Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Esquios
Un ano e pico despois do anterior cd (UN TIPO NORMAL), e despois dun parón provocado por motivos alleos a música, volvemos Esquios á carga co noso terceiro cd, que deixa ben claras as nosas intencións dende o seu título: ECHE O QUE HAI!

Poñendo en práctica a máxima punk DIY(do it yourself, faino ti mesmo), fixemos algo que nos facía moita ilusión: realizar a gravación nos mesmos e cos nosos medios (agás as voces). Dende que decidimos autoproducirnos, pensamos que dado o carácter espontáneo e directo da nosa música e que iamos dispoñer de moito tempo para gravar (non había que pagar estudio), non sería boa cousa extenderse no tema, senón facela gravación da forma máis espontánea e directa posible, por riba de outras consideracións técnicas. Obxetivo cumprido: a música gravouse en dous días, e as voces en dúas horas.

É por iso, que este disco está feito máis co corazón que ca cabeza, dándolle máis importancia a humanidade, o sentimento, a espontaneidade, a diversión que a perfección robótica, a compresión sen límite (do audio) ou a esa absurda guerra da industria musical actual, que a nós parécenos ridícula, de soar co maior volumen posible a calquer precio.

Coma resultas 11 temas cantados en galego máis unha instrumental, nas que poderedes escoitar aires funkys, garaxe, blues-rock, hardcore (todo pasado polo noso tamiz) ata clásicos trallazos punk-rock, con letras as veces divertidas e coñeiras, as veces ca intención de furgar un pouco nalgunhas feridas.

Por iso agardamos que este disco vos guste tanto como a nós, e que acudades a algúns dos concertos que daremos para presentalo, onde a diversión e a festa estará garantizada!!
P.D.: se vos gusta o disco, podedes faceros con el (mellor mercandoo jeje), na vosa tenda favorita."


Esquios son:
Jorge Rodríguez--- Guitarra e coros
Jorge Iglesias--- Batería
Pedro Dono_ Baixo e coros
Migle Castro--- Voces

http://esquios.com

Podes escoitar o disco descargandoo na Regueifa

http://aregueifanetlabel.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2009 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-cd co Xornal Galicia-Hoxe

O CICLO DO ANO ve a luz este xoves 14 de maio, entrega co GALICIA HOXE dun libro cd

A asociación A Regionalista publica en colaboración co xornal Galicia Hoxe un traballo de campo entregado en formato libro-cd co devandito diario e que pretende ser un pequeno tributo a toda a xente anónima que fai posible -a través do recordo- a recuperación de todo tipo de manifestacións culturais de raíz galega coma bailes, música, traxes, instrumentos, cantigas…

Xunto a isto pretendemos dar a coñecer costumes propios do noso pobo –ás veces do máis curioso como o tocar dos trebóns en Vilariño de Conso para avisar da chegada do recadador de impostos-, curiosidades que moitos de nós descoñeciamos e que non desexamos esmorezan no maxín duns poucos ou no caixón dalgún escritorio.

Queremos que vostedes participen con nós -a través destas páxinas- da experiencia vivida no seu día e se decaten da riqueza do patrimonio inmaterial da nosa terra que está a desaparecer.

En sete episodios percorremos as catro provincias galegas destacando en cada unha delas vivencias de carácter etnográfico que xiran en torno ao ciclo do ano. A nosa cultura está marcada por celebracións -moitas veces de orixe pagá- que marcaban o transcorrer anual en tempos pasados. No noso estudo escollemos -nun traballo que podería ser inabarcable de non poñer limitacións- momentos claves do ano no quefacer diario do nosos ancestros, desde decembro coas vivencias do Nadal, pasando polo Entroido, a Semana Santa, os Maios, as añas (ciclo do millo), a seitura e finalmente a Tasca do liño no inverno. Unha viaxe circular que comeza e remata nos meses inverníos.

As tres persoas que realizamos este proxecto desexamos que nos acompañen de “recollida”, termo empregado para viaxes e traballos como os que aquí presentamos, por estes sete episodios que pretenden dar conta dunha pequena mostra do que foi a vida do noso pobo, e da que desafortunadamente cada vez hai menos rastro

www.aregionalista.es
Comentarios (9) - Categoría: Discos - Publicado o 14-05-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kogito





www.myspace.com/kogito
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-05-2009 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
O disco de Machina, de balde


www.machinagz.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-05-2009 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Zenzar
Xa está dispoñible o novo disco de Zenzar "A Tribu", un traballo sobre todo roqueiro pero coma sempre con arroutadas punkies, heavies e tradicionais.

Gravado e co-producido por Javier Abreu e Zënzar nos estudios Océano de Nigrán. Contan coa colaboración de Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Xurxo Souto (3 Trebóns), GendeBeat, María X.Silvar (Chámalle Xis), os percusionistas Manolo Suárez e David Bolaño así como o gaiteiro José M. Ares. Este disco é Autoeditado por Zënzar e distribuido por Lonxa Cultural.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-04-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o disco de Tanxedoras
Irrumpe no panorama da música tradicional galega –escaso de novas propostas tras aquela eclosión dos anos 90– esta agrupación constituida por cinco xoves mulleres –Loli, Leni, María, Margó e Tere– que, frente a outras propostas de cantareiras e pandereteiras que apostan pola “modernidade popeira”, decantanse en troques por unha derivación cara as raíces máis profundas do noso folklore cun feixe de pezas interpretadas á antiga usanza, incorporando instrumentos de percusión como sachos, tixolas, culleres...
Sen dúbida, un traballo artístico “de grande valor”.
S.R.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 29-04-2009 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras presenta en directo o seu primeiro disco
'Enerxía para botar por fóra' é o título escollido para o debut discográfico de Tanxedora, unha formación integrada por cinco mulleres que levan anos mergulladas na música tradicional e de raíz. Esta carta de presentación chega da man de Pai Música.

O disco será presentado ao vivo o sábado 25 de abril no Centro Cultural Caixanova de Vigo.


Leni, Yoli, María, Margó e Tere son as vocalistas que artellan a proposta musical de Tanxedoras, unha banda que agora se estrea a nivel discográfico con Enerxía para botar por fóra (Pai Música), a pesar de levar xa tempo traballando no eido da música tradicional.

O repertorio que se presenta no disco inclúe, na súa maior parte, temas recollidos por todo o país. Entre eles figuran A ruada de entroido e muiñeira de Canizo, tomada na Gudiña, Canto de Arriero e maneo de Cambre, a Muiñeira de Cadós, recollida en Bande, e o Canto, muiñeira e xota dos Ancares, rexistrada nas Nogais, interpretados todos eles con pandeiretas, sachos, tixolas, morteiros, ferriños, bombos, tambores, gaitas e acordeóns.

O Centro Cultural Caixanova de Vigo acollerá o sábado 25 o concerto de presentación deste primeiro disco de Tanxedora. Será a partir das 22:30 horas

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-04-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaita Depedra presenta o seu primeiro traballo discográfico
Ghaita Depedra estrean o seu primeiro álbum
O grupo lucense Ghaita Depedra presenta o seu primeiro traballo discográfico, Nekiño, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, o próximo sábado 25 a partir das oito e media da tarde.


Este grupo comezou a súa andadura en 2001; pero foi a partir de 2006 cando os seus membros encararon o proxecto con estabilidade gravando a súa primeira maqueta de catro temas que os levaría a tocar, non só por Galicia, senón tamén por outras comunidades de gran tradición folk, como son Asturias, Cantabria e Euskadi.

Tras ser finalistas dúas veces consecutivas do concurso organizado por Radio Obradoiro "En clave de Folk", conseguir o mesmo posto no concurso "Folkez Blai", de Ermua; e ser semifinalistas do "Escenario Prau" de Cantabria, chega este disco grabado nos Estudios Abrigueiro de Friol por Arturo Vaquero. Para esta grabación, contaron coa colaboración de artistas de gran recoñecemento e repercusión dentro do panorama folk, como son Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal, Antón Méndez, Jose García e Efraím Díaz.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-04-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xurxo Romaní
Un dos nosos zanfonistas máis arriscados, o galego afincado en terrás catalás Xurxo Romaní, está de volta co seu xa terceiro traballo.

Na compaña do guitarrista-baixista catalano-xaponés Koichi Tanehashi e co apoio no audiovisual do arxentino Osvaldo Ponce, mestura rock, pop, funk, electrónica e folk cunha atitude decididamente progresiva nun disco no que pon música -e por vez primeira a súa propia voz- a dez cantigas de escarnio e maldizer coa intención de levar a nosa máis satírica tradición trobadora medieval aos sons do Século XXI.

Coma sempre, máis info e descarga do disco de balde en www.aregueifa.net

www.aregueifa.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-04-2009 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
A banda Avelaíña saca ‘Traditium’, o terceiro traballo discográfico
O grupo galego Avelaíña foi finalista no Concurso Folk Internacional de Navelgas 2008 e agora vén de editar o seu terceiro disco, co título de Traditium.

Na obra, composta de dez temas, mesturan pezas vocais e instrumentais, aínda que realizan máis incidencia nos temas cantados por María Xosé Rosales.

O eixe é unha serie de cantigas tradicionais que foran gravadas por Laura Romero, unha cantareira marinense que serviu de inspiración a Avelaíña. A formación aínda está demasiado verde para afrontar con éxito esa fusión de sons tradicionais con ritmos contemporáneros e debe traballar moito máis os temas cantados.

O conxunto debutou no 2001 coa edición de Proxecto e hai tres anos sacaron ao mercado o álbum Xan e Sabela. Ademais da voz de Rosales, forman a banda o gaiteiro e frautista Alberto Miranda, o baixista Carlos Orcajo, o baterista Miguel González e AntónVillanueva, encargado da guitarra e o bouzouki.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 22-04-2009 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Trece Lúas´
PRESENTACIÓN DE ‘TRECE LÚAS’, NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta ante os medios de comunicación o seu novo traballo audiovisual, Trece Lúas. O acto terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o venres 3 de Abril ás 12:00 da mañá, e contará coa presenza de Iván Area, Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, e Santiago Caneiro Aneiros, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Trece Lúas é un libro-CD-DVD que nos convida a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. É unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Este novo traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos conta có patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e da Universidade de Vigo, e poderase atopar proximamente en librerías, tendas de discos e grandes almacéns, distribuído por A Lonxa Cultural.







Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-04-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos xa teñen novo disco.
Así é, amigos festeiros, Luis "Caruncho" e toda a banda xa teñen no forno o seu próximo traballo que se chama "En Galego" e está editado por esta casa PAI Música.

Aquí os temos. Aquí están dispostos a entrar polo torreiro adiante e armala. A poñelo de patas-pa-riba.”Ala, que vai!”. A bailar todo o mundo. “Que dirán por aí? Os Carunchos estamos aquí”. E veña quilómetros de troula, aturuxos, punteiros - … esas gaitas non están ben … de todo-, insomnio e … licor café. E “tenerifes”.

Mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está o traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, “¡Sen tempo non era!”. Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas … sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, democrática, descomunal, rotunda … ¡rachada!. De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a “Montealegre”. CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: “pra vós estamos nós”, que diría o Ghaiteiriño de Aldán. E como xa sabemos que …

Todo o mundo toca a gaita
moitos bailan que dá medo
pero á hora da verdade
poucos falan en galego

¿Sabedes o que vos dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? “Ti, pa min, xa vales”. Sempre en Galiza. Sempre … ¡EN GALEGO!.


www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre soa mellor 'Ao Vivo'
Presentaron en Madrid o seu primeiro disco en directo en 24 anos de carreira, e a xira que os levará por todo o Estado para promocionalo Concerto de Luar na Lubre no Teatro Colón da Coruña.

Luar Na Lubre, un dos máis exitosos grupos de folk galegos, comeza a celebración do seu 24º aniversario cunha xira e a publicación do seu primeiro álbum en directo, Ao vivo. Onte presentaron en Madrid este disco que foi gravado en dúas actuacións os días 22 e 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, coas colaboracións especiais de Luz Casal, Pedro Guerra e Diana Navarro.

O primeiro concerto da xira Ao vivo será o 16 de abril no Teatro Fernán Gómez de Madrid dentro dunha xira de concertos que culminará o próximo mes de outubro en Castellón.

Temas clásicos como Tu gitana, O son do ar, Pousa ou Chove en Santiago así como o inédito Axeitame a polainiña foron algunhas das cancións que se escoitaron nesas actuacións en xaneiro, con todas as entradas vendidas, "un feito inusual entre os grupos de música folk", afirmou onte Bieito Romero, un dos fundadores do grupo.

"Temos a sorte de ser moi queridos na nosa terra, ademais de ser aceptados no exterior", destacou Bieito, compositor dun grande número de cancións do grupo quen engadiu que "esta gravación en directo foi moi especial para a súa formación, porque o Teatro Colón é o Square Garden galego", sentenciou.

Ao vivo, que sae á venda hoxe mesmo, inclúe un documental, o concerto completo e un ‘bonus track' con Ismael Serrano que interpreta O dereito de vivir en paz, unha homenaxe ao poeta e cantor Víctor Jara.

O disco é, para Romero, "unha homenaxe a unha formación que se vive e se goza sobre todo en directo". Proba diso son os máis de 800 concertos en 26 países diferentes, aos que o grupo levou a súa visión persoal da música tradicional galega, dende que iniciou a súa andaina en 1986.

IDENTIDADE GALEGA E COLECTIVA

A cultura e o idioma de Galicia son outros dos piares nos que se basea o septeto. En palabras do seu líder, son a base do seu éxito, xunto a "unha liña creativa clara e a boa relación entre os seus membros". "Non obstante, Luar Na Lubre non se cingue só ás muñeiras, viras ou carballesas propias de Galicia", puntualizou Romero. Entre o repertorio deste dobre álbum atópanse adaptacións de cancións tradicionais irlandesas (Os animais), inglesas (Romeiro ao Lonxe) e portuguesas, como Tu gitana, de Zeca Afonso.
"Compartimos con todos estes lugares un concepto un tanto ambiguo e incerto, inventado nos anos 60, que é a música celta, na que os instrumentos e un modo concreto de interpretar nos une en certo modo a galegos, irlandeses e bretóns", comentou Romero.

Unha cultura celta común que debeu de atraer o músico británico Mike Olfield ata o punto de incluír unha versión de O son do mar de Romero, no seu disco Voyager (1996) e a invitalos a participar na súa xira Then&Now de 1999 como grupo revelación. O seu son non coñece fronteiras

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto do novo disco De Galegoz
Ja podes baixar um tema do novo disco de GalegoZ no seu MySpace.

O novo disco, chámase "Viñeron da Galiza Interior", e o tema de presentaçom é "Apocalipse Agora", o trabalho completo, será gratuito e publicado baixo Creative Commons em Aregueifa.net o día da investidura do Presidente Frijoolito.

Estade atentas!!.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo traballo de Machina

Dende Machina queren anunciar que xa teñen completamente grabado o novo traballo que levará por título "Post-Bravú".

O disco está conformado por 13 temas máis un regalinho, grabados en Océano estudios de Nigrán con Xavier Abreu, e coas colaboracións de Xabier Díaz, Mourón (Dios ke te crew) e GendeBeat. A data de lanzamento está prevista para mediados de Abril, antes da cal publicaran un primeiro adianto no seu "MySpace " onde também podedes ver o video de como se cocinhou este novo trabalho.

www.komunikando.net

www.myspace.com/machinagz



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-03-2009 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Som de Galpóm
Xa está aquí 'Em Terra de Ninguém', o disco debut de Som do Galpóm: reggae, funk, rap...

Por fin está nas tendas 'Em Terra de Ninguém', o agardado debut discográfico de Som do Galpóm, os gañadores da última edición de Nsaio no Camiño. Trátase dunha recompilación de trece temas montados sobre as bases do funk, do reggae e do rap, trece cancións que falan da amizade, da naturalidade e, sobre todo, da perda de atributos humanos, sociais e naturais básicos na sociedade de hoxendía.

Gravado nos estudos Casa de Tolos, de Segundo Grandío, durante o mes de xaneiro, e cun elaborado deseño gráfico que reivindica a volta ao orgánico, nesta era das máquinas, Som do Galpóm presentan a súa alternativa ao furturo da música galega.

Dende o martes 17 de marzo na s tendas de discos.

www.myspace.com/somdogalpom

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-03-2009 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Eloi Caldeiro
O músico e poeta sarriao Eloi Caldeiro deu a coñecer este xoves o libro-disco Servizos informativos, con trece temas “nos que trata temas que foron portadas en xornais ou noticias destacadas nos telexornais e que logo desapareceron”. A motivación deste traballo, que comezou en 1999, é que “as cousa seguen enquistadas, non se acaban cando pechas o xornal ou acaba o telexornal”.

Caldeiro define Servizos informativos como “poesía urxente de quen le as noticias e fai unha reflexión inmediata sobre iso”. Esas noticias “son as que saen nos medios de comunicación, como nenas violadas en Tailandia ou a guerra de hutus e tutsis”.

“Son trece cancións e poemas que falan das circunstancias horrorosas que hai no mundo e que nos levan a pensar en que se acaba todos», comenta, para apuntar que “cada poema ten súa música,pois, cando falo das pateiras soan cadencias africanas, cando falo da ablación soan pezas árabes e cando falo de memoria histórica, soa o chelo ou violín para darlle un aire melancólico”.

A maiores, cada tema leva unha versión instrumental “para que se poidan utilizar no ensino e os rapaces poidan experimentar cos temas”. O volume foi editado por Atlantia Edicións e distribuído na colección Xanela.

www.elprogreso.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-03-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pancho Álvarez
Galicianos de Pancho Álvarez en primicia dixital antes do seu lanzamento

O novo disco de Pancho Álvarez xa está dispoñible na tenda de PAI Música www.paitunes.com en formato dixital, unha primicia exclusiva de PAI Música antes do lanzamento oficial deste novo disco de Pancho Álvarez.


Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música

Adiántate ao lanzamento do disco e mércao en formato dixital. Xa podes mercar este disco en formato dixital a alta calidade antes de seu lazamento oficial.


Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro.

O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes.

Pancho Álvarez, músico recoñecido na escena galega, é un multiinstrumentista que domina os instrumentos de corda, ademais dun excelente cantante. Nos seus traballos combina a tradición coa súa propia bagaxe musical, dándolle a todos eles un son fresco e cheo de matices e ofrecendo unha espectacular visión das vellas tradicións, pero dun xeito moderno e actual.

O músico porriñés deuse a coñecer como violinista do grupo “Na Lúa” a comezos dos anos 80. A partir de 1993 entraría a formar parte do desaparecido grupo “Matto Congrio”. Ademais de ser un asiduo colaborador de Carlos Núñez, no ano 1998 publicou o seu primeiro traballo en solitario, “Florencio, o cego dos Vilares”, onde recollía a tradición dos cantares de cego facendo unha sentida homenaxe ao último dos violinistas cegos. No 2001 sairía o mercado o seu segundo traballo, “Nas cordas.”

www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-02-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Preparado o novo disco de Som do Galpóm
'Em terra de ninguém' é o título do agardado debut discográfico de Som do Galpóm, os gañadores da pasada edición de Nsaio no Camiño. O disco estará na ría o 17 de marzo e irá acompañado dunha xira por todo o Estado.

Os da Moniña xa teñen disco. Levará por título Em terra de ninguém e sairá a rúa o 17 de marzo. Os autores de 'Na cama', un dos hits do pasado ano, escolleron A Casa de Tolos, o estudio dirixido por Segundo Grandío, para gravar un debut que está a xerar moita expectación entre o público e a crítica tras facerse co primeiro premio da pasada edición de Nsaio no Camiño.

Nel recuncan na fórmula coa que se deron a coñecer: por unha banda, a fusión do funky, do reagge e do rap, e, por outra, o feito de facelo todo cos seus propios instrumentos. Gael, Brais, Xurxo, Aitor e Jano preparan ademais unha xira de presentación que os levará por diferentes lugares da península amosando o seu novo repertorio, do que xa se pode escoitar un adianto na súa páxina web.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-02-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
Esquios veñen de rematar a súa nova gravación, Eche o que hai! (2009). O CD está editado por Falcatruada e tamén estará en ARegueifa.net .

Son 11 temas cantados en galego e un instrumental, con eles intentan conquerir un son de directo e divertirse ó mesmo tempo que protestan un pouco.

Podedes escoitar, online, algúns temas no seu MySpace ou tamén en www.nsaio.org/esquios .

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-01-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de presentación do disco A Coruña Son 2008″

Hoxe mércores 28 de xaneiro ás 20:30 no Fórum Metropolitano da Coruña celébrase o concerto de presentación do disco A Coruña Son 2008, que nace como resultado do obradoiro que baixo a dirección do cantante e compositor Santiago Auserón se desenvolveu na nosa cidade o pasado mes de marzo. `

A maior parte dos artistas que participaron naquela experiencia actuarán no Fórum nun concerto no que o público que asista recibirá ademais como agasallo a edición en formato digipack do disco. O prezo das entradas será de 3 €. As bandas que confirmaron a súa presenza no concerto son as seguintes:

- Mr Carácter: “Xabarín Manía” (Rock galego)
- Chámalle Xis!: “Canto aquí, canto onde me peta” (Son galego)
- doGma’I: “A lagoa dos soños” (Pop psicodélico)
- Pablo Díaz: “O moucho” (Novo folk)
- Siesta continental: “Violoncello” (Cabaret-art)
- Tonhito de Poi: “Mariñeira” (Rock galego)


O disco A Coruña Son 2008 complétase coas cancións de Nat (“Nunca te quixen”, canción de autor), O sonoro maxín (“A rúa do perigo”, reggae atlántico), D-Laxe (“Túas mans”, trip-hop atlántico) e “A misteriosa”, versión en galego de “La misteriosa” con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro e interpretada por Santiago Auserón

www.acorunacultura.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 28-01-2009 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os discos de bOnOvO e Ecléctica Ensemble
Encarga os traballos discográficos de bOnOvO e Ecléctica Ensemble

Poñemos á venda desde aCentral Folque os discos destes dous grupos que son sinónimo de vangarda da música galega de inspiración tradicional.



Eclectica Ensemble, non foi unha banda, nen o é, nen o será.
Tudo começou com «exercícios criativos de voz numa aula de Lalim. O importante era improvisar (…)» sobretudo sobre o património musical tradicional. «Irreverência, atrevimento, provocaçom, supremacia estética, maquilhagem, sátira, encher a música tradicional de ironia e dar-lhe voltas até fartar-se», conta Ugia Pedreira.

Este nada ortodoxo grupo formou-se desde o Conservatório de Música Tradicional e folque de Lalim por iniciativa de Richard Rivera, Davide Salvado, Ramom Pinheiro e Ugia Pedreira aló polo ano 2000.
O nome devem-lho a Ecléptica Órbita, a mulher cantadora dos gaiteiros Os Rosales alcunhada Maruxa, e a Martázul, que transmutou o ‘p’ em ‘c’.

O traballo discográfico non é só un CD, senón que ademáis consta dun vinilo, un cartaz e a colaboración en forma de textos e música de nomes tan relevantes coma Óscar Fernández, Fernando Abreu, Nacho Muñoz, Estevo Creus, Olga Nogueira, Martázul…


bOnOvO, nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío… Lixeiramente asíncrono.

A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.

bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.

Se non dás atopado os discos, podes mercalos aquí.

Chama ao 881 031 829 ou por email info@folque.com e nos poñeremos en contacto contigo.


Os prezos son:

Ecléctica Ensemble: 20 €
bOnOvO: 12 €


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-01-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
'Mamá Cabra' presenta novo disco
Música para os máis cativos

O grupo comezou a súa andaina polo ano 2000 musicalizando poemas de Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández e Antonio García, entre outros, e desde entón xa teñen ás súas costas 5 traballos e un Premio da Música á mellor canción en galego pola peza 'Tan só con leres un libro'. ANT TV falou con varios dos membro do grupo Mamá Cabra co agallo da presentación do seu novo disco 'Patatín Patatán'
.

A primeira actuación de Mamá Cabra foi na Aula Socio- Cultural de Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, nun congreso de Literatura Infantil e Xuvenil, e desde entón os diferentes membros que foron pasando polo grupo engancháronse a 'Mamá Cabra' e aos seus concertos cunha perspectiva didáctica, poñendo a escusa da música.

O seu primeiro traballo foi Cantos Rodados, seguido de Cantando Comigo, Tan só con leres un libro, Cartas que veñen e van coa colaboración da profesora Susa Herrera e Patatín Patatán publicado en 2008 onde realizan versións propias de cancións infantís tradicionais. E non acaba aquí o seu traballo, no próximo día 14 de Febreiro presentarán en Pontevedra Todos os animais ó caixón, disco en colaboración con Susa Herrera.

Gloria é a cantante, Tomi toca o baixo eléctrico, Pablo as frautas, gaita e saxo, Paco céntrase na guitarra eléctrica, Rodrigo na batería e Diego no acordeón. Estes son os 5 membros actuais de 'Mamá Cabra' ao que lle emociona facer música para os máis cativos.



www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-01-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Novo traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos
Tralo éxito acadado polos traballos O Quiquiriquí e PeloGato24, a Asociación de Gaiteiros Galegos está rematando unha nova proposta audiovisual, que verá a luz en Febreiro e levará por título Trece Lúas.

Coas tradicións relacionadas cos ciclos do ano como fío condutor, Trece Lúas preséntase nun formato que inclúe un libreto de 64 páxinas, un CD e un DVD. No disco atoparanse 12 temas elaborados sobre melodías tradicionais, cunha temática correspondente a cada mes do ano, interpretados por músicos de recoñecido prestixio na música tradicional galega e cantados por voces infantís. O libreto contén textos explicativos do traballo e contidos didácticos para a súa aplicación nas aulas, ademais dos créditos e letras das cantigas. Por último, o DVD inclúe unha peza de monicreques, un documental sobre os ciclos do ano, entrevistas ós participantes e ‘como se fixo’, vídeos musicais e pistas de karaoke. Todo este traballo non sería posible sen a colaboración da Universidade de Vigo e da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

A Asociación de Gaiteiros Galegos segue apostando, deste xeito, pola edición de material de uso didáctico orientado principalmente aos máis novos, para conservar e difundir a nosa música tradicional e con elo a nosa lingua e cultura.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-01-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Mellor disco galego do ano 08
Os lectores do Xornal de Galicia elixen TRES, dos The Homens, mellor disco galego do ano 08

O Xornal de Galicia quixo facer balanzo da colleita musical do ano 2008, e para iso organizou un ránking das mellores publicacións musicais entre os seus lectores. Na categoría de mellor disco galego do ano, os vencedores foron os composteláns The Homens con TRES (falcatruada 07). Bótalle unha ollada ao resto das categorías premendo no seguinte botón.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos aquí o disco de Projecto Trepia
O álbum contén seis cancións e pode descargarse de balde en A Regueifa Plataforma.

Projecto Trepia, primeiros clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel A Regueifa.


Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar artellado ao redor do que eles denominan 'os tres pés' (o son, a imaxe e a danza) combinando no musical a música tradicional galega, froito en grande parte de recolleitas de campo propias, cos novos sons que proporciona a electrónica. Os integrantes de Projecto Trepja afirman que a historia da música galega tradicional pódese dividir en catro etapas, e eríxense en iniciadores desa cuarta etapa.

Posúen unha actitude decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica, samples e baixo eléctrico. O disco está editado baixo licenza Copyleft e pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net. Contén seis cortes, que o grupo xa puxera a disposición do público no seu myspace: A Roseira, Leghons, Pontepedra, Oroso_reloaded, Deganha e A máquina de meter medo.

O grupo artéllanse en función dunha outra trepia para a difusión e consecución dos seus obxectivos: asociativa, escénica e reivindicativa. En primeiro lugar, o colectivo quere articularse como asociación para un mellor desenvolvemento dos seus proxectos. Ademais, procuran que as súas actuacións teñan lugar en escenarios e tamén na rúa, en espazos públicos.

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Emilio Rúa

Emilio Rúa atópase nestes días rematando o seu próximo traballo "Interior."

Este é o seu terceiro traballo discográfico que verá a luz para o próximo mes de febreiro.

www.casadetolos.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:04
# Ligazón permanente a este artigo
En preparación o novo disco de Som do Galpóm
ola, xente!
Agora mesmo Som do Galpóm esta en pleno proceso de preparacion do que vai ser o noso primeiro disco. O disco vai ser o resultado do traballo realizado ate o momento (104 actuacions en dous anos e medio) e especialmente do constante traballo de ensaio.


Estamos cheos de ganas e emocion para que gostedes tanto como nos do reultado. A grabacion tera lugar en xaneiro no estudo Casa de Tolos da man de Segundo Grandio. É por iso que non figuran novos concertos no myspace. non vos preocupar, dentro de pouco ides mais novas sobre nos. Consuminos as horas entre ensaios e continuamos na brecha, ainda que de outra maneira, agora. Unha aperta a toda a xente que nos quere e à ue nos queremos a nosa vez e a toda a xente que desfruta da musica à sua maneira!

www.myspace.com/somdogalpom

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Brañas Folk

E a cousa é de non parar, Brañas Folk xa está grabando o seu segundo traballo discográfico.

O grupo Brañas Folk nace en Ourense no ano 2002, un proxecto musical creado por Manuel Brañas co fin de continuar coa labor feita no anterior grupo, Arco da Vella, e buscando unha maior proxección dentro da música folk.

Brañas Folk sacou ó mercado o primeiro traballo discográfico titulado “Camiñante”, coa discográfica Discmedi.

Tedes máis información do grupo na súa páxina web em www.branhasfolk.com

www.casadetolos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xoán Curiel
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-12-2008 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Disco A Coruña Son 08

Este venres 5, no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Culturgal (Palexco, A Coruña), Tati Mancebo, como directora do obradoiro, acompañará na presentación (12:30) do agardado disco á concelleira María Xosé Bravo e á cantante María Xosé Silvar (Chámalle Xis). O disco será ofrecido de balde no stand da Concellaría desde mañá mesmo.

Na Radio Galega haberá a apartir de mañá audicións e entrevistas. Proximamente será anunciada a edición do obradoiro A Coruña Son de 2009, e poderán baixarse libremente as cancións do certame que aparecen no disco. Aquí podedes escoitar as cancións na versión inicial:

NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
CHÁMALLE XIS: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
MR. CARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
CHUS: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
O SONORO MAXÍN: A rúa do perigo. Reggae atlántico.
TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
D-LAXE: Túas mans. Trip-hop atlántico.
A MISTERIOSA: Santiago Auserón. (Versión galega de "La misteriosa", con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro).


www.olevantadordeminas.blogaliza.org

www.acorunason.eu

O Sonoro Maxín no ACoruñaSon 2008



Pablo Díaz no ACoruñaSon 2008

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-12-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación do novo disco de Luar na Lubre
Luar Na Lubre en Cadena Ser
O próximo disco gravarase nun directo na Coruña o 23 de Xaneiro


www.cadenaser.com

www.ghastaspista.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Preparación do novo disco de Susana Seivane
Durante o mes de xaneiro, Susana Seivane vai comezar a gravación do seu cuarto traballo discográfico. 'Os soños que volven', que así se vai titular, nace como unha homenaxe ás pezas ‘de toda a vida’ que Susana tocaba na súa infancia, e que agora recrea desde unha nova perspectiva revestidas con arranxos contemporáneos e atrevidos.

Se queres participar con Susana na creación da cuberta, podes enviarnos as túas fotos antigas que han servir de base para o deseño e serán imprimidas na portada e na contra portada. Poden ser de calquera temática, en branco e negro ou cor, pero que fosen sacadas antes dos anos 80.

Podes mandalas escaneadas a 300 ppp a info@susanaseivane.com ata fin de ano.

Esperamos a túa colaboración!!!

www.susanaseivane.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco na fala do Eo Navia
Movidos pol interés en atopar novas sonoridades al xénero del rock col uso esclusivo da fala eonaviega, os miembros de BACOTEXO compuxemos 12 temas pral noso primeiro CD, “A máquina del tempo”, que se sitúan dentro d’un amplio espectro musical, dende el rock ‘n’ roll más clásico con ecos setenteiros (“As de corazóis”, “Submarín nuclear”, “Queimar el cielo”), pasando pol rock sureño (“A carretera”), os medios tempos con aires soul y funk (“Neste marabayo”, “Cancióis de revolución”), el pop-rock más melódico (“Sin munición”, “Recordo”), a esperimentación noise (“Vazamar”, “Árboles d’inverno”) ou a balada acústica (“El ouro nas redes”, “El muelle de fora”). Col título del disco, “A máquina del tempo”, referímonos metafóricamente a un viaxe imaxinario hacia outros espacios temporales, reales ou ficticios, unde lo esencial é el conocemento emocional a través das esperiencias evocadas, suxeridas ou esfarelladas en narracióis. Neste camín, falamos d’amor y desamor, de morte y ausencia, del ego y el marabayo, de situacióis a pique d’estoupar..., en fin, da revolución necesaria dos sentimentos pra entonar a canción traxicómica da vida.

Pra llevar a cabo este propósito, decidimos escoyer a escritura na nosa fala, a llingua del occidente d’Asturias, convencidos de que, como vehículo normal de comunicación llingüística, pode usarse pral llinguaxe del rock con total naturalidá y axudar a atopar resonancias, evocacióis y connotacióis inéditas. Os tres miembros del grupo escribimos os temas a partes iguales, pollo qu’as peculiaridades dialectales dos nosos pueblos d’orixen deixánse sentir nos testos, seguindo sempre as normas ortográficas del gallego-asturiano aprobadas pol Academia da Llingua Asturiana nel 2007

www.myspace.com/bacotexo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kastomá
Kastomä saca novo disco con temas novos que sae á rúa o 5 de Nadal de 2008. Xa falta pouco, e andan a fume de carozo para ultimar os remates da presentación da que vos avisaremos da data e lugar.

O novo traballo chámase "Almas da Noite" é autoxestionado e é o seu primeiro “Longa Duración” editado por Falcatruada e distribuído por A Lonxa Cultural. Contén 10 temas novos. Todos gravados nos Estudios Treboada e Bonham (A Coruña).

O disco trata temas case que todos relacionados coa noite e coas almas que os inspiran, de ahí o título. Podedes ver algo máis no seu MySpace e en breve tamén na súa web, tomade nota: www.kastoma.com

Mentras esperamos, adiantan-nos o tema "A Infancia" que forma parte deste último traballo.

www.komunikando.net

www.myspace.com/kastoma
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-12-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer