Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Tiruleques presentan o seu primeiro disco
O vindeiro venres 4 de Setembro ás 22:30h. Tiruleque presentará no Club del Mar de A Coruña o seu primeiro traballo discográfico. A entrada será de balde.

O Club del Mar está xunto á praia de San Amaro e moi perto do barrio de ADORMIDERAS, perto do paseo marítimo da zona da Torre de Hércules.

Queremos que sexa un concerto especial, polo que haberá algunha sorpresiña preparada para tod@s @s asistentes ó evento...Non dicimos máis...!!! Na web xa podedes ollar un contador de días, horas, minutos e segundos porque a gran cita xa está aí...lumeeeeeeeeeeeeeeeee...!!!

Unha aperta dos Tiruleques

www.tiruleque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-09-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco Gaita Armada
Sábado 25, dia da pátria
QUEIMADA, PETISCOS E A CANTAR!!!

Apresentamos o disco duplo GAITA ARMADA, umha compilaçom de músicas populares para serem cantadas nas festas (disco "Gaita") e outra de músicas patrióticas representativas da nossa história recente ("Armada").


Para a foliada guitarreira em que celebraremos a saida à rua do novo CD do Estaleiro do Som contaremos com:
Xurxo Lois Varela
violagambista e cantor de ferrol

Manolo Bacalhau
músico trasanques e ex-componhente de SARAIBAS

Ana Ribeiro cantora
da Associação José Afonso desde Portugal

e mais intépretes por confirmar chegados de cada comarca do país

www.agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-07-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación do novo disco de Sumrrá
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 14-07-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Cuchufellos
“Achegaivos Feligreses“ (2009) é o nome que da titulo ó novo traballo de Cuchufellos, un disco con trece temas que sae a venda ó 10 de Xullo de 2009, e poderás mercalo a través da súa web ou nos concertos. [www.cuchufellos.com ]

Para comprender cabalmente a musica dos Cuchufellos, a sua técnica compositiva e o seu tono estetico-sentimental, advertirvos que seleccionaron os rasgos proprios das tradicións occitanas de "conditione rusticorum" combinandoas coas cadencias habituais do galego de "arrecendo campesino".

Música posta ó servizo de esmorgas, romerías, parrandas, larpeiradas, foliadas, vendimas e folguedos, tendendo a subvertir os estilos sin inhibicions nin psicolóxicas nen sociais.

Música propria de ialmas non corrompidas, unxida de gracia latina e profundidade celtica.

Convidamosvos a gozar ininterrumpidamente, abducidos por estes ritmos hipnóticos e de moi alto voltaxe, que unen igual os xoves de hoxe, como onte unian as tribus primitivas.

Escoita "O Lume Chega" un adianto do novo trabalho:

Para bailadores e cantaroleiros,
para regocixo dos nosos ouvidos e os dos vellos,
poñeros de fronte ou poñeros de esguello,
eiqui están os Cuchufellos e os seus trebellos!!!

Mais Info.: www.cuchufellos.com

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-07-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada do Brasil
Escoitando "Alborada do Brasil", o Atlántico é outra ría que ten fronte a Vigo, pasadas as Cíes, a Río de Janeiro.

Se ata agora Carlos Núñez sacoulle partido á Galicia norteña, a de la "irmandade das Estrelas" que limita con Irlanda e o céltico, mira agora ao Oeste e atópase todo un continente sonoro reflexo deste complexo mundo onde conviven, en pura amalgama, a samba e a muiñeira, Rosalía de Castro e o rap, o "forró" brasileiro e las "treboadas" galegas nun continuo armónico con só a alegría e a beleza como referente. Carlinhos Brown, The Chieftains, a Escola do Samba Beija Flor... son exploradores, xunto a Carlos Núñez, nesta gozosa aventura musical.

Solana
Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Fasero 3
O guitarrista e productor ourensán preséntanos a terceira entrega discográfica da súa traxectoria en solitario, probablemente o seu mellor traballo ata este momento pero que ten por pecado unha versatilidade que neste caso xoga máis en contra que a favor.

Fasero debería aclararse dunha vez e saber a onde quere ir parar porque mesturar nunha mesma obra o "Imaxine" de John Lennon e "A Gaita de Melchor" non resulta nada convincente. En cambio (na parte positiva) hai que resaltar que o modo de tocar a guitarra de Juan Carlos, que patentemente bebe das fontes de David Gilmour e Dan Ar Bras, debería dar moito máis de si do que ofreceu ata agora aos que seguimos o seu, de todos os xeitos, moi interesante quefacer.
S.R.

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Tres discos, trece grupos, trinta poetas
De Carvalho Calero a Lois Pereiro e de Fanny + Alexander a Alexandro González. A música galega máis moza porfía en ollar de vez en cando á poesía. Unhas veces contemporánea, outras veces canónica, por veces ambas as dúas cousas

Non se pode contar a historia da poesía galega sen Antón Reixa nin a da música do país sen un dos seus proxectos sonoros máis situacionistas, Os Resentidos. Talvez estas dúas afirmacións sexan unha soa. Poesía e música, por algunha razón, levan moito tempo a dialogar no campo cultural galego. E o que é máis singular aínda: non deixan de facelo. Lonxe abondo da conexión folclórica, mesmo fóra da taxidermia institucional, as bandas e os solistas mozos porfían en virar a ollada cara aos versos, de agora ou de antes, para poñerlle música ou facelos propios. Mentres o bravú pescaba nos caladoiros identitarios do coloquial e do mundano, a facción máis militante diso que se deu en chamar “a esbourante escea da música galega” hai tres anos apaña nas bibliotecas.

Edicións do Cumio está a piques de editar Once máis 15, un libro-disco no que quince bandas, cada unha do seu pau, adaptan textos poéticos doutros once autores. Uns, xa desaparecidos, como o Celso Emilio Ferreiro ao que se achegan Miguel A. Suárez ou Xurxo Mares, e outros aínda a poñer as súas palabras entre as rodas do capital, como o Antón Lopo que transubstancian Ataque Escampe –remesturados por Galegoz– ou o Daniel Salgado de “Autopoética in progress”, que traen para a música Fanny + Alexander.

Proceso de selección

Trátase dunha iniciativa de Musicarte, un colectivo que se quere nas estremas do que a industria musical pode considerar rendíbel, como insinúa Miguel Alonso, un dos seus activistas. No principio foron os grupos, unha escolma maior que os quince que finalmente figuran no volume, e logo apareceron os poemas, escollidos libremente polos músicos e levados ás demos que chegaron á selección final. Fóra ficaron moitos, máis dos que entraron nos quince cortes, e dentro –á parte dos mencionados– están zimmer 103 (“Se has de chorar”, de Alfonso Pexegueiro), Miguel Alonso (“Nos ollos teus”, de Álvaro Cunqueiro), Anxo Rei (“Contarche hei amiga”, de Darío Xohán Cabana), Roberto Sobrado e banda (“A dama que fala”, do Grupo Rompente), Snail (“Cunetas”, de Luís Pimentel), Meiga do Norte (“Ai!”, de Curros Enríquez) e Julian Ross (“A Rosalía de Castro”, tamén de Curros).

O volume combina os textos orixinais, antes da metamorfose á que os someteron os grupos, e información sobre os autores, tanto dos poemas –biografías en sentido estrito– como das cancións –perfís máis libres que cada banda encargou a quen quixo–. Gravados por cada grupo segundo o seu criterio e cos seus medios, agás casos illados nos que Musicarte e Do Cumio botaron unha man contando co propio estudio de Miguel Alonso, os cortes do disco eran todos inéditos cando se entregaron. Agora, xa non.

Fanny + Alexander

Unha das cancións que comparte este disco con outro é “Autopoética in progress”, baseada nun poema de Daniel Salgado. Logo de entregala para Once máis 15, Fanny + Alexander incluírona no seu último disco, Alfaias (A Regueifa Discos, 2009), unha heteroxénea gravación que arrandea entre o pop electrónico e o acústico e na que o poeta de Monterroso comparte mp3 con outros autores da mesma xeración que Noel Feáns e Efi Arias, quen se agochan atrás de Fanny + Alexander: Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugrís, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e Alberte Momán.

O interese de Fanny + Alexander pola poesía galega estaba no seu primeiro traballo, Lusco e fusco, onde rescataban algúns versos de Manuel Antonio, e sobre todo na súa segunda entrega, inmediatamente anterior a Alfaias. En realidade, Finais dos 70s, principios dos 80s (2007) era exactamente iso: un disco de adaptacións poéticas de autores, iso si, de distintas épocas. Dende Ricardo Carvalho Calero, nacido hai case cen anos, que hoxe podería converterse no protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas, até María do Cebreiro, ou o propio Daniel Salgado dúas dos voces novas da poesía galega.

‘Atrocity exhibition’

Nese disco estaba tamén outro poeta sen o que non se poden escribir nin a historia da música nin a historia da poesía en lingua galega. Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) titulou o primeiro poema do seu debut en libro “Atrocity Exhibition”, como a canción de Joy Division, e nunca deixaría de levar a música gravada na súa palabra. Fose escribindo sobre grupos nas distintas publicacións nas que colaborou ao longo das décadas dos setenta e oitenta, fose escribindo as letras do grupo do seu irmán, Radio Océano –“Narcicismo”, un dos seus poemas máis populares, é difícil de esquecer–, ou fose a través das adaptacións que os músicos fixeron dos seus versos. Aí, os paus tamén son todos. Dende Antón Reixa, que adaptou “Furia” cando Os Resentidos xa eran historiografía, até as máis recentes achegas de O’Leo i Arremecághona –para un documental aínda sen estrear– ou Alexandro González, o último en intentalo dende coordenadas ben diferentes ás dos seus predecesores.

Este músico lugués vén de presentar na súa cidade Oito cancións para oito poemas, un disco que se publica como resultado dunha das bolsas de primeira obra que concede a Fundación Caixa Galicia. Lonxe da vontade performativa de O’Leo ou das estéticas epocais dos Resentidos ou de Radio Océano, González (Salcedo, A Pobra do Brollón, 1981), membro fundador de Capitansonoro e colaborador de Meu, propón unha viaxe mental pola obra do poeta monfortino. Os oito textos, procedentes do segundo e último libro de Lois Pereiro en vida (Poesía última de amor e enfermidade, 1996), póñense nas voces de Xavier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Julián Hernández ou Uxía Senlle, que canta o tema que arrica a gravación. Gravado entre maio de 2008 e xaneiro deste ano polo propio Alexandro González, único instrumentista e compositor de todas as pezas, vén a ser unha interpretación teatral, tanto no espacial como no narrativo, da obra dun dos poetas máis admirados polas xeracións posteriores a el.

Sexa como for, os traballos de Fanny + Alexander, Alexandro González e o colectivo que vai editar Edicións do Cumio veñen a confirmar que o interese das bandas mozas pola poesía en lingua, fagan pop, rock ou música experimental, segue vixente. Lonxe dos tópicos da canción de autor, o folclore ou a homenaxe, dialogan coa palabra contemporánea ou constrúen xenealoxías propias furando na tradición a golpe de portátil. Se a palabra é para quen a traballa, pódese dicir que hai moita máis plusvalía nun tema de Ataque Escampe que na deliberación que terá lugar hoxe na Real Academia Galega. Á filosofía da saudade de Ramón Piñeiro era difícil poñerlle un riff de guitarra ou unha percusión electrónica. Ao próximo, quen sabe, pódelle acaer.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Susana Seivane
Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven»
O cuarto traballo da gaiteira, que saiu á venda o luns, rescata da memoria familiar temas tradicionais


A gaiteira Susana Seivane decidiu presentar o seu cuarto disco, Os soños que volven, na contorna familiar que lle proporciona o Obradoiro de Gaitas Seivane, ou sexa, na súa casa. A súa familia estaba alí, desde o seu avó Xosé Manuel Seivane ata o seu afillado, o pequeno Brais, co que se inicia a cuarta xeración e xa ten a súa propia gaita feita polo seu bisavó.

Entre fotos familiares, roucos, farrapos punteiros e palletas abriuse o acto de presentación da man do dúo cómico Nucha e Moita, composto por José Touriñán e Marcos Pereiro, coñecidos polas súas aparicións nas noites de Luar , quen fixeron un breve e divertido repaso da traxectoria desta gaiteira, que comezou a tocar aos tres anos.

Décimo aniversario
Tras esta intervención, Susana Seivane explicou que «este é un traballo moi especial para min», xa que con este cuarto disco celebra o décimo aniversario da publicación do seu primeiro álbum. A gaiteira non puido ocultar a súa emoción ao recordar o inicio do proxecto: «Son as cancións da miña vida, todas pezas tradicionais recuperadas da memoria familiar que me traen moitos recordos, que tratei de adaptar a un son contemporáneo», apunta Seivane satisfeita mirando ao seu avó, quen comentou ao escoitalo: «Aquí haiche músicos».

Criba
Susana Seivane barallou máis de 200 temas para Os soños que volven, para ao final quedar con catorce cortes. «Foi un traballo laborioso e aínda así contén setenta minutos de música», afirmou Seivane, que adiantou que Os soños que volven será un disco barato, «o luns estará xa na rúa a un prezo de 10 euros».
Susana Seivane agradeceu a entrega dos músicos do seu grupo, que tamén participou na gravación: Brais Maceiras, Xurxo Iglesias , Iago Rodríguez, Carlos Freire e Carlos Gándara.

É un traballo moi persoal para Susana Seivane, que decidiu autoeditarlo e utilizar o local de ensaio como estudo de gravación; ata o xardín da súa casa resultou o lugar adecuado para rexistrar

Unha ollada ao libreto é visitar o álbum familiar dos Seivane, ademais do dos músicos, colaboradores e fans. Outro apartado do que Susana Seivane atópase moi satisfeita é o da achega de músicos como Rodrigo Romaní -«o gran culpable de que eu publicase fai dez anos o meu primeiro disco e que me acompañou en toda a miña traxectoria», afirmou a gaiteira-, ademais da participación de Anxo Pintos (Berrogüetto) coa súa fanfona, un instrumento que Seivane quere incorporar aos seus espectáculos, ou o magnífico violinista Harry Price.
«Non podo evitar a nostalxia nesta viaxe ao pasado», concluíu Susana Seivane.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Mugardos e Keresú publican un disco en galego e guaraní
Cantos das dúas beiras reivindica a lingua como signo de identidade dos pobos

Coa intención de establecer un diálogo musical entre dúas linguas minoritarias o galego Xavier Mugardos e a arxentina Natalia Carossi "Keresú", publican Cantos das dúas beiras, o primeiro disco gravado en galego e na lingua guaraní da comunidade indíxena amazónica. O traballo conxunto dos dous músicos presenta once cancións, sinxelas pero fermosas, construídas con dúas guitarras e a cálida voz de Keresú. O disco foi gravado co mesmo son que o dúo presenta nos seus directos para reivindicar a música como un traballo artesán sen intervención das máquinas.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Once máis 15
Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual.

Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables.
O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan.

-"Se has de chorar" de Alfonso Pexegueiro por zimmer103
-"Nos ollos teus" de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso
-"Ningún lugar seguro" de Antón Lopo por Ataque Escampe
-"Longa noite de pedra" de Celso Emilio por Miguel A.Suárez
-"Non" de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares
-"Autopoética in progress" de Daniel Salgado por Fanny e Alexander
-"Cantarche hei amiga" de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei
-"A dama que fala" de Rompente por Roberto Sobrado e banda
-"Cunetas"de Luís Pimentel por Snail
-"Ai!" de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte
-"A Rosalía de Castro" de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross
-"Outono" de Manuel María por David Taboada
-"Canción para cantar tódolos días" de Manuel María por Elanor
-"Cantan os galos pro día" de Rosalía de Castro por Fucoxabier
-"A xustiza pola man" de Rosalía de Castro por Nao

www.cumio.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
O novo disco dos Terribles de Donas
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os terribles xa teñen disco
A obra editada por Pai Música e gravada en casa de Tolos inclúe un libro escrito polo profesor Santiago Veloso

Entre promocionar a feira de abril e apoiar ao mítico grupo miñorano "Os Terribles", o alcalde nacionalista de Gondomar, Antonio Araúxo, tíñao claro. Así, viu a luz o primeiro traballo discográfico da charanga de Doas, logo de décadas levando alegría a todos os recunchos de Galicia. Abrollido , chámase a obra, que ademais inclúe un libro escrito polo profesor do IES Terra de Turonio, Santiago Veloso, preocupado pola recuperación do patrimonio inmaterial que, como no caso da arte dos Terribles, transmítese de xeración en xeración.

O disco foi editado polo selo Pai Música. Os compoñentes da banda recordaron onte con Segundo Grandío os bos momentos que pasaron gravando os temas nos estudos da Casa de Tolos de Mañufe. Trátase dun produto feito cento por cento en Gondomar cuxa presentación oficial apadriñou onte ao mediodía o alcalde nacionalista na Casa da Cultura.

A estrea terá lugar o 24 de xullo cun concerto na Alameda e en setembro presentarase en Paredes de Coura.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-07-2009 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto do novo disco de Dios que te Crew (descarga directa)


www.diosketecrew.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-07-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Susana Seivane
Comentarios (2) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pito de Pikasso
No mes de maio de 2009 o grupo de Compostela meteuse nos Estudios Pousada Sons de Bertamiráns, para gravar o que o seu primeiro disco: KRAKSH!¡! (2009)

O grupo atual, composto por Luko (voz e guitarra), "Aceite Johnson" Spinelli (guitarra pajillera e coros), Marco Schaal (baixo e coros) e Milo (batería e coros) leva desde o 2004 en activo e con 2 maquetas ás súas costas, sacarán a principios de xullo o seu primeiro disco, no que ademais de recoller as cancións da súa segunda maqueta, engaden novos temas, ata completar un disco de 12 cancións que se poñerá á venda en diversas tendas, a traves da sua paxina web e tamén nos seus concertos.

A isto se engadirá unha presentación de KRAKSH!¡! que os levará por Galiza adiante, que dará comezo en setembro e coas primeiras datas xa pechadas. Podedes escoitar un adianto do disco no seu espazo de Nsaio

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
"Haique" o novo disco de Coanhadeira

Ola a todos, este sábado dia 4 de Xullo, é a presentación do 1º disco do grupo "Coanhadeira".

Será as 22:00, no bar A Grándola, (praza de san Marcial - Ourense

Quedades todos convidados a vir


(http://coanhadeira.com)

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Galega de Danza presenta o CD 'Tradicción'
ANT TV achégase á terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza, unha compañía que leva máis dunha década fusionando ao vivo a danza e a música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal.

A triloxía comezou no 2003 co espectáculo Alento, que foi finalista dos Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación, mentres que a edición en CD da música ao vivo fíxose merecente do Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano 2005, e da distinción de Mellor Disco de Folk do ano para a revista Efe-eme (nº 75).

Engado chegou catro anos despois, e estivo presente na XIV Feira das Artes Escénicas de Galicia, o Festival de Ortigueira 2006, Festival Madrid en Danza 2006, Festival de Danza ESCENA 2007 de Navarra, Festival de Paredes de Coura (Portugal), Festival Internacional Meet in Beijing 2007 (Beixín), a Expo Zaragoza no 2008, ou a apertura da pasarela Gaudí de Barcelona.

Agora chega Tradicción, que recibiu o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica–Galicia. Este merecemento consolida a arriscada aposta realizada por Nova Galega de Danza. A banda sonora creada por Pedro Lamas para os sete bailaríns e bailarinas do espectáculo pode adquirirse nas tendas dende o 16 de xuño.

Pedro Lamas asume a composición e dirección musical, coa achega de dous temas de Jacobo de Miguel. Na gravación do proxecto están Xabier Díaz e Toño Domínguez (voz, gaita e percusión tradicional), Suso Iglesias (acordeón), Ricardo Rozas (guitarra), Juan Collazo (vibráfono e percusión tradicional), Miguel Queixas (batería e percusións) e o propio Pedro Lamas (saxo soprano, gaita e percusión tradicional). As mesturas e a masterización corren por cargo de Guillerme Fernández.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Galega de Danza
O seu é sen dúbida un caso aparte, porque tratándose dun grupo musical suxeito a cambios na súa formación e cuxa principal misión é en realidade poñerse ao servizo dun espectáculo de danza (da compañía Nova Galega), sucede que converte cada un dos seus discos nunha boa noticia para a nosa música tradicional, reelaborada desde un punto de vista vanguardístico.

Fixérono con "Alento", repetírono con "Engado" e vólveno a conseguir con leste ?Tradicción? co que nuevamente un non pode por máis que deterse e escoitar atentamente un repertorio de pezas interpretadas cunha pulcritud, cunha exquisitez e, á vez, cunha modernidad e unha frescura que non se recordan desde os primeiros tempos de Milladoiro.

Faro de Vigo// S.R.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Pancho Alvarez
O ex compoñente de Na Lúa e actual membro da banda de Carlos Núñez, Pancho Álvarez, configura paso a paso unha discografía propia en solitario que alcanza a súa terceira entrega con este "Sólidos Galicianos", peculiar título inspirado nunhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.

Serio e coherente á hora de afrontar os seus traballos, Pancho Álvarez aposta por un enfoque da música tradicional no que o acústico adquire especial protagonismo a través de instrumentos como o bouzouki, as guitarras ou a viola dá gamba. Trátase dunha interesante liña que deu tan excelentes froitos como os de "Entre Trastes" ou o trío Lizgairo. Acompáñalle á voz nesta ocasión unha excelente María Solleiro.

Salvador Rodríguez
Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego
E chegou o momento.
Este era o disco que o que máis e o que menos esperaba de Guadi Galego desde o seu debut en Berrogüetto e trala súa participación en varias experiencias nas que se algo quedou moi abofé iso era que nos achabamos ante a voz feminina galega máis prometedora e seguramente con maior proxección.

?Benzón?, ese paso adiante esta vez en solitario e asumindo todas as responsabilidades, confirma
todos cantos bos augurios prevíanse.
Estamos ante un álbum, se non perfecto porque para iso aínda lle quedan quilómetros por diante, si representativo da onde pode chegar esta cantante dotada cuns excelentes rexistros vocais e un duende provinte diso que en @flamenco chámase jondura.

S.R
Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto Presentación CD Vozes Novas na sala Nasa
O joves 25 de Junho de 2009, na Sala Nasa de Compostela, preséntase às 21:30hs o CD editado polo NOVAS DA GALIZA e no que colabora Komunikando, elaborando um CD de temas inéditos de umhas 15 bandas galegas como: Ataque Escampe, GalegoZ, O Leo, Sacha na Horta, Festicultores, O Sonoro Maxín, Dios Ke Te Crew, A Compañia do Ruído, Xurxo Souto, NAO, Skárnio ou Novedades Carminha. (A participaçom com temas inéditos ou versions sem publicar está garantida na maioria dos casos).

As entradas para o concerto, serám de 8€ anticipada (O Pichel, A Reixa, Gong e web da Nasa) e 10€ taquilha.

No concerto estarám, Sacha na Horta, Ataque Escampe e Arremecághona's Produçións, com a intervençom de O Leo de Matamá e En-Riquinho.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-06-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira
"Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoria" é o novo título da colección Multimedia de Cumio, no que se recorda a un dos gaiteiros das Rías Baixas que máis pegada deixaron en grupos posteriores e que foi fundador do grupo Brisas do Río Ulla.

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose –ademais– de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.
Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.

Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.

A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.

www.cumio.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco `Sons da Limia´
PRESENTACION DO LIBRO-DISCO: Os sons da Limia, Música tradicional

Como continuación do proxecto iniciado no ano 2005 presentouse hoxe no Museo da Limia o libro-disco: Os sons da Limia, Música tradicional na que baixo a coordinación do Concello de Vilar de Santos e o Museo da Limia colaboraron distintas institucións de ámbito galego.

No acto estiveron presentes máis dun cento de persoas entre as que estaban numerosos músicos referenciados na obra así como familiares e autoridades.

Na primeira parte do acto tiveron lugar intervencións por parte do Alcalde de Vilar de Santos e Presidente do Padroado do Museo da Limia, os investigadores e autores da obra, os editores da obra e o Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo. Posteriormente os músicos convidados agasallaron aos presentes cunha demostración ao vivo do seu bo facer.

O Alcalde de Vilar de Santos fixo referencia a que esta publicación contribúe a poñer en valor a cultura tradicional de moitos veciños e veciñas da Limia que son transmisores do noso patrimonio cultural inmaterial. Esta nova publicación significa un paso máis e unha aposta clara pola recuperación, conservación e potenciación da nosa identidade cultural e o noso patrimonio e as tradicións da comarca da Limia. Tamén resaltou a importancia de recoller a información para crear un corpus escrito e documental.

Pola súa banda, o representante da editorial Difusora de Letras Artes e Ideas fixo especial fincapé ao importante número de traballos derivados dun primeiro catálogo do ano 2005. Por sinalar algúns, catro especiais de “Alalá” (TVG), dous programas de “Lume na Palleira” (Radio Galega) así como o premio “Recuncho da Palleta” do ano 2005 ao Museo da Limia.

Ademais, un dos autores do traballo, Cástor Castro, destacou a dificultade da escolla dos materiais que aparecen na publicación entre os que se achan distintos ritmos musicais, romances ou cantos de cego, polo abundante número de gravacións dispoñibles na actualidade.

O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, sinalou a importancia da relación entre universidade e sociedade, que se materializa a través de numerosos convenios con empresas e institucións e traballos como o que hoxe se presentou. Tamén fixo referencia á necesidade de dispor de traballos que valoricen a lingua e cultura galega, como a presente obra, pois a lingua é necesaria para a transmisión da cultura e reciprocamente, a cultura necesita dunha lingua viva para a súa transmisión.

Finalmente o Alcalde anunciou a continuidade da aposta do Concello de Vilar de Santos por este tipo de iniciativas relacionadas co fomento e promoción da nosa cultura, o noso patrimonio e a nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Fanny + Alexander presentan 'Alfaias'
Falamos con Noel Feáns, o 50% de Fanny & Alexander xunto con Efi Arias, sobre o terceiro disco do grupo, 'Alfaias', que segue a 'Finais dos 70, comezos dos 80' (2007) e 'Lusco & Fusco' (2006).

O dúo compostelán presenta un novo traballo editado baixo licenza Creative Commons, que podemos obter en formato físico a traves de A Regueifa Discos, ou descargar en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once temas, percorren o poliédrico pop contemporáneo, dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciaren á actitude experimentadora e a vocación de crear pop en galego.

Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración: Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugrís, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alerbte Momán. Contan tamén coas voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
Como en anteriores ocasións, Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.

O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).

Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.

Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio).
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Tradicción, a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza
O que tes nas mans é Tradicción, a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza, unha compañía que leva máis dunha década fusionando ao vivo a danza e a música de raíz galega, tradición e avangarda con vocación universal.

Tradicción é, igualmente, a derradeira entrega dunha triloxía que comezou en 2003 co espectáculo ALENTO e continuou en 2007 con ENGADO. Agora chega TRADICCIÓN, a consolidación dun proxecto que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica - Galicia. Este merecemento consolida a arriscada aposta realizada pola Nova Galega de Danza, nadando a contracorrente no panorama escénico e musical do país.

Este disco, pois, banda sonora creada por Pedro Lamas para ossete bailaríns que participan do presente espectáculo, ofrece unha achega da noso folclore e dos nosos costumes atravesada co
inspirado filtro duns músicos que, arestora, representan a avangarda da música tradicional galega e participan en diferentes formacións punteiras do país.

O camiño da Nova Galega de Danza (NGD), inédito en Galicia na súa mestura de tradición e danza contemporánea, segue producindo. O seu terceiro proxecto, Tradicción, presentado hai agora nove meses no Teatro Rosalía, sae en disco o vindeiro 16 de xuño. "Comercialmente, a vida dun espectáculo son dous anos e medio como moito, así que aínda estamos na xestación", di Pedro Lamas, compositor e director musical da Nova Galega.

En Tradicción "non hai trampa". "Toda a música que se escoita aquí é a que reproducimos en directo". Masterizado por Guillerme Fernández, o traballo -editado e distribuído por Falcatruada e Lonxa Cultural, tamén dispoñible nas tendas da Rede- responde ao concepto dos seis músicos e sete bailaríns da compañía: a banda sonora do espectáculo. O disco recolle 11 temas que queren achegarse á tradición "máis que nos espectáculos anteriores". Por unha parte, pezas recoñecibles desde Os Ancares a Bergantiños, coma o Alalá do Cebreiro.

Pero tamén composicións das que se recollen a pé feito. "Muiñeira de Sofán correspóndese co repertorio d'Os Queixas, un cuarteto de gaitas que aínda funciona na parroquia de Cerceda, onde puidemos contactar co gaiteiro Manuel Gende". O mesmo acontece co Pasodobre de Carelle, que lle aprenderon ao gaiteiro Manuel Lago, ou Moliñeira de Bazal. A extensión do disco - 61 minutos, e sen DVD- está condicionada polo uso escénico no espectáculo. "Non son temas axeitados para a radio", convén Lamas, "pero o obxectivo do disco non é concibir cortes para radiofórmula".

O de ir máis alá na apertura cara ao tradicional, despois de Alento (2003) e o multipremiado Engado (2007), non o ve coma un paso atrás. "Foi un reto", di Lamas, que xoga coa adicción -"gusto por ese material"- e a polisemia da tradición: "Pretendemos reformular os elementos que forman parte do noso patrimonio e darlles unha perspectiva diferente na coreografía, na música e na escenografía". Na idea de vencellar a tradición a algo recoñecible para todo o mundo, achéganse ao estándar "con respecto polo coñecemento do público, e coidándonos de que non sexa unha caricatura do orixinal". O traballo de NGD, neste sentido, segue sendo aportar visións diferentes para melodías xeralmente pensadas para gaita, redobre e voz. Na súa versión falamos dun conxunto instrumental de vibráfono (Juan Collazo), guitarra (Ricardo Rozas), acordeón (Suso Iglesias), voz (Xabier Díaz e Toño Domínguez), batería e percusións (Miguel Queixas) e o propio Lamas, con saxo soprano, gaita e percusión tradicional).

Desde o debú en 2001, cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz se xuntaron con Xosé Lois Romero -que hoxe dirixe a música de Ovay para Quique Peón, no Salón Teatro- e quedaron finalistas no IX Certamen de Danza Española y Flamenco, Nova Galega convertéronse nunha sorte de pioneiros sen referentes en Galicia. Outra cousa é vivir da música. Ademais de simultanear proxectos, o substento "máis constante" é a docencia.

A xira comeza agora por Sanxenxo e Zaragoza, a falta de confirmarse o cartel do Festival de Ortigueira. O que poida vir despois, e o futuro do Centro Coreográfico Galego, forma parte da mesma historia. "Se a danza xa sofre para achegarse socialmente á xente, todo o que sexa reducir esforzos debémolo lamentar todos".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 16-06-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Tradicción: o novo disco de Nova galega de Danza

Lanzamento para o 16 de xuño: a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza

Xa queda menos para coñecer a terceira e derradeira entrega das músicas da Nova Galega de Danza. Coma o novo espectáculo da compañía, TRADICCIÓN, a banda sonora creada por Pedro Lamas achéganos unha parte do noso folclore e dos nosos costumes atravesada co inspirado filtro de músicos como Jacobo de Miguel, Xabier Díaz, Suso Iglesias, Toño Domínguez, Ricardo Rozas, Juan Collazo ou Miguel Queixas, que colaboran tanto no espectáculo ao vivo coma na gravación do disco.

A música da montaxe de TRADICCIÓN, que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica Galicia, sairá á luz o martes 16 de xuño.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 11-06-2009 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada do Brasil: Novo disco de Carlos Nuñez

O gaiteiro galego Carlos Núñez conta para La Voz de Galicia a súa experiencia de un ano en Brasil dedicado a investigar e a preparar o seu novo disco, «Alborada do Brasil», de próxima aparición

Veño de pasar un ano percorrendo Brasil, gravando o meu novo disco. Lanzarémolo dentro de dúas semanas. Chamarase Alborada do Brasil en homenaxe a unhas proféticas palabras que deixou escritas o meu avó. O seu pai, meu bisavó, José María Núñez, emigrou alí a principios do século XX dende A Mezquita (Ourense) e desapareceu. Sempre se dixo que o mataran por celos profesionais. El era músico, coma min, e sempre sospeitei o que as pesquisas están confirmando: que, en realidade, como moitos galegos, iniciou unha nova vida no Novo Mundo.
Pero isto non é o máis importante da historia. A cuestión é que esta frutífera exploración musical acabou por se converter nunha auténtica viaxe iniciática na que aprendín unha chea de cousas que atinxen a Galicia. Estas son as que gustaría de compartir con vós nesta serie de artigos que hoxe comeza, esperando que as miñas andanzas polo Brasil sirvan a máis xente.

Onde pervive a alma da gaita
Brasil sempre ten sido para os galegos unha patria secreta onde desaparecer. En Brasil falan a lingua seguramente máis semellante ao galego que existe, se non é a mesma... No Brasil segue viva a alma da gaita, transmutada noutros instrumentos. Alí, a cultura das cantigas medievais galego-portuguesas, os nosos instrumentos musicais cáseque desaparecidos, as nosas tradicións... mesturáronse e fixéronse universais. En Brasil vive o noso pasado e quen sabe se o noso futuro.

Alí atopamos a nosa desexada síntese entre a cultura urbana e rural. No Brasil, as ondas do mar, a alborada, as noites de luar, as estrelas, as fogueiras de san Xoán, as sereas, as bruxas e o orballo, por non falar dos nosos diminutivos... gozan do glamour do artisticamente universal. Dito con outras palabras: no Brasil vive unha Galicia cool . Imaxinade a cara coa que ficaron os da Sony cando lles contei todo isto mentres escoitabamos o disco: «¡Carallo con estos gallegos! Ahora van y crean la música galego-brasileira!».
O caso é que volvo a casa convencido de que a nosa relación con Brasil pode ser clave para Galicia na nosa continua reinvención do país e, por que non dicilo, na creación de novos mercados. Sei que está todo por facer, pero penso que poderíamos estar diante dunha nova conexión artística tan potente como foi a música celta, coa que dalgún xeito conseguimos, dende mediados dos anos noventa, poñer a Galicia no mapa para moita xente.

Na ronda de sabios que entrevistamos para o documental que estamos a facer en paralelo ao disco, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, xa nos avisou: «Brasil é unha grande aposta, non só económica, senón tamén cultural». O meu amigo Manuel Bragado, director de Xerais, resumiuno en tres palabras: «Brasil somos nós». Hai pouco tempo, Juan Luis Cebrián foi aínda máis alá e dixo que «Galicia ten a sorte de ser a terra das cantigas e pode ser a ponte de España e Europa co Brasil».
Sorprende que semellante mina non teña sido explorada por Galicia. Brasil non forma parte do noso imaxinario de afinidades como Arxentina, Cuba, Irlanda ou Portugal. Ata agora a nosa relación con este xigante de xa case douscentos millóns de habitantes debémoslla ao calado e tenaz traballo dos nosos emigrantes, aos non sempre comprendidos reintegracionistas e amantes da lusofonía e a algún pioneiro como don Valentín Paz Andrade, que nos anos setenta publicou unha xoia da que xa falaremos a próxima semana e que nos descobre un novo concepto: a Galecidade do Brasil.

Ninguén lles dixo de nós
O brasileiro de a pé descoñece a existencia de Galicia. Non é a súa culpa, nunca llo contaron. Era duro para Portugal recoñecer que parte da súa cultura vén dun territorio «lá na Espanha». Incluso ignoran onde está exactamente Santiago de Compostela. En cambio, o Camiño fascínaos, proba é o éxito sen precedentes do escritor Paulo Coelho.

Cando descobren que «todo iso» vén dese misterioso país, que non trae aparellado o «imperialismo» europeo, que tanto amola aos brasileiros, entón apúntanse sen dubidalo... Dalgún xeito Galicia axuda aos brasileiros a descubrírense a eles mesmos, nunha parte da súa historia que nunca lles contaran.

Nélida, a introdutora

Comeza a renacer un orgullo sen precedentes. A galego-brasileira Nélida Piñón, primeira muller presidenta da Academia Brasileira das Letras, nas súas aparicións televisivas e na súa obra, fala habitualmente do seu pequeno país de orixe. Trátase dunha persoa cunha intelixencia e enerxía deslubrantes.
Nélida foi un dos meus introdutores na jet cultural de Rio de Janeiro. Nas elites brasileiras dáste de conta do importante que é a música para o país. Todos, absolutamente todos, dende os escritores, os políticos, os empresarios, os militares... saben de música. Todos teñen os seus gustos musicais ben definidos e saben que no fondo, a música é unha das identidades máis fortes de Brasil, por enriba doutras artes. Lembremos a Gilberto Gil como carismático ministro de cultura.
Cecais o único lugar do Brasil onde todos saben que é un galego sexa Salvador de Bahía. Alí a nosa comunidade é potente e está moi ben organizada. Carlinhos Brown contounos que os galegos foron os primeiros en darlle traballo, nunha panadería. Gravar con este xenio indomable foi algo máis que música, foi unha experiencia antropolóxica.

Ter diante ao meu tocaio do Candeal ulíndote e examinándote, como faría un paisano noso, confirmoume a teoría que fun consolidando en Bahía: que entre negros e galegos hai algo moi profundo que nos une e produce unha irreprimible atracción. Quizais por iso no Brasil galego tamén significa 'louro, rubio, branquiño'. Son os opostos que se atraen.

Os outros grandes centros actuais do «poderío galego» son São Paulo e Rio de Janeiro. Alí, é curioso que máis que exhibirse, sempre tenden a esconderse misteriosamente... No Brasil os galegos aprenderon a organizarse en empresas con varios socios. Raro é atopar cabezas visibles, con excepcións que ben darían unha novela ou un filme...

Os galegos alí sempre se camuflaron como portugueses, máis que españois, ou simplemente como brasileiros. Este é un país que se come todo, non crea guetos étnicos. Todo ser humano transfórmase nun tempo récord en brasileiro. Iso mesmo acho que fixo o meu bisavó.
É posible que as percepcións dun músico non sexan científicas, pero como dixo un tal Leite de Vasconcellos: «Os artistas adivinham muitas vezes o que, por outro lado, os investigadores de História descobrem a custa de fatigante labor cerebral».

Carlos Núñez
La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-06-2009 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
O novo disco de Fía na Roca

É o sexto disco do grupo, gravado quince anos despois daquel primeiro 'Fía na roca' (1993), que chamara a atención mesmo da BBC, e servira para promocionar o Xacobeo 93 en toda Europa

Montaran daquela unha editora (Antirritmo C.B.) logo de autofinanciarse a gravación. Fía na Roca funcionou sempre de xeito independente. “Cando comezamos, no 93, a cousa estaba mal, e agora está peor”, afirma Vázquez. “Sobrevaloráronse as producións e non se souberon adaptar os prezos. A xente perdeu moito o hábito de mercar discos”. Coa iniciativa conxunta con A Nosa Terra que están a desenvolver queren evitar intermediarios, mover o disco practicamente do produtor ao público, e conseguir que sexa máis doado para a xente mercar o disco. “É un xeito de comercio xusto”. A respecto da independencia na produción, explica Vázquez que “tal e como funciona o mundo do disco, moitas veces vímonos obrigados: Unha discográfica grande significa moitos compromisos, e nós non queriamos nada que nos atase”.

E o reto non queda aí: en Quince maios achegan moito máis ca música. Trátase dun DVD onde podemos ver o concerto co que Fía na Roca celebrou o 15 aniversario no Teatro Principal de Compostela para gravar Quince maios. “É bonito, ademais de escoitar un grupo, velo tocar”, afirma Vázquez. O DVD achega unha serie de regalos de persoas que acompañaron a Fía nesta andaina de década e media, coma Mini, Uxía ou Miguelanxo Prado, artífice da portada do primeiro disco. Trátase de 16 temas que recollen a evolución do grupo. “Non fomos moito de sacar un disco e despois facer concertos arredor dese repertorio”, explica Vázquez. “O noso directo foi medrando con cada nova achega. Fía na Roca traballou bastante en estudio, pero nesta ocasión queriamos reflectir a alma do grupo, que é tocar en directo”. Parécelle importante xerar este tipo de material discográfico, “nunha época en que pecamos un pouco de exceso de produción e edición. Interésanos o directo por riba dos artificios”.

Quince anos de historia

Xosé Ramón Vázquez e Xabier Bueno xa se coñecían da agrupación vilalbesa Xorima, que se desfixera no 89, cando lanzaron unha proposta que bebía da tradición sen renunciar ás innovacións. Coa incorporación do violinista Quim Farinha e Xosé Enrique Comesaña nos instrumentos de corda (ambos os dous se incorporarían despois a Berrogüetto), gravaron Fía na Roca no 91. Dirixiu a produción artística Luís Delgado, que tamén tocaba diversos instrumentos (entre eles a autoharpa), e aínda houbo sorpresas, coma a presenza de Segundo Grandío, baixista de Siniestro Total, Carlos Castro na percusión, e Ana, Carme e Leo Bueno nas pandeiretas. Xoán Manuel Estévez cualificou, nunha crítica n’A Nosa Terra, aquel traballo como folk experimental, “en permanente encrucillada”. Gravouse no 91, pero aínda tardou dous anos en saír.

“Realmente houbo un momento forte no folk contra finais dos 70 e comezos dos 80”, explica Vázquez, “e cando nós empezamos co proxecto levabamos xa un tempo noutros grupos. O que queriamos era facer música folk saíndo un pouco do celtismo, que era o que se levaba daquela, partindo da tradición e tamén de músicas do mundo, pero non as estándar. Eses foron os principios fundacionais. “A historia de Fía, como moitas outras historias, ten as súas turbulencias. Logo de varias entradas e saídas de xente consolidamos o que queriamos facer”.

Para Agardando que pase algo, no 96, incorporáronse Gião Rodrigues á guitarra, Roberto Santamaría ao violín ou o baixista Pablo Pérez. No seguinte traballo, Contravento (2001) incorporouse a vocalista Sonia Lebedynski, que daquela tiña quince anos, pero axiña había dar moito que falar. “Foi unha incorporación importante”, salienta Vázquez: “empezou como colaboradora, pero foi unha chispa que deu lugar ao cambio. Eramos un grupo instrumental, como moitos outros, e foi unha oportunidade para achegármonos ao público. A voz, o idioma, sempre tenden unha ponte”. Naquel ano coincidiron no festival de Ortigueira coa formación quebequesa La Bouttine Souriante, que estaban a celebrar o seu 25 aniversario, e convidáronos a participar nun documental que estaba a gravar sobre o grupo Renal Bellenare.

Celebrando aniversarios

Despois viñeron Dez anos ao vivo, que gravaron no Teatro Principal de Compostela no 2003, para celebraren a primeira década, e Vente Vindo, xa no 2007, “un golpe de temón” no rumbo da banda, ao cobraren xa as pezas cantadas especial relevancia. Ao maior protagonismo da voz de Lebedynski. Ademais, o grupo gravou, desta volta, todo xunto, o mesmo que nun concerto, para conseguir un resultado natural, que soase próximo e vivo. Por desgraza, había dúas ausencias notábeis: a de Xabier Bueno, fundador e puntal do proxecto, e a de Cris Gándara, contrabaixista, pero os que están seguen coa mesma forza: entran Xabier Olite, ex-Psicofónica de Conxo, aos baixos, e Roberto Rama, coas gaitas, saxos e low whistles, e seguen Sonia Lebedynski, X. Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrigues e Roberto Santamarina, ademais de Pablo Barreiro, técnico de son e responsábel da gravación.

Fía na Roca inician unha xira de verán, que os levará pola Bretaña e Portugal, entre outros lugares.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-06-2009 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
O novo traballo de Fía na Roca xa está á venda

'Quince Maios', o DVD-aniversario de Fía na roca, xa está á venda, trala presentación oficial da semana pasada.

Este novo traballo de Fía na roca consiste nun DVD co concerto gravado hai un ano no Teatro Principal de Santiago de Compostela, ademais de entrevistas e comentarios do grupo e numerosos músicos que veñen de traballar con eles.

'Quince Maios' poderase conseguir ata finais de xuño cada xoves con A Nosa Terra ao prezo de 14€ (12€ o DVD, 2€ o xornal), e a partires de entón, en tódalas tendas de música, a 15€.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-06-2009 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
O novo disco de Guadi Galego
A cantante presentou o seu traballo en solitario o pasado mércores 20 de maio, acompañada nunha concorrida presentación, no restaurante compostelán O 16, por Guillerme Fernández e Uxía Senlle. O volume xa está á venda dende o 17 de maio.

A gaiteira cedeirense, voz de Berrogüetto durante dez anos, pianista, profesora e artista hiperactiva que non deixou de participar en proxectos (dende Espido, con Guillerme Fernández, até Nordestin@s, con Abe Rábade e Ugia Pedreira, pasando por Rosalía 21) saca agora ó mercado Benzón, un disco no que conta coa colaboración de Fran Pérez, Pedro Lamas, Pedro e Pablo Pascual, Guillerme Fernández, Xavier Díaz, Germán Díaz e Odaiko.

Son dez temas os que este espectacular plantel se encargou de arranxar, tanto melodías tradicionais coma composicións da propia Guadi. A música tradicional dálle a man ao folk, o jazz ou o pop a través das letras de Uxía Senlle, Ugia Pedreira, Manolo Maseda e Rosa Bugallo, e co talento de Leilía, Abe Rábade, Santi e Uxía Cribeiro, Quim Fariña, Marcos Vázquez, Suso Iglesias, Sergio Sieiro, Xacobe Martínez Antelo e Leandro Delltell, que tocan ou cantan.

Un disco "para pensar e sentir"

Son en total 25 persoas as que participan xunta Guadi Galego na edición deste disco-xoia, que conta coas fotografías de Karlos Abal, e se presenta como un fin en si mesmo, xa que non vai haber directos. Guadi sinalou que a súa intención era facer unha revisión das melodías tradicionais, a través dun tratamento "plural": "que cadaquén lle dese a súa impronta á música". De aí o ceo, fotografado por Karlos Abal, como metáfora: "como reflexo, como lugar sen fronteiras".

"Á multiplicidade de estilos acompáñaos a unidade da voz de Guadi", explicou Fernández. Dende o canto tradicional das Leilía ao jazz de Rábade ou o pop de Narf, o resultado é un disco "para pensar e sentir. Non é posíbel o directo, porque non poderiamos estar todos e todas. Este é un disco moi conceptual, que tiña que quedar aí, no disco".

Galego, que escolleu o hiperenxebrismo "benzón" (a opción normativa sería "beizón") para lle dar "as máximas grazas" a toda a xente que colaborou con ela, sinala a Muiñeira de Concha de Luneda (unha señora da Paradanta que é a expresión viva do folclore), que conta con arranxos de Pablo Pascual, como un dos temas máis representativos. As coplas recollidas en Luneda din "vivan os da miña terra / e máis os do outro lugar". Do local ao universal, da tradición ao que non ten fronteiras. Velaí o espírito de Benzón.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-06-2009 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ataque Escampe
ATAQUE ESCAMPE - A grande evasión

Porque existe o mundo e pode ser de todas... Despois de Galicia es una mierda, Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela.


Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar. Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us. A aventura pode comezar.

Contacto: ataqueescampe@gmail.com
(+34) 625789363
Myspace: http://www.myspace.com/ataquescampe
Blog: http://ataqueescampe.blogspot.com

Podes baixar un Zip de 66 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado:
http://aregueifanetlabel.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 02-06-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Á venda o novo disco de Fía na Roca

Agora si, a saida definitiva do DVD Quince MAIOS será o 28 de Maio.

Venderase con A NOSA TERRA (xornal) por 12€ durante os seguintes días: 28 de Maio, 4, 11 e 18 de Xuño.

Reservao no teu quiosco!!!

www.fianaroca.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-05-2009 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Fanny+Alexander
FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)

Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma.


Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

www.aregueifanetlabel.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
´Benzón’ novo disco de Guadi Galego

O mércores 20 de maio ás 12:30h celebrárase a rolda de prensa de presentación do novo disco de Guadi Galego.

Será no restaurante “O DEZASEIS” de Santiago de Compostela e a ela asistirán unha grande representación dos músicos que participaron no disco, entre eles, Uxía e Guillermo Férnandez, que arrouparán a Guadi na presentación do disco.

Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións.

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.

Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a
súa revolucionaria irrupción.

Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.

Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.

Cativa e seduce polo fondo sentimento que lle imprime á súa música, pola intensidade coa que di cada sílaba como se quixera salvarnos do medo e da dor. Emotiva e fráxil, serena que serpea nos nosos corazóns, os pés nus nunha terra que ama e que fai máis nosa cando ela a viste co seu canto.

O tempo se cadra, para de vez, e déixanos beber a amizade nunha taberna ao norte do alén.

www.folque.com

www.guadigalego.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-05-2009 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer