Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do concurso de música tradicional Soalleira
O auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán acolleu a primeira edición do concurso de música tradicional Soalleira, centrado na percusión.

Nel, o público puido gozar de grupos chegados de toda Galicia con pandeiretas, pandeiros, pandeiras, latóns e ata sachos, cunchas ou tixolas e chaves.

A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala, promovido pola Consellería de Cultura.

No concurso participaron 39 agrupacións divididas en tres categorías.

Os gañadores foron o grupo Gharabullos da A.C.F. Tarambainas de Vigo, grupo Lina e Lola da Asociacion Peis d'Hos de Cangas e o grupo Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou.

Ademais, o grupo Raiola de Boqueixón e o grupo Meniñas da ACF Tarambainas de Vigo tamén foron premiados polo seu vestiario.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso de baile tradicional Tequexetéldere
Categoría A: ata os 10 anos.
1º premio, Papoula da AX Xacarandaina
2º premio, Retranqueiriños da Asociacion Cultural Retranqueiros
3º premio, Grupo B da AC Rosalía de Castro de Cacheiras

Categoría B: de 10 a 12 anos.
1 premio, a Telleira do CA A Ponte Vella
2 premio, Barallete de A. C. Xacarandaina
3 premio, Loaira da Asociacion Mestre Manuel GACIO

Categoría C: de 12 a 16 anos.
1º premio, "O Muiño da Retorta" do CC A Ponte Vella
2º premio, Grupo C do OCT Ultreia
3º premio, Grupo A de Rosalia De Castro Cacheiras

Categoría D: máis de 16 anos
1 premio, Tras do Eo do CC A Ponte Vella
2 premio, grupo B do @octUltreia
3 premio, agrupación escola de ACF O Fiadeiro

Parabéns a todxs

Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
Neste VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional os premios foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: Gharabullos da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Galdrumeiras da A.C. O Amanexo (Oleiros)
3º Premio: Buxainiñas do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)

Accésit de Vestiario: Retranqueiriñas da A.C. Retranqueiros (Ames)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos:

1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)

Accésit de Vestiario: Tahúme do G.B.M.T. Tahúme (Ribeira)

Categoría C, que engloba a persoas maiores de 17 anos:

1º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
2º Premio: Meniñas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro (Teo)

Premio ao mellor vestiario: Grupo A de Cantigas e Agarimos (Santiago)


Moitísimas grazas aos 44 grupos pola súa participación, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!!

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso de baile tradicional Azaloira
Cantigas e Agarimos gañou o primeiro premio do concurso de baile tradicional Azaloira que este ano alcanzou a súa su maioría de idade. O segundo posto foi para Donaire e o terceiro para Tras do Eo, da asociación A Ponte Vella. O certame, organizado por Fortín da Pomba, encheu o Auditorio da Bandeira (Silleda)


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de baile tradicional Azaloira (A Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-05-2018 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso Traspés (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-05-2018 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Concurso de baile tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-04-2018 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 13 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña en horario de mañá e tarde. Ao igual que nos últimos anos a modalidade de pandeiretas estará dividida en tres categorías divididas segundo a idade dos componente. E nas modalidades de cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

1. Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.

2. Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

3. A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal


O prazo de inscrición remata o sábado 28 de Abril

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:

- Asociación Cultural Xacarandaina ... 981 277 315

- Correo electrónico ..... info@xacarandaina.com





Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-04-2018 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)
O vindeiro día 20 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

O prazo de inscrición remata o 1 de maio, polo que non demoredes moito en anotarvos.

Esperamos vervos no certame,
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-04-2018 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de música tradicional Soalleira (Sanxenxo)
BASES

1. Poderán participar asociacións folclóricas, culturais, xuvenís, de veciños, ANPAS? sen ánimo de lucro.

2. Modalidade: pandeireta e percusión tradicional, distribuidos nas seguintes categorías:
CATEGORÍA A: Ata 11 anos
CATEGORÍA B: De 11 a 16
CATEGORÍA C: De 16 en diante

3. A media de idade do grupo determina a categoría, ningún compoñente poderá superar máis de dous anos a idade máxima.

4. A peza a interpretar, debe ser tradicional. Se houbese algunha reclamación de dereitos de autor, a organización remitirá o cargo ao grupo correspondente.

5. O xurado estará composto por tres persoas e será nomeado pola Asociación Cultural Soalleira. O seu fallo será inapelable.

6. O xurado terá en conta os seguintes aspectos para a cualificación:
? Autenticidade.
? Dificultade.
? Afinación.
? Interpretación.

7. O xurado poderá requerir DNI ou Libro de Familia de calquera participante.

8. O tempo límite da interpretación da peza non excederá os cinco minutos.

9. O xurado poderá descualificar a calquera grupo que non cumpra as normas do concurso.

10. Os premios serán os seguintes:

? CATEGORÍA A:
- 1º premio: 300 ?
- 2º premio: 150 ?
- 3º premio: 75 ?
? CATEGORÍA B:
- 1º premio: 400 ?
- 2º premio: 200 ?
- 3º premio: 100 ?
- Accésit de vestiario (Categorías A e B): 100 ?
? CATEGORÍA C:
- 1º premio: 800 ?
- 2º premio: 400 ?
- 3º premio: 200 ?
- Accésit de vestiario (Categoría C): 100 ?

11. Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, a organización reservarase o dereito da supresión desa categoría, unha vez avisados os grupos inscritos na mesma.

12. Ningún premio poderá quedar deserto.

13. É obrigatorio o uso de traxe tradicional.

14. O concurso terá lugar o domingo 6 de maio no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Rúa Miraflores, 3. 36960 ? Sanxenxo

15. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

16. O horario e a orde de actuación remitirase aos grupos participantes, unha vez rematada a inscrición.

17. O prazo de inscrición remata o 20 DE ABRIL

18. A folla de inscrición deberá remitirse debidamente cumprimentada ao correo electrónico soalleira@gmail.com
Pódese descargar no enlace: https://www.dropbox.com/l/scl/AAB7afhGCYcisnslbLVcnZNHQ6VLYS8b4AI ou solicitala no noso correo electrónico

19. Non se permite a gravación do concurso. A organización realizará fotografías e vídeos do concurso, os cales pasarán á propiedade da ASOCIACIÓN CULTURAL SOALLEIRA e do CONCELLO DE SANXENXO que poderán ser publicadas nas redes ou utilizadas como publicidade de calquer evento organizados pola Asociación ou Concello.

20. A Asociación cobrará unha entrada simbólica de 2 ?/mañá e 2 ?/ tarde.
O grupos participantes poderán solicitar na inscrición invitacións para os menores que participen nalgunha das categorías.

21. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases.

22. Calquera dúbida será resolta por medio do correo electrónico da asociación: soalleira@gmail.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-03-2018 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
XIC Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
XIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS


BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDEIRETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: trofeo e 200 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: trofeo e 250 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional. - A súa dificultade. - A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 15 de abril de 2018 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o xoves 5 de abril de 2018.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 15 de abril de 2018. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: Tlf. móbil: 698 179 264 (tardes) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-03-2018 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
IV concurso de gaita (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2017 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
X Foliada e VII Concurso de baile por parellas (Sada)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-10-2017 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
XI Concurso de cuartetos tradicionais de Luou (Teo)
Este domingo celebrarase a XI Edición do Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo, sen dúbida un dos concursos máis recoñecidos de toda Galicia.
Como ven sendo habitual dende o seu comezo, celébrase no Edificio Social de Luou - Teo e organizao a Asociación Cultural A Mámoa, coa colaboración imprescindible do Excmo. Concello de Teo.
Ás actuacións darán comezo ás 18h, con unha duración aproximada de 70 minutos.
Os grupos participantes nesta edición serán os seguintes:

- Mutatis Mutandis de Noia (A Coruña)
- Efecto Polilla de Teo (A Coruña)
- Maraghotas de Vigo (Pontevedra)
- Argalleiros de Santiago de Compostela (A Coruña)
- Virutas de ébano de Vigo (Pontevedra)
- Os picurruchos de Lugo
- Chispas Nejras de Chapela, Redondela (Pontevedra)

O xurado que determinará @s gañadores/as estará formado por, Iván Costa, Edelmiro Fernández e Manuel Nieto.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-10-2017 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas agradece a tódolos participantes do L Concurso de Gaitas do País o espectáculo ofrecido nas rúas e auditorio municipal. Os membros do xurado acordaron que Os Picurruchos de Lugo resultasen gañadores desta edición, quedando no segundo posto Virutas de Ébano de Vigo e en terceiro e cuarto lugar Maraghotas de Vigo e Mutatis Mutandis De Santiago
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-09-2017 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-09-2017 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
O Concello de Ponteareas, no seu afán por promover e difundir a música tradicional
galega, convoca para o vindeiro sábado 23 de setembro de 2017 a L (50) EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando a Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega.


Bases:
1º.- Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo.

2º.- A solicitude de inscrición no modelo facilitado polo Departamento de Cultura Municipal e na web do Concello,realizarase por Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas de forma gratuíta ata o día 11 de setembro de 2017. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición, debidamente cumprimentada, o enderezo, o correo electrónico e número de teléfono de contacto (segundo modelo de inscrición anexo que se lle facilita). O día 15 de setembro, o Concello resolverá a listaxe de grupos admitidos no concurso, notificándollo a todos os inscritos.

3º.- O número máximo de grupos de gaitas participantes será de vinte (20).
A selección para a orde de participación no concurso realizarase por sorteo diante da Casa do Concello mesmo día do concurso ás 16:00horas. Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para os casos de renuncia.

4º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional galego completo.

5º.- Os grupos participantes estarán ás 16:00 horas da tarde do sábado, día 23 de setembro de 2017, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas. Unha vez efectuado o sorteo para a quenda de participación sairán na mesma orde,
realizando unha ruada interpretando melodías galegas, ata o Auditorio Municipal onde a partir das 16:30 horas dará comezo o L CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS de Ponteareas.

6º.- Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total das dúas pezas será como máximo de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurrís.

7º.- Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. Terminadas as interpretacións, o xurado resolverá ao seu criterio a clasificación dos grupos participantes. O xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.- O xurado do L CONCURSO DE GAITAS DE DO PAÍS de Ponteareas estará composto por destacados persoeiros do mundo da gaita e da música tradicional de Galiza:
D. Antón Corral Martínez
D. Antonio Gutiérrez Pereira
D. Xoaquín Míguez Rodríguez, ?O Xocas?
D. Iván Costa Blanco
D. Manuel Alonso Iglesias, ?Xalueiro?
D. Juan Luna de Cabo
D. Xosé Manuel Gil Rodríguez

9º.- Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional galego completo.

10º.- O L CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS de Ponteareas estará dotado dos seguintes premios:
 1º PREMIO 1.800,00 euros
 2º PREMIO 1.200,00 euros
 3º PREMIO 900,00 euros
 4º PREMIO 600,00 euros
O Concello de Ponteareas outorgará a todos os grupos un premio de 200,00 euros en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a base 41ª das Bases de Execución do Orzamento Municipal.
Nesta edición, o grupo gañador actuará durante 15 minutos abrindo o concerto de Xosé Manuel Budiño que comezará ás 23:00 horas no parque da Feira Vella e que en caso de chuvia celebrarase no mesmo Auditorio Municipal.

11º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-09-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso de cuartetos tradicionais juniors (Marín)
A Asociación Artístico Cultural ?Os Chaneiros?, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Este ano cambiase a fecha do ?VI Memorial Antonio Fernández? para o mes de Setembro, e englobándose nas festas da Virxe do Porto.

O Concurso celebrarase o Domingo 10 de Setembro ás 20:00 na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra.

A data límite de presentación de solicitudes será o domingo día 02 de Setembro.

E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, o día 09 de Setembro, tamén na Alameda Rosalía de Castro.

MODALIDADE Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS
Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

Categoría única: Entre 8 e 20 anos, ambos inclusive.

A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS

Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS

O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
Afinación e interpretación
Dificultade da peza
Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.

PREMIOS
Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.
Primeiro Premio: Trofeo e 200 ?
Segundo Premio: Trofeo e 100 ?
Terceiro Premio: Trofeo
Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 ? en concepto de achega para os gastos de
desprazamento.

http://oschaneiros.blogspot.com.es/2017/07/vi-concurso-de-cuartetos-tradicionais.html
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-08-2017 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do 37º Concurso de Baile Xacarandaina

Velaquí o listado completo de gañadores do 37º Concurso de Baile Xacarandaina celebrado o pasado día 28 de maio no Pazo da Ópera da Coruña.
Parabéns ós vencedores!

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-06-2017 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XVII Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira

Resultados do XVII Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira, que tivo lugar o 28 de maio no Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira (Silleda)

Categoría A:
- Primeiro premio (400 euros): Grupo C de Cantigas e Agarimos,
- Segundo premio (250 euros): Os Batáns da A.C. Oos Xeitosos,
- Terceiro premio (150 euros): Grupo D de Cantigas e Agarimos.
- O accésit ao mellor vestiario (100 euros): Grupo C de Rosalía de Castro

Categoría B:
- Primeiro premio (500 euros): Grupo B da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
- Segundo premio (300 euros): Debandoira de Os Xeitosos
- Terceiro premio (150 euros): Grupo A de Rosalía de Castro (150 euros)
- O accésit ao mellor vestiario (100 euros): Grupo B da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos

Dende Fortín da Pomba queremos agradecer a todos os grupos participantes e a todos os artistas por compartir esta inolvidable tarde connosco!
Mención especial merecen tamén os comerciantes de Bandeira e o Concello de Silleda pola súa axuda desinteresada, e por suposto darlle as grazas ao marabilloso público que un ano máis volveu abarrotar o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-05-2017 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
37º Concurso de baile tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXXVII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 28 de maio no Pazo da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-05-2017 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira? (Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-05-2017 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Despois da xornada vivida, non podemos máis que dar as grazas a tódolos grupos participantes, aos membros do xurado Leni Pérez, Chus Uzal e Miro Regueira e aos patrocinadores e colaboradores por facer que este proxecto poida ser unha realidade.

Os resultados acadados onte foron os seguintes:

Categoría A (ata os 11 anos):
1º Premio Os Batáns da A.C. Os Xeitosos de Trazo
2º Premio Gharabullos da A.C.F. Tarambainas
3º Premio Galdrumeiras da A.C. O Amanexo
Vestiario Grupo C da A.C. Rosalía de Castro

Categoría B (de 12 a 16 anos):
1º Premio Soalleira da A.C. Soalleira
2º Premio Soalleiriños da A.C. Soalleira
3º Premio Grupo B de Cantigas e Agarimos
Vestiario Tahúme do G.B.M.T. Tahúme

Categoría C (de 17 anos en adiante):
1º Premio Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou
2º Premio Barallocas da A.C. O Amanexo
3º Premio Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro
Vestiario Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras

Reiteramos o noso agradecementos á Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Codisoil S.A., Carmencita La Contenta, De Cotío, Instalaciones del Noroeste S.A., Contradición, Obradoiro de Costura Saiáns, Xesleio, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Téqueletéquele, Bulideira, Casa Cielito Lindo e Ofint,
ESTE CONCURSO SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE, GRAZAS!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-05-2017 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2017 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXVIII Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
Resultados do XXVIII Concurso de música tradicional Xacarandaina que tivo lugar o día 14 de maio no auditorio do Centro Sociocultural Ágora da Coruña.

Tres modalidades:
- cuartetos,
- gaiteir@s solistas
- pandereteir@s, con catro categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-05-2017 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
XXXVII Concurso de baile tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXXVII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 28 de maio no Pazo da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.

Achegamos as bases e a folla de inscrición.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.

- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

- A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal (dispoñible nuns días)

O prazo de inscrición remata o sábado 13 de maio

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:

Asociación Cultural Xacarandaina .. 981 277 315

Correo electrónico .... info@xacarandaina.com

Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.

Un saúdo,
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2017 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira? (Bandeira-Silleda)

XVII Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira?
Domingo 28 de maio de 2017, no auditorio Manuel Dopazo (Bandeira-Silleda)

Bases de participación

Establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 13 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 14 a 17 anos.

O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva. O 20 % restante non poderá exceder en dous anos a idade máxima da categoría de referencia. En caso de dúbida sobre o cumprimento deste requisito, o xurado poderá esixir o dni ou libro de familia dos bailaríns afectados. De non presentalo, o grupo en cuestión quedará descalificado.

O mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.

Será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.
Cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.
Os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización en función do aulario dispoñible para acollelos.

O xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretaria -con voz pero sen voto- a concelleira de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.

A asociación de baile xuvenil ?fortín da pomba? actuará a modo de exhibición.

O concurso celebrarase en xornada de tarde. Non dará comezo antes das 18.00hs.

A entrada no auditorio manuel dopazo de bandeira será, coma sempre, de balde.

Premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.

Poderá haber accésits adicionais en función da xenerosidade dos nosos colaboradores.

Prazo de inscripción: do 20 de abril ao 10 de maio de 2017 (ambos inclusive)
por correo electrónico ao seguintes enderezos:
Fortindapomba@yahoo.es, mjpferreiro@yahoo.es.

Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de fortín da pomba (josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2017 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXVIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 14 de maio no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá e de tarde.

Ao igual que nos últimos anos haberá tres modalidades:

cuartetos, gaiteir@s solistas e pandereteir@s. Para cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade mentres que na modalidade de pandereteir@s haberá catro categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal (dispoñible nuns días)
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

O prazo de inscrición remata o sábado 29 de abril.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:

Asociación Cultural Xacarandaina 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com

Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.

Un saúdo,
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2017 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XVIII concurso de pandereteiras Xiradela
Difícil elección co elevado nivel alcanzado no XVIII concurso de pandereteiras de Xiradela, asociación de música tradicional de Arteixo.
Máis de 40 grupos das catro provincias desfilaron o domingo pola competición musical, divididos en catro categorías, por idade.

Nesta edición os primeiros premios foron para a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, na categoría dos máis pequeniños, que interpretaron unha peza de Liñares de Avión.
Na modalidade B (de 11 a 13 anos) ganaron os ?Soalleiriños?, da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón, con Jota, muiñeira e agarrrado de Bugadillo (Ames).
Na categoría C (de 14 a 17) levaron o galardón máis distinguido as catro intérpretes de Lina e Lola, con Cantares de Manzalvos (A Mezquita-Ourense), con combinacion de pandeiros, pandeira e pandeireta.
Entre os maiores (categoría D), cun reparto de galardóns moi reñido ante o elevado nivel dos grupos, o primeiro foi para ?Barallocas?, da Asociación Cultural O Amanexo, cun Canto, pateado e muiñeira da Pontragha (Tordoia).

Nas categorías A e B o primeiro premio consta de trofeo e 200 euros e na C e D de trofeo e 250 euros. O segundo premio é de trofeo e 150 euros en todas as categorías e o terceiro de trofeo e agasallo.
Xiradela tamén fai unha distinción especial para vestiario.
Nos segundos premios destacaron o Grupo D da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos, entre os máis pequenos; na categoría B ?As Xaviñanas? da Universidade Popular de Corcubión; na C o grupo da asociación Tahúme e na D ?Aldomir?, da Asociación Cultural A Mámoa.

Aquí a relación total dos premiados nesta XVIII edición do concurso:

Categoría A (ata 10 anos):
1 A.C. Os Xeitosos de Trazo
2 Grupo D de Cantigas e Agarimos
3 ?Raiola? da A. C. Mestre Manuel Gacio

Categoría B (de 11 a 13 anos):
1 ?Soalleiriños? da A.C. Soalleira de Dorrón
2 ?As Xaviñanas? da Universidade Popular de Corcubión
3 ?Tarabeliños? de A.C. Donaire

Categoría C (de 14 a 17 anos):

1 Lina e Lola
2 G. B.M.T. Tahúme
3 Grupo C da Escola e Muiñeira Cantigas e Agarimos

Categoría D (de 18 anos en diante):
1 ?Barallocas? da A.C. O Amanexo
2 ?Aldomir? da A.C. A Mámoa
3 ?Meniñas? da A.C.F. Tarambainas

Premios Vestiario:
A: ?Gharabullos?, da A.C.F. Tarambainas
B: Escola de Pandeireta do CEIP O Hío
C: ?Titiriteiras? da A.C.F. Tarambainas
D: Grupo A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos

www.folkgalicia.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2017 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas dos IV Premios Martín Códax Música!

Queremos felicitar a todos os finalistas, e agradecer a todos os participantes nos IV Premios Martín Códax Música! axudarnos neste labor de dar visibilidade ao noso sector, cada vez máis numeroso e con máis calidade. Se non fostes elixidos finalistas nesta edición, animámosvos a participar de novo o próximo ano, e desta forma, seguir facendo país connosco e reivindicando a potencia da nosa música como elemento fundamentel da cultura galega.
Deixámosvos a lista final de nomeados.
Parabéns a todos!

Imos primeiro cos finalistas nas categorías para músicos:

Finalistas en Pop_Indie: Os Amigos dos Músicos, Berlai e Xoel López

Finalistas en Rock: Agoraphobia, Brais Morán e The Soul Jacket

Finalistas en Blues_Funk_Soul: Carmen Rey, The Lákazans e Voodoo

Finalistas en Jazz Músicas Improvisadas: Alberto Vilas, Iago Fernández e Miguel Lamas ? Drummer Quartet

Finalistas en HipHop Músicas Urbanas: García Mc, Malandrómeda e WÖYZA

Finalistas en Música Clásica Contemporánea: Alberto Vilas, Alejo Amoedo Portela e ROBERTO OLIVEIRA PERCUSSION

Finalistas en Folque: Cuarteto Caramuxo, Os d'Abaixo e Vaamonde, Lamas & Romero

Finalistas en Música Tradicional Galega: Davide Salvado, Tanxugueiras e Xosé Lois Romero e Aliboria

Finalistas en Músicas do Mundo: TALABARTE, Tangata Cuarteto e Uxía

Finalistas en Canción de Autor: SONIA LEBEDYNSKI, Tatán "Chapeu" e Xoán Curiel

Finalistas en Música Infantil: A Gramola Gominola, María Fumaça e PESDELAN

Finalistas en Electrónica: 2Pasos, Malvares de Moscoso e Pálida

Finalistas en Metal: APHONNIC, RAIBA e TALESIEN

Finalistas en Reggae, Ska Mestizaxe: Bush Doctors, DAKIDARRÍA e O Sonoro Maxín

Finalistas en Orquestras, Grupos Música de Verbena: Áureas, Orquesta Los Satélites e Poceiro Orquesta

Finalistas en Coros, Grupos Vocais: Ejazz, Coro Encaixe e Sisters In The House
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2017 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
XVIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDEIRETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: trofeo e 200 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: trofeo e 250 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional. - A súa dificultade. - A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 9 de abril de 2017 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o mércores 29 de marzo de 2017.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 9 de abril de 2017. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos: Tlf. móbil: 626 923 581 (mañá) / 698 179 264 (tarde) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-04-2017 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Certame de Pandereteiras da Illa de Arousa

O grupo de Vigo Tarambainas volveu alzarse co primeiro premio no II edición do Certame de Pandereteiras que organizou o pasado fin de semana a asociación cultural e deportiva Dorna da Illa.

O premio, que se xestionaba en función do despacho de billetes, consistiu nun pequeno trofeo e en 205 euros en metálico. O grupo vigués impúxose ao Rosalía de Castro de Teo (175 euros) e ao Xirandaina de Compostela (100 euros).
Ademais deste tres grupos, participaron na iniciativa Xeitura de Muros, Cantigas e Agarimos de Santiago, Herbameira de Noia, Abiñadoira de Sanxenxo, As daló dá vía de Teixeiro, Retranqueiros de Ames e Mozos dá Rolda da Coruña.
A decisión do xurado, formado por expertos coñecedores da música tradicional galega, resultou complicada, xa que todos os participantes achegaron unha importante dose de calidade nas súas interpretacións. Todas elas duraron un cinco minutos sobre o escenario para que o espectáculo fose o máis áxil posible.

A exhibición musical que se viviu no auditorio contou con numeroso público, chegando a quedar moi preto do cheo absoluto da sala da Illa. Todos eles vibraron coa exhibición e cos traxes que todos os grupos participantes mostraron encima do escenario. A organización mostrábase onte moi satisfeita co evento e baralla agora a posibilidade de darlle continuidade no tempo. O evento tamén serviu para homenaxear a figura de Pilar Muñiz, presidenta de Dorna durante seis anos e unha das máximas impulsoras da sección de música tradicional. O certame coincidiu no tempo co primeiro aniversario da súa morte, polo que se lle lembrou constantemente sobre o escenario.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-04-2017 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados dos XIII Concurso de baile Tequexetéldere (A Estrada)

XIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL TEQUEXETÉLDERE

Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada 2 de abril de 2017

E aquí vos deixamos o resultado do concurso deste ano, non sen antes darlles as grazas e os parabéns a todas as agrupacións participantes polo seu traballo:

Categoría B:

-Primeiro premio ?A Telleira? do CC A Ponte Vella
-Segundo premio Grupo C da OCT Ultreia
-Terceiro premio Grupo A da AF ?Colexiata do Sar?


Categoría D:

-Primeiro premio ?Tras do Eo? do CC A Ponte Vella
-Segundo premio ?A Rabadenla? da ACS Pedro de Carcacía
-Terceiro premio Grupo B da OCT Ultreia
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-04-2017 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
IV Premios Martín Códax da Música

A que esperas para inscribirte?

A Asociación de Músicos Ao vivo convídavos a participar na cuarta edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA.

Este ano, ademais de aumentar as categorías musicais, convocamos novamente os Premios Organistrum á Mellor Sala de concertos, o Mellor Festival e o Mellor Espazo de Comunicación Musical.

A inscrición é libre e gratuíta a través da nosa web
http://premiosmartincodaxdamusica.com/

Se te dedicas á música, estes son os teus Premios.

Asociación de Músicos ao Vivo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-03-2017 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Culturais. A Gaita no Mar (A Coruña)
Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros, moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita.

O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar.

O que estes mariñeiros fixeron foi moito mais, eles foron quen de levar a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,? Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.

Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

Para coñecer esta realidade máis de preto a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 03 de decembro pola tarde a Xornada: "A Gaita no Mar", que terá lugar no Club de Mar de San Amaro (A Coruña).

Contaremos cun relatorio de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, a proxección do documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas. E para o peche, un concerto cos Gaiteiros do Mar.

Programa:
Iniciarémos a xornada ás 17.30 horas cun relatorio a cargo de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, no que poñerá de manifesto cal foi e segue sendo o importante papel destos gaiteiros.

Seguidamente, ás 18:15 horas terá lugar a proxección do documental Dos gaiteiros do mar, codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas e producido por Borneira Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.

Para rematar,ás 19.00 horas contaremos coa actuación do grupo ? Os Gaiteiros do Mar? formado por Manolo de Donón e Lito de Pinténs ( gaitas), Feliciano de Donón ( tamboril), Manuel Martínez Santomé ( bombo) e o Peix de Aldán ( percusións varias) que nos ofrecerán un concerto para o peche da xornada.

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-11-2016 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0