|
|
|
|
|
|
| Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 3 (Venres)
• Uxía e João Afonso na Sala Auriense de Ourense ás 21:30
• Mini e Mero no bar Cabiria (Vigo) ás 20:00
• Carlos Salgueiro no Var con Uve (Moaña)
• Festa 2º Aniversario 15M: O Sonoro Maxin, Swiss Cottage eMalagoiro na Sala Berlín de Ourense
• Xoan Curiel en Panxea (Compostela) ás 21:00
• Pelepau no Furancho da Balsa (Vigo)
• Barafunda no Racimo (Vigo)
• Ataque Escampe no Pub Gatos (Melide)
• Foliada Ven Respirar en Ourense
• Noite de tasca en Cerceda
• Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Serán da lamprea (Arbo)
Sábado 4
• IV berce de Donaire no Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30
• Festa do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo): Abaloiro, Carapaus e Ludovaina
• Feira da primavera (Compostela): A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, O Sonoro Maxín e A Compañía do Ruído
• Roi Casal en Ribadavia, no Anfiteatro do Castelo dos Sarmiento
• Os Irmandiños de Vincios no Liceum (O Porriño)
• Kepa Junquera na Casa Lourán (Monfero)
• Snatch no Bobber Café de Bertamiráns (Ames)
• Festa Treze Catorze (Salceda de Caselas): Quempallou, Terbutalina, O Caimán do río Tea
• X Manguelo Folk en Orazo (A Estrada)
• Serán do Coello en Lourido-Soutomaior
• Serán en Santa Mariña de Cabral (Vigo), no torreiro da igrexa.
Domingo 5
• Marta Quintana no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 21:00
|
|
|
|
|
| Limiar |
|
 Raquel lanza o órdago, eu recollo a luva e damos un paso cara adiante na historia de Malmequer coa creación do noso blog.
Emulando ao amigo Guillerme poderiamos preguntarnos: e logo, que raio ven sendo Malmequer?
Malmequer (ou Margarida) é o nome popular común a unha grande variedade de prantas e flores.
Mal me quer, ben me quer, mal me quer, ben me quer... o vello xogo do amor e o desamor.
No noso caso Malmequer é un grupo de xentiña que disfruta da festa, da esmorga, das foliadas, dos seráns, da música e baile tradicional, sen complexos nen pretensións, que lles présta a natureza, os xantares entre amigos, as escapadas polas nosas congostras e fragas, cun común denominador de amor pola nosa cultura tradicional.
|
|
|
|
|
|
|