Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá do martes 3 nos Ancares


O segundo Alalá sobre Os Ancares e o concello de Cervantes está dedicado á cántiga nesta zona montañosa de Galicia, limítrofe con Asturias e León. A influencia asturiana no xeito de cantar é notable; así, en lugares como Degrada e noutras vilas de Cervantes cultívase a asturianada, xénero que se incorporou ao repertorio local a través dos galegos que ían traballar ás minas en Asturias desde hai varias xeracións e por proximidade xeográfica.

A asturianada non só se manifestou a través de cancións traídas das minas, senón que chegou, dalgún xeito, a impregnar o xeito de cantar local das melodías tradicionais. Así, neste programa, a través de Suso Carrero, de Degrada, ou de Xosé Rodríguez, de Vilar de Donís, escoitaranse cántigas impregnadas dun virtuosismo vocal e dunha potencia propias das asturianadas e moi diferenciadas doutras partes de Galicia. Xunto á asturianada, en Os Ancares, polo seu illamento, tamén é posible atopar outros xéneros arcaicos como os romances. Mercedes Capón, de Os Prados, ofrecerá un exemplo precioso de romance.

Este programa, como os outros gravados en Os Ancares, está baseado nas investigacións do folclorista Juanjo Fernández, que divide as cántigas en dous grandes grupos: as narrativas e as bailables, as primeiras teñen por finalidade contar unha historia, as segundas, acompañar o baile.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-04-2007 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
Venres, sexta feira 30 de marzo

Conferencia de Gerardo Sacau sobre a Reconquista da Vila de Vigo no Instituto Camoes ás 20:00
Derradeiro ensaio xeral da representación ás 21:00 na praza da Constitución

Vinde á festa vestidos con roupa tradicional.

Sábado 31 de marzo

Durante todo o día funciona un tiovivo e unha xincana para pequerrechos na Pz. da Princesa.

Pola mañá:

A partir das 10 abre o mercado tradicional.
Animación musical toda a mañá a cargo de agrupacións de música tradicional galega:

Pz. da Princesa: grupo "Tarambainas" de Lavadores
Joaquín Yáñez e Palma: grupo "Arume" de Beade
Triunfo e Igrexa: grupo "Meigallos" de Lavadores
Oliva e A Pedra: grupo "Os Trasnos da Gaita" de Navia
Pz. de Almeida e Méndez Núñez: grupo "Os Tabáns" de O Freixo
Sombras chinesas ás 11.30, polos alumnos do colexio Ría de Vigo, rúa Triunfo - librería "Libros para soñar"
Ás 12.30 na Biblioteca Central haberá un Conto Interactivo titulado "Pepiña Xoaniña quere voar".

Pola tarde:

Pasarrúas de música tradicional animarán as rúas da zona vella
Demostración de palilleiras ás 17.30 na Pz. de Almeida
Inauguración da festa ás 18 horas na Pz. da Constitución
Torneo de xogos de destreza a partir das 18 h. na Pz. de Joaquín Yáñez
Obradoiro de instrumentos musicais ás 19 h. na Pz. de Almeida

Xa a partir das 22 h. comezan os concertos na Pz. do Berbés:

Gaiteiros Treixadura + Orfeón Treixadura
Grupo de rock galego Ruxe - Ruxe

Domingo 1 de abril

Durante todo o día haberá saídas de xigantes e cabezudos da Colexiata

Pola mañá:

Demostracións de artesanía:

Pz. da Constitución: oleiro, cesteiros, selleiro e zoqueira.
Pz. da Princesa: redeiras e palilleiras.
Pz. de Almeida: canteiros e instrumentos musicais.
Pz. da Pedra: obradoiro de pan para nenos e nenas.
Animación musical polas rúas da zona vella a partir das 11 a cargo das agrupacións de música tradicional galega:

"Aturuxo" de Valadares.
"Noutrora" de Sárdoma
Xincana e torneo de xadrez, ás 11.30 na Pz. de Joaquín Yáñez.

Pola tarde:

Representación teatral da Reconquista ás 17.30, que percorre a Pz. da Constitución, rúa Gamboa e Pz. do Naútico para voltar ao punto de inicio.

Xa a partir das 20 h. comezan os concertos na Pz. da Constitución:

Grupo portugués MNB e danzas tradicionais portuguesas participativas a cargo de Marta Coutinho
Sete Saias ás 21 horas, grupo de arpas e voces
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 30-03-2007 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xa á venda o novo disco de Rosa Cedrón

Anunciado con moita anterioridade ven de saír á rúa o primeiro traballo discográfico en solitario de Rosa Cedrón. A carismática cantante e violoncelista que foi parte da banda Luar na Lubre presenta en “Entre dous mares” (Warner Music) doce temas que alternan pezas en galego e castelán, nos que ademais de cantar é compositora da meirande parte deles, aínda que tamén inclúe melodía e letras tradicionais. Para o disco contou ademais coa colaboración nas letras de Yolanda castaño e Alba Felpete. O traballo vai marcado pola bipolaridade en varias facetas da artista, entre a música clásica e a tradicional, entre a faceta de violoncellista e de cantante, entre a súa carreira anterior e os seu novos camiños musicais.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 29-03-2007 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Cristina Pato e Mutenrohi

Como edición conmemorativa do décimo aniversario da formación ourensá a banda reuniu a boa parte dos seus músicos fundadores e xuntouse tamén coa gaiteira Cristina Pato que iniciou a súa andaina escénica con esta formación.
O reencontro coa banda plasmouse nunha serie de concertos nos que a gaiteira, en pleno paréntese da súa carreira profesional mentres realiza os seus estudos de doctorado en EE.UU. volve interpretar os temas de Mutenrohi que tanto influíron na súa traxectoria profesional mesturados con vellos e novos temas da gaiteira. Un espectáculo no que os antigos membros de Mutenrohi e algúns dos membros da banda de Pato mestúranse para celebrar este aniversario e tamén para agradecer ao público o apoio recibido durante todos estes anos.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 29-03-2007 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá do martes 27 de marzo coas Donicelas

O Alalá de hoxe vai contar a historia dunhas cativas de Salceda de Caselas, as Donicelas, que con tan só nove aniños ilusionáronse coa música da nosa terra. Para elas a pandeireta e os cantos tradicionais comezaron sendo un xogo, pero as nenas medraron e o xogo transformouse nunha das súas paixóns.

O destino quixo que coincidiran cun mestre, Toniño, do grupo Treixadura, que soubo facer da música unha materia atractiva, que conseguiu que este obradoiro fose o máis solicitado para as pequenas artistas. A música das Donicelas enfeitizou primeiro a un colexio, logo a toda unha vila e así apareceron as primeiras actuacións, empezaron a soar na radio, na televisión e chegou un dos soños máis desexados por elas: a gravación do seu primeiro disco.

Hoxe, as mozas compaxinan os seus traballos e as súas familias coa música, que está presente sempre nas súas vidas. Tere, Bea, Noelia e Isa son as catro amigas que están xuntas desde os comezos deste proxecto musical e xa van alá case vinte anos. Co tempo incorporáronse Andrea e Rosa e esta fermosa historia segue viva pola amizade que as une e polo ben que o pasan xuntas.

No programa desta noite as voces das Donicelas estarán acompañadas por Treixadura e polo Orfeón Treixadura. Verase como é a vida destas Donicelas e entenderase porque as súas voces seguen a enfeitizar do mesmo xeito que o facían de pequeniñas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2007 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa da Reconquista da Vila de Vigo xa está en marcha

A disfrutar do fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril: ambiente de festa, postos de mercados, animación de rúa, grupos de música tradicional, mostras de vellos oficios...

Concertos:
Sábado: Treixadura con orfeón Treixadura e Ruxe- Ruxe
Domingo: NMB (Portugal) e Sete Saias

Quedades tod@s convidados a bailar, cantar e pasalo ben!!

E se tedes traxe tradicional sacadeo do armario e a disfrutar da festa.

Para os que queirades participar na representación da Reconquista que vai ter lugar o domingo 1 de abril pola tarde, estades convidados a integrarvos nos ensaios xerais:

Venres 23 ás 20:30 na rúa Gamboa
Sábado 24 ás 20:00 na Praza da Constitución
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2007 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Últimos días para o XII XANTAR GAITEIRO.

A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra un ano máis o XII XANTAR GAITEIRO.
Será o vindeiro Domingo 25 de Marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Monte da Condesa, en Santiago de Compostela.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional e disfrutar todos xuntos dos nosos cantos e bailes.

Quen desexe asistir ao XII Xantar Gaiteiro, terá que poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros, antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. Estamos á vosa disposición no teléfono 986 847 074 ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

AXUNTAMOS MAPA ORIENTATIVO.

DATA
25 de Marzo de 2007
14:00 horas – Prégase puntualidade.

LUGAR
Restaurante Monte da Condesa – 981 588 989
Rúa Xaquín Díaz de Rabago - Campus Sur – Santiago de Compostela (A Coruña)

MENÚ
Entrantes: Empanada, xamón.
Primeiro: Sopa de Cocido
Segundo: Cocido
Postre: Tarta de Santiago e queixo con marmelo.
Auga, Viño, refrescos, café.

PREZO
O prezo é de 18 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

RESERVA
Secretaría@gaiteirosgalegos.com
Teléfono/FAX: 986 847 074 (Roi ou Patricia)

Agardamos a vosa participación e non vos esquezades de disfrutar do Xantar Gaiteiro!!

Un saúdo,

Secretaría
Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII - 7 - 36002, Pontevedra
986 847 074 - www.gaiteirosgalegos.com

Cartaz XII Xantar Gaiteiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2007 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Ultreia: Alalá do martes 20 de marzo

Neste Alalá, o espectador vai aprender moitas cousas que seguramente descoñecía da historia do folclore galego: instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; os traxes vistosos de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época, desde o gaiteiro que tocaba só a charanga.
Nisto consiste o concerto didáctico que Ultreia leva varios anos a representar para os rapaces das escolas, para achegarlles a inmensa riqueza do folclore galego.

O Obradoiro de cultura tradicional Ultreia, un dos grupos máis destacados na investigación e na representación do folclore galego, naceu hai catorce anos e desde entón é un dos grupos máis aplaudidos tanto polo seu labor de investigación coma pola espectacular posta en escena. O programa permitirá coñecer os seus compoñentes, xente nova pero con moita experiencia no mundo do folclore. Son estudantes, amas de casa, perruqueiros, artesáns, doutores en ciencias, nais e pais, que se senten na súa salsa, tanto nos ensaios coma nas recollidas que fan polas diferentes aldeas de Galicia na procura dos segredos musicais dos máis vellos.

O tempo que lle dedican a Ultreia róubanllelo á familia, aos amigos e aos traballos, pero basta con ver o que se divirten tocando e bailando para entender que lles paga a pena. Toda a forza, a alegría e a cor de Ultreia estarán sobre o escenario deste concerto didáctico, co que os espectadores de Alalá van aprender e gozar tanto coma os nenos a quen vai dirixido o espectáculo.
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 20-03-2007 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Millocorvo 2007
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-03-2007 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Normalización do traballo gaiteiril

Os gaiteiros están fartos de ser considerados músicos «de segunda» de modo que iniciaron unha ofensiva para tratar de dignificar as súas condicións laborais. A batalla empezou por Arousa, onde onte á noite estaba convocada unha reunión de vinte e tres agrupacións para abordar a cuestión, pero todo apunta a que as repercusións desta iniciativa traspasarán as fronteiras locais.

A proposta que se puxo sobre a mesa é establecer unha tarifa mínima, ao redor das 250 euros por actuación. A partir desa cantidade, cada agrupación terá liberdade para contratar os prezos que lle pareza oportuno en función da súa calidade artística.

O colectivo considérase ninguneado por moitas comisións e intermediarios que tratan de regatear á hora de pactar os seus honorarios e que os minusvaloran fronte ás bandas de música e as orquestras, por exemplo, nos rótulos dos carteis.

A reivindicación dos gaiteiros tamén se refire a aspectos relacionados coa seguridade. Aínda é frecuente ver aos grupos dando as alboradas sobre camionetas e tractores compartindo espazo co fogueteiro, o cal, ademais dun problema evidente de ruído, leva un risco para a súa seguridade.

Son moitos os músicos que sufriron accidentes ao envorcar o vehículo no que viaxaban ou ao explotar unha bomba de palenque, en máis dun caso con resultado de amputación dalgún membro. Ante este panorama, os gaiteiros van esixir ás comisións que contraten un seguro de responsabilidade civil «ao cal están obrigados por lei», matizan.

A proposta partiu de Arousa, pero non terá problema en atopar eco noutras comarcas de Galicia. De feito, comulga plenamente cunha vella aspiración da Asociación de Gaiteiros Galegos que se creou, precisamente, para lograr este tipo de conquistas para os músicos. Hoxe conta con 551 socios dos que aproximadamente a metade son gaiteiros.

Con este obxectivo, a asociación vai celebrar en maio unhas xornadas sobre xestión fiscal e laboral que perseguen a dignificación dos músicos tradicionais, empezando por eles mesmos. Aínda que cada vez menos, aínda hai moitas agrupacións que actúan baixo acordos verbais e cobrando en negro, sen ningún documento contractual polo medio. Para lograr a ansiada profesionalización hai que empezar pola súa regularización a efectos fiscais, de modo que os grupos débense constituír en asociación cultural ou en empresa. «Deste xeito se conseguen un dereitos e beneficios para ou sector fundamentais», segundo explica o presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, Santiago Caneiro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
10.000 páxinas visitadas

O Blog Malmequer supera as 10.000 páxinas visitadas en 15 días.

Digo eu que será boa cousa, ou é que somos poucos e non temos outra cousa que facer ou é que hai máis xentiña por aí interesada na música tradicional, na festa, nas tradicións galegas e en todos eses temas dos que gostamos tamén a xente de Malmequer.

Bikos a apertas pra tod@s

Vémonos en calquera foliada, serán ou festa galega!!!

Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2007 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Panorama actual da música galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-03-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
XII Xantar Gaiteiro
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao XII XANTAR GAITEIRO. Será o vindeiro Domingo 25 de Marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Monte da Condesa, en Santiago de Compostela.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional e disfrutar todos xuntos dos nosos cantos e bailes.

Para asistir ao XII Xantar Gaiteiro, podedes poñervos en contacto connosco, preferiblemente antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. Estamos á vosa disposición no teléfono 986 847 074 ou no correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

Agardamos a vosa participación e non vos esquezades de disfrutar do Xantar Gaiteiro!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2007 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada do Troco e Serán no Faísca

O Centro Social A Revolta, A ONG de cooperación para o desenvolvemento Amarante, a cooperativa de consumo consciente Árbore, a asociación cultural Caleidoscopio, o Centro Social Faísca, a cooperativa de comercio xusto Mundos e Verdegaia-Vigo organizan para o próximo sábado 17 de marzo unha xornada de troco e cesión no local do Centro Social Faísca, na rúa Toledo nº 9, do barrio vigués de O Calvario.

Esta primeira xornada de troco e cesión pretende crear un espazo de intercambio e cesión voluntaria de bens no que non se empreguen os cartos.
Os fundamentos desta experiencia son fondamente ecolóxicos, na medida en que o troco e, por suposto, a cesión, baséanse na reutilización dos bens, na súa revalorización e na primacía das interrelacións persoais, moito máis enriquecedoras que as relacións artelladas ó redor do intercambio monetario.

O sábado 17, a partir das 11 da mañá, todo aquel que queira participar nesta experiencia poderá pasarse polo Centro Social Faísca levando aqueles bens —roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía e o que a cada un lle pete— que queira trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea de base é fomentar a cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles obxectos ou bens dos que si precisamos.

Horario orientativo

11:00 a 14:00. Apertura do mercadiño de troco e cesión. Non hai metodoloxía previa, na crenza de que son as relacións persoais as que mellor poden axustar os intercambios.

14:00 a 16:00. Xantar coletivo. Trátase de que todos aqueles que queiran se xunten para compartir o xantar e as súas experiencias. As asociacións organizadoras aportarán unhas empanadas, e cada quen o que lle pareza ¡animádevos, preparade unhas tortillas ou traede unhas ensaladas e listo… e se alguén non lle da ben á cociña, que por iso non vaia quedar na casa!).

16:00 a 17:00. Mercadiño de troco e cesión.

17:00 a 19:00. Presentación das asociacións participantes, cunha breve exposición de cada unha, e proxección dos documentais Gran Superficie e A Ilha das Flores, ambos sobre o consumo e as súas consecuencias.

19:00 a 21:00. Coloquio sobre consumo, moderado por Manolo Garrido, presidente da cooperativa Árbore.

21:00. Serán popular, festa de fin de xornada.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-03-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá do martes 13 con Xosé, “O Ghaiteiro de Piñeiro”.

Xosé, “O Ghaiteiro de Piñeiro”.

Despois dunha operación complicada na que perdeu un anaco de pulmón, a Xosé véuselle o mundo enriba pensando que non volvería tocar a gaita. Unha semana despois só un milagre puido explicar como o corazón de Xosé, O ghaiteiro de Piñeiro, seguía bombeando notas e repenicados por cada recuncho do Morrazo. Esta noite Alalá, da man da súa presentadora Pilar G. Rego, vai poñer o público en contacto cunha historia de superación persoal, todo un manual sobre a filosofía do ser gaiteiro por riba da vida e da morte, escrito cos contos e a graza de Xosé, “O Ghaiteiro de Piñeiro”.

Xosé Fernández viviu toda a vida no seu querido barrio do Piñeiro, en Aldán, onde é o gaiteiro oficial e imprescindible en cada celebración e iso non se consegue en dous días. Leva toda a vida tocando nos entroidos da súa vila con centos de gaiteiros, de aí que fora acumulando na memoria máis de 200 pezas. Con tanta sabedoría ten repertorio para tocar nos entroidos, nas festas parroquiais, nas foliadas, nas procesións… ata nas inauguracións das rúas o recordan tocando os veciños! Gaiteiro multiusos e infatigable, desde o domingo de entroido ata o mércores de cinza o equipo do Alalá puido comprobar que durmiu 7 horas! E é que a Xosé, “O Ghaiteiro do Piñeiro”, antes que os dentes, xa lle naceran as ganas de ser ghaiteiro.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2007 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
3º Encontro de Zanfona
III Encontro coa zanfona contemporànea

Instrumento ancestral, reliquia doutros tempos e de moitos lugares, caixa de segredos ben gardados agora descubertos para aqueles interesados en saber o que se coce hoxe en día ao seu redor en Galicia.

Mostra en dous conceptos interesantes, diferentes e complementarios, mostra da contemporaneidade, frescura e dinamismo do que está a gozar este sintetizador medieval no córner de Europa.

A tradición transmitida, a reinventada e a proxectada nas novas xeracións de afeizoados, teñen nos mestres Anxo Pintos e Óscar Fernández, os máximos expoñentes das tendencias actuais da didáctica da sanfona en Galicia:
Universidade Popular de Vigo e Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, respectivamente.

Para isto presentamos dous cursos paralelos con cada mestre e dous concertos de cadanseu grupo: Lizgairo e bOnOvO, con quen se poderá contextualizar a dimensión máis contemporánea e máis viva que nunca..

Ademais, a representación teatral musicada “O cego da Xestosa”, montada co gallo deste Encontro por alumnos da Escola de Teatro e da Escola de Zanfonas de Narón.

Se queres estar ao dia, se queres aprender, escoitar e desfrutar coa música e docencia da zanfona contemporánea, achégate a Narón. Participa.
Lembraralo.

Concertos e teatro: 16 de marzo ás 20,30h. Auditorio de Narón. 6€ / Inscritos aos cursos de balde.

Lizgairo.
Estrea en Narón deste trío nacido coa intención de disfrutar reelaborando e compoñendo. Baseado na sonoridade de tres instrumentos sobre unha música construída en orixe para baile que dan como resultado un complexo, dinámico e vibrante diálogo sonoro.

Anxo Pintos: zanfona e violino
Rodrigo Romaní: harpa céltica e guitarra.
Xosé Liz: Bouzouqui, frauta e guitarra.

BOnOvO.
Trio de recente creación, proxecto musical e tecnolóxico, fusión de tres personalidades con voz propia, , con ritmos frenéticos e actitude aberta, presentan un espectáculo en directo inclasificable e imprevisible que non te deixarán indiferente.

Óscar Fernández: zanfona electroacústica, loops.
Roberto Grandal: acordeón midi.
Pulpiño Viascón: batería electrónica, serra, voz




REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ÉPOCA.
   O cego da Xestosa:entremés cómico escrito por Xavier Prado “Lameiro” (1874-1942), do repertorio do Coro de Ruada (Ourense) e adaptado especialmente para o Encontro con música ao vivo.

Intérpretes: Leandro Lamas e Cristina Mariño (Escola de Teatro de Narón)
Músicos: Alumnos de Zanfona da escola de Musica de Narón

Cursos: 17 e 18 de marzo.

Horario Curso:
Sabado: 10:30h. a 14:00h. e 16:00 a 20:00
Domingo: 10:0h a 14:30

Prezo cursos70€ / 60€ asociados ao CMTF.

Inscripción:
e-mail: i.lopez@concellodenaron.com
Fax: 981 384829
Tlfno: 981391144

Enviar Fax ou e-mail cos seguintes datos:

nome e apelidos
correio electrónico
nº de tfno .
Xustificante de ingreso na conta:
2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia, Padroado da Cultura de Naron

>>>>Reserva de aloxamento e comidas no mesmo tfno. da >>>>inscripción.<<<<<
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2007 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Traxes Tradicionais
Como prolegómeno das actividades a celebrar pola Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2007

A Inauguración da “Mostra de traxes tradicionais e de época” terá lugar o luns 12 de marzo ás 20:00 na Sala de exposicións do Instituto Camoes (Praza de Almeida) de Vigo

Dita exposición permañecerá aberta ata o día 1 de abril co seguinte horario:

De Luns a Sábado: de 17:30 a 21:30
Domingo: de 11:30 a 14:00

Os traxes expostos son provintes do Curso de Costura Tradicional dirixido pola costureira Dna. Patricia González Iglesias e por cesións de particulares.

O Presi fará a presentación.

Estades tod@s convidad@s!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2007 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de iniciación á pandeireta e ao baile galego
Despois de moitos anos volta a cultura galega á programación das Noites Vivas de Vigo.

Curso de iniciación á pandeireta e ao baile galego no Pavillón Municipal de Coia. (Avda. de Castelao, s/n -Vigo)
Impartido por Marián Fernández Valverde, mestra do grupo de baile galego "Peña Xuntanza" da A.V. "Camiño V. de Coia" .

Venres 9 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 16 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 23 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 30 de marzo - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 13 de abril - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 20 de abril - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 27 de abril - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 4 de maio - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 11 de maio - de 23.00 a 00.00 h.
Venres 18 de maio - de 23.00 a 00.00 h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2007 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de expresión vocal e canto
Ciclo "Son de Pé" na SalaSón (R/Lirio 30 baixo, Cangas do Morrazo).

Obradoiro de expresión vocal e canto impartido por Nelsom Quinteiro este fin de semana (9, 10 e 11 de marzo)

Trátase dun obradoiro intensivo, de aproximadamente 15 horas de duración e coa seguinte distribución:

Venres 9: De 20:00 a 22:00 aprox.
Sábado 10: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 aprox.
Domingo 11: De 11:00 a 14:00 aprox.

Espacio e perspectiva... Respiración e aparello fonador... Enfoque e Proxección... Coidados e hixiene da voz... Dicción... Gramelott... Afinación e figuras de canto son algúns dos contidos deste obradoiro ao que vos podedes apuntar ata o xoves 8.

O prezo da matrícula é de 60 €, agás estudantes, desempregad@s ou xente que se apunte a máis dun obradoiro do ciclo "Son de Pé", para os que ten un 50% de desconto.

Información e matrícula no 666 014 494

O Obradorio terá un complemento coa actuación de Nelsom Quinteiro o día 8 de marzo as 22:30 no SalaSon. (3€)
Voz sampleada, misturada e enlatada... feita en directo...voz e percusión corporal... voz rítmica e melódica... sobre melodías tradicionais e temáticas que falan de nós mesmos, de historias miúdas que xuntas conflúen no propio feito de ser nós mesmos

Outros obradoiros:

17-18 de marzo: Obradoiro de Danza Contemporánea con Armando Martén (Coreógrafo e bailarín cubano, mestre no Conservatorio de Danza da Excma Deputación de A Coruña e do Centro Coreográfico Galego)

22-25 de marzo: Obradoiro de Cabaré coa Compáñía Femme Fatale (Formada a raíz do I Festival Galego de Cabaré, creadores das "Noites de Cabaré Dublinés" e que neste mesmo ciclo estrearán a obra "Lerchas")

Terceiro Pé
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2007 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Novos monográficos do CMTF de Lalín
O sábado 10 de marzo arrincan no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín dous monográficos:


Danzas do mundo
Durará unha soa xornada, impartido pola musicoterapeuta e bailadora Beatriz Díaz. Desenvolverase en xornada partida, de 11 a 14 horas e de 17 a 20, e permitiralles aos alumnos aprender bailes de distintas partes do mundo.
O custo da matrícula é de 40 euros.


Violín tradicional
Desenvolverase en catro meses até o mes de xuño e impartirao Quin Farinha, membro de Berrogüetto, Talabarte Trío, a Banda das Crechas e Sol de Farofa. Durante o monográfico estudarase un amplo repertorio de violín tradicional ao longo de Europa.
O prezo da matrícula será de 50 euros ao mes, e as clases individuais.

Preinscrición: luania13@yahoo.es
tlfe. 690 195217
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2007 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
"Ouvirmos" no Alalá deste martes

Alalá remóntase hoxe a comezos do século pasado, cando nunha botica de Pontevedra se xuntaba un grupo de homes para cantar en galego, sendo o artífice de todo isto o boticario Perfecto Feijoo, que estaba empeñado en dignificar a cultura rural. Despois de anos de ensaio, o grupo Aires d a Terra grava o primeiro disco en galego no ano 1904. Curiosamente foron os franceses quen viñeron gravar para promover a súa máquina “parlante” que era o gramófono.

Cen anos despois podemos escoitar estas gravacións grazas ao traballo realizado por unha empresa chamada Ouvirmos, unha editora especializada en recuperar material valiosísimo que quedara esquecido en faiados, en coleccións privadas e polo mundo adiante. As gravacións que agora se publican estiveron tan esquecidas coma o propio grupo Aires d a terra, a máis importante das agrupacións folclóricas galegas, a primeira de todas e a que marcou a liña a seguir durante todo o século XX.

Ouvirmos rescatou todos estes vellos discos e con eles fixo unha edición de luxo chamada “A Tiracolo”; deste xeito o coro Aires d’a Terra volveu soar, xunto a outros como Manuel Do Pazo –o gaiteiro mais importante da emigración- ; Os Dezas de Moneixas e o Coro de Ruada e moitos máis. Na actualidade Ouvirmos e a súa música ten difusión internacional. O seu traballo coa distribuidora dixital “The Orchard” permítelles que esta música galega estea no mercado global; así e sen moverse da casa, un pode mercar un disco de Aires d’a Terra en calquera parte do mundo.

Neste programa falarase cos artífices desta empresa: Ramón Piñeiro, o director artístico; José M. Aldea, o produtor executivo, e Irene Sineiro, a xestora da editorial. Ademais o programa vai viaxar moito, irá a Sarria –onde está a sede social de Ouvirmos-; a Barcelona, onde traballa Irene; parada en Pontevedra, no Museo Provincial, pero tamén estará na Coruña, con Pepe Temprano, quen amosará a súa colección de discos e moito máis.

O soño de Perfecto Feijoo cumpriuse, el tiña a profunda convicción de que cun Alalá, unha canción de pandeiro e pouco máis, tiña dabondo para levar a música galega por todo o mundo. El así o fixo porque o coro Aires d a Terra tocou en Galicia, Madrid, Portugal e América, ata actuaron diante do Rei.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-03-2007 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Gravacións de novos traballos
QUEMPALLOU

O 2 de Marzo de 2007, comezou a gravación do terceiro disco de Quempallou. Unha nova proposta, ben pensada e traballada, que ofrecera o lado máis creativo do grupo. Máis de 12 temas, radiados boa parte deles polos traballadores de Radio Quempallou, a nosa particular sintonía POLO AIRE.
E xa sabedes, a primeiros de Maio poderedes mercar este traballo e ver a Quempallou en directo polas salas de toda Galiza. Tamén teremos nova Güeb, e moitas sorpresas.




SKARNIO

Logo de mais de três anos dende o seu último disco "Arredista", Skárnio volta ao estudo para preparar o que será o seu terceiro trabalho "O nosso caminho". A data do começo da gravaçom é o dia 4 de março e fara-se entre os estudos Area Master (Vigo) e Oceano (Panjom).
Ao cargo da producçom de som estará Xavier Abreu, quem já correu com este labor no disco anterior. Outra das claves atopamo-la na coproducçom musical de Pedro Feijoo (Lamatumbá), quem já leva messes trabalhando coa banda ao travesso de pregravaçons registadas dende o seu estudo Muu! (Vigo).
Por outra banda, o disco contará coa participaçom de certos artistas que quizerom colaborar no novo trabalho desta banda ska.
"O nosso caminho" seguirá a linha de ska rápido e combativo de Skárnio ainda que intercalando ska-clásico, reggae e inclusso ska-jazz. Um disco variado que superará tudo o anterior e que olha cara ao futuro, pero coa pessoalidade própria desta banda nascida há dez anos no bairro viguês de O Calvario.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2007 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá adicado á Pandeira (27 febreiro)
Co capítulo dedicado á pandeira, que se emitirá hoxe martes 27 de febreiro, Alalá inicia unha serie de programas que terán como protagonistas a música e a xente dos Ancares e ao concello de Cervantes. A pandeira é un instrumento da música tradicional galega que estivo a piques de desaparecer. Durante os anos 50 e 60 era o instrumento de percusión fundamental nas vilas, e moitas noites de inverno tocábase nos Ancares, acompañada da voz.

Mediante a investigación do folclorista Juanjo Fernández xunto co interese da mocidade de Cervantes, estase a recuperar tal e como se tocaba e usaba na música tradicional galega desde hai moitos séculos.

A pandeira é un instrumento ancestral, que xa fora empregado por exipcios e fenicios. Tamén foi representado en baixorrelevos na Grecia e Roma clásicas. Durante a Idade Media tivo unha gran difusión na Península Ibérica pero pouco a pouco foise perdendo.

Na actualidade practicamente só sobrevive na zona dos Ancares galegos e leoneses e a parte limítrofe de Asturias. O illamento e a incomunicación desta zona montañosa permitiron que moitos dos costumes e usos musicais xa desaparecidos no resto de Galicia se conserven.

O programa Alalá ofreceralles aos seus espectadores entrevistas con vellas tocadoras de pandeira, como Inés Rodríguez, así como unha visión introdutoria deste instrumento e dos propios Ancares que se irá desenvolvendo en próximos capítulos


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-02-2007 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Plaxio no cartel do Entroido de Vigo?

Seica si...
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-02-2007 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Circuito 4x4
O circuíto 4x4 programa unha escolma da mellor música galega en 78 concertos

‘Circuíto 4x4’ consiste nunha cuádrupla oferta musical da Consellaría de Cultura para que os concellos programen música galega. Trátase de catro circuítos (Voces Tradicionais, Canción de Autor, Con-Fusión e Tradición Instrumental), con catro agrupacións musicais cada un.

Os concellos participantes son: Boiro, Carballo, Oleiros, As Pontes, Miño, Arteixo, Laracha, Mugardos, Allariz, Monterroso, Sarria, Viveiro, Xove, Foz, Ribadeo, Monforte, Vilagarcía, Pontevedra, Lalín e Vigo (Universidade de Vigo).

Ciclo de Voces tradicionais: Leília, Ruote, Os Carunchos e Serra-lhe aí!!!

Canción de autor: Marful, Espido, Nordestin@s e Xavier Díaz.

Con-fusións: Trío Kin García, Talabarte, Marcos Teira e Rao Trío.

Ciclo de Tradición instrumental: Daniel Bellón & Diego Maceiras, Linho do Cuco, Edelmiro Fernández e Fernández e Quintá.

Pontevedra
Os Carunchos: 14 abril
Leília: 21 abril
Serra-lhe aí!!!: 4 de maio
Ruote: 10 maio

Universidade de Vigo
Os Carunchos: 26 abril (Vigo)
Ruote: 10 maio (Vigo)
Serra-lhe aí!!!: 27 de maio (Ourense)
Leilía: 24 maio (Pontevedra)

Lalín
Espido: 24 febreiro
Marful: 9 marzo
Nordestin@s: 30 marzo
Xabier Díaz: 13 abril

Vilagarcía
Daniel Bellón & Diego Maceiras: 24 marzo
Edelmiro Fernández: 31 marzo
Fernández e Quintá: 5 abril
Linho do Cuco: 6 abril

Sarria:
Leilía: 6 maio
Os Carunchos: 13 maio
Ruote: 20 maio
Serra-lhe aí!!!: 27 de maio





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2007 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Folc Opinión

1º Nordestin@s "Nordestin@s"
2º Berroguetto "10.0"
3º Milladoiro "Unha estrela por guía"

Nesta edición, o xurado votou a nove traballos discográficos e os grupos Berrogüetto e Milladoiro obteñen o seu segundo galardón, aínda que sen repetir o primeiro lugar.

O reconto de votos desta VI edición dos PREMIOS OPINIÓN deixa unha diferenza apreciable entre os dous primeiros clasificados e as demais obras. O xurado decantouse pola proposta do trío Nordestin@s, unha conxunción musical entre dúas das voces máis importantes do folk galego e un pianista de jazz que goza dunha gran reputación.

A unión de Ugía Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade debe ser recibida con parabéns porque lle abre unha porta a outro tipo de mestura musical que non se coñecía en Galiza, sempre necesitada de frescura e novas ideas para ampliar as marxes polas que transita unha música folk que pugna por ampliar os seus horizontes e así ofrecer unha visión moderna e contemporánea na que convivan harmoniosamente a nosa rica tradición e as novas sonoridades.

Esta votación fai que dous novos artistas se incorporen a unha lista de premiados que repiten galardón, que só contaba co nome da gaiteira Susana Seivane. Os grupos Berrogüetto e Milladoiro xa sabían o que era ocupar o primeiro lugar e agora engaden un segundo e terceiro posto no palmarés dos premios. O único que non logrou ninguén ata o momento é repetir como mellor disco do ano.

Ugía Pedreira dicía respecto do trío que naceu sen saber se habería unha continuidade. "Isto saíunos así, e se non segue queda aí ese agasallo musical. Xa se verá cara a onde nos leva o mar do norte. O que temos claro é que cómpre cantar co corazón e que a túa vida estea aí, enriba do palco, cos temas que interpretas. Agachar o que un é non fai ningún ben. Gustaríanos saber como funciona o grupo fóra de Galiza", comentaba nestas páxinas a cantante de Foz.

A boa recepción en canto a vendas, con dous mil exemplares vendidos desde a época do nadal na que saíu o álbum á venda, e a ratificación da crítica coa concesión deste PREMIO OPINIÓN seguro que incidirá en que o grupo Nordestin@s poida ter unha longa vida. Desde fóra de Galiza xa están preguntando sobre a formación, xa que ao contar con Abe Rábade como pianista concitan a atención do mundo do jazz e tendo a Galego e Pedreira como cantantes o interese xorde desde os ambientes da música de raíz, polo que non resultará raro que comecen a actuar lonxe da nosa terra e así ter a oportunidade de valorar o recibimento que obteñen, tal como quería Ugía Pedreira.

Os compoñentes do xurado outorgaron a segunda praza nas votacións a unha banda que logrou nestes anos facerse cun lugar sobranceiro na historia do folk galego. O cuarto álbum de Berrogüetto volve mesturar as pezas instrumentais coas cantadas. O grupo tivo un verán moi activo, posto que realizou as presentacións desta obra en moitos lugares, sendo unha das formacións ás que máis se escoitou por Galiza adiante.

A banda non só obtén o recoñecemento ao seu traballo dos críticos galegos, xa que volveron contar co beneplácito dos xornalistas alemáns e foron escollidos polos membros da Asociación Premio da Crítica Musical Alemana do Disco para engrosar a lista dos mellores traballos do primeiro trimestre do 2007. Foi tamén en Alemaña, un país especial para a banda, onde o conxunto logrou o seu primeiro recoñecemento en forma de galardón.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-02-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
20 de febreiro no Alalá: Paco de Escornabois
Alalá viaxa á comarca da Limia. Francisco Villarino, máis coñecido como Paco de Escornabois, é probablemente un dos gaiteiros máis recoñecidos de Galicia e o protagonista desta edición. Paco tivo a súa primeira gaita aos dezaseis anos e aprendeu a tocala en só tres días. Agora, con oitenta e dous, é un mestre cun repertorio interminable.

O seu peculiar xeito de mover os dedos sobre o punteiro, os seus picados e repicados, atraen aos músicos máis novos que intentan imitar as súas características ornamentais. Características que el aprendeu dun gaiteiro chamado Leopoldo Quiroga cando, este, acababa de saír do cárcere trala Guerra Civil. Agora é Paco quen ensina, e moitos deses mozos, coma Iván Area, Félix Castro ou Curro Romero falarán da admiración que senten polo gaiteiro de Escornabois.

Moitos dos novos músicos que se achegan onda el para aprender, coñeceron a Paco en Castro de Laza a onde, este home incansable, acode desde hai corenta anos para animar o Entroido. El é unha das figuras desta festa ancestral que non sería o mesmo sen o son da súa gaita. No programa desta semana poderase velo nunha desas actuacións que se prolongan durante catro días e catro noites.

Ademais tocará en directo para Alalá acompañado por seus irmáns, José e Ramón, cos que se compenetra á perfección.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2007 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Merdeiro volta ás rúas do Casco Vello

O Merdeiro volve correr polas rúas do casco vello de Vigo.

Esta tradición ten todos os ingredientes para garantir a diversión neste entroido: facendo unha sátira do escabicheiro (persoa que limpaba os pozos negros e recollía "ghaldrucho" ou restos de peixe e marisco), os mariñeiros e mariñeiras da zona de Vigo vestíanse de "merdeiros" e andaban a amolar á xente pola rúa.

Despois de moitos anos de esquecemento da figura, o Casco vello da cidade olívica volverá encherse neste entroido de merdeiros e merdeiras que percorrerán as rúas nunha entroidada, brincando, berrando e facendo canfurnadas, todo isto acompañado por un grupo de treboada.

O domingo (pola mañá e pola tarde) e o martes de entroido, correrán os merdeiros polas rúas viguesas facendo das súas...
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación das camisetas
Hoxe fixemos a presentación das nosas camisetas, que historia poderiamos contar delas...!

Edición limitadísima e xa caseque esgotada, os afortunados que lograchedes ter unha neste día xa podedes disfrutar da primeira edición de camisetas Malmequer, bonitas á par que eleghantes.

Sentimos moito ter que sinalar que xa están caseque esgotadas e xa estamos a traballar nunha segunda edición, cun novo deseño e cores, para darlle variedade ao tema...se tardamos o mesmo tempo que nestas podedes aforrar para mercar unhas cantas.


Petición do Presi: Quero unhas neghras heavies!!

Bo Entroido a tod@s!!!
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 16-02-2007 02:44
# Ligazón permanente a este artigo
3º Aniversario da Tapería A Nogueira
Hoxe, xoves 15, a Taperia A Nogueira (Monte do Castro) está de Aniversario e por isto Pedro ofrecenos a posibilidade de disfrutar na sala Fábrica de Chocolate dunha festa con Pepo Suevos (Contacontos) e cos Carunchos, sobradamente coñecidos por tod@s, pola súa música e por outras cousas...


Ás 22:30 na Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde-Vigo)


Festa asegurada!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2007 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe martes 13, ui, ui, ui,..... no Alalá

A Festa dos Fachóns (Castro Caldelas)

Aínda que a maior parte das festas en Galicia se celebran no verán, hai outras que conteñen verdadeiros tratados de vellas melodías populares de lareira e taberna: son as festas de inverno.

Para vivir en primeira persoa unha das máis espectaculares de Galicia, o Alalá viaxará ata Castro Caldelas, en plena Ribeira Sacra, á festa do lume, do viño e da música, chamada Festa dos Fachóns, e alí estará na compaña dos Guezos, que guiarán aos telespectadores por cada recuncho desta festa que se sabe cando comeza, pero se descoñece cando e como remata.

Na Festa dos Fachóns xa tocaban hai dous séculos os míticos Trabazos de Castro Caldelas, un grupo que aprendeu a solfa na emigración a miles de quilómetros de Galicia e que despois espallaría o seu coñecemento á volta, non só polos fachóns en Castro Caldelas, senón por moitas outras vilas da bisbarra.

O seu legado quedou recollido de dúas formas distintas; por un lado, os Guezos cunha versión moderna con guitarras, baixo, teclado ou sintetizador e, por outro, Os Airiños de Caldelas; un cuarteto de gaita, bombo e dúas gaitas tradicionais da zona de Ourense. Son dúas versións cunha mesma meta, que a música popular sirva para o que sempre serviu, para que bailen e se divirtan vellos e novos, algo que na Festa dos Fachóns está totalmente asegurado.


Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2007 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Guía do Entroido

Casco Vello de Vigo
16 febreiro: Os Tarteiras no concurso de coplas.
17 febreiro: Sábado de entroido
Particicipación dos Tarteiras no desfile de comparsas
18 febreiro: Domingo de entroido
Saída dos merdeiros, obradoiros e Mago Teto
20 febreiro: Martes de entroido
Saída dos merdeiros e actuación de contacontos
21 febreiro: Mércores de cinza
Participación dos Tarteiras no enterro do Meco.

O Hío:
18 febreiro: Domingo de entroido (chegada dos gaiteiros)
19 febreiro: Luns de entroido
20 febreiro: Martes de entroido (día grande)

Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
20 febreiro: Martes de entroido
Baile de las madamas e galáns, e a Corrida do Galo na explanada de Riomaior.

Laza:
15 febreiro: Xoves de comadres
16 febreiro: Venres de folión
17 febreiro: Sábado das Cabritadas
18 febreiro: Domingo de estrea (Peliqueiros)
19 febreiro: Luns borralleiro (Morena,formigas,...)
20 febreiro: Martes de entroido

Verín:
11 febreiro: Domingo corredoiro (Cigarróns e fariñada)
15 febreiro: Xoves de comadres
17 febreiro: Sábado de entroido
18 febreiro: Domingo de entroido (desfiles)
20 febreiro: Martes de entroido
25 febreiro: Domingo de piñata

Xinzo de Limia
19 xaneiro: Domingo fareleiro.
4 febreiro: Domingo oleiro
11 febreiro: Domingo corredoiro
18 febreiro: Domingo de entroido (Pantallas)
20 febreiro: Martes de entroido (Pantallas)
21 febreiro: Mércores de cinza, enterro da sardiña
25 febreiro: Domingo de piñata

Salcedo (Pobra de Brollón)
18 febreiro: Domingo de entroido (Madamas e danzantes)
19 febreiro: Luns de entroido (Saída do oso)



Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 10-02-2007 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas de baile/música tradicional
- a Central Folque (Compostela)

- e-Trad (Vigo)

- Tradescola (Lugo)

- A Fervenza de Ouzande (A Estrada)

- A Ponte Vella (Teo)

- Asociación Ourensá de Folclore Tradicional “AOFT – GOMES MOURO” (Ourense)

- BellónMaceiras (Fene)

- Brincadeira (Compostela)

- Brisas do Quenllo (A Portraga-Tordoia)

- Cantigas da Terra (A Coruña)

- Cantigas e Agarimos (Compostela)

- Cantigas e Frores (Lugo)

- Casco Vello (Vigo)

- Donaire (A Coruña)

- Fogo Fatuo (Rianxo)

- Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)

- O Fiadeiro (Vigo)

- Rebulir (Ramirás)

- Retrouso (Cela-Bueu)

- Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)

- A. C Trepia (Pontevedra)

- Vai de roda (Rianxo)

- Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 08-02-2007 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos
- A Mouga (Tenda)

- A Regueifa

- A Toupa (Tenda virtual)

- Arquivo Sonoro de Galicia

- Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)

- Asociación de Gaiteiros Galegos

- Bulideira (Tenda)

- Consello da Cultura Galega

- Flocos.TV

- Folk in Trio

- Frouma

- Ghastaspista

- Komunikando

- Lume na Palleira

- Malmequer

- Mesa pola Normalización Lingüística

- Música Galega (Sempre en Galiza)

- Os arquivos da Meiga

- Ouvirmos

- Planeta Furancho

- Proxecto Ronsel

- Recusos de galego en rede

- SonsdaGaliza

http://musicaengalego.blogspot.com/
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 06-02-2007 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Amigos
- O Gaiteiro de Lapamán

- Morrocantando

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 06-02-2007 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer