Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fogueira de San Xoán no Casco vello de Vigo
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nova sala de concertos en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
10ª Festa dos Fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
Venres 22 de xuño ás 23:00

Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu.

Ás once da noite reúnen a tódolos
asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando
uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello.

Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha
queimada reparadora.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño
Celebraremos este verán de 2007 o décimo aniversario do primeiro disco de Xosé Manuel Budiño “PARALAIA (1997)”.

Budiño presenta agora un Novo Disco con composicións cheas de vitalidade e coa colaboración de amigos como:
Jorge Pardo (saxo) - Paco Charlín (contrabaixo) - Paulo Borges (piano) - Jacky Molard (violín,guitarra) - Carlos Castro (percusión) - Kepa Junkera (trikitixa) - Mercedes Peón (voz) - Xoel López (voz) - Antón Reixa....


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá polo Val do Ulla

Hoxe, martes, día 19/06/2007

Nesta nova edición, o programa Alalá viaxa ao Val da Ulla. En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable. Ao redor destes grandes e vellos mestres reuniuse un grupo de músicos novos que, engaiolados polo son da requinta, quixo recuperar as vellas tradicións musicais da Ulla con “A gaita de Sarandón”. Pepe e Marcelino ademais de veciños son amigos desde a infancia. Xuntos teñen unha chea de vivencias tanto musicais coma persoais. O que tiveron en común os dous foi o amor pola música, de cativos conseguiron xa o seu primeiro pínfano ou frauta e con el andaban “pinfaneando” mentres andaban coas vacas nas veigas.

Descubriremos tamén como se empregaban hai moitos anos instrumentos pouco coñecidos, como pode ser o charrasco. Recuperar o repertorio e o legado musical que os dous reteñen na mente son os obxectivos do grupo, as pezas de cando tocaron na “Gaita de Vedra” e as das festas e troulas cos veciños de Sarandón.

Grazas ao traballo e esforzo deste grupo, a requinta, un instrumento case esquecido, está a vivir hoxe un momento de esplendor que se ve reflectido coa publicación do seu primeiro traballo discográfico: Requinteiros da Ulla. Na gaita de Sarandón hai unha mestura de idades, caracteres e personalidades. Ademais de músicos, no grupo hai un enxeñeiro, un investigador, un bibliotecario, un mecánico…e de todo isto xorde unha formación que está a acadar un éxito importante, que lembra aqueles grupos de requinteiros, de comezos do século vinte, que constituían outro dos emblemas do Val da Ulla.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Crema de gaita
Marcos Campos ...gaita e wistles
Ernesto Campos ...guitarra e serrucho
Judith Alonso...baixo
Suso "feixon" Alonso...batería e percusións
Diego Mariño...gaita e wistles
Jose Manuel Lopez...clarinete ,saxo e gaita
Cristina Macias...piano e voz
X.C. Villar Bouza...percusións

O novo disco de Crema de Gaita xa está a venda!

Para os internautas interesados, xa o podedes adquirir en: www.ouvirmos.com ou contactando directamente co grupo en: cremadegaita@gmail.com

Para os que queran escoitar, a modo de adianto, algún tema deste novo traballo podedes facelo na entrevista do programa "Lume na Palleira" do día 16 de xuño en
http://www.crtvg.es/RG/arquivo.asp
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
INTENSIVOS FOLQUE DE VERÁN 07

INTENSIVOS DE VERÁN 07

Cursos intensivos de verán Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. 8 e 9 de agosto.

www.folque.com Auditorio Municipal s/n 36500 Lalín.
producetrini@folque.com tlfe. 651957361

5 cursos a elexir:
RITMOS E CORDAS DO BRAZIL. Profesor: Sérgio Tannus.
PANDEIRETA GALEGA, TECNICA REELABORADA. Profesor: Davide Salvado
BAILE GALEGO, DANZAMOS COMO NÓS SOMOS. Profesor: Marcelo Gonzalez
REELABORACIÓN DE CANTOS POPULARES GALEGOS. Profesor: Pepa Yañez
REPERTORIO PARA ACORDEÓN DIATÓNICO. Profesor: Carlos Quintá.
ARRANXOS PARA PERCUSIÓN TRADICIONAL. Profesor: Lola de Riveira.

Aula colectiva para todo o alumnado. HISTORIOGRAFIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.Profesor: J.Luis Dopico Orjais.

Lugar: Auditorio Municipal. Duración: 2 dias. Horarios: de 11 a 14 h. e de 17 a 20h. Data: 8 e 9 de agosto.
Matrícula por curso : 100 euros(inclue intensivo + aula teórica)
Preiscrición no mail: producetrini@folque.com
Pagamento de matrícula n. conta: 2080 0401 6 3 0040184764
+info www.folque.com (aloxamento, transporte, restaurantes…)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cava do Millo Corvo

CAVA DO MILLO CORVO

A Asociación Cultural Meiro realizará o vindeiro luns 18 de xuño, a partir das 8 da mañá, a cava do millo corvo, continuando co ciclo do millo corvo, iniciado en maio coa sementeira.

A cava é o primeiro labor que se realiza despois de sementado o gran. Con esta actividade elimínanse as malas herbas e se airea a terra, conseguindo un maior desenrolo das raíces e do milleiro.

A seguinte tarefa a desenvolver será a renda.

NOTA: O tratarse dunha actividade realizada ao aire libre, ésta farase
sempre que a climatoloxía o permita.

Para máis información: 637 55 89 57 ou no mail: meirocorvo@gmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
III Marcha Popular
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2007 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Leilía no 150 aniverario da facultade de Farmacia

Como remate as actividades científicas que ven desenrolando a Facultade de Farmacia con motivo da celebración do 150 Aniversario da súa creación, o vindeiro venres día 15 as 20.30 horas celebrarase na sala Mozart do Auditorio de Galicia un concerto por parte de LEILÍA co seu traballo “Cantar ao vivo”, un espectáculo áxil e dinámico, no que o espectador pode viaxar a través da historia de LEILÍA.

A entrada para o concerto e publica ata que se esgote o aforo da Sala.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2007 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Gran gala remate de tempada de Alalá
Este mércores 13 de xuño, no Teatro Colón de A Coruña ás 21:00

Gravaráse un especial Alalá, programa da Televisión de Galicia que despídese ó grande esta tempada facendo unha gala cos protagonistas de todos o seus programas: Cantadeiras do Berbés, Sondeseu, Malvela, Quempallou, Treixadura,...
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2007 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Troita e Festival Folc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2007 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Gaideón en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2007 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso Musical da Terra e da Língua

Bases:

1ª.- Poderám participar neste certame todo o tipo de agrupaçons musicais, sempre e quando as suas cançons com letra sejam em língua galega e nom apresentem conteudos sexistas ou homófobos.

2ª.- Os temas que se interpretem poderám ser originais ou umha versom de outro já editado com anterioridade à convocatória do certame.

3ª.- Os grupos musicais poderám interpretar qualquer estilo, polo que se estabelecerám duas categorias:

A ) FOLK e MÚSICA TRADICIONAL.
B ) LIVRE (pop, rock, ska, hard-core, hip-hop...).


4ª.- O júri seleccionará um máximo de 6 finalistas entre os grupos que em total se apresentarem. A final será no Local Social da Fundaçom Artábria a 14 de Julho de 2007. A decisom do júri é inapelável.

5ª.- Logo da sua realizaçom, o júri outorgará os prémios, que nom poderám ser declarados desertos.

6ª.- O grupo ganhador em cada categoria participará no VII Festival da Terra e da Língua, que decorrerá no Moinho de Pedroso (Narom) nos dias 27 e 28 de Julho de 2007.

7ª.- Estabelece-se umha dotaçom económica global de 1.100 €, que se repartirá do seguinte jeito:

- 400 € + gravaçom dumha maquete num estudo profissional, como primeiro e único prémio da Categoria FOLK e MÚSICA TRADICIONAL.
- 400 € + gravaçom de umha maquete num estudo profissional, como primeiro e único prémio da Categoria LIVRE (pop, rock, ska, hard-core, hip-hop...).
- 300 €, a repartir entre os 6 finalistas em conceito de deslocamento (A Fundaçom Artábria fará-se cargo só do deslocamento dos grupos residentes na Galiza).


7ª.- Os prémios serám entregues no próprio dia do Festival da Terra e da Língua.

Antes do dia 9 de Julho, os e as concursantes deverám enviar ao seguinte endereço:

Fundaçom Artábria
Travessa de Batalhons nº 7
15403 Ferrol (A Corunha)


e pondo no envelope “CONCURSO”, o seguinte material:

I) Umha gravaçom em CD de áudio com TRÊS temas (que serám os que interpretarám na final a realizar na Fundaçom Artábria a 14 de Julho de 2007), fazendo constar na mesma o nome adoptado polo grupo.

II) Fotocópias do texto das letras das cançons interpretadas.

III) Envelope fechado e identificado com o nome escolhido, com os dados pessoais d@s integrantes do grupo participante: nome, apelidos, endereço postal, endereço electrónico e telefone(s) de contacto.

IV) Características técnicas do grupo, instrumental e outras observaçons.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2007 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Cabana de Begantiños
Hoxe, martes, día 12/06/2007

Alalá viaxou ata un concello rico, o de Cabana de Bergantiños, rico na paisaxe de forza da terra e do mar; rico no tempo, xa que un pode achegarse ata o Castro de Borneiro ou ata o Dolmen de Dombate, e, coma non, rico na tradición musical, pois aquí o que non regueifa bota unha copliña con moita graza, quen non toca a gaita ou a pandeireta recorda un poema, e o que non quere botar arte pola boquiña, amósaa con todo o corpo e fai calar a todos cun baile, porque só aquí se conservaban bailes hipnotizantes como a Muiñeira Vella ou a Jota Roubada. En Cabana de Bergantiños hai un artista por metro cadrado e coñecerémolos a todos, así que o equipo do programa veu ata aquí e aquí quedou. Con toda esta riqueza é normal a cantidade de tradición oral que había e hai por estas terras. Non hai moito tocaban por aquí os míticos gaiteiros de Neaño co “ghai ghai”.
Pero á parte dos gaiteiros, aínda quedan cantos de cego, de arrieiro, regueifas ou coplas. De feito, as coplas que se conservan aquí son moitas delas en galego, o que ten dobre mérito. As coplas son rimas con moita retranca que dúas cantareiras ou cantareiros enlazan segundo o tema.


O grupo “Ruote” ten no seu repertorio bastantes pezas recollidas nesta zona por Pablo e Olga, dous dos seus compoñentes e guías desta viaxe por Cabana de Bergantiños. Xuntos no persoal e no laboral, levan pateando este recuncho do mundo dende hai case 20 anos recollendo cada copla, cada baile e cada peza musical ou cantada, sendo investigadores e profesores, porque todo o que recolleron ensináronllelo como é aos rapaces da súa aula de música tradicional “Donaire”, na Coruña. Unha historia de amor e artistas, como as de antes.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
VII Romaría do Lecer de Xacarandaina
Despois dun duro ano de traballo chega a festa das festas por excelencia... ¡a VII Romaria do Lecer!

O sábado 16 de Xuño, terá lugar no Paseo das Pontes a Foliada, a partires das 9 da noite, onde grupos de toda galicia tocarán unhas peziñas para que os bailadores mais animosos botedes uns bailes.

O domingo 17 de Xuño, durante todo o día haberá no mesmo lugar, a clausura das actividades da Asociación Xacarandaina, organizadora do evento, e ademais haberá sorteo de agasallos, torneo de tute, obradoiros de artesáns, xogos para os mais pequenos, polbo, churrasco e bochinche para o que teña fame... ¡Teremos de todo!

Xa sabedes... O plan promete, así que esperamos vervos por alí, xa sabedes, 16 e 17 de Xuño no Paseo das Pontes (A Coruña)


Comentarios (11) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festa "1 ano de Luita en Bouzas"
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2007 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para Alalá

O programa Alalá da TVG recibirá un galardón da Academia de Televisión

O programa da Televisión de Galicia Alalá, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, recollerá este sábado en Sevilla o galardón ao mellor programa de Tradición musical outrogado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión. Alalá naceu como documental musical que se interna nas historias e vidas cotiás da xente que loita para que non se esqueza a sabedoría tradicional. Alalá é un dos programas que a TVG presentou dentro da súa renovación de contidos e supón unha revisión do xeito en que a televisión difunde a tradición musical, encadrando a actuación dun grupo ou artista dentro do seu marco social, laboral ou persoal. A gala de entrega dos premios, que tamén celebra o décimo aniversario da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión retransmitirase por todas as canles autonómicas da FORTA.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas limpeza de Verdegaia por Orbenlle
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2007 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Enrédate na Rede. Arredemo de novo en marcha

ENRÉDATE NA REDE. Venres 8 de Xuño en Compostela

Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro, Os da Ría, e Carlos Santiago.

Durante a festa darase a coñecer a Asociación que dá base ao Portal, e que ofrece distintos servizos a persoas e colectivos do eido socio-cultural, como o aloxamento de webs, a libre distribución de creacións artísticas e o desenvolvemento de proxectos sociais e culturais.

A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta así públicamente o seu terceiro proxecto, despois de case catro anos de actividade, nos que se constituiu como unha referencia dentro dos movementos sociais e culturais galegos. A festa é o primeiro acto dunha campaña destinada a impulsar a creación do novo Portal de Comunicación, xa en fase de deseño e construción, e conta coa participación desinteresada dos artistas convidados. No Teatro Principal a partir das 21 h.


Entrada 5 Euros
Venres 8, 21:00h no Teatro Principal

http://arredemo.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2007 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do Corpus en Ourense (resume)
Venres, 8 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto dos Amigos da Coral de Ruada
Organiza: Coral de Ruada e patrocinado pola Concellería de Cultura, Festas e Festival de cine coa colaboración do Teatro Principal.
Lugar: Teatro Principal

Sábado, 9 de xuño
ALFOMBRAS FLORAIS
11:00 Xuntanza para desfacer as flores que formarán parte da ornamentación das alfombras da procesión do Corpus Christi
Lugar: Praza da rúa Arcediagos

PREGÓN
22:30 Pregón da apertura das Festas do Corpus 2007 a cargo de MERCEDES PEÓN. Naceu na Coruña en 1967, é hoxe por hoxe unha das artistas de maior proxección dentro do chamado fenómeno de músicas do mundo. Unha proba desto son os éxitos conseguidos co seu primero traballo discográfico Isué. Presenta o seu novo disco Sihá
Lugar: Praza Maior

CONCERTO
23:00 de MERCEDES PEÓN
Lugar: Praza Maior

ALFOMBRAS FLORAIS
23:00 Confección das alfombras da procesión do Corpus Christi
Lugar: Lamas Carbajal e Praza Maior

Domingo, 10 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto Orfeao de Vila Praia de Áncora (Portugal) e Cántigas da Terra da Coruña.
Lugar: Teatro Principal

Luns, 11 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto da Coral Polifónica de Chaves (Portugal) e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Lugar: Teatro Principal

Martes, 12 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto da Coral Polifónica de Mera (Oleiros- A Coruña) e Real Coro Toxos e Froles do Ferrol
Lugar: Teatro Principal

CONCERTO
22:30 EMILIO RÚA
Lugar: Praza Maior
CONCERTO

Xoves, 14 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL
11:00 Apertura do MERCADO MEDIEVAL no que podemos atopar postos de artesanía, gastronomía, cerámica, obradoiros de barro, maxia, tiro con arco... todo amenizado con música medieval en vivo, dulzainas, percusión...
Horario: de 11:00 a 14:00 e de 18:30 en adiante
Lugar: Lamas Carbajal, Praza Maior, rúa da Barreira e rúa Colón

NOITE DE FOLK
22:30 CRISTINA PATO e amigos (MUTENROHI e JUDITH)
Lugar: Campo de Fútbol do Couto

Venres 15 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL

NOITE DE FADO
22:30 ARLINDO DE CARVALHO
Lugar: Praza Maior

00:30 Primeira tirada do X CONCURSO DE FOGOS ARTIFICIAIS “Festas do Corpus 2007”.
Lugar: marxe dereita do río Miño

Sábado, 16 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL

GRAN SERÁN TRADICIONAL
20:00-00:00 grupos de pandereteiras de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ourense. Apoio Real á cultura popular e dinamización de relación interxeneracional a través da cultura.
Lugar: Praza Coronel Ceano

NOITE DE JAZZ
22:30 ALBERTO CONDE e amigos ( Mayte Dono, Roberto Somoza, y Cuchus Pimentel)
Lugar: Praza Maior

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
00:30 Segunda tirada do X CONCURSO DE FOGOS ARTIFICIAIS “Festas do Corpus 2007”.
Lugar: marxe dereita do río Miño

Domingo, 17 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
00:30 Terceira tirada do X CONCURSO DE FOGOS ARTIFICIAIS “Festas do Corpus 2007”.
Lugar: marxe dereita do río Miño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2007 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto da aula de Canto Popular da EAO (Vigo)
Venres 8 de xuño ás 19.30 h.

Concerto da aula de Canto Popular

@s futur@s cantadeir@s e pandereiteir@s mostran o aprendido neste ano.

No salón de actos do D.M.T. da Escola de Artes e Oficios de Vigo na Avenida García Barbón, 5.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2007 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Casa das Crechas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2007 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Fábrica de Chocolate (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2007 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Regueifeiros en Vigo
No Local Social "A Revolta" (rúa Real)

Martes 5 ás 21:30 en dúas sesións de 45 minutos actuarán os regueifeiros Luis Caruncho e Bieito Lobariñas.

Entrada solidaria de 2 euros
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2007 02:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Cuba (2ª xeira)
Hoxe, martes, día 05/06/2007

O programa Alalá segue esta semana en Cuba e hoxe falará das historias dos últimos galegos que emigraron e da conquista da aldea galega en Cuba. A comunidade galega na Illa foi tan numerosa que contaxiou e introduciu un xeito de vida e unha cultura. O que poucos se poden imaxinar é ata que punto o “galego” é unha figura digna de admiración.

Para comprobar todo isto estará cos galegos mais velliños que viven na Habana, algúns recordan perfectamente o seu idioma, a súa terra e parece que nunca saíran de aquí.

O reflexo de Galicia en Cuba, atopámolo nas aforas da Habana, na Sociedade de Monterroso e Antas de Ulla, hai anos foi fundada por uns galegos e hoxe unha chea de nenos cubanos bailan muiñeiras e xotas, aprenden galego, non só os nenos senón seus pais, e descubriron neste centro unha alternativa de ocio. O Dez de Octubre é un barrio obreiro, pobre e con poucos recursos pero todos os que van alí –galegos e non galegos- quedan namorados deste centro. Como souberon aqueles galegos que o fundaron transmitir o sentimento de xeración en xeración!

Tamén estará con Olga, unha encantadora galega que nos conta como lle foi a vida lonxe da súa Galicia e as numerosas adaptacións que tivo que sufrir.

A música é outro elemento que se fusionou en Cuba dun xeito inconfundible e soan as gaitas, bombos e pandeiretas a ritmo de tumbao, de guaracha e de ritmos caribeños.

En resumo o galego en Cuba é sinónimo de traballador, de esforzo, de honradez. Con tenacidade estudou e acadou bos resultados, chegando a ter o seu propio negocio e vivindo dignamente aínda que a maioría non conseguira o soño americano.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2007 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Fía na Roca
Vente vindo” (Corda Frouxa, 2007) é o nome do novo traballo de Fía Na Roca que o grupo, acompañado polo xornalista da Radio Galega Pepe Carreira, presentaron hoxe no Consello da Cultura Galega.

O disco presenta catorce temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a anteriores traballos de Fía na roca.

A formación presenta tamén algúns cambios coa incorporación de Xabier Olite e Roberto Rama substituíndo a Xabier Bueno e Cris Gándara. Carlos Castro, Giao Rodríguez, Roberto Santamarina e Xosé Ramón Vázquez seguen no grupo.

O disco foi gravado en catro días o pasado abril no Estudio SoNNatural, en Angueira de Castro (Rois)e mesturado no Estudio 5 da Radio Galega.

O grupo marcha para Alemaña onde iniciará a súa xira en Frankfurt, pasando despois a outras localidades, a Francia e incluíndo tamén Galiza na xira de verán.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos para o Runas do Ortigueira 2007
Proxecto Runas'07

Un ano máis, a organización do Festival Ortigueira pon en marcha o Proxecto Runas, destinado a promocionar os grupos de folk noveis da Península. Nesta edición de 2007 serán estas bandas as encargadas de abrir o certame nunha noite dedicada aos novos creadores da música de raíz.

O pasado 3 de maio deu comezo o proceso de selección das formacións que actuarán no escenario principal de Ortigueira o 5 de xullo. Recibíronse un total de corenta e tres maquetas, que foron sometidas a un proceso de selección por parte da dirección artística do Festival.

Finalizada esa criba presentámosvos os quince finalistas do Proxecto Runas'07. Deles, só cinco poderán dar a coñecer as súas propostas ante os milleiros de persoas que se acheguen ao Festival Ortigueira. Varios críticos musicais dos principais medios de comunicación determinarán a escolla final. Pero este ano, como novidade, ti tamén formas parte do xurado. Xa podes coñecer os candidatos finais, escoitar en liña un dos seus temas e votar polo teu favorito.

Valora desde cada unha das fichas aos grupos que desexes e non deixes de visitar a páxina para estar ao día da evolución das votacións.

Participantes
O Proxecto Runas'07 está aberto a grupos folk de toda a Península que non teñan gañado con anterioridade. As formacións, de entre 3 e 10 compoñentes, non poden contar con máis de dous álbumes no mercado.

A compañía do ruído
A Gramalleira
Balakandra
Balbarda
Bauma
BonOvO
Boys of the Hills
Crema de gaita
La conjura
La Jambre
Landú
Monte Lunai
Neirela
Ophiusa
Sete Saias

Votacións de grupos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2007 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nova programación do Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2007 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Carboeiro!!!
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2007 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Bonovo o 2 de xuño no Liceum
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Coca 2007
RockOnDela 1º Festival Alternativo "Millo Verde"
Anexo do Campo do Choco ás 21h.

Venres 1
-Super Scoopa
-The Silence
-Estado de Sitio
-Flor como virus

Sábado 2
-Motor Perkins
-Antisocial
-Banda de Potemkin
-Os Trasnos de Moscoso
-Lixivia

Festa da Coca 2007 (2 ó 10 de Xuño)

Programación (resume)

Sábado 2
20:00 h.- Bombas de palenque anunciando o inicio das Festas
21:30 h.- Lectura do Pregón das Festas a cargo de: D. Francisco López Peña (Presidente da Zona Franca de Vigo)
22:00 h.- Prendido do alumeado da Coca2007

Mércores 6
11:00 h.- Desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra
21:30 h.- Atracción "La Década Prodigiosa" | Elaboración de alfombras florais nas Rúas de Redondela

Xoves 7
10:00 h.- Alborada e Desfile da Coca acompañada dos Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra
10:30 h.- Traslado da Virxe "A Gabacha" dende Vilavella á Igrexia de Santiago de Redondela escoltada pola Danza das Espadas e a Banda de Música Municipal de Redondela
12:00 h.- Misa Maior na Igrexia de Santiago de Redondela coa Coral Polifónica Santiago Apostol do C.R.C. de Redondela | Procesión polas Rúas adoviadas con artísticas Alfombras Florais
13:00 h.- Baile da Danza das Espadas e máis as Penlas na Praza da Constitución

A Coca dos Nenos:
18:00 h.- "Pablo Trasno"
19:00 h.- "Caramuxo Teatro "
20:00 h.- "Pablo Trasno"

Venres 8
A Coca dos Nenos:
18:00 h.- Clowntaminación
19:00 h.- O Gran Rufus
20:00 h.- Día da Muiñeira: Desfile e Actuación nas rúas de Alfonso XII e Ribeira

Sábado 9
Elaboración de Alfombras nas rúas de Vilavella

A Coca dos Nenos:
18:00 h.- Fredi
19:00 h.- O Gran Rufus

Domingo 10
12:30 h.- Misa na Igrexia de Vilavella. Procesión polas rúas. Baile da Danza das Espadas e máis as Penlas
17:00 h.- Finais do Campionato de Petanca
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Boi 2007

Programa da Festa 2007

sábado, 2 de xuño
19:00 Tronar de Bombas
19:00 Pasarrúas con MUIÑOS DA REGUEIRA
19:00 Actividade para nenos na Casa da Cultura
20:30 PROBA DO BOI
21:00 Pasarrúas en Rolda de Viños e outros 2 grupos de Gaiteiros
00:00 Concerto na Barreira con MILLADOIRO do programa de concertos do XACOBEO

domingo, 3 de xuño
11:30 Pasarrúas con TREIXADURA e VALUROS
12:00 Procesión do Xan de Arzúa, dende a Praza do Eiró deica a Praza Maior, rematará co acto da entrega do sedeño.
13:00 Xogo do Carro en Vilanova
14:00 Xantar de todos os gremios no Arnado
- Anuncio do gañador do concurso de ambientación
20:00 CARREIRA MEDIEVAL DO BOI

luns, 4 de xuño
18:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
20:00 Pasarrúas con Charanga
21:00 CARREIRA DO BOI

martes, 5 de xuño
20:00 Pasarrúas con Charanga
21:00 CARREIRA DO BOI

mércores, 6 de xuño
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal, xunto ao colexio
18:00 Merenda Popular Infantil
18:30 Continuación da Festa deica as 20.30h

xoves, 7 de xuño
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal, xunto ao colexio deica as 19.30
19:00 Tronar de Bombas
19:30 Pasarrúas con AULA GOMES MOURO
20:30 CARREIRA DO BOI
21:30 CEA POPULAR
23:30 Verbena na Barreira coa orquestra "PASSARELA"

venres, 8 de xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
12:30 Pasarrúas coas Charangas
13:00 Treboada dos Zés P'reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
19:00 Procesión das Argolas, dende Santo Estevo, coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio e Treboada dos Zés P'reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños coas charangas e gaiteiros
00:30 Gran Folión na barreira coa Orquestra "ISLA"
00:30 Música na Praza Maior, TRÓPICO DE GRELOS e FESTICULTORES TROUPE

sábado, 9 de xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 Pasarrúas coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
13:00 Treboada dos Zés P'reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
18:00 Pasarrúas con Xarín, gaiteiros do Incio
19:00 Procesión da Purrela, dende o Eiró, coas Charangas APELES e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
20:00 Treboada dos Zés P'reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños coas Charangas APELES e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
00:30 Música na Praza Maior con BLOCO DA BALIZA e FESTICULTORES LIVE!
00.:30 Gran Folión na barreira coa Orquestra "SUPER T"

domingo, 10 de xuño
11:30 Procesión Relixiosa do Corpus coa Banda de Alongos
12:30 Pasarrúas con JALATICOS
13:30 Treboada dos Zés P'reiras
13:45 CARREIRA DO BOI
17:00 Orquestra de Percusión QUARTO TEMPO de Braga, dende a Alameda
18:30 Treboada dos Zés P'reiras
19:00 MARATÓN DO BOI
20:30 Embiste do Meco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Gaideón na Casa do Coto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Gayoso, Luar, o Fary e Sonoro Maxín...

Seica Gayoso tomouno con bo sentido do humor.

Esa retranca galega!!!

Historia

Un saúdo a Ico e a todo o Sonoro Maxín.
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer