Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Trasmundi
TRASMUNDI pon son á nosa mitoloxía

“En tempos que se foron…”. Con esta expresión, iniciábase antigamente o ritual da narración oral de contos, lendas ou historias. Hoxe, Trasmundi recupera estas palabras para convidarnos a facer unha viaxe sonora a través do imaxinario colectivo galego.

En tempos que se foron… é o título do novo traballo discográfico do grupo Trasmundi, formado por Moisés Quintas nas frautas, guitarra e mandolina, Xosé Manuel Fernández no piano e acordeón e Rosa Gayoso no violín. O trío galego compón a súa música, nesta ocasión, inspirándose en seres máxicos da nosa mitoloxía como o Trasno, as Lavandeiras ou a Maruxaina. Trasmundi consigue crear composicións que nos ofrecen a descrición de cada un destes seres, mergullándonos nun mundo de fantasía que perdura nas xentes do noso pobo desde hai moitos anos.

www.trasmundi.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Irtio
Vórtice, este é o título co que a banda de folc galego, Irtio, retoma a súa actividade discográfica despois dunha pausa de case sete anos.

Cunha formación máis asentada e experimentada, anque cunha liña de traballo e procedementos similares a Mar de Pedra, Irtio incorpora unha novidade substancial: a voz masculina de Rodrigo Cuevas. Este folc postmoderno con sabor atlántico, ven a continuar aquel son anovador de Mar de Pedra co que sorprenderon no ano 2003, sen deixar de lado as raíces tradicionais. Este remuíño de sonoridades amalgamadas, densas tímbricas e as máis elaboradas sutilezas son o froito de anos de laborioso traballo e reflexión, no que se amosan a sensibilidade e a particular forma de entender a música tradicional e as músicas actuais.

www.irtio.com

Vindeiro concerto:
26 de novembro - O Lar (Noia). Entrada de balde

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Seserit
Seserit é o antigo nome dunha parroquia rural galega. A parroquia foi ata hai ben pouco o xeito de asentamento e vida en Galiza.

Obviamente xa non é nin moi viva nin forte, a parroquia rural leva anos perdendo poboación e está a desaparecer: Antes como consecuencia de políticas esóxenas–cando Galiza non tiña ningún tipo de poder político–que forzaron a saida de milleiros de persoas fóra de Galiza. E agora–dende que xa temos goberno autónomo–pola mesma razón pero con colaboración endóxena, cunha emigración maioritariamente ás cidades e vilas do país, como resultado das poucas posibilidades de futuro que nos deixaron no rural, ficando as parroquias con pouca xente e avellentadas.

Galiza debe ao mundo rural o seu idioma, a súa idiosincrasia, a súa retranca, a súa cultura etc mais a pesares disto grande parte dos galegos sempre renegaron deste mundo, aínda procedendo del. Porén a música e letras de Seserit inspíranse principalmente nel, porque esmorecente aínda respira.

www.myspace.com/seserit
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo EP de Magritte
MAGRITTE formase en Ourense no verán do 2008, ano no que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa” sendo presentada en directo en moitas das salas de concertos de Galicia.

Aproveitando estes concertos para dar forma e solidez as cancións e o son do grupo , así despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entran nos Estudios Abrigueiro e graban o seu primeiro Ep (6 cancións), e contan coa colaboración de “Eladio Santos “ de Eladio y los Seres Queridos poñendo a voz na canción titulada ”Varsovia” e de “Arturo Vaquero” gravando todos os teclados que aparecen no EP.

www.magrittemusica.com

Presentación de "Vendaval EP"

Xoves 25 de Novembro na Sala Moon Music Club de Santiago de Compostela a partir das 23:00, xunto ca banda de versións "Los Martinez (Rock Hudson)"

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
As guitarras afiadas de Noise Project
Título: Asuntos que se resolven co tempo
Grupo: Noise Project
Edita: A Regueifa Plataforma


O sexteto de Valga Noise Project, formado por Raúl Santiago (guitarra e voz), Vítor (batería), Óscar Cereixo (baixo), Xavi (guitarra), Ernst (laptop) e Álvaro (guitarra,voz) preséntase co seu primeiro longo, despois de Teleclube (2007), cun traballo no que a conxunción e a mestura de estilos son predominantes en todas as cancions do disco.

O post-rock e o noise (“Que se pare o mundo cando me dea o sol”, “A casa do ancián”) altérnanse con paisaxes oníricas e medios tempos (“A madalena”, “Gin tonic con Ali Agca”). Tamen hai lugar para composicions onde a melodía conquista dende a primeira escoita (“Deus”).

Un disco de guitarras afiadas, distorsionadas e atmosféricas no que as voces xogan o seu papel coma un instrumento mais, todo iso sumado a unha coidada produción, letras integramente en galego e ecos que recordan a referencias nos estilos devanditos coma Mogwai, Explosions in the sky, Godspeed you! Black Emperor ou os omnipresentes en todo o disco Sonic Youth.

Grabado no estudios Círculo Polar (O Grove) o disco está producido por Iñaki Bea e eles mesmos e conta cunha coidada edición na que a única pega é que non se incluísen as letras.

Agardamos impacientes as futuras entregas deste prometedor grupo dentro dun movemento de vangarda aínda non moi explorado nas nosas terras

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega celebra dúas décadas na música tradicional co disco ‘XXI’

Vinte e un son os anos que levan os Noitarega ofrecendo ao público a súa visión da música tradicional do país. A esa data de andaina polos escenarios fai referenza o título do seu máis recente traballo, XXI, que constitúe o terceiro dentro da súa carreira musical.

Chama a atención os poucos álbumes publicados en dúas décadas. “A razón principal é que algúns dos compoñentes da formación non viven da música e iso condiciona o funcionamento da banda, pero tamén cómpre ter en conta que nós sempre consideramos o disco como unha carta de presentación e que a nosa razón de ser non era gravar, senón realizar concertos para ter contacto directo co público”, sinala Xosé Oliveira, gaiteiro da formación.

Estes son malos momentos para contar con moitas actuacións, “e co paso dos anos podemos dicir que resulta complicado manter un grupo das nosas características, xa que quedan poucos. Os concertos non son moitos e os cachés non son altos. Houbo un periodo en que notamos un certo baixón e coincidiu coa eclosión de propostas folk. Penso que agora é un momento de volta ás raíces e que as novas xeracións, moi eclécticas nos gustos, demandan música tradicional”. Como tantos outros músicos galegos deberon recurrir á autoprodución para editar este traballo. “Iso é consecuencia das condicións que ofrecen as discográficas. Compénsanos máis facelo así. Deste xeito, ti mesmo sementas e es o que recolles as patacas se a colleita sae ben. De momento non nos podemos queixar porque levamos vendidos case mil exemplares”. Na obra existen nomes que salientan, ao aportaren tres composicións ao álbum. Trátase de Moxenas, Henrique Otero e Carlos Justo. Dous dos gaiteiros de Noitarega foron alumnos e veciños de Moxenas, e os percusionistas acompañárono nas súas actuacións durante cinco anos. “Foi o noso mestre musical e referente na forma de tocar e entender a gaita”, indica Oliveira. “Otero é a outra parte do espello, o músico con formación que non tocaba de ouvido e mantense como outro referente claro para nós, mentres que Justo é un compositor cunha gran capacidade creativa”.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación en directo de A Tribu
A TRIBU grava o seu primeiro disco
Non faltes!!


www.jazzfromgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-10-2010 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Mercedes Peón

O 22 de novembro de 2010 sae á venda o seu novo disco: SÓS

MERCEDES PEÓN
NOVO DISCO …---… SÓS


Participou en máis de 300 festivais.
Actuou en máis de 30 países.
Colaborou con artistas de distintas disciplinas
É unha das artistas máis interesantes e con maior proxección internacional da escena actual.

…---… SÓS é o seu cuarto disco e un punto de inflexión na súa carreira.
Cos seus discos anteriores conseguiu situarse como unha das artistas máis interesantes da escena world music a nivel europeo.

Co seu novo traballo, Mercedes da un paso máis como productora, compositora e cantante, traspasando as fronteiras das músicas de raíz para situarse á vangarda da música, sen etiquetas.

…---… SÓS un sofisticado concepto que sorprende, impacta e ao mesmo tempo, agarima. Intensidade sonora non agresiva, mensaxes poderosas, elevadas. Crítica social e pensamento construtivo.

unha pesquisa persoal que resulta universal

O tratamento do acústico como eléctrico e do eléctrico como acústico sitúanna nunha nova esfera onde a súa proposta pode ter cabida en festivais como Sonar, Coachella ou Burning Man.

En ...---... SÓS, amósanos a súa evolución persoal e a súa consolidación como artista plural e multidisciplinar.

Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma. ...---..., é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, enténdese como unha superposición de capas e unha investigación incansable de novas formas de expresión para chegar o que lle interesa:

emoción, sensibilidade, transmisión, trance, comunicación.

Sós pretende chama-la atención sobre a creación colectiva, sinónimo de tradición e pór en evidencia os clixés que manexamos, dando espacio ao singular.

foi escollida polo esixente comité do Womex para presentar a súa nova proposta

VANGARDISTA
ANCESTRAL
MODERNA

Edición limitada en caixa metálica serigrafiada.
Distribución internacional en Francia, Alemaña, UK, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Portugal, Xapón
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-10-2010 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Manual de sedución: o novo disco de Marful
O disco mais surreal, o disco mais desexado da Galiza.

Marful liderou unha revolución musical, en canto a arranxos, estética e letras de cancións.

Marful, o grupo do que os seguidores e seguidoras din que “é o mellor que lle pudo pasar á musica galega nestes últimos 10 anos” presenta o seu segundo disco. Tras a a grande acollida e as sorprendentes vendas do primeiro, co que percorreron palcos europeos e americanos e co que gañaron o premio do público ao mellor disco do ano 2006 na Radio Galega.

Agora levan “colgadas almas perdidas” e presentan un Manual para seducir de principio a fin, no que o amante ótimo é unha crianza medrada, un (ou unha) exibicionista emocional. Un disco que seduce en sosego, fai preguntas e acepta a contradición. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans osman posibilidades.

Marful ensina a súa cara impresionista, as letras surrealistas, mesmo patafísicas, e unha variedade tímbrica instrumental para danzar twist, slow, swing, pasodobles, jotas e mambos.

Manual de sedución é un disco luminoso, exuberante, viaxeiro, lisérsico, onírico entre o espazo e o tempo. Desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensións de vides, do superficial ao profundo sen acritude, do corrosivo ao naif sen permiso.

Marful déixase seducir pola música popular galega, pola música italiana da Orquestra Strappini, polas amizades e as constantes viaxes e a Cuba e Brasil. E pérdense nas voltas da música ambulante, das variettés e das piscadelas ao music-hall. O resultado é un son clube, vintage e cool co carimbo do realismo máxico galego cheo de tópicos galego-portugueses e cargado de retranca.

En Marful ou ben a linguaxe poética se extende até converterse en rival da música ou as dúas camiñan da man. Uns arranxos e unhas letras que non deixan a ninguén impasíbel.

Grazas a un extremo poder de desafio, en Marful atópanse tres músicos con maiúsculas e unha voz de intelixencia cautivadora: Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira. Catro sedutores que saben gañar o aplauso e o cariño do público alí a onde van.

Manual de Seducción está gravado nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado nos meses da primavera 2010 e foron acompañados nesta viaxe polos seus amigos e colaboradores habituais: Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (bateria e percusións) de Sumrá.

A imaxe gráfica está asinada polos mellores deseñadores da vangarda galega. Dous patafísicos convencidos. O deseño do disco é de Misha Bies Golas e a fotografia do Pastor. O vestiario é dunha nova promesa, o deseñador Gonzalo Vázquez.

Ademais, contaron co talento e presenza de compañeiros como :

David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violín), os cubanos Alejandro Vargas (piano) e José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (voz, narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha de Berrogueto (violín) e Germán Díaz (serra).

Podedes comprar as entradas para o concerto de lanzamento no Teatro Colón da Coruña o 16 de setembro aqui.

www.marful.info

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-09-2010 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco da Banda das Crechas
A BANDA DAS CRECHAS, 14 de setembro a venda o seu album de debut ABDC

A Casa das Crechas é un universo colectivo que comezamos a construir entre todos hai vintetrés anos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo ...alleo. Ese universo ten hoxe a faciana e a voz da Banda das Crechas, un conxunto aberto, unha banda 2.0. na que músicos habituais e intérpretes ocasionais se unen para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada.
Este disco é o rexistro dunha desas noites de música e de baile nas que a Casa das Crechas honra a súa historia converténdose, unha vez máis, no lugar de encontro que leva sendo dende mediados do século XIX.

ABDC é a banda sonora deste noso universo colectivo. Unha banda sonora que é historia, compromiso e paixón e que ninguén pode interpretar mellor que A Banda das Crechas. Porén, neste grupo de artistas aberto e plural tampouco caben todos os intérpretes. Os outros, os que non están nesta gravación, son todos aqueles que ao longo destes anos fixeron que a música tivese vida na Casa das Crechas. Autores anónimos e autores ben coñecidos, músicos e non músicos que trouxeron as culturas do mundo e que, no encontro, levaron a nosa cultura polo mundo. Este disco é a mellor homenaxe a todos eles e a todas elas e a todos aqueles espazos que, como a Casa das Crechas, son lugares de encontro... e de paixón.



Comentarios (3) - Categoría: Discos - Publicado o 01-09-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco Aló Irmao!
A constitución do dúo entre o cantautor Narf (Fran Pérez) e o guitarrista e percusionista guineano Manecas Costa foi unha gratísima noticia para a música galega (ou para a música feita en Galicia, como prefiran).
O afortunado resultado pode agora apreciarse en leste "Aló Irmao!" que reflicte as dúas noites de concerto que se celebraron os días 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago. Mentres Manecas atopou ao seu mellor interlocutor en Galicia, nunca antes as composicións de Narf brillaran tanto. // Salvador Rodríguez

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-08-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao novo disco de Emilio Rúa
Deu un gran paso cara adiante o cantautor ourensán Emilio Rúa no seu terceiro traballo discográfico. Niso, non cabe dúbida que axudou o feito de contar con colaboracións vocálicas cales as de Guadi Galego e Uxía Senlle e instrumentistas como Marcos Teira, Quim Fariña ou Budiño.

Engadir a iso a produción da mencionada Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus, o "habitat" da Casa de Tolos e un Emilio que semella máis seguro de si mesmo que nas súas entregas iniciais e obteremos que "Interiores", sen ser unha gran marabilla, é un dos mellores discos "de cantautor" editados en Galicia nos últimos tempos. Rúa atopou un camiño, si, e bo será que siga avanzando e apostando polo que el de verdade cre. // S.R.

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-08-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Safari Orquestra
Ben Deitei : Rap nas pistas de Frigsa, un alumno na escola blue note, torta de Guitiriz, un caboverdiano en Burela, a ra de Lourenzá cuspindo auga con decisión, un neno ilusionado cos seus zapatos novos. Todo isto é Ben Deitei, un disco cargado dos ingredientes evolucionados e mellor mesturados, que durante estes anos acompañaron os directos de Safari Orquestra: Beats electrónicos, acid‐jazz, soul, house y funk.

Unha obra harmónica que xunta diferentes puntos vista sobre a realidade, o que lles outorga licenza para practicar estes estilos sen ningún tipo complexo, respectando sempre, iso si, as raíces. A voz da cantante Najla Shami acerca sensacións suaves e contundentes ó tempo que reforza, con novas melodías e matices, temas como Distancia, Visións ou Xirando conseguindo que Ninguén sabe se transforme nunha canción escuramente deliciosa cando a letra é
unha das máis duras do álbum.

www.myspace.com/safariorquestra
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-08-2010 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Música de autor en galego
Miguel Alonso edita o seu primeiro disco integramente na lingua do país, "A noite dos cans", que inclúe 12 temas intimistas e de denuncia da precariedade laboral ou do capitalismo

A noite dos cans é o primeiro disco gravado integramente en galego polo mozo cantautor ferrolán Miguel Alonso. Doce temas cargados de intimismo pero tamén de denuncia á precariedade laboral, á violencia machista ou ao capitalismo salvaxe. Despois de varias maquetas e do seu CD autoeditado Luz de guía (2007), Alonso presentará o seu novo traballo o 30 de xullo ás 23:00 horas na Sala Moon de Compostela.

Por que decidiches gravar este disco integramente en galego?
Foi o seguinte proxecto. Tiña pensado facer nalgún momento un disco en galego e cando tiven a posibilidade de editar o disco, simplemente me saíron as cancións neste idioma.

En que momento da túa traxectoria chega este traballo despois de gravares maquetas como "Aprendiz de poeta", "Está escrito en la calle" ou "Cartas al espejo"?
O ano pasado producín un libro-disco para Edicións do Cumio, que se chamou Once máis 15, sobre musicalización de poemas galegos. Logo de traballar tanto con isto, en tres ou catro meses compuxen os meus temas.

Ese libro-disco do que falas, "Once máis 15" en 2009 xunto co disco MusicARTE en 2008 son os teus traballos como produtor.
Os dous discos producímolos para a Asociación MusicARTE, que montamos un grupo de músicos de Santiago e foi unha experiencia previa moi bonita para o meu propio disco.

Algúns temas falan de sentimentos mentres que outros son cancións de denuncia social.
Habitualmente nas outras gravacións que fixen falaba máis de temas sociais. É un disco máis intimista pero tamén falo doutros como a precariedade laboral, a igualdade de xénero en A raíña do vento ou fago unha crítica ao capitalismo en Cen mil gaivotas, facendo un paralelismo coa cidade de Santiago. "Rúas molladas" vai ser o tema de presentación do disco porque representa moi ben o que queriamos plasmar: un traballo máis rockeiro pero tamén con cordas, violíns e guitarra eléctrica. Nesa onda está A túa coartada. O tema que pecha o disco é "Huckleberry Finn", tocado a piano e voz, entronca máis coa poesía. É un poema que escribín e musiquei só co piano. É tamén un dos máis abstractos do disco.

Mesturas pop e rock nas cancións.
Si, eu considérome cantautor. Pero fago unha música de autor tirando máis ao rock ou ao pop-rock. Neste disco incluímos algunhas cousas novas como utilizar cordas e violíns, usamos máis pianos e guitarra eléctrica.

Cales son as túas influencias?
Escoito un pouco de todo. Dende os cantautores españois das últimas xeracións como Quique González ou Ismael Serrano pero tamén xente como Dylan ou Cohen.

Tamén publicaches un poemaio, "Mentiras y Lunas".
Si, estou a ver se podo publicar outro este ano ou o ano que vén. Leo bastante poesía.

Como é o teu traballo á hora de compoñer os temas?
Á hora de escribir, traballo segundo veña o momento. Hai veces que fago primeiro a letra e outras veces, a melodía. Outras veces, compoño todo xunto. Como son o produtor do disco, tamén traballei no estudio.

Tes unha banda coa que tocas habitualmente, e que tamén colabora neste disco.
Si, no CD participa a miña banda habitual, con Víctor Méndez ó baixo, Javier Santana ás guitarras, David Dapena á batería, que son o núcleo do disco. Pero tamén participan outros músicos como Rubén Uahu ou Maciek Bulik nas baterías, e tamén colabora o guitarrista santiagués Pablo Terraga.Todos eles fixeron un gran traballo no disco.

Como elixiches a portada do disco?
Pedímoslles a trece ou catorce fotógrafos que nos enviaran imaxes relacionadas coa temática do disco. A foto da portada é do fotógrafo chileno Rodrigo Basaure.

A que se debe o título?
É un dos versos que abre o disco, "Rúas molladas", que di "envexei a noite dos cans, tan iguais tan distintos" pero tamén porque nos demos de conta que moitas das cancións facían referencia á noite ou ós cans. Quixemos deixalo como unha especie de resumo da parte intimista do disco.

Onde se pode mercar o disco?
En formato físico, chegará ás tendas de Ferrol, Santiago e Vigo esta semana. E en dixital, a través de internet pódese descargar.

Ademais do concerto do vindeiro día 30 na Sala Moon de Santiago, onde vas actuar?
En agosto imos a presentar o disco en Ferrol, en setembro, posiblemente iremos á Coruña e tamén volveremos a Santiago e andaremos por Vigo.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 21-07-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Come on Pelegrín’, o mellor underground compostelán nun CD
Enfudado nunha carátula coa “icona pop” do Pelegrín, este Caribe Mix Compostelán, recopilatorio de vinte e catro bandas que habitan a capital de Galiza, é unha mostra da excelente saúde que experimenta o rock na cidade. A presentación será o día 23 na Sala Moon. O prezo? Só 6 euros

En CD con nada menos que vinte e catro temazos do mesmo número de bandas compostelás é o que ofrece o recopilatorio Come On Pelegrín que o día 23 se presenta na Sala Moon de Santiago. Nacido do inquedo maxín de Carlos Pereiro, aka Carlangas, guitarrista e cantante de Novedades Carminha, Adrián Moreno, alma mater do blog de música Pista Oculta, e Julián Sobrino, dos hardcoretas Rayo Vaticano, faille xustiza ao excelente estado de saúde do underground na capital de Galiza. Tanta creatividade vén, ademais, enfundada nunha "xenial portada", tal como a cualifica Moréno, deseño de Rubén Prol, alias Zé Pequeno, de Metralletas Lecheras, que constitúe unha oda á "auténtica mascota" do Xacobeo, o Pelegrín.

"Para nos Pelegrín é unha icona pop" –alega Carlangas–. "Isto, xunto coa estética teletexto paréceme o realmente vintage. Os 60´s están pasados de moda, Andy Warhol nos avalaría, estou seguro. Non coñezo a Xubi, pero é un nome super pureta. Todos estos debuxiños e logos son unha paletada suprema, mais sempre hai unha doble interpretación artística e discursiva. Somos galegos". Ao que engade Moreno: "Coma en tantos outros campos, Xubi é un intento de renovar algo que posíbelmente non era necesario renovar. Tendo un icono recoñecido e querido preferiuse apostar por un novo sen personalidade, con ese fin único".

A presentación farase en palabras dos organizadores, "cunha festa como deus manda": Dúas actuacións en directo de El Pito de Pikasso e Metralletas Lecheras, unha picada de luxo a cargo de Shy Boy de Los Chavales e "por só seis euros a entrada" un sae da sala co disco baixo o brazo. "Vamos, que só poderiamos melloralo regalando bocadillos de Nocilla coa entrada". The Homens, Novedades Carminha, Samesugas, Los Chavales, Dr. Gringo, Royalties, Shit Pony, Sr. Anido, Dirty Socks, Pity Sanz, Sinestesia, Strabismo, Tapiporla, Ataque Escampe, Javi Pretty, Los Lombardi, Secho y Los Invisibles, Medomedá, Ruxe Ruxe, Desequilibrio Mental, Acción Kannibal, Rayo Vaticano, Metralletas Lecheras e El Pito de Pikasso son os artistas que contén o disco.

Compostela é un poderoso reducto do underground. É que ninguén se enteirou? Eche o que ten o de ir por abaixo?

Carlangas: Pois aqui o teñen. Sin recriminar nada a ninguén. Seguro que as paletadas que organizan requiren de moito tempo. Si o queren ver só teñen que mirar, e si queren explotar o diamante en bruto, non teñen máis que tratarnos como nos merecemos. Agora demostramos que valemos, ou non?

Adrián: creo que para os grupos pequenos, que están empezando, ou incluso os que xa levan anos na escena pero non saíron do círculo "underground", custa moito traballo conseguir darse a coñecer. Ás veces estamos infinitamente máis enterados do que están a facer uns chavales na outra punta do mundo coa súa banda que o ben que sona o grupo dos rapaces do barrio, pero isto non é algo exclusivo ó musical.

Como se lles ocorreu esta xenial idea?

Carlangas: Somos nervosos, e por tanto temos que canalizar os impulsos de algún xeito. Esta vez ocurríusenos facer un recopilatorio de bandas de rock and roll de Compostela, porque creo que é un proxecto que implica, a parte do propio formato físico, a iluminación de un movemento que realmente existe e que nin nós mesmos, que tocamos en grupos e facemos xornalismo musical, sabíamos que existía. No fondo foi unha pequena labor de investigación no underground. Creo que a partir de agora seremos máis fortes como escena, e espero que sirva para que o público poda coñecer a máis bandas, asistir máis a concertos e estar máis atentos ao que ocorre na súa cidade. Todo sito ocurríu de un mes a esta parte. Coordinámolo desde Madrid e Santiago de Compostela. Púxenme en contacto con Adrián, responsable da páxina pistaoculta.com, para expoñerlle a idea e mans á obra. Primeiro buscamos algo de financiación coa axuda do tercero coordinador, Julián Sobrino, e botamos contas. Todo o demás foi pedir cancións e proponer a idea ás bandas, avisar a técnicos de son, a deseñadores gráficos para a portada, á propia fábrica de discos. Creamos un bo equipo de traballo, e espero que o producto cumpla as expectativas, ainda que estou seguro. Hai un nivelón increíble.

Adrián: co blog non teño maior obxectivo que falar un rato de música, que é unha das miñas paixóns. Parte do tempo que boto nel aprovéitoo para dar a coñecer a grupos locais, porque cando comecei co blog achei que non había un medio que lles adicase un espazo no que contar as novidades en torno a eles, ou que os dese a coñecer ó mundo. Cando Carlangas comentoume a idea de facer o recopilatorio pareceume xenial, para deixar constancia de todos o movementos máis ou menos amateur (chamémoslle underground) que hai en torno á música en compostela, e ademais encaixaba totalmente coa labor de difusión da música máis local, á que máis lle custa conseguir un óco nos medios tradicionais. A partir de ahí, organizamos a tres bandas os aspectos técnicos, artísticos e económicos do disco, contactando coas posibles bandas para saber se estarían interesadas e obter os fondos para financialo. Gracias ós patrocinadores do disco puidemos facelo sen que sexa un custo para os grupos, e esperamos poder darlle unha boa difusión para que ninguén se quede sen oír o que se está a facer en Santiago.

O nome evoca a aquel dos Pixies ‘Come on Pilgrim’.

Carlangas: Si, é un recopilatorio de música Pop. Os Pixies seguramente sea unha das tantas bandas que nos unen como fans. Non é unha guerra fría contra ninguén. Creo que con publicacións como esta demostramos ter forza e calidade suficiente para que nos fagan caso, sin acritude o digo . Anque non é para nada iso o que nos preocupa. Cos cartos que costa un pincho calquera no concello, dos que hai a diario, nós montamos un circo e de calidade. Mais sabemos onde estamos, seguimos traballando, e espero que esto sirva para facer forza e chamar a atención. Ás veces si que é verdade que desde algunhas institucións se apuntan logros, pero a cultura non é subvencionable.

Ese é o grande erro, pensan que cunha rede de locáis de ensaio estamos contentos, e creo que iso non é tratarnos como nos merecemos, xa se ve que todo funciona tratando as cousas con cariño e un pouco de xeito, con iniciativas que realmente chaman a atención e son de interese público. Moitas veces veñen grupos dez grupos punteiros durante o verán a Santiago, que me parece perfecto, e ningún de aquí, cando hai xente de aquí que está metendo 400 personas na sala Nasa ou actuando con éxito polo resto de España. Eu só espero que non se apunten o tanto de ter recopilada a escena da súa cidade, fora de subvencións, fora de amaños que nada teñen que ver coa propia música, e lles sirva para reflexionar, e poder abrír unha porta de traballo e colaboración entre as institucións e os que traballamos día a día con esto. Creo que ninguén o fará mellor que nos mesmos neste ámbito, anque deberíamos de empezar a funcionar de outro xeito. Non é cuestión de cartos, xa se ve que non os necesitamos para facer algo atractivo.
Adrián: ás veces non sirve de nada esperar a que veñan e cho dean todo feito, hai que levantarse e ser ti o que dea o primeiro paso. Se queres que se recoñeza algo que cres que o vale, a mellor maneira de deixalo claro é montándoo ti mesmo.

Este cd é un antídoto contra tanta vulgaridade programativa oficial?

Carlangas: Este cd é bo, a pesar de ser o Caribe Mix Compostelano creo que hai calidade, hai boas cancións, hai actitude… Eu vou ir a todo, sobre todo ás orquestras, que me parecen divertidísimas. Quizás cada persoa programaría de unha forma as festas. É un tema complicado, que non ten nada que ver conmigo, non me interesa. Quizáis me interese máis un grupo que mete nunca sala pequena 50 persoas e levan un mes de xira sin cobrar un peso que Bebe, pero si necesitas que algún grupo underground veña a túa cidade o mellor que podes facer é organizarlles un concerto. Así con todo na vida. DIY (faino ti mesmo)

Adrián: Penso que este cedé pode servir para calqueira que se quera interesar pola música que se está facendo na súa cidade, que probablemente non coñeza e lle sorprenda a cantidad de grupos que se estaba a perder. Non é un disco definitivo no que estea toda a música compostelana, pero é un bo punto de partida para quen quera descubrir algo máis alá do que xa coñece.

Ten moito que ver niso a Casa Xurásica?

Carlangas: Ten moito que ver, ese si que é un reducto do underground. De ahí sairon as mellores bandas de Compostela últimamente. Creo que hai catro grupos da casa xurásica no recopilatorio, ou algún máis. É una pena que nos discos non quepan máis de 80 minutos, porque hai grupos como Fluzo, Malandrómeda, Kaze Dj, Galegoz, e mil máis que me esquezo que merecen moitísimo a pena. O que pasa é que tivemos que traballar cuns límites estilísticos. De todos xeitos non descartamos tocar a electrónica ou outros estilos en próximos proxectos.

Adrián: a labor que fai a Casa Xurásica de mantemento e difusión da cultura musical do-it-yourself compostelana paréceme digna do maior dos eloxios. Dela sairon multitude de grupos, algúns no digo, coma Samesugas, The Homens, Royalties..., e tantos outros que non encaixaban tan directamente no disco. E coa mesma, os concertos, festivais e demais eventos organizados por eles son do mellor que hai para a difusión da escena compostelana, son un dos seus mellores escaparates.

Fálenme da interacción entre as bandas, da creatividade da xente, dos locais onde tocan, beben, intactúan...

Carlangas: Respecto aos locais, precisamente son os reponsables de que isto saíra adiante. Entre os patrocinadores do disco non se atopa ningunha institución, a colaboración foi de bares, comercios e mesmo Estrella Galicia, que decidiron apoiar unha das súas paixóns, a música, que non sempre é ben tratada institucionalmente.

A creatividade compostelá segundo Alfonso Espiño de Los Chavales “Pois así, sen investigar moito, dende os 70 con N.H.U., nos 80 con Nicho Varullo e Dirty Barriguitas, nos 90 con Fame Neghra... Ao principio aparecen poucos grupos, pero xa nos 90 comeza a haber escea de grupos variados estilísticamente, xerme de moitas formacións actuais. Destacaría aos Miskatones, nos que comezaron o bluesman Xulián Freire, e Mon Orencio, que non para actualmente, e tamén Xacobe Prieto, actual baixista de Dr. Gringo. Con eles, a Red Blues Band, onde comezaron Coll e Costa, Los Reyes del KO. E tamén, como non, o meu primeiro grupo, Contrastes, aínda bastante andergraun e aínda bastante reivindicables. Pero había moitos máis, Flintstones, Túzaros, Cocodrilo Blues, Torquemada... menudos festivais se montaban nos institutos, e sobre todo na sala NASA, co Rock Parrulo, que marcou a nosa xeración. De todas estas bandas e moitas máis tomou boa conta César Varela no seu fanzine Plástico Elástico nº 1 no 2001. Hoxendía dirixe o seu programa Plástico Elástico na radio Kalimera no que fala de tódolos grupos en activo e outros que xa non están. Por certo, falando da Nasa, alguén sabe algo dos Moderados? Eran un grupo que me gustaba moito e non se volveu saber deles. Se estades aí, manifestádevos”.

“O cacarexado Xacobeo 2010 pasa de todas estas bandas” Alberte de Samesugas e Lixo Urbano, Roi Fernández de The Homens, Alfonso Espiño de Los Chavales, Carlangas de Novedades Carmiña e Adrián Moreno de Pista Oculta. Cinco cidadáns da urbe apostolar, que abre historicamente poderosas fendas desde o subsolo á impronta eclesiástica e oficial, cohabitan desde o seu nacemento (ou desde a chegada á Universidade, no caso de Fernández) coa cadencia regular de 6-5-6-11 anos da festa loco-internacional xacobea e das súas sucesivas programacións, este ano especialmente atravesadas polas críticas.
Roi Fernández: Compostela sempre foi un sitio onde xerminou de forma moi potende o underground e Come on Pelegrín é unha mostra, sobre todo tendo en conta que quedaron moitas bandas propias. É unha iniciativa privada onde se representan estes grupos que non están, entre outros, en ningunha das programacións do cacarexado Xacobeo 2010.

Alfonso Espiño: A min dáme a risa, ou eran ganas de chorar? Para comezar, repetir artista paréceme unha oportunidade perdida, un cartucho ao aire. Non sei por que ten que volver Springsteen e moito menos JM Jarre, se co seu caché pódese traer a outros dinosauros que aínda non nos visitaron. Gústannos os dinosauros para os grandes fastos. O que pasa é que este ano van traer ó máis aburrido deles, mr Knopfler. A ver se Alice Cooper non está moi vello, porque se o mellor que se pode traer para un Ano Santo é Muse (repe tamén) e Arcade Fire, apaga e imos. Estamos acostumados a que nos traian todo de segunda man ou de Todo a Cen, eu xa non me queixo nin suxiro, que para iso teñen a cabeza eses que cobran as comisións, para decidir a quen se trae. Aínda que postos a pedir, de dinosauro me pido a Paul McCartney e dos novos artistas a Alexander Kodchenko. Mención aparte merece o concellal de festejos sr Baqueiro, que este ano se luce con Melendi, Bebe e Pereza. Que non se sorprenda ninguén se o vemos no Preguntoiro pedindo una monedilla... En Compostela hai calidade suficiente coma para que o Xacobeo monte canda menos un día, só un día, un festival que reúna a media ducia de grupos locais, e que a xente de fora teña a oportunidade de escoitalos e opinar e/ou disfrutar. Só se necesita vontade para medrar. Queremos medrar.

Carlangas: A min pareceré que o Xacobeo ten cousas positivas, e nos dá posibilidades como espectadores. Creo que o poderían plantear de outra forma, eso si, porque hai movementos raros e decisións que ninguén entende e só se poden explicar por intereses económicos. Somos punks, eu si quero facer algo xa o fago ( á vista está), e eles que se enmarronen coa súa dubidosa forma de facer, mentras eu vou á praia e estou en contacto co que realmente me fai feliz, que son todas estas bandas de rock and roll. Cando se paren a pensar e reflexionar co corazón poderemos negociar, mentres seguiremos ligándonos ás súas fillas e disfrutando dos seus barcos a escondidas. A nivel musical a min dame bastante igual, é como a Cidade da Cultura. A min que coño me importa o Xacobeo ou o Gaiás, si non me vai a abrir ningunha porta? Disfrutarei de Elvis Costello e intentarei tirarme a unha holandesa. Eu agora vivo en Madrid, e estou acostumado a andar por rúas ateigadas de xente, non me sinto mal aqui estes días. Tamén me da bastante noxo a actitude de criticar todo o que pasa, creo que debemos de ser optimistas e sacarlle o bo ou polo menos o divertido a todo esto. Temos que tirar de actitude

Adrián: penso que, coma di Carlangas, o Xacobeo ofrécenos unha moi boa posiblidade coma público, traendo a artistas que non volverán a pasar por Galicia ata dentro de moitos anos (no próximo Xacobeo quizais?). E este afán por facelo todo ó grande é parte do problema: ás veces non é necesario recurrir sempre a traer cousas de fora, cando na casa tes xente moi boa que está pasando desapercibida e podes darlle unha grande oportunidade. O que realmente espero é que parte do feito este ano no Xacobeo se continue nos próximos anos, porque senón é realmente unha perda de tempo montar festivais multitudinarios de “usar e tirar”, dos que nada quede ata o grande evento de turno.
Alberte: Realmente nos últimos anos começou haver um interese de certos programadores do Xacobeo em bandas mais underground, em descubrir a qualidade musical que havia em bandas que nom eram tam conhecidas nem tocavam em grandes festivais. Mas neste último ano todo voltou ser como era anos atrás.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-07-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco de Aló irmao!
Título: Aló irmao
Artista: Aló irmao


Podería tratarse dun chiste do tipo van un galego e un guineano e collen uns instrumentos…, mais a unión de Manecas Costa e Narf é unha cousa moi seria e o sorriso de satisfacción no receptor está conseguido por mor do traballo ben feito.

O guineano ten un potencial enorme e o galego soubo estar á altura do seu parceiro porque é un músico intelixente e receptivo. Dous artistas sensibles cos ouvidos ben abertos cara ao mundo achégannos un belo álbum.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2010 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco de Cores do Atlántico
Título: Cores do Atlántico
Artista: Socorro Lira


Voluntarioso esforzo o da brasileira Socorro Lira para realizar unhas adaptacións musicais das valiosas cantigas medievais galego-portuguesas.

A idea considéroa fermosa, mais os resultados acadados, malia a axuda de diversos convidados do mundo galego e lusófono, non pasan de discretos. A artista non soubo captar o espírito luso e galego e perdeuse por outros estilos que non deron demasiado resultado, e no apartado vogal tampouco sobrancea.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2010 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco de Bellón Maceiras quinteto
Título: Folkfusión
Artista: Bellón Maceiras quinteto


Este grupo rompe moldes nalgunha das pezas incluídas na obra e resulta estimulante escoitar como un blues pode casar perfectamente co clásico Unha noite na eira do trigo.
Falamos dun traballo desprexuizado no que a fusión musical está feita con criterio e solvencia. A chata que lle podemos pór é que deberían coidar a excesiva duración dalgún tema, pero no conxunto percibimos a unha banda sólida que transita por territorios musicais moi interesantes.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2010 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco de Lulavai
Título: Cor das verbas
Artista: Lulavai


As catro arpistas xa tiñan experiencia á hora de tocar conxuntamente ese instrumento e aí se sentían cómodas. Logo deberon engadir as súas voces e a verdade é que os resultados nese apartado tamén son positivos.
As harmoniosas arpas e as melodiosas voces están encadradas dentro dun colectivo que amosa posuír elegancia e sensibilidade á hora de realizar os arranxos das pezas elixidas para este bonito debut.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2010 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica do novo disco de Ophiusa
Título: Sen planeta
Artista: Ophiusa


Neste segundo disco da banda existe unha diferenza substancial co seu debut ao entrar na formación o baixo e a batería para se converter nun sexteto onde os instrumentos de corda seguen a marcar bastante o paso no son global do conxunto. Son un grupo con inquedanzas e ideas e van deixando apuntes de interese, aínda que deban definir máis o estilo, onde salienta unha aposta por un folk co selo Shooglenifty que pode chegar a dar bo resultado.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
O novo de Budiño xa está nas tendas
En Volta Xosé Manuel Budiño destila a esencia dunha xira por catro continentes

O gaiteiro de Moaña xa ten nas tendas o CD e DVD Volta un traballo que, en verbas do propio Budiño, “non é exactamente un disco en directo nin un recopilatorio. É un experimento”.


Nesta edición limitada “experimental” Budiño ofrece por unha parte un documental realizado con dirección de Enrique Otero (director de Crebinsky) e no que se recolle a esencia dunha xira por catro continentes culminada coa actuación no Festival de Ortigueira 2009, gravación realizada sen escatimar medios que constitúe ao longo da metraxe o peso forte do documental malia achegar tamén declaracións de outros artistas como Kepa Junkera, Mercedes Peón, Xoel López e pequenas pezas audiovisuais sobre a xira mundial feita coa anterior traballo Home (Falcatruada, 2007) así coma a actuación con Deluxe na sala la Riviera de Madrid e un concerto sorpresa na Praza das Praterías de Santiago . O disco recolle dous temas de nova gravación, o que da título ao disco - Volta- e Tradi. Os 16 temas foron gravados en directo no Festival de Ortigueira o 11 de xuño do pasado ano. O libreto ofrece tamén diversas anotacións do artistas feita sobre cada un dos sitios nos que estivo coa xira. Para a presentación que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos o gaiteiro estivo arroupado polo alcalde de Ortigueira Rafael Girón, que adiantou que Budiño volverá subir ao escenario alí no 2012. A primeira presentación en directo de Volta tivo lugar en Ribadavia o pasado 3 de xullo coa colaboración de Xoel López, tras diso comezará unha xira que volverá a levar ao gaiteiro e a súa banda ata Escocia, Bos Aires, México, etc.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Lucía Pérez aposta pola lingua galega no novo disco
Descuberta artisticamente no ano 2002 cando gañou o certame de canción “Canteira de cantareiros” do programa Luar na Televisión de Galicia Lucía Pérez xa vai polo seu cuarto disco.

A cantante do Incio presenta agora Dígocho en galego, un álbum integro na súa lingua materna con temas que xa foron publicados nos anteriores tres discos, algúns deles inicialmente en castelán e agora adaptados ao galego. Entre os doce temas deste disco destacan por novidade un tema dedicado á súa localidade, O Incio, unha versión do Himno Galego e unha nova versión da súa canción Torres de Compostela dedicada ao Camiño de Santiago e na que conta coa colaboración especial de Bieito Romero, gaiteiro e líder de Luar na Lubre.

www.culturagalega.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-07-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura prepara xa o último disco da súa tetraloxía
Esa sí que é muiñada, este será o nome o novo traballo que pecha a tetraloxía de Treixadura Gaiteiros e que contará co Orfeón Treixadura que tamén colaboraron no anterior traballo "Unha semaniña enteira" (PAI Música 2006).

Tantos os gaiteiros como o orfeón estiveron estes días nos estudios de Casa de Tolos en Gondomar para grabar parte do que será o quinto traballo musical do grupo, e a última parte desta tetraloxía que comezou no ano 1999 co disco "Unha noite no muíño".

Unha semaniña enteira é o último traballo discográfico presentado de Treixadura, un dos grupos máis importantes no campo da música tradicional galega. Neste novo traballo, no que contan coa colaboración das voces do Orfeón Treixadura, o grupo mantén a filosofía que o caracteriza dende que comezara a súa andadura naquel vello muíño redondelano: misturar temas coñecidos da música galega con outros que se intenta rescatar do anonimato para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nósa música.

Foliadas, muiñeiras, polcas e cantos son repasadas polos gaiteiros Treixadura e o seu orfeón dende o máximo dos respectos e imprimíndolle unha nova vida á nósa música.

www.pai-musica.com


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 23-06-2010 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
XXI, o novo disco de Noitarega
Logo de dez anos dende o lanzamento do seu derradeiro disco, o grupo de música tradicional galega Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o seu novo e agardado traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus 21 anos de existencia.

Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.

Como adianto á saída deste traballo, no myspace de Noitarega (www.myspace.com/noitarega) podedes ver o tráiler promocional de "XXI" e escoitar seis das pezas que compoñen o traballo, ademais dos concertos e de todas as novas do grupo, como a Presentación Oficial que fará no Fórum Metropolitano de A Coruña o vindeiro 25 de Xuño.








"XXI" mil saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Dj Son1c lanza o seu segundo tema en galego
Dj Son1c lanza o seu segundo tema en galego coincidindo co día das letras galegas

Dj Son1c lanza o seu segundo tema dance en galego chamado "SEN TI" baixo o selo catalán de Moguda. Pódese descargar de balde dende a web oficial de Moguda.

Felipe Tarrio alias Dj Son1c é da Coruña e lanzou o seu primeiro tema en galego chamado "A FESTA NON VAI PARAR" que causou unha gran acollida na xuventude e nas discotecas do noso País.

Pica aquí para baixar o tema

Dj Son1c "SEN TI"


DJ Son1c feat. Isis - A festa non vai parar



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-05-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
O rapeiro El Puto Coke en galego
EL PUTO COKE *NOVO MAXI* IRMÁN / G-g-A-a-L-EGO

Despois dunha longa espera, El Puto Coke, Mc e un dos produtores máis prolíficos dos últimos tempos, irrompe no panorama sonoro con dous temas en galego, como adianto do seu último e anhelado traballo.

Desta maneira, El Puto Coke, quere homenaxear a súa terra, Galicia, cun maxi dos temas “Irmán”, co que fai un chamamento ao “irmán” galego, e ante o convencemento das súas palabras e feitos históricos, leva o galego a unha reflexión sobre o seu propio pasado. Está producido polo propio Coke, que para esta ocasión elixiu como sample (mostra) principal un fragmento da canción de Juan Pardo “Irmán Daniel”, no que recita o poema de Cabanillas para Castelao. Por outra banda, en “G-g-A-a-L-EGO” defende o uso do galego, unha lingua que, tal e como Afonso x o Sabio dicía, era perfecta para a poesía e a música; para este tema conta coa produción de Bleis e a colaboración do recoñecidísimo gaiteiro Anxo Lorenzo por cortesia de Zouma records.Tamén cabería destacar as aportacións de Wöyza e Dj. Fabián, presentes en forma de guindas en ambos os temas.

Igualmente, avánzase aquí parte do traballo de imaxe que se está a realizar en colaboración cos fotógrafos Gayo, baixo a dirección artística de Juan Salgueiro, e para o que se contou co vestiario do deseñador Cristóbal Vidal, estilismo de Ani Boado e maquillaxe de Silvia Fervenza.
Está dispoñible para descarga de balde en www.licorkafe.com dende o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor falecido Uxío Novoneyra quen, ademais de deixar a súa pegada na escritura da nosa lingua, é pai do rapeiro compostelán e amigo de Coke, El Galgo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 25-05-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novo DVD de Xosé Manuel Budiño

BUDIÑO-NEW ALBUM-MAY 2010 from Xosé Manuel Budiño on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-05-2010 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pradairo: Pateado

Desde o seu nacemento no outono de 2006 o grupo Pradairo adicou a súa andaina a afianzar paso a paso unha liña musical propia. Así comezou na primavera do ano 2007 gañando o certame de música folk Radio-Obradoiro, gravando máis tarde o seu primeiro disco (Aliaxe), e acadando o segundo posto no concurso de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient 2009.

Todo este camiño desemboca na publicación do seu segundo disco "Pateado" no que Pradairo aposta por consolidar a idea musical para a que naceu, a reelaboración e a mestura de todas as caras que adoptou ó longo do tempo a expresión musical en Galicia.

A presentación terá lugar ás 21h o xoves 3 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Agardámosvos.

www.pradairo.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 13-05-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento de Feeixa, improvisación con gaita e electrónica
Acábase de publicar a acción sonora realizada a finais de 2009 en Vigo de Feeixa, nome da improvisación que levaron a cabo Xedh (Miguel A. García) desde Bilbao máis Berio desde a Fonsagrada no Lab Alg-a -contedores de Valladares, o pasado 9 de decembro do 2009, dentro do evento Accións sonoras no Lab Alg-a. Trátase dunha acción de nove minutos onde Xedh manipula electrónica e Berio unha gaita galega. Un traballo complementado co deseño gráfico de María Viñas.

Podes descargar os arquivos dixitais de balde desde o netlabel de alg-a.

Recomendamos primeiramente a escoita -e lectura das notas en cada tema- do primeiro traballo neste eido de Berio: "Fola ", unha investigación sonora sobre a gaita galega.

Trátase dunha testemuña sonora do que estes dous artistas do son fixeron naquel día de decembro nos contenedores do Laboratorio de alg-a. Unha proposta baseada na execución en directa sobre a gaita e a manipulación a tempo real do son que emite ruidista e baseado nas altas frecuencias da palleta e nas baixas do pallón nos roncos, ruidista e sen silencios.

Se non estades afeitos á Arte Sonora, quizais deberiades escoitar e ler aos pioneiros de posguerra: Pierre Schaeffer, Pierre Henry, Karlheinz Stockhausen, John Cage, Luigi Nono, Luciano Berio,...

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 06-05-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo proxecto de Maite Dono e Baldo Martínez
O novo disco de Maite Dono e Baldo Martínez xurde arredor da figura de Uxío Novoneyra, que este ano é o autor a quen se lle dedican as Letras Galegas. Con Sons-Nús, ambos artistas súmanse a esta homenaxe.

Sons-nús
maite dono & baldo martínezSons-nús, é un dúo no que a voz de Maite Dono e o contrabaixo de Baldo Martínez reúnense a partir do Jazz, o folklore, e a libre improvisación, dando lugar a un peculiar proxecto sonoro e interpretativo; onde versatilidade e nondefinición xogan un papel importante á hora de falar deste proxecto. A voz cantada ou falada (utilizando a poesía como vía: Uxío Novoneyra, a propia Dono, etc.) pode viaxar do coñecido ó descoñecido, e o contrabaixo, tamén nesa viaxe de risco, perfila música e expresión de todo o conxunto.

Sons-nús xurde a partir da idea de traballar nun proxecto máis intimista, dando maior liberdade á creatividade; despois de ter compartido os dous proxectos que os achegaron estilísticamente, como é o caso máis recente do PROJECTO MIÑO, onde a partir do folklore e cunha linguaxe de jazz contemporáneo conséguese un novo espazo creativo.
Este traballo une a dúas grandes figuras da música, que van madurando a súa relación artística ao seu paso por distintos festivais de todo o mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-05-2010 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-disco 'Cores do Atlántico' arrinca unha nova ollada das cantigas de amigo

Socorro Lira, Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso ou Teresa Paiva. Son parte das voces do proxecto que neste mes das Letras será presentado na illa de San Simón.

Un agasallo literario musical sae á luz este maio coordinado por Socorro Lira e amadriñado pola asociación Ponte nas Ondas. Será un CD con 15 cantigas de amigo musicadas e interpretadas por artistas galegos, portugueses, africanos e brasileiros. Entre outros: Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, Teresa Paiva... Unha iniciativa que procura fornecer dunha ollada novidosa ás cantigas de amigo que poida servir de transmisión ás novas xeracións deste patrimonio cultural.

Cores do Atlántico trae á actualidade a poesía composta, musicada, cantada e bailada por mulleres que viviron antes e durante a Idade-Media, en Europa, "devolvendo á lira desas creadoras, os seus significados máis lexítimos: erotismo, sensualidade, autonomia, iniciativa amorosa, reverencia á natureza máxica, referenciando o traballo que era a circunstancia na cal ese facer artístico se daba colectivamente, servindo o canto, ao ritmo dos traballos efectuados e da danza". Así o explican desde PAI Música, encargados de desenvolver o proxecto.

O traballo inclúe ademais un libro onde Ria Lemaire, especialista en literatura medieval da universidade de Poitiers, fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-05-2010 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo disco de Xil Ríos... e xa van 27
Xil Rios volve aos escenarios de Galicia con máis forza que nunca. O artista pontevedrés presenta o seu novo disco, Son da alma (PAI Música 2010), unha mistura de ritmos caribeños, sons acústicos e retranca galega.

Son da alma nace dos sonidos cubanos e latinos que cambiaron as orquestras galegas dos anos 50, e que Xil Ríos escoitaba cando era neno, como tantos outros da súa xeración. é o álbume número 27 na extensa discografía de Xil Ríos, un dos artistas máis prolíficos e emblemáticos da nosa música. Logo de cinco anos de retiro creativo, o de Moaña volve así a? primeira liña da escea cun traballo co que pretende "achegar ledicia nestes tempos de tristura" e cunha xira que nos próximos meses o levará polas vilas, discotecas e verbenas de toda Galicia.

Xil Ríos leva case 40 anos no mundo da música, desde que en 1971 participou no festival Bahía de Vigo (cun tema composto por Polito, futbolista do Celta) até hoxe, pasando polo seu maior éxito, Xirarei, un tema que gravou xunto a Juan Pardo en Londres a principios dos 80 e que se converteu nun dos grandes clásicos da música galega.

Xil Rios - Xa caerá from Casa de Tolos on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 15-04-2010 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Sondeseu
Sondeseu rende homenaxe aos construtores de embarcacións tradicionais no seu disco «Barlovento»

A nave da orquestra Sondeseu emprende no seu terceiro traballo, titulado Barlovento , unha navegación a favor da tradición oral, que evoluciona na musical actual e na sociedade urbana coa desaparición do mundo rural. « Barlovento é unha homenaxe a todas as manifestacións que tiveron un desenvolvemento importante nunha sociedade doutro tempo, e que hoxe en día, eses elementos culturais volver ser retomados; homenaxeamos aos construtores dos barcos tradicionais que volven sucar as rías galegas, agora xa con outras connotacións, pero sobre todo para non esquecer un patrimonio cultural moi importante en Galicia», explica Rodrigo Romaní, director da formación nacida dentro da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad).

Sondeseu é a única orquestra de folk existente en Galicia, e está formada por corenta alumnos da e-Trad. Neste disco, as composicións pertencen a Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xaquín Xesteira, aínda que tamén incorporan unha canción de Rosa Cedrón. «Rosa Cedrón aparece con unha canción súa, Romance de Mirabella , á que lle fixemos un tratamento orquestral, e ela aparece como invitada especial, cantando», engade Rodrigo Romaní. A lista de colaboracións complétase coa presenza de Javier Feijoo, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e o propio Rodrigo Romaní. O disco foi gravado no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, «co obxecto de captar o ambiente e a enerxía únicas que caracterizan os concertos de Sondeseu».

Tradición e modernidade
Rodrigo Romaní explica que Sondeseu «quere ser fiel á liña de tomar melodías tradicionais, incorporando a composición moderna como parte do tratamento pero non como elemento en si mesmo». De feito, todas as composición son pequenas suites de dous ou tres temas tradicionais encadeados, nas que están presentes sete instrumentos diferentes e un coro de dez voces femininas.

Rodrigo Romaní opina que a formación ten o futuro garantido. «Dende o punto de vista estrutural, Sondeseu vaise consolidar, ademais como líder dun proxecto europeo, e, desde o punto de vista musical, aínda estamos empezando a ver o que pode dar de si, porque é algo novo que acabamos de inventar e aínda non coñecemos todos os rexistros que ten este instrumento», conclúe o director desta formación que ten a súa xustificación no directo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-04-2010 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos presentan novo disco
Esquíos veñen de rematar a gravación de Galicia carraxe on garaxe (2010).

Din Esquíos que "Andabamos a procura dun son garaxeiro, potente e directo e atopámolo."
Este é o disco que define o son de Esquíos: guitarras potentes, baterías reais coma a vida mesma, voces saturadas e un baixo atronador.
O trabalho tem 12 temas novos

Podedes escoitar, un sampler dos novos temas no seu MySpace.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-04-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de BellónMaceiras Quinteto
Xa está dispoñíbel Folkfusión, de BellónMaceiras Quinteto, para Galicia.
Esta edición venderase só nos directos do grupo, ate a saída do cd para a distribución internacional, no mes de maio.


BellónMaceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical en que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.
A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

No disco que se presenta, a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés…

Concertos de presentación en abril:
A Coruña - luns 19 de abril do 2010 - Fórum Metropolitano
Ferrol - mércores 21 de abril do 2010 - Teatro Jofre
Santiago de Compostela - venres 30 de abril do 2010 - Salón Teatro
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-04-2010 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [13]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer