Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXIII Concurso de música tradicional de Xiradela
XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de tres grupos.

6. Os premios serán os seguintes:

1o premio: trofeo e 300 €
2o premio: trofeo e 200 €
3o premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: Trofeo

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade.
- A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 23 de abril de 2023 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seránlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a data do concurso.

10. As prazas en cada categoría iranse cubrindo por orde de inscrición.

11. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e nas redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 25 de marzo as 12:00 e remata o mércores, 12 de abril ás 24:00.

12. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

13. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

14. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 23 de abril de 2023.Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

15. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

16. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-03-2023 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de baile tradicional (Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-12-2022 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de baile da Foliada de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-11-2022 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de Música Tradicional - Luou (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-10-2022 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Etnográficas da Mariña
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-06-2022 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro ao redor da zanfona (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-06-2022 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
XL Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-06-2022 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
XXXI Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-05-2022 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
IX Festival baidemuiñeiras (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2022 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival infantil o berce de Donaire (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2022 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
V Xornadas de percusión tradicional en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-05-2022 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
IX Xornadas de baile tradicional (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-05-2022 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
XX concurso Azaloira de baile tradicional en Bandeira (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-05-2022 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Música Tradicional Soalleira (Sanxenxo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-05-2022 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Tradición en Feminino (Arcos)
A AGG organiza o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, a actividade Tradición en Feminino, coa que queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.

PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Obradoiro I
?Pandeirada en Liñares. Repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995?. Carme López
12.15 - Obradoiro II
?Fouleada en Arcos coas informantes?. José Codesido
14.15 ? Xantar
17.00 - Relatorio
?A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña?. Branca Villares
18.00 ? Mesa debate
?Mulleres e roles de xénero na transmisión oral?. Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira.
Modera Marina F. Vigo.

LUGAR: Casa da Cultura de Mazaricos (Castelao, 1 - A Picota)

DATA: Sábado 23 de novembro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da, que disporán ata o martes día 19 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2019 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
XI Concurso Fran Pérez "Narf" para Grupos e Artistas Musicais (Boiro)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2019 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas de baile tradicional (Lugo)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-09-2019 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
LII concurso de gaitas do país de Ponteareas
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-09-2019 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
LII concurso de gaitas do país de Ponteareas
A organizafción do LII concurso de gaitas do país de Ponteareas, dado que ainda quedan prazas para cumprir co número máximo de 20 participantes, ten ampliado o prazo de inscrición ata o martes día 17 de setembro; deixando a realización do sorteo da orde para o día 18 de setembro.

As Bases e o modelo de inscripción podense consultar en https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-09-2019 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-06-2019 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso de baile tradicional galego Azaloira (A Bandeira-Silleda)
Este Domingo tendes unha cita co baile e a musical galega!
Recordade, ás 11:00h da mañá, no Auditorio Mauel Dopazo en Bandeira! Ven e desfruta destes pedazo grupos que nos acompañarán!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-05-2019 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso de Música Tradicional (Arteixo)
O próximo 14 de Abril , celebraremos o XX Concurso de Música Tradicional , no auditorio Centro Cívico de Arteixo en horario de mañá e tarde .

Xa non queda nada . Non faltedes!!!
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-04-2019 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
XXX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina comprácese en convidalo ao seu Concurso de Música Tradicional.

Esta edición terá lugar o día 19 de maio no Centro Cultural Ágora en horario de mañá e tarde, e dividirase en dúas modalidades:

PANDERETEIROS/AS
· GAITEIROS/AS SOLISTAS (ESPECIALIDADE EN TOQUE PECHADO)

Ao igual que nos últimos anos a modalidade de pandeireteiros/as estará dividida en catro categorías segundo a idade dos compoñentes, e a modalidade de gaiteiro/a solista será de categoría única sen límite de idade, sendo obrigatorio o uso do toque pechado nesta modalidade.

Por este medio, achegamos as bases e a folla de inscrición e vos indicamos que coma en anos anteriores podedes realizar a inscrición a través das seguintes vías:

· Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, R/ Historiador Vedía nº 3 soto 1º, 15004 A Coruña.

· Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

· A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal

O prazo de inscrición remata o sábado 4 de maio.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico: 981 27 73 15 ? info@xacarandaina.com

Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.

Saúdos,
Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-04-2019 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)
O vindeiro día 26 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés en horario de mañá e tarde dependendo da categoría.

O prazo de inscrición remata o día 1 de maio, e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos.

Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición:

Bases VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar

Folla de inscrición VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-04-2019 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
XV Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-03-2019 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
XII Concurso de Música Tradicional da A.C. A Mámoa de Luou - Teo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-10-2018 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
LI Concurso de Gaitas do Paí­s (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-09-2018 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXXVIII Concurso de baile tradicional Xacarandaina (A Coruña)
PREMIADOS NO XXXVIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA

CATEGORIA A (ata 10 anos)

1° Premio: "Papoula" da A.C Xacarandaina
2° Premio: "Fontaíña" da A.C Sta Maria de
3° Premio: "E" de Cantigas e Agarimos

CATEGORIA B (11-16 anos)

1° Premio: "A" da A.F Colexiata do Sar
2° Premio: "Os Batáns" da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: "C" da O.C.T Ultreia

CATEGORIA C (máis de 16 anos)

1° Premio: "A" da A.C Armadanzas de Laraño
2° Premio: Grupo de Baile e Gaita Santaia de Sta Cruz
3° Premio: "A" de Asociacion Cultural Retranqueiros

- O premio ao MELLOR BAILADOR marchou para a A.F Colexiata do Sar e o premio á MELLOR BAILADORA recaeu no Grupo de baile Santaia de Santa Cruz.

Agradecer ao XURADO (Miguel Sotelo Vidal, Silva Moledo Martínez e Carlos Xosé Vidal Chans) a súa presencia, agarimo e bo facer. E agradecer tamén a tod@s @s bailaríns e bailarinas participantes, Agrupacións e público asistente a súa presencia no concurso.

O ano que vén, máis!

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-06-2018 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
XXXVIII Concurso de baile tradicional Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
GAITEIRO/A SOLISTA

1° Premio: Ismael García del Río
2° Premio: Laura López e Santi López
3° Premio: Xesús Rodríguez Callejón

CUARTETOS

1° Premio: Cuarteto Irmandiño da AC Trubisquiña

PANDEIRETA CATEGORIA A

1° Premio: Alborelle da AMDT Queiroa
2° Premio: Quintán da ANPA CEIP Mondego de Sada
3° Premio: Cinco Ferreñas da AMBT Vai de Roda

PANDEIRETA CATEGORIA B

1° Premio: Soaelleiriños, da A.C Soalleira
2° Premio: Os Batáns, da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: As Xaviñanas, da Universidade Popular de Corcubión

PANDEIRETA CATEGORIA C

1° Premio: Titiriteiros, da A.C Tarambainas
2° Premio: Abaladeiras, da A.C Abaladeiras de Muxía
3° Premio: Lina e Lola, da A.C Peis d'Hos

PANDEIRETA CATEGORÍA D

1° Premio: Barallocas, da A.C O Amanexo
2° Premio: Debandoira, da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: Argallo, da A.C Xacarandaina

PARABÉNS aos galardoados!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de música tradicional Soalleira
O auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán acolleu a primeira edición do concurso de música tradicional Soalleira, centrado na percusión.

Nel, o público puido gozar de grupos chegados de toda Galicia con pandeiretas, pandeiros, pandeiras, latóns e ata sachos, cunchas ou tixolas e chaves.

A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala, promovido pola Consellería de Cultura.

No concurso participaron 39 agrupacións divididas en tres categorías.

Os gañadores foron o grupo Gharabullos da A.C.F. Tarambainas de Vigo, grupo Lina e Lola da Asociacion Peis d'Hos de Cangas e o grupo Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou.

Ademais, o grupo Raiola de Boqueixón e o grupo Meniñas da ACF Tarambainas de Vigo tamén foron premiados polo seu vestiario.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso de baile tradicional Tequexetéldere
Categoría A: ata os 10 anos.
1º premio, Papoula da AX Xacarandaina
2º premio, Retranqueiriños da Asociacion Cultural Retranqueiros
3º premio, Grupo B da AC Rosalía de Castro de Cacheiras

Categoría B: de 10 a 12 anos.
1 premio, a Telleira do CA A Ponte Vella
2 premio, Barallete de A. C. Xacarandaina
3 premio, Loaira da Asociacion Mestre Manuel GACIO

Categoría C: de 12 a 16 anos.
1º premio, "O Muiño da Retorta" do CC A Ponte Vella
2º premio, Grupo C do OCT Ultreia
3º premio, Grupo A de Rosalia De Castro Cacheiras

Categoría D: máis de 16 anos
1 premio, Tras do Eo do CC A Ponte Vella
2 premio, grupo B do @octUltreia
3 premio, agrupación escola de ACF O Fiadeiro

Parabéns a todxs

Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
Neste VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional os premios foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: Gharabullos da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Galdrumeiras da A.C. O Amanexo (Oleiros)
3º Premio: Buxainiñas do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)

Accésit de Vestiario: Retranqueiriñas da A.C. Retranqueiros (Ames)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos:

1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)

Accésit de Vestiario: Tahúme do G.B.M.T. Tahúme (Ribeira)

Categoría C, que engloba a persoas maiores de 17 anos:

1º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
2º Premio: Meniñas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro (Teo)

Premio ao mellor vestiario: Grupo A de Cantigas e Agarimos (Santiago)


Moitísimas grazas aos 44 grupos pola súa participación, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!!

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso de baile tradicional Azaloira
Cantigas e Agarimos gañou o primeiro premio do concurso de baile tradicional Azaloira que este ano alcanzou a súa su maioría de idade. O segundo posto foi para Donaire e o terceiro para Tras do Eo, da asociación A Ponte Vella. O certame, organizado por Fortín da Pomba, encheu o Auditorio da Bandeira (Silleda)


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2018 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Concurso de baile tradicional Azaloira (A Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-05-2018 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0