Pontevedra.

Entre outros, contaremos con Carlos Núñez nun coloquio sobre as súas experiencias no Brasil, a Marcos Suzano en concerto, obradoiros para especialistas, a Haima DUF (espazo aberto e de información), actividades de interculturalidade e o xa clásico Serán Urbano.

Dáse continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao público especializado e o público xeral. A meirande parte da súa programación celebrarase nas rúas e prazas de Pontevedra con concertos, o Serán Urbano, feira de artesanía musical, punto de información cunha exposición temática, actividades infantís, animación de rúa,...

Unha oportunidade para a interación socio-cultural. Este ano terá protagonismo o BRASIL a través de asociacións que recrean música brasileira na Galiza, sen esquecer a comunidade árabe protagonista da pasada edición.

RESUMO DO PROGRAMA

mércores, 11 de novembro
-18 h. Museo de Pontevedra.
"Alborada do Brasil" coloquio con Carlos Núñez

venres, 13 de novembro
- 16 h. Praza do Teucro
Apertura Haima DUF:
Batuke brasileiro, artesanía musical, actividades infantís, feira de artesanía musical, postos de asociacións de colectivos de inmigrantes árabes e brasileiros

- 21 h. Teatro Caixanova
Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire

sábado, 14 de novembro
- 10 h. Museo de Pontevedra
Master Class* con Marcos Suzano. Técnica de pandeiro brasileiro

10 h. Museo de Pontevedra
- Fai o teu pandeiro!* con Carlos do Viso. Construcción dun adufe

*Actividades de pago e prazas limitadas.

- 12 h. Haima DUF
Ao encontro de... Renato Spencer. Concerto didáctico

- 17 h. Haima DUF
"Tan iguais, tan diferentes". Convivio con mulleres brasileiras, galegas e árabes.

- 18 h. Haima DUF
Exhibición de capoeira co grupo Arte Negra

- 20 h. Haima DUF
Serán Urbano

Máis información aquí.

Pra inscrición dos cursos, mail a matricula@folque.com ou no +34 881 031 829

www.folque.com






Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-11-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
O ourensán Pablo Devigo volve facerse co ´Constantino Bellón´ de gaita
A actuación dos dez finalistas tivo lugar onte á noite no teatro Jofre

Lonxe das súas datas orixinais -acostumaba a organizarse a finais de agosto, coincidindo coas festas de verán da cidade- o Ateneo e o Concello de Ferrol celebraron onte a XI edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón, que este ano non contou coa esperada e ata o de agora fiel colaboura da Xunta de Galicia.


Dez músicos competiron onte á noite na final no teatro Jofre, e o xurado -que presidía Víctor Fernández Gabeiras- acordou conceder o premio, dotado con tres mil euros a o ourensán de Castro Caldelas Pablo Devigo, que na edición anterior gañara este mesmo galardón e o de composición. Os dous accésits de interpretación, cada un premiado con mil euros, foron para Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, e Gonzalo Manuel Abelairas Lemos, de Ourense.

Xunto a eles chegaron á derradeira fase do certame Eric Alexander Corrante, de Valencia (Venezuela); Ricardo Mouriño Freire, de Ferrol; Santiago Agustín Molina, de Arxentina; Isidro Vidal Gallardo, de O Carballiño; Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez, de Buenos Aires; Daniel Lumbreras Rodríguez, de Donostia e Bruno Villamor Gay, de Lugo e Pablo Devigo Vázquez.

Na velada no Jofre entregouse tamén a Gaita de Ouro, que nesta edición premiou a Miguel Doval González, polo seu labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O galardoado quixo agradecer a Airiños de Fene, que dirixe, o labor que desempeña e adicou o premio a súa muller e á súa filla.

Pola súa banda, Jesús Rodil Rodríguez, foi o gañador do premio de composición para gaita galega solista, coa súa partitura ?Lugrís?, escrita para gaita solista, orquestra de corda, percusión e piano. Recolleu o galardón a súa moza, que agradeceu ao xurado a súa decisión. Os accésits neste apartado corresponderon a Javier María López Rodríguez, por ?Tumbaleira?, para gaita, orquestra de corda e piano, e ao gran triunfador da noite, Pablo Devigo Vázquez, por ?Jota?, tamén para gaita, orquestra de corda e piano.

Os finalistas do Constantino Bellón recibiron tamén unha figura de Sargadelos, un diploma e a obra musical Gaifonia, de Bautista Bernat e Xoán Carlos Rilo, cortesía do Concello das Pontes nesta edición.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
EXPOSICIÓNS PERMANENTES
- Ferramentas dos oficios de afiador. Pezas de Florencio de Arboiro.
- Exposición de xoguetes tradicionais, da colección particular de Xosé López (Tui, Pontevedra) e Xosé
- Manuel García (Lourenzá, Lugo).
- Exposición das ferramentas relacionadas co traballo do cereal realizada polo proxecto para recuperar a memoria histórica de Valga.
- Mostra da vida tradicional galega en comunidade, exposición cedida polo Museo do Pobo Galego.
- Exposición de información sobre as razas autóctonas galegas. Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Fontefiz, Ourense.
- Exposición de traxes tradicionais galegos de traballo cedidos polo centro de cultura popular ?Xaquín Lourenzo? da Deputación de Ourense.


Martes 10

MÚSICA NA PRAZA MAIOR
20.00 h. Concerto do grupo Coanhadeira

Mércores 11 (de 10.00 a 21.00 h)

ACTO DE INAUGURACIÓN ás 11.30
OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30
- Luthería (Xaneco Tubio, Outeiro de Rei, Lugo)
- Torneiro (Oli Xiráldez, Cascandelo, Balcaide, Teo, A Coruña)
- Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña)
- Olaría (Fernando Mourón, Buño, A Coruña)
- Obradoiros de xogos tradicionais organizados pola Asociación Brinquedia
- Forxa (Oliverio Álvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
- Poteiro (Kike Simón, Barcela, Arbo, Pontevedra)
- Olaría (Tomás López, Proendos, Sober, Lugo)
- Obradoiro de construción de xoguetes tradicionais (Xosé López, Tui, Pontevedra e Xosé Manuel García, Lourenzá, Lugo)
- Coroceira (Maruja Torre, Mazaricos, A Coruña)

MAGOSTO POPULAR organizado polo Concello de Ourense nos Xardíns Bispo Cesáreo (Alameda de abaixo)
12.00 Concerto da Banda Municipal de Ourense
17.00 Magosto popular con degustación de castañas, chourizos e viño novo

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS ao longo do día polas rúas e a carpa
- Cantos de Cego (Carlos do Viso, O Viso, Redondela)

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN
DE GAITEIROS GALEGOS
(de 20.00 a 21.00 h)
- Tinta Femia (Balcaide, Teo, A Coruña)

Xoves 12 (de 10.00 a 20.30 h)

OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS ao longo do día polas rúas e a carpa
- Cuarteto Abelente (Ourense)
- Ramiro Cortizo, o Capador de Muras (Muras, Forcarei, Pontevedra)
- Contacontos (Carlos Rafael, Ourense)

CONCERTO DIDÁCTICO ás 12:00 h.
Os Instrumentos musicais galegos (Pablo Carpintero, Castro de Carballedo, Lugo)

Venres 13 (de 10.00 a 21:00)

OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS ao longo do día polas rúas e a carpa
- O proceso do liño. Colectivo de mulleres de Parada de Outeiro (Vilar de Santos, Ourense)
- Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo)
- A Requinta da Laxeira (San Miguel de Sarandón, Vedra, A Coruña)

MÚSICA na praza Maior (20.00 a 21.00 h)
Concerto de Leilía

Sábado 14 (de 10.00 a 21:00)

OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS
ao longo do día polas rúas e a carpa
- Representación do combate entre mouros e cristiáns da Saínza (Rairiz de Veiga, Ourense)
- Malla tradicional realizada polo proxecto para recuperar a memoria histórica de Valga (Valga, Pontevedra)
- Folión de Mormentelos (Vilariño de Conso, Ourense)
- Cantos de Cego (Luís, O Caruncho, Gondomar, Pontevedra)
- Tanto Nos Ten (Redondela, Pontevedra)

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL
da Asociación de Gaiteiros Galegos (20.00 a 21.00 h)
- Os Carunchos (Vigo, Pontevedra)

www.ronsel.uvigo.es
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán
Participa no certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán

Consulta as BASES e participa no Certame Musical que organiza Berrobambán para gravar un disco inspirado na súa próxima montaxe, PRESSING CATCH:

A que esperas? poden participar no concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia, inéditas ou non, que teñan a letra en galego, de tema libre, pero relacionadas coa violencia como espectáculo ou obxecto de consumo, ou coa cultura urbana.

Pode enviarse máis dun tema por grupo.


Consulta aquí as bases e vota pola cançom que mais che guste!!!



Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Premio IAR de Folclore Galego
O Premio ?IAR? de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio ?IAR? son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio ?IAR? toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

1. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ?IAR? está aberto dende o pasado mes de Febreiro ata o 12 de Novembro, valorando nesta decimoitava edición o labor realizado ata finais do ano 2008, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

2. As candidaturas deberán ir acompañadas dun ?currículo? da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

3. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares ?IAR?, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio ?IAR?

4. O Premio ?IAR? será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

5. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio ?IAR? anterior.

6. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

7. O Premio ?IAR? 2009 fallarase o 15 de Novembro, antes da celebración da XVIII edición do Festival de Premio ?IAR? de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 21 de Novembro de 2009.


Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.VV. Castrillón-Urbanización Soto ?IAR?


XURADO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso Internacional de Gaita Galega ´Constantino Bellón´ 2009 (Ferrol)
PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA ?CONSTANTINO BELLÓN" 2009

Domingo día 8 de novembro de 2009

14,30 h.: ENCONTRO - COMIDA GAITEIROS SOLISTAS SELECCIONADOS E PERSONALIDADES DO MUNDO DA GAITA GALEGA INVITADAS

DATA: 8 de novembro
LUGAR: TEATRO JOFRE - FERROL
HORA: 20 h. da tarde

FINAL DO XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA ?CONSTANTINO BELLÓN?


* Presentación - Gravación en directo pola RTVG para a próxima edición do Cd.
* FINAL DO ?CONSTANTINO BELLÓN? 2009. Orde actuación:

1º: Pedro Alvarez Fariñas. (Nigrán)
2º:Eric Alexander Corrante. Valencia (Venezuela) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
3º: Ricardo Mouriño Freire. (Ferrol)
4º: Santiago Agustín Molina. (Arxentina) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
5º: Isidro Vidal Gallardo. O Carballiño (Ourense)
6º: Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez. Bos Aires (Arxentina) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
7º: Gonzalo Manuel Abelairas Lemos. (Ourense)
8º: Daniel Lumbreras Rodríguez. Donostia (España) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
9º: Bruno Villamor Gay. (Lugo)
10º: Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas (Ourense).

* Mención de Gaita ?Constantino Bellón? Presentación e Entrega ?Gaita de Ouro? 2009

MIGUEL DOVAL GONZALEZ
pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.

* Entrega do PREMIO de ?Composición para Gaita Galega Solista? punto nº 9 das Bases do XIX Concurso de Gaita Galega ?Constantino Bellón? a:

JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura ?LUGRÍS?
para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

Entrega dos accésit deste punto nº 9 a:

JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra ?TUMBALEIRA? para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra ?JOTA? para Gaita, Orquestra de corda e Piano.


* ENTREGA aos finalistas : Figura Sargadelos , Diploma Participantes e, como aportación especial para este Concurso por parte do Concello das Pontes a obra musical GAIFONIA da que son autores Bautista Bernat Alcaide e Xoan Carlos Rilo Fraga que recentemente foi publicada co apoio da Deputación de A Coruña.

* Actuación Conxunta Finalistas

* LECTURA FALLO DO XURADO, entrega de PREMIOS e ENTREGA do PREMIO (punto g) correspondente ao ?Gaiteiro de Soutelo? (Punto 5 das Bases do Constantino Bellón?) que di:

g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ?Premio Seivane?. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega ?Constantino Bellón?. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.

* Así mesmo, o Obradoiro Seivane como aportación a este Concurso agasallará cun xogo Seipal a todos os finalistas desta edición. (O novo Pallón Seipal Sintético é o resultado de longos estudos do Obradoiro de gaitas Seivane na busca da estabilidade tonal en calquera condición de humidade e temperatura, pero manténdose fiel ao son do pallón tradicional de cana).

XURADO:

D. Víctor Fernández Gabeiras (Presidente)
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
Dª Cristina Meizoso Alonso(Secretaria, sen voto)

ENTIDADES COLABORADORAS:

* CONCELLO DE FERROL
* DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA * OBRADOIRO SEIVANE
* SARGADELOS
* Familia de LUÍS SEOANE
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Grupos de Música Tradicional Galega (Bembrive-Vigo)
I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

BASES:

1. A Entidade Local Menor de Bembrive convoca o ?I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA GALEGA TRADICIONAL?.

2. O concurso celebrarase en Bembrive, no auditorio do Centro Cultural Helios.

3. Poderán participar nel:
a) Agrupacións musicais tradicionais galegas que pertenzan a unha asociación sen ánimo de lucro, debendo ser esta quen se inscriba. Cada Asociación pode participar ata con dúas agrupacións.
b) Agrupacións musicais tradicionais galegas constituídas por afeccionados non profesionais. Neste caso nomearán a un representante para percibir os premios ou achegas económicas derivadas deste concurso.

4. Tódalas agrupacións deben participar no formato de cuarteto ou quinteto, e comporanse cando menos dos seguintes instrumentos: dúas gaitas, un tamboril e un bombo, podendo formar parte da percusión calquer instrumento considerado tradicional galego: pandeiro, pandeireta, ferriños, cunchas, etc.

5. Tódolos instrumentos serán de formato e feitura tradicional, quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

6. Os membros dos grupos vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego.

7. Establecerase unha única categoría con tres premios en metálico. Os importes dos mesmos para a presente edición serán; Primeiro con 1.000 ?, o Segundo con 600 ?, e o Terceiro con 400 ?. Os premios estarán suxeitos as retencións que correspondan polo IRPF.

8. Os premios entregaranse ao remate do concurso. A recollida dos premios farase coa vestimenta utilizada no concurso.

9. O grupo gañador do primeiro premio interpretará unha peza como peche do concurso ao remate da entrega de premios.

10. Establecerase un premio adicional para a mellor peza tradicional polo importe de 200 ?.

11. A Entidade fará unha achega económica de 50 ? aos grupos participantes neste concurso que non fosen premiados. O pago destas achegas só se realizará cando os participantes houbesen participado no certame, a salvo sempre dea boa fe, a criterio do xurado.

12. Comporase de dúas fases: eliminatoria e final.
Se os grupos a participar superasen o número de quince, as fases celebraranse en dúas xornadas os días 7 e 8 de novembro de 2009. Se foran catorce ou menos, en única xornada o día 7 de novembro de 2009.

13. Na fase eliminatoria os grupos concentraranse diante do edificio da Entidade Local Menor e farán un percorrido ata o Centro cultural Helios, no que os grupos deberán tocar a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas, ben tradicionais ou de autor. Unha vez chegado ao final do percorrido, esperarán a súa quenda para a actuación no escenario. Clasificaranse oito grupos para a fase final.

14. Na fase final, os grupos clasificados deberán interpretar no escenario dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor) nun espazo de tempo máximo de oito minutos.

15. A orde de actuación na fase clasificatoria será a inversa á da inscrición (o primeiro inscrito será o último en saír). A orde de actuación na fase final será aleatoria por sorteo.

16. Os grupos poderán inscribirse de 9 a 15 h. nas oficinas da Entidade Local Menor de Bembrive nos modelos oficiais. O prazo de inscrición comeza o día 26 de outubro de 2009 e remata o 6 de novembro, cun límite de 20 grupos inscritos, no que se terá en conta a orde de entrada no rexistro de inscritos.

Na inscrición deberá figurar o nome do grupo, a dirección postal, o número de compoñentes e o nome, teléfono e DNI do representante e demais datos que constan nos modelos oficiais. As bases pódense recoller na Entidade Local Menor de Bembrive ou descargar na internet http://entidad.blog.com.es/

17. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

18. O Xurado será nomeado pola Entidade Local Menor de Bembrive, tendo en conta que polo menos a metade dos seus membros estean vencellados co mundo da gaita (da música e do cante ou do baile tradicional galego).
A labor do Xurado será a de cualificar aos participantes en ámbalas dúas fases, valorando a calidade interpretativa, o número de compoñentes, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elixidas, así como a axeitada presenza de cada un dos grupos.
O Xurado poderá tamén descualificar calquera grupo que incumpra algunhas das bases deste concurso.
O veredicto e outras decisións do Xurado serán inapelables.

19. O Xurado terá potestade para dirimir ao seu bó criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

20. As Bases publicaranse en estracto nalgún diario local de Vigo, e extensas no Taboleiro de Edictos da Entidade Local de Bembrive e no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Helios de Bembrive.

Bembrive, 22 de Outubro de 2009

http://entidad.blog.com.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón 2009
Final da 19º Edición do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009

Domingo 8 de novembro ás 20 horas

O día 8 de novembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN", o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Ferrol.


O domingo día 8 ás 20 horas terá lugar a FINAL dos GAITEIROS SOLISTA, a entrega da Mención de Gaita de Ouro e a entrega de premios do apartado de COMPOSICIÓN.

A posta en escea das obras premiadas no apartado de COMPOSICIÓN será dentro deste ano 2009
pero anunciarémolo máis adiante xa que premura do tempo non permitía executalo como se merece!

Vémonos o domingo!

Finalistas:

- Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas (Ourense).
- Gonzalo Manuel Abelairas Lemos. (Ourense)
- Ricardo Mouriño Freire. (Ferrol)
- Isidro Vidal Gallardo. O Carballiño (Ourense)
- Bruno Villamor Gay. (Lugo)
- Pedro Alvarez Fariñas. (Nigrán)
- Daniel Lumbreras Rodríguez. Donostia (España) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
- Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez. Bos Aires (Arxentina) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
- Santiago Agustín Molina. (Arxentina) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
- Eric Alexander Corrante. Valencia (Venezuela) ?GAITEIRO DE SOUTELO?
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Baile por parellas na II Foliada de Sada

CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS

BASES DE PARTICIPACIÓN

1.O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 7 de novembro de 2009, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da II Foliada de Sada.

2.A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.

3.Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade. Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.

4.A inscrición das parellas será gratuíta. A folla de inscrición deberá chegar, debidamente cumprimentada, antes do 05 de Novembro ó correo grupoqueiroa@gmail.com. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de cinco e un máximo de dez parellas inscritas. A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo electrónico, o mesmo día da inscrición.

5.As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.

6.O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.

7.Establécense os seguintes premios:

1º Clasificado: 150 ?
2º Clasificado: 100 ?
3º Clasificado: 50 ?


8.A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de recibir o premio.

Para calquera dúbida, chamar ó teléfono: 615222046 (Miguel)/636692800 (Fernando)

ASOCIACIÓN DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL
Rúa Miguel Pereiro Tacón, s/n
Mondego ? 15168 Sada (A Coruña)
Telf.: 981 621 421
www.queiroa.org ? Email: queiroa@queiroa.org
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-11-2009 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e a colaboración de CIG-Ensino. Será durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria da cidade de Lugo.

O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 23 de Outubro.

Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza nos distintos ámbitos educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma. Estamos a falar tanto do ensino obrigatorio, xa sexa público ou privado, como das universidades, escolas de música, conservatorios e todos aqueles lugares onde se produce un intercambio de coñecementos. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe o principal garante, non soamente da conservación das nosas tradicións, senón da súa utilidade na sociedade actual.

Este IV Congreso pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos. Porque nos máis novos está o futuro e haberemos de saber como achegarlles tan importante legado para que o recoñezan come seu.

Nos seguintes enlaces podes atopar máis información sobre o congreso:

Inscrición

Boletín de inscrición para ensinantes a través da páxina da AS-PG

Programa e Información

Boletín de Inscrición para o resto de asistentes

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-10-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
O premio Constantino Bellón revive sen a Xunta
O Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña apoiarán economicamente a celebración do Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón, que terá lugar os próximos 8 e 9 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol e que tivo que ser suspendido o pasado 31 de agosto, ao retirarlle a Xunta de Galicia parte do seu habitual apoio económico.

O alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri, presentou onte a edición número dezanove do certame, que se celebra dende o ano 1991 organizado polo Ateneo Ferrolano. A achega do Concello e a colaboración da Deputación, en ambos os dous casos con goberns do PSOE, están destinadas a recuperar o certame, que contaba co apoio da Secretaría Xeral de Emigración.

Dende a sexta edición do Constantino Bellón no ano 1996 modificáronse as bases para permitir a participación de catro gaiteiros das comunidades galegas do exterior. Os gastos eran financiados polo devandito departamento autonómico, que este ano rexeitou financiar os gastos derivados da viaxe destes gaiteiros, o que obrigou a suspender a final prevista para agosto. Finalmente desenvolverase a final do concurso, que comezará o día 9 ás 20.30 horas e incluirá a entrega do Premio de Composición para Gaita Galega Solista, que recaeu en Jesús Rodil Rodríguez. Entregaranse dous accésits a Pablo Devigo e Javier María López Rodríguez. Tamén terá lugar a entrega aos finalistas dunha figura de Sargadelos e dos diplomas de participación.

Nesta edición, a dezanove, os finalistas foron Daniel Lumbreras, do País Vasco, os arxentinos Nicolás Ramiro Pérez e Santiago Agustín Molina, e Erik Alexander Corrante, de Venezuela. Todos eles foron seleccionados no apartado de Gaiteiro de Soutelo.

Dende 2004 convócase ademais o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista e dende 2008, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita fabricada e personalizada especialmente para a convocatoria e que se concede a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor represente a imaxe tradicional do gaiteiro galego. A estes galardóns súmase a mención honorífica ?Gaita de Ouro Constantino Bellón?, dirixida a persoas ou entidades que destaquen no seu traballo a favor da música galega.

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-10-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do III Concurso de Música Tradicional (Luou)

Resultados do III Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo.

1º Premio dotado de 1000 ? e agasallo conmemorativo : Painho do Mal Tempo (Pontevedra)
2º Premio dotado de 600 ? e agasallo conmemorativo : Os Fonte Suairas (A Coruña)
3º Premio dotado de 400 ? e agasallo conmemorativo : Senlleiro Soar (Ponteareas)


Grupos participantes por orde de actuación na fase final do concurso celebrada hoxe domingo día 18 de Outubro de 2009:

1º O Facho de Maeda (Ortigueira)
2º Picuíña (Marín)
3º A.C. Donaire (A Coruña)
4º Painho do Mal Tempo (Pontevedra)
5º Os Fonte Suairas (A Coruña)
6º Senlleiro Soar (Ponteareas)
7º Árdelle o queixo (A Coruña)
8º Alén do Són (Ortigueira)

Dende a Organización dar as gracias a tod@s @s participantes e asistentes ó evento, agardando que todo fora do seu agrado.

E convocarvos para o vindeiro ano para o que será a IV edición deste concurso.
Comentarios (51) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-10-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de Música Tradicional (Luou)
O vindeiro 18 de Outubro imos celebrar en Luou - Teo o "III Concurso de Música Tradicional" (Cuartetos Tradicionais.

Por suposto estades tod@s convidad@s a vir a Luou a vivir un domingo diferente....

Datos do concurso:

Prazo de inscripción aberto ata o 12 de Outubro
Número máximo de grupos permitidos 20
Premios:
1º- 1000 ? + agasallo
2º- 600 ? + agasallo
3º- 400 ? + agasallo

+ info:
www.myspace.com/acamamoa
ou
http://amamoa.atwebpages.com

Enlaces de descarga:

Bases
Folla de inscripción

Se calquer dubida ou cuestión tiverades non dudedes en porvos en contacto con nós nesta dirección ou nos teléfonos que poñemos nas bases.

Graciñas por todo
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-10-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Os dez grupos clasificados para a final do XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas estarán ás 10,45 h. da mañá do domingo día 20 de setembro de 2009, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Centro Artístico Sportivo onde a partir das 11.30 h. da mañá terá lugar a FINAL do XLII CONCURSO DE GAITAS.

Nesta fase final serán interpretadas dúas pezas de libre elección que, como as interpretadas na fase eliminatoria, serán de raíz melódica galega. Non se admitirá interpretación de suites nin de popurrís. O tempo total de ámbalas dúas pezas será como máximo de 8 minutos.

O Xurado valorará a interpretación de pezas distintas as tocadas na fase eliminatoria.

Resultados


Once agrupacións e case 5.000 euros en premios. A emoción da 42 edición do concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, estaba servida e numerosos veciños non quixeron perdela. Por iso na mañá de onte achegáronse ao centro Sportivo do municipio.

Os participantes, ataviados cos traxes típicos galegos, desfilaron polo escenario como representación do folclore galego, posto que había representación de diferentes puntos da xeografía. O xurado responsable de repartir os galardóns estaba composto polos gaiteiros Iván Costablanco, Antonio Gutiérrez Pereira, Joaquín Míguez Rodríguez, Xaime Estévez Vila e o percusionista Manuel Alonso Iglesias .

Tras unha difícil decisión, o primeiro premio desta edición, marcada polo cambio de escenario debido ás obras que se realizan no auditorio Reveriano Soutullo, foi parar a Poio, aos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibáñez, Ramón Corral e Marcos Pérez. A cita está organizada polo Concello de Ponteareas, en colaboración coa o Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Pontevedra e a directiva do centro artístico Sportivo de Ponteareas.

Segundo o concelleiro, Andrés Sampedro Fernández, «a celebración deste concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e ou compromiso do goberno municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia, que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas». A edición deste ano estivo dedicada á memoria do gaiteiro ponteareán David Perez Bermúdez, que conseguiu o primeiro premio do certame na edición de 1947, cando participou co grupo de gaitas Saudades da Terra. O alcalde, Salvador González Solla e o edil de Cultura entregaron un agasallo ao fillo do músico

La Voz de Galicia

Clasificación Final
1º Rédea solta (Poio)
2º Abelente (Ourense)
3º Picuiña (Marín)
4º Rebuldeiros (A Coruña)
5º Senlleiro soar (Ponteareas)


Comentarios (70) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Video resume do Concurso de Baile Xacarandaina 2009
O resultado final da Categoría D (maiores 17 anos)
1º- C.C. A Ponte Vella de Reis
2º- A.C. Os Muiños de Oliveira de Ponteareas
3º- "Repenicoque" da A.X. Xiradela de Arteixo

Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio da Facultade de Veterinaria, no Campus Universitario de Lugo, durante os días 30 e 31 de Outubro e 1 de Novembro. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.

As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:

- O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 1 ao 17 de outubro de 2009. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra ?Times New Roman?, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.

- Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 27 de Outubro. Data límite para que todos poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.

- A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.

- O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com ou por correo ordinario á Rúa Alfonso XIII nº7, oficina 8. 36002 Pontevedra.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2009 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada didáctica sobre música tradicional en Lugo
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 17 de Setembro unha xornada didáctica sobre música tradicional en Lugo.
Esta xornada, estará guiada polos profesoras da Tradescola Xela Conde e Pedro Lamas.

Esta actividade terá lugar no salón de Actos do CRX LugII de Lugo (sede da Tradescola) o xoves 17 de Setembro a partir das 17:30 h da tarde.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Tradescola
CRX LugII
Rúa Pintor Corredoira, 4 · Lugo

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-09-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo de inscrición XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Aberto o prazo de inscrición para participar no XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas

As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o departamento de cultura municipal
dirixiranse ó rexistro de entrada do Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán
recibirse ata o día 12 de setembro de 2009.

Nos arquivos adxuntos poden consultar e imprimir as bases e a folla de inscripción para participar no XLII Concurso de Gaitas.

Descargar: Inscripción XLII Concurso de Gaitas.pdf

Descargar: Bases XLII Concurso de Gaitas.pdf

Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-09-2009 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Rematada a festividade de San Ramón e ante as non respostas e confirmacións oportunas por parte dos organismos oficiais dos apoios económicos que aportarían para esta 19ª edición e poder así celebrala en outubro, a Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán, logo de 18 anos ininterrompidos, lamenta COMUNICAR que, a pesar das inmensas xestións realizadas para subsanar esta anomalía, o 19º Concurso Internacional de Gaita Galega ?Constantino Bellón? non se celebrará no ano 2009.

Así mesmo e, polo respecto absoluto que se merecen os participantes, resolvemos DEVOLVER os traballos presentados polos concursantes para esta 19ª edición, xa que entendemos que logo dos esforzos e tempo que supón prepararse para poder participar neste Concurso Internacional, manter bloqueadas os meses que sexa as partituras presentadas non seria de xustiza.

Por outra banda, alertar a todos os membros do colectivo cultural galego de que a perda, aínda que só temporal, de plataformas de expresión cultural como o ?Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón? son totalmente inxustificables; e que os apoios institucionais son imprescindibles máis que nunca nestes tempos de dificultades económicas.

A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN
FERROL a 1 de setembro de 2009

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-09-2009 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro O Gaiteiro De Soutelo
Resultados do XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro O Gaiteiro De Soutelo celebrado o sábado 22 de agosto en Soutelo de Montes (Forcarei)

1º- Pablo Devigo - Alberto Costas
2º- Oscar Ibáñez - José Carlos Estévez
3º- Pedro Álvarez - Ramón Corral


Premio á mellor interpretación dunha melodía tradicional - Oscar Ibáñez.
Comentarios (41) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-08-2009 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Por incumprimento das BASES con relación ao punto 5 "Gaiteiro de Soutelo" do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" que textualmente di:

"Gaiteiro de Soutelo" (Punto nº 5 do "Constantino Bellón)


a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón", a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convoca o Premio "Gaiteiro de Soutelo".

b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.

c.- Os concursantes deberán enviar á Secretaría Xeral de Emigración:

1. Un CD gravado coa peza "Patapau, Xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.


2. Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio "Gaiteiro de Soutelo", e máis a copia da tradicional ou de autor.

e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 5 de maio do 2009.

f.- PREMIOS. Os premios "Gaiteiro de Soutelo" consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso "Constantino Bellón", que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2009, na cidade de Ferrol (Galicia).

* Haberá catro premios .


Ante a resposta obtida por parte da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia con data 24.07.09 que nos transmite que:


..... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural.


A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán lamenta COMUNICAR que, a pesar das diferentes xestións realizadas para subsanar esta anomalía, ao non poder cumprir as BASES do devandito Concurso, a edición do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" se celebrará en AGOSTO de 2010, quedando á espera do comunicado que emitirá o XURADO do "Constantino Bellón".

Ferrol a 20 de agosto de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-08-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novas do Constantino Bellón
Ateneo e Concello intentan que o Constantino Bellón poida celebrarse no mes de outubro
Ambas as institucións manterán hoxe un encontro para buscar «unha solución»


Directivos do Ateneo Ferrolán entre os que se atopa o seu presidente, Eliseo Zaera, e integrantes do xurado do Concurso de Gaita Constantino Bellón, manterán esta mañá un encontro, no Palacio Municipal, con representantes do Concello para «intentar que o concurso, xa que non se pode celebrar este mes, teña lugar, cando menos, no vindeiro outono». Con case total probabilidade, no mes de outubro.

A reunión de hoxe é froito das conversacións que os responsables do máis importante dos concursos de gaita galega mantiveron o sábado co alcalde da cidade, Vicente Irisarri. Unhas conversacións nas que o rexedor se mostrou firmemente decidido a «atopar as solucións necesarias» para que o certame, que se veu celebrando ininterrompidamente durante os últimos 18 anos, non se pospoña este ano por falta de recursos económicos.

«Estamos traballando niso, e estou seguro de que coa axuda do Concello, e por extensión coa de todos, tamén coa da Xunta, imos superar este problema», apuntaba Eliseo Zaera onte. O presidente do Ateneo remarcaba que que non pode alegrar a ninguén que o Premio Constantino Bellón non se vaia a celebrar este ano na data afeita, coincidindo co día grande das Festas de Verán da cidade -que son as de San Ramón-, o que procede nestes momentos é sumar apoios para evitar que a décimo novena edición do certame pospóñase ata o ano próximo. Da mesma opinión é Xoán Rodríguez Silvar, histórico membro do xurado do Premio Constantino Bellón, quen o sábado sinalaba, a este respecto, que «pospoñer un ano enteiro a celebración do concurso, cando os finalistas xa están seleccionados, non sería bo para ninguén». Nin para o propio concurso, recalcou Silvar, nin por suposto para os seus participantes. A este respecto, Silvar mostrábase convencido de que o apoio do alcalde da cidade resultará fundamental para superar a situación que se produciu este ano tras comunicar a Secretaría Xeral de Emigración que nesta ocasión non podía financiar os desprazamentos dos participantes procedentes da Galicia exterior.

A postura da Xunta
Fontes da Administración autonómica sinalan, pola súa banda, que a Secretaría Xeral de Inmigración destinou este ano 3.000 euros «para a decimonovena edición do Premio Constantino Bellón, que organiza ou Ateneo Ferrolán». «Posteriormente á participación outorgada -sinalan tamén desde a Xunta- demándanse, por parte do Ateneo Ferrolán, 5.000 euros a maiores para sufragar ou desprazamento desde Latinoamérica e estadía en Ferrol durante unha fin de semana de catro intérpretes; algo que, obviamente, non se contémpla nos programas dá Secretaría Xeral da Emigración». «Se ben desde Emigración somos sensibles á promoción de variadas iniciativas culturais -apuntan na mesma Secretaría Xeral-, non podemos ser promotores únicos, e soster de xeito exclusivo, este tipo de proxectos».
Tamén se apunta desde a Xunta de Galicia, para rematar, que «a chegada das políticas de contención que anunciou o xefe do Executivo autonómico non son unha decisión puntual, senón que será efectivamente unha decisión coxuntural para toda a lexislatura». «Un principio -remarcan, neste sentido, os responsables da Secretaría Xeral de Emigración- que desde este departamento rexe en todas as actuacións adoitadas».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-08-2009 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo (Vigo)
Para todo aquel que con cámara de afotos ou video queira facer unha chapuziña audiovisual.

ANÍMATE E MANDA A TÚA PELÍCULA

Consultade as BASES do concurso:

TEMÁTICA:
A temática das curtas e libre, ainda que a organización resérvase o dereito de non admitir as películas inadecuadas por: falta de cutrez, excesivamente violentas...
DURACIÓN:
As curtas terán unha duración máxima de 10 minutos.

SOPORTE:
As curtas serán entregados en DVD ou poden ser descargadas na web:http://cutremetraxes.freixo.net (neste caso non superará os 100 megas). A resolución non deberá ser inferior 640x480 pixeles.

ENTREGA:
O DVD será entregado nun sobre pechado donde indique o seguinte:
1º Concurso de Cutremetraxes de Freixo, Título da obra, nome do autor, Teléfono e correo electrónico (opcional).
Cada autor/es pode entregar ata un máximo de tres películas diferentes.
Lugar de entrega: "Biblioteca de freixo", Estrada de San Xoan nº 264, Freixo Valladares.
CP: 36315 VIGO.

PRAZO DE ENTREGA:
Ata o domingo 13 de setembro.
PREMIOS:
As proxeccións e FESTA CUTRE con entrega de premios serán o primeiro fin de semana de outubro no Barrio de Freixo, Valladares-Vigo.
Haberá tres premios:
1º. 100?
2º. 75?
3º. 50?
Os premios serán decididos a votación popular.

MÁIS INFORMACIÓN EN: http://cutremetraxes.freixo.net
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
O Ateneo ferrolán suspende o Constantino Bellón por falta de apoio da Xunta de Galicia
O Concurso Internacional de Gaita non poderá ter lugar este ano 'debido á necesidade de atender outras prioridades específicas', segundo argumentan dende a Secretaría Xeral de Emigración, que subvencionaba o certame até agora.

A directiva do Ateneo Ferrolán remitiu un comunicado esta mañá en que comunica a suspensión deste certame, este ano na súa XIX edición, por incumprimento das bases en relación ao punto número 5, relacionado co premio "Gaiteiro de Soutelo", que convocaba a Secretaría Xeral de Emigración "co gallo de promocionar a participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón".

O certame estaba aberto a gaiteiros e gaiteiras dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior, que debían enviarlle á Secretaría un CD gravado coa súa interpretación da peza"Patapau, xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado, e tamén unha partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor. O prazo de presentación rematara o 5 de maio deste ano, e os premios consistían na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ao concurso "Constantino Bellón", que organizaba o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto.

"É unha falta de respecto ao traballo de moita xente"

"Recibimos, logo de ter varias conversas e ás portas da celebración, unha resposta breve e que nos desexa moitos éxitos", din dende o Ateneo. A resposta da secretaria xeral, con data do 24 de xullo, foi a seguinte "... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural".

"É unha falta de respecto a moita xente que traballou ao longo de todo un ano", sinalan dende o Ateneo. "Gustaríanos saber cales son esas outras prioridades. Amais, estamos falando de catro pesos que non chegan a 6.000 euros, de pagarlles a viaxe a catro cativos". Lembran como o ano pasado conseguiran que a familia Seivane colaborase no certame elaborando unha gaita, como premio para o gañador do "Gaiteiro de Soutelo", que fora Santiago Agustín Molina. "A gaita xa custa máis en si do que pon Emigración. Unha familia pon máis da súa parte que as administracións".

"Non entendemos que Emigración, que ten un orzamento á parte, faga isto", sinalan. "Implica non poder executar o certame, todo o que estaba feito rompe por todos os lados. Tampouco é que esteamos pedindo unha cantidade esaxerada". A directiva convoca a celebración prevista para este ano para o vindeiro, e o XIX Constantino Bellón terá lugar o 31 de agosto do 2010.

www.anosaterra.org

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (15) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS
X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS ? CONVOCATORIA PARA O ANO 2009

1. Datas e lugar de realización.
As X Xornadas de danza e música tradicionais galegas terán lugar os días 21 e 29 de Novembro e 6 e 27 de Decembro.
Os días 29 de Novembro e 6 de Decembro se celebrarán as semifinais no Auditórium do Barrio de Valadares en Vigo as 19 horas e 0 29 de Decembro no Teatro Sala de Concertos Caixanova No centro da cidade as 20 horas
O acto de presentación será o sábado, 21 de Novembro, ás 19,30:00 horas no Teatro Sala de Concertos Caixanova

2. Prazo de presentación para solicitudes de inscrición.
Dende o día 15 de setembro ata as 13:30 horas do día 15 de outubro de 2009, ambos inclusive.

3. Data de sorteo da orde de actuacións das agrupacións.
16 de outubro de 2009 ás 12:00 horas.

4. Premios.
1º premio: 1.700 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros, medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 100 euros. E diploma
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.

Todos diploma
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
?X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS?
Centro Cultural Caixanova. Días 1 e 7 de novembro de 2009


NOME COMPLETO DO DIRECTOR/A.......................................
ENDEREZO??????????????????????????????CONCELLO.........................................PROVINCIA .......................................
CP ................TELÉFONO MÓVIL / FAX ................................... CORREO ..........................................
AGRUPACIÓN QUE REPRESENTA: .....................................
DANZAS QUE INTERPRETARÁN:
1ªDANZA: ........................................
HISTORIAL
2ªDANZA: ........................................HISTORIAL:.......................................
HISTORIAL DO GRUPO ( De ser o caso de ser necesario, achegalo á parte):????????..

Núm de compoñentes: ................. - Parellas de baile: ................. - Grupo de gaitas: ............. - Pandeireteiras: .......................
IMPORTANTE: ACHEGAR UNHA FOTO RECENTE DO GRUPO.
...................., .......... de ................................ de 2009.
Sinatura

Para calquera aclaración, poden dirixirse á Concellería de Animación Sociocultural (teléfono 986 810 221de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou ofi.festas@vigo.org)
NOTA.- Obrigatoriamente deberase acompañar esta solicitude coa COPIA COMPULSADA DO CIF e CERTIFICACIÓN DE TITULARIDADE BANCARIA.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
BASES DE PARTICIPACIÓN NAS X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS
Anexo I: BASES DE PARTICIPACIÓN NAS X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS

1. A Concellaría de Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as X Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar nas datas e lugares que se especifiquen nas respectivas convocatorias anuais. Haberá igualmente un acto de presentación cuxa data e lugar se indican na convocatoria.

2. Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos. Neste sentido o xurado poderá requirir a presentación dalgún documento de identificación de calquera das persoas participantes.

3. A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n ? 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, no prazo que se recolla na correspondente convocatoria anual. O devandito impreso de solicitude poderase conseguir na oficina de Información do Concello de Vigo ou a través da páxina web www.vigo.org.

4. O comité organizador das xornadas terá por compoñentes tres membros da Asociación Cultural Interfolc e un técnico do servizo de Animación sociocultural do Concello de Vigo. Este Comité seleccionará entre todas as solicitudes recibidas un total de doce agrupacións. Teranse en conta os seguintes criterios: calidade do grupo, experiencia nacional e internacional, participación noutros certames ou festivais, premios obtidos, número de compoñentes. As datas de actuacións recóllense na respectiva convocatoria anual.

5. As agrupacións participantes comporanse necesariamente de corpo de baile e grupo de acompañamento, e vestirán todos eles o traxe tradicional. Ningún bailarín ou grupo de acompañamento poderá tomar parte nas xornadas con máis dunha agrupación; isto sería motivo de descualificación para as agrupacións implicadas.
6. Cada agrupación seleccionada bailará en dúas intervencións diferenciadas, cunha duración mínima de 3 (tres) minutos e máxima de 5 (cinco) minutos cada unha delas (o cómputo do tempo de cada peza iniciará cando soe algún instrumento ou voz de canto) e que deberán indicar no impreso de solicitude de inscrición, xunto co seu historial completo e detallado; non poderán ser cambiadas sen consentimento do comité organizador. As agrupacións que se clasifiquen para a fase final deberán cambiar unha das pezas obrigatoriamente.

7. A orde de actuación das doce agrupacións seleccionadas decidirase mediante sorteo público (ao que poderá asistir un representante por cada grupo) que se realizará na Casa do Concello na data que indique a correspondente convocatoria.

8. O xurado das xornadas será designado polo comité organizador e estará presidido polo concelleiro de Animación sociocultural do Concello de Vigo ou persoa en quen delegue. Como vogais actuarán catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da danza e da música tradicionais galegos. Como secretario/a actuará un/unha funcionario/a municipal designado/a polo comité organizador, con voz e sen voto.

9. O xurado valora de 0 a 10 puntos a cada agrupación e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento. Será motivo de descualificación non axustarse ós prazos de tempo estabelecidos para cada danza na base número 6.

10. O veredicto do xurado farase público ao remate da segunda quenda de actuacións, e pasarán á fase final as seis agrupacións que obteñan maior puntuación, que volverán actuar con dúas danzas o día da final seguindo rigorosamente a orde inicial. En caso de empate resolverá o voto de calidade do presidente do xurado.

11. Os premios estabelecidos polo comité organizador recóllense na respectiva convocatoria das Xornadas. Estes premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación. O comité organizador aboaraos, mediante transferencia bancaria, nos quince días hábiles seguintes ó final das xornadas, así como os gastos de desprazamento. Co obxecto de realizar estes pagamentos, as agrupacións deberán achegar obrigatoriamente á solicitude de inscrición unha fotocopia compulsada do CIF e unha certificación bancaria.

12. O veredicto final do xurado farase público tras a actuación das seis agrupacións finalistas e da correspondente deliberación. A continuación entregaranse os premios.

13. O Concello aboaralle a cada agrupación participante de fóra do termo municipal de Vigo a cantidade de 240 euros en concepto de gastos de desprazamento e 120 euros no caso das agrupacións da cidade. Así mesmo, aboaráselles estas mesmas cantidades aos seis finalistas pola segunda asistencia ao acto final. Os devanditos gastos deberán acreditarse cos correspondentes xustificantes.

14. A organización das xornadas declina calquera responsabilidade sobre os posíbeis accidentes ou danos que os participantes poidan sufrir durante a súa participación.
15. A mera solicitude de inscrición nas xornadas supón a aceptación plena das presentes bases. Así mesmo, os veredictos do xurado serán inapelábeis.

16. O comité organizador e o xurado quedan facultados para resolver as posíbeis controversias ou dúbidas que poidan xurdir na interpretación das presentes bases, así como para tomar iniciativas que contribúan ao bo desenvolvemento das xornadas.

17. Os espectáculos incluídos nas xornadas serán destinados ao público en xeral. O acceso ao teatro-sala de concertos Caixanova será publico e gratuíto, limitándose o número de asistentes ao aforo do recinto do Centro Cultural Caixanova para o que se realizarán as oportunas invitacións Cada grupo participante poderá dispoñer de un máximo de 40 invitacións por día de actuación. O resto das invitacións ata completar o aforo (ata un máximo de dúas por persoa e día) recolleranse no despacho de billetes do Centro Cultural Caixanova 90 minutos antes do comezo do espectáculo os días de presentación, eliminatorias e final.

18. O primeiro clasificado das Xornadas participará no acto central do Festival Folclórico Internacional do ano seguinte. Igualmente participará neste Festival o mellor clasificado entre os grupos locais vidos da cidade de Vigo.


DATAS PARA AS X XORNADAS DE DANZAS E MÚSICAS TRADICONÁIS
ACTUACIÓN DÍA HORA LUGAR
Presentación 21 de Novembro, SÁBADO 19 a20,30 Teatro Caixanova


1ª final 29 de Novembro, DOMINGO 18Horas Audit. De Valadares


2ª final 6 de Decembro, DOMINGO 18Horas Audit. De Valadares


Final 27 de Decembro, DOMINGO 18 horas Teatro Caixanova


Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novo concurso no Luar da TVG

Dende o programa Luar queremos anunciarvos un novo concurso que estamos a preparar de cara á vindeira tempada 2009-2010.

Trátase dunha competición entre agrupacións folclóricas, cunha dinámica semellante á do Vai de Baile, na que catro ou cinco parellas por agrupación enfrontaránse a ritmo de muiñeira. En cada programa competirán dúas formacións bailando a mesma peza interpretada pola nosa comparsa. As actuacións serán valoradas e puntuadas por un xurado de expertos. Por suposto haberá unha dotación económica para o gañador e o subcampión, ademáis de para sufraga-los gastos dos concursantes de cada venres.

A nosa intención é comezar a mediados de septembro coa nova sección, para o que precisamos que se poñan en contacto con nós as agrupacións interesadas. Desde xa, todos os que queiran recibir máis información poden solicitala no noso enderezo electrónico: luar@crtvg.es, achegándonos os seus datos. Ainda que en agosto non estaremos operativos, comprometémonos a contactar en setembro con todos aqueles que nos trasladen o seu interese en participar.

Saudos e longa vida ó folclore galego!
Comentarios (11) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0